Está en la página 1de 4

PRIMAVERA NEGRA

http://18rodas.blogspot.com/

Non sei a quen lle escoitei que o máis interesante do pop


rock hispano da década dos oitenta era o que se facía na
periferia. Tal vez sexa algo esaxerado, pero non deixa de
ter certo sentido. Como proba a favor teriamos a Primavera
Negra, que chegaban dende Lleida da man de Javier Baró,
un persoalísimo cantautor rock que fundía o mellor do folk
rock americano máis literario cun curioso gusto polo pop
nacional dos 60 e a imaxinería da súa terra de orixe.
Nado en 1954 as súas primeiras inquedanzas musicais teñen que ver co
folk de feito no ano 73 entra en Camps de Cotó, grupo de canción
tradicional catalana. A finais dos setenta Xavier Baró participa en
diversos proxectos musicais sendo Tagomago o máis representativo
desa época. No grupo coincide con Domingo Espax (Mingo, morto o ano
pasado) que se convertirá en compañeiro inseparable. Tagomago só
deixan unha maqueta, "Zoo frío", pero serve para reorientar os gustos de
Baró achegándose a outras fontes coma o rock. Primavera Negra xurden
desa evolución e debutan en 1984 cun primeiro
single "Colonos de Marte" e "Placeres" editado polo
selo Acuarius e con portada do debuxante Max
dentro dunha serie titulada Rock & Comic. Nesa
mesma colección sairon Avikultores Modernos e
Acolla. Na contraportada díse clararmente
Primavera Negra é Javier Baró que se fai
acompañar de músicos da súa cidade, Lérida. El
nombre viene de una novela de Henry Miller. "Colonos de Marte" é a
típica canción desa época con certo toque modernillo mentras que
"Placeres" xa se achega máis ao posterior son da banda.

O selo madrileño Twins decide gravarlles un disco e o resultado é un Mini


Lp de seis temas "Primavera Negra" que será
publicado en 1985 xa cunha formación estable na
que están Baró á voz e guitarra e Mingo na batería
xunto a Artur Mercé na outra guitarra e Quim
Ramón ao baixo. A producción foi de Manolo
García e Quimi Portet que fixeron un traballo
mediocre non sei se por falta de recursos do
estudio ou polos seus propios gustos. O mellor do
disco creo que está na cara A que se abre coa
primeira versión de "En la autopista" que ten un toque absolutamente
distinto á que posteriormente gravarían en "Flores Encendidas". "Ecos de
R&R" é unha boa canción desperdiciada cunha guitarra que case non se
escoita e "Radio Peggy Sue" un dos grandes momentos da banda. Da
cara B non está mal ¿Dónde están los santos" pero que segue tendo o
problema da producción.

Ese mesmo ano a banda publica un single con


"Bajo el Sol" de Juan e Junior á que lle dan un toque
rockabilly e incluso lle cambian unha frase
convertindo o melifluo "no olvidare jamás que me
besaste bajo el sol" por algo máis acorde cos
tempos "no olvidare jamás que te metí mano bajo el
sol". De cara B utilizan unha nova versión de "Radio
Peggy Sue" moito mellor que a editada no Mini Lp.
A aventura con Twins remata despois dese single e haberá que esperar
un par de anos para ver o que será o seu mellor traballo "Flores
Encendidas" editado por La Rosa Records, o mesmo selo onde empezou
o noso Magín Blanco con La Rosa, estaban claramente predestinados.
"Flores encendidas" é publicado no ano 87 e a primeira diferencia
notable e que Baró está implicado na producción do mesmo en compa ña
de Enrique Lindo. O son cru de estudio barato realza a visión poética dun
Baró inasequible ao desalento. As cancións aparecen enriquecidas con
máis matices por exemplo os que proporciona o violín de Carlos Juste
nalgún momentos ou polas achegamentos máis folk-rock. A peza que
abre o disco "Madrugada" é a miña favorita aínda
que a nova versión de "En la Autopsita" é tamén
gañadora. Outros temas destacados son "Flores
Encendidas", a peza máis longa composta pola
banda e o bonito instrumental que pecha a cara A
"Hotel Invierno". Na cara B hai un par de versións
"En El Castell" de Sisa, daquela esquecido polo
mundo do rock español e unha adaptación ao
castelán do "If Dogs Run Free" de Dylan que transforman en "Si los
perros son libres" pero a máis interesante é "La Ciudad Tambor" que
tamén sería editada como segundo single do Lp e que contén na súa
cara B un tema inédito "Algo Entre Los Dos" que se convertiría no último
editado pola banda. Fala Xavier Baró: “En aquellos entonces, yo tenía
intención de lanzarme ya a la aventura en solitario, pero Mingo me
insistió y, tras la disolución de Primavera Negra, llegó Tormentos”.

O único Lp de Los Tormentos "Guitarra e Carretera" foi editado por


Justine en 1989. De novo Baró: "Esta banda sacó un disco pero tuvo
poco tiempo de vida en los albores de los noventa.
La idea que tenía era la de seguir haciendo
rock’n’roll juntos terapia y divertimento”. Carezo de
datos da gravación, producción e formación porque
a copia que teño non ten encarte. "Guitarra y
Carretera" ten un son máis rock e agora que o
escoito de fondo mentras escribo isto case me
parece o mellor de todos. Na cara A están moi ben
"Vértigo" e o country rock "Tenemos que irnos". O resto deixase oir
incluída a versión de "Brand New Cadillac" de Vince Taylor vía Gatos
Negros. A cara B ten grandes momentos como a macarrada casi heavy
"En la Tormenta" cunha boa soleada, a peza que da título ao disco, o hit
single super pop e pegadizo "En el reino de la melodías" cuns ventos moi
bonitos para rematar cunha nova versión mellorada de "Ecos de
Rock´N´Roll" aparecida no Mini Lp.
Despois de Los Tormentos Baró seguiría tentandoo como cantautor cada
vez máis alonxado do rock e empeñado en renovar a tradición floklórica
catalana dende unha óptica contemporánea. Un lembra velo
acompañado coa súa acústica coma un Dylan primitivo, entregándose a
fondo nun club semi baleiro. Encomiable, pero un non podía deixar de
botar de menos as guitarras limpas, rexas e certeiras de Flores
Encendidas ou "Guitarra e Carretera"

Enyores alguna cosa de l'època de Primavera Negra i dels 80?

El que lamento és haver-la viscut. Per a mi és una època molt dolenta, en


molts aspectes. Els anys 80 són els anys de la destrucció d'un
pensament, d'una forma autodidacta i artesanal de fer les coses. És el
moment en què apareixen els grans depredadors dels negocis.

También podría gustarte