Está en la página 1de 1

CPI MARCELINO A.

REY GARCÍA (CUNTIS) CURSO 2007-08

Jordi Sierra i Fabra (Barcelona, 1947) dirixiu as principais


revistas de música rock nos anos setenta. Ten publicadas máis
de trescentas novelas, recibiu numerosos premios literarios,
sendo o autor infantil e xuvenil que máis libros ten vendido no
Estado Español e en grande parte de Latinoamérica. En galego
traducíronse as seguintes unha ducia de obras como O gardián
da lúa (1994); Aydin (1995), Premio Edebé de Literatura
Infantil; Nun lugar chamado guerra (2003); Que serei de
maior? (2003); Durmido sobre os espellos (2003) e
Chamando ás portas do ceo (2006), Premio Edebé de
Literatura Xuvenil.

A novela Do outro lado do espello (A l´altra banda del


mirall" no orixinal catalán) foi recoñecida co Premio Ramón
Jordi Sierra i Fabra
Muntaner 2003 e o Premio Protagonista Jove 2005.
Tradución de Ignacio Chao

GUIÓN DO TRABALLO
1. Resumo do argumento.
2. Describe os personaxes centrándote nas súas reaccións, reflexións e actitudes ante os
acontecementos.
3. Comenta os seguintes fíos argumentais que aparecen na historia:
- a(s) amizade(s).
- as relacións coa familia.
- a vivencia do sexo.
- os plans de futuro.
4. Marisa enfróntase ao espello ao longo de todo o relato. Que significa esta metáfora?
5. O autor reproduce estereotipos xuvenís como o da mocidade anguriada ante os problemas
que aparecen no día a día e ante un futuro incerto. Esta imaxe ten algo de real e algo de
tópica. Ti que opinas?
6. En relación ao anterior, preséntase unha mocidade moi analítica fuxindo desoutra imaxe
máis impulsiva da xente nova. Son reais esas dúas facetas? Cal é a imaxe que se ten da
xuventude no mundo adulto?
7. Que reflexión che suscita o proceso de descubrimento da identidade sexual vivido pola
protagonista? E o modo de presentar esta temática, tabú para moita xente?
8. Que opinión che merece a novela? (imaxina que tes que elaborar unha crítica para ser
publicada, argumenta a túa valoración!).

Román Cerqueiro Landín Dpto. Lingua Galega