Está en la página 1de 86

DV

fran alonso
Contesta ou disparo

DV

Contesta ou disparo

Esta obra est distribuda baixo licenza Creative Commons, Recoecemento NonComercial (by-nc): Permtese a xeracin de obras derivadas sempre que non se faga cun uso comercial. Tampouco se pode empregar a obra orixinal con finalidades comerciais. Deseo de cuberta: Fran Alonso Fotografa de cuberta: Manuel G. Vicente Edicin e maquetacin: Cibrn Silleiro Edicin dixital, xuo 2011
Fran Alonso, 2011 http://www.franalonso.eu Domicilio Virtual edicins, 2011 http://sites.google.com/site/domiciliovirtual/ Depsito legal: VG 581-2011

Domicilio Virtual
edicins dixitais

Entrevistas rpidas a 34 persoas da cultura e da poltica galega


(1991)

fran alonso
Contesta ou disparo

A todos meus lectores e lectoras, que me construron socialmente ao longo destes 20 anos de escrita pblica

INDICE

Contesta ou disparo..................................................... 11 Isaac Daz Pardo... ........................................................ 13 O Mago Antn............................................................... 15 Mariano Abalo .............................................................. 17 Julin Hernndez.......................................................... 19 Justo Beramendi ........................................................... 21 Chano Pieiro ................................................................ 23 Manuel Forcadela......................................................... 25 Miguelanxo Prado. ....................................................... 27 Alberto Gonzlez Alegre ......................................... 29 Xos Lus Blanco Campaa...................................... 31 Couceiro........................................................................... 33 Carlos Casares.. ............................................................. 35 Os Diplomticos de Monte Alto. ............................ 37 Alfonso Eir... ................................................................ 39 Manuel Moldes ............................................................ 41 Roberto Vidal Bolao. ................................................ 43 Lus Mario. ................................................................... 45
9

Carlos Mella.................................................................... 47 Antn Baamonde. ........................................................ 49 Roberto Cordovani ...................................................... 51 Atilano. ............................................................................. 53 Xaqun Marn ................................................................. 55 Ramn Villares .............................................................. 57 Xos Lus Surez Canal ............................................. 59 Margarita Ledo.............................................................. 61 Manuel Guede ............................................................... 63 Miguel Cancio ................................................................ 65 Valentn Carrera ........................................................... 67 Pemn Bouzas ............................................................... 69 Suso Costas ..................................................................... 71 Miguel de Lira ............................................................... 73 Carlos Blanco ................................................................. 75 Luma Gmez ................................................................. 77 Laxeiro ............................................................................. 79 1991-2011: vinte anos de escrita pblica .......... 81 Fran Alonso .................................................................... 83

10

CONTESTA OU DISPARO

Estas entrevistas fxenas hai mis de vinte anos, cando eu estaba a comezar a mia traxectoria profesional no mbito da escrita neste caso na escrita xornalstica e traballaba para o Diario 16 de Galicia nun momento en que naquel xornal, dirixido primeiro por Segundo Mario e logo por Miguel Boo, se respiraba un aire de liberdade. Eran entrevistas rpidas, con aire frvo lo, brevsimas, que ocupaban unha columna lateral na contraportada do xornal, columna en que apenas haba espazo para o ttulo. De todas as entrevistas que fixen daquela (maiormente a travs do telfono, anda que tamn algunha fisicamente, como a de Chano Pieiro) escolln trinta e das para este libro, que agora titulo Contesta ou disparo. No libro, por suposto, permitinme o pracer de retitulalas, xa que o nfimo espazo que dis poa daquela non permita usar mis de das ou tres palabras, sempre deficitarias. Reler as entrevistas mis de vinte anos despois de que as realizase, provcame, cando menos, un enorme sorriso. un sorriso inevitable, inducido polo tempo
11

que pasou e polo coecemento que a distancia dos anos nos agasallou. En calquera caso, son entrevistas dun tempo que foi noso pero que, inevitablemente, mudou. Con todo, as entrevistas lense, creo, moi agradablemen te e mesmo hainas que gardan unha actualidade sor prendente. Tamn, como suceda no meu libro Un pas a medio facer, resulta evidente a falta de protagonismo feminino. Eis unha das sas eivas. As 34 persoas entrevistadas proceden de campos moi diversos: da literatura, do cine, da msica, da poltica, do xornalismo, das artes plsticas, do espectculo... Algun has delas xa non viven pero, de seguro, permanece canda ns a sa memoria e a sa pegada: Chano Pieiro, Carlos Casares, Lus Mario, Roberto Vidal Bolao, Laxeiro. Contesta ou disparo un libro de xornalismo, humil de pero simptico; lixeiro pero que, ao tempo, recupera a memoria de noso; fugaz pero tamn significativo. Non teo nada mis que engadir. Unicamente dese xarlles aos meus lectores e lectoras que gocen con el e que, modestamente, lles axude a conformar unha visin mis plena do presente. E, por suposto, agradecerlles a sa confianza lectora ao longo destes vinte anos, des que publiquei Triler naquel afastado 1991. E parece que foi onte. Fran alonso

12

Isaac Daz Pardo


Hai quen est interesado en que non se lembren as cousas
Responsable do complexo Sargadelos e de Edicis do Castro, Isaac Daz Pardo un dos grandes mecenas da cultura galega. Sntese satisfeito co xeito en que o tratou a vida? Non. Mis ben sempre rexistrei fracasos. Qudalle moito por facer? Qudame moito pero xa non teo tempo. Non ten confianza no futuro? Ningunha. Teo xa 71 anos e estou na antecma ra de desaparecer. Non teo ilusin ningunha polo futuro. Que fara se fose presidente da Xunta? Nunca o pensei, pero tratara de poer Galicia ao servizo dos galegos e non dos intereses estranxeiros.
13

Estamos a perder a memoria histrica? Estou absolutamente convencido. Pero perd mola porque hai quen est interesado en que non se lembren as cousas. A autodeterminacin un dereito dos nosos pobos? Nos nosos tempos, en que prevalece a demo cracia, afloran os feitos culturais diferenciados por enriba dos estados, que xeralmente estn fei tos na cama conxugal. No caso do estado espaol, mentres Isabel e Fernando estaban na cama, facan tamn un estado. Os libros ou a cermica? Os libros. Dgame algo que lle moleste. Eu mesmo. Ser como son. Dgame algo que lle agrade. Xa son vello para esperar o que mis me agrada.

14

O Mago Antn
En Galicia non se utiliza a maxia como elemento de comunicacin
Antn un prestixioso mago galego. Sempre de xira por Galicia, os vindeiros das estar en Redondela co seu novo espectculo Inslito por autonomaxia. Que a maxia? Hai 15 anos dira que un truco. Hoxe digo que unha filosofa. E a mia propia vida A maxia en Galicia? A nivel profesional apenas existe. Non se utiliza a maxia como un elemento de comunicacin ou de expresin. Cal o mellor truco? Nunca falo de trucos, falo de ilusins. A mellor ilusin aquela da que o pblico pensa que a mellor.

15

Hai momentos de dbida? Hainos de incertidume e hainos de risco. O mago xgase a vida? Non sempre, pero hai magos un pouco tolos que se xogan a vida. Que o que mis impresiona ao pblico? Todo o que ten que ver coa maxia do desexo: converter un billete de mil nun de das mil. O mago nace ou faise? importante nacer cunha certa predisposicin arte, pero a parte tcnica cmpre traballala. Os trucos, nunca se revelan? As ilusins entre o mundo dos magos son un libro aberto. De cara ao pblico pretendemos aga char o secreto. Que fai no seu tempo libre? Sempre estou a cavilar na maxia. rgome, xanto e ditome pensando nela. lvaro Cunqueiro, un mago? Un mago da literatura. Fixo grandes ilusins coas palabras.
16

Mariano Abalo
Se fose presidente, liquidara a Xunta e creara un estado galego
Mariano Abalo o presidente da xestora que goberna Cangas tras a dimisin de Lois Pena e, ademais, secretario xeral da Fronte Popular Galega. A fama de Cangas, mito ou realidade? Realidade. Como foi a experiencia neste tempo de goberno? De autntico poder popular, liquidando a corrup cin e o caciquismo. Disque isto era unha anarqua absoluta con Pena. Unha corrupcin absoluta. As enquisas danlle dous concelleiros FPG nas municipais. As enquisas forman parte do aparato de propa ganda do poder.
17

A FPG xgase en Cangas o seu futuro? O pobo galego non depende de Cangas senn de todos os traballadores galegos. A FPG est pola unin de toda a esquerda nacionalista? Sen dbida ningunha. Sera posible un reacordo co BNG? Cun programa en favor da autodeterminacin de Galicia e en contra da CEE e da OTAN sera posible, mentres tanto inviable. Por que a esquerda nacionalista est tan fragmentada? Porque desgraciadamente a maior parte das for zas nacionalistas estn encandilados cos cantos de serea da democracia burguesa. Que o primeiro que fara se fose presidente da Xunta? Liquidar a Xunta de Galicia e formalizar un autntico estado galego.

18

Julin Hernndez
O movemento punk deixou un pouso incrible
Julin Hernndez o motor de explosin da banda viguesa Siniestro Total. Un grupo memorable. Os Kinks. Unha cancin memorable. Calquera de Muddy Waters. Unha poca musical memorable. O final dos setenta: a poca do punk e da New Wave. Morrer na msica? Ogall fose as. Siniestro Total profeta na sa terra? Coido que non somos profetas en ningures.
19

De que elep se senten mis satisfeitos? Se cadra de ningn. De sentreste moi satisfeito dalgn igual logo non volves facer mis. O alcalde de Vigo xa non os chama? Non adoitamos falar cos alcaldes directamente. Sempre hai algn intermediario. Os polticos non se pringan. A quen traeran para actuar en Riazor? Hai poucas cousas que desexe ver. Sempre boa unha actuacin de Los Ramones. A esttica punk, morreu? O movemento punk deixou un pouso incrible. A sa esttica est nas portadas, no tipo de fotos, no tratamento visual dos discos. Se cadra desapa receu o de levar prendedores nas orellas. Aceptaran facer unha banda sonora para Almodvar? Por que non? Pero non creo que Almodvar nolo propuxese. Para cando o prximo elep? molo gravar en novembro e sair en febreiro.

20

Justo Beramendi
A historia nunca mente, menten os historiadores
Justo Beramendi profesor de Historia Contempornea na Facultade de Xeografa e Historia da Universidade de Santiago, e forma parte do actual equipo rectoral, de orientacin nacionalista. Coa guerra do Golfo queda claro o papel dos organismos internacionais? Cada vez mis escuro. Como ve o futuro de Iraq? Iraq un pas vencido, destrudo, e non liberado internamente. O seu futuro incerto. O pacifismo est a cambiar os comportamentos sociais? Os comportamentos sociais si os est a cambiar, outra cousa que poida cambiar o sistema. Ao lon

21

go da historia, os sistemas nunca foron cambiados pacificamente. Estamos nunha tpica fin de milenio decadente? Non, estamos nunha fin de milenio incerta. Anda quedan valores ideolxicos? Quedan todos, o que pasa que estn acochados baixo unha aparente desideoloxizacin, que xa un valor ideolxico de seu. Existe unha nova esquerda ou unha esquerda nufraga? Existe unha esquerda perplexa. Hai un movemento mundial a prol dos nacionalismos? Hai un rexurdir dos nacionalismos, que en reali dade nunca deixaron de existir. A historia tamn mente? A historia nunca mente, menten os historiado res.

22

Chano Pieiro
A mia actriz Uxa Blanco e o meu actor Marlon Brando
Chano Pieiro partiu para Estados Unidos (Oregn), atendendo unha invitacin para presentar al a sa longametraxe Sempre Xonxa. Nestes das est a preparar o lanzamento en vdeo de Mamasuncin e Esperanza e quere facer o mesmo con Sempre Xonxa. importante acudir s festivais internacionais? Satisface ver a ta pelcula noutras culturas e podes observar as reaccins do pblico. Eu nor malmente pome en primeira fila e dou a volta para ver como reacciona a xente. Sentes a satisfac cin de que estn a descubrir que Galicia existe. O seu traballo ten solucin de continuidade? Espero que si. Agora estou moi ilusionado coa nova Escola de Son e de Imaxe de A Corua, e a primeira actividade que houbo foi unha proxec cin de Sempre Xonxa, con coloquio. Esa pregun
23

ta que me fas unha pregunta que eu mesmo me fago s veces. Que lle parece o cine americano? Depende de que cine americano. Hai cine ameri cano bo e cine americano malo. De onde provn nestes momentos o cine mis interesante? Probablemente de Estados Unidos. Que opina do coloreado das pelculas? un invento da industria americana para reven der os seus produtos. As pelculas deben ser vistas tal e como se fixeron. Unha actriz? Uxa Blanco. Un actor? Marlon Brando.

24

Manuel Forcadela
En Galicia difcil ser un poeta feliz, matinal, ao estilo de Valery
Manuel Forcadela, poeta, autor de O regreso das ninfas e O varredor en outono. Ser poeta en Galicia, cuestin difcil? bastante fcil se a poesa sae da dor e do que branto. difcil ser un poeta feliz, matinal, ao estilo de Juan Ramn Jimnez ou Paul Valry. Como ve a poesa galega actual? Hai un certo refluxo despois dunha poca de certo esplendor na que se tiraron as camps ao voo. Os autores dos 80 estamos a meditar cal ha ser o camio a tomar. Galicia, terra de poetas. Mito ou realidade? Bastante mito. Galicia un pas de versificadores e iso ten que ver coa puxanza da tradicin popular, pero poetas non hai tantos.
25

Un poeta universal clsico. Hldering... ou San Juan. Un poeta galego clsico. Ramiro Fonte. Un libro de poemas. A cifra de Borges. Un poema. A pastorela de Airas Nunes. Escrbese co corazn ou coa razn? Eu escribo con ordenador. A poesa debera recuperar a oralidade? Os grandes poemas aprndense de memoria para os recitar no momento preciso. A que outra arte se parece mis a poesa? A poesa parcese msica porque unha forma dela. En que outra poca lle gustara ter vivido? Na Acrpole de Atenas, entre Scrates e Platn.

26

Miguelanxo Prado
Son atpico e non teo mestres e tampouco teo metas
Miguelanxo Prado un debuxante de cmic galego de xito internacional. Est traducido a numerosos idiomas. Os seus ttulos estn a ter grande xito en Europa, Estados Unidos e Xapn. O cmic, unha arte do sculo XX? Que lle falta? Por suposto. Fltalle msica e banda sonora. Cultura underground? Xa hai tempo que o cmic deixou de selo. Na temtica, obsesin polo sexo? Nun certo tipo de cmic pode ser, pero na maio ra non. O cmic independizouse para sempre da prensa? En Europa nunca chegou a estar casado coa prensa. En Amrica un fenmeno moi diferente.
27

A sa arte, crtica desapiadada? Non sempre. Vocacin ou afeccin? Vocacin. Asterix, Tintn ou Mortadelo? Os tres. Un mestre. Son bastante atpico e non teo mestres. Milo Manara e Little Nemo Un bestseller digno e un mito merecido O cmic galego. Est por facerse, pero o asunto ten moi boa pin ta, tal como vai. A sa meta... Non teo metas. O nico que pretendo seguir facendo cousas. A sa teima. Sentirme sempre o mis satisfeito posible do meu traballo.
28

Alberto Gonzlez Alegre


Na arte non aposto polo xito senn pola sinceridade
Alberto Gonzlez Alegre crtico de arte e profesor de Historia da Arte. Hai canles para expresin crtica en Galicia? Poucas. Van desaparecendo as crticas nos cat logos que fan as galeras, e hai unha tendencia a que o labor do crtico de arte nos xornais sexa feito por xornalistas adicados ao mundo da cultura. Cal a misin da crtica de arte? Falar con enteira liberdade da arte que se fai, para orientar o pblico sobre das tendencias ou valores mis importantes. Cal a misin das galeras? As galeras son os intermediarios entre os artis tas e o pblico. Pero deberan conseguir que a relacin entre artistas e clientes se fixese dun xeito
29

mis natural. Isto repercute nos artistas, que per den o illamento do taller, e no pblico, que sente con naturalidade as cousas da arte. Faltan galeras? Falando de Galicia si, pero sobre todo falta pro fesionalidade e sentido. Aposta por algun? Por moitos artistas plsticos, pero as mias apos tas non estn vinculadas chegada ao xito. Apos to pola sinceridade. Para triunfar hai que irse de Galicia? Para triunfar bastante conveniente. Para che gar a unha pintura persoal e interesante non pre ciso. Temos o caso de Moldes, Huete, etc., pero as e todo bastante recomendable darse un paseo por a adiante. As melloras teen bastante que ver coa expansin, con contactos, co coecemento.

30

Xos Lus Blanco


A radio pblica ten obrigas moi claras que cumprir
Xos Lus Blanco Campaa o director da Radio Galega. Director, posto conflictivo? un posto difcil pero levadeiro de o desempe ares con profesionalidade. As presins, frecuentes? A sangunea e a atmosfrica. As outras non as coezo. As ondas, lvaas o vento? e non . A radio, o seu verdadeiro amor? Un grande amor. Os ontes, que piden?
31

Tantas cousas! A publicidade en galego, vende? Vende mis. A sa meta profesional. Non teo metas, teo ilusins. Ata onde lle gustara levar a radio galega? Ata o mximo. Que diferencia a radio pblica da privada? Pouco porque ambas as das pertencen ao mun do da comunicacin, e moito porque a radio pbli ca ten unhas obrigas moi claras que cumprir. A radio pblica viste sempre da cor do partido que goberna? Os que traballamos nas radios pblicas sabemos que non as. Na Radio Galega existen listas negras? Toda a xente sabe que na radio galega predomi na o Blanco.

32

Couceiro
Hoxe vender libros como vender un produto mis
Couceiro un dos libreiros mis recoecidos e con maior prestixio do pas. O seu labor profesional converteu a librara que leva o seu nome en para digma para o libro galego. O libro mis vendido. O que mis publicidade ten. O libro que nunca se vende. O que non sae nunca nos medios de comunica cin. O cliente mis pesado. O que non entra na librara. O autor mis vendido. O autor mis vendido adoita ser o autor mis coecido.
33

Vender libros ten truco? Hoxe vender libros vender un produto mis. Falta profesionalidade no libreiro? Moita. O principal problema do libro. Non ser unha mercadora de primeira necesida de e non estar considerado. O principal problema do libreiro. Probablemente a falta de profesionalidade. O IVE sobre o libro. Iso foi un descaro do goberno. A cultura pode ser vendida? A cultura que debera masificarse. O cliente que mis merca. O que se acostuma a entrar nas libraras desde neno. O ttulo dun libro. Sempre en Galiza.

34

Carlos Casares
A intolerancia o que mis me revolve o estmago
Carlos Casares Mourio, escritor, autor de novelas como Os mortos daquel vern ou Xoguetes para un tempo prohibido. Ademais, tamn o director dunha editorial histrica: Galaxia. O libro seu do que estea mis satisfeito. Anda que difcil de dicir, talvez de Ilustrsima e de Os escuros soos de Clo. Un libro que lle gustara publicar na sa editorial. Todos os grandes novelistas europeos do sculo XIX. Un escritor. Flaubert e Ea de Queirs. Un ttulo. Madame Bovary.
35

Un mestre. Tolstoi, como novelista. Algo que lle revolva o estmago. A intolerancia. Algo que lle produza vergoa allea. A ignorancia atrevida. A que idioma lle gustara que o traducisen? Ao ingls, porque non estou traducido a ese idioma. Que eliminara da cultura galega? A incultura. Que lle falta cultura galega? Mis cultura. Que fara de novo se volvese nacer? Probablemente vivir mis no estranxeiro. Aceptara ser conselleiro de cultura? Non.

36

Os Diplomticos
O acorden o mis grande invento da humanidade
Os Diplomticos de Monte Alto, unha banda galega de rock, acaba de sacar o seu primeiro elep: Arroutada Pangalaica. Son do barrio corus que lles d nome. guitarra, Guni Varela; ao baixo Mangi Martn; batera, Marcos Viascn; ao acorden, Rmulo Sanxurxo; e na voz, Xurxo Souto. Precisamente desa voz, sau o seguinte: Arroutada pangalaica. Bravura, paixn e emocin. Por que Diplomticos? Porque somos de Monte Alto. Que Monte Alto? A Corua con casas ao lado. A frmula mxica da sa msica.
37

Arroutada e paixn. Letras de refraneiro? Letras sobre a intensidade da vida. O acorden. O mis grande invento da humanidade despois do tute subhastado. Que reivindican os Diplomticos? O mito da corunncora. Os Diplomticos, grupo todoterreo? Grupo de todoterreo e de toda penouqueira, de toda croia. Imos por terreos escarpados. O seu obxectivo, fichar pola CBS? Non, fichar por Dro, que onde estamos. Reixa, o seu Jalifa musical? A nosa grande devocin. En Galicia, sobran ou faltan gaitas? Faltan gaitas de verdade, gaitas requintadas.

38

Alfonso Eir
O pecado da prensa galega querer ser un espello da madrilea
Alfonso Eir o director do semanario galego de informacin xeral A Nosa Terra, o nico que se edita integramente en galego. Hai lectores abondos para editar un diario en galego? Hainos, pero nunca se pasou da teora aos feitos. Que o que impide facelo? A falta dun capital que aposte por esa va. Que tirada ten A Nosa Terra? 10.500 exemplares. Lese o seu xornal en medios oficiais? Coido que si, e a cada paso lese mis. Se non se lese dira moi pouco deses medios oficiais, porque unha informacin diferente da doutros medios.

39

Cales son as limitacins de A Nosa Terra? Veen dadas pola sa periodicidade semanal e porque, anda que unha empresa consolidada, non ten un grande capital detrs que poida lanza lo, como sera necesario, con campaas de publici dade. Priman o xornalismo de investigacin? O xornalismo de investigacin o verdadeiro xornalismo. O outro funcionar como adaptadores das novas que producen os axentes pasivos. Cal o maior pecado da prensa galega? A sa minusvaloracin e a sa pretensin de ser espello da prensa madrilea. Por que predomina a opinin madrilea na prensa galega? Porque os poderes econmicos non teen un pensamento autnomo, e a prensa un reflexo da Galicia oficial.

40

Manuel Moldes
O centro do mundo depende do individuo: o meu Pontevedra
Manuel Moldes un pintor pontevedrs de grande prestixio. Un escenario ideal para pintar. Unha cpula. As celulosas de Pontevedra caben nun cadro? Caben, pero mellor deixmolas fra do cadro. Pontevedra pode ser o centro do mundo? Os centros do mundo dependen dos individuos. Para min, que vivo en Pontevedra, o centro do mundo. Pero hai moitos centros do mundo. O segredo est en ser dunha terra e dun tempo? Cando es dunha terra e dun tempo ests no mundo, e daquela ests no mundo do tempo en que che toca vivir.
41

Da historia da pintura, con que poca se quedara? Se cadra coas covas de Altamira, cando eramos mis monos. Que lle suxire o nome de Nova York? unha cidade na que anda non puxen os ps e que lle teo moito cario. Cmpre un Museo de Arte Moderna Galega? Cmpre, sera un centro de arte contempornea, difusor das tendencias e dos momentos actuais, moi importante para dinamizar o discurso pictri co no pas. Ten dotes para algunha outra arte? Coido que si, pero habera que llo preguntar a outra xente, non ?

42

Roberto Vidal Bolao


En ningn lugar hai pblico abondo para o teatro
Roberto Vidal Bolao un vello profesional do teatro galego. Actor, director e autor teatral, foi o gaador do Premio lvaro Cunqueiro para textos teatrais coa obra Saxo tenor. Actor, director ou actor? Sntome un exemplar peculiar, xurdido do teatro independente, que aglutina todas esas funcins. Atpome mis a gusto como actor. Cal a sa meta profesional? Como fillo desa xeracin, funciono bastante da a da. As metas son case sempre a medio ou a curto prazo. Ademais tampouco vn a conto facer ilu sins de futuro. O teatro galego aburrido?

43

Menos do que din. s veces un sector importan te do teatro procura nunha nica direccin mis do que debera, entendendo a diversin s a travs da risa cando as traxedias poden ser tremendamente divertidas. Por que non hai pblico suficiente? Non o hai en ningn lugar da cultura occidental, por que razn a habelo aqu? O teatro galego faise para andar pola casa? En principio non, pero as portas desta casa para o teatro estn bastante oxidadas. Cmpre que os escritores escriban teatro? A incursin de narradores e poetas no teatro sera un fenmeno completamente positivo e enri quecedor. Que lle parece o novo presidente do CDG? un vello profesional do teatro galego con capa cidade abonda para levar a cabo ese labor. Se o deixan.

44

Lus Mario
A arquitectura galega merece un 9 de nota; a literatura un 4,5
Lus Mario un intelectual galego de enorme universo cultural. Foi director de Edicins Xerais de Galicia. Dirixe o programa Etctera na TVG. As vangardas, morreron? Morreron coa postmodernidade. A cultura, dereito ou deber? As das cousas. Estados Unidos, o noso pap cultural? Mis ca cultural. A cultura, uniformzase? Anda que se pretende a heterotopa, estamos na uniformacin. A televisin, descontextualiza?

45

Lamentablemente non. Sar de contexto pode ser algo moi creativo. A cultura pode televisarse? Con graves handicaps. Apocalptico ou integrado? Utpico. Un autor universal dos nosos das. Xos Lus Mndez Ferrn. A narrativa galega actual do 1 ao 10. 4,5. A pintura galega actual do 1 ao 10. 6. A que est en 9 a arquitectura. Alain Badiou. Utopa traizoada. Micheal Foucault. Posta en cuestin do poder. O marxismo. Disque un son.
46

Carlos Mella
Eu non creo no nacionalismo de dereitas
Carlos Mella foi vicepresidente da Xunta de Galicia co goberno de Xerardo Fernndez Albor e parlamentario durante das lexislaturas. O poltico menos inocente. O menos inocente sempre o mis poderoso. O poltico mis inocente. Fernando Gonzlez Laxe. A dereita ser nacionalista algn da? Vxollo difcil, non creo nos nacionalismos de dereitas. Fra de Galicia non nos toman en serio? Iso unha obviedade. Unha solucin para Galicia.
47

Perder a sa submisin ao resto do pas e conse guir unha autonoma de verdade. Os polticos andan sempre a pillar a mis gorda? Al cadaqun, eu s podo falar pola mia expe riencia. Que opina do goberno de Fraga? un goberno moi supeditado personalidade de Fraga. Un dos problemas de Fraga foi a sa incapacidade de facer equipo, debido sa nece sidade de ter xente que obedeza sempre s sas ordes. Que vai pasar nas prximas autonmicas? Non me gusta restarlle mritos ao que se est a facer: Fraga aportoulle a Galicia prestixio e pre senza. Outra cousa a gobernacin diaria do pas, pero se Fraga se presenta, volve gaar. Que lle parece a viaxe de Fraga a Cuba? Dalgn xeito Fraga est a ser utilizado por Fidel Castro. Non me encaixa moi ben dentro do esque ma xeral da dereita espaola.

48

Antn Baamonde
O nacionalismo est feito de soos, fermosos ou funestos
Antn Baamonde d clases nun Instituto lugus e filsofo e colaborador habitual da prensa galega. Teorizou sobre o nacionalismo de esquerdas en Catro ensaios sobre o nacionalismo galego. Pensa, logo existe? Penso e existo. De quen somos fillos no mundo de hoxe? De ns mesmos, naturalmente. O pensamento postmoderno. Hai moita confusin sobre isto pero verdade que hai ideas que teen que ser reformuladas. Cal a palabra que define a Galicia de hoxe? Unha transformacin acelerada pero sen direc cin e probablemente sen sentido.
49

De que substancia est feito o nacionalismo? Da mesma substancia que todo o humano: dos soos, que s veces son fermosos e s veces son funestos. Imos cara a un mundo mellor? Do mundo o nico que se pode dicir que vai e vn. Un libro que nunca lera. Ningn. Somos vtimas do noso tempo? Sempre se vtima do tempo en que un vive. O problema que mis lle preocupa. O amor. A unin da esquerda nacionalista. Probablemente chegue, pero tarde, mal e arras tro. Por que cousa o deixara todo? Por unha muller.

50

Roberto Cordovani
Para min o teatro coma un grande orgasmo
Roberto Cordovani o director da Compaa Arte Livre do Brasil e un actor teatral de prestixio internacional. Vai permanecer tres meses en Galicia presentando o ltimo espectculo da compaa: O retrato de Dorian Grey. Galicia, un campo por sementar? Moito. fantstica. Que o teatro? Para min, un grande orgasmo. Shakespeare. Unha grande reflexin. A sa mellor experiencia. Cada vez decido algo, sempre que tomo unha decisin.
51

Como o corazn dos brasileiros? Grande, apretado e quente. De que obra da compaa est mis satisfeito? Resultarame mis doado falar da que fiquei menos satisfeito. Greta Garbo metuselle na pel? Meteuse, principalmente por aprender a convi vir mellor coa soidade. Oscar Wilde, un iluminado? Iluminado, intuitivo. Admiro profundamente a Oscar Wilde. desas persoas coraxosas e con intui cins. A coraxe fundamental no ser humano. O teatro, comunicacin? Unha forma de comunicacin intensa. Un positivo para a persoa. A obxectividade. Por que aposta no futuro? Nunca aposto no futuro. Vivo o presente.

52

Atilano
Diante da portera sentes unha sensacin inmensa de meter gol
Atilano hoxe un dos xogadores de ftbol mis veteranos do Celta. O ftbol galego, que falla? O que falla en todas as canteiras: a xente non ten paciencia. O ftbol, espectculo ou deporte? unha mestura de espectculo e deporte. Que sente co baln diante da portera? Unha sensacin inmensa de meter gol. Que factor pode facer gaar un partido? Igual ca perdelo. Pode haber moitos factores. Que mudara do regulamento do ftbol?

53

Se cadra, o feito de que se puidesen facer mis cambios, porque saira gaando o espectador. O Celta, un eterno equipo modesto? Ten estrutura dun bo equipo mais de momento fltalle a cuestin econmica. Cal o principal problema do Celta? De momento non ten problema ningn. O Celta mais o Deportivo en Primeira? factible. As competicins europeas, unha utopa? Non, mais para ir a Europa cmpre estar en Pri meira e facendo tempadas coma as de anos atrs. A chave do bo xogo. Esa chave est na calidade de todo o conxunto. De neno queras ser futbolista? Quera.

54

Xaqun Marn
A retranca humor de noso: unha agudizacin da irona
Xaqun Marn un dos debuxantes e humoristas galegos de mis sona. Ademais director do Museo do Humor de Fene. O humor, universal? universal pero ten variantes particulares. A retranca. A retranca unha variante do humor que de noso. unha agudizacin da irona. Defname o humor. Na definicin do humor caeron moitos definido res. un xeito de entender a vida. O pobo con mellor humor. Non coezo o humor de todos os pobos. O do pobo galego moi bo porque subsiste grazas a el.
55

O humor pode facer chorar? posible facer chorar ou rir, pero difcil para o humor grfico. Que podemos facer ns polo humor? Sobre todo practicalo e consumilo. Que pode facer o humor por ns? Axudarnos a vivir. Ten vostede bo ou mal humor? Regular. Un personaxe que lle produza risa. Gil y Gil, por exemplo. O humor pode ser cousa de museo? Todas as cousas son museables sempre que o museo sirva para algo. Un humorista. Xaqun Marn. Castelao. o punto de referencia de todos os humoristas galegos.
56

Ramn Villares
A Universidade dbese a un pas, a unha xente e a unha terra
Ramn Villares, reitor, motor da Universidade de Santiago. Reitor de manga ancha? Coido que non. Non se pode ser de manga ancha en ningn sector da vida. Unha eiva da Universidade. A sa lentitude para resolver os problemas. O maior problema. A ausencia de recursos de seu. Que precisa dos galegos a Universidade? Que se sinta mis propia e menos como algo afastado onde toda a xente pode meter baza. Que precisan os galegos da Universidade?
57

Unha institucin que lles resolva algns dos seus problemas no mbito cientfico, cultural e poltico, e que sexa til para a propia construcin do seu futuro. A duplicidade de titulacins. Pode ser oportuna se a demanda de estudios o aconsella. Noutros casos innecesaria. O sistema do ensino, caduco? O sistema de ensino tende a ser conservador e daquela est sempre perto da caducidade, mais est a renovarse deseguido. A investigacin, o maior dficit? O maior activo da Universidade de Santiago. Os estudantes, pasivos? Son estudiosos e s veces despreocupados do mundo en que viven. Son confiados. A Universidade, cos ps na terra? A Universidade unha institucin que ten dimensin planetaria ao ser produtora de saber e coecemento, mais dbese a un pas, a unha xente e a unha terra.
58

X. L. Surez Canal
As fotos que se fan para gardar no lbum son a esencia da memoria
Xos Lus Surez Canal un dos responsables da Sala dos Peiraos, a nica sala estable de fotografa existente en Galicia. A fotografa, un luxo necesario? Nin luxo nin necesario. Arte ou documento? As das cousas, mais para min moito mis documento ca arte. Arte a medio camio? Na fotografa hai unha parte importante de crea cin. Fotgrafo de prensa ou fotgrafo de ra? Non hai diferenza. O importante a obra que ambos fan.
59

A fotografa en Galicia. En canto infraestrutura e actividades, goza de moi boa sade. E, como indicativo, no Centro Rei na Sofa hai 15 fotgrafos galegos nunha exposi cin. A fotografa no mundo. a esencia da fotografa. As fotos que se fan para gardar nun lbum constiten un xeito de gar dar a memoria. Cal a instantnea mis difcil? Posiblemente a que non se poida facer. Fotobienais, polmica asegurada? Ns nunca nos formulamos crear polmica. Se existe e construtiva, benvida sexa, mais se s dereito a pataleo sen argumentos non nos interesa. A Sala dos Peiraos. Est a. Mudamos para a Casa das Artes porque os proxectos son mis amplos. Potenciamos a foto grafa galega e ensinamos en Galicia o que se est a facer fra.

60

Margarita Ledo
A censura moderna prodcese a travs dos pulls de opinin
Margarita Ledo profesora da Facultade de Xornalismo de Compostela e membro do Consello Editorial do Diario 16 de Galicia. Que pinta a fotografa na prensa? Ocupa un papel tan importante que cando non a houbo na guera do Golfo foi cando se notou a sa carencia. A censura moderna, de delicado padal? Abof, porque se produce a travs dos pulls de opinin. O medio mis manipulable e o mis crible. A voz humana, en ambos os dous casos. A mentira mis escandalosa.

61

A que se encobre na verdade. Esta non existe por que sempre hai versins do que pode ser verdade. Prima a informacin de gabinete? Prima a informacin precociada e condimen tada para que pase polos circutos informativos. O poder dos medios de comunicacin. A palabra poder est en descrdito: o poder nunca recoece o erro. Nos medios, a grande manipulacin que se fai sobre a sociedade que non se mostran como unha parte da sociedade, como unha versin mis que intervn sobre a sociedade. Ao situarse por riba cando intenta poder coa sociedade. Unha aposta. Que saibamos que o que se nos est a contar parte mis da verdade, unha versin do real, e que o real ten tantas versins como intereses e identi dades hai no mundo, e que grazas a este tipo de contrastes avanzamos. Eu apostara pola complexi dade e pola contradicin. Un desexo. Un diario galeguizado na forma e nos criterios da noticia, que responda Galicia de fins de sculo.
62

Manuel Guede
O teatro igual de rendible que a sanidade pblica
Manuel Guede o director do Centro Dramtico Galego. O CDG, peza ou motor? E por que non podera ser a caixa de cambios? O seu maior desexo. O Teatro Nacional de Galicia. E unha Escola de Arte Dramtica de Galicia? Un centro de formacin teatral para Galicia algo mis ca iso. E ter a garanta de que o teatro galego poida estar no futuro. O maior problema do teatro. Os que andan a facer teatro e porfan en lle cha mar doutro xeito.

63

O teatro, para minoras? As minoras nacen, viven e tamn se reprodu cen. O teatro rendible? . Como a sanidade pblica. Sar fra ou percorrer Galicia? Que Galicia?, a de dentro ou a de fra? Eu nacn na Galicia de fra. Teatro nas aulas ou teatro nas ras? Teatro nas aulas para encher as ras de bo teatro. O teatro, a literatura mis viva? Tanto, que ata pode morrer o apuntador. O teatro galego. O teatro galego ten virtudes e defectos. cues tin de criterio. Pero noso. Shakespeare ou Cunqueiro? Shakespeare, Cunqueiro, Valle e don Ramn Otero Pedrayo, porque o corts non quita o inte lixente.

64

Miguel Cancio
A democracia unha mentira tal e como est organizada agora
Miguel Cancio socilogo e profesor universitario. A nova relixin. A cultura como dominacin, que acta pola vio lencia simblica e que incle no seu mbito a tele visin e o deporte. O principal rasgo do comportamento social. Actualmente o que impn a cultura do dieiro e da ostentacin do mesmo. Que denunciara antes ca nada? A dominacin mis complexa, mis sutil, a que se fai en nome da esquerda, do socialismo e do eco loxismo e, polo tanto, do xeito mis eficaz posible. A quen denunciara antes?

65

A todos os que estn a prostitur a utopa, a tica e a esttica. Cal a palabra que define a nosa sociedade? Nestes momentos a insolidariedade e a mentira do progreso. Para que serve un socilogo? Para dar gato por lebre ou para tratar de vivir mellor individual e socialmente. Cara a onde camian os nosos tempos? Como dira Agustn Garca Calvo, cara ao futu ro e o futuro a morte. O problema est en saber suxeitar o tempo e non deixarse suxeitar por el. A democracia. Unha mentira tal e como est organizada actual mente. As seitas. Un xeito de encadre social alienante. A violencia. Unha expresin social dexenerada.

66

Valentn Carrera
Galicia unha terra tan exportable e internacional coma calquera
Valentn Carrera escritor e xornalista. Publicou a novela Riosil e dirixiu o programa Os Viaxeiros da Luz. Os Viaxeiros da Luz, un xito? Un xito Twin Picks; Os Viaxeiros da Luz un exitio. Serie exportable? Igual ca ns gustamos das series sobre o Ama zonas, os alemns intersanse polo que pasa no Courel. Galicia unha terra tan exportable e inter nacional coma calquera outra. O Camio Europeo, un proxecto novo? Un proxecto vello. Dalgn xeito tamn un camio da luz: o da Va Lctea. A viaxe mis fermosa.
67

A da memoria. Os obxectivos de toda viaxe. Un mesmo. Os seus proxectos prximos. Casar (poer casa). A vida, da a da? Da a da; minuto a minuto, e segundo a segundo. En que pas lle gustara vivir un ano? En Xapn. Un animal. O falcn. A terra ou o mar? Onde pisa o boi. Prensa, radio ou televisin? Prensa sempre. E prensa de linotipias.

68

Pemn Bouzas
Na televisin o fundamental o traballo en equipo
Pemn Bouzas, xornalista, o presentador do programa da TVG Coa mia xente. A cmara intimida? Non. Directo ou enlatado? Directo. A televisin, a Biblia do sculo XX? A Biblia non, pero si un manual. O presentador, a estrela do programa? O presentador debe ser a imaxe do programa e daquela, cara ao pblico, a estrela. Pero na televi sin o fundamental o traballo de equipo. A televisin mente? A televisin mente descaradamente.
69

Fichara pola CNN? Por calquera televisin que tivese suficientes medios para poder traballar. Un programa que admire. Est moi ben feito o programa de Carlos Herrera Primero Izquierda. O pblico, gratifica? Totalmente. Sobre todo o pblico de Vigo. Un momento de medo. Cando dimitn como director do programa Entre ns, que me custou seis meses sombra. Un momento de valenta. Ese foi un dos momentos de maior valenta: dicir que non continuaba. Unha eiva da TVG. O tempo. O mis positivo da TVG. Todos os traballadores e a direccin, por tentar facer televisin co orzamento miserable que ten.

70

Suso Costas
A especulacin un desastre para toda a cidadana
Suso Costas ocupa a concellara de urbanismo en Vigo polo PSG-EG. O poder corrompe? o dieiro o que corrompe. Gaa as eleccins quen ten mis cartos? Desgraciadamente bastante as. A especulacin, o peor dos pecados? A especulacin un desastre para toda a cidada na. Vigo a Cidade Sen Lei? Vigo correu serios perigos nese sentido. Que curruncho de Vigo aprecia mis? O casco vello.
71

A principal cualidade desta cidade. Vigo unha cidade moi viva. unha especie de self-made city. O nome dun vigus que mereza citarse. Hai moitos. Para dicir un do pasado, Eduardo Chao, que por suposto non naceu en Vigo. Como ser o Vigo do ano 2000? Ser como o de agora, pero esperemos que bas tante mellorado. Entndese con Carlos Prncipe? s veces si e s veces non. Pode imaxinar a coalicin viguesa na Xunta? Por que non? O PSG-EG gobernar en Vigo en maiora? Estara ben, pero non son futurlogo e iso depen de do que vote a xente.

72

Miguel de Lira
O teatro galego despreocupouse de pensar na importancia do pblico
Miguel de Lira actor de teatro do grupo Chvere. Vvese do teatro? o que se intenta. Vvese mellor ou peor en fun cin do que cada quen queira arriscar. Primeiro cmpre sementar se queres recoller. Teatro ou televisin? Cada medio ten linguaxes distintas. O teatro mis vivo e mis comunicativo polo que ten de espectculo en directo. Os actores son unha gran familia? Non creo. Tan s temos cousas en comn. Cal sera o papel da sa vida? Seguramente ser o ltimo que faga.

73

De que papel se sente mis satisfeito? Cada un ten caractersticas distintas. Cada per sonaxe esixe de ti unhas condicins que poses pero que tes que buscar. Chvere vai apostar pos facer rir? Chvere vai apostar por facer espectculo. E facer espectculo pode ser facer rir ou asombrar. Chve re quere que a xente non saia indiferente do teatro. Que opina do novo director do CDG? Non sei, non contesto. Por que o teatro galego ten pouco pblico? Ser porque non se preocupou de pensar no pblico como elemento mis importante do que un espectculo. Un actor ten mil vidas? Ten sete, coma os gatos. Ensaio ou directo? O directo.

74

Carlos Blanco
Na TVG consideraron que haba demasiado churrasco na grella
Carlos Blanco o seor Paco. O seor Paco traballou de camareiro no programa O Fiadeiro, da Radio Galega. Tamn repartiu xuvencas entre os mellores xogadores de chave do desaparecido programa de Antn Reixa na TVG, Sitio Distinto. O seor Paco vai ao paro? Non, o seor Paco nunca vai ao paro. Por que os botaron da televisin? que consideraron que xa haba demasiado churrasco na grella. Estase mellor na radio ou na televisin? Estase mellor na casa. O seor Reixa pagballe ben? O seor Reixa paghaba moi ben.
75

Que tal se levaba vostede coas Incansables de Canghas? Tiamos unha relacin de amor incansable. Anda ten xuvencas na casa? Teo; anda repartn o outro da en Canghas sin cuenta e sinco. E sobraron. Xoga chave nos seus ratos libres? Xogho, moitas veces mesmo na mia churras quera xoghamos chave s sbados pola tarde. Disque a algunha xente non lle gustaba a sa forma de falar. Seica si, espesialmente aos xordomudos, pero xordomudos houbos, hainos e haberaos. Nunca o felicitou o alcalde da Corua? Pois non, e mira que somos tocaios, eh! Volver algn da o seor Paco? Home, non se foi, como non ha volver!

76

Luma Gmez
Canto mis teatro se fai, mis cine se quere facer. coma un veleno
Coecmola sobre todo polo seu papel de Urxa, pero tamn foi Beatriz en As alegres casadas, e moitos personaxes mis. Agora traballa na obra Os Xustos e chmase Luma Gmez. Cine ou teatro? As das cousas. Naceu con vocacin de actriz? A vocacin de actriz vaise adquirindo. Canto mis teatro se fai, mis cine se quere facer. coma un veleno. Que papel lle gustara interpretar? Gstanme todo tipo de traballos, cmicos e dra mticos. O actor ou actriz, sofren no escenario?

77

s veces si, pero non nada negativo senn po sitivo. Identifcase cos personaxes? Identificarse con eles inevitable porque dalgn xeito os fai un mesmo. Un vai sacando de si todo o que pode a favor desoutro a quen ten que interpretar. Con que personaxe se sentiu mis identificada? Coido que con Medea. Que se require para unha boa interpretacin? Moitas cousas; preparacin, intuicin, e tamn un chisco de sorte. Os nervios, antes ou durante a representacin? Antes. A principal cualidade dun actor? Se cadra, a observacin e a concentracin. Unha actriz de toda a vida. Nuria Espert.

78

Laxeiro
Se nacese de novo gustarame ser atracador
Aprezado, controvertivo, entregado; un dos artistas plsticos mis recoecidos. Laxeiro non precisa pressentacin. A pintura tormento? Cando a un non lle saen as cousas como quere un tormento. Que cousa abolira por decreto? O traballo. Que lle gustara ser de nacer de novo? Atracador. En que outra poca lle gustara vivir? Nunha poca en que non houbese goberno nin gn no mundo. Nunca pensou en escribir as sas memorias?
79

Xamais. Dgame unha cousa que admire. Unha muller fermosa e guapa. Dgame unha cousa que deteste. A mentira e a inxustiza. Que lle gustara ser de maior? Un vello verde. Unha cor. Negra. Dgame o ttulo dun cadro clsico. As meninas. O seu pintor preferido. Teo moitos. Que lle pide posteridade? Nada.

80

1991-2011
vinte anos de esCrita pbliCa

81

Fran alonso (Vigo, 1963), ademais de ser autor dunha recoecida obra de ficcin, nunca abandonou o labor como xornalista, que comezou no Diario 16 de Galicia. Colaborador de diversos medios de comunicacin, durante varios anos escribiu nas pxinas de opinin de La Voz de Galicia e posteriormente no suplemento Luces de El Pas. Desde hai dez anos mantn unha columna de opinin en A Nosa Terra. En 2003 creou o blog Cabrafanada, un dos pioneiros en lingua galega. Como xornalista, abordou o conflito saharau en Territorio ocupado (1998), Premio Losada Diguez, e a evolucin da cultura galega en Un pas a medio facer (2008). Tamn abordou a biografa en A vida secreta de Mara Mario (2007), Folerpas de Novoneyra (2010) e A voz que vn da seitura, includo no libro-disco con DVD da Seora Carmen A flor dos meus anos (PAI Msica, 2007). O seu libro de relatos Males de cabeza (2001) foi editado por Vieiros en formato dixital e acceso libre un mes

83

antes da sa sada en papel en Xerais. O seu poemario Balada solitaria, realizado conxuntamente co fotgrafo Renato Roque, publicouse exclusivamente en Portugal (2004). autor de mis de vinte ttulos, algns traducidos a varias linguas, entre os que destacan os libros de narrativa Triler (1991) Cemiterio de elefantes (1994), O brillo dos elefantes (1999) ou Cartas de amor (2006); o poemario Subversins (2001); o lbum ilustrado A araa e mais eu (2009); e os libros de poesa infantil Cidades (1997) e O meu gato un poeta (2011). En setembro deste 2011 ver a luz en Xerais o seu prximo libro de relatos, titulado Ningun. http://www.franalonso.eu

84