Está en la página 1de 4

1.

- TÍTULO Programa de Estimulación


Multisensorial.

2.- DESTINATARIOS xxxxxxxxxxxxx

3.- DURACIÓN DO PROGRAMA Curso 2008-2009

4. OBXECTIVOS XERAIS

• Ofrecer un espazo que favoreza a estimulación dos diferentes sentidos.


• Mellorar a discriminación dos estímulos sensoriais, a través do coñecemento
tras o contacto directo con eles.
• Facilitar a emisión de respostas ante os estímulos, xenerando a expresión.
• Facilitar a relación do corpo cos obxectos.
• Desenvolver as habilidades manipulativas.
• Empezar a comprender o concepto de causa-efecto (manipular un obxecto
provoca un efecto).
• Proporcionar pracer e benestar.

5. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

• ESTIMULACIÓN TÁCTIL E SOMÁTICA


o Propiciar a apertura e o movemento das mans da persoa para tocar
os diferentes obxectos.
o Desenvolver e estimular a prensión.
o Axudar ó neno a manipular os obxectos.
o Sentir sensacións diferentes coas partes do corpo como a cara, as
mans, as pernas, os pés,…
o Sentir sensacións contrarias coma frío/calor, suave/rugoso,…
o Discriminar as diferentes experiencias táctiles.
o Descubrir o sentimento do propio corpo e ir descubrindo, con axuda,
a localización das diferentes partes do corpo.
o Utilizar o tacto como fonte de exploración das diferentes partes do
corpo (1º a cara e as súas partes, as mans, as pernas,…), nel mesmo e
nos demais (1º terá que explorar o seu corpo e despois o corpo dos
demais serviralle de espello).
• ESTIMULACIÓN VISUAL
o Desenvolver a atención cara ós diferentes estímulos visuais.
o Discriminar obxectos, rostros, etc.
o Mellorar a coordinación óculo-manual.
o Desenvolver a memoria visual.
o Promover a atención cara outras persoas nos seus movementos,
xestos e accións.
o Estimular o seguimento visual de obxectos en movemento.

• ESTIMULACIÓN AUDITIVA
o Discriminar entre diferentes sons.
o Fomentar a localización e o seguimento dos estímulos sonoros.
o Recoñecer polo ton da voz os diferentes estados de ánimo.
o Producir sons tocando diferentes instrumentos, accionando xoguetes
(móvil, peluches, …).

• ESTIMULACIÓN OLFACTIVA
o Concienciar ó neno da existencia do nariz e da súa finalidade para
discriminar olores.
o Aprender a oler.
o Manifestar reaccións de agrado ou desagrado ante os estímulos
olfactivos.
o Discriminar entre diferentes olores.
o Desenvolver unha memoria de olores.
o Realizar movementos de aceptación ou rexeitamento dos olores.

6. METODOLOXÍA

PRINCIPOS METODOLÓXICOS:

• Aproveitar os intereses e motivacións do alumnado.


• Actitude flexible ante a necesidade de introducir cambios e modificacións.
• Proporcionar diversidade de estímulos.
• Dotar de significado comunicativo, sempre que sexa posible, todas as
accións do neno.
• Empregar a ESPERA ESTRUCTURADA: facer uso de “turnos” e dar tempo a
que se exprese, evitando que aprenda que todo o que ocorre no seu entorno
é independiente dos seus actos (o que Seligman denomina “indefensión
aprendida”).
• Facer uso de ZONAS ESPECÍFICAS DE INFORMACIÓN (ZEI): Zonas con
claves visuais que sempre están situadas no mesmo sitio dentro da aula,
como o calendario, a ubicación colexio/casa, etc.
• Empregar axendas con fotos das persoas que interactúan co neno ó longo da
xornada e con fotos das actividades máis representativas que realiza.
• Empregar diferentes Sistemas Alternativos de Comunicación (SAC): fotos
reais das persoas, dos espazos, dos obxectos, etc., o SPC, o PECS, ...
• Sinalizar o espazo: símbolos das zonas de castigo por mal comportamento,
símbolo do WC, etc.
• Empregar ordes sinxelas e cun fin real.
• Traballar con obxectos reais ou que representen o máis fielmente posible a
realidade, con fotos de obxectos reais e con sonidos reais e concretos.

7. MATERIAIS

• ESTIMULACIÓN TÁCTIL
o Telas e papeis de diferentes texturas (pódense pegar sobre imaxes
para estimular o desexo de tocar).
o Pelotas de diferentes superficies (brandas, ríxidas, con picos,..),
globos cheos de diferentes materiais, peluches,…
o Masaxeadores: para sentir as vibracións nas diferentes partes do
corpo.
o Aceite corporal para untar as súas mans e masaxealas.
o Obxectos móviles (como coches que se moven facéndoos retroceder)
que se lle amosa ó neno como facemos para que se mova.

• ESTIMULACIÓN VISUAL
o Espellos para traballar as diferentes partes do corpo á vez que se
nomean en alto.
o O noso propio corpo como espello dos movementos e das partes do
corpo.
o Fotos de persoas coñecidas e obxectos. A súa propia fotografía para
establecer a conciencia da súa identidade.
o Proyector para xogar coa luz e a sombra.
o Linterna para facer xogos de luces.
o Papel celofán de diferentes cores para ver a través del.
o Xoguetes (especialmente sonoros) para escondelos e localizalos.
o “Móviles” para colgar dentro do seu campo visual.
• ESTIMULACIÓN AUDITIVA
o Instrumentos musicais para producir sons ou para imitalos.
o Ordenador ou equipo de música e CDs de diferentes tipos de música.
o Altavoces (poden elaborarse a partir de tubos de papel de cociña,
papel hixiénico,…) para provocar reaccións ante diferentes
intensidades.
o O propio corpo como fonte de sons: palmas, chasquidos, etc.
o Cancións que lle gusten e desperten a súa atención.

• ESTIMULACIÓN OLFATIVA
o Perfumes (mellor se poden asociarse a referentes coma no caso das
frutas).
o Cremas ou aceites para dar masaxes.
o Xabón de mans.
o Incienso ou ambientadores para impregnar a aula e facilitar
diferentes experiencias olfactivas.