P. 1
Lua Nova 52 PDF

Lua Nova 52 PDF

|Views: 191|Likes:
Publicado porlua_nova1014
LÚA NOVA Revista galega de difusión cultural e social
Director Antonio Díaz Fernández Subdirector Xosé Carlos García González Consello de Redacción Carlos de Torres, Xulio Couxil Vázquez, Xulio Simón Rúa, Pura Salceda Carballeda, A. do Neto. Corrección: Vagalume Producións Culturais Colaboran neste número: Anxos Sumai, Amelia López, Henrique Fernández Sánchez, Manuel Suárez Suárez, Emilio L. López Arias, Manuel Rodríguez Julían, Amparo Centeno, Paco Ascón, Armando Fernández, Mariano Goikoa Otero
LÚA NOVA Revista galega de difusión cultural e social
Director Antonio Díaz Fernández Subdirector Xosé Carlos García González Consello de Redacción Carlos de Torres, Xulio Couxil Vázquez, Xulio Simón Rúa, Pura Salceda Carballeda, A. do Neto. Corrección: Vagalume Producións Culturais Colaboran neste número: Anxos Sumai, Amelia López, Henrique Fernández Sánchez, Manuel Suárez Suárez, Emilio L. López Arias, Manuel Rodríguez Julían, Amparo Centeno, Paco Ascón, Armando Fernández, Mariano Goikoa Otero

More info:

Categories:Types, Reviews, Book
Published by: lua_nova1014 on Feb 25, 2012
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

01/12/2013

pdf

text

original

Manuel Rodríguez Julián

LUA NOVA

21

Nunha anterior edición desta nosa revista “Lúa
Nova”, publicouse unha breve historia relacionada
coa emisión do programa “SEMPRE EN GALIZA”,
de Radio Cornellà. Patrocinado pola nosa A.C.G.
Rosalía de Castro, nacía o día 16 de abril do 1986
este programa, que se ven emitindo ininterrumpida-
mente tódolos sábados de 18 a 20horas. O seu nome
era unha referencia-homenaxe ao libro de Castelao
do mesmo nome (Sempre en Galiza).

O seu primeiro director, e primeiro Presidente da
nosa Entidade, Manuel Rodríguez Julián, estivo á
fronte do mesmo. Na súa realización tivo varios di-
rectores: Ramón López Pérez, durante oito anos; Jo-
sefna González González, Emilio Luís López Arias,
Xosé Lamela Bautista, Pilar Carracelas, Xosé Carlos
García González e actualmente Xulio Cougil Váz-
quez. Moitos foron os seus colaboradores habituais
e moitas son as persoas que pasaron polos estudios
de Radio Cornellà para falar das “nosas cousas”, pero
moi particularmente de todo o referente ás activida-
des e acontecementos relacionados coa “A.C.G. Rosa-
lía de Castro”, e coa comunidade galega en Cataluña.

Os colaboradores que semana a semana participa-
ron, desinteresadamente, na realización do mesmo
como locutores, nas tarefas de producción, entrevis-
tas, reportaxes... etcétera, como dixemos, son moitos.
Seguro que nos esqueceremos dalgúns, pero quixe-
ramos nomear, a modo de lembranza os seguintes:
Xulio Simón, Montse, Mari Paz, Rosa Reboredo, Luís
Bernedo, Mila Centeno, Adela, Maruxela Danoz,
Antón Fernández, Mirian López, Iria Fernández,
Kike Fernández, Manuel Rodríguez López, Masito
Beiró, Paco Rivas, Manoel Carrete, Antonio Díaz,
Serxio Seoane... … Que nos disculpen o resto dos
moitos colaboradores, que xa dixemos, participaron
connosco, pero non queremos ser “cansinos” coa
nosa exposición.

Se tiveramos que facer unha lista das entrevistas e
conversas que mantiveron neste programiña, des-
pois de máis de 25 anos de andadura, seguro que
precisaríamos un espazo moi longo, pero quixera-

mos facer mención aquí das personalidades seguin-
tes: X.L.Aranguren, Camilo José Cela, Manuel Fraga,
Camilo Nogueira, X.M.Beiras, Raúl Alfonsín, Alvaro
Pino, Fernando Romay, … etcétera. Unha longa lis-
ta de personalidades, escritores, poetas, deportistas,
músicos, políticos... Na outra parte, noutras seccións
do programa tamén tivemos a participación e apor-
tación musical de case tódolos grupos musicais e fol-
clóricos de Galicia. Quizáis sexamos un referente de
tódolos programas de radio en galego que se emiten
en Cataluña. Unha festra aberta a toda a comuni-
dade galega, obxectiva e independente, que trata de
realizar o seu cometido con seriedade e en galego.

Emitimos actualmente no mesmo horario do come-
zo, de seis a oito do serán os sábados. O equipo está
composto por Xulio Cougil Vázquez, María Royo
(periodista), Antonio Díaz, Serxio Seoane e Xosé
Carlos G.González. Dende Galicia seguimos a reci-
bir as crónicas de Xulio Simón Rúa, e as aportacións
poéticas e creativas de Paco Rivas.

Estamos a traballar para mellorar e adaptarnos ás
novas tecnoloxías. Dende hai un tempo confeccio-
namos unha páxina, na que se poden voltar a escoi-
tar os programas emitidos, para poder ofrecer aos
moitos oíntes que nos seguen dende os máis insos-
peitados lugares do mundo. Aproveitando Internet
temos constancia de que nos escoitan e nos seguen
moitos galegos no exterior. Podedes comprobalo na
nosa páxina: http://semprengalicia.blogspot.com/,
seguro que atoparedes moitas cousas interesantes e
novidades que imos poñendo a medida que imos
recibindo informacións e tentando achegar toda a
actualidade que nos envían á nosa redacción.

Aproveitamos esta publicación para animar a todos
aqueles que o desexen para que participen connos-
co nesta fermosa tarefa da radio en galego. Sería bo
aproveitar esta ferramenta para que os nosos alum-
nos, socios e simpatizantes, poidan empregala para
o seu disfrute e difusión das múltiplas actividades e
inquedanzas que seguro teñen. A radio está á dispo-
sición dos seus usuarios, que sodes todos vosoutros:
colaboradores, socios, seguidores e simpatizantes...

You're Reading a Free Preview

Descarga
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->