Está en la página 1de 2

“Se pensas chegar a algures na vida, tes que ler moitos libros.


Roald Dahl(1916-1990)
Nado o 13 de setembro de 1916 no País de Gales, na localidade de LLandof, onde asentaran os seus pais de orixe
norueguesa por motivos de negocio. Foi o único fillo varón da numerosa familia do segundo matrimonio do seu pai que
morreu, xunto cunha irmá, cando Roal tiña tres anos. As traxedias familiares repitiranse posteriormente tamén cos seus
propios fillos. Pero Dahl é un autor para a gargallada e o sorriso por vía da complicidade cos nenos e a irreverencia contra
os adultos: “os pais e os mestres son o inimigo”. A súa propia experiencia escolar non foi de todo satisfactoria, se
descontamos as visitas á fábrica de chocolates veciña: Cadbury’s, en Repton, Derbyshire.

O seu primeiro traballo levouno a África e unha vez alí, con 23 anos ao comezo da II Guerra Mundial,
alístase na Royal Air Force (RAF) e combate como piloto nos combates aéreos no deserto e no Mediterráneo
oriental. Foi ferido e como eivado retirado da fronte, enviado aos EEUU, comeza a escribir.

Aínda que non saibamos que el está detrás, é case imposible descoñecer algo da obra de Roal Dahl porque o
seu nome vai asociado ao cine. A súa primeira invención foron os Gremlins con guión para a Disney. E ao
longo da súa traxectoria, colaboración con Alfred Hitchcok ou mesmo guións un para o personaxe James
Bond. Asemade, foi a adaptación das súas obras ás pantallas o que fixo coñecido en todo o mundo. As
bruxas, Matilda e agora en carteleira Charlie e a fábrica de chocolate.
Case todos os seus libros para rapaces son recoñecible polas ilustracións de Quentin Blake

Catálogo da biblioteca do IES As Mariñas


http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/
Bitácora da biblioteca http://biblioteca.acelblog.com
Obras dispoñibles na biblioteca
Matilda
En galego e castelán.
O que máis lle gusta á nena Matilda é ler, aínda que os libros sexan unha rareza na súa casa e todos a
traten como un bicho raro por iso. Na escola descóbrese a súa intelixencia en forma de superpoderes
que aprende a empregar. Sobre todo contra a horríbel señorita Trunchbull, directora-dictadora do
centro, pero tamén tía da súa doce profesora Honey.
A narración deixa ao descuberto con grandes doses de divertimento o comportamento das persoas so
preocupadas da aparentar e ter cartos.
Charlie e a fábrica de chocolate
En galego e castelán
O pobre Charlie Bucket vive ao carón da fábrica do señor Wonka. Dela saen lambonadas incribles como
os caramelos e chicles eternos, xelados que non se derreten... pero o que ocorre dentro é un misterio.
Só cinco afortunados que atopen algún dos boletos dourados na chocolatinas poderá entrar. Dentro
saberás quen son os Oompas-Loompas e moitas doces tentacións... Só Charlie mantén a compostura e
terá a súa recompensa.
As bruxas
En galego
Narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de
Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual.

Autobiográficos
Boy (relatos de infancia)
En castelán
Relatos independentes de anécdotas infantís do autor. El mesmo afirmou que non se trataba
exactamente dunha autobiografía. Explica que son cousas do tempo da escola e mocidade:
Algunhas son divertidas. Outras son magoenta. Hainas desagradables... Todas son verdade.”
Voando só
En galego
Conta a experiencia como traballador dunha compañía petroleira na actual Tanzania e as súas
memorias bélicas da II Guerra Mundial. Piloto dun caza das RAF en combate contra os avións
alemáns no deserto africano ata ser ferido nun terrible accidente.
Máis
El Superzorro. Danny, o campión do mundo. Muá, muá

También podría gustarte