LÚA NOVA Revista galega de difusión cultural e social

Director Antonio Díaz Fernández Subdirector Xosé Carlos García González Consello de Redacción Carlos de Torres, Xulio Couxil Vázquez, Xulio Simón Rúa, Pura Salceda Carballeda, A. do Neto. Corrección: Vagalume Producións Culturais Colaboran neste número: Anxos Sumai, Amelia López, Henrique Fernández Sánchez, Manuel Suárez Suárez, Emilio L. López Arias, Manuel Rodríguez Julían, Amparo Centeno, Paco Ascón, Armando Fernández, Mariano Goikoa Otero, Galiciaberta, e Culturagalega.org Deseño Capa: A. Diaz Produción e autoedición: ACEGA-Edicións Impresión: Gráficas Rey Dep. Legal: B-26.985-95 R.M.: M-1296612-1.989 Autorízase a reprodución do contido desta revista sempre que se cite a súa procedencia e o autor, sendo comunicado á entidade que edita esta publicación. LÚA NOVA non se identifica, necesariamente coas opinións recollidas nos artigos polos seus autores Xaneiro de 2012 Nº 52 Edita A.C.G. ROSALÍA DE CASTRO Rúa Federico Soler, 71, 08940-Cornellà Tel.: 93 375 11 03 Fax: 93 375 10 95 Mailto: acgrdecastro@yahoo.es Presidente: ALFONSO RICO GARCÍA Síguenos en: Facebook.com/acgrdecastro e Facebook.com/lua_nova Colaboracións Lua_nova@terra.es

Limiar
Xa temos nas mans a nosa “Lúa Nova”, despois dunha obrigada paréntese, por razóns evidentes nos tempos de crise que estamos sofrindo todos os sectores da sociedade, e que para as entidades galegas afectan dun xeito preocupante dado que os seus ingresos se reducen drasticamente polos recortes que as diferentes institucións das que dependen a maior parte dos seus recursos, están a facer. E como as actividades que se organizan cada vez teñen un custe económico maior, pois a situación non é doada e só queda reducir actividades ou xestionar mellor e reducir custes para poder seguir coas actividades máis necesarias, e nesta liña estamos na nosa Entidade, por iso coidamos que esta revista siga viva, é necesario. Este ano cumprimos 25 anos da primeira edición de Lúa Nova: Saíu por primeira vez alá polo verán de 1987, desde entón percorremos un longo camiño, cheo de dificultades que fomos superando. A etapa que nos toca vivir hoxe coido que é a peor, pero nestes 25 anos nos que unha longa ringleira de colaboradores de todo tipo apostaron por este proxecto, entre todos conseguimos esta vosa revista que é un referente para os galegos da diáspora. Unha morea enorme de traballos publicados que, todos eles desde as ópticas dos seus autores, sempre promoveron e fixeron país, Galicia. A todos estes colaboradores, escritores, anunciantes, socios, etcétera…, o noso agradecemento. Foron 25 anos de moitas e boas novas que xermolaron nun proxecto de divulgación cultural galega en Cornellá no ano 1986, 25 anos de Lúa Nova, 25 anos de Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, 25 anos de programa de radio en galego “Sempre en Galiza” que desde Ràdio Cornellà, de forma ininterrumpida, leva divulgando Galicia semana a semana, así como outras moitas actividades. Por outra banda o pasado ano 2010, tamén conmemoramos o trinta aniversario da nosa entidade, Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, que é quen fai posible que Lúa Nova cumpra 25 anos, así como outra morea de actividades que cada ano se levan a cabo en Cornellá, a cidade que acolle desde o ano 1980 a sede desta Entidade e a que participa nas actividades socioculturais de Cornellá dun xeito determinante. Nesta edición queremos amosarlles unha mostra, dun xeito resumido, daquelas actividades que ao longo dos trinta anos de andadura fixeron que a nosa Entidade sexa unha das máis significativas en Cataluña, así como na Galicia do Exterior. No referente á actual situación das entidades galegas en Cataluña e a súa problemática, nestes difíciles tempos, queremos manifestar o noso compromiso de participar con todas elas na solución dos problemas dun xeito unitario dacordo á vontade da maioría das mesmas, e impulsar proxectos colectivos que dignifiquen a súa natureza deixando de lado os intereses individuais e persoais para acadar os obxectivos xerais que precisan as nosas colectividades. Neste senso estamos convencidos que o futuro pasa por sumar e non dividir, impulsar proxectos como o que viu a luz no 2010 entre as entidades, Casa Galega deL’ Hospitalet, Toxos e Xestas de Barcelona, Agarimos de Badalona e Rosalía de Castro de Cornellá coa creación da Banda de Gaitas XUNTANZA de Catalunya. Son imprescindibles para asegurarse o futuro. Por último quixera referirme ao anuncio do Goberno Galego sobre a nova Lei de Galeguidade que parece ser pretenden aprobar no Parlamento nos primeiro meses de 2012 e que a grande maioría de entidades non coñecen o seu borrador. Coido que unha Lei que principalmente regulará a futura normativa do Goberno Galego coas Entidades Galegas no Exterior, debería ter moitísima máis información e comunicación coas Entidades. Coidamos que é preciso que os nosos representantes da Comisión Delegada teñen a obriga e o deber de informar a tódalas Entidades para, dun xeito democrático, aportar tódalas suxestións e propostas que se consideren oportunas diante da Xunta de Galicia, ou alomenos na Secretaría Xeral de Emigración.

Antonio Díaz Fernández antonidiaz1952@gmail.com

LUA NOVA

3

Índice

Una entitat arrelada a la ciutat . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Pasamento de Isaac Díaz Pardo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rosalía de Castro 31 anos de historia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Homenaxe a José Montilla Aguilera . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25 anos de Lúa Nova . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Xogos de lecer . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Sempre en Galiza . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25 anos de Sempre en Galiza . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . A festa galega en Cornellá . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Novo exito da festa galega de Cornellá . . . . . . . . . . . . . . . . . . Certame de poesía en lingua galega “Rosalía de Castro” . . . Certame de narrativa Rosa Reboredo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Grupo Folclórico Galego “Rosalía de Castro” . . . . . . . . . . . . . . . . Actividades artísticas e culturais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Manualidades e traxes galegos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Galegos en Catalunya . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1920 e a revista Nós . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Crónicas de emigración . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Tempo andado . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

5 6 9 14 15 19 20 21 22 24 26 31 34 37 39 40 42 43 46 47 49 50

LUA NOVA

Un apartamento nas aforas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . A miña aldea . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Forza Fisterra! . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

4

Una entitat arrelada a la ciutat
José Montilla i Aguilera
Expresident de la Generalitat de Catalunya

El meu primer contacte amb la Associació Cultural Galega Rosalia de Castro es va produir en la primera meitat dels 80, coincidint amb la meva presència a l’ajuntament de Cornellà després de les eleccions de 1983. Ja era llavors una entitat caracteritzada per la seva activitat i el seu compromís amb la ciutat. La seva implicació amb altres entitats culturals ja data d’aquells inicis. Em ve a la memòria el viatge realitzat a Lugo a mitjans dels 80 (85 ó 86) per assistir convidat per l’ajuntament de Lugo a les festes de San Froilan. Junts amb els amics de Rosalia de Castro, ens van acompanyar una representació de l’entitat Amics de la Sardana. Veure ballar sardanes a San Froilan de Lugo, va ser tot un esdeveniment a la ciutat, exemple de l’hospitalitat i obertura, com vaig poder comprovar personalment. L’entitat (Rosalia de Castro) ha desenvolupat des d’aquells anys una continuada activitat cultural i ciutadana. Per una banda, de promoció, difusió i coneixement de la cultura d’origen de molts dels seus associats. Galícia, la seva cultura, la seva llengua, la seva gastronomia, són ara molt més conegudes pels ciutadans de Cornellà. I ha estat més preservades per aquelles persones nascudes en aquelles terres, a les que recorden i admiren com a les seves arrels. Fidelitat a les seves arrels i compromís amb Cornellà i Catalunya. La nostra ciutat ha estat construïda, feta al llarg d’aquestes dècades per persones parlant en català, castellà, gallec,... i últimament per altres llengües, cultures, orígens.

L’aportació de ciutadans i ciutadanes nascudes a Galícia ha estat i és molt important. Avui les manifestacions culturals de l’entitat són conegudes i fetes seves per molts ciutadans de Cornellà, no nascuts a Galícia, i ni tan sols amb família d’origen gallega. Galícia, està present en la nostra ciutat, en la seva gent, en les seves festes, en els seus records, en les seves relacions, en la seva amistat. Una mostra d’allò és la celebració del Certamen de Poesia – Festa de les lletres gallegues -, la festa del Corpus en Can Mercader, amb l’ofrena floral a la poetisa que dóna nom a l’entitat, i moltes altres activitats al llarg de l’any. Avui “lo gallego” forma part del patrimoni cultural del conjunt dels ciutadans de Cornellà. És cultura catalana. Ha estat desenes les persones que al llarg d’aquests quasi tres dècades han dedicat esforç, temps i sacrifici a treballar per l’entitat, que és treballar pels ciutadans i ciutadanes i per la ciutat, Cornellà, que tots estimem. Durant quasi vint anys he pogut viure des de l’alcaldia de la ciutat aquesta col·laboració, entrega i dedicació de les diferents juntes de l’entitat. A tots ells el meu reconeixement i agraïment. Estic segur que l’entitat, adaptant-se als canvis que es produeixen a la nostra societat, és i seguirà sent un instrument al servei dels ciutadans que vulguin una societat més culta i cohesionada, més justa i solidària. Valors, tots ells, que serveixen per unir i seguir construint aquesta ciutat, Cornellà i aquest el nostre país, Catalunya.

LUA NOVA

5

Pasamento de ISAAC DÍAZ PARDO
Por: A. do Neto

A morte sorprendía ao histórico galeguista, empresario e activista cultural, Isaac Díaz Pardo o pasado días 5 de xaneiro aos 91 anos de idade na Coruña, por mor dunha pulmonía. Co seu falecemento remata unha das traxectorias vitais máis importantes para entendermos o galeguismo e a evolución de Galicia ao longo dos últimos cen anos. O seu enterro tivo lugar o venres 6 de xaneiro, pola tarde no cemiterio de Boisaca, en Compostela.
Isaac Díaz Pardo (1920-2012) resulta fundamental para coñecer a evolución do noso país ao longo do século XX. Testemuño do galeguismo de preguerra e da súa aniquilación polo franquismo, traballador incansable durante os anos escuros, conexión imprescindible coa cultura galega na emigración e peza fundamental na configuración da nosa cultura na etapa autonómica, a figura do recentemente falecido emerxe como unha constante na historia da nosa cultura ao longo dos últimos cen anos. Nado en 1920 na compostelá rúa das Hortas, o fillo do histórico galeguista e pintor Camilo Díaz Baliño amosou moi cedo tanto o seu compromiso político como a paixón pola creación artística. Xa con 16 anos realizou carteis e participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía desde a súa militancia socialista. Abandonada, pola guerra, a militancia activa na política, comezou a pintar de xeito sistemático durante a contenda, refuxiado na casa do seu tío na Coruña, realizando a súa primeira exposición individual nesta cidade no 39. Entre 1940 e 1942 desenvolve a súa carreira artística en Madrid cunha bolsa de creación da deputación da Coruña e toma contacto co deseño industrial nunha das primeiras experiencias de formación deste tipo que se desenvolven no estado. No 42 obtén unha nova bolsa para viaxar por Italia e coñecer a pintura renacentista. Continuou unha carreira crecente dando clases en Barcelona, ampliando estudos e Londres e sendo recoñecido como un dos grandes novos valores da pintura galega. No entanto, en pleno éxito, en 1948 decidiu abandonar a práctica profesional da pintura, aínda que continuaría producindo diferentes obras ao longo da súa vida. Foi só un ano despois cando comezaría a actividade industrial que marcou o resto da súa biografía, coa posta en marcha de Cerámicas do Castro, en Sada. En 1951 presentou as primeiras pezas desta iniciativa, e deu o salto a Bos Aires en 1955 fundando La Magdalena, unha nova empresa de cerámica, cidade onde se instalaría, con diferentes viaxes a Galicia, ata 1968. En Arxentina desen-

volveu un intenso contacto co exilio galeguista, que se fixo especialmente próximo con Luís Seoane e á revista Galicia emigrante. Esta experiencia reafirmou o seu interese pola vangarda e o deseño como ferramentas de desenvolvemento e renovación cultural. No 63, os dous creadores desenvolven o proxecto de recuperar a experiencia da cerámica de Sargadelos, coa que Raimundo Ibáñez realizara a primeira tentativa, falida, de industrialización en Galicia. A iniciativa pretendía, de xeito semellante, ser unha semente para un novo proxecto de país, actuando como base para toda unha serie de entidades que abordarían a investigación, a produción e a creatividade como ferramentas para o desenvolvemento galego. Como parte do mesmo, crean nese mesmo ano Ediciós do Castro, centrada na recuperación da memoria histórica de Galicia e mais na investigación da sociedade e da economía do país, e que publicou máis de mil títulos, entre eles o imprescindible Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. Pola súa banda, o Laboratorio de Formas de Galicia, tamén no 63. Pretendía investigar a orixe e evolución das formas desenvolvidas ao longo da historia do país. A estas entidades sumouse, en 1970, o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, centrado na produción artística do país posterior a Castelao, a coincidir coa apertura da fábrica de Sargadelos. A este complexo de entidades aínda se sumará, no 72, o Seminario de Es-

6

LUA NOVA

tudos Cerámicos, centrado na investigación encol deste material, no 78 o Instituto Galego da Información, como foro de documentación e debate, e que pretendía ser a base do xornal Galicia, que finalmente non chegou a saír. Este conglomerado industrial e cultural, suporía a grande obra á que dedicou a súa vida, e deixou unha pegada fundamental na cultura galega desde a súa constitución. Nun momento no que a cultura do país carecía de apoio institucional, o labor de mecenado e de apoio que se desenvolveu desde o complexo Sargadelos foi fundamental para favorecer a reflexión e a recuperación do labor cultural desenvolvido no exilio. A rede de galerías que a firma creou no mundo funcionaron, e aínda funcionan como auténticas embaixadas da cultura galega, coa fusión de arte, deseño e literatura propia destes espazos, e a cerámica de Sargadelos conseguiu constituírse como un auténtico símbolo de Galicia. De xeito parello ao seu traballo empresarial e do seu labor de mecenado, Díaz Pardo non abandonou o seu labor creativo. Entre outras tarefas, abordou abondosas colaboracións en prensa, a realización de carteis de cego, ou a escrita ensaística e dramática, con títulos como Midas. O ángulo de pedra, Paco Pixiñas. Historia dun desleigado contada por il mesmo (con Celso Emilio Ferreiro), Xente do meu rueiro, Presencias galegas na arte dos nosos días, Teatro en Israel, Galicia hoy (con Luís Seoane), Volverlles a palabra, Homenaxe aos represaliados do franquismo, O Marqués de Sargadelos, ou Castelao para alén de participar en todo tipo de foros e eventos. Desde a posta en marcha destes proxectos e ata practicamente o seu falecemento, Díaz Pardo configurouse como un elemento fundamental da cultura do país, cun intenso labor de mecenado e patrocinio desde as súas empresas, as galerías Sargadelos a funcionar como centros culturais por todo o país e contactos en todos os ámbitos políticos e culturais. “Eu son un templagaitas e un limpamerdas” definíase a miúdo, apuntando a súa capacidade de colaborar con todo tipo de gobernos e entidades, ao tempo que se reafirmaba na súa condición de “conservador libertario”. Conservador polo seu esforzo en manter o legado da cultura do país e, especialmente, o traballo do galeguismo de preguerra, e libertario polos seus ideais sociais, que nunca abandonou. Nos seus últimos anos de vida, Díaz Pardo viu como se sucedían ás homenaxes á súa figura desde todo o espectro cultural e político. Exposicións, actos, nomeamentos honorarios como Académico de Ciencias ou Fillo Predilecto e Adoptivo de diferentes Concellos, a Medalla de Ouro de Galicia ou a Medalla ao Mérito no Traballo. De xeito paralelo, a primeira década do século XXI foi tamén a que viu o que el mesmo definiu como o seu “maior fracaso”. A perda de control do Grupo Sargadelos a mans doutros socios do complexo obrigoulle a abandonar o Instituto Galego da Información e levar o inmenso legado artístico e documental que alí reunira supuxeron un grave revés para o histórico galeguista. A isto sumouse pouco tempo despois un duro debate dentro da súa propia familia sobre o destino que se lle debía dar a estes bens. Finalmente, un acordo coa Xunta permitiu que o seu legado se depositase na Cidade da Cultura durante un período de sesenta anos. Na institución facilitarase o seu acceso a investigadores e dixitalizarase un material histórico no que se inclúe a propia biblioteca persoal do defunto, así como das empresas que el fundou, do Seminario de Estudos Galegos e mesmo de persoeiros como Lorenzo Varela ou Manuel Díaz Rozas. Nos últimos tempos, Díaz Pardo, afastado da xestión empresarial, fora espazando a súa presenza pública e traballo cultural, aqueixado xa dos males da idade.

A cultura do país chora a Isaac Díaz Pardo
O mundo da cultura lamenta o falecemento de Isaac Díaz Pardo, e glosa a importancia do seu traballo. Recollemos as reaccións de pesar a este triste acontecemento. Destacados representantes de diferentes sectores amosaron o seu pesar apuntando a importancia histórica da figura que acaba de desaparecer.
Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega: “Supón para min unha perda moi sentida, desde o punto e hora en que fun o seu amigo desde 1956, cando o coñecín no 25 de xullo. Non é un mérito, pero probablemente son un dos seus máis antigos amigos, por razóns de idade. Nel concítanse unha serie de valores que o converten nunha figura irrepetible. Únense os méritos dun empresario de éxito e eficaz, cun traballo como pintor que continuou despois no deseño, o debuxo e a escultura. Como editor, monograficamente volcado na memoria histórica, abre unha nova etapa no coñecemento do franquismo e dos seus horrores no noso país coa edición de Galicia hoy, ás súas expensas. Apoiou o que eu considero todas as boas causas neste país e foi o prototipo do que, na tradición do que eu procedo, chamamos os bos e xenerosos”. Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega: É unha das figuras máis grandes do século XX. Sobre todo na cultura, a arte e o deseño, e mesmo na empresa. Se houbese que salientar elementos substanciais da súa biografía, destacaría a súa propia formación como neno republicano, formado no taller do seu pai e rodeado por moita xente vencellada ao Seminario de Estudos Galegos e á Xeración Nós. Puido absorver aquela tradición de cultura republicana que era moi innovadora e moi moderna. Non se pode esquecer a súa condición de artista precoz, que xa nos anos 40 conseguiu sorprender como pintor. Logo tivo unha dimensión como persoa dialogante que conseguiu conectar co exilio, especialmente con Seoane, Rafael Dieste, Núñez Búa ou Antón Baltar. Esa relación é unha das marcas da súa traxectoria vital, porque non era só relación co exilio, senón que pretendía gardar o legado republicano para unha Galicia futura. E de aí ven a súa obsesión por recuperar o Seminario de Estudos Galegos ou facer unha editora como Edicións do Castro dedicada á memoria, e tantos outros traballos. Finalmente, diría que foi unha persoa que se destacou pola súa condición de emprendedor e de home práctico. Na historia do galeguismo cultural ás veces abunda en exceso o discurso ou a retórica. E el, en ocasións para desesperación do seu amigo Seoane, era un home que tentaba levar á práctica as ideas. E aí está o Laboratorio de Formas, Cerámicas do Castro ou todo o Grupo Sargadelos, con todo o que supón. Isto permitiulle ser un excelente embaixador da cultura galega no exterior, e ser un referente para os que nos viñan visitar e no Castro ou Sagardelos vía later unha Galicia moderna a través dos seus libros, os seus carteis e o seu trato. Por todo isto Isaac é un nome de ouro na Historia da cultura do país, e non só da cultura, tamén na Historia grande de Galicia”.

LUA NOVA

7

Na última visita a Barcelona

Manuel Bragado, presidente da Asociación de Escritores:”Gulliver Pardo é unha das nosas insignias nacionais do século XX. A perda dunha persoa como el é irremplazable, tanto polo seu labor como editor, como polo seu traballo como empresario cultural, pintor, ilustrador e sobre todo como configurador da galeguidade contemporánea. Supón un home-rede que soubo empregar as linguaxes do seu tempo para comunicar ese compromiso da causa nacional de Galicia”. Xosé Neira Vilas: “Podo dicir que foi unha grande perda para Galiza a morte de Isaac. Aínda está por valorar axeitadamente a transcendencia da súa obra, non só como artista ou como home de iniciativas empresariais, senón como home xeneroso. El dábao todo pola cultura, entregábase en corpo e alma. Sabías que cando houbese que organizar algo no Instituto Galego da Información ou na fabrica de Sargadelos, non había nin que lle pedir permiso e podíase estar alí dous ou tres días. Era un home dunha xenerosidade que aínda haberá que a contar. Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, sinala que “pouco a pouco váisenos a xeración dos históricos, quédannos practicamente Xaime Illa Couto e Avelino Pousa Antelo. Isaac era un pouco a ponte entre a Galicia de aquí e a Galicia do exilio, esa ponte simbólica que conseguiu concretar no proxecto Sargadelos con Luís Seoane. Era un pulmón incansable da cultura galega, e deixa unha marca que é esa visión da cultura que non se fecha en si mesma, senón que busca noutros ámbitos, no mundo da empresa, na economía e nas industrias culturais a súa capacidade competitiva. Supuxo unha marca de modernidade no galeguismo do século XX. Con Luís Seoane formaron aquel grupo de soñadores de Bos Aires que souberon moi ben

que había que manter firme a dignidade e que tamén había que voltar e dar aquí a batalla. E fixérono ben”. Alberte Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia, calificou ao finado como o “mellor exemplo dunha vida dedicada a un compromiso chamado Galicia”, e apuntou que Díaz Pardo é un espello “no que mirarnos todos os galegos”. Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, lembrou que “a figura de Díaz Pardo vai pasar a formar parte dos nosos mitos, do noso imaxinario colectivo porque foi un creador en sentido absoluto”. Ademais, no discurso que pronunciou unha vez xurado o seu novo cargo, apuntou que “personalidades como Isaac Díaz Pardo poñen de manifesto que é posible construír país con vontade”. O Conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, amosou o seu fondo pesar polo pasamento do humanista, emprendedor, intelectual e artista, ao que cualificou de “figura irrepetible” da cultura galega e de “peza especial da nosa cultura”. Vázquez apuntou que debe ser un exemplo a seguir porque “sempre dunha postura de máxima liberdade, independencia e compromiso impulsou iniciativas culturais para dinamizar a sociedade nuns tempos difíciles sen institucións democráticas e autonómicas”. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, anunciou que a Xunta está a traballar nunha homenaxe deste “xigante da nosa cultura”, pero non quixo precisar máis detalles. Pola súa banda, desde o Museo do Pobo Galego, do que presidía o Padroado, sinalan que “con el desaparece talvez o derradeiro representante dunha xeración de intelectuais e emprendedores galeguistas que marcaron a historia de Galicia no século XX”. Fonte: Portal da Cultura Galega

8

LUA NOVA

Rosalía de Castro 31 anos de historia
Texto e fotos: Antonio Díaz Fernández O próximo 25 de xullo, día da Patria Galega, cúmprense 32 anos da presentación pública da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro. Máis de seis lustros de presenza galeguista na cidade de Cornellá e por extensión en Cataluña, unha presenza chea de actividades en prol da Cultura Galega, unha longa ringleira de actos e de persoas que nestes 31 anos deixaron a súa pegada de galeguismo, un galeguismo integrador e conivente en plena harmonía coa cidade, coa cultura que nos acolleu, nun país, Cataluña, con connotacións culturais moi similares, e das que participamos en igualdade e formamos parte coma cidadáns de pleno dereito, dentro do tecido social de Cornellá. Trinta e un anos de historia que sen dubida se escriben con letras relucentes. A finais da década dos setenta, un grupo de galegos/as residentes na cidade de Cornellá de Llobregat (Barcelona), na que entón vivían uns 5000 galegos segundo o censo municipal daquel entón, comezamos a cavilar no proxecto de fundación dun lugar onde tiveramos un sitio para expresa-las nosas inquedanzas, as inquedanzas dunha cultura propia e pertencentes a unha etnia diferenciada, cunha lingua, cunhas costumes e unha idiosincrasia que nos era de seu. Con este fin comezaron as xuntanzas e conversas entre nós para conseguilo devandito proxecto, que remataría coa fundación da Asociación Cultural Galega “Rosalía de Castro”, urxida da proposta dun reducido grupo de amigos que amais da amizade todos tiñamos un interese común, o sentirnos fillos dun país, dunha nación, dunha terra, e da que queriamos amosa-las súas arelas. Todas estas xuntanzas, que tiveron lugar durante o ano 1979 e principios do oitenta, se celebraban no Bar Delicias, un bar galego dos que entón había na cidade de Cornella, e ían a tomar corpo nunha xuntanza celebrada o día 20 de xuño de 1980, celebrada xa no local social que uns días antes alugaramos na rúa Burí (hoxe Praza Galicia), ese día elíxese unha comisión xestora que actuaría como motor base ó encargarse da redacción inicial duns estatutos que marcaran as pautas a seguir. Alí, naceu tamén o nome da entidade. Alí, nacería esta entidade que co paso do tempo marcaría un sitio definitivo na historia das entidades galegas na diáspora. Esta Comisión Xestora estaba composta polos seguintes membros: Presidente: Manuel Rodríguez Julián: Vicepresidente: Henrique Fernández Sánchez: Tesoureiro: Antonio Díaz Fernández: Secretario: Ignacio García Couso, e arroupada por unha ringleira de amigos e colaboradores que todos eles tiraron decididamente do temón deste barco na súa primeira singradura, tripulación entre a que se atopaban persoas que moitas delas aínda hoxe seguen traballando en Rosalía, e outras que por diferentes motivos xa non están, nomes como: Xosé Luís Gutiérrez, Emilio López Dupón, Manuel Álvarez,

Inauguración da Praza de Galicia (5/11/1.980). O Presidente fundador da Entidade, Manuel Rodriguez Julián entrégalle un agasallo ao alcalde de Cornellá, Federico Prieto.

Comenzos do grupo de musica e danza, 1.980.

Primeiro concurso de gaiteiros 1.980.

Na Festa Galega de Can Mercader 1986, organizada pola entón Cordinadora, Rosalía de Castro, Centro Galego, I. Galega de Mollet e Saudade.

LUA NOVA

9

Xosé Álvarez, Amparo Centeno, Arximiro Fernández, Enrique Díaz, Fina Díaz, Luísa Amarante, Xaquín García, Xosé Gutiérrez, Ovidio Fernández e Verta Fernández, xunto coa Comisión Xestora e outras persoa que máis esporadicamente daban apoio ás nosas accións, configuran os cementos desta casa. Foi o 25 de xullo de 1980, día da Patria Galega, cando se presentou ó público esta entidade coincidindo coa popular festa galega que entón se celebraba nas Planas, ás aforas de Barcelona, mediante a distribución 6.000 carteis anunciadores da festa, así como en tódolos puntos de encontro tradicional de galegos en Barcelona, e a venda de rifas para a creación dun fondo que xunto coa contribución dos fundadores cubrira os gastos da adquisición do local e desenvolvemento da entidade. O 21 de setembro a Comisión Xestora convoca a primeira Asemblea Xeral dos socios fundadores á que asisten 47 persoas cuxos nomes constan na acta fundacional depositada entón no Goberno Civil de Barcelona, nesta asemblea a Comisión Xestora presenta o redactado dos Estatutos da Entidade así como a Acta constitucional que foron aprobados por unanimidade. Froito do esforzo de todas aquelas persoas que empuxaron a entidade desde o seu inicio o día 5 de outubro do mesmo ano foi inaugurada a “Praza de Galicia” polo entón alcalde de Cornellá Federico Prieto, este foi o primeiro acto publico da entidade e o comezo dunha serie de actividades en cadea que desembocarían anos adiante na realidade actual da entidade. Ese mesmo día ábrese ó público a subscrición e admisión dos primeiros socios numerarios da Asociación. Neste acto tamén se fai publico o ideario da asociación e os fundamentos básicos que os fundadores lle deron á Entidade coa adquisición do compromiso publico feito perante os asistentes, dándolle lectura por parte do Secretario da Comisión Xestora, Ignacio García, á declaración de principios fundacionais da Asociación, principios que para nós aínda hoxe seguen vixentes. A partir de aquí a máquina rosaliana móvese con ritmos desiguais e tempadas de expansión e retroceso pero compre sinalar que os locais sitos na Praza de Galicia pasarían provisionalmente á Avda. Liña Eléctrica para logo asentarse definitivamente no lugar actual. Distintas directivas foron enchendo o proceso da entidade. Directivas presididas sucesivamente por Manuel Rodríguez; Avelino López; Manuel Vázquez; Henrique Fernández Sánchez, Manuel López, Ricardo Pérez Anta, Ana Belén Martinez Avelleira e o actual, Alfonso Rico García. Despois dun período de escuridade, duns dous anos fortemente politizados pola incursión masiva de persoas do que entón era Alianza Popular durante o cal se sucederon tres presidentes e unha comisión xestora provisional, o día 8 de febreiro de 1986 a raíz da presión popular de parte dos socios fundadores convócanse eleccións xerais nas que saíu elixido presidente da mesma, Henrique Fernández Sánchez que xunto coa súa Xunta Directiva presenta ó longo do seu mandato unha Colocación do Monolito de Rosalía. Can Mercader 1.990.

Trobada de entidades, Cornellá, 1.991.

10

LUA NOVA

Exposición de manualidades, rectoría de Cornellá, 1.993.

serie de ideas que toman forma concreta e que hoxe constitúen a bandeira máxica da entidade. Estamos a falar dos Premios Nacionais de Poesía en Lingua Galega “Rosalía de Castro”, o programa radiofónico “Sempre en Galiza” que inicia a súa andaina o 16 de abril de 1986 dirixido por Manuel Rodríguez Julián. Nace no mesmo ano a revista LÚA NOVA dirixida por Antonio Díaz Fernández e escrita integramente en galego e onde colaboraron importantes intelectuais e escritores que plasmaron a realidade social e cultural galega, así como a da diáspora, tamén se fan neste mandato os trámites para a colocación do monolito na honra da nosa musa Rosalía de Castro, no Parque de Can Mercader, proxecto que tomaría corpo no ano 1.990. Conferencias significativas, táboas redondas, concursos de formación, recitais e un longo etcétera de actos tomaron vida, embrionáronse a partir destas eleccións. A maquinaria interna rosaliana volvía a estar en marcha. Aquela idea do 1980 iniciaba unha vida chea de ofertas de todo tipo e extremadamente atractivas para a colectividade galega ou non galega, non só xa do Baixo Llobregat, senón tamén da área metropolitana de Barcelona. Así, pois, un grupo de persoas con inquedanzas culturais ben definidas asumiron o reto de facer historia desta entidade e para ilo potenciaron o xa feito para aumentalo e engadindo outros actos importantes. CAN MERCADER UN LUGAR DE PEGADA GALEGA (1990-2011) Neste senso, no mesmo epicentro verde de Cornellá no ano 1990 érguese o monumento á nosa poetisa universal Rosalía de Castro, da que procede o nome da nosa Asociación, no parque “Can Mercader” xustamente onde se celebra a nosa festa anual coincidindo coa Festa Maior da cidade, o Corpus. Esta festa acada éxitos sen precedentes na Comunidade Galega en Cataluña, a ela concorren milleiros de galegos, e importantes personalidades da vida pública, política e cultural. En “Can Mercader” xa se celebrara a Festa das Letras Galegas, durante cinco anos do 1983 ata 1987, organizada pola entón Coordinadora de Entidades Galegas composta por Rosalía de Castro, Centro Galego de Barcelona, Agrupación Cultural Galega Saudade e A Nosa Galiza de Mollet, converténdose hoxe este parque nun lugar de referencia galeguista en Cataluña. Ese ano de 1990, A.C.G.Rosalía de Castro, fixo un grande esforzo para que o evento que se celebrou os días 4, 5, e 6 de xuño, tivera a calidade e a concorrencia que merecía. Actuacións de importantes orquestras e a colaboración dos grupos galegos de Cataluña fixeron que lucira con esplendor o encontro de galegos máis importante de Cataluña. Din as crónicas da época que acudiron a Can Mercader 80.000 visitantes. Consolídase o concurso de poesía, o programa radiofónico “Sempre en Galiza”, a revista “Lúa Nova”. Xunto a ilo o Grupo de Danza acada resonancia e importancia. Aparece o Obradoiro de Traballos Manuais dirixido polo Sr. Rico, e o de pintura dirixido por dona Amelia

Polas rúas de Santiago.

Programa de radio Sempre en Galiza.

LUA NOVA

Grupo de Baile de Salón.

11

López, o de investigación e confección de Traxes Galegos dirixido por Alivia Cibeira, realízanse os cursos de Iniciación e Perfeccionamento de Lingua Galega. Nos locais da entidade aparecen exposicións pictóricas de artistas de relevancia, destacando as de Masito Bieró, Carlos Pinela, M. Montigné, A. Quiroga, Pío Costa, A. Salom, S. Armesto, Manolo Barcia, Ricardo Outes, Paco Asco, Luciano Couselo, Anxo Baranga, etc. A creación dun grupo de teatro a principios dos 90 con xente da entidade e dirixido por Amelia López, nace cunha decidida vocación de traballar na investigación e desenvolvemento do teatro galego, este proxecto convertido no que hoxe é a compañía de teatro galego “ANDORIÑA” que comezaba a súa andaina coa representación da obra “O Menciñeiro Á Forza” e no seu repertorio representou unha importante escolleita do teatro galego. Cine, fotografía, excursións, xiras e intercambios culturais con outras entidades foráneas etcétera, configuran e acervo cultural da A.C.G. Rosalía de Castro. Ademais da revista Lúa Nova, coa edición dos libros: “Certame Rosalía de Castro” de poesía en lingua galega publicado en 1994, que recolle os poemas gañadores da primeiras cinco edicións do premio nacional de poesía que organiza a Entidade; “HOMENAXE A LUÍS SEOANE” publicado en 1995, e no ano 2001 preséntase o segundo volume que recolle a edicións dos seguintes cinco anos do certame de poesía “Recompilación Certame Rosalía de Castro (1992-1997)”. Desde esta edición este traballo foi esmorecendo e hoxe está pendente a edición que falta dos últimos dez anos, e afloraron outras actividades como os xogos de lecer, e o baile de salón que hoxe aglutina, se cadra, á maior parte dos socios da entidade. Nestes momentos a actual Xunta Directiva mantén a idea de preservar, conservar e consolidar esta realidade sen esquecer que cada acto aglutina a un considerable número de persoas que na cidade de Cornellá, fan posible, sacando tempo ó tempo, vivir Galicia en Cataluña. Todas estas persoas son os autores, moitas veces anónimos, da nosa historia, unha historia escrita na escuridade, no traballo e na honestidade. Somos conscentes de que a tarefa non doada terá continuidade e, tamén que a historia escríbese desde os toneis sagrados das xentes non consagradas. Esta nosa historia escríbese conxuntamente, tamén, coas outras entidades galegas e non galegas e cos seus xa nomeados intercambios culturais. Esta historia escríbese co nome de cada socio, de cada simpatizante, de cada persoa que pasa un día pola sede social da entidade, de cada colaborador/a que escribe un artigo para a nosa revista ou fala no noso programa de radio, ou colabora economicamente publicitando o seu negocio, ou cada medio de comunicación que lle da relevancia aos actos que organizamos. Nestes intres a A.C.G. Rosalía de Castro esta rexida pola seguinte Xunta Directiva: Presidente: Alfonso Rico García Vicepresidente: Antonio Díaz Fernández Secretario: Antonio Rodriguez Cancio Tesoureiro: Raúl Gómez Danta Vocais: Ricardo Pérez Anta Antonio Lombardía Fernández Xosé Carlos García González Xulio Couxil Vazquez

Xunta Directiva 1994.

Elecions á Xunta Directiva.

O grupo de Rosalía en Can Mercader 1992.

Magosto.

12

LUA NOVA

Exposición do fotógrafo Álvaro Martínez Leiro.

Xosé Manuel Beiras, visitou a Entidade.

Joan Revéntos, visita a Entidade xunto co alcalde de Cornellà José Montilla.

Ramón Villares.

Personaxes importantes da Cultura Galega tamén nos visitaron, aquí vemos a Xesús Rabade e Helena Villar Janeiro. Dario Xóhan Cabana.

O Presidente da Xunta de Galicia visitou a Entidade. Excursión ó Delta do Ebro, outra das actividades da entidade.

LUA NOVA

Diada de Catalunya, ofrenda floral en Cornellà.

Eleccions á actual Xunta Directiva.

13

Homenaxe a José Montilla Aguilera
Nomeado Presidente de Honor da A.C.G. Rosalía de Castro
O pasado verán, no marco da Festa Galega que a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro celebrou no Parque de Can Mercader, fíxose o acto de homenaxe ao ex-presidente da Generalitat de Catalunya, José Montilla Aguilera, coa concesión do cargo honorífico e vitalicio de Presidente de Honra da Entidade, en recoñecemento ó seu labor levado a termo desde a súa traxectoria política a prol da colectividade galega en Cataluña, e moi especial da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá. O acto celebrouse o sábado día 25 de xuño de 2011, pola tardiña no Parque de Can Mercader da cidade de Cornellá, perante unas 10.000 persoas que abarrotaban o recinto da tradicional Festa Galega que organiza, cada ano, a entidade galega de Cornellá co gallo da súa Festa Maior. José Montilla recibía os honores dos directivos e socios de Rosalía de Castro que quixeron agradecerlle a súa fidelidade á Entidade, desde os seus comezos como alcalde de Cornellá pasando polo cargo de Ministro de Industria do Goberno de España, así como desde a súa máxima responsabilidade como Presidente da Generalitat de Catalunya, que a pesar da súa abarrotada axenda, Montilla sempre tivo un oco nela para achegarse a Rosalía de Castro e dar un alento de ánimo, unha colaboración de calquera tipo, e sobro todo as axudas económicas para poder levar a bo termo as súas actividades. Esas axudas que hoxe están a recortar máis lonxe de calquera xustificación, desde os dous gobernos o de Galicia e o de Cataluña, unha actitude que durante o pregón da festa o alcalde de Cornellá, Antonio Balmón lles recordou, e tamén as promesas feitas en anos anteriores, dicíndolles que “está moi ben o apoio moral pero para seguir facendo actividades hai que manter o económico, como fai o Concello que el preside, e non escudarse na crise, por que esta crise é para todos, e senón non veñan aquí a lucirse prometendo cousas que logo non cumpren”. Os agasallados xunto co xa Presidente de Honra da A. C. G. Rosalía de Castro, foron o director do programa de radio Lonxe da Terra e xerente de Radio Tele Taxi, Manolo Valdés, como Socio de Honra da entidade polo seu labor de difusión das actividades das entidades galegas en Cataluña, e moi especial de Rosalía de Castro. Tamén como socio de Honra a Ferrán Bello Hernaiz pola súa contribución ao desenvolvemento das actividades das entidades galegas de Cataluña desde o seu cargo de Director do Centre de Cultura de Cultura Popular i Tradicional de la Generalitat de Catalunya, un labor da que hoxe tódalas asociacións e casa rexionais de Cataluña, tanto galegas como doutras comunidades, botan moito en falta. Tamén foi recoñecido o labor a prol da colectividade galega en Cataluña de Luís Lamas como presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña. E como colofón do evento a presentación pública da BANDA DE GAITAS GALEGAS “XUNTANZA” DE CATALUNYA, un proxecto que aglutina a xuntanza de mozos e mozas dos grupos das entidades galegas, Casa Galega de L’Hospitalet, Toxos e Xestas de Barcelona, A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá e A.C.G. Agarimos de Badalona. O evento estivo arroupado, ademais do multitudinario público, das xuntas directivas das catro entidades, os membros do Goberno Municipal de Cornellá e o delegado do Goberno Catalán en Barcelona, Salvador Jorba. Botamos a faltar, tanto neste acto como noutros que ao longo dos días de festa se fixeron, a un representen da Xunta de Galicia. Antonio Díaz

14

LUA NOVA

Manolo Valdés

Ferrán Bello

Luís Lamas

25

anos

LÚA NOVA
de
Xosé Carlos G. González
Mentres a entidade nacía e medraba ala polos comezos dos anos 80, os responsables da entidade sempre quixeron un medio de comunicación escrito que recollese inquedanzas, actividades, opinións e noticias da nosa colectividade en Cornellà, en Catalunya e a realidade dunha Galicia que por aqueles tempos estaba moito máis lonxe que hoxe en todos os sensos, desde todos os puntos de vista. Houbo que esperar uns aniños máis desde a fundación da entidade e foi posible gracias ao empeño dun equipo que por aqueles tempos lideraba Henrique Fernández Sánchez. Foi no mes de xuño de 1987 cando a nosa entidade puxo na rúa o primeiro número de LÚA NOVA. Desde entón a historia da nosa asociación cultural e da comunidade galega de Catalunya está documentada en textos e fotos nas páxinas. Desde entón as opinións dos nosos socios e dos mellores escritores de Catalunya e Galicia tiveron un espacio destacado naquelas páxinas. Dá a casualidade que o seu director entón é o mesmo que dirixe na actualidade esta publicación, Antonio Díaz Fernández, un esforzo considerable, unha responsabilidade levada á excelencia, un compromiso coa entidade e coa nosa cultura que debe ser recoñecido nestas páxinas, debe ser recoñecido por todos nós, socios, colaboradores, directivos e autoridades, unha laboura impagable que debe ser amosada a toda a sociedade, un exemplo para todos nós. Antonio Díaz dirixiu os primeiros 32 números (os primeiros 8 anos) de LÚA NOVA, os anos máis difíciles, os anos nos que botar adiante este proxecto tiña moitos máis atrancos que hoxe, ademais de que cada número da revista era esperado con especial entusiasmo por todos porque nin había moitas publicacións destas características nin era sinxelo atopar publicacións en lingua galega nuns anos onde aínda había que xustificarse por ter e falar un idioma que algúns consideraban inferior. E sei ben o que

Xa hai vinte e cinco anos desde que naceu a mítica, recoñecida e para todos nós indispensable LÚA NOVA, órgano de información e voceiro da nosa entidade, boletín cultural que recolleu nestes anos a historia da nosa entidade, tamén a da comunidade galega de Catalunya e da que está fóra de Galicia, ao tempo que nas súas páxinas podemos seguir o percorrido social, cultural e político que a nosa terra, Galicia, fixo ao longo desta etapa histórica para todos nós, unha etapa na que a lingua galega e a nosa cultura en xeral volveron a ser protagonistas non só no país senón de xeito fundamental na emigración. Se vinte e cinco anos son de salientar, imaxinen vostedes a importancia deste número, desta revista que hoxe ten vostede nas mans, o número 52, un número especial que fai historia entre as publicacións desta natureza. Moitas das publicacións irmás da nosa, revistas ou boletíns de entidades culturais e asociativas galegas na emigración son de carácter anual, e todas elas saben da importancia de cumprir coa cita anual, e tamén os seus responsables saben do complicado que é darlle vida cada ano a estas publicacións. Neste senso a nosa LÚA NOVA tamén foi especial porque naceu con carácter trimestral, e se facemos por riba as contas comprobamos que deberían ser 80 números os publicados, diferencia esta que ben indica o complicado que foi para os equipos que a puxeron en marcha en cada ocasión, aínda que este 52 debe ser considerado como un éxito e como un impulso cara ao futuro, tendo en conta que nestes últimos dez anos publicamos un especial anual de Can Mercader (boletín da festa a xeito de programa de festas que veu a cumprir un papel moi importante dentro das nosas publicacións, o que completou a perioricidade da LÚA NOVA habitual a tres por ano, máis o especial de Can Mercader. Por iso quero insistir no éxito que supón este 52 (especial 30 Aniversario) para a publicación LÚA NOVA.

LUA NOVA

15

escribo porque levo máis de 20 anos investigando nesta batalla das linguas e dos seus falantes por ser recoñecidos e respectados. A renovación de Lúa Nova veu da man dun novo director, un mozo daquela con moitas ideas, con moita capacidade e con moita responsabilidade, Emilio Luís López Arias, quen mudou o estilo, as roupas e a cara das revistas sen mudar os principios fundacionais e os piares básicos que a sustentaban. Desde 1995 ata o 2004 a revista renovou a imaxe en dúas ocasións pola chegada destes cambios de dirección. Trala dirección única de Emilio L. López ata o ano 2000, a xunta directiva decidiu impulsar este proxecto coa entrada na dirección de quen escribe, Xosé Carlos G. González, compartindo a dirección con Emilio Luís, un tándem que tamén traballaba no programa de radio, o Sempre en Galiza, incorporando á publicación moitas das interesantísimas cousas que acontecían nas ondas de Ràdio Cornellà. O máis importante desta etapa foi que Antonio Díaz, o histórico responsable da publicación, sempre estivo vinculado á revista, colaborando, aportando experiencia e coñecementos, tendo en conta que o director cultural e o director técnico eramos mozos ilusionados e comprometidos mais inexpertos, en comparación co noso mestre e predecesor Antonio Díaz. Foron moitos e moi importantes os colaboradores e membros do equipo de redacción que pasaron pola nosa publicación ao longo destes 25 anos e de 50 números. Daquela, recordemos que era un mes de xuño de 1987, baixo a dirección de Antonio Díaz, o equipo de redacción estaba composto por Xosé Luís Gutiérrez, Ramón López Pérez (que dirixira uns anos o noso programa de radio Sempre en Galiza), Xulio Cougil Vázquez (actual responsable do programa de radio), Ricardo Pérez Anta (o noso presidente “salvador”) e un home que non é que forme parte da historia da nosa entidade senón que é a historia viva da nosa entidade, tanto desde Cornellà como desde Galicia, pois daquela residía en Catalunya e xa van uns anos que vive e traballa nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que colaborou na meirande parte destas 52 publicacións ao tempo que estivo con nós case todas as semanas en directo desde as ondas de Ràdio Cornellà, máis de 25 anos traballando desinteresadamente coa entidade tanto no medio escrito como na radio, un luxo que nunca poderemos pagar como merece, aínda que temos a sorte de poder contar coa súa presencia algunha vez ao ano coincidindo co acto central do Certame de Poesía. No primeiro número debemos destacar un destacado elenco de colaboradores, temas e noticias: salienta o limiar “este novo camiñar” que comeza coa edición deste novo proxecto, deste “medio divulgativo” no que

se pretende “facervos partícipes” a toda a sociedade, “socios e persoas identificadas coa asociación”; porque a motivación deste proxecto non é outra que a de adicar este esforzo colectivo “ao espallamento da nosa cultura, da nosa lingua e das actividades asociativas”, un traballo feito con moitas limitacións e realizado por xente non profesional pero con moitas ilusións e ganas de deixar unha memoria do que aconteceu na entidade e na realidade de Galicia. É por iso que este primeiro número comezaba cunha entrevista a Henrique Fernández Sánchez, presidente da entidade no tempo de nacer estes proxectos culturais; Antonio Díaz reforzaba este traballo de divulgación cun artigo sobre a Lei da Galeguidade, que é a que nos afecta á hora de ejercer os nosos dereitos coma galegos no exterior (recorden que novamente está na axenda do debate político e do Parlamento de Galicia para a súa actualización); Xulio Cougil nos achegaba a información deste xa nado Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro (organizado pola nosa entidade); Pilar Bouso facía unhas notas biográficas de Rosalía de Castro e Ramón López facía unha breve escolma da nosa literatura ademais de achegarnos un traballo sobre a Galicia actual; Xulio Simón nos amosaba os hórreos galegos e outro traballo sobre o que acontecía en Galicia no senso cultural (“A movida Galega”), mentres o equipo de radio salientaba os temas tratados no programa durante aquelas datas, e o equipo de redacción facía unha memoria das actividades realizadas. Xa no número 2, Ramón López afiaba a pluma significando o importante papel a xogar da nosa revista: “Lúa Nova é consciente que cómpre espallar aspectos básicos e urxentes da Historia de Galicia que explicarán, en definitiva, outros compoñentes básicos (literatura, arte, traballo, costumes, relixión, maxia…). Desligar aspectos deste tipo do marco xeral da historia supón, entendo, cercenar ou cando menos minimizar unha comprensión global e totalizante de aspectos que esta revista vai tocando algunha que outra vez. Poñamos para rematar un exemplo: sería difícil entender a Rosalía se non entendemos denantes o seu marco histórico; Rosalía cantou sangrantemente a emigración porque naqueles momentos a emigración desangraba a Galicia. Outro exemplo significativo para entender o proceso político de hoxe: un modo de producir, unha economía de semisubsistencia non integrada nas grandes correntes comerciais do momento dannos unha Galicia aínda no camiño da transformación non consolidada”. No número 3, de finais de 1987, a xunta directiva facía un balance ou unha memoria dos dous anos e o presidente, Henrique Fernández Sánchez enumeraba todo o que nestes dous anos se tiña feito: a convocatoria do

16

LUA NOVA

I Certame de Poesía Rosalía de Castro; a creación do programa de radio Sempre en Galiza, que leva desde entón fiel e puntual á cita de cada sábado (unhas tempadas pola mañá e outras, como agora, de 6 a 8 do serán); por aquelas primeiras publicacións sabemos que visitaron a entidade conferenciantes tan importantes e queridos como Manuel Rodríguez, Basilio Losada, Iolanda Díaz, Ignasi Riera, Luís González, Xosé Lois García, Xosé Antón Pet Posse e Alfredo Conde; tamén tivemos a oportunidade de escoitar bandas como a de Sober, os grupos Millodiro, Brath, Taranis, Fuxan os Ventos, ou as orquestras Trébol, Os Arquinos e Finisterre. É de salientar ás persoas e comercios que fixeron posible o nacemento e o mantemento desta publicación. Se ben temos o orgullo de dicir que tivemos con eles varios detalles cando conmemoramos os 15 anos da publicación e no 2008, despois de máis de 20 anos de colaboración, honrando á familia de Manuel Cotos (Casa Cotos e Fincas Aragal) e á familia que rexenta Colchonería Montserrat por ser os que colaboraron economicamente anunciando os seus negocios desde o nacemento de LÚA NOVA ata hoxe. Xunto con eles, un longo cartafol de amigos que puxeron publicidade para facer viable este medio de comunicación: Comercial Framir, Casa Darío, Supermercados López, Bar Rambla de Bellvitge, Auto Escola Palacios, Sports Centre, Asesoría Yolanda, La Caixa, Caixa de Barcelona, A Galocha Productos Galegos, Droguería Perfumería Molsa; VS e Ediciones Jorgló, Autocares Sánchez, Sastrería CONFER, Muebles Cervera, Sanitarios Doval, Restaurante Fernández Rincón de León, Bar Arlequín, Restaurante O´Chispa… e tantos e tantos amigos que quixeron botar o ombreiro para tirar adiante con este proxecto, destacando tamén a Luís Meire co seu Mesón Morriña. Foron moitos cousa que fai imposible enumeralos a todos un por un, desde quen se anunciou unha ou varias veces ata os comentados Cotos e Montserrat que levan máis de 20 anos con nós. A todos queremos adicarlles estas liñas e agradecerlles o interese por manter este proxecto vivo. Na actualidade son moitísimos os que colaboran coa revista e coa publicación especial de Can Mercader e lle queremos significar aos lectores destas publicacións que vaian da nosa parte a estes negocios porque son amigos, son de confianza, son quen de merecer que lle devolvamos a fidelidade coa que nos axudan en cada número. Queremos suliñar tamén a unha empresa galega de Cornellà que comezou con nós esta andaina de Lúa Nova desde a parte técnica: Copistería Cornellà foi quen editaba nos primeiros tempos a revista que hoxe está impresa e maquetada en Gráficas Rey de Cornellà. A primeira segue con nós aínda que a outro nivel, é quen

se ocupa de facernos impresións, copias e outro tipo de papelería, mentres que Gráficas Rey hoxe ten unha boa parte das publicacións galegas que se fan en Catalunya (imprimiu a revista dos galegos de Lleida, de Sabadell, de Badalona, de Barcelona, da Federación,…). Gracias tamén a todos eles por facernos máis fácil o traballo e acompañarnos nos cambios, na modernización, na actualización. Non tardarían en incorporarse ao equipo varias persoas fundamentais para este proxecto editorial. Manuel Rodríguez Julián tería un espacio no que achegarnos moitas cousas interesantes; Xesús Galán comezara a contarnos e cantarnos cousas do seu courel querido; Ernesto Vale Carballes, desde Miami, nos facía moi asisadas análises do noso colectivo emigrante; Josefina González, tamén integrada no equipo de radio, participaba con asiduidade; Jorge Núñez Vila tamén tiña a súa columna de opinión e espallamento da nosa cultura; e a nosa benquerida e sempre lembrada Rosa Reboredo, quen adicaba todo o seu saber á nosa publicación; e como non, Masito Beiró, quen incluso desde Padrón comezou a facer as portadas con orixinais que hoxe constitúen un tesouro patrimonial da nosa entidade, unha verdadeira galería de arte teriamos coa colección de pinturas de Masito, ademais de colaborar tamén con artigos de fondo e comentarios semanais no programa de radio. Todo isto foi xa coa chegada dunha nova xunta directiva presidida por Manuel López. Despois chegaron novos colaboradores como o citado Emilio Luís López, tamén colaborara Oliver Fernández, Amelia López (con textos e debuxos, ademais de ser algún deles portada, Moncha Prieto, Suso López Gaioso, Jesús Fernández, Pura Salceda, Moncho Ramos, Serxio Seoane, e os debuxos e tamén portadas de Amparo Centeno e moitos dos máis importantes escritores e literatos de Galicia que sería tan longa a enumeración que o deixamos para os investigadores e os que queiran escudriñar na fantástica historia desta publicación que hoxe tedes nas mans, nun número moi especial para todos nós, o 52 Especial 25 Anos de Lúa Nova, toda unha aventura chegar aquí, si Antonio, ata o 52, unha andaina chea de anécdotas e de esforzos colectivos, en especial, o do seu histórico e actual director, Antonio Díaz. Non me gustaría pasar por alto unhas notas recollidas da prensa do momento por A. do Neto que falan por si soas. Co título de “Consellos”, a revista nº 6 publicaba o seguinte: “¡Que se escriba e fale en galego, depende de ti! Fala en galego sempre que poidas, coa familia, cos amigos, e aqueles que sabes que te entenden, aínda que ata agora lle falases en castelán.

LUA NOVA

17

Ten respecto con todo aquel que fale outra lingua, mais esixe que os outros tamén respecten a túa. No noso país, diríxete en galego a todos, na rúa, na escola. Verás que te entenden. Se ves que alguén se esforza en falar o noso idioma, demóstralle que valoras o seu esforzo. Respecta as diferencias locais da lingua. Esta é a riqueza do galego, como a de todas as linguas. Toma a decisión de escribir os apuntamentos en galego. A partir de hoxe pon o teu nome en galego se é do teu agrado. Le revistas, libros e xornais en galego, escoita e visiona emisións de radio e televisión na nosa lingua. Non perdas o tempo en discutir cos inimigos declarados da lingua do país. Déixaos de lado. Se tes como lingua familiar o castelán, intenta falar e escribir o galego, sen apurarte. Non te avergonces dos defectos de pronuncia ou escrita, respectar o galego pero non usalo, iso si que estropea o idioma. Toda persoa que defenda a súa propia lingua sen agredir a ninguén ten a razón da súa parte.” Por artigos coma este, publicados na LÚA NOVA alá polo 1988, cando a situación non era a de hoxe, cando aínda era complicado empregar o idioma galego, cando aínda había atrancos e a situación non estaba normalizada, desde a revista da A.C.G. Rosalía de Castro fixemos as mellores campañas de normalización lingüística, a mellor promoción da nosa lingua e da nosa cultura, unha laboura á altura das institucións máis importantes do noso país, non esquecendo nunca que foi un traballo feito a máis de mil quilómetros de distancia da nosa terra, unha distancia que non é a de hoxe, un tempo no que publicar en galego ou facer radio en galego non só era complicado, caro e esforzado tanto en Galicia como desde a emigración organizada. ¡Cantos premios, mencións e gabanzas merecen os nosos mestres e devanceiros! ¿Por qué o nome, por qué LÚA NOVA? Moi sinxelo. Todo o mundo se rexe polos ciclos lunares. Incluso na época dos grandes avances tecnológicos, Galicia vive de cara á lúa, e todos sabemos que a lúa nova enxerga un ciclo de boanza, de productividade, de froitos, de xermolos da natureza, de crecemento ao noso redor. Qué mellor nome para un xermolo cultural tan fermoso, lonxevo e productivo. Nace agora unha nova proposta a partir destes primeiros 52. Viño novo en odres vellos. Vellos buratos en galochas novas. Adaptados xa ao novo milenio e á nova sociedade na que estamos inmiscidos, LÚA NOVA renova as súas enerxías e inicia con novos bríos deste equipo sempre aberto a quen queira formar parte deste colectivo comprometido coa nosa asociación e o colectivo de galegos emigrantes que apostan por compartir nun colectivo afín as súas inquedanzas a prol da nosa cultura e dos intereses xerais desta galeguidade que vai cambiando do mesmo xeito que cambia a sociedade na que vive. A nosa entidade, a A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà, as institucións de Catalunya e de Galicia que nos

patrocinan, os anunciantes que con nós colaboran, os que teñen algo que contar e os que queren informarse, todos, sen excepción, facemos posible unha realiade que debe enchernos de orgullo a todos, esperando coas mans abertas cada novo número desta fermosa LÚA NOVA que, desde hai 25 anos (52 números) sae do prelo coa esperanza de ser compartida con todos vós. Quizais non é sabido por todos pero esta publicación tirou desde o seu nacemento máis de 3.000 exemplares por número e se pode atopar en todas as entidades galegas do mundo (que son máis de 450, que son auténticas embaixadas de Galicia), nas bibliotecas e institutos de Galicia, e en case todas as institucións culturais e políticas de Galicia e Catalunya. Un esforzo enorme da entidade e das institucións, polo que seguiremos reclamando ese apoio que tanta falta fai desde todos os ámbitos. A historia da nosa entidade está abondo escrita, todos a coñecen pola transcendencia e importancia dos feitos colectivos desta asociación. Foi un pacto de estreita colaboración entre os socios, os colaboradores e os amigos que conforman esta grande familia. Superada xa a etapa de loita comprometida pola rexeneración da nosa lingua e da nosa cultura, as nosas actividades e a publicación desta revista teñen hoxe outro fin, ademais de rescatar para a historia os feitos que nos aconteceron e que entre todos puidemos levar a cabo: temos que colaborar para que nas segundas e futuras xeracións non se perda ese engado pola nosa terra, esas ganas de coñecela e coñecernos, debemos apostar por que os máis novos saiban manter e empregar a nosa lingua e gozar das belezas da nosa cultura, sen esquecer que son fillos xa doutras terras mais teñen, gracias a nós, fondos alicerces galegos. Este proxecto é una forma máis de practicar Galicia desde unha terra, Catalunya, amiga, nai e fogar. Desde estas páxinas tentaremos seguir agradando a quen por aquí se achega. Esperamos que con este esforzo colectivo poidamos achegarnos un pouquiño máis á terra e á nosa cultura. Esperamos que esta especial LÚA NOVA que hoxe tedes nas mans sexa un instrumento de cultura, de integración, de respecto, de reflexión, de espallamento das nosas inquedanzas e expresións artísticas. Tedes a xanela aberta para asomarvos e a porta aberta para entrar. Colaborade se é que queredes para facer medrar este espírito galego e galeguista da nosa comprometida colectividade. Co voso aprecio seguro que quedaremos ben pagos. Gracias a todos os que fixeron posible este fermoso 52. En especial aos fundadores e aos continuadores. E ao seu máximo responsable, a Antonio Díaz, forza viva e responsable de que este proxecto siga vivo e con moi boa saúde. ¡A por outros tantos! Alí nos veremos, amigos. Mentres, dádelle importancia ao que tedes nas mans, que tanto costou e que tanto queremos.

18

LUA NOVA

Xogos de lecer
Un dos capitais máis importantes desta entidade é, sen lugar a dúbidas, o capital social, os socios e socias e os amigos dela, eles son os protagonistas de cada actividade, de cada acto, e do acontecer diario e, como é lóxico, neste amplo abano social como corresponde a unha entidade sociocultural, plural e independente, os gustos e goces son dabondo variados, de aí que teñamos público para toda clase de actividades. Neste senso as principais actividades que a cotío se dan dentro dos nosos locais sociais son os xogos de lecer. Os xogos de lecer son unha actividade ideal para o goce de pequenos e adultos, de que a cotío poidamos ver nenos xogando aos seus xogos infantís, e maiores tamén, as cartas son os xogos máis característicos nos maiores, o Tute e a Brisca os máis populares, as mulleres a Brisca e os home o Tute. Cada ano se celebran os campionatos tanto de Tute como de Brisca que ámbolos dous gozan dunha moi boa saúde, a participación nestes eventos é abondosa, tamén se practican outros xogos como o Dominó, Axedrez, Damas, etc… É unha boa forma de facer tempo, facer sociedade e de darlle contido ao tempo de lecer, dentro das actividades da entidade.

LUA NOVA

19

Sempre en Galiza
Manuel Rodríguez Julián ¿Que quere dicir esta verba? Seguro que se nos ocurren a todos moitas cousas; no caso que me ocupa, neste pequeno repaso á historia destes ultimos 30 anos de ROSALÍA DE CASTRO, traeme á memoria, ou nos trae á memoria de todos cantos colaboramos coa idea, primeiro para organizar, logo xestionar a formalización, legalización, facer os estatutos e finalmente inaugurar, o que hoxe é, sen ningunha dúbida, a Asociación Cultural Galega máis emblemática. Varias razóns teñen confluído para que sexa así. Como foi o caso do nome de ROSALÍA DE CASTRO, logo xuntáronse tantos e tantos socios capaces de colaborar altruistamente, e cantos dunha forma moi ESPECIAL, capaces de poñer a súa sapiencia ao sevizo desta entidade, e por máis a cumprir cos seus obxectivos como é a cultura galega; todos aportando o seu saber no campo da literatura, da música, da lingua, o teatro, a pintura, a gastronomía, etcétera. Gustaríame deixar aquí constancia de cada unha das moitas persoas ás que fago referencia, pero correría o risco de ser inxusto, por esquecemento de alguén, e ademais certo que todos e cada un dos socios ten sido, é e seguirá sendo, moi importante.

será moi útil para a divulgación das actividades da entidade, e da Cultura Galega en xeral. Parece que foi onte, e xa pasaron 30 anos, polo que creo que SEMPRE EN GALICIA é sinónimo de algo máis profundo que unha fermosa frase. Capítulo aparte, e non podemos esquecelo, é a revista LÚA NOVA, moi ben xestionada por ANTONIO DÍAZ como director e un grande equipo na súa redacción. Outra das ferramentas de divulgación importantísima ao longo da vida desta entidade. Co que ó facer reconto global da vida de ROSALÍA DE CASTRO, como entidade, cos seus medios e con tódolos seus colaboradores, co Concello como institución máis cercana, a Generalitat, a Xunta de Galicia, as Deputacións, etcétera…, véxoo en positivo, nembargantes eu non me dou por satisfeito con canto puiden aportar ao longo deste anos. Tódolos socios, dende o número un ata o tres mil, debemos empeñarnos en que esas tantas actividades ao longo de tódolos anos que se veñen realizando, continúen ampliándose e mellorando, e dende SEMPRE EN GALICIA e LÚA NOVA, sigan divulgándose. Trinta anos de existencia ben teñen pagado a pena.

Sempre en galiza

20

É ademais unha ferramenta de luxo, que está a disposición da asociación, un programa na Radio Municipal de Cornellà, moi ben dirixido actualmente polo socio Xulio Couxil. Ao longo destes trinta anos foi conducido por varios socios, cadaquén coa súa idiosincrasia e particular dirección, pero todos cun obxectivo común: a divulgación da Cultura Galega, e o engrandecemento da entidade ROSALÍA DE CASTRO. Lembro que nunha reunión dos socios fundadores optamos por darlle este nome ao programa, entre outros que se presentaron, quizais reflexando ese sentimento que nos levou a organizar esta entidade, para que nese entorno puideran estar cantos galegos e simpatizantes quixesen achegarse alí. Con ese nome presentámonos ao Concello para solicitarlle o espacio na emisora municipal. Concedéronnos o horario, e a Xunta Directiva de ROSALÍA, nomeoume director do mesmo. Non lembro o día, pero si que lembro e recordo a emoción de verme diante dun micrófono por primeira vez, fronte á luz VERMELLA e logo VERDE, aí diante. Un medio de comunicación excelente que a bon seguro é, foi e

LUA NOVA

25 anos de Sempre en Galiza
Xulio Cougil Vazquez
Nunha anterior edición desta nosa revista “Lúa Nova”, publicouse unha breve historia relacionada coa emisión do programa “SEMPRE EN GALIZA”, de Radio Cornellà. Patrocinado pola nosa A.C.G. Rosalía de Castro, nacía o día 16 de abril do 1986 este programa, que se ven emitindo ininterrumpidamente tódolos sábados de 18 a 20horas. O seu nome era unha referencia-homenaxe ao libro de Castelao do mesmo nome (Sempre en Galiza). O seu primeiro director, e primeiro Presidente da nosa Entidade, Manuel Rodríguez Julián, estivo á fronte do mesmo. Na súa realización tivo varios directores: Ramón López Pérez, durante oito anos; Josefina González González, Emilio Luís López Arias, Xosé Lamela Bautista, Pilar Carracelas, Xosé Carlos García González e actualmente Xulio Cougil Vázquez. Moitos foron os seus colaboradores habituais e moitas son as persoas que pasaron polos estudios de Radio Cornellà para falar das “nosas cousas”, pero moi particularmente de todo o referente ás actividades e acontecementos relacionados coa “A.C.G. Rosalía de Castro”, e coa comunidade galega en Cataluña. Os colaboradores que semana a semana participaron, desinteresadamente, na realización do mesmo como locutores, nas tarefas de producción, entrevistas, reportaxes... etcétera, como dixemos, son moitos. Seguro que nos esqueceremos dalgúns, pero quixeramos nomear, a modo de lembranza os seguintes: Xulio Simón, Montse, Mari Paz, Rosa Reboredo, Luís Bernedo, Mila Centeno, Adela, Maruxela Danoz, Antón Fernández, Mirian López, Iria Fernández, Kike Fernández, Manuel Rodríguez López, Masito Beiró, Paco Rivas, Manoel Carrete, Antonio Díaz, Serxio Seoane... … Que nos disculpen o resto dos moitos colaboradores, que xa dixemos, participaron connosco, pero non queremos ser “cansinos” coa nosa exposición. Se tiveramos que facer unha lista das entrevistas e conversas que mantiveron neste programiña, despois de máis de 25 anos de andadura, seguro que precisaríamos un espazo moi longo, pero quixera-

25

mos facer mención aquí das personalidades seguintes: X.L.Aranguren, Camilo José Cela, Manuel Fraga, Camilo Nogueira, X.M.Beiras, Raúl Alfonsín, Alvaro Pino, Fernando Romay, … etcétera. Unha longa lista de personalidades, escritores, poetas, deportistas, músicos, políticos... Na outra parte, noutras seccións do programa tamén tivemos a participación e aportación musical de case tódolos grupos musicais e folclóricos de Galicia. Quizáis sexamos un referente de tódolos programas de radio en galego que se emiten en Cataluña. Unha fiestra aberta a toda a comunidade galega, obxectiva e independente, que trata de realizar o seu cometido con seriedade e en galego. Emitimos actualmente no mesmo horario do comezo, de seis a oito do serán os sábados. O equipo está composto por Xulio Cougil Vázquez, María Royo (periodista), Antonio Díaz, Serxio Seoane e Xosé Carlos G.González. Dende Galicia seguimos a recibir as crónicas de Xulio Simón Rúa, e as aportacións poéticas e creativas de Paco Rivas. Estamos a traballar para mellorar e adaptarnos ás novas tecnoloxías. Dende hai un tempo confeccionamos unha páxina, na que se poden voltar a escoitar os programas emitidos, para poder ofrecer aos moitos oíntes que nos seguen dende os máis insospeitados lugares do mundo. Aproveitando Internet temos constancia de que nos escoitan e nos seguen moitos galegos no exterior. Podedes comprobalo na nosa páxina: http://semprengalicia.blogspot.com/, seguro que atoparedes moitas cousas interesantes e novidades que imos poñendo a medida que imos recibindo informacións e tentando achegar toda a actualidade que nos envían á nosa redacción. Aproveitamos esta publicación para animar a todos aqueles que o desexen para que participen connosco nesta fermosa tarefa da radio en galego. Sería bo aproveitar esta ferramenta para que os nosos alumnos, socios e simpatizantes, poidan empregala para o seu disfrute e difusión das múltiplas actividades e inquedanzas que seguro teñen. A radio está á disposición dos seus usuarios, que sodes todos vosoutros: colaboradores, socios, seguidores e simpatizantes...

LUA NOVA

21

A festa galega en Cornellá

Autoridades que asistiron á inauguración do Monólito de Rosalía o 16 de xuño de 1990

Era o 16 de xuño de 1990 cando a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá, culminaba un dos seus grandes soños, un proxecto no que nos últimos anos viñan traballando con tesón directivos e socios da entidade para levar a cabo esta obra tan aloumiñada por todos. Ese día nun dos máis fermosos parques da Cataluña, Galicia chantaba o símbolo da súa literatura, da súa poesía, Rosalía de Castro era inmortalizada despois de 115 anos do seu pasamento, grazas ós esforzos desta entidade galega en Cornellá, e a colaboración plena do Concello de Cornellá co seu alcalde D. José Montilla en cabeza, e tamén á axuda da Xunta de Galicia. Alí, ese día se daban cita as tres institución, representadas naquel entón, por Manuel López presidente de Rosalía de Castro, José Montilla alcalde de Cornellá e Fernando Amarelo de Castro (Secretario Xeral para as Comunidades Galegas da Xunta de Galicia) e numerosos representantes e autoridades de tódolos ámbitos da sociedade catalana e galega, e contan as crónicas, que arroupados por 60.000 galegos que viñeron a Can Mercader desde moitos lugares de Cataluña, para honrar a nosa poetisa universal. Despois de moitos anos de traballo cheo de ilusión, -e como cumio dos dez anos de andadura da Asociación-, na preparación dun acto tan extraordinariamente importante, do que sempre nos sentiremos ledos os compoñentes de Rosalía de Castro, e moi especialmente os que naquel entón participamos do evento, conseguíase levantar o monumento que desde entón máis nos lembra a Galicia en Cataluña, en honra a ela, a súa poesía, ó seu desgarrado canto de saudade e amor, sen esquece-lo seu papel no rexurdimento das nosas letras, Rosalía de Castro. O monólito que lembra a poetisa levantase nun lugar preferente do fermoso parque, esculpido en pedra polo artista lucense Manuel Mallo, no marco dun escenario desde entón ligado a Galicia e a colectividade galega en Cataluña. Lembran as crónicas, que a choiva veu a bautizar tan maxestosa figura, en pedra galega, ó fondo un cadro perfecto o verdor da herba, e as gaitas que interpretaban o Himno

Ano 1994

22

En 2009

Galego, resaltando en letras douradas un lema, “A A.C.G. ROSALÍA DE CASTRO lembra a insigne poetisa, 16-0690”. E os diferentes lados:
“Venderonllo o Carro e os leiros que tiña deixáronlle soio da roupa vestida” “María, eu son mozo pedir non é dado eu vou polo mundo para ver de ganalo” “Galicia está probe ó mundo me vou adios, adios, prenda do meu corazón”

Ano 2010

Belidos e desgarrados versos cos que Rosalía denunciaba a sangría da emigración galega xa en vida súa, e que hoxe están plenamente vixentes, no acontecer de Galicia e de tantos e tantos galegos espallados polo mundo adiante. Unha grande festa, celebrada durante o fin de semana, adornou o acto, e sen darse conta asentou un feito histórico. Aquel fin de semana comezaba, nacía, un acontecemento que desde entón atrae a multitudes, cada ano, como é a Festa Galega de Can Mercader, que cada anos polo Corpus organiza Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro coincidindo coa Festa Maior de Cornellá e tamén como peche dos actos conmemorativos das Letras Galegas. Desde entón a celebración deste evento sen dúbida transcende ós contidos dunha popular romaría galega, comezando cada ano cun dos actos máis emotivos e tamén de contido patriótico que se celebran na diáspora galega, como é a Ofrenda Floral a Rosalía de Castro, e a que acoden cada ano milleiros de galegos de tódolos recantos da xeografía catalana, que aproveitan esta cita nun lugar de encontro familiar e de amizade, e que ó mesmo tempo visita a Can Mercader para lembra-la memoria da nosa Musa. Os ramallos de flores que durante todo ano, a cotío, se poden ver perante o monumento a Rosalía, constitúen unha mostra, de lugar de veneración, de moitos galegos e non galegos que teñen por musa a Rosalía de Castro. Converténdose así Can Mercader nun lugar cada vez máis visitado polos galegos residentes en Cataluña, así como moitos que veñen doutros lugares, e mesmo de Galicia que visitan o parque e o monumento a Rosalía como lugar de vencello de galeguidade. Texto e fotos: Antonio Díaz Fernández Ano 2010

2010, Representantes do PSC

José Montilla visita a festa en 2011

2011, Representantes da FEGALCAT, na Ofrenda a Rosalía

23

Novo exito da festa galega de Cornellá
A popular Festa Galega de Cornellá (Barcelona), que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro presidida por Alfonso Rico García, cada ano polo Corpus Festa Maior de Cornellá, volveu un anos máis a recoller éxitos sorprendentes nestes tempos de crise, ademais este ano que coincidiu coa festividade de San Xoán houbo catro días de celebración unindo esta tradicional verbena en Cataluña coa celebración da Festa Maior de Cornellá . O Parque de Can Mercader, volveu a lucir o seu esplendor e cumpriu con tódalas expectativas, durante os días 23, 24, 25 e 26 de xuño, milleiros e milleiros de galegos asistiron aos diferentes actos, facendo que esta Festa Galega siga sendo unha cita ineludible dentro dos actos programados en Cornellá, co gallo das súas festas patronais, e tamén como acontecemento no que se dan cita unha grande maioría de galegos residentes en Barcelona. Os actos festivos comezaron o xoves pola tardiña coa homenaxe aos socios da entidade na celebración, no recinto da festa, dunha Cea de Irmandade á que asistiron arredor de 200 persoas, socios de Rosalía de Castro, así como amigos doutras entidades, o Tenente Alcalde, Antonio Martinez e a Rexedora do Barrio da Gabarra onde ten a sede social a A.C.G. Rosalía de Castro, Aurora Mendo, entre outras autoridades e representantes doutros estamentos socioculturais de Cornellá, e na que se lles homenaxeaba coa Insignia de Prata da Entidade aos socios: Xulio Couxil, Manuel Carracedo, Antonio Gil e Alfredo Carracedo na persoa da súa viuda Socorro Ramos, que este ano cumpriron 25 anos de antigüidade na Asociación, acto que seguiu coa tradicional verbena a cargo da orquestra “NEVADA”, e unha multitudinaria Queimada Galega para celebra como se merece a noite do San Xoán. O venres pola tarde iniciouse o ronsel de actuacións dos grupos galegos e cataláns de música e danza que durante os seguintes tres días lle deron contido á festa, coas súas espectaculares actuacións, desenvolvéndose ao xeito das grandes festas galegas nas que non faltan, ademais das gaitas, os diferentes produtos da gastronomía galega, que este ano viñeron especialmente desde Galicia da man da empresa “Pulpalia” de Lugo. Polbo, empanada, lacón, churrasco, pementos, etc., ademais dos ricos viños do país, xunto coas orquestras: Nevada e Bora Bora, que se encargaron de amenizar as multitudinarias verbenas que durante as tardes e noites da fin de semana encheron o recinto de Can Mercader. Unha festa que volveu a rende homenaxe á poetisa que lle dá nome a entidade, coa celebración da “Ofrenda Floral”, un acontecer de identidade galega que se levou a cabo o sábado pola mañá, nun

24

LUA NOVA

emotivo acto no que o alcalde de Cornellá, Antonio Balmón, xunto co presidente da Asociación, Alfonso Rico, e o representante da “Generalitat de Catalunya”, Martí Barberá do “Departamet de Governació” presidiron o acto depositando o tapiz de flores representando as bandeira de Galicia e Cataluña. Asemade, socios e amigos, entidades e institucións públicas renderon unha sentida homenaxe de Cataluña e Galicia á musa das nosas letras, depositando o seu correspondente ramallo de flores a beira do Monólito de Rosalía de Castro, ó son dos himnos catalán e galego, interpretados pola banda de gaitas da A.C.G. Rosalía de Castro, ante o numeroso público que cada ano acude á ofrenda, así como representantes dos diferentes estamentos políticos e socioculturais de Cataluña, os representantes da Corporación Municipal de Cornellá en pleno, e as diferentes entidades galegas de Cataluña. Significar este ano a ausencia de representantes da Xunta de Galicia nos diferentes actos, agardamos que teñan bosa xustificación por que vanllas a pedir, o mesmo que eles lle piden ás entidades que xustifiquen, multiplicadas por cinco, as poucas axudas que lles dan. A Entidade organizadora aproveitou o evento para facer publico o nomeamento do expresidente da Generalitat de Catalunya, José Montilla Aguilera como Presidente de Honor da A. C. G. Rosalía de Castro, en recoñecemento á labor levada a termo desde a súa traxectoria política a favor da colectividade galega en Cataluña, e moi especial a A.C.G. Rosalía de Castro. Tamén agasallou como socios de honra a Mano-

lo Valdes director do programa de radio Lonxe da Terra e xerente da Radio Tele Taxi polo seu labor de divulgación das actividades da Entidade, así como do resto da colectividade galega en Cataluña e a Ferrán Bello Hernaiz pola súa contribución ao desenvolvemento das actividades das entidades galegas de Cataluña desde o seu cargo de Directo do Instituto Catalán de Cultura Popular e Tradicional, unha labor da que hoxe tódalas asociacións e casa rexionais de Cataluña, tanto galegas como doutras comunidades, botan moito en falta. Tamén foi recoñecida a labor a prol da colectividade galega en Cataluña de Luís Lamas Álvarez como presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña. Ademais de tódalas actuacións que estiveron á altura que a Festa merece, no eido gastronómico, numerosas familias se deron cita á sombra das centenarias árbores de Can Mercader, para degustar de xantares campestres e compartir unha fin de semana gozosa con amigos e familiares, unha xuntanza gastronómica e festiva na que se citan cada ano amigos e familiares da colectividade galega de Cataluña, que compartiron con socios e amigos da entidade organizadora unha gran festa galega en Cataluña. Asemade os asistente tamén puideron ollar exposicións de libros, pinturas, música, etc., a cargo da produtora Serxiofolk, así como abundante información sobre turismo de Galicia e o Camiño de Santiago. Antonio Díaz Fernández

LUA NOVA

25

Certame de poesía en lingua galega

“Rosalía de Castro”
Xosé Carlos G. González

25 anos
Dentro do proxecto cultural e literario que a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro acababa de comezar coas eleccións de 1986 e xunto coa edición da revista Lúa Nova e o programa de radio Sempre en Galicia, créase tamén o Certame Nacional de Poesía en Lingua Galega “Rosalía de Castro”. A principios do ano 1987 convocase a primeira edición deste certame coa idea de promove-la poesía galega e os novos poetas que saíran do noso país, e tamén como homenaxe á insigne poetisa que dá nome a esta asociación galega. Cumprindo esta tarefa desde os seus comezos ata hoxe, participaron neste certame o máis salientable dos escritores que cultivan a primeira das artes da nosa lingua, a poesía. Poetas noveis, aficinados e mesmo consagrados participaron cos seus traballos ó logo da historia do Certame que na actual edición, recentemente organizada, cumpriu xa a XXV edición. Un cuarto de século, 25 anos consecutivos da edición deste certame, certame que na actualidade conta cunha inmensa simpatía dentro dos aconteceres poéticos do país e na emigración galega, no que levan participado poetas de tódolos lugares do mundo, alí onde os galegos e os seus descendentes se atopan e cultivan esta arte literaria na nosa lingua: desde calquera punto de América ata os fixos poetas que tódolos anos participan desde Australia ou Nova Zelanda. Figuras da nosa literatura como o escritor Méndez Ferrín calificaba este certame xa no ano 1992 no limiar do primeiro libro editado do concurso, Certame “Rosalía de Castro” de Poesía en Lingua Galega (1986-1991), que recolle a recopilación dos gañadores das primeiras cinco edicións do concurso, con estas verbas: “No intre da presentación deste vizoso florilexio de versos galegos colleitos en Barcelona cabería salientar en primeiro lugar o empeño cultural e patriótico dos emigrados nosos que, en Cornellá, convocan ao abeiro da asociación “Rosalía de Castro” un concurso que, á vista dos resultados que tedes agora na mao, sería xusto calificar como un dos máis relevantes de cantos se dan no ámbito da nosa lingua”. Eu coido que se non é o máis importante editado en lingua galega hoxe, se lugar a dúbidas, si é o máis importante que se deu na Galicia Exterior ó longo da súa historia, e os mesmos participantes dannos a razón, dado o seu interese ano tras ano por participar no Certame, e segundo as valoracións dos diferentes

xurados que se encargaron nestas edicións de dar a coñecer os gañadores, non só o número de participantes é altamente positivo senón que a calidade dos traballos presentados ó Certame, xeralmente e salvo contadas excepcións, é dunha calidade excelente. O catedrático Dr. Basilio Losada Castro prologaba o segundo libro publicado no ano 2000 “Certame de Poesía Rosalía de Castro” (1992 – 1996), despois dunha fermosa análise da emigración galega ó longo da historia e dos centros galegos, remata o seu limiar con estas verbas: “... A Asociación Cultural Galega Rosalía de castro leva xa moitos anos en vangarda deste esforzo cultural. É unha andaina fecunda e nobre que xustifica a súa existencia fronte á atonía e ineficacia de tantas outras asociacións. Fermoso sería que algúns destes rapaces e rapazas que fan nestas páxinas as súas primeiras armas no terreo da creación literaria, chegue un día a ser un gran escritor, unha figura das nosas letras. Se algún día fose realidade este desexo, a A.C.G. Rosalía de Castro tería xustificada cabalmente a súa existencia e merecería, aínda máis fondamente, a gratitude de tódolos galegos. E esta antoloxía supoñería un fito histórico que xustificaría o sacrificio de tantos directivos e de tantos socios como, ó longo de anos, veñen sostendo esta actividade. Sería un honor para eles, para todos nós e para o noso país”. Pola calidade dos traballos e polos personaxes gañadores do certame, fai que o Certame neste intre goce dunha inmellorable saúde e as expectativas de futuro son engaiolantes para todos nós que estamos ó redor deste importante evento cultural galego feito en Cornellà, e o que é máis importante, para a Cultura Galega e para o noso País.

26

LUA NOVA

GAÑADORES DO CERTAME
ANO PRIMEIRO PREMIO 1987 Darío Xohán Cabana “Fragmentos de amor e nostalxia” 1988 Fiz Vergara Vilariño “Canto de amor en dous tempos” 1989 X. Carlos Gomez Alfaro “Alén” 1990 Fiz Vergara Vilariño “Alborada” 1991 X. Carlos Gómez Alfaro “Nai ó garete” 1992 Martín Veiga Alonso “Como un arco no tempo” 1993 Manuel Celso Matalobos “Cancioneiro Serodio Santandresino” 1994 Xavier Garcia Fernández “Papel de névoa” 1995 Marta Fernández Viñas “A lúa branca” 1996 Alexandre Nerium Cidadela (o verxel de sete fontes) 1997 Isabel Fernández López “Bágoas baldeiras” 1998 Xoán Neira López “Os nenos da froita do tempo” 1999 Carlos Penela Martín “Pétalas frías ondas Silva Plath” 2000 Baldo Ramos “As follas da memoría” 2001 Ramón Manuel Vilar Landeira “O meu pobo son botas de goma” 2002 Juan Carlos Fuentes Moledo “En boca de amante” 2003 Elvira Ribeiro Tobío “Adiviñote un amant eterno” 2004 Alberte Momán Noval “Opasado nas horas” 2005 Raída Rodriguez Mosquera “Historia dos efectos” 2006 Gustavo Peaguda Pérez “Homenaxe imboluntario” 2007 Brais Gonzalez Pérez “Veño sen máns do profundo” 2008 Cruz Martinez Vilas “Amante tocado pola antropofaxia” 2009 Israel Martinez Veiga “A cidade da chuvia” 2010 Xosé Manuel Formoso Lago “Palabras para Retellar…” 2011 Israel Martinez Veiga “Tróuxenche a cuvia” SEGUNDO X. Carlos Gomez Alfaro “Índice de tebras” X. Carlos Gomez Alfaro “Elexía” Rafa Vilhar “Desde o teu corpo” Miro Villar “A dozura das horas” Xosé Manuel Garcia Rivas “Tempos ardidos no profundo...” María Dolores Couto Cotelo “Como unha onda” Xosé Manuel Outeiro G. “Vontade de vivir” Martín Veiga Alonso “Os restos dun naufraxio” Xosé Luís Santos Cabanas “Encetando o tempo en cinco anacos” Baldo Ramos “O exilio da pedra” Marcelino Sisto Deibe “Zaloma do pescador” Modesto Fraga “Cando alumea a sombra” Xosé Emilio Vicente Caneda “Noite” Ana Vázquez Estévez “Desacougo” Enma Pedreira “Entra contigo nesta luz...” Xoán Xosé García López “Eido de luz e olvido” Emma Pedreira Lombardía “Nuca vira tal lenguaxe do mar” Olalla Cociña Lozano “Aquí pechada” Iolanda López López “Contaminación acustica” Alba Cid Fernández “Poética Cóncava” Xerarado Quintiá Pèrez “Ailalalelo” Luz Airado Bello “Noite pechada” Xosé Manuel Formoso Lago “Cinzas que en espiral perforan o espazo” Luz Airado Bello “Para ti meu ban” Rafael Xoán Muñoz Castro “Setembro” TERCEIRO Miro Villar “Entra na eternidade dos teus sonos” Miro Villar “Intervalo Perplexo” Xosé Manuel Díaz Maceda “Feitizo” David Garcia Vidal “Nao (poema dun tolo namorado” Moncha Prieto “Eterno viaxeiro...” Marta Dacosta Alonso “ Fragmentos” Anxo Luís Vázquez Latas “Desde que te teño” Heriberto X. Villar Patiño “Poesía urbana” Heriberto X. Villar Patiño “Praza publica” Xosé Carlos Caneiro “No tempo das cireixas” Antón Riveiro Coello “O mar de escamas” Rexina R. Vega “Contra o vendaval” Xurxo Alonso “Alexandría en cinco actos” Cecilio Lago Gónzalez “Dun tempo xamais esquecido Xavier Franqueira González “Ameite” Xosé Anxel Caramés Bouzán “Mentres” Modesto Fraga “Caderno rodiniano” Frenando Díaz-Costroverde Gómez “Comisura” Rafael Xoán Muñoz Castro “Mar” Israel Martinez Veiga “A batalla dende a eclipse” Pablo Bouza Súarez “Na procura da morte” Alba Cid Fernández “Traxecto de raxeiras e auganeves” Anxo Manuel Rodríguez Ratel “A última ecolalia do Ferreiro do Burgho” Israel Martinez Veiga “Falemos” Xosé Manuel Costas Currás “Amalia”

LUA NOVA

27

Certame de Poesía Rosalía de Castro 2010 Primeiro premio 2010 Autor: Xosé Manuel Formoso Lago
“O poeta é un finxidor./ Finxe tan completamente/ que ata finxe ser dor/ a dor que en verdade sinte.” (Fernando Pessoa) “Así é a miña vida,/ pedra,/ coma ti…” (León Felipe)

Palabras para retellar a imaxinación e desconxelar os alentos
I A lúa xa cumpriu idades, e non fede nin fai ruido, sementa bicos polos ríos, repta polas sombras da fraga, e acariña os berros dos guerreiros e guerreiras que o vento espalla, mentres os corvos agoiran. A natureza, coas súas forzas, salvaxe, esgrevia, -puro silencio que respiramergúllase no corpo do bardo, íspelle o seu ser, afeito a loubar á tribo, e na noite estrelecida dalle soños de fogueiras, de outonos de castañas e de noces, soños de flores que non saben de meles nin de abellas, soños de luceiros da alba que as súas pegadas alumían, e soños de auga, século a século ó galope no granito das idades, aplacando sedes. II Arestora, nestes tempos de liberdade nos que as fronteiras só existen para a heteroxeneidade, o sol está no mar, tras de Fisterra, e na Rovoeira Sacrata ofrecémoslle unha plegaria, para que os seurros e os lemavos xunto coas outras tribos, chegados dunha longa noite de pedra, na procura dos ancestrais segredos que agocha o muérdago cortado coa fouce dourada, na outra banda das promesas, atopen o Santo Graal. III Arden gorxas claudicadas, das que os sons que xorden manteñen intacta de cuspe unha xeada virxindade polo silencio mancada, gorxas que aceptan a mágoa da mollada pedra. E hai bocas que minten, impregnadas do cotián, pois xa ninguén namora cos fieitos na beira do río, baixo a quietude da espesura. E outras, en carne viva, que se xunguen procurando a luz da verdade, esa que non pode rexistrarse na dor de tantos séculos feridos de morte, pois a verdade non aniña nas palabras, nelas agoniza e esvaese, a verdade non habita nun lugar nin nun tempo, tan só no silencio que queda despois do baleiro que vai deixando a adulteración da historia. IV E mentres a lúa dorme, caladiñamente, enrriba das tellas, eu quero abrir amplamente as miñas mans e entregar o que eu coñezo desta terra: silveiras, brañas, falar polo baixiño, tanto soñar contigo, medrar a túa sombra, e palabras…, palabras sinxelas, coas que retellar a imaxinación e desconxelar os alentos.

28

LUA NOVA

Certame de Poesía Rosalía de Castro 2009

Primeiro Premio 2009 Autor: Israel Martínez Veiga

A cidade da chuvia
a chuvia e baixo a súa epiderme fría a chuvia íntima a reclamar horizontes dourados doutros novembros que ofrecen os licores do mar que respiran as areas a chuvia e baixo a súa epiderme fría depositaremos un poema un orfanato de crepúsculos para levantar os tambores da saudade onde a chuvia sexa chuvia e a túa luz de magnolia infinita a chuvia esa calma intensa que insaciable bica o canto da pedra faina triste melancólica mentres a tarde cae rendida coma un suburbio ou unha derrota a chuvia esa queixa de adulto que se fai poema que peta dura contra as fiestras demasiado baixas facéndose cicatriz ou puta errante ou naufraxio a chuvia invencible e secreta que xa quixeran para si os amantes ou a propia música mentres rouba o corazón infantil á primavera e faise noite cubrindo faiados de laranxas violíns claudicados e humildes tormentas neste mar ao que regreso depositarei en epitafio tódalas cicatrices que alimentaron a gastada memoria da miña estirpe desnutrida coma un oráculo no que arrecende nauseabunda a anunciación das infancias e suplicarei a derradeira pedra íntima reclamada pola chuvia dos outonos afundida lenemente baixo o corazón aberto pola espada coa que presinto que o meu corpo incendiará o latido revelado da miña propia morte baixo a anunciación e o designio da cinza nesta cidade da chuvia

LUA NOVA

29

XXVI CERTAME DE POESIA EN LINGUA GALEGA “ROSALÍA DE CASTRO”
Bases 1. O poema estará escrito en Lingua Galega e terá un mínimo de TRINTA e un máximo de CEN versos. Admitíranse conxuntos de poemas de temática común, sempre que non excedan dos CEN versos. 2. Os traballos enviaranse en sobre sen remite e sen indicación algunha referente á personalidade do autor, ó enderezo da Asociación: Rúa Federico Soler, 71, 08940-Cornellá (Barcelona). Noutro sobre pechado figurará no exterior o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará: Nome e apelidos, enderezo, DNI, teléfono e correo electrónico do autor. 3. Deberá enviarse SETE copias dos poemas, en formato normal, sen encadernar ou grapar, antes do día 15 de OUTUBRO de 2012. 4. A A.C.G. Rosalía de Castro nomeará ó Xurado entre personalidades relevantes da creación e da critica. 5. O veredicto dos premios darase a coñecer nas Xornadas Culturais a celebrar no Outono de 2012 6.Os poemas premiados poderán ser editados pola Asociación na forma ou medio que considere conveniente. Así como todos os presentados ó Certame. 7. Os premios consistirán: 1º premio: 500 € 2º premio: 300 € 3º premio: 200 € 8. Os premios entregaranse na Asociación Cultural Galega “Rosalía de Castro”, unha vez realizado o fallo por parte do xurado. Os premiados deberá facilitar os seus traballos en soporte informático tipo documento Word á organización 9. O feito de concursar, supón acepta-las resolucións do xurado así como as bases do Certame. Non se devolverán os orixinais 10. O xurado poderá declarar os premios desertos si estima que a calidade dos traballos non é a necesaria. Bases

IX CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO

Co fin de honrar a memoria de Rosa Reboredo Civeira e asemade seguir no labor de consolidación da nosa cultura e a promoción da nosa lingua, a A. C. G. Rosalía de Castro de Cornellà convoca o CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO , mantendo viva a chama dun labor honesto e impagable a prol da colectividade galega de Catalunya desde as súas responsabilidades como cargo institucional da Generalitat de Catalunya e como membro da xunta Directiva da nosa entidade. Rosa Reboredo distinguiuse por traballar pola integración da galeguidade nesta terra de adopción que é Catalunya, e impulsou o espallamento das culturas galega e catalá nestas dúas terras, salientando sempre os principios éticos, valores humanos e o civismo á hora de expresar o que é a nosa idiosincrasia. Dotado con CINCO CENTOS EUROS (500), convocamos a IX edición do CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO CIVEIRA de acordo coas seguintes bases: 1. Poderá concorrer ao certame calquera persoa, sen limitación de idade ou nacionalidade, que presente os seus textos nas linguas, Galego ou Catalán, linguas obxecto de promoción deste certame, reservándose a entidade convócante os dereitos de edición dos traballos presentados. Os orixinais (narración ou conxunto de narracións) deberán ser inéditos. A extensión debe estar comprendida entre as DÚAS e SETE páxinas (en A4, a dobre espacio, mecanografado en letra de corpo tamaño 12). 2. A temática dos traballos deberá estar enfocada a achegar á sociedade os valores humanos máis exemplares, ofrecer á xuventude modelos de civismo, solidariedade, convivencia e respecto polos demais e polo medio ambiente. A literatura debe contribuír á formación responsable dos nosos fillos e a mellorar a nosa sociedade. 3. De cada orixinal deberán presentarse SETE copias sen encadernación nin grampa, antes do 15 de outubro de 2012, remitíndoos ó enderezo da A.C.G. Rosalía de Castro, Rúa Federico Soler, 71, 08940, Cornellà de Llobregat, Barcelona. 4. Os orixinais irán precedidos de título ou lema sempre baixo pseudónimo. Nun sobre pechado (plica) irán os datos reais relativos ao texto e ao autor (título real, nome completo do autor, DNI, teléfono, enderezo e mail), indicando no exterior do sobre IX CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO. 5. O xurado estará composto por persoeiros salientables da creación e da crítica e será nomeado pola organización. A decisión do xurado será inapelable e darémola a coñecer durante as Xornadas Culturais que se celebran anualmente polo Outono. O xurado poderá declarar o premio deserto se o estima conveniente. 6. A entidade convocante resérvase os dereitos de publicación e tradución dos orixinais presentados no medio e formato que estime oportuno, sen límite de exemplares nin de edicións, permitindo ao autor calquera outra posible edición posterior baixo acordo e comunicación expresa coa entidade convocante, citando sempre o certame e a entidade. 7ª A participación neste CERTAME significa a completa aceptación das presentes bases e tamén das decisións do xurado designado.

LUA NOVA

8º O xurado poderá declarar os premios desertos si estima que a calidade dos traballos non é a necesaria. Non se devolverán os orixinais

30

Certame de narrativa

ROSA REBOREDO
mesmo que desde o departamento de Benestar Social de la Generalitat, no que tamén desempeñou postos de alta responsabilidade. Rosa destinguiuse, especialmente, por traballar sempre pola integración da colectividade nesta patria de adopción, que ela tanto quería, Catalunya, e impulsando sempre o desenvolvemento das culturas Galega e Catalana. A pesar de que aquí en Catalunya dispoñía dunha moi boa situación profesional, o seu corazón sempre estivo en Galicia, a súa arela era ir a vivir a ela, paradoxicamente, esa viaxe era o comezo da súa ilusión, xa que se dirixía a Galicia para incorporarse ao seu novo posto de traballo na Xunta de Galicia, mais un fatídico accidente, non só truncou a vida dunha persoa de 32 anos, tamén truncou unha ilusión por servir a Galicia. Este Certame Literario vén a manter viva esa ilusión, a través da verba escrita daquelas conciencias que aspiran a manter un espírito de fraternidade entre ámbalas dúas culturas. GAÑADORES DO CERTAME Primeira edición, 2004 Autora: Marta Amigo Olmos Obra: “Avui somniaré amb tu” Segunda edición, 2005 Autor: Francisco Castro Veloso Obra: “Venres desesperado” Terceira edición, 2006 Autor: Alberto Ramos Díaz Obra: “Margarita Feng Shui” Cuarta edición, 2007 Autora: Juana Cortes Amunárriz Obra: “O Cazador” Quinta edición, 2008 Autor: Xavier Cabús i Manyosa Obra: “Buganvil·lia de paper” Sexta edición, 2009 Autor: Xulio Romero Suárez Obra: “A Árbore da Santa Catalina” Sétima edición 2010 Autores: Herminia Dionis Piquero e Manuel Cuadrado Basas Obras: “El Beso azul”/ “Milhojas” Oitava edición 2011 Autor: Víctor Balcells Matas Obra: “Pensar en els altres”

Co fin de honrar a memoria de Rosa Reboredo Civeira e asemade seguir no labor de consolidación da nosa cultura e a promoción da nosa lingua, así como a do país que nos acolleu, Catalunya, a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, desde o ano 2004 convoca o CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO, para seguir así mantendo viva a chama dun labor honesto e impagable a prol da colectividade galega de Catalunya feito por Rosa, desde as súas responsabilidades como cargo institucional da Generalitat de Catalunya e como membro da xunta directiva da nosa entidade. Rosa Reboredo distinguiuse por traballar pola integración da galeguidade nesta terra de adopción que é Catalunya, e impulsou o espallamento das culturas galega e catalá, salientando sempre os principios éticos, valores humanos e o civismo á hora de expresar o que é a nosa idiosincrasia. Esa foi a herdanza que nos deixou e nós, na súa memoria, pretendemos con este Certame ser dignos promotores dela. Rosa Reboredo, naceu en 1970 en Alemania, a onde emigraron os seus pais. De moi cativa trasladouse coa súa familia a Cornellà (Barcelona) onde residiu ata a súa tráxica morte en accidente de trafico en 2003, comezou de meniña a bailar no Grupo de Danza da A. C. G. Rosalía de Castro, entidade á que sempre estivo vencellada, participando activamente nas súas actividades e na que ocupou diversos postos na súa Xunta Directiva, así como noutras actividades como a dirección do programa de radio “Sempre en Galicia” e tamén no consello de redacción da revista Lúa Nova, cando nos deixou ocupaba a Vocalía de Relacións Institucionais. Avogada, xuíz, e doutora en Dereito Internacional, nos últimos anos da súa vida ocupou un posto de alta responsabilidade no Departament de la Presidència de la Generalitat de Catalunya, polo que o seu labor ó redor da colectividade galega en Catalunya era enormemente recoñecida, unha traballadora incansable na dinamización cultural da mesma, o

LUA NOVA

31

VII Certame de narrativa ROSA REBOREDO 2010
Autor: Manuel Cuadrado Basas

SARAIDA É UNHA

Ten case idade de home, pero aínda transpira a temeridade insegura dun neno>. Así pensou Saraida cando o viu aparecer na súa habitación, aínda trastornada polo último visitante. -Vin a despedirme como corresponde. Mañá convertereime en guerreiro, e debo coñecer muller antes de que me perda nas batallas que vou atoparme. -A ambos lles soou soberbia a frase oca que el levaba tempo repetíndose. Ela deixoulle facer e foi descubrindo que, tras a torpeza do futuro guerreiro, había uns ecos estraños, que pugnaban por saír. Finalmente, o mozo volveu ser neno. Viño a confesión: -Saraida, escóitame: teño un peso que non podo levar comigo. Sei ver co corazón, sei acariñar coa mirada, sei entender cun rozamento e con todo iso xa non o necesito. Cultivei durante anos a tenrura, pero todo iso estorbarame na guerra, no meu novo oficio. Asusta contemplar noutro o malgaste das túas propias carencias. Saraida tamén sabe de caricias. Un sabor amargo. El continuou revelando o que levaba dentro: -Vou entregarche a miña tenrura. Desde hoxe xa non me serve. A muller quedou tiritando na cama mentres o vía saír bruscamente. Agora xa era o home que os demais estaban esperando fose. Sempre hai unha loita en algures, e ao guerreiro non lle faltaron combates onde alcanzar vitorias e fama. Era especialmente desapiadado cos inimigos, e estrito cos seus exércitos. Dicían que non coñecía a piedade, e ninguén o viu nunca xamais dicir ou facer nada que non fose tanxible. Os mandatarios tomábano ao seu servizo, porque tiña un sentido do deber máis férreo que as puras intencións de calquera xefe idealista. Mentres tanto, Saraida tamén gañou fama. A súa redobrada tenrura moveulle a intentar dedicacións menos duras, pero xamais ninguén a aceptou por perder a marca do virtuoso. O desexo alleo seguiu chamando á súa habitación, e Saraida acollíao con tal coidado que lle deu un aura divina. Os que puideron coñecela contaban que nos seus peitos achaban a axitación da propia mocidade perdida, mesturada co acougo do primeiro colo, materno, irrecuperable. A muller parecía baleirarse con cada un, pero sempre tiña calor reservada para todos, tan desvalidos chegaban ata ela.

Os rumores deste portento atraeron ao gobernador, un tirano fincado no poder, que xustificaba os seus excesos pola defensa da fronteira. O gobernador oía as confidencias de quen coñeceran a Saraida, e en vixilias atormentadas incendiaba a súa necesidade de posuíla. Por fin, unha noite de incógnito, o xerarca presentouse a mendigar as mornezas daquela muller. Desde aquel momento as visitas menudearon, cada vez con menos sixilo, ata que chegou o punto en que o quebranto do seu desposeimiento fixo ao poderoso valerse do exército para levar a Saraida prisioneira a palacio, onde el podería acaparar as súas caricias. Ela, ata cativa, non puido deixar de servir tenrura ao home debilitado que arroupaba cada noite coas súas mans. A fronteira do Norte acabou cedendo, e as hordas invasoras entraron a sangue e lume, roturando casas e rúas. A xente fuxía ao coñecer o nome do mercenario que dirixía a súa milicia irrefreable cara ao palacio. Alí, coas súas propias mans, o guerreiro pasou a coitelo ao gobernador. Ocupadas as dependencias do tirano, no medio do silencio fumarento, propagouse un choro sen consolo: no patio onde se arrefriaba o cadáver do gobernador, había aparecido Saraida, xemendo mentres puña en orde os cabelos do seu secuestrador, allea ás burlas da tropa. Irrompendo a escena, o guerreiro tomou a Saraida en andas e levoulla ata a alcoba, resolto a cumprir un ritual bélico que el nunca antes permitiuse na súa rixidez, pero que agora estaba disposto a arrogarse, sen saber moi ben por que, chamado por unha beleza quizá recordada. Saraida descubriu que, por primeira vez en moito tempo, producíalle frialdade o achegamento dun home, pois só percibía orgullo nel. Con todo, o guerreiro non se comportou como un ladrón; non forzou ningún limiar, senón que se descubriu a si mesmo repartindo un tacto que algunha vez foi seu. Entón ela recoñeceuno, e sumou o seu achegue ata a plenitude. Co tempo chegaron a ser un, creando un ser novo que os englobaba. Logo de tanto loitar por fronteiras alleas, ao final eles atopáronse tan cerca que perderon a capacidade do contacto, pois coincidían de tal modo que xa non podían saber onde terminaba un ou onde empezaba o outro pero isto unicamente chamou a atención aos que lles rodeaban, que eran moitos.

32

LUA NOVA

VII Certame de narrativa ROSA REBOREDO 2010
Autora: Herminia Dionís Piquero

O BICO AZUL LEMA: BRISCA
Soñou que o seu rostro de veludo cubríase de verrugas escuras e que a pel dos brazos afrouxábaselle ata enredarse coas mangas do vestido, e na súa mocidade de beldad necia e insegura, mandou arrincar o xardín de almendros que durante milenios alegraron o camiño do Sur da Cidade Imperial. ¡Higueras!, ordena que se planten por centos. O seu aya díxolle que o leite da planta é o mellor para vencer ás carnosidades. E que cos seus friegas tamén consegue endereitar aquilo que se abate. O gracioso é que esta tolemia de cambiar almendros por higueras provocouna un pesadelo, a princesa só ten 12 anos, ¡que músculo pódeselle descolgar se está na fortaleza da vida!. Ademais, ordeñar as follas encerra un perigo para o que non está afeito. O líquido é irritante, acre, parece que morda. Algunha vez traballando coas súas follas enchinme de bochas que me provocaron as bágoas máis rabiosas; que vixíe moito o que pretenda domar a unha higuera? Non, non fomos afortunados cos soberanos que xestionan os nosos destinos, o que lle sucede aínda é máis estúpido e corrupto. ¡Tristes momentos nos que goberna o desatino e a frivolidade!. ¡Se vivísemos en tempos da raíña Mur!, ela si que era fermosa, pero non pola harmonía e graza das súas faccións, senón pola extraordinaria sagacidad coa que lle dotou a natureza. Con ela o noso imperio rebrotó da sequedad das guerras, colmando tesouros e almacéns coa abundancia da paz. Baixo o seu mandato ningún inverno foi malo, porque non faltaban sementes nos celeiros nin nenos que non acudisen á escola cun puñado de améndoas no oco da man. Contareiche a súa historia mentres arrincamos o almendral. ¡Que crime tan impío!. O único que me consola é que ela non pode ver a traxedia, segundo explicoume o meu avó, e a el, o avó do seu avó, adoraba estas árbores altas como tres homes. A raíña Mur era a esposa principal do emperador Güer-Guis, disto fará xa mil anos. El, casouse outras cen veces máis e apenas visitaba á dama que lle deu cinco fillos homes, a cal mellor adornado de virtudes. Gozaba da súa atención por aquel entón a bela Dine, unha muller ambiciosa e cruel que desexaba, por encima de calquera outra cousa, que fose a súa vástago o herdeiro único da dinastía. Para iso, convenceu ao soberano a trabarse en guerras tan absurdas como feroces, e que os seus primoxénitos fosen os caudillos que loitasen na mesma fronteira coa morte. Así perdeu Mur aos catro maiores, dignos de amor e de cancións heroicas porque deixaron o seu alento valente no campo de batalla. O pequeno aínda era un neno que nin sequera alcanzaba o estribo do cabalo, pero temía pola súa vida porque adiviñaba os sinistros plans que aquela reservaba para a súa familia. Por dereito, Ka-Yén, que é como se chamaba o infante, debería, no seu día, acceder ao trono. Pero, ¡ai!, o que a tinta dispón coas súas leis e códigos, a tinta tamén o emborrona… Persuadiu ao monarca para que establecese a seguinte cláusula de sucesión: “Declararase herdeiro universal, ao fillo home da esposa en cuxos brazos morra o emperador”. Dine pensaba que, sen ningunha dúbida, sería o seu peito o que Güer-Guis eligiría para enterrar a súa cara. Mais non contou coa intelixencia clara da primeira muller. Verás que pasou. Decatada do novo decreto que lles condenaba, a ela e ao seu fillo, ao esquecemento e a miseria, foi, no máis estrito dos segredos, ata a casa que ocupaba o xefe de xardineiros, e que aínda hoxe é a mesma que ocupo eu, e pediulle que moese, no po máis fino e sutil, as drupas de tres améndoas secas, unha delas da especie amarga. Unha vez o tivo, mesturouno con mel de azahar e pintouse os beizos con esa pomada, tendo moito coidado de non tragarse a mestura. Logo vestiuse esplendidamente, escondendo o loito que invadía as súas entrañas no máis profundo do corazón. No cabelo, unha coroa de flores de almendro daban aroma aos seus pulsos, devolvendo a lozanía a quen a mirase. Diríase que a envolvía a mesma primavera de bonita e radiante que estaba. Pediu audiencia nas habitacións privadas do emperador e ninguén puido nin quixo, cortarlle o paso. Cando el a viu, fíxoa entrar ata o mesmo leito. Onde a acomodou entre a suavidade das almofadas de seda. Non podía apartar a vista da súa boca, cálida e brillante como o sol que xa se ocultaba no trazo do horizonte. Dine, a esa hora, regañaba ás súas criadas por deixar arrefriar a auga da bañeira. Güer-guis bicouna, aínda que sabía que ela nunca abriría os beizos, desde que deixou de ser a súa única esposa negoulle ese privilexio. El apartou a cara para preguntarlle polo estraño sabor do seu carmín. Era doce e amargo ao mesmo tempo? -Por suposto, o amor é doce e a sabedoría que dá a vellez non deixa de ser amarga? -contestou ela ofrecéndolle de novo a súa boca-. Ao fundirse a saliva co veleno acendeuse o desexo del, que a tomou cunha paixón intensa e avasaladora, nunca antes sentida. Despois a súa respiración fíxose máis lenta, a habitación empezou a virar ao redor da súa vista extraviada. Buscou os seos de Mur e alí apoiou as tempas que galopaban atolondradamente, imaxinou que era o final e, cun último xesto, indicoulle que estaba de acordo coa xustiza da morte. Cando entraron os ministros e senescales a espertar ao emperador, atopárono frío nos brazos quentes da que fose a súa primeira esposa. Ela cubriuse o rostro cun pano, pois a desnudez do seu corpo obrigábaa a sentir vergoña, e esperou con paciente dignidade a que se levantase o cadáver unha vez que se tomou acta do suceso. Ka-Yén, foi nomeado herdeiro universal, aínda que a súa nai, ata a maioría de idade, rexería os asuntos de estado xunto cos asesores de palacio. Como xa che dixen, foron tempos de dicha e prosperidade, nos que os xardineiros cobrabamos unha bolsa de ouro cada vez que retoñaba un almendro. En canto á pérfida Dine, tola de celos e angustia gritou que o seu señor fora asasinado, proba diso era o ton azul que se lle quedou na pel. Mur replicou con voz alta e elocuente que, que outra cor, se non era o do ceo, quería que tivese o gran emperador defunto, unha vez que xa se atopaba cos seus iguais no paraíso. E foi tan segura e convincente no seu argumento, que ninguén se atreveu a obxectarlle nin un suspiro…

LUA NOVA

33

Grupo Folclórico Galego “Rosalía de Castro”
Resumi-la historia do grupo de danzas e gaitas “Rosalía de Castro” é algo así coma resumir 30 anos dun longo traballo no eido da danza e a música galega en Cataluña, feito por unha magnífica ringleira de persoas de idades que van desde os catro anos ata os sesenta e algo, que pasaron pola asociación a deixaron a súa pegada, ben tocando unha gaita, un acordeón, un instrumento de percusión, unha pandeireta ou bailando unha danza galega enriba dun escenario, e moitas moitísimas hora de ensaios, esforzos, estudios, suores, etc. Esta historia comezaba precisamente cando a asociación cumpría primeiro aniversario do seu primeiro acto público celebrado o día 5 de outubro de 1980 coa inauguración da Praza de Galicia na cidade de Cornellà, ó ano seguinte celebrouse na mesma praza unha festa de aniversario, e aquel día na mesma praza tamén se celebraba o primeiro concurso de gaiteiros que organizaba esta entidade, no que participaron diversos gaiteiros que xa andaban nos mesteres da organización da entidade coma Henrique Fernández, Dositeo López e Eduardo Arias e outros, xunto con cativos e novos que daban as súas primeiras notas. Este concurso foi o revulsivo que os rapaces de entón tiveron para enrolarse ós ensaios de gaita e estudios de música, comezando deste xeito o embrión que daría os froitos que hoxe o grupo leva acadado. Desde aquel día de outubro do 1981 foron moitos e diversos os andares desta escola, centos de rapaces aprenderon música e a toca-los instrumentos máis tradicionais da nosa música como a gaita, a pandeireta, as cunchas, os tambores ou o bombo, etc., así como os tradicionais bailes que nestes 30 anos tan dignamente representaron en infinidade de escenarios. Loxicamente houbo etapas xeracionais, moitos rapaces e rapazas, homes e donas que por diversos motivos deixaron de bailar ou tocar, aínda que a grande maioría seguen ligados ó grupo animándoo coa súa presencia en numerosas actuacións, incluso desde o escenario se a ocasión ou o momento son propicios. Outros incorporáronse e seguen incorpo-

34

LUA NOVA

rándose formando un corpo social con identidade propia que hoxe en día conta con arredor dun cento de membros de tódalas idades, uns que coa súa veteranía nos brindan numerosos praceres nos escenarios, e outros que comezan os seus primeiros pasos, ou compases, e son os que garanten o futuro e aportan zume novo ó grupo, converténdose deste xeito en algo máis que un grupo de danza ou una banda de gaitas, senón que, ademais de exercer como verdadeira escola de música e danza galegas, tamén exercen de formadores e transmisores do seu saber, xa que son varios dos seus compoñentes os que exercen como profesores ensinando ao grupo e a outros rapaces doutras entidades galegas. Nesta xa longa andaina o Grupo Folclórico Rosalía de Castro, ten acadado éxitos importantes, e ten participado en eventos de salientable interese ou festivais de gran sona, como o Festival Internacional de Música Tradicional de Cantonigrós, o Festival da Galicia Exterior en Santiago de Compostela, o Festival de Música e Danzas Rexionais de Cataluña, mesmo a participación tamén coa actuación no peche dos Xogos Olímpicos do Mediterráneo en Francia. En Galicia ten actuado en numerosas localidades e eventos importantes como nas festas do San Froilán en Lugo, no Festival Internacional de San Miguel de Reinantes na Mariña lucense, e un longo etcétera de municipios gracias á participación durante moitos anos na Liga de Bandas de Gaitas de Galicia e tamén no Campionato de Bandas. Como Banda de Gaitas Rosalía de Castro, desde os comezos na Liga e no Campionato ata a actualidade, situouse sempre entre as mellores bandas de gaitas de Galicia. Na súa andaina como banda de gaitas comezou a destaca-la súa calidade cando decidiu, en 1998, participar no Liga Galega de Bandas de Gaitas e no Campionato Nacional de Bandas de

Gaitas de Galicia, comezando como e lóxico no grao máis baixo, por imperativos da súa primeira participación na liga, mais a súa calidade quedou patente desde a primeira participación, e o seu paso pola liga foi trepidante, en tan só dous anos pasou do terceiro grao ós primeiros postos da máxima categoría, o primeiro grao, no que hoxe segue a participar conxuntamente coa Banda da Casa Galega de l’Hospitalet. Nese periplo de ascenso acadou tódolos premios e recoñecementos posibles: no 1998 mellor banda exterior dentro da súa categoría, e co segundo posto na clasificación xeral subiu ó segundo grao; no 19992000 no segundo grao a súa participación non ten parangón, gaña en tódalas fases, acadando o campionato de liga dentro da súa categoría, así como o trofeo de mellor Banda da Galicia Exterior, pasando así á primeira categoría, onde compite coas mellores bandas, dado o feito de que cada trimestre ten que se desprazar desde Cataluña a Galicia, soportando os moitos esforzos que isto comporta, tanto económicos como físicos, mais isto non lle impide estar nos primeiros postos, e claramente despuntar entre as demais bandas, de tal xeito que a súa participación está creando expectativas entre os expertos, os afeccionados e os medios de comunicación. Todos lembramos ver a nosa Banda de Gaitas Rosalía de Castro de Cornellà na TVG (Televisión de Galicia) aparecendo como unha das dúas mellores bandas de fóra de Galicia e unha das dez mellores bandas galegas que compiten hoxe. O seu currículum é impresionante. Os premios e recoñecementos non deixan lugar ás dúbidas deste fermoso e magnífico traballo dos directivos, dos profesores, dos socios, dos país, dos colaboradores e patrocinadores e, por suposto, dos protagonistas, os rapaces e rapazas que conforman o orgullo dos galegos en Cataluña e o nome da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà.

Ano 2011

LUA NOVA
Polas rias da Fonsagrada

35

ACTUACIÓNS MÁIS SALIENTABLES DA BANDA DE GAITAS “ROSALÍA DE CASTRO” DE CORNELLÁ (Barcelona). Xosé Carlos García
1º Clasificado da GALICIA EXTERIOR no 3º grao da VIII Liga Galega de Bandas de Gaitas. 4º Clasificado no 3º grao da IX Liga Galega de Bandas de Gaitas (1º clasificado na 2ª Fase). 1º Clasificado da GALICIA EXTERIOR no 3º grao da IX Liga de Bandas de Gaitas. 1º Clasificado no 3º grao do X Campionato Nacional de Bandas de Gaitas en Manzaneda. 1º Clasificado da GALICIA EXTERIOR no 3º grao do X Campionato Nacional de Manzaneda. Actuación no Concello de Celanova (Ourense) Participación no Festiva Internacional de Música Tradicional de Massanés 1999. Colaboración no Festival de Getxo (País Vasco), 1999, coas bandas de Xinzo de Limia, Celanova e Ciudad de Ferrol. Colaboración con Hevia en Barcelona para a Televisión Holandesa, 2000 . Actuación na entrega de premios Percebe de Ouro 2000 e colaboración coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense (Hotel Princesa Sofía Barcelona) 1º Clasificado no 2º grao da X Liga Galega de Bandas de Gaitas (1º clasificado nas tres fases). 1º Clasificado da GALICIA EXTERIOR no 2º grao da X Liga Galega de Bandas de Gaitas. 4º Clasificado no 2º grao do XI Campionato Nacional de Bandas de Gaitas de Manzaneda. 1º Clasificado da GALICIA EXTERIOR no 2º grao do X Campionato Nacional de Bandas de Gaitas de Manzaneda. Participación no Certame de Bandas de Gaitas de Boborás 2000 (BoborásOurense). Participación no Festival Internacional de Bandas de Huesca 2000. Actuación na V e VI Cea da Androlla (2001 e 2001) organizadas pola ACG Rosalía de Castro e o Concello de Navia de Suarna (Lugo). 7º Clasificado no 1º grao da XI Liga Galega de Bandas de Gaitas (sen poder participar na 3ª fase) 1º Clasificado da GALICIA EXTERIOR no 1º grao da XI Liga Galega de Bandas de Gaitas (na 1ª e 2ª fase). Actuación na Mostra de Folclore Galego Grandes Bandas de Gaitas en Badalona, 2001, xunto coas bandas de Cea, Toxos e Xestas de Barcelona e Agarimos de Badalona. Actuación na Clausura do Congreso Internacional EMIGRACIÓN E MUNDO RURAL GALEGOS de Barcelona no Hotel Ritz, 2001, presidida polo Honorable Sr. Lluís Franco, Conseller de Treball de la Generalitat de Catalunya e a Excma. Sra. Manuela López Besteiro, Conselleira de Familia, Muller, Emprego e Xuventude da Xunta de Galicia. Actuación na Homenaxe a don Xesús Fernández Cobelo no Hotel Princesa Sofía de Barcelona, 2001, presidida polo Honorable Sr. Jordi Vilajoana, Conseller de Cultura de la Generalitat de Catalunya, e o Ilmo. Sr. Fernando Amarelo de Castro, Secretario Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas. Actuación no Festival de Folclore Galego organizado polo Ajuntament de Sant Vicenç dels Horts e Ateneu Cultural. Participación na Inauguración da Parque “Rosalía de Castro” de Sant Andreu de la Barca organizado polo Ajuntament de Sant Andreu Diferentes actuaciones por Catalunya: Mollet, La Llagosta, Barcelona, Sallent, Rubí, Sabadell, Terrassa, Lleida, Actuación en Masquefa ano 1.990, cando os moz@s comezaban e os maiores eran cativos.

36

LUA NOVA

Actividades artísticas e culturais
Ao cumprir trinta anos a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro síntome na obriga de falar dunhas actividades nas que sempre participei e que gozaron de moita saúde ó longo destes anos. Parece que a nosa escritora, Rosalía de Castro, a cal deu nome a esta Asociación, transmítenos certo magnetismo para seguir con moita forza e ilusión neste «facer». Dende 1980 fomos conseguindo unha cadea longa de argolas fortes e sen ferruxe. Precisando moitas pedras e croios duros para ter columnas de feitos reais.

Obradoiro de manualidades
Foi en 1992 cando tiven a idea de impartir unhas clases de manualidades. Así comezou a funcionar este obradoiro. Durante catro anos que estiven ó seu cargo pasaron 25 persoas en cada curso. As técnicas que traballamos foron: pirogravado, gravado en cristal, pintura en telas, pintura con purpurinas, falso esmalte, cadros tridimensionais, estaño e adornos florais con pasta rusa. Foron clases estimulantes e amenas, nas que todos aprendemos de todos. Eran alumnos de distintas idades e ocupacións: estudantes, amas de casa, persoas exercendo a súa profesión e xubilados. Cando terminaban as súas obras, víase na súa cara o xúbilo que sentían. A observación deste momento fíxome lembrar aquela frase de Buckminster Fuller: “Cuando estoy trabajando en un problema, jamás pienso en la belleza, pero cuando he acabado, si la situación es hermosa, sé que es correcta”. Perante os primeiros anos, foi importantísimo o obradoiro de traxes galegos (costura, corte e confección). Un grupo de nais xuntáronse e traballaron con esta finalidade. Aproveito para felicitalas a todas, encabezando a lista a señora Alibia Civeira. No curso 1993-94 incorporouse a estas clases unha mestra palilleira, Mercedes Carmona, que con grande habilidade dirixiu esta complicada técnica. Rematamos os cursos coa exposición das obras na sala da Asociación, na Reitoría de Santa María de Cornellà, e na Fundación Sotelo Blanco de Santiago de Compostela. Pero como galegos que somos, tivemos que poñerlle un “toque final” cunhas ceas de irmandade, que se celebraron respectivamente na A.C.G. Rosalía de Castro, no Restaurante L´Escut (Vallirana), no Nuevo Barquito (Castelldefels) e na sala de festas Scala (Calaf). Agora leva a dirección deste obradoiro de manualidades o Sr. Rico, persoa de gran sensibilidade artística e grandes dotes para o ensino. Grazas Sr. Rico por continuar este labor. Obradoiro de pintura dirixido pola Sra. Amelia
37

Clases de debuxo e pintura
Vendo que hai persoas interesadas na pintura, temos unhas clases de debuxo e pintura na técnica de acuarela.

Teatro
¿Por que facemos teatro? No meu caso, a finalidade primordial foi, e é, que os nosos fillos teñan a ocasión de falar galego, de ter anacos de vida galega, con todos os seus sentimentos, os seus comportamentos e a súa retranca. Desta maneira conseguir que moitos rapaces, nados aquí, comezasen a falar galego, dun xeito lúdico e ameno. Beaumarchais dicía: “O teatro, esa arte que ten como lei primeira, e acaso única, divertir instruíndo.” Por iso, o noso obxectivo é a elección de obras divertidas. Despois buscamos a complicidade de moita xente da Asociación. Entre as calidades dos actores, debemos buscar xente que sexa posuidora de capacidade de imitación, creatividade, sensibilidade, intelixente, observadora e con moita memoria. A compañía de teatro chámase Anduriña. A súa historia é curta e intensa. Naceu no 1995, despois de votar os compoñentes do elenco quedou bautizada democraticamente co nome de Anduriña. As obras en escena, seica seguimos o fluír da historia. Comezamos cunha obra de ambiente romano, seguimos cunha de fantasía, outra medieval, despois unha moderna e agora estamos con obras contemporáneas. Nomeadas: O achado do castro, Un soño no teatro, Petición de man, Raíñas de pedra, As vodas de Figaro, O prazo, A pousadeira, e a derradeira: Un servizo policial. Gustaríanos seguir mesturando maxia e realidade, facendo teatro en Rosalía de Castro. Así alcanzariamos o obxectivo de transmitir cultura e divertimento ó público que nos rodea.

Donas
As donas de Rosalía de Castro sempre estivemos moi presentes e colaboradoras en tódalas actividades desta Asociación. Nestes trinta anos de historia, atopamos donas tanto na organización (formando parte da Xunta Directiva) como nas actividades (dirixindo ou participando). Actualmente temos unha muller xoven de presidenta, a quen lle desexamos moita sorte, e agradecéndolle a súa valentía e esforzo. Esta Asociación Galega está representada no Consell Municipal de la Dona por unha delegada e dúas substitutas. Asistimos a unha reunión mensual tódolos segundos martes de cada mes. A nosa misión é transmitir as axudas e vantaxes deste Consell a toda muller que o precise. Non dubiden en poñerse en contacto connosco. Apoiadas polo Consell, celebramos o Día Internacional da Dona (8 de Marzo), facemos actividades, participamos en cursos e na Universitat d´Estiu. Amelia López

38

LUA NOVA

Manualidades e traxes galegos
Traxe de liño natural A mediado da década dos 90, incorporábase como profesor ao Obradoiro de Manualidades da entidade o Sr. Juan Rico Sueiras, seguindo así cunha actividade que xa viña facendo a súa labor baixo a dirección da Sra. Amelia López, que pasaba a dedicarse máis á pintura e ao teatro. Coa incorporación do Sr. Rico este obradoiro seguiu realizando a súa actividade ata hoxe, levando a cabo unha importante actividade, na que mulleres e homes da A.C.G. Rosalía de Castro se formaron no manexo das súas habilidades artísticas, pinturas, bordados, decorados, cadros tridimensionais, figuras e adornos florais, e innumerable actividades máis, forman o legado do obradoiro polo que levan pasado un incalculable número de socias/os da entidade. Moitos dos traballos que ilustraron as páxinas da revista Lúa Nova, na súa longa vida, saíron deste obradoiro. Os traballos feitos no obradoiro formaron o contido das exposicións que cada ano se fixeron nas salas da entidade. colaboraron na vestimenta da compañía de teatro Andoriña, e nos disfraces do Entroido etc… Baixo a dirección da Sra. Alibia, neste obradoiro fixéronse diversos traxes galegos e os seus complementos, neste senso temos que salientar dous traballos importantes: un traxe de liño natural para o grupo e o traxe de gala da banda. Para a confección do traxe de liño natural, unha das xoias da entidade, de incalculable valor, tanto a Sra. Alibia como Amparo Centeno percorreron en Galicia as zonas de onde son, na percura das sabas de liño tecidas nos tradicionais teares, ámbalas dúas deixaron as súas casas da aldea sen sabas naturais e as dos seus familiares a amigos, un traballo que hoxe non é pagable con nada, e foi feito totalmente gratis. Un altruísmo non recoñecido, que fixo que a entidade teña un vestiario, neste senso, que hoxe seria impensable levar a cabo. Foron moitas as puntadas que unhas cantas das nais, das mozas e mozos, que pasaron polo Obradoiro deron. E foron moi poucas as veces que este feito foi recoñecido, menos das que merecen. Por iso neste balance dos trinta anos da entidades debemos destacar con letras relucentes, estas grandes apartacións á consolidación do proxecto rosaliano en Cornellà. Estas foron as apartacións anónimas que fixeron que a entidade sobrevivise e chegase a ter o peso no que hoxe é na vida asociativa de Cornellà, e na colectividade galega no exterior e mesmo en Galicia. Redacción LN

Obraoiro de traxes galegos
Outra tarefa importante no contido das actividades da A.C.G. Rosalía de Castro foi a Confección de traxes rexionais, case desde os seus comezos. A iniciativa partiu dunha das socias máis dinámicas, e tamén apreciada en Rosalía como é a Alibia Civeira que xunto cun grupo de nais das mozas e mozos do grupo de danza levaron a cabo a confección da maioría dos traxes galegos que o grupo da entidade luciu nas súas innumerables actuacións, mais o seu traballo non só se limitou aos traxes galegos, tamén

LUA NOVA

39

Galegos en Catalunya

Banda de gaitas xuntanza de Catalunya Un novo proxecto
Banda de Gaitas XUNTANZA de CATALUNYA nace da fusión de catro proxectos existentes dentro dese mesmo número de entidades culturais galegas en Catalunya. Baixo tres premisas fundamentais, Xuntanza une a catro entidades, catro cidades, catro xeitos de integrarse na sociedade catalana mantendo a idiosincrasia galega e o amor, a expresión e a promoción da cultura e a lingua galegas nun país que entende, que respecta e apoia esta forma tan nobre de manter, desenvolver e promover a identidade e a cultura dun pobo A Casa Galega de L’ Hospitalet (entidade fundada en 1987, con máis de 700 socios), a Escola de Gaitas Toxos e Xestas de Barcelona (fundada en 1977, con máis de 400 socios), a A.C.G. Agarimos de Badalona (fundada hai 15 anos, con máis de 500 socios e unha magnífica canteira de rapaces e rapazas) e a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (fundada en 1980, con 600 socios) uníronse neste proxecto para traballar desde a unidade, o apoio á mocidade e a promoción das nosas dúas culturas, as nosas dúas terras, Galicia e Catalunya. XUNTANZA é o resultado deste esforzo compartido, destas premisas de unidade, mocidade e cultura. É máis que unha banda de gaitas ou un grupo humano. É un exemplo de compromiso pola cultura, galega e catalá, de respecto aos valores que nos fan cidadáns dun país como Catalunya, de unidade de esforzos, de recursos, de talentos. XUNTANZA está composta por máis de 200 mozos e mozas (de 8 a 30 anos) que conforman unha estrutura estable: unha banda de gaitas de 100 integrantes que representa

a Galicia e a Catalunya en diversos actos institucionais, unha banda de gaitas Júnior de 60 integrantes cos mesmos obxectivos aínda que de menor idade e currículo, unha escola permanente de música e baile tradicionais, folclore e solfexo, cun gran cadro de baile (uns 60 integrantes), varios grupos de cantareiras (unhas 40 integrantes) e un grupo de percusionistas e pandereiteiras (duns 50 integrantes) cun repertorio tradicional galego variado e moi representativo, cun repertorio de música de cine (bandas sonoras coñecidas internacionalmente) e cun repertorio de música tradicional catalana co obxectivo de incorporar instrumentos tradicionais como o sac de gemecs, a gralla e o flaviol. XUNTANZA é, en definitiva, o resultado de case 30 anos de investigación, de formación, de compromiso e de integración dos nosos novos valores a un proxecto sociocultural, a un proxecto de compromiso cívico, de asociacionismo consciente e voluntariosos, de aposta polo talento, a formación e a dedicación, en suma, un proxecto de país. Chegou agora o momento de recoller o froito de tanto esforzo. É agora a hora de pór sobre os escenarios todo ese talento, toda esa capacidade, todos eses anceios e ilusións. Grazas ao compromiso dos integrantes de XUNTANZA, ao esforzo de pais e nais, ao traballo de todos os nosos socios e as respectuivas xuntas directivas das tres entidades, ao apoio dos nosos paisanos e veciños, e a inestimable colaboración das institucións: Xunta de Galicia, Diputació de Barcelona, Ajuntament de Cornellà, Ajuntament de Barcelona e Ajuntament de L’Hospitalet, Ajuntament de Badalona, Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Emigración) e a Generalitat de Catalunya (Departament de Vicepresidencia) i Obra Social “La Caixa”.

40

LUA NOVA

Obxectivos cumpridos
Un proxecto desta magnitude, apoiado por unha gran masa social e polas institucións públicas, evidentemente ten que dar os seus froitos. Catalogado polo Presidente da Xunta de Galicia como “o mellor e máis ambicioso proxecto da comunidade galega no exterior, un exemplo para os máis de 400 centros galegos repartidos por todo o mundo” e definido polo Molt Hble. José Montilla como “un orgullo para a comunidade galega de Catalunya, un orgullo para Galicia e tamén para Catalunya”, XUNTANZA desenvolveu este ano varias campañas de promoción das nosas tres cidades, das nosas dúas terras, das nosas dúas culturas. Presentada en Cornellà, nun enorme escenario no Parc Can Mercader, nas Festas do Corpus, ante máis de 20.000 persoas (e non esaxeramos), apadriñados polo Molt Hble. José Montilla, recibimos os primeiros e calurosísimos aplausos [sábado, 25 de xuño, 2011]. Como representante de Catalunya, XUNTANZA participou na XXI LIGA GALEGA DE BANDAS DE GAITAS, obtendo o cuarto posto global no PRIMEIRO GRAO e o terceiro posto global en categoría JÚNIOR, o que valeu aos máis pequenos o ascenso a TERCEIRO GRAO, e a necesidade de preparar unha nova banda júnior para cubrir esta categoría, un gran premio ao talento da nosa canteira. A liga ten dúas fases: a primeira tivo lugar en Pontevedra nun auditorio e a segunda en Villalba ó aire libre. Todo un éxito para ser a primeira tempada na elite como XUNTANZA (xa participaramos por separado desde fai máis de 15 anos co mesmo éxito e nu-

merosísimos premios) [16 e 17 de abril, 1ª fase; 30 e 31 de xullo, 2ª fase]. Participación nas Festas de Santa Tecla de Tarragona e da Mercè en Barcelona. Coincidindo ambas o mesmo día, e co ánimo de compracer ás institucións anfitrionas, dividimos XUNTANZA en dúas bandas para actuar sinmultaneamente en Tarragona e en Barcelona. Ata así, ambas bandas foron as máis numerosas de cada evento, moi dignas representantes de Galicia e Catalunya, xunto a bandas de Balears, Aragón, Andalucía, Estremadura, Vilanova, Tarragona e Barcelona. Dous actos festivos de gran incidencia en ambas cidades, dúas grandes oportunidades de colaborar con entidades amigas nos actos máis importantes de cada cidade como son as festas patronais [Sábado, 24 de setembro, Tarragona e Barcelona]. Participación no IV Encontro Folclórico organizado pola Mocidade da Sociedade A Nosa Xenebra en Suíza. Invitados por esta intitución irmá, como representantes de Galicia en Catalunya, participamos cun repertorio de música tradional galega e catalá nun festival que abarrotaba o auditorio da Salle Communale de Plan-les Ouates (Genève) [Venres, sábado e domingo, 14-16 outubro, Suíza]. Participación no Festival Folclórico do Centro Galego de Tarragona organizado por esta institución cultural galega e a Fegalcat, no Auditorio de Tarragona, como peche dos actos e interpretación dos himnos galego e catalán [19 de novembro, Tarragona] Xosé Carlos García

LUA NOVA

41

1920 e a revista Nós
Xulio Simón Rúa
O 30 de outubro de 1920 saía á rúa o primeiro número da revista “Nós”. Co gallo de cumprirse o 90 aniversario da edición do primeiro número da publicación, tiveron lugar en Ourense unha serie de actividades entre as que hai que salientar unha sesión extraordinaria da Real Academia Galega, presidida por Xosé Luís Méndez Ferrín, precedida por unha lectura de textos da revista “Nós” no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Tamén se constituíu nesta cidade unha comisión cidadá coa finalidade de desenvolver nos próximos anos diferentes iniciativas relacionadas coa xeración Nós e coa revista, para conseguir que Ourense sexa declarada “cidade cultural europea” no 2020, centenario da revista “Nós. Nese ano de 1920, Vicente Risco escribía a Teixeira de Pascoaes: “Pois ben: eu quixera que no primeiro número, que sairá pra o 1º de Setembro, o seu nome honrase as páxinas da nosa revista; quixera que me dera licencia pra incluílo entre os colaboradores de Nós”. A revista, non sairía en setembro, senón en outubro, pero si contaría coa colaboración de Teixeira de Pascoaes. Será precisamente a través desta revista que descubrirá Blanco Torres, quen dirixía neste ano o xornal ferrolán “El Correo Gallego”, o escritor saudosista portugués, a quen tratará longo tempo. Velaí os colaboradores da revista así como o sumario do 1º número: Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega, órgao da sociedade galega de pubricaciós “Nós”. Director: Vicente Risco. Xerente: Arturo Noguerol. Redautor-xefe: Xavier Prado (Lameiro). Segredario da Redaución: Xulio Gallego. Redautores: Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas. Nº 1 (30 de outubro). Primeiras verbas Teixeira de Pascoaes: “Fala do Sol”. Vicente Risco: “O sentimento da terra na raza galega”. Philéas Lebesgue: “Poetas de Galizia”. Florentino L. Cuevillas: “Dos nosos tempos”. Arturo Noguerol: “O problema do traballo en Galicia”. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galizia Os homes, os feitos as verbas: - Teixeira de Pascoaes e NÓS. - Philéas Lebesgue. - Letras e artes galegas. - Libros. - Revistas Fora de testo: “A roda de San Xoán” por Castelao. No nº 2 da revista “Nós”, no apartado “Os homes, os feitos, as verbas” aparece o artigo “As letras catalanas en Galizia e as letras galegas en Cataluña” que comeza así: “Pol-a iniciativa de Tomás Garcés, agudo e despexado inxenio catalán –d’hoxe en adiante, corresponsal de NÓS en Barcelona- vaise inaugurar, nas páxinas literarias de El Dia de Tarrassa –das que nos ocupabamos no número derradeiro- a colaboración dos escritores galegos. Cabanillas envioulles versos “trements d’emoció poètica i patriòtica” según a expresión do Garcés. Do mesmo xeito, o noso amigo ofércenos, respondendo ós nosos requirimentos, traguer ás páxinas de NÓS un reflexo da moderna cultura catalana…” Efectivamente, xa no nº 3 da revista “Nós” Tomás Garcés publica en catalán o artigo “Ángel Guimerá, poeta”. É non é só na revista “Nós” que hai referencias á cultura catalá, pois no nº 128 de “A Nosa Terra” do 25 de setembro, publica Risco un resumo en galego do manifesto de Salvat Papasseit “Contra els poetes amb minúscula” que aparecera dous meses antes en catalán. Este ano, As Irmandades da Fala organizan o 1º Día de Galicia e un dos seus membros, Luis Peña Novo, é elixido concelleiro da Coruña, sendo a primeira persoa que accede a un cargo público representando o nacionalismo galego. Será o primeiro en utilizar a lingua de Rosalía nun acto institucional (7 de xullo). No nº 40 da revista “Mondariz”, do 20 de outubro, infórmase da sesión que en Mondariz celebrou a RAG co gallo do ingreso nela de Rey Soto e Cabanillas e da homenaxe que nela se lle rendeu a Murguía. Efectivamente, o 31 de agosto, Ramón Cabanillas entra na Real Academia Galega co discurso “A saudade nos poetas galegos” a quen lle contesta Eladio Rodríguez González, secretario da Academia. O día antes fixérao Antonio Rey Soto co discurso “El libro en Galicia”, respondéndolle o tamén cura Marcelo Macías. A homenaxe a Murguía no balneario de Mondariz foi por iniciativa dos irmáns Peinador Lines. O acto foi presidido por Marcelo Macías, por ausencia do homenaxeado, debida a motivos de saúde. Tomaron a palabra Vicente Risco, Rei Soto, Antón Vilar Ponte e Manuel Lezón. Tamén interveu a escritora inglesa Meakin. Deu por rematado o acto Marcelo Macías con esta frase: “Nós os loitadores da pluma debemos berrar: Murguía e anchéese Galicia”. Mais a pesar do que poida parecer, as cousas para as nosas letras non ían moi ben: o 15 de xuño, escribe Ramón Vilar Ponte en “A Nosa Terra”: “Poucos pobos haberá como o galego que teñan feito tantos esforzos por desgaleguizarse, por perdere as súas características nazonaes mais típicas e diferenzadoras... Todo o que un pobo calquera teña feito no senso que poderiamos chamar de suicidio espritual, fíxoo Galicia por donare termo ó seu latexare difrenzal, revelador d‘unha persoalidade, eisponente d‘un pobo único e orixinal”.. No libro de ouro do Balneario escribe Ramón Cabanillas o 1 de setembro: “As augas de Mondariz viñeron a pór en claro que son Díos e a nosa Terra os mellores boticarios”. E foi o maior acerto da nosa Terra e de Díos que llas puxeron nas mans â casa de Peinador” Ante as poucas ansias, a pasividade e os atrancos que poñen hoxe en día os organismos que deberían de dar pulos á nosa cultura, cómpren cada vez máis, persoas como Enrique Peinador, que ademais de xogar un importante papel na economía e no mundo empresarial galego, destacou tamén como mecenas da nosa cultura. Cando estou rematando estas letras entérome da mala nova da morte de Marcos Valcárcel (Ourense 1958). Unha gran perda para a cidade das Burgas e para a nosa cultura a deste historiador, escritor e xornalista que entre outras obras escribiu no 1996 A cidade da Xeración Nós.

42

LUA NOVA

Crónicas de emigración
Por: Mariano Goikoa Otero Secretaría Xeral de Emigración
EMIGRACIÓN DESTINA PRETO DUN MILLÓN DE EUROS AO PLAN DE FORMACIÓN DE INMIGRANTES E RETORNADOS Do total de máis de 150 cursos ao longo de 2011, desenvolveranse 87 co aval do Fondo Social Europeo Esta convocatoria estaba dotada inicialmente con medio millón de euros, pero Emigración non desbota a posibilidade de realizar un esforzo complementario e asumir un aumento do 20% da partida orzamentaria, coa fin de reforzar os programas de integración social e laboral do colectivo de inmigrantes e retornados a través deses cursos impartidos directamente por entidades sen ánimo de lucro. Asemade, mercé a este aumento orzamentario, Emigración poderá incrementar o abano de cursos inicialmente proxectados con outros organizados e desenvolvidos pola propia Secretaría Xeral. Desta maneira, é intención do departamento que dirixe Santiago Camba que, ao longo deste ano, se desenvolvan preto de 150 cursos para inmigrantes e retornados, espallados por toda a xeografía galega. Outras liñas A impartición de cursos específicos por parte de entidades sen ánimo de lucro é un dos piares básicos do Plan de Formación que desenvolve a Secretaría Xeral da Emigración. Pero ademais, en breve resolverase unha orde de axudas a entidades locais e concellos, un de cuxos eixos de financiamento é a impartición de cursos de formación e reforzo educativo ao colectivo inmigrante. Mediante esta acción, agárdase que se leven a cabo polo menos outros 60 cursos formativos para este colectivo. A través destes piares do Plan de Formación, Emigración destina en conxunto preto dun millón de euros ao ensino en habilidades e capacidades laborais co obxectivo da integración de inmigrantes e retornados, ben mediante a impartición de cursos directamente realizados pola Administración autonómica, ou a través da colaboración activa de entidades sociais e concellos. Estes cartos xa abranguen os dotados para cursos de formación avalados directamente polo Fondo Social Europeo (un total de 87, aos que se destinarán en torno aos 600.000 euros, impartidos por entidades sen ánimo de lucro ou directamente pola Secretaría, e que corresponden á devandita convocatoria do DOG do 12 de xaneiro), e tamén as accións sinaladas no parágrafo anterior. CHEGAN A GALICIA OS PRIMEIROS RAPACES DA DIÁSPORA PARTICIPANTES NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN E DE TRABALLO DA XUNTA Na convocatoria deste ano, beneficiáronse máis de 300 fillos e netos de emigrantes galegos residentes no exterior

Os primeiros participantes nos “Campamentos de Verán 2011” da Xunta de Galicia procedentes da diáspora, beneficiarios da quenda correspondente á primeira quincena de xullo, aterraron no aeroporto compostelán de Lavacolla. Os 3 máis madrugadores, con orixe en México, facíano ás nove da mañá; ás once da mañá chegaban 2 participantes doutras Comunidades Autónomas españolas; á unha do mediodía, 14 que proviñan de Venezuela; e ás oito menos vinte da tarde, aterraban os 33 procedentes da República Arxentina. Xa na mañá do sábado día 2 chegarán os 31 restantes, que chegan desde Uruguai, ata completar os 83 totais desta primeira quenda. Estas 83 prazas, a as restantes ata un número superior ás 300 neste verán, corresponden ás reservadas a fillos e netos de emigrantes galegos no exterior nos Campamentos de Verán que organiza a Dirección Xeral da Xuventude, sufragadas pola Secretaría Xeral da Emigración.

LUA NOVA

43

Foron, nesta convocatoria de 2011, máis de 700 as solicitudes recibidas para un total de 336 prazas. Un ano máis, o país do que proceden a maioría dos mozos é a República Arxentina, con 148, case a metade do total. Seguen despois Uruguai con 76, Venezuela con 52, Brasil con 20, e o resto dos beneficiarios proceden de Perú, México, Cuba, Chile, e Costa Rica. Hai tamén tres prazas que se reservaron para residentes noutras Comunidades Autónomas españolas, e finalmente unha delas recaeu nun solicitante residente habitual en Francia. A Galicia do exterior Trátase dun número de prazas reservado ao colectivo da diáspora, co obxectivo de fornecer as ligazóns que relacionan a estes mozas e mozos coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia por riba dos países onde teñan nacido. A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da súa familia que quedaron na Galicia territorial. Segundo atesoura a experiencia, nestes Campamentos de Verán, os fillos e netos na diáspora comparten cos outros mozos galegos uns días de experiencias e intercambio que supoñen un importante enriquecemento mutuo, especialmente no caso dos residentes habituais en países de América Latina, que son o 99 por cento dos beneficiarios. Os rapaces teñen entre 14 e 17 anos, e estarán un total de 12 días en dúas instalacións dependentes da Xunta, a de “Os Chacotes” de Palas de Rei e o albergue de Gandarío, en Bergondo. Despois da súa estadía nestas institucións, e sempre que os seus familiares se fagan cargo deles, poden ficar aínda en Galicia por período máximo de 30 días. Campos de traballo Asemade, tamén arribaron ao aeródromo compostelán os primeiros 4 mozos que participan en campos de traballo, iniciativa que combina a parte lúdica dos campamentos de verán coa formativa. Neste caso, estes catro rapaces proceden de México e beneficiaranse da modalidade medioambiental do programa nas instalacións autonómicas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, concretamente en Cíes.

PRESENTADO NO CONSELLO DA XUNTA O PLAN INTEGRAL DA EMIGRACIÓN PARA O PERIODO 2011-2013 O documento define 5 áreas de actuación, e establece 13 liñas prioritarias, 36 programas, e 17 accións estratéxicas En Xullo, a Secretaría Xeral da Emigración presentou no Consello de Goberno da Xunta o seu Plan Integral para o trienio 2011-2013, unha proposta que busca centrar as bases de actuación do Goberno de Galicia coas entidades galegas, os emigrantes e os seus descendentes, con vistas a fortalecer e estruturar de forma operativa a a galeguidade no século XXI. O Plan estrutúrase a través de 5 áreas definidas, que son a atención socio-asistencial aos galegos residentes no exterior, a concepción e desenrolo da galeguidade, a sociedade do coñecemento na diáspora, xuventude e muller, e atención e planificación do retorno (que inclúe a redacción dunha Lei do Retorno, agora en fase de anteproxecto). Establécense 13 liñas de actuación prioritarias, 36 programas a desenvolver, e 17 accións estratéxicas. Trece eixos Entre as trece liñas de acción prioritarias, destaca o mantemento e potenciación dos programas de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior; do Programa Reencontros; do de axuda socio-asistencial a galegos residentes no exterior en situación de precariedade a través de axudas directas a centros ou comunidades galegas no exterior; de actuacións en favor das comunidades galegas no exterior; ou o de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior. Outras liñas son a intensificación dos programas de escolas abertas presenciais destinados a cidadáns galegos residentes no exterior; os seminarios de baile-música e cociña tradicional galega dirixido ás entidades galegas no exterior; os cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis CELGA e de extensión cultural, destinados a galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e a cultura de Galicia; programas de axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventu-

44

LUA NOVA

de; e bolsas para cidadáns galegos no exterior coa fin de realizaren estudos universitarios oficiais e de formación profesional. Finalmente, completan o paquete desas 13 medidas prioritarias establecidas no Plan Integral da Emigración 2011-2013 o programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo (dirixido a mozos de orixe galega ou descendentes de galegos que residan no exterior); as subvencións dirixidas a entidades galegas no exterior para realizar accións de información, orientación e asesoramento para emigrantes galegos con vontade de retornar; e as axudas extraordinarias a emigrantes galegos e aos seus familiares. O GOBERNO GALEGO MANTERÁ AS BOLSAS DE ESTUDOS PARA ESTUDIANTES DA DIÁSPORA A Secretaría Xeral da Emigración pasa a asumir o financiamento do programa, ata o de agora compartido con outros departamentos autonómicos O Consello acordou autorizar a adquisición de compromisos de gasto plurianual, por parte da Secretaría Xeral da Emigración, para facer fronte ao programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos no exterior, coa fin de que realicen estudios universitarios oficiais, intercambios universitarios, e estudos de Formación Profesional durante o curso académico 2011-2012. O acordo contempla como novidade que a Secretaría Xeral da Emigración asume o orzamento do programa, ata o de agora compartido con outros departamentos autonómicos. Cada beneficiario, cando estea matriculado nalgunha das tres universidades galegas, ou nalgún centro de Formación Profesional da Comunidade Autónoma, recibirá unha axuda anual de seis mil euros, cos que deberá afrontar tódolos seus gastos persoais de aloxamento e manutención, ademais dos de matrícula e gastos en material académico. Só durante o primeiro ano de matrícula en Galicia percibirá un complemento –un pago único doutros mil eurospara a viaxe de inicio de curso. No caso de que o beneficiario curse estudios por sistema de intercambio (é dicir, que o título se expida

finalmente pola universidade de fóra de Galicia), a contía rebáixase ata catro mil euros se os estudos a cursar son unicamente para un cuatrimestre, se ben o destinatario pode igualmente gozar da axuda inicial de mil euros para viaxe. As bases da convocatoria estipulan que un 30 por cento da contía anual da axuda embárgase ata final de curso, de maneira que só se percibe no caso de que se teña aprobado, por parte do beneficiario, polo menos a metade dos créditos nos que se matriculou. Igualmente, para a renovación de axuda no cursos subseguintes, deberá ter superado polo menos o 70 por cento deses créditos. Ata o de agora, cada curso, arredor dunha trintena de mozos e mozas, na súa inmensa maioría fillos ou netos de emigrantes galegos na diáspora, se teñen beneficiado deste programa. A intención do Goberno galego é manter e, na medidas das posibilidades presentes e futuras, fornecer esta iniciativa, polo que significa de reforzo das ligazóns entre a Galicia territorial e a do exterior, neste caso a través do intercambio de saberes e coñecementos.

LUA NOVA

45

Tempo andado
Henrique Fernández Sánchez
Trátase o conto dun neno que, embeleñado nas súas ideas e pensamentos, mergullado na orfandade dos porqués sen resposta, e case sen querer, se foi alongando da vila até, e sen darse conta, verse perdido no bosque, logo de percorrer carreiros e corredoiras, aqueloutrado no murmurio dos adentros. A noite véuselle enriba, e con ela o descubrimento, por primeira vez, da nocturnidade en si. Nunca o neno se atopara nin reparara só, ante a inmensidade dun ceo limpo, de luar e estrelado, naquel gran espello nocturno. Daquela, decatouse que se perdera e pensou en correr, mais as pernas afrouxábanlle, o corazón ía a mil por hora, e o tremor e o medo fixéranse dono del, de tal xeito, que nin sequera tiña azos para lanzar un berro redentor. Sentou aturuñado e con pel de pita nunha pedra, e os seus labios vibraban ao compás dos dentes que relaban. Ergueuse como puido, e querendo camiñar para algures, caeu na groba dunha estibada ficando “patas arriba”, ollando ao ceo e pensando que xa lle chegara a hora, que morrera, e que os lobos farían festa co seu corpo. Quedáronselle, de súpeto, todos os esfínteres relaxados, facéndose “as necesidades” polos pantalóns. Xa non sentía medo, o neno, seu maxín, percorrían millóns e millóns de quilómetros para bater coas estrelas, ante o firmamento que remataba de descubrir o lonxe, na soidade nocturna na que todo vibraba o son dunha música engaiolante que nunca escoitara. A curuxa, a garduña, o moucho, a raposa da morgaza, os ouleos, os grilos, os sapos, as ras, as fervenzas do regato ,todo aquilo que o matara de medo na tépeda escuridade, agora parecíalle unha orquestra celestial. Viu entón, o neno, cómo unha fada de ledo sorriso, acompañada por tres anxos, o baixaban a recoller nun carro alado con estreliñas de todas as cores. Tan grande lle pareceu o firmamento; que as arbores, as montañas, e todo canto o rodeaba, inclusive el mesmo, se lle facía diminuto e lonxano. As sombras da terra na que se achaba perdido, tornáranse indiferentes e cativas ante o infindo espectáculo celeste. O medo trocárase por unha curiosidade asombrosa. Tal foi a felicidade daquela viaxe sideral e de luz enxergada no seu espírito, que coidou que os seus ollos, se tornaran en dúas estreliñas máis naquel novo mundo encantado, do que non quixera nunca máis saír. Perdera a noción do tempo e do espazo. Non precisaba de palabras, nin de movementos, nin de ningún tipo de ordes. Só tiña que deixarse levar e ir naquel berce imaxinario que o neno percibía como un soño real. E velaí que, de súpeto, quedouse durmido sen sentir as labazadas da caída, as rañadas das silvas, ou o formigar das ortigas. Por sentir, non sentía, o neno, nada do seu corpo; pois notara cómo se saíra del mesmo a toda velocidade, para formar parte daquela enorme fantasía que o levaría ao soño máis lindo e profundo que xamais tivera. Polo amencer, sentiu as lambiscadas, e o alento dun can que lle era familiar. O can ladrou, e unhas voces tremolentas preguntaban inquedas: -neno!, neno!. Onde estás? - Estou no ceo, estou no ceo! -respondeu eivado a criatura, mentres o luceiro da mañá, se lle aparecía multiplicado cun rápido pestanexar das meniñas dos ollos. Todos os buscadores, correron cara o cativo confundidos pola resposta. Ao chegar onda el, todo eran preguntas mesturadas con bicos e choros de alegría. O neno, xa non era o mesmo, era outro, e todos estaban preocupados polos novos razoamentos, a nova visión das cousas, o novo xeito de falar. Uns dicían que debera ser o medo quen o cambiara, outros que estaba embruxado, outros que se tornara louco; e os que semellaban máis comprensivos, argumentaban que non había que preocuparse que a cousa era pasaxeira O neno, falaba con tranquilidade, seguridade, e confianza en si mesmo: -eu morrín e tornei a nacer, recuncaba unha e outra vez cando lle dicían que o vía todo ao revés. Xa sei que é difícil que entendades o que vin e vivín nesta longa noite da que nunca quixera retornar. E máis, moito máis complexo, é para min o poder explicárvolo, e que o entendades -seguía o neno-. Pois non hai palabras que o describan nin o expliquen. Só vos podo dicir que estiven no ceo, que non sentín o paso do tempo, que non tiña medo, nin dores, que non existía a cobiza, nin a envexa, nin a maldade, nin as enfermidades, nin as idades. Sinxelamente: es o que queres, e sempre queres o ben porque todo é ben. Todo o mundo es ti, e ti es todo o mundo. O neno, xa non era o neno. Era moitas cousas máis, pero nunca un estraño. Pediu que se lle habilitase o fallado para durmir, e que tivera unha xanela moi grande e redonda derriba da súa cama para ver o firmamento. A nai, desconcertada e compasiva, maldicía aquela noite que se lle perdera o seu neno; e o neno, respostáballe sempre cun bico e un sorriso de felicidade: ti perdíchesme, miña nai, e eu encontreime, deberas de estar feliz. Até agora, sentíame encerrollado, como se un cesto de uvas tapase a miña cabeza e só tivera dous buratiños para mal ver e caer unha e outra vez vítima dos meus torpes tropezos. Agora, aprendín a voar e ser o meu propio mestre; e podo camiñar cos ollos fechados sen caer en ningures. –Ai meu fillo! -retrucaba a nai-. Eu tamén quero perderme, para encontrarme contigo. O cesto que cobre a miña cabeza, tenche ademais unha pedra que me rebenta as costas día e noite. Pérdeme contigo!

46

LUA NOVA

Un apartamento nas aforas
Anxos Sumai
ron durante máis de vinte anos. Cearía soa, prepararía o xantar do día seguinte para ela soa. Deitaríase na cama, cedo, e vería a tele ata quedar durmida. Soa. Sentiríase soa: Ergueríase e almorzaría diante da ventá da cociña mentres ía espertando pouco a pouco co barullo do tráfico na rúa. Sentiuse tristísima, pero non dixo nada. Non lle importaba tanto que el marchase, o que a amolaba era non ter tomado ela antes a decisión. Marchar ela. Alugar ela o apartamento nas aforas. Pero non dixo nada. El remexía o té sen bebelo, coa mirada posta sobre a mesa, a piques sempre de iniciar unha conversa na que lle explicaría por que decidira deixala. Mesmo adiantou os dedos da man dereita para tocarlle a ela a man esquerda. Ela deixouse tocar, pero non o mirou. El dixo que o sentía, pero ela ficou en silencio, pensando en que o gato xa tiña dezasete anos e que un día calquera había chegar do traballo e estaría morto. Despois pensou, cunha nacente alegría, que ía poñerse a dieta, que comezaría de seguida coa dieta da avea que lle recomendara unha compañeira de traballo. Podería facer a dieta tranquilamente, sen pensar no que ía comer el. - De verdade que o sinto -insistiu el, procurando algunha reacción na muller envisa ó outro lado da mesa. Pero ela non dixo nada. Pensaba en que se achegaba o verán e, xa que el marchaba, tiraría toda a roupa e mercaría outra nova. Desfaríase tamén das sabas, tan vellas. Do colchón, tan incómodo. Das mantas, que case non abrigaban. Pediría caixas no super e encherías de cousas que, sen el, non ía precisar para nada: a metade dos pratos, dos vasos, da cubertería..., a metade de todo. Mentres enviaba o té a groliños e insistía en peteirar no sandwich, desfíxose mentalmente de case todas as cousas que había no piso. - É o mellor para os dous -el volveu intentar a conversa. Pero ela non dixo nada. Estaba decidindo de que cor pintaría as paredes. O recibidor quedaría perfecto de cor laranxa, iluminado por esa lámpada estrambótica de pétalos brancos que mercara en Ikea. A sala estaría preciosa en rosa e branco, coma unha torta de nata e amorodos. Empaquetaría todas as cousas que ocupaban media sala e que el, seguro, nunca levaría a ese apartamento nas aforas. Sorriu. O cuarto, o seu cuarto, sería de cor verde mazá e verde esmeralda. E sorriu máis. Descolgaría todas as cortinas que volvían a luz da

Unha tardiña chegou á casa despois do traballo e sorprendeulle atopalo na cociña preparando a merenda. A merenda que a ela máis lle gustaba: sandwiches de aguacate e tortiñas doces. El foi amable, moito máis amable que nos últimos meses. Ofreceulle un cigarro, preparoulle un té verde con limón e pediulle, por favor, que sentase, que tiñan que falar. Sentaron os dous, un a cada lado da mesa. Ela non tiña moi claro qué era o que ía dicirlle, pero sabía que debía ser algo importante. Sabía que debía ser algo importante dende o momento en que o viu cociñando, serio pero con esa expresión de alivio de quen acaba de tomar unha gran decisión. E non estaba errada. - Marcho -foi o que dixo el. - A onde? -preguntou ela. - Atopei un apartamento a bo prezo nas aforas. Ela non dixo nada. Tomou o té a chopiños sen deixar de refregar os ollos. Mordiscou o sandwich amodo, porque pelaba. Estaba cansa e sentiuse triste. Sentiuse triste porque a ela tamén lle tería gustado alugar un apartamento nas aforas, de ser posible preto da praia. Pero el adiantóuselle, así que lle tocaba a ela quedar no piso e saír apurada todas as mañás para coller o metro ata a oficina. Había ser ela quen chegase todos os días, esgotada, e batería ó abrir a porta da casa co papel pintado do recibidor. Despois vería o vello galo durmindo onda un radiador ou sobre o peitoril da ventá. Lavaría as mans debaixo da billa que pingaba seguido e que el, por máis que o intentou, non foi quen de arrombar. Secaríase nunha desas toallas baratas de rizo de algodón que comparti-

LUA NOVA

47

rúa tan pesada e colocaría estores lixeiros, a xogo coas cores dos cuartos. Desmontaría os mobles de madeira da cociña —graxentos e escuros— para convertela nun lugar lixeiro e luminoso, con electrodomésticos modernos. Sentiuse feliz ó pensar nas deliciosas comidas que prepararía só para ela nunha cociña tan bonita. Desfaríase, por fin, do sofá sucio e afundido no que el botaba horas fumando, mirando a tele, falando por teléfono, durmindo a sesta. - Marta vai vivir comigo -intentou poñer na voz unha certa dúbida, procurando aprobación- Ben, non xusto agora pero xa sabes que, ó final, o noso vai en serio. Quería que o soubeses por min. Pero ela non dixo nada. Pensaba en que ía ter un espazo máis na casa, un cuarto novo. Imaxinábao limpo, baleiro, pintado de brando, sen nada nas paredes, sen os residuos cerebrais que tinxían de nicotina as horas que el botaba pechado alí, corrixindo páxinas e páxinas de libros para unha editorial. Onde el tiña o sofá, ela colocaría unha chaise longue de simil piel granate que vira no último catálogo de Ikea. Poñería unha cesta de vimbio para o gato, ó lado do radiador, e unha lámpada de pé para ler. E unha gran planta. Podería, por fin, ter plantas na casa porque a el non lle gustaban. Seica lle daban alerxia. Alegrouse tanto, de pronto, que el notouno e non pareceu moi contento coa reacción. - De saber que che ía sentar tan ben, tería marchado antes. Pero ela non dixo nada. Imaxinou o que sería volver á casa e poder deitarse na chaise longue a ler un libro. Imaxinou o que sería levar os amigos e as amigas sen medo a ter que oír ningún reproche, sen oír a voz del pedíndolle silencio porque tiña que corrixir e corrixir páxinas e páxinas de libros. Imaxinouse, por fin, movéndose pola casa en roupa interior ou encoira, escoitando a música que lle gustaba, bebendo un par de copas o venres pola noite e moneando na cama toda a fin de semana sen preparar almozos, xantares e ceas. Sen facer coadas, sen ter que pasarlle o ferro a calzóns, camisas e pantalóns. Sen que el a privase da súa intimidade e lle esixise unha certa compostura. Sentiuse feliz. E tan feliz se sentiu que, ó cabo dixo: - Estou orgullosa de ti - tomou o último chopo de té agarrando a cunca coas dúas mans. Comeu o sandwich e as tortiñas tan rápido que el non tivo tempo de disimular o medo que, ó cabo, lle producía semellante decisión. - Estás segura, mamá? Pero a mamá non dixo nada. Sorriu imaxinando como ía amañarse o seu fillo no apartamento das aforas.

25 anos

Sempre en Galiza

“SEMPRE EN GALIZA” En radio Cornellà (FM 104.6)
Tamén nos pode escoitar en: www.cornellaweb.com/Radio, e no enlace: http: //semprengalicia.blogspot.com/ O programa de radio da A.C.G. Rosalía de Castro Dirixe Xulio Couxil Vazquez Todos os sábados, de 6 a 8 do serán ¡As noticias en directo dende Galicia!

¡Escóitanos!

25

48

LUA NOVA

A miña aldea
Armado Fernández
Quero falarvos da aldea onde chorei por primeira vez. Sendo unha aldea máis entre moitas do Concello de Navia de Suarna da provincia de LUGO pero para min segue a ser a máis fermosa, con paisaxes extraordinarios… Nesta aldea nacín, no dia de groria da Santa Cruz, 2-5-50. Alguén podería confundirme con calquera Balbino de Neira Vilas, fillo de labrego. Alí pasei friu, alí comecei a camiñar entre a lama, coma moitos outros nenos coidando do gando, coma moitos fillos dos labregos daquela zona. A miña aldea chámase Liñares e a súa Freguesía é Queizán. Entre Navia e A Fonsagrada temos a estrada comarcal que, aínda sendo de segundo ou terceiro orde, os do lugar chamámoslle a carreteira da cobra, pola cantidade de curvas que ten. Pero está aveirada por unha morea de árbores autóctonos, carballos e vidueiras, castiñeiros amieiros e piñeiros. O meu Liñares conta cunha pequena capela adicada ao Santo patrón San Bertolameu, tamen conta cun Castro que seica non está catalogado pola Diputación de Lugo polo que se di. Segundo me teñen falado algunhas persoas maiores, uns din que é da época dos romanos, e outros que é da data dos celtas, o caso é que hoxe continúa a ser unha horta, pero ó seu carón aparece unha “foxa” xa que se atopa nun pequeno cumio, e de ahí deducen e dícese que ten que ser dos celtas. Liñares está nos límetes co concello de A Fonsagrada, conta tamen cun regueiro coñecido coma o regato da pasada. Aínda se poden contemplar unha ducia de casas, das cales so oito están en pe, as outras ficaron ó chan polo paso do tempo, do silencio, da tristura e do esquecemento. Chegaron a vivir oitenta persoas, hoxe tan só viven, a cotío, seis persoas. Dende hai catro anos conta con alumado público, pero as novas tecnoloxías coma a telefonía e o Internet son aínda escasas e lentas. Podiamos falar tamén doutros temas, que doen moito, como é o mal trato que se lle fai á propia natureza, sendo eles os que viven entre ela. Moitas veces penso que non a queren, sendo de balde como é. O mesmo pasa cos monumentos capelas, horreos…, o civismo brila pola súa asencia, eso que nalgúns sitios poñen certos medios. Por poñer un exemplo: colócanse os plásticos dos silos da herva do gando, por veces teñen que levalos lonxe, por eso digo que os medios son poucos, pero tamén ves que algún paisano que outro non está moito por ese labor de civismo, só se ve, en moitos casos o compadreo, o amiguismo pódese dicir que, con cada respiro hai un cacique, e que esto suceda nos tempos de hoxe... Tamén vexo que a despoboación da comarca de Navia de Suarna é moi grande. Xa están a facer servizos en conxunto co concello de Cervantes no tema da recollida do lixo, e tamén se di que estes dous concellos terán que xuntarse, sobor de todo para moitos máis servizos, xa comenzan a ter aldeas baleiras… Sabemos que nalgunhas non queda nin o can, que era o encargado de avisar quen chegaba á aldea. Así vai a cousa, nalgunhas tan só queda tristura e lamento do pasado, e historias mudas, tan só iso e con moita celeridade. A min dóeme a ialma porque teño as raices fortes da terra, e o ser de galego coma o carballo patrón dos celtas, e a lentitude do castiñeiro, e a fervenza da xesta. Sempre digo cando vou alá, que vou a limpar os pulmóns á aldea onde chorei por primeira vez, sempre digo sobretodo ós máis novos, que temos que refundir sin perder o noso pasado nin esquecelo. O pobo que esquence o seo pasado esquécese como pobo, as persoas chegan e pasan e o pobo queda, por eso é que temos que deixar o noso pasado o mellor arranxado posible, o mellor que poidamos, deixar un bon herdo. Estas reflexións miñas, dun fillo de labregos, que tiven a sorte de convivir cos avós paternos e os consellos deles. Era o seu saber, (dicía a miña avoa, “o home que de novo non traballa de vello dorme na palla”).

LUA NOVA

49

Forza Fisterra!
Manuel Suárez Suárez
Dona Diáspora aplaudiu con forza as palabras do xeneroso cabaleiro don Manuel Rivas na presentación da súa novela “Todo é silencio” na compostelá praza de Cervantes. Que o escritor sexa un referente na literatura mundial non lle fai esquecer que neste noso curruncho atlántico erguéronse máis de 300 escolas coas achegas que viñeron da Arxentina, Cuba e Uruguai. Sempre repetimos esta cifra que é grande pero segundo quen sabe máis deste tema, Vicente Peña Saavedra, son máis de catrocentas as que se fixeron. O profesor Peña suliña que máis de 330 delas foron de fundación societaria e mais dun cento de creación individual. Aquí temos un moi característico xeito de axudar facendo patria. Os que emigraban tiñan “un profundo sentimento de compromiso e solidariedade coa súa terra de orixe” porque “a súa vontade era a de superar as carencias das escolas públicas do momento”. Na novela de Rivas -que sen dúbida terá un grande e merecido éxito- entramos da man dos seus protagonistas no interior dunha destas escolas de emigrantes que agora está abandonada pero que aínda garda pequenos tesouros que a luz amosa polas fendas do tellado. No chan atópase un mapa do mundo en madeira no que os continentes gardan algo do seu noutroura brillante verniz. O autor está homenaxeando a todos aqueles milleiros de corazóns galegos que aforraron cartiños para que na parroquia houbese unha boa escola onde os fillos se puidesen facer mellores persoas. Os que marchaban asumían un compromiso coas xeracións futuras e iso hai que recoñecelo xa que outras comunidades no exterior rompen o elo coa orixe para dedicarse en exclusiva ao seu progreso persoal. Dona Diáspora coñece algunhas das moitas chafalladas que se fixeron co voto dos emigrantes pero iso non invalida que haxa que cortar ou eliminar. Os trampulleiros non foron os emigrantes senón os famosos axentes electorais contratados polos partidos políticos. Nos concellos é razoable o establecemento dunha limitación na participación daqueles que levan moitos anos fóra. O poeta Carlos Penelas está censado no concello paterno pero é home sensato e di: “Yo no puedo opinar sobre asuntos de Coirós” xa que “además de no conocer a la gente que gobierna el municipio” tamén “veo que acá se tiene otra visión y sensiblidad sobre la cosa pública”. A filla montevideana de dona Balbina de Rebordelo, Raquel, pensa do mesmo xeito cando di que “sería una atrevida si con mi voto inclinase la balanza para un lado sin saber si eso es lo mejor para el desarrollo del lugar en el que nació mi viejo”. Hai que ser agradecidos. Calquera cidadán normal desaproba as medidas penalizadoras contra os herdeiros do sangue galego na diáspora. Cun exemplo pódese entender mellor: chega ao aeroporto de Madrid a neta de Xoaquín de Morgadáns e logo de preguntarlle polos cartos que trae no peto é rexeitada e devolta ao seu país de orixe. Non é xusto pero o responsable non é o funcionario de servizo no aeroporto senón o goberno que non lexislou no senso de establecer que o avó da moza uruguaia xa pagou por ela cando axudou ao melloramento da educación pública. Así debería ser pero non houbo sensibilidade ningunha. Poida que a maioría dos deputados pense que non se lle debe nada aos emigrantes. Claro que logo veñen coas desculpas de mal pagador diante das queixas dos embaixadores americanos por expulsións sen causa xustificada cometendo unha inmoralidade ao mesmo tempo que se ofende a memoria dos devanceiros. Dona Diáspora estivo en Fisterra. Ten alí un bo amigo mariñeiro, Alexande Nerium, que escribe fermosos poemas nos que o mar é o protagonista principal seguindo a singradura daqueles heroes fisterráns que no peirao de Avellaneda [Bos Aires] deixaron a súa pegada de irmandade. Naquela outra beira do mar naceu un poeta, Carlos Penelas, que adoitaba navegar por rúas e prazas porteñas pero que tiña a súa gamela ancorada no mirador de Espenuca. En 1985 escribe uns versos titulados “Fisterra” que hoxe poden ler os visitantes do didáctico Museo da Pesca instalado no castelo de San Carlos. Para todos aqueles negacionistas dos dereitos sociais dos emigrantes cómpre certificar que por enriba dos pasaportes está a forza sentimental de Galicia. Alexandre e Carlos son dúas persoas afastadas por doce mil quilómetros pero unidos pola máis forte e duradeira das aliaxes: aquela que sae do corazón. O encontro entre ambos creadores foi acompañado polas lixeiras ondas que paseniñamente se ían esparexendo para escribir no areal da Ribeira: Forza Fisterra!. FISTERRA Sobre las aguas poblaban el silencia cantos marineros. Alto y demorado, el bosque, parece renunciar al cielo y a los dioses junto a la niebla. Las huestes del rey Breogán rezan desde la punta de Riazor con las voces del recuerdo y la quietud. Inmóviles los ojos y las manos descubren el horizonte intacto de las velas. La espuma de la aurora los sorprende con ancestrales cascos. Los hórreos ocultan la piedad de la piedra. Carlos Penelas

50

LUA NOVA

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful