Está en la página 1de 1

6 >> literatura infantil y juvenil

miércoles, 28 de marzo del 2012 | la voz de la escuela

miércoles, 28 de marzo del 2012 | la voz de la escuela

literatura infantil y juvenil >>

7

Algunhas propostas para celebrar o Día do Libro nunha biblioteca escolar
Para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, La Voz de la Escuela suxire algunhas ideas
En abril coinciden dúas efemérides relacionadas co libro e a lectura: unha xa clásica, que celebra o 23 de abril a morte de Cervantes e Shakespeare: o Día Internacional do Libro. Outra menos coñecida e divulgada, o 2 de abril, conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen e por iso é o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Con este motivo, recollemos hoxe algunhas actividades para celebrar estas datas, aínda que o ideal é que actividades deste tipo se celebrasen ao longo de todo o ano e fosen relacionadas unhas con outras no quefacer pedagóxico diario. Ou sexa, que se convertesen en habituais e non sexan só esporádicas. Porque, como asegura Agustín Fernández Paz, premio nacional de Literatura Infantil no 2008, a aula «é o lugar idóneo para adquirir e consolidar a competencia lectora e para fomentar o desexo e o pracer de ler». O obxectivo principal debe ser crear un ambiente propicio cara á receptividade literaria e cultural, espertar sensibilidades e inquietudes. As actividades deben ter carácter voluntario e nunca deberían ser avaliables. Non son actividades propiamente de animación á lectura (penso con Pedro Salinas que «a animación á lectura debe estar dentro do libro e non fóra»), senón máis ben actividades dinamizadoras, que deben enmarcarse na Biblioteca do Centro. E non sería mala idea que este espazo fose preparado para a ocasión. As actividades aquí explicadas poden agruparse en catro bloques: exposicións, encontros temáticos ou literarios e xogos e concursos. s. Todas elas deben dar pé a participar, r, observar, escoitar e xogar.

«O xogo é a respiración do esforzo, o outro latexo do corazón, non prexudica a seriedade da aprendizaxe, é o seu contrapunto. E ademais xogar coa materia é tamén adestrarnos a dominala»
(Daniel Pennac)
CÉSAR QUIAN

> Juan José Lage Fernández
(revistaplatero@hotmail.com)

EXPOSICIÓNS
LIBROS SINGULARES Esta actividade consiste en expor en lugar adecuado unha selección de libros ilustrados, os chamados álbums, que abarquen todas as tendencias pictóricas e pórlles un número. Entre 15 e 20 exemplares son suficientes. Os alumnos, por quendas, unha vez folleados e ollados os exemplares, van depositando nunha urna ex profeso, o voto co álbum que máis lles chamou a atención. Feito o reconto das papeletas, o libro máis votado é o que se declara libro singular, que se exporá en lugar visible e viaxará por todas as clases ao longo da semana. Os obxectivos desta actividade serían: aprender a mirar, respectar as opinións alleas, aprender a seleccionar e cotexar, educar a sensibilidade, implicar aos usuarios... MUSEO DA FANTASÍA Consiste en crear un ambiente de museo na Biblioteca e expor diferentes iconas ou obxectos relacionados ou ben cos contos populares ou coas as historias máis modernas. Por exemplo: para Pinocho colocariamos un anaco de madeira xunto ao libro; para Charlie e a fábrica de chocolate o libro o xunto a unha libra de chocolate; para Brancaancaara neves unha mazá; para Cincenta unha escoba, a, cinza e naturalmente o libro; para Harry Potter as súas coñecidas lentes; unha bota para O gato con botas. Para facer a actividade máis participativa, os propios s alumnos poden buscar car esta variedade de obxectos. ectos. E tamén se pode facer un xogo er que consiste en simular que se roubou un libro e pescudar, a partir da icona, de que libro se trata. propi propios alumnos reivindican cando a lectura e a Bibliote teca? Ao mellor sen saír d do ámbito do centro, e s sempre que estea aut torizada pola dirección, pode ter éxito. O Ou se os alumnos son m maiores, e sempre que se conte cos permisos adec adecuados, pódese facer nas inmediacións do instituto. inm

CONCURSOS E XOGOS OS
RECITAL DE POESÍA É unha actividade moi atractiva e que reporta moitos beneficios tanto para os recitadores como para os oíntes. Trátase de facer un concurso selectivo de recitado de poemas cos alumnos voluntarios que se presenten e en dúas fases: na primeira o poema seleccionado pódese ler previamente e, na segunda, o poema entrégase no momento do recitado. En ambas as fases, un xurado vai seleccionando os concursantes puntuando diferentes aspectos relacionados coa entoación, o ritmo, a vocalización... para que ao final queden só tres seleccionados. Pode facerse con presenza de público e, ao final, entregar por exemplo un diploma aos tres primeiros gañadores. Non é a mellor idea premiar a mellor poesía presentada, pois se presta ás copias simuladas. O mérito non é dar un premio a un poema de Gloria Fortes presentado como propio por algún alumno, senón á declamación dese poema. XOGOS LITERARIOS Xogar coas palabras é xogar coas ideas. Por iso, calquera xogo ou taller relacionado coas palabras é un acto didáctico moi recomendable. Hai centos de actividades baseadas nos xogos literarios. Pasapalabra é un concurso televisivo moi coñecido. Proponse aquí unha actividade que dá moito xogo. Podemos denominala minala ar cortar e pegar e consiste no seeguinte: tómase un conto ou relato coherente, poñamos a Cara p u c h i ñ a como exemplo; pásase a dous ou tres s se folios, córtase por tiras cada dúas ou tres liñas e entrégase desordenado aos alumnos para que o recompoñan. Hai unha variante que podemos chamar tachóns e que consiste en entregar un relato ou fragmento, tachar determinadas palabra e que os alumnos intenten completalo. Ambas as actividades poden facerse de xeito individual ou colectivo. Tanto para esta actividade como para a de contos profesionais pode ser moi útil o libro Antología de cuentos y algunos poemas con propuestas didácticas, publicado en Octaedro.

ENCONTROS CONTROS
SEGUE A PISTA É un xogo a actividade que se presta a varias versións ou modalidades. A primeira é atopar un personaxe de libro ou un autor tras a suxestión de pistas que d diar diariamente se pr propoñen. Por e exemplo, para o libro Matilda: ten 5 anos e un irmán (primeiro d día); o seu pai ve vende coches (se (segundo día)... e así ata que se atope o libro indicado. lib O mesmo pode facerse cun autor. O xogo do si e o non (descrito por Dickens en Conto de Nadal) é a modalidade oral da proposta anterior. Reunidos varios alumnos, trátase de atopar un personaxe interrogando ao animador con preguntas, ás que debe responderse soamente si ou non ata dar coa solución final. Unha terceira variante deste xogo consiste en propor o fragmento dun conto («Escapou coas botas postas...»), no que se vai avanzando aos poucos, para que os alumnos adiviñen o personaxe, neste caso Polgariño. ROLDAS DE PRENSA Variante da actividade anterior, consiste en invitar a unha personalidade ao colexio (pode ser o alcalde, un futbolista coñecido, un escritor...) e que os alumnos, cada un levará unha pregunta preparada, o sometan a unha rolda de prensa, é dicir, a unha batería de cuestións relacionadas coa súa vida e o seu labor profesional. Tamén se pode contactar con profesionais de diferentes ámbitos para facerlles preguntas sobre a súa profesión: un carpinteiro, un médico, un veterinario, un mariñeiro, un militar... E aproveitarase a actividade para que, ao final, o invitado recomende ao menos un libro. E se o libro fala da súa profesión, mellor. CONTACONTOS PROFESIONAIS A narración oral semral pre é unha actividaidade moi suxestiva va e recomendada. Xa sabemos que o amor á lectura depende da tradición oral. Neste caso, a peculiaridade radica en que serán án diferentes personaxes naxes
ou personalidades as que conten as historias. Poodemos contactar con n artistas, profesionais, políticos, deportistas, ou coñecidos no ámbito local e que sexan eles os que conten e sirvan de exemplo. Outra variante pode e ser que os pais se fagan gan cargo da narración. Ou que os alumnos maiores conten historias aos máis pequenos. Claro que contar non é fácil, e ademais o relato debe adaptarse á idade dos lectores e entregalo ao narrador coa suficiente antelación para a imprescindible práctica oral previa.

POXAS, MERCADIÑOS OU COLECTAS Pode facerse un mercadiño de libros, a prezos simbólicos, achegados polos pais e profesores. Ou mesmo un peditorio, tomando como modelo os famosos da Cruz Vermella ou as colectas da A Asociación Española contra o Cancro: saír pola con contorna e colocar unha ba bandeiriña a quen int troduzan unha moeda n na hucha. O diñeiro recabdado poderíase destinar á compra de l libros para a biblioteca da aula. ¿E por que no non unha manifestación cont controlada con pancartas e carteis elaborados polos carte

EXPOSICIÓNS As exposicións poden facerse do seguinte xeito: tomamos libros de diferentes autores e colocámolos en mesas. Á beira de cada libro, podemos colocar a foto do autor e tamén podemos engadir o argumento do libro exposto, ou as características xerais do autor, etcétera. Os obxectivos que persegue esta actividade son adquirir cultura literaria, aprender a mirar, espertar a curiosidade, coñecer os fondos da biblioteca escolar. Tamén se pode optar por centrar a exposición nun autor concreto. Ten que ser algún autor de sona, como Andersen, ou Dickens, do que este ano se celebra o bicentenario do seu nacemento. Neste caso, ¿falariamos de homenaxe? O Diccionario histórico de autores de la Literatura infantil y huvenil contemporánea, publicado en Octaedro, é un manual que porporcione máis ideas para desenvolver esta actividade.

LIBRO-FÓRUM OU CINE-FÓRU CINE-FÓRUM Moito Moitos libros infa infantís e xuve venís foron l levados ao c cine. Basta recordar éxitos c como os d de Harry Po Potter ou a saga Crepúsculo. A actividade, a

pois, consiste en propor un libro para ler e a posteriori ver a película. Iso daría pé a establecer un debate comparativo sobre ambos os tipos de linguaxes. É unha actividade que gusta moito aos alumnos, moi mentalizados sobre o audiovisual. Baste recordar películas recentes como Charlie e a fábrica de chocolate, baseada no libro do mesmo título publicado en Alfaguara; O meu monstro e eu, baseada no libro O cabalo de auga (SM), ou a recente Os pingüíns de Mr. Popper (o mesmo título foi publicado en Siruela). Se se le un libro e a posteriori se fai un debate cun crítico, estamos a falar dun libro-fórum. Se se le un libro e facemos un debate co autor, estamos a falar de encontro con autor.

Intereses relacionados