COLEXIO INMACULADA - PONTEAREAS.

Xuño 2006

A nosa vida na escola

Benvidos de novo á revista escolar. Este curso apostamos pola natureza e con forza: Entroido florido, plantación na Picaraña, sementeira de castañas, saídas ó monte, trasplante de árbores, primeiro premio no concurso de pilas usadas, magosto, maios, novo proxecto “Voz Natura”. En fin, un gran reto asumido por todos e coa recompensa que aquí vedes. Gracias ós colaboradores e felicidades ós nenos, verdadeiros artífices deste éxito.

REVISTA INFANTIL E XUVENIL PARA UN MUNDO MELLOR

2

A NOSA VIDA NA ESCOLA

Sumario

Edito rial ..... 3 O mellor do cole ..... 4 O Mag o st o . .. . . 10 Xo g u e te s co l i x o . .. . . 12 H allow een .....13 Mú si ca pa ra nenos . . . . . 14 Ba rcos e mares . . . . . 15 C a r re i r a S o l i d ar i a . . . .. 1 6 Vi sit a ó Mo nte ..... 1 8 P l an t an d o Ca st añ as .. . . . 2 0 F e st iv a l N ad a l . . .. . 2 2 S a íd a s d e P r im a r ia .. . . . 2 5 Día da Pa z . . . . . 26 Pa ra p ap á e ma má ..... 2 8 Dí a d o Li br o . . . .. 2 9 Mu n d o s ub m ar i ñ o . .. . . 3 0 A profe Pila r , Ma driña ..... 3 1 G ra n d e s a r ti s ta s . . .. . 3 2

A NOSA VIDA NA ESCOLA
Redacción: Alumnos e Profesores do Colexio Inmaculada de Ponteareas Composición e montaxe:Mª Xesús Rodríguez Álvarez Colaboradores:Alumnos e profesores do colexio

Ent roido ..... 3 4 Le t r as G al e gas .. . . . 3 8 A s fl o r e s d e 3 º . . . .. 4 2 Ma x il u si ó n .. . . . 4 3 D ía da Árbore ..... 4 4 C ha r l a d o s f o r e st ais . .. . . 4 6 T eat ro pa ra nenos . . . . . 47 P o m o s a m e sa . .. . . 4 7 O p o bo s ah ar au i .. . . . 4 8 Clase s ame nas ..... 5 1 O n o so p at io . . .. . 5 2 Impresi onismo ..... 53 D ebuxos dos nenos ..... 54 C o n cu r so L iga P il as . .. . . 5 5 Ex cu r s i ó n F in d e C u r s o . . .. . 5 6 E scr i to r e s N o v e l e s . .. . . 5 8 De sc u br e G al i za . .. . . 6 1 R o sq u il l e i r o s . . .. . 6 2 P as to r a l .. . . . 6 3 De p o r t e E sco l a r . .. . . 6 4 Q u e g r an F a m il ia ! . . . .. 6 6 Gr a za s Vit a e t P ax . . . . . 67

A NOSA VIDA NA ESCOLA

Queridos amigos:

Editorial

3

Agradecemento ós alumnos, dos que me sinto moi orgullosa, xa que a pesar de vivir nunha sociedade onde a violencia, o acoso, o consumo de alcohol e drogas..., parece que son as característica da xuventude actual, os nosos alumnos dan permanentes mostra de solidariedade, respecto e compañerismo. Neste sentido cada vez estamos máis convencidos de que a única forma de acadar unha sociedade libre, xusta e solidaria. é educando os nosos mozos no respecto, na tolerancia e na xustiza.

Agradecemento á ANPA e ó Consello Escolar polo seu respaldo e apoio incondicional.

Agradecemento ós meus compañeiros do claustro de profesores, secretaría e persoal de mantemento, que fan posible que este proxecto educativo se faga realidade e que o colexio sexa un lugar de encontro acolledor e agradable.

Quero comezar a escribir esta editorial para a revista do Colexio cun profundo sentimento de agradecemento:

Quero facer unha lembranza do Instituto “Vita et Pax”, en especial para tódalas compañeiras-amigas que compartiron parte das súas vidas con nós, e das que tanto aprendemos. A súa entrega e dedicación deben ser exemplo para todos.

O verdadeiro obxectivo é conseguir que os nenos e mozos sexan no futuro homes e mulleres formados intelectualmente, cuns valores cristiáns e humanos firmes, que lles permitan ser capaces de afrontar-los retos dunha sociedade difícil e competitiva.

Este é o modelo de educación no que cremos, pero que só podemos acadar traballando todos xuntos, pais e educadores, dende o diálogo e a confianza.

Este curso, que está a piques de rematar, foi o inicio dunha nova etapa, dunha viaxe que emprendemos todos xuntos e da que me sinto moi orgullosa de formar parte. Ponteareas 31 de maio de 2006 Rosa García

Xuntos medramos traballando no respecto ós demais, e defendendo a igualdade e a xustiza
Curso 2005-2006

4

O MELLOR DO COLE
A NOSA VIDA NA ESCOLA

A NOSA VIDA NA ESCOLA

5

Cada ano as clases son renovadas por nenos novos, que pouco a pouco van avanzando de curso. Aqueles que chegaron a nós hai xa 13 anos, rematan 4º de ESO neste periodo 2005-2006. Pero outros comezan agora con apenas 3 anos. Os profesores da Inmaculada recibímolos cunha grande aperta e con ilusións renovadas. Nestas fotografías aparecen os máis pequenos do centro. Por orde: 1º de E. Infantil co profe Isaac, 2º de E.I., 3º de E. I. e os de 1º de Primaria, coa profe Rosa

6

A NOSA VIDA NA ESCOLA

A NOSA VIDA NA ESCOLA

7

Se repasades revistas anteriores, poderedes constatar o moito que cambian os nenos dun ano para outro. Aínda que as caras de pillos son as mesmas... Nós tentamos que no cole tamén o pasen ben para que a aprendizaxe sexa máis doada. A pesar de ser en branco e negro, nas fotografías pódese apreciar o bonitas que están as aulas. Aquí aparecen: 2º de E.P. coa profe Mª Carmen, 3º de E.P., 4º de E.P. e 5º de E.P. coa profe Mª Sefa.

8

A NOSA VIDA NA ESCOLA

A NOSA VIDA NA ESCOLA

9

O trato cos maiores xa é outro cantar. Nestas idades tan difíciles hai que ter moita man esquerda. Xa sabemos que ós rapaces lles gusta pouco estudar. É labor dos profesores, en tódolos cursos, conseguir que o clima das clases sexa cómodo para todos. Así o profesor poderá facer o seu traballo, e os nenos aprenderán sen darse conta. Os alumnos de 6º de E.P. xa están cun pé na ESO. Cando chegan a primeiro teñen un profesor por materia. En 2º de ESO e en 3º, comezan a apretar en serio, pero é en 4º da ESO, cando fan o acelerón final, cara a estudos de maior envergadura.

10

A NOSA VIDA NA ESCOLA

O MAGOSTO

Durante os días anteriores á festa os alumnos aportaron as castañas xa furadas preparadas para asar. As actividades por cursos realizadas os días anteriores á festa do magosto foron as seguintes: Os alumnos de Educación Infantil fixeron as fichas sinaladas a continuación:

O venres día 11 de novembro, día de S. Martiño, celebrouse no Colexio a tradicional festa do Magosto. Tamén fixemos unha gran festa no patio, ó igual que os anos anteriores, para degustar as castañas asadas por Antonio, o encargado de mantemento, invitando a tódolos pais e nais dos alumnos para disfrutar xuntos desta conmemoración.

Os alumnos de 1º colorearon a folla do castiñeiro: Os rapaces de 2º debuxaron e colorearon a folla do castiñeiro. Os alumnos de 3º rodearon e colorearon a folla do castiñeiro En Educación Primaria fixeron as diferentes actividades: Os alumnos de 1º rodearon cun punzón as castañas que atoparon entre varios froitos Os rapaces de 2º tiñan que atopar e colorear o froito do castiñeiro e escribi-lo seu nome. Os alumnos de 3º debían inventar unha canción, poesía ou adiviña relacionadas coa festa do magosto: sobre a castaña, castiñeiro, … En 4º fixeron os cucuruchos para as castañas. Os alumnos de 5º e 6º realización o xogo da OCA da Castaña. Cada alumno fixo un debuxo dunha casiña do xogo utilizando unha folla do block recortándoa en forma de cadrado coa medida de 23 cm de lado, seguindo a orde do listado. Xogo da oca da castaña Os alumnos gozaron cos xogos feitos: “A Oca da Castaña” e “O Dominó da Castaña” no patio cuberto do Colexio. Os rapaces de Educación Secundaria realizaron as seguintes actividades: Os de 1º de ESO fixeron o xogo do dominó da castaña utilizando dúas follas do block de debuxo e pegando os puntos con follas de cores ocres, casta-

A NOSA VIDA NA ESCOLA

11

ños e marróns. Os alumnos de 2º fixeron fichas que se expuxeron no tendal do patio cuberto do colexio sobre diversas informacións relacionadas coa castaña, variedades da mesma, o castiñeiro, as propiedades, receitas, adiviñas,… Os de 3º realizaron unha colleita de contos, lendas, cantigas, refráns, adiviñas, recetas, …relacionadas coas castañas.

Os alumnos de 4º encargáronse de axudar a Antonio a repartir as castañas entre os máis cativos utilizando os carriños do ano pasado e os cucuruchos feitos polos alumnos de Primaria e ESO. Realizouse tamén unha exposición, no patio cuberto do Centro, dos traballos feitos durante esa semana: adiviñas, contos, informacións interesantes sobre a castaña e o castiñeiro,… realizados polos alumnos da ESO.

Arriba: taboleiro do Xogo da Oca. Á dereita: Un grupo de alumnos de 4º ESO posando xunto a caseta axudando co reparto das castañas. Na páxina anterior: os pequeniños de 3 anos antes de comer castañas e porse perdidos de farrusco. Coma sempre o Sr. Antonio deulle o seu toque máxico ás castañas

12

Os alumnos de 6º de Primaria convertéronse en inxeñeiros por un día. Coa axuda da mestra Luz e dalgúns pais, elaboraron estes artiluxios tan orixinais. Todos funcionaban ás mil marabillas!. Pero o mellor de todo é que non gastaron máis cos cartos cos das pilas pois o material empregado era todo de reciclaxe. Foi unha das actividades enmarcadas no proxecto “Voz Natura” deste curso. Os traballos estiveron expostos no recibidor do colexio, sendo obxecto de loubanzas por todo o mundo, incluído o Inspector de Educación que ata puxo algúns en funcionamento.

XOGUETES CO LIXO
A NOSA VIDA NA ESCOLA

Avda de Galicia,14 Tlf: 986 640918/934 Fax: 986 660467 PONTEAREAS

Tlf: 986 640869.ARCOS Tlf e Fax 986 333243. ATIOS

FESTA DE HALLOWEÉN
A NOSA VIDA NA ESCOLA

13

Dende o departamento de inglés que dirixe a teacher Josefa, este ano convocouse unha especie de concurso a ver quen decoraba a cabaza máis bonita. Os nenos leváronnas despois á Praza Maior onde unha asociación cultural de Ponteareas celebraba o Samhaín, ambas festas coa mesma raiz celta. Fixádevos nas terroríficas cabazas!. Os rapaces disfrazáronse con bolsas negras e antifaces. Tamén había algunha bruxa como se aprecia nas fotografías...aínda que sen verrugas.

14

Os alumnos de 3º , 4º, 5º e 6º de E.P. asistiron a concertos para escolares programado por Caixanova. En “As formacións tradicionais”, os pequenos escoitaron un recital de cantigas que os achegaron á música popular galega. Tamén coñeceron instrumentos como o tamboril, a gaita, a zanfona, o acordeón, o violón e a pandeireta. Pola súa banda os de 5º e 6º gozaron cunha orquestra da que formaba parte o compañeiro de clase
Juan A. Vázquez Mouzó de 6º tocando percusión

MÚSICA PARA NENOS
A NOSA VIDA NA ESCOLA

Todos os nenos do cole, agás os máis pequenos, trasladámonos no tempo coa visita que fixemos ó Titánic. Nunha exposición de fotografias, cartaces e mesmo cuartos e salóns recreados de época, descubrimos a historia deste famoso transatlántico que se afundiu antes de chegar a Nova Iork.
Texto redactado por Alba Fernández Martínez de 3ºde Primaria Debuxo do Titánic feito por Iria Lameiro Álvarez de 3º de Primaria

O TITÁNIC.-

En abril os nenos de 3º e 4º de Primaria coñecemos máis de cerca o peirao de Vigo.Alí descubrimos as escaleiras ó baixar a marea e o lugar onde amarran os cabos os barcos. Asistimos na lonxa á subasta de peixe, onde había enormes peixes espada. Gustounos moito esta visita.

VISITA Ó PORTO DE VIGO.-

BARCOS E MARES

A NOSA VIDA NA ESCOLA

15

16

Este ano celebramos un magosto especial no cal nos solidarizamos con Guatemala e a maioría dos alumnos e alumnas participaron por cursos nunha carreira no patio do colexio. Cada neno tivo que cubrir unha ficha de inscrición indicando a cantidade de cartos que doaría por cada volta que realizara, buscando amigos e familiares para que os patrocinasen.

CARREI RA DE SOLI DARIEDADE CON GUATEMALA

A NOSA VIDA NA ESCOLA

Tódolos euros recadados pola comunidade escolar foron enviados a unha conta do Instituto Vita et Pax ó cal pertenece a nosa compañeira Mª Jesús Laveda, sendo a persoa encargada de entregalo en man aos damnificados polas recentes inundacións en Guatemala.

Os meniños de Educación Infantil tamén correron con ganas. Aquí están preparados para comezar a carreira. A profe Leo e Sara de 4 anos, aportaron o seu esforzo para axudar ós máis necesitados

Tamén os maiores correron en prol das familias de Guatemala que quedaron sen fogar. É salientable a aportación dalgúns alumnos que se preocuparon de buscar moitos padriños e conseguiron pola súa carreira 60 €.

A NOSA VIDA NA ESCOLA

Nestas imaxes vemos como compiten deportivamente e por unha boa causa, alumnos e profesores de ESO. Os nenos de 3º decoraron unhas camisetas na clase de plástica con motivo da carreira. Tamén fixeron unha especial e lla enviaron a Mª Jesús Laveda a Guatemala.

17

Os máis pequenos sempre estiveron axudados polos maiores. A pesar de ter as pernas pequenas, sóbralles corazón...

18

A NOSA VIDA NA ESCOLA

VISITA Ó MONTE

Anxo Saborido e Roberto Leándrez, membros de ADENCO, explícanlle ós nenos de 4º e 6º de E.P. da Inmaculada o mundo dos cogumelos. A pesar dos nomes “raros” que teñen a maioría, os rapaces aprenderon a nomealos.

No mes de Novembro un grupo de alumnos de 4º e 6º de Educación Primaria visitaron un monte cercano ó centro escolar. Antes da visita, as profesotras ensinámoslles cales eran as especies máis importantes a observar, de cogumelos, árbores ou pequenos animais como réptiles e pisquiños. Anxo Saborido e Roberto Leándrez, membros do grupo ecoloxista ADENCO (Asociación para a Defensa da Natureza no Condado), prestáronse de xeito voluntario para axurdarnos ás profes. Ben coñecedores do hábitat do bosque, dada a súa tra-

xectoria en prol da natureza, conseguiron que rapaces e profesoras gozaramos dunha xornada moi gratificante e educativa.

O que máis lles chamou a atención ós nenos foron os cogumelos. Non paraban de preguntar se eran velenosos ou non. Aquel día aprenderon que observando con atencióna a natureza, eran quen de descubrir cogumelos mimetizados co chan. Tamén aprenderon os nomes dalgúns.

Paseando polo bosque en silencio, escoitamos o canto de diversas aves e ata chegamos a observalas. Anxo amosounos un niño que colocara hai varios

Os nenos seguiron en todo momento as explicacións de Anxo e Roberto. Tamén as profesoras Luz de 6º, Fina de 4º e Susi contestaron ás preguntas dos rapaces. A todos lles gustpu moito a excursión ó monte e quedaron con ganas de repetir.

anos, e os nenos lle preguntaron que tipo de paxaros vivían nel. Algúns réptiles saíron o noso paso e nos acompañaron na visita.

A NOSA VIDA NA ESCOLA

19

Cerca do río descubrimos varios tuberías de augas residuais que vertían directamente sen pasar pola depuradora. Cheiraba moi mal. Pasamos por algúns sitios onde a xente tira lixo. Son vertedeiros incontrolados que temos que eliminar.

Como resposta á visita guiada de Adenco, o colexio da Inmaculada colaborou facendo estes carteis de árbores froiteiras, plantas mediciñais e árbustos de monte baixo que aquí vedes. Formaron parte da exposición que fixo este grupo ecoloxista sobre plantas galegas

20

Despois de probar o ricas que estaban as castañas asadas, os nenos fixeron outra actividade de cara a futuras celebracións. Cada neno trouxo un bote de tetrabick e unha castaña. Algúns aportaron terra da casa e xuntos organizamos unha xornada de plantación que vedes aquí. Os maiores, sempre dispostos, axudáronlles ós máis pequenos que pasaron unha mañá moi divertida. Ó finalizar, cada neno colocou o seu bote contra o muro de pedra para protexelo do vento. De cando en cando os nenos tiñan que vixiar como ía a castañiña. Cando medraron, xa no mes de maio, o Sr. Antonio plantounas na terra para poder o ano que vén traslasdalas ó monte o Día da Árbore e plantalas no patio. Das 300 castañas plantadas conseguiron agromar ¡80!, todo un éxito do que nos sentimos moi orgullosos. Dentro duns anos no patio do cole haberá unhas grandes árbores das que comeremos ricas castañas e que nos darán sombra nos meses de máis calor.

PLANTANDO CASTAÑAS
A NOSA VIDA NA ESCOLA

Rosalía de Castro, 6. Tlf: 986-660826 PONTEAREAS

A NOSA VIDA NA ESCOLA

21

Sempre colaborando, os rapaces maiores axudaronlles os máis pequenos a facer a sementeira.

22

varanda das escaleiras que sobe ás clases de 5º, 6º de Educación Primaria e á biblioteca. Arrimado ó muro das escaleiras colocouse un Belén e unha árbore do Nadal e colgáronse do teito motivos navideños. Ó estar o Belén situado nun lugar frecuentado por tódolos nenos e pais, vivírono con moita intensidade. Tamén se adornou a entrada do colexio na parte de secretaría e dirección, e animouse ás mestras a que adornasen as clases, portas e fiestras. O equipo organizador pedíulle a todo o profesorado do centro que lle pedísen ós seus alumnos que debuxaran postais con motivos navideños e que elexiran as mellores. O día un de decembro o equipo organizador recolleu as mellores postais de cada curso e selleccionou a gañadora , que foi a que se levou á imprenta para entregarlla ós pais dos nenos xunto coas notas. O día dezanove de decembro ás 13 horas celebrouse na capela do colexio unha Pastoral para os alumnos de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria á que asistiron un numeroso grupo de pais que participaron activamente na celebración, que resultou moi emotiva. Ese mesmo día tamén remataba a data para a recollida de alimentos da “ Operación Kilo” que estaba promovida pola parroquia, para poder satisfacer minimamente as necesidades das familias menos favorecidas. Resultou satisfactoria pois a resposta por parte dos alumnos foi bastante boa. O día vente e un de decembro celebrouse na Igrexa Parroquial una Eucaristía para tódolos alumnos a partir de 3º de Educación Primaria ata 4º da ESO .Ese mesmo día entregáronse os traballos e as notas do primeiro trimestre ós alumnos de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.

Na última semana de novembro adornáronse as entradas do colexio e a fachada principal. Este ano por primeira vez o equipo organizador quixo darlle maior realce á celebración do Nadal tentando que cada rincón do colexio manifestase o espiritu navideño. A festividade do Nadal este curso celebrouse coas actividades seguintes: primeiro adornouse a fachada do colexio con guirnaldas verdes e rosetóns vermellos e despois adornouse a

FESTIVAL DE NADAL
A NOSA VIDA NA ESCOLA

A NOSA VIDA NA ESCOLA

23

O día 22 de decembro rematou a celebración cun festival no Auditorio Reveriano Soutullo, na que cada curso participou con panxoliñas, bailes, teatro.... Ó rematar o devandito festival entregáronse as calificacións do primeiro trimestre ó resto dos alumnos dende 3º de Educación Primaria ata 4º da ESO.

Postal feita por Sandra Fernández de 6º, gañadora do concurso, coa que se felicitou ós pais dos nenos as Festas de Nadal.

24

A NOSA VIDA NA ESCOLA

Os alumnos de 4º de Educación Primaria bailaron unhas panxoliñas moi marchosas. Ata levaban gorros de Papa Noel con luz e todo!. Os de 5º de E.P. ademáis do gorro tiñan guitarras acústicas de plástico e fixérona boa.

A entrada do cole adornouse con guirnaldas, papás noeles e árbores de nadal. As profes reuníronse para deixar este recordo fotográfico e desexarnos a todos un feliz nadal e que no cole todo siga indo moi ben.

¡¡BOAS FESTAS!!

SAÍDAS DE PRIMARIA

A NOSA VIDA NA ESCOLA

25

NA AUTOESCOLA.No mes de febreiro os nenos de 2º de E.P. acudimos á autoescola de meu pai para aprender educación vial. Aprendemos a circular pola rúa como peóns, como ir en bici e no coche. A clase gustounos moito e nos invitaron a pasteis. Eu estaba moi contento porque por un día meu pai foi o profesor. Aleix

NA LUDOTECA.-Os nenos de 2º de E.P. tamén foron á ludoteca. Alí xogan, len e escoitan contos moi entretidos.

NO TEATRO

26

A NOSA VIDA NA ESCOLA

Na celebración do “Día da Paz” as actividades que levamos a cabo en cada aula tiveron como marco de referencia o Obxetivo Xeral marcado polo Centro da Inmaculada “Xuntos medramos traballando no respecto ós demais e defendendo a igualdade e a xustiza”. É de suma importancia educar os nenos na cultura de Paz . Seguimos crendo que un mundo mellor é posible, un mundo xusto con igualdade de oportunidades para todo-as. É a nosa intención reforzar os valores da paz, respecto, tolerancia...a pesar de vivir nunha sociedade movida polo constante consumo e “tanto tes, tanto vales”. Estamos convencidos de que se somos responsables uns doutros e todos do noso entorno, favorecerase un maior clima de respecto e convivencia. Todos os alumnos da Inmaculada participaron nas actividades levadas a cabo nas respectivas aulas, e todos puxeron en práctica o aprendido. O día 30 saímos ó patio do colexio para facer unha muralla humana, xuntamos as nosas mans e baixo o son de Ana Belén e Victor Manuel escoitamos e cantamos a canción “La muralla”. Foi unha muralla simbólica na que deixamos que tanto o ben como o mal entrasen nela, pero.... non deixamos que o mal reinase dentro da humanidade e menos entre todos nós. Palabras como discordia, envexa, odio, racismo, intolerancia... foron devoradas por unha fogueira para ser afastadas da nosas vidas, e do noso entorno escolar. Somos e seguiremos sendo construtores de Paz. EU SON CONSTRUTORA DE PAZ Eu e cada un de nós somos construtores da paz, aínda que, ás veces, fagamos o contrario. Temos a opción e a capacidade de facer a paz, de realizar as nosas accións sen violencia, sen guerras... Cada un de nós pode facer moito e ten moitas maneiras de evitar situacións de viloencia ou rexeitamento. Por exemplo, cando alguén pensa distinto, fai algo que non nos gusta, nos fai dano, etc. en vez de pegarlle, berrarlle... e resolvelo pola forza e de malas maneiras, podemos comezar por intentar dialogar con el, dar a nosa opinión... sen usa-los malos modos para nada. A paz non se rompe só coa violencia, tamén coa actitude, as accións, as malas contestacións... Cando non hai paz un non pode ser feliz e a felicidade é algo moi importante que precisamos cada un de nós. Se a xente se parase un pouco a falar, pensar e reflexionar habería moitas menos guerras e violencia.
Belén Álvarez 4º ESO

DÍA DA PAZ

A frase “Dar é bo ” é moi certa, pois é un acto moi bonito o de dar algo teu a outra persoa que non pode telo. Non debería existir o egoísmo no mundo, todos teríamos que saber compartir unha parte do que nos pertence e experimentar, deste modo, a satisfacción que produce a xenerosidade e o preocuparse dos demais. Cando compartes algo con alguén non só estás compartindo esa cousa, obxecto, etc. senón que tamén estás entregando unha parte do teu corazón. Compartir significa moito para min; gústame compartir cos demais, pero tamén que os demais compartan conmigo. E algo que hai que ter en conta é que nunca se debería dar esperando recibir algo a cambio; o feito de dar sen esperar recibir, fai deste un acto algo moito máis bonito.
Paula Lillo Bouza 4º ESO

Dar é bo, compartir é mellor

A NOSA VIDA NA ESCOLA

27

Nestes momentos nos que o mundo vive confuso, violento e desconfiado, xorde a necesidade de que existan persoas que queiran construír a paz co que está nas súas mans. Segundo teño observado, ningún de nós podemos cambiar o mundo radicalmente, aínda que é posible colaborar para que o noso ambiente, o noso redor, mellore. En primeiro lugar creo que todas as persoas teñen dereito a vivir en paz e gozar dos seus dereitos con liberdade, sen que ningunha circunstancia exterior impida que a súa vida se desenvolva con normalidade. A continuación, na miña opinión, debería cambiar a conciencia da xente en canto ó mito de “eu non podo facer nada”ou “eu non podo solucionalo”, porque, aínda que é

AS PERSOAS COMO CONSTRUTORAS DE PAZ

certo que non podemos soluciona-los problemas a escala mundial, si que podemos evitar moitas das situacións de conflitos que vivimos diariamente.Un simple xesto, unha palabra bonita, unha pequena axuda pode evitar un ha situación de “guerra”entre as persoas. Por último considero que os gobernos e a ONU deberían actuar e mediar nos conflitos mundiais. Aínda que isto non está non está nas nosas mans, creo que é importante que a sociedade adopte os valores da xustiza, da liberdade, da igualdade, da empatía dos que a todos nos gustaría gozar. Tendo en conta o anterior, cada un de nós podemos construír a paz no noso entorno, é un pequeno esforzo co que contribuír a un mundo onde todas as persoas poidan vivir felices.
Alba Otero R 3º ESO

Eu creo, que a paz non é algo tan difícil de conseguir como se cre. A xente pregúntase “ como vou logra-la paz? como fago eu para frea-la guerra?” a xente di “eu cambio de goberno, porque este está a favor de axudar a outros na guerra” e despois, chega a casa e pégalles e bérralles ós seus fillo; chega ó traballo e fai sentir inferiores os seus compañeiros... pero el, nos seus adentros, pensa que xa cumpriu e xa logrou construír a paz. Eu realmente pregúntome: “por que ir construír a paz tan lonxe, podándoo facer ó teu lado? Non sería mellor que deixase o goberno en paz e que chegase a casa e bicara os seus fillos, porque os botou de menos no seu día laboral? Como este, miles de exemplos máis. Realmente pódese construir a paz, pero a paz debes comezar a construíla no teu entorno e aínda que haxa situacións inxustas neste mundo, non se pode cambiar todo dun día a outro. Constrúe a paz ó teu arredor e xa chegará un día en que esa paz que ti comezaches, chegue a tódolos rincóns Ana Abalde 4º ESO do mundo.

28

PARA MAMÁ E PAPÁ
A NOSA VIDA NA ESCOLA

Para felicitar os papis e mamis no seu día, todos os nenos preparan algún regaliño no cole. Os de 5º de Primaria fixeron este cartel tan bonito. Os de 2º confeccionaron un marcapáxinas moi colorido para que cando lean non perdan a folla.

MOITAS FELICIDADES!

AXENCIA DE PONTEAREAS
Telf: 986-661800 Fax: 677-475915 Móbil: 677-475915 Rúa Amado Garra, 11 bajo 36860-Ponteareas e-mail:seguros@marpi.net

DIA DO LIBRO
Este ano o día do libro adicouse a Juan Ramón Jiménez celebrando o 125 aniversario do seu nacemento. Os alumnos da E.S.O. fixeron unhas maquetas e uns paneis informativos representando a súa vida e obra que estiveron expostos na entrada do colexio. Como complemento días máis tarde saíron do centro para ver a representación da obra “Fuenteovejuna” no teatro García Barbón de Vigo.

A NOSA VIDA NA ESCOLA

29

Y yo me iré. Y se quedarán los pájaros cantando: y se quedará mi huerto, con su verde árbol y con su pozo blanco.

Todas las tardes, el cielo será azul y plácido; y tocarán, como esta tarde están tocando, las campanas del campanario. Se morirán aquellos que me amaron; y el pueblo se hará nuevo cada año; y en el rincón aquel de mi huerto, florido y encalado, mi espíritu errará, nostálgico...

Ademais os alumnos confeccionaron uns cómics onde se representaba esta obra de Lope de Vega.

Y yo me iré; y estaré solo, sin hogar, sin árbol verde, sin pozo blanco, sin cielo azul y plácido... y se quedarán los pájaros cantando.

El viaje definitivo. Juan Ramón Jimenez

30

A NOSA VIDA NA ESCOLA

No mes de outubro os alumnos da E.S.O. viaxaron ata O Grove. Subidos a un catamarán observaron o fondo da Ría de Arousa e as especies que a habitan, descubrindo a través do cultivo de bateas por qué Arousa é un dos enclaves máis productivos da costa galega. Xa no Acquarium, cunha visita guiada, os nenos coñeceron as especies animais e vexetais que habitan nas rías galegas. Algúns atrevéronse a coller na man pequenas estrelas e ourizos de mar. Tamén se decataron do perigosos que son para os cetáceos marinos os restos de lixo que o home bota no mar. Nas piscinas de polvo e rodaba llo explicouselles a cría en cautividade destes “produtos de consumo”. O xantar foi na Illa da Toxa e a xornada completouse no pobo de Combarro onde os nenos visitaron os canastros que fan famosa a esta vila mariñeira.

MUNDO SUBMARIÑO

Debuxo feito por Aitana Alonso Ibáñez de 2º de E.P. para o concurso Fertiberia

A PROFE PILAR, MADRIÑA..

A NOSA VIDA NA ESCOLA

31

O curso pasado xubilouse a nosa querida profe Pilar. Os nenos da Inmaculada como a botábamos de menos fixémoslle unha festa na que a nomeamos “Madriña dos Nenos”. Emocionouse moito e a pobre ata chorou. A directora Rosa colocoulle unha banda moi bonita na que dicía: Madriña dos nenos da Inmaculada. Despois contounos moitas cousas e díxonos que tiñamos que ser moi bos. Tamén dixo que nos quería moito e que ía a facernos máis visitas. Ó final mandounos un bico moi, moi grande para todos nós. Despois os profes celebraron a visita cuns pasteis e moitos chistes.

32

A NOSA VIDA NA ESCOLA

Durante a 2ª avaliación, os alumnos de 3º de ESO tiveron que facer láminas con carboncillo e sanguina. Esta é unha pequena mostra do resultado.

GRANDES ARTISTAS

Bodegón, nativo africano e paisaxe feitos por Antía Mouriño de 3º de ESO

Bodegón feito por Alba Otero e barca feita por Saray Castro .Alumnas de 3º de ESO

A NOSA VIDA NA ESCOLA

33

Flores, Pizarro, pobo da montaña, ramo e dama feitos por Montse Abril de 3º de ESO. Velliño feito por Roberto Álvarez e león debuxado por Patricia Ledo, alumnos do mesmo curso

ENTROIDO FLORIDO!

36

Que mellor maneira de celebrar a defensa da natureza que cun entroido florido. Como actividade no proxecto “Voz Natura” tamén ese día loitamos por acadar un maior respecto cara o noso entorno. Fixemos un cartel invitando a todo o mundo a colaborar con nós. Co lema “Xuntos coa Natureza” desenvolveuse este ano un desfile moi peculiar: Abria o mesmo unha hedra moi verde que se enredaba con todos; froitas do bosque abríanlle o apetito ós coelliños e raposos, mentras que flores e bolboretas enchían a comitiva de preciosas cores. As vacas muxían ó ser ordeñadas e os espantallos vixiaban por se algún pisco estragaba a colleita. Tamén os maiores noutra onda quixeron amosar a súa preocupación polo coidado do medio ambiente; así se vestiron de pilas, de limpadores do chapapote nas praias ou de defensores da vida natural O colofón da festa do Entroido rematou na Praza Maior nun escenario con coplas satíricas e coa queima do Meco.

A NOSA VIDA NA ESCOLA

A NOSA VIDA NA ESCOLA

37

O grupo de 3º de ESO dividiuse entre mariposas e defensores do uso da bicicleta. As primeiras son se deixaron cazar a pesar do tamaño da rede. Os ciclistas fixeron un cartel e reivindicaron roteiros para pasear e unha cidade sen fumos.

38

A NOSA VIDA NA ESCOLA

Este ano o día das Letras Gelegas homenaxeaba a figura de Manuel Lugrís Freire, persoaxe que destacou non só pola súa producción literaria senón tamén pola defensa que, durante toda a súa vida, fixo da cultura e a lingua galegas.

LETRAS GALEGAS

No colexio este curso, ó igual que fixeramos o ano anterior cos maios, quixemos recuperar tradicións xa case esquecidas no noso pobo como son os papaventos. En tódalas clases de Primaria e Secundaria os alumnos, coa axuda das súas mestras, elaboraron vistosos papaventos que tentaron facer voar no patio o día da celebración das Letras Galegas; moitos deles adornaron o ceo co seu vo, pese a que ese día non había moito vento.

E para non esquecer o aprendido o curso pasado, os alumnos de Secundaria disfrutaron confeccionando

uns coloridos e frondosos maios. Os rapaces trouxeron todo o necesario para adornalos: fiuncho, flores de diversos tipos e cores, froitas, etc. e con todo isto, entre bromas e bo ambiente, adornaron estas figuras de exaltación da primavera. Ademais completaron esta

Durante toda a semana en tódalas clases se desenvolveron actividades relacionadas con Manuel Lugrís e

actividade coa composición dunha copla que é un elemento imprescindible nos maios. Esta copla cantárona todos xuntos o día da festa das Letras Galegas.

A NOSA VIDA NA ESCOLA
con outros aspectos da nosa cultura: elabaroráronse mapas temáticos sobre gastronomía, festas e romarías, parques naturais, escritores, etc. Os máis pequenos coñeceron algo máis da nosa cultura a través dunha actividade que lles gusta moito: a pintura. Eles colo rearon papaventos e outras figuras coas que adornaron as fiestras das súas clases.

39

O día 19 todos xuntos disfrutamos da Festa das Letras Galegas. Nesta celebración puidemos escoitar a un grupo de alumnas de Primaria que nos deleitaron con varias pezas tradicionais, tocadas coa pendeireta e acompañada coas súas voces. Tamén representantes de cada curso de Secundaria fixeron de “contacontos” e narraron historias sobre unha nena moi traste chamada Silvana, un conto sobre un morto un pouco vingativo, a historia dunha toupeira ou unha reflexión sobre o medo que nos fixo rir a todos.

Como remate desta festa, todos xuntos cantamos o himno galego e gozamos comendo os deliciosos postres que alumnos e profesores trouxeron.

DEFENSA DO GALEGO

Pra min o galego vai máis alá de todo iso, xa que eu o que penso é que o galego é a nosa identidade, é algo que vaimos onde vaiamos, esteamos onde estamos sempre estará connosco. É un sinal de identidade que debemos de intentar perseverar xa que hoxe en día cada vez o galego está máis apartado da nosa vida cotiá e sobre todo da xuventude. Moitos o consideran como unha lingua de xente pouco preparada e sen cultura pero niso estamos moi equivocados xa que o galego é cultura , a nosa CULTURA!! Clara Freitas Rodríguez 3º ESO

Pra outros, sen embargo, o galego é esa lingua que os nosos antepasados falaban, na que crían e defendían, xa que era un parte moi importante deles e que os facía diferentes e pero que, en realidade, é unha lingua sen utilidade e que non serve para nada.

Que é pra nós o galego? Pois para moita xente o galego é un parte de nós, unha forma de ve-la la vida ,unha maneira de pensar,….

40

A NOSA VIDA NA ESCOLA

No silencio desta noite, na negrura solitaria, desexa que esteas cerca , mais é un soño, non é nada. Os teus ollos son a luz, e deslumbra o teu mirar, a túa voz é esa música que sempre a acompañará Desexa que a claridade, o teu sorriso, o teu mirar atravesen esta noite para vi-la rescatar

Esperta na noite escura , ninguén a pode salvar, da soidade, da tristura, que non a deixa respirar

ALMA ROTA

Chora porque está soa, só as estrelas a acompañan, saloucos na noite escura, escoitaránse onde vaia Desacougo, anguria, dor, e é que ela non pode máis, os latexos son moi febles, por fin xa descansará.

Estreliñas, que a iluminan, fan que queira regresar, mais nun intre, chega á lúa e alí bótase a chorar

Unha alma, silandeira, comeza xa a voar, vaise lonxe, onde nunca, ninguén a poida alcanzar

Pingas de tristura e lume, que comeza a derramar, oxalá con elas marche, o que a fai desesperar

Alba Otero Represas 3º E.S.O.

Teatro, contacontos, pandereiteiras, relatos e reivindicacións da lingua marcaron os actos do Día das Letras Galegas

A NOSA VIDA NA ESCOLA
COPLA MAIOS

41

O maio de Ponteareas chega pola Inmaculada (bis) vén cheiño de cores e tamén de moitas flores (bis)

Letras galegas, letras galegas hoxe imos cantar, aínda que non somos xenios non o facemos tan mal (bis)
Na Inmaculada esperamos o maio con ilusión (bis) cantamos, non temos clases, e iso é o mellor. (bis)

Letras galegas, letras galegas hoxe imos cantar, aínda que non somos xenios non o facemos tan mal (bis)

No día das Nosas Letras hai moito que celebrar, nós tamén temos un maio, e agora ímolo ensinar, máis vale que vos guste moito houbo que traballar (bis)

As profes tamén entonaron o Himno Galego, claro que ó lado de Rosa todas desafinaban... EU SON O GALEGO

Eu son o galego, eu son a vosa lingua, a min renunciades co paso do tempo...

Son unha lingua románica...Iso quere dicir que levo centos de anos formándome, anos de desenvovemento , anos de evolución, e para que? Para que agora vós, galegos só de nome, renunciedes a min. Renunciades á vosa identidade, a vosa marca de nacemento...que ocorre? considerádesvos demasiado bos para por na vosa boca palabras como soidás, ledicia ou agarimo? Credes que por falar a vosa lingua sodes de clase baixa? Que equivocados estades amigos...

Unicamente son iso para vós? Non me considerades nada máis que unha “lingua románica”? Sabedes o que significa iso? NON.

No diccionario veño definido así: “Lingua románica que se fala en Galicia e nas comarcas máis occidentais de Asturias, León e Zamora” .

Cantos homes e mulleres de fai tan só 60 ou 50 anos pagarían por estar na vosa situación, por poder expresar a súa cultura sen represións de ningún tipo, por dar a coñecer ó mundo os tesouros da vosa lingua, os meus tesouros...

Sodes afortunados por vivir no voso tempo, eu, durante a miña longa viaxe teño vivido situacións de fame, de dor, de perigo, e nunca xamais se renunciou a min, sempre fun a vosa marca, a vosa característica, o que vos fai diferentes e especiais. En min están todas as marabillas da nosa terra, gracias a min podedes expresar o que vedes, o que sentides, e sen embargo...en lugar de facer uso de min...desprezádesme Pensade, pensade na oportunidade que estades rexeitando, pensade que estades afundindo todo polo que se loitou durante anos, renunciando a min, non só renunciades a unha lingua, senón a vós mesmos.

Son o galego, son a vosa lingua, a vosa identidade, e debería ser tamén o voso orgullo. Alicia González Bouza 4ºESO

42

A NOSA VIDA NA ESCOLA

AS FLORES DE 3º

Como estabamos estudando as plantas en Coñecemento do Medio, os nenos de 3º de Primaria fixemos estes centros tan bonitos. Cando estiveron rematados chamamos á directora e lle entregamos un. O máis colorido levámosllo a Xesús que está na capela, e deixamos outro para adornar a clase, que agora está máis bonita. Pasámolo moi ben.

Debuxo feito por David Miguel Suárez Barros de 2º de E.P. para o concurso Fertiberia

A NOSA VIDA NA ESCOLA

43

MAXILUSIÓN

44

A NOSA VIDA NA ESCOLA

O día 22 de marzo, e despois de aprazar varias veces a actividade por mor da chuvia, os alumnos de Secundaria do Colexio da Inmaculada subimos ó Monte Picaraña, ós terreos cedidos pola Comunidade de Montes Veciñais de Ponteareas. Acompañados polas profes e asesorados por axentes forestais do Distrito XVII do Condado Paradanta, fixemos máis de 60 buratos nos que un ano máis, plantamos árbores caducifolias. Castiñeiros e carballos foron as especies máis abundantes. Tamén plantamos capudres, abelaneiras e amieiros. Cada arboliño foi apadriñado por tres nenos e lle puxemos unha etiqueta co nome correspondente, e a data Estes tres xardiñeiros traballaron máis no monte que Despois, na clase e demostraron que poden ser profesionais do antes de monte taparlle a raíz por completo, botámoslles unhas boliñas de substancias nutritivas para que medren antes. Os días seguintes choveu moito, polo que case estamos seguros de que prenderon todos. De paso revisamos os que plantaramos en anos pasados e nos puxemos moi ledos ó comprobar que estaban en bo estado. Dentro duns anos esta zona antes pelada, estará chea de frondosas plantadas polos alumnos do Colexio Inmaculada.
Despois de rematar a plantación, os axentes do Distrito Forestal nos regalaron arboliños para que coidemos na casa ata o ano que ven. Como se ve, todos os nenos participaron activamente na experiencia no monte

DÍA DA ÁRBORE

A NOSA VIDA NA ESCOLA

45

Como xa é habitual dende hai varios anos, ó rematar a plantación, nenos e profesores colaboraron coa limpeza do monte. Este ano percorremos a zona das mesas de pedra que hai nas “Chans”. Conseguimos enches 5 bolsas de lixo, nas que separamos cartóns e papeis, latas e plásticos e botellas.

As profes Chus e Susi tamén axudaron na plantación. Algúns nenos non colleran certas ferramentas nunca, pero con empeño e dedicación todo saiu bordado.O peor é o vandalismo dalgúns desaprensivos que non respectan a natureza.Invitámosvos a subir as Chans e admirar o noso traballo.

46

O 5 de abril e despois de celebrar o Día da Árbore uns gardas forestais viñeron a explicarnos o que non se debe facer cando visitamos o monte. Nos contaron os problemas tan graves que ocasionan os incendios e nos amosaron a equipa de extinción que ten cada axente forestal para non danarse. Cando se consegue apagar un lume o aspecto do monte é desolador. Empezan entón as tarefas de repoboación. Dixéronnos que coa plantación de frondosas estábamos a facer un traballo moi importante, e non digamos coa limpeza de lixo. O que máis pena nos deu foron as imaxes dos animaliños atrapados polas lapas. Deberían endurecer as penas ós pirómanos xa que según nos explicou o axente Marcial, case o 90% dos lumes son provocados. Con este tipo de actividades correspondentes o “Proxecto Voz Natura”, os nenos da Inmaculada aprendemos a ser máis respetuosos co medio ambiente.

CHARLA DOS FORESTAIS
A NOSA VIDA NA ESCOLA

PAPIRUS: En abril os nenos de 3º e 4º de E.Primaria asistiron á obra de teatro titulada “Papirus”. Esta representación deulles a posibilidade de comunicarses máis alá da palabra.Foi un teatro cheo de humor e imaxinación, na que todo o que rodeou ó espectáculo estaba feito con papel. A obra trata de dúas persoas que se atoparon un día e dende ese momento, con xestos, nos contan como viven, en que traballan, e como pensan construir un refuxio para os dous.

TEATRO PARA NENOS

A NOSA VIDA NA ESCOLA

47

“EL DESVÁN HECHIZADO”.- Os rapaces de E. Infantil e de Primeiro e Segundo de Primaria asistiron á función de “El Desván Hechizado”, na que unha bailarina sen corazón sufría un feitizo que lle impedía bailar ata que fose unha nena boa. Ó final, despois de moitas trastadas, pide perdón e se desfai o feitizo.

POMOS A MESA

O meu pai veu á clase e deunos unha charla de como se pon a mesa para xantar. Díxonos que o coitelo se pon á dereita e o garfo á esquerda. Tamén nos ensinou a dobrar os panos. As copas que se poñen son unha de auga, unha de viño branco e outra de viño tinto, e se imos brindar tamén necesitamos a de champán que é máis fina e alta. Se tomamos tarta póñense os garfiños e as culleriñas. Como estivemos estudando os alimentos, a profe Mª Carmen díxonos que hai que comportarse moi ben na mesa e masticar ben antes de tragar. Nunca debemos deixar comida no plato. A mesa xa está posta.¡TODOS A COMER! Lorena Carracedo Rodríguez. 2º E.Primaria

Grazas p or m ercar no comercio do noso pobo
Asociación de Comerciantes de Ponteareas
Telf: 986-669902. Rúa de Oriente, 18- 2º. Ponteareas

48

A NOSA VIDA NA ESCOLA

En decembro de 2005, varias persoas de Ponteareas viaxaron ós campamentos de refuxiados saharauis en Tinduf. Algúns eran pais de alumnos do centro e viñeron ás clases dos máis pequenos a contar a súa aventura. Tamén tivemos a ocasión de coñecer de primeira man a situación dos nenos coa charla que amablemente nos deron no salón de actos, Bernardo Porto e Adolfo Álvarez Tombo, Presidente e Delegado no Condado Paradanta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui,respectivamente e Ali Selem, membro adxunto do Frente Polisario Os alumnos de 3º de ESO nos traballos do Día da Paz fixeron uns murais temáticos sobre a situación xeográfica da RSDA, a ocupación marroquí, os motivos políticos e económicos que provocaron a mesma, o desamparo das institucións gubernamentais, a situación actual,o modo de subsistencia, as axudas das ONG,s, etc. Estes murais estiveron expostos no pasillo de secundaria e tamén durante a charla. Os rapaces amosáronse moi críticos coa información que ían obtendo na elaboración do traballo. Semanas máis tarde, por mor das chuvias torrenciais que asolaron os xa precarios campamentos, todos os membros do colexio colaboramos enviando cartos, arroz e lentellas para tratar de paliar a situación. Tristemente saltou nese momento á primeira páxina da actualidade, a situación dos refuxiados saharaius. Tristemente foi entón cando a comunidade internacional enviou axuda humanitaria de emerxencia ante o dramático caos provocado polas chuvias. Nese momento nos que se conmemoraba o 30 aniversario da declaración da RSAD, no que se celebraba a resistencia á ocupación, a loita sen cuartel pola dignidade deste pobo, no que se empezaban a consolidar con máis forza as bases e institucións sociais e políticas desta nación,é cando sobrevén unha catástrofe natural, como se o castigo sufrido ata entón non fose suficiente. Paradoxicamente o estado español e outros, enviaron axuda humanitaria para paliar a desgraza, cando levan todos estes anos ignorando e desatendendo as súas responsabilidades cos miles de refuxiados. Quizás agora se marque unha inflexión e se poida aproveitar o drama engadido das chuvias, para que a ONU se faga valer e os gobernos empecen a cambiar as súas políticas internacionais. Quizás é o momento da verdade para o pobo saharaui e moi pronto poidan destruir ese muro noxento que os separa do mar e gozar dende as súas casas da brisa do Atlántico. No colexio da Inmaculada adoptamos este curso o lema “Xuntos medramos traballando no respecto ós demais e defendendo a igualade e a xustiza”. Tentamos ensinarlles ós rapaces que o máis importante deste mundo son as persoas, e que actitudes de opresión, inxustiza, mentira e senrazón non levan a ningures. Parece utópico pero temos que seguir avanzando, ainda que sexa a contracorrente neste camiño que é a paz Desexamos que o pobo saharaui e tantos outros que carecen de libertade e viven oprimidos atopen pronto unha solución a súa causa. Quizais os nosos alumnos, nun futuro non moi lonxano sexan persoas de ben e materialicen este obxectivo. Ánimo coa causa, ánimo cos proxectos, ánimo co espíritu.

O POBO SAHARAUI

A NOSA VIDA NA ESCOLA
VIDA COTIÁ NOS CAMPAMENTOS -As mulleres. As mulleres son as persoas encargadas de realiza-los rezos, amasa-lo pan, face-la comida, prepara-lo té,... Os nenos menores de 12 anos asisten á escola da wilaya, mentres os maiores desa idade permanecen escolarizados en internados. -O nacemento. Moitos saharauis teñen os seus fillos na súa propia jaima., debido á escasez de medios para o seu translado ó hospital.Ós sete días do nacemento, realízase unha gran festa onde os pais elixen un nome para o seu fillo. -Hospitalidade. O te e o seu ritual é a ceremonia coa cal se recibe a un visitante ou parente. Neste ritual realízanse tres rondas, sendo o primeiro vaso amargo coma a vida, o segundo doce como o amor e o terceiro suave coma a morte. As mulleres saharauis deben cociñar racións de máis, por se na hora de comer se presenta algún veciño. Zaira Outerelo, María Táboas e César Martínez de 3º de ESO OCUPACIÓN DO SAHARA: Os motivos que levaron a Marrocos a ocupar a RASD foron principalmente de dous tipos :económicos e políticos MOTIVOS ECONÓMICOS Pesca O Sahara posúe na súa costa, una gran riqueza. Trátase do banco pesqueiro máis importante do mundo, cunha extensión de máis de 150000 qm2, 200

49

especies de peixes, 60 especies de moluscos, e varias especies de crustáceos e cefalópodos. Ademais, o fondo do mar saharaui posúe tamén una gran riqueza en plankton. Desgraciadamente, esta riqueza está controlada por Marrocos e son moitos os países, entre eles España, que, aproveitando a situación; faenan nestas augas mantendo acordos con este país en lugar de facelo ca RASD. Minería e minas de fosfatos. Podemos citar entre os minerais atopados nesta zona,níquel, cromo, platino, ouro, prata e cobre; tamén na época colonial española houbo busca de petróleo. Aínda así,a súa riqueza máis importante son as minas de fosfato, que é o único mineral saharaui que se ten explotado. Para a súa extracción e transporte construíronse impresionantes infraestructuras, tales como unha cinta transportadora de 97 qm de longo ou un modernísimo porto. A pesar do seu baixo valor no mercado, os fosfatos son imprescindibles para case toda a industria moderna, os seus usos máis destacados son como fertilizante e na fabricación de medicamentos.

MOTIVOS POLÍTICOS A ONU nunca recoñeceu ningún tipo de relación entre Marrocos e o Sahara e por isto convocou un referéndum no que os saharauis puideran elexir o seu destino,que Marrocos contrarrestou coa chamada MAR CHA VERDE. Neste momento, no Sahara organizouse o Frente Polisario, mentras que en España se negociaba o destino da RASD. Desta maneira, o país dividiuse en dúas partes, unha para Marrocos que aínda a ocupa e outra para Mauritania que a abandonou algún tempo despois. España aceptou estas condicions a cambio de acordos pesqueiros e unha porcentaxe das minas de fosfato. Marrocos é un país que sempre soñou con facerse dono do GRAN MAGREB, e incluso nos colexios se transmiten estas ideas; mentras, O SAHARA DECLARA QUE NUNCA PERTENCEU NIN PERTENCE A MARROCOS. Antía Mouriño, Montse Jorge, Alba Otero. 3º de ESO

ECONOMÍA DO POBO SAHARAUI -Dende a antigüidade, o pobo saharauí tivo unha economía de subsistencia baseada principalmente no sector primario que alberga diferentes contidos como: • A PESCA: a riqueza das súas costas que posúe un dos maiores bancos pesqueiros do mundo e, tamén se extraen do mar o sal que é un importante produto no zoco(mercado) utilizado como moeda de cambio. • A AGRICULTURA: a agricultura case non existe, debido á falta de recursos para explotar as terras, só se limita a sementar graras (terreos arxilosos de subsolo húmido) especialmente a cebada, coa cal preparan a “chicha” ou fariña de cebada. A agricultura tradicional desenvólvese como unha actividade complementaria. Os terreos máis fértiles resérvanse para o cultivo de cereais e hortalizas. • A GANDEIRÍA: Os pastores nómades percorren enormes distancias en busca dos mellores pastos, servíndose para isto do camelo, que lle serve tanto de besta de carga como para consumo da súa carne, leite, e aproveita-la súa pel e pelo para as “jaimas”. Tamén hai rabaños de cabras e ovellas. • A ARTESANÍA: A artesanía representaba un modo de ingresos. En cada campamento estaba sempre presente a figura do artesán ou “majarreros” de nivel inferior na escala social. Estes realizan labores de coiro coma as “tazufras” ou sacos para transportar os seus útiles. Traballan a prata e, as súas mulleres tecen con pelos de camelo e cabra tira para as tendas que logo unen, colocando ás veces unha tela de separación o “benia” no interior . Viaxe Ó Sahara O día 19 de decembro o meu pai visitou a clase de 2º de primaria para contarnos a viaxe ó Sahara que el fixera na ponte da Constitución. Explicounos como era a paisaxe, como se facían as casas, como vivían, que era un campamento, unha jaima, un hospital de campaña, como eran as escolas, os animais que había, que cousas comían, como xogaban os nenos, como lavaban a roupa e cal era o papel das nais. Gustounos moito a charla, e cando rematou todos lle fixemos preguntas moi interesantes. Estou moi contento de que meu pai participara na chamada que a profe lles fixo a todos os pais que foran ó Sahara, e deque nos contara as experiencias vividas durante a viaxe.
Alexander de 2º de E. Primaria Tania Barbosa, Roberto Álvarez e Mª Otero de 3º de ESO

50

A NOSA VIDA NA ESCOLA

CLASES AMENAS

A NOSA VIDA NA ESCOLA

51

Ó longo do curso os alumnos de Ciencias Naturais, teñen a oportunidade de baixar ó laboratorio e facer algunhas prácticas. Os nenos de 3º de ESO estaban un pouco intranquilos ante a idea de diseccionar un ollo de tenreira ou abrir un corazón.Cando a profesora comezou a amosarlles a técnica, algúns puñan unhas caras de asco...¡menudos científicos de pacotilla!. Logo pouco a pouco, foron animándose pois a práctica era moi interesante, ata o punto de que moitos deles se encargaron de diseccionar os ollos e o corazón que a profesora leva sempre de máis. Observaron as aurículas e ventrículos, estiraron a arteria aorta, localizaron as válvulas, no corazón, e miraron a retina, o cristalino, a córnea e esclerótica no órgano da vista.Durante as leccións de Xeoloxía tamén estiveron traballando con minerais e rochas,.das que o colexio ten unha boa colección.Como complemento ás clases teóricas tamén repasan cada tema na sala de ordenadores, con xogos de inxenio, test, e abrindo determinados programas que lles axudan a comprender mellor os conceptos do curriculo.Ó longo do curso os nenos de todos os niveis visitan varias veces a sala de ordenadores. Os alumnos de Primaria teñen unha hora de informática á semana. Tamén van moito os maiores, igual que á sala de Video. Na aula de música Fran edúcalles o oído. Cando as contas aburren o mellor é aprender matemáticas utilizando a lóxica con “rompecabezas”

52

A NOSA VIDA NA ESCOLA

O NOSO PATIO

Este é o noso patio de recreo. Nel pasamos moitas horas os alumnos. Gústanos telo así cheo de árbores, flores e herbiña para descansar. Tamén temos bancos e xardiñeiras. O vindeiro curso plantaremos os castiñeiros que sementamos este ano. Así darannos sombra nos meses de verán, ainda que no outono haberá que ter coidado cos ourizos.. É un dos nosos mellores valores pois hai poucos colexios que teñan unha extensión tan grande adicada o lecer dos nenos. E non só xogamos no recreo, senón tamén despois das clases e polas tardes, ó saír de extraescolares. Tamén hai moitos papás e mamás que pasan bos ratos no patio. Nel celebramos os actos do Día da Paz, o Magosto, as Letras Galegas, a Carreira Solidaria, etc. Os profes ensínannos a mantelo limpo, e tiramos poucos papeis, pero se non fora pola adicación do Sr. Antonio non estaría tan bonito..

IMPRESIONISMO

A NOSA VIDA NA ESCOLA

53

Os alumnos da E.S.O. os días 10 e 15 de marzo acercáronse ata as instalacións da fundación Pedro Barrié de la Maza para disfrutar dunha coidada escolma de 41 paixases, presentados a través de pintores impresionistas: Courbet, Cézanne, Gauguin, Toulouse-Lautrec, Matisse, entre outros.Despois da visita comentada, os alumnos participaron nun taller didáctico.

Careta feita polos alumnos de 4 anos na clase da profe Leo con motivo do entroido

54

DEBUXOS DOS NENOS
A NOSA VIDA NA ESCOLA

Debuxo feito por Blanca, alumna de 4 anos da clase da profe Leo.

CONCURSO LIGA PILAS
A NOSA VIDA NA ESCOLA

55

Tres nenos e dúas profesoras, en representación do Colexio Inmaculada, foron a Compostela a recoller o primeiro premio do concurso. Aquí tedes a Silvia,de 5º, Mateo de 4º e Berto de 4º de ESO, posando co Conselleiro de Medio Ambiente. Despois da foto oficial, que saíu en todos os periódicos, beberon e comeron nun ágape exquisito de fin de festa.

Un dos obxectivos máis importantes do noso centro é o de fomenta-la reciclaxe e un dos produtos usados que hoxe en día non ten saída son as pilas. Hai xa 4 anos que nos propuxemos ser o centro de operacións de toda a bisbarra. Decidimos rescatar do lixo os miles de pilas que cada ano contaminaban o medio ambiente. Inscribímonos no concurso “Liga-Pilas” patrocinado pola Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e nenos, pais e profes empezamos a traer pilas usadas ó cole. Comezamos modestamente, xuntando no primeiro ano 500 quilos. En seguida outros colexios da zona coñeceron a nosa participación no concurso e trouxéronnos as súas. Nesta última edición, case xuntamos 4.000 quilos. Para satisfacción de toda a nosa comunidade escolar, este curso tamén quedamos clasificados no primeiro posto da nosa categoría. Varios nenos do cole en compañía das profesoras coordinadoras do concurso, viaxaron ata Santiago para recibir de mans do Conselleiro, as felicita-

cións polo traballo feito e os cartos do concurso.. Despois de escoitar a charlas de varios expertos, fomos agasallados cunha velada moi entrañable onde todos os participantes poidemos cambiar impresións. Os alumnos de 3º de ESO na clase de tecnoloxía traballaron sobre os tipos de pilas, as ventaxas e os inconvenientes de cada un, o dano que causan no medio ambiente, a comercialización, etc. Despois expuxeron o resultado nun mural, ante toda a clase. Este premio é unha das recompensas á posta en marcha do proxecto “Voz Natura” deste curso. O vindeiro curso , máis.......

56

A NOSA VIDA NA ESCOLA

O noso primeiro día de excursión, 0 luns 24 de abril, quedamos ás 10:30 na estación de autobuses. Cando chegamos ó aeroporto de Santiago, facturamos, e esperamos ata que o noso avión saíra. As profes Anuska e Chus repartiron os billetes e cando o collías, sentías que tiñas xa un pé en Barcelona, naquel soño polo que tanto loitamos e traballamos. Entramos no avión Spanair tremendo de ilusión e emoción, e chegamos á desexada Barcelona ás catro. Cando baixamos sentimos o cálido abrazo da cidade condal nos nosos rostros. Pola tarde fomos ó Aquarium, onde disfrutamos vendo os distintos animais mariños, dende peixiños, quenllas , estrelamares... ata as raias e os graciosos pingüíns. Ó acabar, trasladámonos a Salou, onde pasaríamos a semana, nun hotel que aguantou a nosa exaltación as catro noites que pasamos alí.Despois da cea baixamos á discoteca do hotel. Aínda que non habia ninguén, nós pasámolo moi ben e ensinámoslle ó camareiro os festeiros que somos os galegos. O martes foi o máis desexado por todos , xa que estavemos todo o día en PORT AVENTURA. Apenas chegamos, algúns valentes,entre eles Anuska non tardaron en inaugura-lo día no Dragon Khan, onde deixaron a voz. Antes de ir comer, acercámonos ó Huracan Condor (Lanzadeira), algúns sentimos pánico e dixemos que non montabamos nin tolos. Pero decidimos agardar na cola pra velo de preto. Cando estabamos a un paso de montar todo se escureceu na nosa mente, sentimos pánico, terror, todo o malo que se pode sentir. Montámos e comezamos a subir, e canto máis subías, sentías que de alí non saías. Ó chegar arriba de todo (100 metros de altura) fixéronos a foto de recordo e... ¡fum! soltáronnos. Non podíamos nin berrar. Cando chegamos abaixo, tremíamos como vimbios, pero estabamos orgullosos por conseguir montar na lanzadeira máis grande do mundo. Despois fomos comer na “Cantina” onde tamén vimos a actuación de mariachis. O día seguíu nesta dinámica, adrenalina, terror, risas... Cando chegamos ó hotel preparámonos e fomos de novo á discoteca, había máis xente xove, pero aínda así fomos os galegos os que marcamos o ritmo e a diversión. O mércores voltamos a PORT AVENTURA. Tiñamos, tamén, a opción de ir a COSTA CARIBE, o parque acuático. Non fomos todos, só un pequeño grupo, pero segundo os que foron non estaban abertos os tobogáns exteriores, só os interiores e non lles gustou moito. Despedimonos do parque temático con moita pena, deixaramos os nosos problemas e as nosas almas a 100 metros de altura, aló arriba, na lanzadeira. Este día si que houbo movemento na Discoteca, e os franceces e ingleses moveronse ó son da... ¡Macarena! O xoves foi un dia duro, xa que estabamos todos moi cansos. Collemos o ferrocarril (nunha viaxe patrocinado por Renfe, xa que, ó non pasar o revisor, fomos gratis) con destino Tarragona e tivemos que camiñar moito. Alí, vimos o ANFITEATRO, o MUSEO, a ZONA VELLA e a ZONA NOVA, pero a pesar do cansanzo tivemos un ratiño para facer as nosas compras. Camiñamos por todo Tarragona e coñecemos un pouco máis a cultura de Cataluña. Pola tarde, tivemos un ratiño pra probar a piscina do

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

A NOSA VIDA NA ESCOLA

57

hotel. Despois disto deixáronnos pasear por Salou pra facer as últimas compras e pra pasear pola praia. Chegamos ó hotel sen forzas pero aínda así, volvemos á discoteca, era a ultima noite e tiñamos que disfrutar dela. Bailamos como tolos e acabamos sen alento, pero podemos que foi a mellor noite da excursión. O noso último día da excursión. saímos as nove e media para Barcelona. Estabamos mortos do cansanzo polo que algúns se quedában dormidos no autobus. Visitamos o CAMP NOU, o POBO ESPAÑOL, a SAGRADA FAMILIA… Estivemos tamén por RAMBLAS, onde comemos e paseamos. Foi un día moi divertido, pasámolo moi ben, xa que en ramblas había moitos mimos e artistas que facían que deixaras o teu cansancio a un lado e sorriras durante un bo rato. Dirixímonos despois ó Aeroporto. Algúns, cun sorriso e outros, con bágoas nos ollos porque todo acabara. A nosa partida foi ás 20:00. Montamos no avión e non puidemos deixar de ver polas ventanillas ata que perdemos Barcelona de vista. Rímonos no avión coma non riramos na vida, e todo grazas ó panico de Chus a voar. Chegamos a Ponteareas ás 00:00, desexando ver ós nosos familiares e de compartir con eles as emocións experimentadas. Despois de todo isto, só me queda darlle as grazas ás profesoras que nos aturaron durante a excursión. Elas foron as mellores, elas foron as que, por unha parte, fixeron que nolo pasaramos tan ben. De todo corazón: GRAZAS ANUSCA E CHUS, NUNCA OLVIDAREMOS O QUE PASAMOS CON ÁMBALAS DÚAS. Lara Cuevas, René Porto 4º ESO

TUS VACACIONES

58

A NOSA VIDA NA ESCOLA

OS SOÑOS NON SON SÓ SOÑOS Sempre esperto no meu comedor, como se fose o centro do meu pesadelo, alí todo está revolto, como se houbese pasado un furacán. Sinto unha suor fría, todo me dá voltas e sinto un medo que incrementa por segundos, sempre o mesmo… todas as noites se repite, soño o mesmo unha e outra vez, e sempre me esperto tremendo, feita un mar de nervios e coa mesma pregunta sempre rondando a miña mente. A que lle temo? Ultimamente chego máis ó fondo…camiño polo comedor ata chegar ó meu cuarto, é entón cando volve ese medo, esas suores… a miña cara cambia, sei que miro algo pero non sei o que é, o que vexo é quizais o que faga que me estremeza unha e outra vez, pero novamente esperto sen saber o porqué e sen recordar que é o que vexo… Nestes días non me concentro, estou todo o día temendo a que chegue a noite. Quizais chegue máis lonxe. Témolle o mesmo medo, temo non poder espertar, o que antes quería era non espertar e chegar ó final do soño e ver que é o que me fai estar así…pero agora non, son moitas noites xa, non concilio o sono, apenas me meto na cama empezan os suores, coma se o soño vivira en min.

ESCRITORES NOVELES

Aparecín no peirao, alí pareime para mirar o faro. Estrañoume velo e non sei por que, posto que, ó vivir nunha illa costeira, estou acostumada a velo, pero esta vez resultoume estraño, tan estraño que camiñei cara a el. Unha vez dentro do faro, subín as escaleiras rapidamente, como se a miña vida dependese diso. Unha vez arriba volvín a sentir a mesma suor fría. O mesmo medo ca nos meus soños e entón berrei: “A que lle teño medo?”. Fronte miña, apareceu el…o meu pai. Que facía meu pai alí? Sorriume. Quizais foi a miña imaxinación, pero

O outro día tiven que quedarme coa miña irmá pequena, as dúas soas na casa. A pobre só facía chorar, non entendía o que quería. Non soportaba o pranto. Corrín cara a ela. Porque? A sostiven nos meus brazos ata que por culpa do coxín que suxetei contra a súa cariña deixou de respirar. Cando volvín en mi, non podía crer o que fixera, matei a miña irmá. Algo se estaba apoderando de min. Comecei a sentir agonía, dor, rabia, pero sobre todo sentía pánico. Non entendía por que matara a miña irmá. Só pensaba no que me estaba sucedendo e non encontraba explicación. Saín da casa, sen rumbo, desexando desaparecer. Sentíame sen forzas. Camiñei e camiñei ata estar lonxe.

crin ver que movía os labios para decirme algo e, entón, apareceu un home vestido completamente de negro e atrevesou o meu pai cunha gadaña. Quedeime xeada, o home desapareceu e eu axeonlleime ante o corpo sen vida do meu pai. Comecei a chorar. Toda esa rabia, ese medo, todo o que sentía nese momento, transformouse nunca dolorosa tranquilidade e comprendín o que o meu pai quixo dicirme: “ESPERTA CARIÑO”. Espertei, grazas a Deus todo fora un soño e, ó parecer, vencín ó medo…o medo de perder o meu ser máis querido. Baixei rápidamente as escaleiras, quería ver o meu pai rifándome porque chegaba tarde ó instituto, quería velo comer o seu almorzo mentras se queixaba, pero non atopei iso, atopei a miña avoa chorando, meu pai tivera un accidente camiño do traballo e morrera no intre. O mundo caéuseme ó chan, sentín afundirme na máis completa oscuridade. Pasaron dous meses dende a morte do meu pai. Cada noite que pasa é peor, agora ademais de sentir medo polos meus continuos soños, teño medo a espertar e atopar a alguén da miña familia morto. Teño depresión e non sei que facer, atópome nun buraco oscuro, profundo e sen saída e non atopo explicacións para saber porque estou aquí, nin solucións para saír del. Necesito axuda para saír.

Hoxe escríbovos dende un psiquiátrico, volveume tola perder ós dous seres queridos máis importantes da miña vida. Aínda que estea agora tola, podo darvos un gran consello que debedes ter en conta, acordádevos donde acebei eu por crer que os soños só son soños… “ CREDE NOS SOÑOS ” Lara Cuevas 4º ESO

Espertome chorando, suando e morta de medo. Penso o que me pasou pola noite…aínda que non queira teño que asimilar que por, segunda vez, volvín a soñar co comedor, co faro e co home vestido de negro. Baixo correndo e atopo de novo a miña avoa chorando, pero esta vez pola miña nai. NON PODE SER. A miña nai morreu da mesma forma ca meu pai.

A NOSA VIDA NA ESCOLA A DOLOROSA MORTE DO AMOR Sempre que vía o ceo lembrábase dela, e dos momentos que pasaran xuntos, pero agora xa non estaba, xa que aquel guerreiro, Cristian, a matara. Jak xa non sabía que facer, seguir vivindo a súa vida e cargar esa pena que o con- sumía ou ir e vingarse de Cristian. Jak optou pola vinganza e, aínda que sabía que despois de morto Cristian xa non lle quedaría nada que facer na vida, seguiu adiante coa súa decisión porque no lograría que Victoria revivira pero Cristian morrería e aliviaría parte desa pena. E así foi, colleu a súa espada do chan, o seu macuto, e partiu na busca de Cristian cun brillo furibundo nos ollos nunca antes visto nel, que sempre estaba rindo, disposto a matar a Cristian custara o que custase, pois ó matar a Victoria quitáralle a vida a el tamén. Jak partira pronto para rematar o máis rápido posible, decidido a matalo ou morrer no intento. Cando estaba de camiño atopouse moitas e moi estrañas criaturas que o intentaron matar pero el, decidido a enfrentarse a Cristian, matara a tódolos seus opoñentes. Cando, por fin, chegou ó castelo viu que na entrada había un grupo de xente, eran os máis hábiles guerreiros de Cristian que o esperaban na entrada para defender ó seu amo fóra como fose, aínda que Cristian xa lles advertira que Jak era un loitador espectacular e que a súa habilidade só se podía comparar coa do propio Cristian. E así foi, Jak cegado pola ira, matounos a todos sen miramentos. Cando entrou no castelo buscou a Cristian por tódalas estancias pero non o atopou ata chegar a unha na que había unha gran silla parecida a un trono na que estaba el. A silla estaba ó borde

59

dunha gran mesa na que repousaba a espada de Cristian. Cando Jak chegou a xunto del, Cristian díxolle que antes de se bater tiña que ver unha cousa, e Jak aceptou. Ó cabo dun momento apareceu unha sombra a carón de Cristian, era unha figura feminina que a Jak lle soaba moitísimo, pero non sabía de que. Aquela persoa ía toda tapada e levaba capucha polo que Jak non a puido ver ata que a quitou e, cando isto ocorreu, Jak sentiu unha forte presión no peito, unha dor insoportable, sobrehumana. A carón de Cristian, a persoa que estaba alí era Victoria, Jak non o podía comprender, como podía estar ocorrendo iso, o seu amor estaba alí, pero xa non era ela. A dor seguía aí pero xa non importaba, o único que Jak sentía era que quería morrer, e así o fixo, cravouse a súa propia espada no corazón; por fin cesaba aquela dor, xa non a volvería a sentir, xa non sentiría nada máis. Desde entón din que a alma de Jak vaga por aí buscando o amor perdido que segue vivo nalgures.

Anxo Rodríguez Reirís 3º ESO

R / C o n s t i t u c i ó n , 1 5 . Te l f : 9 8 6 - 6 6 0 9 8 6 . P O N T E A R E A S

60

A NOSA VIDA NA ESCOLA

UN RELATO QUE PODERÍA SER REAL ANOREXIA

Ó principio, os meus pais non se deron conta, pero máis tarde viron que me pasaba algo. Intentaron falar comigo e dixéronme que tiña que comer máis, que así non podía estar. Pero eu non lle fixen caso ningún porque a xente no colexio me dicía que agora estaba máis guapo ca antes. Todo cambiou un ano despois porque, a causa do

Hai dous anos, máis ou menos, entraba e una E.S.O e é nestas idades cando te empezas a preocupar pola túa imaxe e o teu corpo. É a época de empezar a “ligar” e de gustarlles ás mozas . Algunha xente de colexio e, tamén fóra do colexio, comezou a meterse comigo polo meu aspecto físico, e claro está, que eu comecei a facerlles caso. Cando me miraba ao espello , viame gordo e, por is,o empecei a deixar de comer tanto como antes e pasei de pesar 70 Kg a pesar 58 Kg.

Chámome Daniel e teño 14 anos. Estou escribindo esta carta dende a miña habitación aínda que, se non fose polos meus amigos e familiares, non sei onde estaría agora mesmo.

De toda esta experiencia aprendín algo moi importante: hai que mirar as persoas que te rodean e tamén a ti mesmo/a por dentro, non só por fóra. Eu, a causa diso, estiven a piques de morrer debido á “Anorexia”

delgado que estaba (50 Kg), me tiveron que ingresar no hospital. Estiven alí unha semana e uns días. Os meus amigos empezaron a decirme que tiña que comer máis, que así estaba moi delgado. Os meus pais dixéronme que entre o moito e o pouco hai un medio. E grazas a todo iso empecei a recuperarme, ata o día de hoxe que me sinto un rapaz novo, xa cos meses de suplicio xa pasados.

Daniel Domínguez Feijoo 3º ESO

darío bugallal, 21 - baixo 36860 ponteareas telf.: 986 64 47 79 fax: 986 64 47 80

e-mail: i-p@arrakis.www.inf-ponteareas.com

Que sorte tiveron este ano os alumnos de 3º de ESO!. Aceptada a solicitude do cole, a Xunta de Galicia dende a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e da Consellería de Innovación e Industria , invitounos unha semana a un campamento na provincia da Coruña. Entre as visitas máis salientables están a do Castelo de Andrade, en Pontedeume, onde reviviron historias do pasado. Nas Fragas do Eume, percorreron roteiros de sendeirismo en plena natureza. Tamén alí coñeceron o funcionamento dunha central hidroeléctrica que se abastece do río citado. Cando foron a Santigo de Compostela fixeron un xogo de rastreo para coñecer a cidade e os monumentos históricos, todo isto coa axuda do GPS que aprenderon a manexar correctamente. Na Illa de Arousa tamén utilizaron este aparello en Punta Carreirón, e viaxaron no Hidra II, o único barco de vapor de España e un dos poucos que quedan no mundo. Pero unha das experiencias que máis valoraron os rapaces foi a de convivir eses 5 días cos seus compañeiros, ademais de coñecer a rapaces doutros centros que tamén estaban no albergue. O mellor din que era nas festas da “Ultranoite” nas que se disfrazaban, rían, bailaban e contaban historias. O certo é que voltaron moi contentos desas minivacacións.

DESCUBRE GALIZA

A NOSA VIDA NA ESCOLA

61

Pinturas VALENTINE Taladros e amoladoras BLANK-DECKER Ferramentas eléctricas A.E.G. e MAKITA Maquinaria para madeira VIRUTEX Distribución S.E.O. (Materiais e Gases)
Rúa da Esperanza, 7 Telf 986-640192. Fax 986-660833

PONTEAREAS

62

A NOSA VIDA NA ESCOLA

ROSQUILLEIROS

O día 8 de febreiro meu pai invitounos a coñece-lo forno da súa propiedade onde fan melindres, rosquillas e pasteis. Acudimos toda a clase acompañados pola mestra. Meu pai explicounos como se elabora a masa e o empaquetado dos produtos. Ós meus compañeiros gustoulles moito a visita e quedaron coa boca aberta cando funcionou a amasadora. Tamén puxeron moita atención cando metían as rosquillas no forno e cando a sirena asubiaba para avisar de que xa rematara. Meu pai invitounos a degustar as rosquillas que fixeramos. Estou orgulloso do meu pai por participar nestas actividades programadas pola maestra. Un saúdo. Antonio Salas. 2º E. P.

No Departamento de Pastoral celebramos ,coma cada ano, o inicio do curso escolar, acollendo os máis pequeniños entre nós. Os nenos de tres anos, arroupados polos de catro, cinco anos, Primeiro e Segundo de Primaria, así como polos profesores, asistiron á celebración e benvida do novo curso escolar. . Escoitaron con entusiasmo a historia dun señor de barba branca chamado Noe . Noe construiu unha gran arca para que todos os animais se salvasen do gran diluvio. Nese momento todos os nenos se sentiron como Noe colocando unha diversidade de animaliños na barca, había de todas as especies dende o rei da selva o gatiño da casa...Todos eles con cadanseu animal participaron expectantes

PASTORAL

A NOSA VIDA NA ESCOLA

63

Como o comportamento dos rapaces foi espectacular, a profe Ester agasallounos cun animal de barro, para que se lembrasen de todo o que lles contara. Entre cantos e contos dialogamos sobre valores humanos tan básicos como o amor, o respecto, saber compartir...que nos transmite cada día Xesús, como un proxecto de vida capaz de dar resposta ás expectativas máis profundas da persoa.

R/ Senén Canido,1 TelF e Fax: 986-640205 Ponteareas

64

A NOSA VIDA NA ESCOLA

DEPORTE ESCOLAR

Os nenos e nenas do Colexio Inmaculada participaron na modalidade de futbol sala nas competicións deportivas organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Tomaron parte tres equipos masculinos e dous femininos, con idades comprendidas entre os oito e os catorce anos. Estes equipos competiron nunha primeira fase cos colexios públicos de Arbo, As Neves, Covelo, Valiexe e Ramiro Sabell de Ponteareas.

Débese destacar que os equipos alevín masculino, alevín feminino e infantil feminino proclamáronse campións de grupo, e na segunda fase tamen vence-

ron en semifinais e finais ós colexios de Salceda e Oia, sendo, por tanto, campións de toda a zona Condado-Baixo Miño. ¡Noraboa e a repetir o ano que ven!

Os alumnos de 3º de ESO realizaron actividades deportivas utilizando a bicicleta.

A NOSA VIDA NA ESCOLA

65

Estes rapaces que parece que non comen máis que “auga fervida” son os nadadores de 4º de ESO. Pero xa se sabe, a estas idades só medran para arriba. Durante o 3º trimestre asistiron a clases de natación á piscina municipal acompañados pola profe Anuska. Din que o pasaron moi ben e algúns ata sacaron músculo. ¿Non se nota?.

66

QUE GRAN FAMILIA!
A NOSA VIDA NA ESCOLA

Está a piques de publicarse un libro sobre a historia do Colexio da Inmaculada. A compañeira Chus Iglesias leva meses recollendo información para plasmala neste documento sobre o noso centro. Moitas foron as fotografías e as testemuñas prestadas por ducias de persoas, novas e vellas, relacionadas co cole. Entre as imaxes máis entrañables apareceron algunhas como as que vedes aquí, pero de hai moitos anos. Os nenos de entón son agora maiores. Para que quede constancia do presente, fixemos estas fotos dos nenos e profes que estamos na actualidade. Tal vez, cando fagan outro libro, ou quen sabe, un documento dixital, boten man delas.

FELIZ VERÁN
De arriba a abaixo aparecen: Os profesores de Educación Infantil, Isaac, Leo e Luisa cos seus nenos; O grupo de alumnos de Educación Primaria; Os maiores da ESO cos profes Rosa, Chus, Fran, Irene e Susi. Non están todos os que son, pero sí son todos os que están.

Despedimos o curso con alegría e satisfación e desexamos que pasedes un:

Cando xa remataba o curso pasado, pais, alumnos, profesores e demais persoal do centro reunímonos para facer unha homenaxe de despedida a Vita et Pax. Era moi difícil para todos ter que dicirlles adeus a Teresa e Mª Jesús e ó Instituto Vita et Pax. Xuntos quixemos demostrar o agradecemento por tanto ben como este Instituto Secular fixo ó colexio e por todo o que aprendemos coas diferentes persoas desta institución coas que tivemos o gusto de convivir. Na cea de despedida estiveron presentes a Directora e Subdirectora Xeral do Instituto. Ámbalas dúas amosaron a súa pena por ter que por fin á súa presenza en Ponteareas. Foi unha decisión moi difícil para Vita et Pax pero a falta de vocacións determinou que Teresa e Mª Jesús tivesen que continuar a súa vocación de entrega ós demais noutros lugares onde eran maís necesarias. A Diócese de TuiVigo tamén quixo unirse a esta despedida e recoñecer o importante labor que Vita et Pax desenvolveu no colexio e na Parroquia. Tanto o Vicario Xeneral en nome do Sr. Bispo como o Deán do Cabildo, Julio Andión, expresaron a gratitude da Diócese polo labor do Instituto en Ponteareas. Despois de máis de trinta anos de actividade no colexio Vita et Pax tivo que pór fin ó seu labor de rexencia do centro, debido á carencia de persoas que puidesen continuar con esta función. A súa presenza no colexio inciouse alá polo ano 1972 coa querida Senorita Consuelo Amorós, que foi directora dende ese ano ata 1992, continuouse con Cecilia Nadal, directora ata 1999 e a última etapa estivo ligada a Teresa Miñana e ó apoio impagable de Mª Jesús Laveda. Todas estas persoas, xunto coas compañeiras que viñeron a colaborar e exercer labor docente, marcaron o colexio co seu espírito de tolerancia, comprensión, calidez humana, cercanía... un sinfín de calificativos que todos os que as coñecemos poderiamos ir engadindo. Foi moi triste para toda a comunidade escolar ter que despedirse de Teresa e Mª Jesús, igual que anteriormente o fora de Consuelo ou Cecilia, todas elas persoas de gran valía persoal e profesional. Vita et Pax chegou a Ponteareas nun momento no que a situación do colexio era moi complicada: as Relixiosas Franciscanas acababan de marchar, a situación económica era moi delicada, as instalacións totalmente precarias e todo ameazaba con ter que pechar o colexio. Pero elas, con ilusión e total entrega e co apoio fundamental de D. Enrique, lograron sacar o colexio adiante. Os primerios anos foron moi duros e, grazas á unión de pais, profesores e Vita et Pax, saíuse adiante. O paso dos anos son testemuños de como o colexio foi mellorando as súas instalacións, de modo que aquel centro de 1972 é moito mellor no 2006. Sen dúbida Vita et Pax marcou un estilo de traballo e trato coas persoas que deu moito e que seguirá dando froito. Esta despedida supón, tamén, o inicio duha nova etapa cargada de ilusión na que todo o equipo directivo, Claustro de profesores e resto da comunidade educativa pon todo o seu empeño en que o colexio continúe coma mesma identidade que tiña con “Vita et Pax”, de modo que o importante non sexa só o plano meramente educativo senón que os alumnos reciban unha formación humana que os oriente como persoas auténticas e con valores. Entre todos tentamos poñer en marcha un lema que Mª Jesús nos ensinou: “moitas pequenas xentes, en moitos pequenos lugares, facendo moitas pequenas cousas poden cambiar o mundo” Dende aquí estamos seguros que Mª Jesús e Teresa seguirán en Guatemala e Roma, respectivamente, sementando espiritualidade e valores humanos dos que a sociedade está tan necesitada. Nunca esqueceremos o que aportaron nas nosas vidas e estarán sempre presentes no noso corazón.

GRAZAS VITA ET PAX

A NOSA VIDA NA ESCOLA..............67