A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES

C.E.I.P. VIRXE DO ROCÍO CURSO 2012-2013

INTRODUCCIÓN
• Dende hai millóns de anos o home aprendeu a utilizar os materiais da súa contorna para o seu beneficio. Xa na prehistoria empregaba as peles de animais para taparse e golpeaba unas pedras contra outras para fabricar armas. • Co paso dos séculos aprendeu a manipular e transformar ditos materiais para adaptalos ás súas necesidades. • Neste tema imos aprender moitas cousa sobre a MATERIA.

• Materia é todo aquilo que ten masa e ocupa un lugar no espacio. De feito, todo o que observamos ao noso arredor é materia. • A materia forma todo o Universo e pode aparecer de diferentes formas e estados. Ademais, a materia ten unhas propiedades e pode sufrir cambios, xa sexan físicos como químicos.

TAREFA
• Agora é a vosa quenda. • Ides investigar e realizar un pequeno traballo. • Traballaredes por parellas. Precisades un caderno no que anotaredes as vosas respostas e o material que a mestra vos ofrecerá para realizar un par de experimentos. • Lembrade que debedes cumprir as normas da aula abalar. Para elo repartiredes as tarefas de busca e anotación. O traballo que entreguedes debe estar claro, limpo e sen faltas de ortografía. • ÁNIMO E BOA SORTE!!!!!

PROCESO. Actividade 1
PROPIEDADES DA MATERIA
• Fai clic no seguinte enderezo e le a información que nel aparece (diapositivas 3 e 4)
http://www.slideshare.net/Maricarmentorrecillaabad/cono-tema-5-la-materia-15442046

• Responde a estas preguntas:
– Qué é a masa dun corpo? E o volume? En qué unidades medimos cada un?

• Agora colle unha mazá e mide a súa masa e o seu volume. Anota os resultados no teu caderno.

PROCESO. Actividade 2
ESTADOS DA MATERIA • Busca os estados nos que podemos atopara a materia e pon dous exemplos de cada un.
• http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/primaria/conocimiento/lamateria /inicio.html

PROCESO. Actividade 3
CAMBIOS DA MATERIA • Pincha no seguinte enderezo, le atentamente a información, completa as actividades propostas e realiza un esquema no que indiques os cinco tipos de cambios físicos da materia e os cinco tipos de cambios químicos.
• http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/la_materia/l os_cambios_de_la_materia/los_cambios_de_la_materia.html

PROCESO. Actividade 4
CAMBIOS DE ESTADO
• Le atentamente a seguinte información e responde ás preguntas que se fan a continuación.
• • • • • • • • http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/mate riales/estados/cambios.htm http://www.slideshare.net/astromago/estados-de-la-materia-499525 A que temperatura ferve a auga? A que temperatura se solidifica? Como se chama o paso de sólido a líquido? E o paso de líquido a gasoso? E de líquido a sólido? E de gasoso a líquido?

PROCESO. Actividade 5
EXPERIMENTO • Coloca un globo arredor da boca dunha botella de auga baleira. • Enche un recipiente con auga quente. • Mete a botella na auga.
– Que pasa? – Por que?

PROCESO. Actividade 6
MESTURAS E DISOLUCIÓNS • Le con atención a información proporcionada neste enderezo, mira os videos e responde estas preguntas:
• http://lasnoticiasde5b.blogspot.com.es/2010/02/la-separacion-de-mezclashomogeneas-y.html

– – – –

Que é unha mestura homoxénea ou disolución? Que é unha mestura heteroxénea? Indica catro xeitos de separar mesturas. Elixe un deles e prepara un experimento para amosarlles aos teus compañeiros como funciona.

AVALIACIÓN
• Para avaliar os vosos traballos teremos en conta os seguintes aspectos:
– Clima de traballo e actitude co teu compañeiro. – Adecuación do tempo. – Emprego de internet. – Presentación do traballo: orde, caligrafía, ortografía, expresión,...

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful