Uxio Novoneira

Uxío Novoneyra naceu en 1930 en Seoane do Courel, parroquia de San Xoán. Fillo de labregos, estudou o bacharelato en Lugo e a carreira de Filosofía en Letras en Madrid, onde trabou contacto con outros poetas galegos e comezou a escribir, primeiro en castelán, e máis tarde en galego, animado por Otero Pedraio, Ramón Piñeiro e o pintor Maside, aos que coñece en Compostela. Tamén con Manuel María, a quen coñecía dos anos de estudante en Lugo, mantivo unha fonda relación de amizade e creación. Aos vinte e tres anos regresa ao Courel para recuperarse dunha pleuresía contraída durante o servizo militar. Durante esa época coñece a María Mariño, coa que traba unha intensa amizade e a que anima a escribir. Na aldea de Parada permanece máis dun ano, durante o que escribirá boa parte dos poemas de Os Eidos, a súa obra fundamental, que será publicada en 1955. Inicia n ciclo poético que continuará durante moitos anos, con novos poemas e modificacións dos primeiros, en sucesivas reedicións. A súa é unha poesía moi imbricada na natureza, onde o suxeito poético se mestura coa paisaxe. O seu estilo lembra en ocasións aos haikus, breves composicións da lírica nipoa, onde é patente a comuñón co entorno. Nos anos sesenta, Novoneyra regresa a Madrid, onde participa activamente nas tertulias culturais do Café Gijón ou no grupo Brais Pinto, xunto a Herminio Barreiro, Ferrín ou Raimundo Patiño. Son os anos nos que as novas xeracións de creadores galegos senten a necesidade de implicarse activamente na loita contra o franquismo e na reivindicación da lingua galega. Uxío foi un poeta militante e comprometido, participante activo en recitais e actos de oposición ao réxime. Mostra diso son poemas-manifesto da súa autoría, como o Vietnam Canto ou a Letanía de Galiza, que recitaba coa participación do público. De volta na súa casa do Courel, principal escenario da súa inspiración, casa e ten tres fillos. En 1983 instálase coa súa familia en Compostela, onde pasa a desempeñar o cargo de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que ocuparía até a súa morte. Durante os últimos anos da súa vida, Novoneyra verá como a súa obra é obxecto de sucesivas reedicións, traducións (ao euskera ou ao xaponés) e de distintos estudos críticos que o sitúan nun lugar preferente na historia das letras galegas. Tamén ven a luz novos poemarios, como Do Courel a Compostela, Muller pra lonxe ou Poemas da doada certeza i este brillo prendido entre as pálpebras. Paralelamente, desenvolveu unha obra gráfica como gravador. Novoneyra morreu en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999. Ese día, as campás de todo o Courel e de Compostela soaron conxuntamente para renderlle homenaxe ao primeiro poeta que foi velado no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2010
Venres 14.
21 h. Teatro Leo Goberna. Bandera Negra 23 h. Musica. A irreal banda de gaitas de Teis.

Sabado 15.
22 h Verbena a cargo de J.Santana 00 h Ritual de lume. Queimada

Domingo 16
18 h Titeres Alacran 20 h Proxeccion de curtametraxes 22 h Musica. Alejandro Vargas. Jazz.

Luns 17
12 h Exposicion e apertura do arquivo Pernas. 13 h Frans Banfield Trio. 18 h Lectura poetica da obra de Uxio Novoneira

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful