Está en la página 1de 2

1907- Un ano para a cultura cientfica

Por Ramn Villares Presidente do Consello da Cultura Galega O feito de que este ano 2007 se cumpra o centenario da fundacin da Junta para Ampliacin de Estudios (JAE) un motivo axeitado para que se poida poer de relevo a importancia que tivo esta institucin. A JAE, que naceu no marco do conglomerado organizativo da Institucin Libre de Enseanza (ILE) e foi presidida polo Nobel S.Ramn y Cajal, tivo un papel esencial no desenvolvemento cientifico e cultural da Espaa do primeiro tercio do sculo XX. Grazas poltica da JAE e aos centros de investigacin apadriados pola ILE (desde o Centro de Estudios Histricos ou a Residencia de Estudiantes ata os diversos Laboratorios sitos nos Altos del Hipdromo), o perfil da ciencia en Espaa mudou de forma moi notable.

O Premio Nobel Ramn y Cajal foi o presidente da Junta de Ampliacin de Estudios Un dos vieiros nos que se fixo mis patente esta poltica cientfica, merecente por vez primeira de tal nome, foi na concesin de bolsas ou pensins para estadas en centros estranxeiros. Os seus beneficiarios foron coecidos daquela como pensionados. Cntanse en preto de das mil as persoas que se poden considerar, directa ou indirectamente, coma bolseiros da JAE, anda que non todos eles se tivesen desprazado ao estranxeiro. As estadas nos propios laboratorios e centros de Madrid cumpriron nalgns casos unha funcin anloga viaxe exterior. A JAE foi unha de tantas institucins que deixaron de actuar co estourido da Guerra Civil en 1936. Galicia non foi allea nen moito menos a esta nova orientacin da poltica cientfica en Espaa. Algns dos mis importantes directivos do mundo institucionista, como Cosso ou Castillejo, tian relacins familiares con Galicia. Figuras influentes no mundo cientfico e cultural da poca, como Carracido e Casares Gil , Eduardo Vincenti ou Snchez Cantn, eran galegos por nacemento e por vocacin. Unha figura pouco coecida, pero esencial no tecido destas relacins entre o institucionismo e a cultura galega foi Juan Lpez Surez, Xan de Forcados, a quen se dirixan moitos dos

solicitantes de bolsas ou pensins, para que mediase ao seu favor. A aparicin de centros de investigacin, como a Misin Biolxica de Galicia ou o Seminario de Estudos Galegos, asemade inseparable deste ambiente institucionista. Aln destas institucins, figuras que logo seran relevantes na investigacin cientifica e cultural de Galicia formaron parte, coma pensionados, desta politica cientifica da JAE. Algns deles, como Nvoa Santos, Risco, Xoan V.Viqueira ou Castelao, xa eran persoas relevantes cando desfrutaron desta pensin para viaxaren por centros universitarios estranxeiros. Outros, como as irmns Fernndez de la Vega ou I.Parga Pondal acabaran sendo figuras importantes tempo andado. En conxunto, ms de medio cento de persoas de Galicia participou nesta autntica rede de investigacin creada e desenvolvida nos vinte anteriores Guerra Civil espaola. O Consello da Cultura Galega, que conta no seu seo coa Seccin Ciencia, Tecnoloxa e Sociedade, que coordina o Dr. Francisco Diaz-Fierros, quere contribur, neste ano 2007, a poer de relevo a importancia que para a ciencia e a cultura de Galicia tiveron estas persoas e as institucins nas que aquelas laboraron ou que contriburon a erguer. Para este fin, brese neste portal culturagalega.org unha serie nova, que denominamos Album da JAE, en analoxa co xa creado do Album de Mulleres, no que se irn publicando en periodicidade semanal, semblanzas biogrficas de todos aqueles participantes na rede cientfica da JAE. Trtase dun contributo, aln de oportuno pola ocasin, necesario para a posta en valor, mediante o soporte deste portal, da vida e obra duns galegos e galegas que protagonizaron unha verdadeira alba de gloria para a cultura de Galicia, a renovacin educativa e a modernizacin cientfica. A realizacin das biografas, as coma a sa coordinacin, foi encomendada a Ricardo Gurriarn, doutor en Historia e autor do libro Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago no primeiro terzo do sculo XX, e a Antn Costa, Profesor Titular na Universidade de Santiago e autor de moitas obras sobre a historia da educacin en Galicia. A ambos os dous, o Consello quere agradecerlles a sa colaboracin e a sa entusiasta dedicacin a esta iniciativa. http://www.culturagalega.org/albumdajae/junta.php

También podría gustarte