Está en la página 1de 2

La Voz de Galicia

escuela
la voz de la

Miércoles, 16 de mayo del 2012 | Número 1027 | Año 130

www.prensaescuela.es

RAMÓN LEIRO

A escultura de Paz Andrade é a que está en primeiro termo deste grupo, no que tamén se representa a outros ilustres galeguistas na praza de San José de Pontevedra

A festa das letras galegas
Valentín Paz Andrade, o autor que será homenaxeado mañá, foi avogado, xornalista, poeta, viaxeiro e home de empresa, e estivo vinculado á política cun único obxectivo: traballar por e para Galicia
O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, exaltou a importancia e vitalidade do Día das Letras Galegas na nosa sociedade, dicindo que constitúe «a maior festa cultural de Europa». A data para celebrar a gran festa dos impulsores da lingua non se escollera ao azar, senón que conmemora a edición o 17 de maio de 1863 do libro Cantares gallegos, escrito por Rosalía de Castro, que foi a primeira autora en recibir esta homenaxe do Día das Letras Galegas en 1963. Non todo, a xuízo do presidente da RAG, foi fácil xa que se iniciou esta efeméride do Día das Letras Galegas, hai 50 anos, «en tempos bretemosos ata chegar ao facho en que, grazas á teimosía do pobo galego, se converteu hoxe en día».

ATENCIÓN Á ESCOLA Na reunión tida o pasado 24 de abril na RAG deuse a coñecer a especial atención que se lles dedica este ano aos centros educativos:
■ O conxunto de estudantes de bacharelato recibirán gratuitamente un libro cun retrato e a valoración de cada personaxe homenaxeado nestes 50 anos. ■ O 16 de xuño celebrarase un acto cívico conmemorativo na praza de María Pita, na cidade da Coruña, que contará coa presenciade do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e a dos alcaldes de todas as cidades, vilas e aldeas onde tiveran nacido os cincuenta personaxes que recibiron a homenaxe do Día das Letras Galegas.

■ Na praza de María Pita, nese espazo emblemático da cidade da Coruña, sete grupos de alumnos de sete institutos do país esparexerán sete materias simbólicas: o alumnado de Padrón traerá pétalos de camelias apañados na Casa de Rosalía; os escolares de Ponteceso espallarán arume arpado apañado a carón da casa de Pondal; de Celanova achegarán terra da horta de Curros Enríquez; os estudantes de Cambados esparexerán area recollida a carón da casa de Ramón Cabanillas; de Rianxo chegará auga salgada traída da ribeira, ao pé das casas de Castelao, Dieste e Manuel Antonio; de Mondoñedo recibirase auga doce da Fonte Vella de Álvaro Cunqueiro e, por último, os alumnos do Courel participarán con herbas procedentes da horta da casa de Uxío Novoneyra.

> ACTIVIDADES
croespazos realizados pola TVG que se emitirán a partir do día 17 de maio. Neles, cincuenta académicos glosarán, por espazo dun minuto, unha das figuras homenaxeadas.

1. Cincuenta mi-

Rosalía de Castro e cun texto definitorio sobre a importancia da lingua: «A Lingua será estranxeira de non a cultivarmos na súa condición de Patria».

2. Mil coleccións-ex-

posicións de cincuenta carteis e edición dun libro conmemorativo para distribuír en librerías, institutos e bibliotecas. En 1963 editábase o primeiro destes carteis, dedicado a

6 deste suplemento, na que atoparás suxestións para achegarte á figura de Valentín Paz Andrade. Entre outras, entérate da interesante proposta que publicou La Voz de Galicia no seu suplemento Culturas o sábado 12.

3. Consulta a páxina

> 4-5
El milagro de cada primavera: tras la flor, llega la fruta

>6
Libros e iniciativas para o Día das Letras Galegas

>7
Malaria, juegos de Internet y «crowdsourcing»
VISITA LA WEB DE PRENSA-ESCUELA www.prensaescuela.es

6 >> cultura

miércoles, 16 de mayo del 2012 | la voz de la escuela

> ACTIVIDADES
DERRADEIRO DÍA Mañá é o derradeiro día, así que hai que andar lixeiros. Pero ¿derradeiro día de que? Dunha iniciativa que leva adiante a Fundación Barrié, xa que mañá ás 24 horas remata o prazo para inscribirse no concurso baseado na webquest «Valentín Paz Andrade e o xornal Galicia, edición especial» con que EducaBarrié convocou a todos os centros de ESO e de bacharelato. E busca nada menos que revitalizar o emblemático xornal Galicia. Os traballos hainos que entregar antes de que remate o 8 de xuño. Tedes máis información en ■ www.educabarrie.org e máis en educabarrie@fbarrie.org
■ E outra proposta para mañá: pincha na web de La Voz de Galicia: www.lavoz.es. Todos os días sae en castelán con opción a vela en galego facendo un clic. Mañá será ao revés. Parece pouca cousa, pero seguro que coa súa mente entre literaria, pragmática e tecnolóxica, Valentín Paz Andrade estaría de acordo co cambio. ■ ¿Que che parece o que di o profesor Gómez-Montero na entrevista? Podes discrepar, felicitalo ou falar con el sobre literatura galega. Este é o seu correo: ■ gomez.montero@romanistik. uni-kiel.de. E o da lectora Paz Huete é ■ p.hueteiglesias@romanistik. uni-kiel.de

Alumnos do Colexio Novo participaron nunha das rutas culturais polo casco vello de Monforte para festexar a o Día das Letras Galegas

Os valedores das nosas letras
Co gallo da celebración, numerosas iniciativias lembran a Valentín Paz Andrade
Digámolo alto e claro: esta é unha chamada ás armas… literarias, por suposto. Non podía ser doutro xeito sendo mañá o día que é. As editoriais xa sacaron os seus libros, convertendo esta nova edición das Letras Galegas no que foron todas as anteriores: non só unhas xornadas para lembrar a un persoeiro e a súa obra senón para facerse con materiais —volumes, artigos, folletos— relacionados con el para gardar. Mesmo hai auténticos coleccionistas de todo o que sae. Mañá, xa que logo, é un día para ler algo, o que cada un queira, libro ou xornal. Nese sentido La Voz de Galicia está en campaña desde o sábado, cando sacou un especial do seu suplemento Culturas, ao que seguen estas mesmas páxinas e se completa coa venda por un prezo simbólico de un euro, mañá, dunha selección dos mellores artigos de Valentín Paz Andrade. Paga a pena deterse nas 28 páxinas a cor do Culturas. ¿Que ten de excepcional? Pois entre outras cousas que é a primeira vez que se entrega unha presentación dos ata agora 50 galardoados co Día das Letras… e feita polos académicos da Real Academia Galega (RAG), sen dúbida os mellores observadores d do pasado liter rario de Galic cia. Despois, de to todo un pouco, pe pero sen deixar na ao azar. Aí nada es está o espírito do entrañable Fe Fernández del Ri Riego, a explicació ción detallada do por que da data elixida para a conmemoración, como se vive desde unha librería, unha entrevista a dúas voces cos directores das editoriais Galaxia (Freixanes) e Xerais (Bragado), resumos de tres das biografías sobre Paz Andrade presentadas estes días —tempo para os traballos de Tucho Calvo, Charo Portela e Xan Carballa, o dicionario de Franco Grande— e, pechando o número, unha entrevista co presidente da RAG, Méndez Ferrín.

> Cristóbal Ramírez
congostro@gmail.com

> JAVIER GÓMEZ-MONTERO CATEDRÁTICO DE UNIVERSIDADE DE KIEL

«En Paz Andrade converxen o empresario implicado socialmente e o intelectual crítico»
Javier Gómez-Montero naceu en A Coruña, estudou en Alemaña desde 1977 e no 2001 foi nomeado catedrático de Literaturas Románicas da Universidade Cristiana Albertina de Kiel, onde é director do Centro de Estudios sobre el Renacimiento Español. Tamén está á fronte do Taller de Tradución Literaria de Kiel e a súa colección de tradución literaria da editorial Ludwig. Publicou diversos estudos xacobeos e antoloxías de textos literarios sobre o Camiño de Santiago. Tamén dirixe en Kiel o Centro de Estudos Galegos, onde tampouco deixan pasar por alto o Día das Letras Galegas. —¿Como se celebra nesa Universidade unha xornada coma esta? —Pois adiantámonos. O xoves pasado tivemos unha actividade con Inma López Silva, a primeira escritora galega que participa como representante de España no Festival Europeo de Primeira Novela, que vai pola súa décima edición. A súa conferencia titulouse «Ser unha literata galega hoxe en día». Nós aproveitamos a súa visita para presentar tamén a obra e vida de Valentín Paz Andrade, unha presentación que fixen eu. Ademais, o 14, luns, ela tivo outro acto en Berlín. —¿Cantos dos seus alumnos están interesados en Galicia? En realidade, ¿que é o que máis lles atrae? —No Seminario de Linguas Románicas hai moitos alumnos interesados en Galicia. Algúns demostran a súa interese participando nos cursos de lingua (uns 18 alumnos) e outros participando en seminarios sobre o Camiño de Santiago e sobre gastronomía ou cine galegos. Ademais entre outubro do 2011 e febreiro do 2012 organizamos unhas Clases Maxistrais Xacobeas, ás que foron estudantes e outros cidadáns de Kiel. E entre novembro e decembro organizáramos unha exposición sobre o Camiño de Santiago e as linguas que se falan ao longo do seu percorrido. Do 24 de maio ao 31 de xullo organizamos unha mostra na sede da televisión local de Kiel sobre o Camiño de Santiago nos medios. E en xullo temos planificada unha excursión a Galicia cuns 15 estudantes para coñecer máis de cerca as pegadas xacobeas da rexión. —¿Qué é o que máis destacaría de Paz Andrade? —Na personalidade de Paz Andrade converxen a do empresario implicado social e politicamente coa de un intelectual critico e mais poeta. Isto é un referente decisivo xusto nos tempos que hoxe corren nos que a literatura seria, centrada na historia e no presente das cidades e dos homes e mulleres, parece rexeitarse. Éche que novelas, contos, mesmo poemas se aceptan só

Javier Gómez-Montero

como un produto máis da sociedade de consumo, case sen valor simbólico. Paz Andrade é unha figura que volve a poñer sobre a mesa o prestixio dos intelectuais que actúan segundo as ideas e conviccións morais. É un modelo para todos os que queren facer da súa vida unha cousa seria. —Por certo, ¿canto tempo leva funcionando o centro? —O Centro de Estudos Galegos leva activo dende outubro de 2007 baixo a miña dirección. Paz Huete Iglesias é a lectora dende outubro de 2010. A anterior lectora foi Uxía Iglesias Tojeiro.

ALBERTO LÓPEZ