Está en la página 1de 12

Gua de orientacins, consellos e recomendacins para as familias

Lendo en Familia

L E C T U R A S DA G R A M PA 5

Todo neno ten dereito a medrar acompaado das aventuras dos Tres Porquios, dos Tres Osos, daquel cabalo que era tan bonito... e do inmortal haba unha vez, frmula mxica que abre as portas da imaxinacin na ruta cara aos soos mis fermosos da infancia. Fragmento do Declogo dos dereitos dos nenos a escoitar contos, elaborado pola Asociacin Colombiana do Libro Infantil

PRESENTACIN
Espazo Lectura presntavos esta pequena gua que pretende ser un complemento que favoreza a reflexin sobre o papel das familias no fomento da lectura e na creacin de hbitos lectores. Nela ofrecemos algunhas recomendacins e consellos sobre como asumir desde a casa o necesario labor que as nais e pais temos que facer neste mbito, co obxectivo de que sexa unha tarefa que se asuma sen dificultades e con ilusin. Unha boa parte dos problemas de fracaso escolar ten a sa base nunha deficiente formacin lectora. Facer un esforzo por fortalecer o contacto dos nosos fillos e fillas desde ben pequenos cos libros e, en xeral, cos textos escritos un investimento educativo importantsimo, xa que, ademais de ofrecerlles unha actividade de lecer mis, estar sentando as bases que lles permitirn no futuro ler e comprender con aproveitamento os diferentes tipos de textos que o seu desenvolvemento acadmico lles vaia poendo diante. Desde Espazo Lectura somos conscientes de que hai moito escrito sobre este tema e esta gua non vai descubrir nada novo que non se dixese xa. Pretende, iso si, facer un resumo claro e sinxelo daquelas cousas que nos poden axudar a achegar a lectura con aproveitamento aos nosos nenos e nenas. Pretende tamn dar resposta a moitas dbidas e cuestins que as nais e pais nos presentan con frecuencia nas actividades que Espazo Lectura organiza. Agardamos que vos sexa de utilidade.

Queremos desde aqu agradecer o traballo das bibliotecas escolares dos centros de ensino da zona, que elaboran guas de recomendacins e orientacinss para as familias. Tamn queremos recoecer e recomendar os cadernos da serie Sete cuestins sobre a lectura, elaborados polo colectivo Acatrotintas e editados pola Consellera de Educacin dentro da campaa de fomento da lectura Hora de ler, baixo o lema Contamos moito. A todos eles lles debemos moitas das reflexins que atoparedes nestas pxinas. Grazas. Espazo Lectura, xuo de 2010

ALGUNHAS ORIENTACINS, CONSELLOS E RECOMENDACINS


1

importante poer os nenos e nenas en contacto co libro como obxecto desde bebs. Hai libros de tea, de madeira, de bao ou de cartn duro que lles podemos ofrecer para que os manexen e se familiaricen con eles. Tamn podemos afacelos a ver e ir pasando pxinas de libros de imaxes que, co soporte da nosa voz e das nosas mans, lles vaian ofrecendo vocabulario e sons novos. Non debemos agardar a que cheguen escola para que ese contacto co libro se faga efectivo nin descargar na escola toda a responsabilidade no mbito do fomento da lectura: as familias poden e deben iniciar ese camio, e logo, unha vez que chega a escolarizacin, apoiar desde a casa o labor de asentamento do hbito lector.
2

os primeiros meses de vida (e tamn despois) podemos tirarlle moito partido rica tradicin oral galega: cantigas, rimas, adivias, refrns, ditos, xogos de repeticin... Son elementos que nos poden axudar a traballar aspectos como o ritmo ou a memorizacin. Se non lembrades os da vosa infancia, sempre podedes botar man da xente maior ou da boa cantidade de publicacins deste tipo que existen no mercado.

bese procurar que as propostas de lectura que lles imos ofrecendo sexan axeitadas sa idade e sa evolucin, de xeito que comecemos por libros nos que predomine a imaxe para ir logo avanzando cara ao lbum ilustrado e outros libros nos que o texto vaia gaando espazo.
4

bese procurar que as ilustracins sexan variadas e novidosas (debuxo, plastilina, teas, fotografas, collages, etc.), para ir ofrecndolles modelos diferentes que contriban a ir formando tamn a sa educacin plstica e permitindo que cada neno atope a lia de expresin mis axeitada para a sa experiencia. Dbese evitar, polo tanto, ofrecerlles sempre libros que presenten ilustracins repetitivas: a variedade enriquece. Tamn importante que lles ofrezamos diferentes tipos de texto, tanto en prosa coma en verso, cun vocabulario rico e variado.

ebemos ter en conta que para os nenos e nenas os adultos somos modelos de comportamento e eles senten a necesidade de imitarnos. bo que nos vexan ler, que nos esforcemos en mostrarlles que ese hbito que intentamos inculcarlles forma parte tamn da nosa vida coti. Se vs non tedes costume de ler, agora ser un bo momento para comezar, para achegarse lectura e crear momentos de silencio e lecturas compartidas. un bo momento tamn para ir s bibliotecas, s libreras, s sesins de contacontos, nun proceso de aprendizaxe compartida que pode ser moi gratificante tamn para os adultos.

s tempos de lectura que vaiades establecendo na casa deben ser momentos agradables e relaxados, para gozar e centrar a atencin no que estamos facendo. Debemos buscar un lugar agradable, acolledor, cmodo, con silencio e boa luz e poer toda a atencin nese instante de lectura compartida cos nosos fillos e fillas, deixando de lado outras ocupacins. mellor dedicarlle menos tempo, pero que sexa relaxado e agradable e que non perciban que temos prsa, que estamos desexando acabar ou que estamos pensando noutra cousa. Non preciso ter grandes coecementos nin ser un experto contador de historias: s fai falta poer cario, tenrura e ganas de pasar un bo momento con eles.

a etapa de formacin lectora, a lectura vai inevitablemente asociada escrita e creacin: debemos estimular que os nenos e nenas nos conten as sas cousas, facendo un esforzo por escoitar con atencin e interese e animndoos a que escriban as sas historias.

nda que normalmente nas actividades de dinamizacin que fai Espazo Lectura traballamos con textos literarios e, nalgunhas ocasins, con libros informativos, importante que na casa lles ofrezades aos nenos e nenas, a medida que van medrando, a oportunidade de ler e comentar todo tipo de textos: o xornal, unha receita de cocia, o

manual de instrucins dun aparello, un folleto publicitario, a lista da compra, etc. necesario que vexan a lectura como unha ferramenta til para entender o mundo, polo que debemos prestar atencin a esa dimensin mis xeral que os debe levar a experimentar textos variados da vida coti, non s os de ficcin: deixade que sexan eles os que lean os avisos que atopamos en taboleiros e paredes, as notas que lles mandan da escola ou das actividades nas que participan, que lean as marcas e os rtulos dos produtos no supermercado, a publicidade, os carteis pola ra; que sexan eles os que lean e enchan os impresos de matrcula do instituto, por exemplo. Se todo llelo ledes vs, gaaredes tempo pero eles perdern oportunidades de consolidar a sa competencia lectora.
9

on o mesmo saber ler que ter hbito lector. Por iso importante seguir acompaando o neno ou a nena nas sas lecturas mesmo cando, chegados aproximadamente os 7 ou 8 anos, xa nos parece que sabe ler s. Podemos deixarlle de ler ns como norma e buscar outras frmulas: que nos lea el a ns, ler por quendas (unha pxina ou un captulo cada un), deixalo ler s pero logo ler ns o mesmo libro para poder comentalo con el, etc. Debemos interesarnos polo que len os nosos fillos cando xa len ss, pedirlles que nos conten de que trata o libro, se lles gusta ou non, se nos prestan ou recomendan o libro para lelo ns, etc. Ese hbito de intercambiar e compartir lecturas pode crear unha relacin de complicidade moi gratificante. Ler, anda que co tempo se pode acabar convertendo nun pracer, supn un esforzo importante e require un proceso de aprendizaxe e adestramento no que non debemos deixalos ss. Se logo de lerlles ns historias marabillosas que entraban soas a travs da nosa voz, acompaadas de abundantes imaxes que axudaban a comprender o texto, de repente os deixamos ss diante dun texto longo e sen imaxes, pode chegar o aburrimento, a desesperacin e, finalmente, o rexeitamento.

10

10

on podemos esquecer que nestes momentos estamos a asistir introducin das novas tecnoloxas nas nosas vidas, polo que non deberiamos dar as costas a este fenmeno. O soporte dixital ofrcenos grandes posibilidades, a nivel informativo e como fonte de pracer, e o papel dos pais e nais no achegamento s novas tecnoloxas fundamental tanto para a necesaria seleccin e supervisin de contidos a travs de Internet como para marcar as regras que deben rexer hora de acceder a eses contidos. Debedes buscar algn momento para consultar algunha pxina web que se recomende na escola ou para entrar no blog do colexio, se o ten, para ler algn conto en soporte electrnico, e as ir educando os nenos e nenas no coidado hora de buscar informacin en internet. As aprendern que non hai que crelo todo, que hai que fixarse en quen escribe, que hai que contrastar con outras fontes e, en definitiva, que hai que valorar o que se le.

Non debemos fiarnos desa frase que se escoita s veces de que o importante que lean, sexa o que sexa. certo que, chegado un momento, son eles os que escollen as sas lecturas e non sempre aceptan as nosas recomendacins, pero polo camio debemos facer un esforzo por educar o seu gusto e ofrecerlles libros variados e de calidade, como alternativa a outros modelos dominantes. Nese sentido importante que busquedes asesoramento e apoio: bibliotecas escolares e municipais, profesorado, libreras, revistas e suplementos dos xornais, etc.

11

Publicacins Espazo Lectura, 2010 Espazo Lectura, Val Mior, Galicia Fotografas: Manuel G. Vicente Licenza Creative Commons

Esta obra rxese por unha licenza Creative Commons, a cal permite a sa copia, distribucin e comunicacin pblica, as como as obras derivadas, mentres se mantea a autora orixinal e non sexa con fins comerciais. As obras derivadas desta deben ser distribudas baixo esta mesma licenza.

espazolectura@espazolectura.com http://www.espazolectura.org

También podría gustarte