Xuño 2010

Colexio “La Inmaculada” - Ponteareas

Celebramos os premios ao noso traballo Festas e conmemoracións no cole Saídas e excursións educativas

A nosa vida na Escola

Barcelona, A Coruña, Allariz, Vigo, Santiago, Pontevedra ou Culleredo son algúns dos lugares aos que levamos aos nenos para que aprendan fóra das aulas un pouco máis da vida.

Letras Galegas, Día da Paz, Halloween, Nadal, Festa da Inmaculada, Magosto, Entroido, Semana da Prensa, Día do Libro e moito máis nas páxinas interiores.

1º Premio Provincial “Voz Natura”, “O Trobador do Tea” finalista autonómico, Poetas de 5º e 6º de Primaria seleccionados para publicar as súas obras, 10 anos de Revista Escolar, e o máis importante: Cumprimos 100 anos de traballo educativo.

Unha representación do colexio recolleu o primeiro premio “Voz Natura” en Culleredo, o pasado 5 de xuño.

Celebramos os cen anos en plena actividade e pulando por conseguir a mellor calidade educativa para os nosos alumnos e alumnas.
Páxinas centrais E

ESPECIAL CENTENARIO

R E V I S TA

I N FA N T I L

X U V E N I L

PA R A

U N

M U N D O

M E L L O R

2

Sumario

Alum

en Po º de ESO nos de 4

rt Aventu

ra

3. Editorial CELEBRAMOS OS PREMIOS AO NOSO TRABALLO 4. O noso colexio gañador do primeiro premio provincial “Voz Natura” 5. Charles Darwin e a súa teoría sobre a evolución. Teoría Darwinista. Darwin e Wallace. 6. É o home a especie máis evolucionada?. 7. Probas da evolución. 8. Fósiles. 10. Cantos tipos de animais coñeces? 11. Maquetas de animais feitas na ESO. 12. O libro viaxeiro 13. Mascotas divertidas en 1º de ESO 14. Os rapaces estudan a biodiversidade vexetal 15. Coñecendo aos liques e as fabas. 17. O noso amigo o castiñeiro. 20. Esas divertidas ciencias! 22. Reciclaxe é vida 23. Queredes saber un conto? 24. Orgullosos da nosa exposición. 27. Dez anos de Revista Escolar 28. O Trobador do Tea finalista autonómico! 29. ESPECIAL CENTENARIO 37. Departamento de Orientación 38. Pastoral FESTAS E CONMEMORACIÓNS NO COLE 40. Halloween 41. O Magosto 42. Nadal 43. Día da Paz 44. O Entroido da Biodiversidade 49. Letras Galegas 56. Máis Letras SAÍDAS E EXCURSIÓNS EDUCATIVAS 60. Allariz, Acuario e Domus, “El niño Colchón” 61. Vilasobroso e Troña. Granxa Kirico. 62. Aprendices de pasteleiros. O “Camiño de Santiago”. Museo Provincial. 63. Fin de Curso en Barcelona.

Miguel Jorge de 3º de Primaria, fálanos do Entroido

A nosa vida na Escola
Redacción: alumnos e profesores do colexio “La Inmaculada” de Ponteareas
Os pequenos asisten na biblioteca a unha sesión de contacontos. Portada: Dinosaurio debuxado para a exposición de Biodiversidade, por Sergio García de 4º de E. Primaria

Composición a montaxe: M. X. Rodríguez Álvarez. Tiraxe: 400 exemplares

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Estimados amigos:

Editorial

3

Hai cen anos, na vila de Ponteareas, comezaba a andaina do colexio “La Inmaculada”, ou como popularmente se lle coñece o “Colexio das Monxas”

Hoxe éncheme de orgullo dirixir este centro educativo e poder escribir este editorial da nosa revista escolar, xa que é a proba de que un colexio pequeno pode ser un gran colexio.

Este concurso ten como obxectivo fomentar e concienciar aos nenos/as sobre a importancia do coidado da nosa natureza .

Premio provincial de Voz Natura, concedido pola fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, no que concursaron 260 centros de toda Galicia.

Este ano é moi especial, non só pola celebración do centenario senón tamén porque o traballo e o esforzo de mestres e alumnos/as foi premiado dende diferentes institucións.

Quero dende aquí, felicitar a todos os alumnos/as e aos profesores/as polo traballo realizado, e animalos a seguir esforzándose para acadar os mellores resultados tanto a nivel escolar como persoal.

Finalistas autonómicos no concurso O País dos estudantes, Diario dixital confeccionado polos alumnos 4º E.S.O. Concurso organizado polo xornal El País e no que participaron 231 equipos presentados por 123 centros de Galicia.

Quero agradecer aos diferentes patrocinadores que fan posible que esta revista poida chegar aos vosos fogares como testemuño do traballo dos vosos fillos. Grazas.

Este ano é un ano de reencontro co pasado compartido, dun presente de celebracións e recoñecementos e dun futuro que desexo prometedor.

Para acadar este premio foi necesario aunar os esforzos de todos os alumnos e de todos os niveis, dende Infantil ata Secundaria, dirixidos polas súas titoras e coordinados pola profesora Mª Xesús Rodríguez ( Susi).

Un saúdo

CELEBREMOS POIS, TODOS XUNTOS, A ALEGRÍA DE SER PARTE DESTE COLEXIO E DESTA HISTORIA

Rosa García

Interpretación da celebración do Día da Paz de Claudia Fandiño de 3º de E. Primaria

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

4

Protexemos a biodiversidade para ben do planeta
Por que protexer a biodiversidade
Despois de millóns de anos de vida no planeta Terra, e debido á evolución, moitas foron as especies novas que se formaron e moitas as que desapareceron por non poder adaptarse ás condicións ambientais cambiantes. Este cambio gradual producido de xeito natural, deu lugar ao recurso máis valioso do planeta: a diversidade biolóxica.

O noso colexio gañador do primeiro premio provincial de Voz Natura!

tamén destrúe e fragmenta hábitats, introduce especies exóticas que compiten coas autóctonas, cambiando os “nichos ecolóxicos” e sobreexplota outras para obter produtos. Sempre buscando un beneficio económico, que leva, irremediablemente, á súa propia destrución. A intervención do home nos ecosistemas e as respostas que pode producir, empezan a poder ser predicibles. Coñecer e manexar información sobre as consecuencias da merma artificial de biodiversidade, levaranos a correxir a nosa actitude fronte ao medio. Ao mesmo tempo, é interesante descubrir as teorías científicas e as persoas que ao longo da súa vida se dedicaron a estudar as adaptacións dos organismos ao medio, tales como Darwin, Wallace ou os neodarwinistas do século XX.

Os espazos ecolóxicos para sobrevivir dentro destas condicións, marcan a supervivencia das especies e a súa necesidade de adaptarse e evolucionar. Este equilibrio ecolóxico, fráxil de por sí, está sendo ameazado na actualidade entre outros factores, pola irresponsabilidade da especie humana. O cambio climático acentuado pola voráxine do consumo é un dos principais factores que ameazan a biodiversidade. O home A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

A poboación é a unidade evolutiva. A información xenética dos individuos transmítese a outras xeracións en función do beneficiosas ou perxudiciais que sexan para a especie. Todo isto depende das interaccións que teñan entre eles, ou con outras especies (relacións bióticas), e das interaccións que se produzan coas diferentes variables físicas e químicas do medio no que habitan, tales como a presenza ou ausencia de auga, a temperatura, a salinidade ou a dispoñibilidade de osíxeno entre outras, (relacións abióticas). Do estudo destas interaccións ocúpase a Ecoloxía, ciencia apoiada desde movementos sociais como o ecoloxismo.

De seguido aparecen os traballos feitos durante este curso que remata, no marco do noso proxecto Voz Natura. Traballos feitos por nenos de todas as idades cos excelentes resultados e que foron merecedores do primeiro premio provincial da edición deste ano.

E, polo tanto, importante para nós, dar a coñecer aos nosos alumnos todos os datos precisos, mediante charlas, saídas ou actividades, para que reflexionen sobre a conveniencia de manter o medio natural no mellor estado posible para as especies que o habitan. Tamén queremos que aprendan que a especie humana ten que vivir neste planeta respectando ás outras especies.

FELICIDADES!

Ch a r l e s D a r w i n , e a s ú a t e o r í a s o b r e a e v o l u c i ó n
En 1831, cando Darwin contaba so con 22 anos, embarcouse a bordo do Beagle para realizar unha volta ao mundo que duraría 5 anos. Darwin era o asesor naturalista da expedición.

5

A grandeza de Darwin: Os poucos miles de anos de vida

Teoría darwinista

humana non constitúen máis ca unha etapa insignificante en relación ao longo período no que se ten realizado a evolución dos seres vivos. A grandeza de Charles Darwin está en ter inferido este longo proceso da vida. Imaxinemos que unha efímera, este insecto que non vive máis ca un día, observase diferentes momentos da vida humana: vería recén nados, nenos, adolescentes, mozos, adultos, vellos, pero non descubriría ningún desenvolvemento nin cambio. A “efímera” Charles Darwin soubo ver máis alá. Da ordenación sistemática das especies existentes, é decir, da clasificación dos animais,

dende os organismos unicelulares, pasando polas diferentes formas de animais mariños, e seguindo cos peixes, anfibios, réptiles, aves, mamíferos, ata o home, desta ordenación sistemática, Darwin inferiu unha ordenación histórica da súa xénese: a vida comezou cuns primitivos seres vivos unicelulares e, no curso de millóns de anos, continuou en formas cada vez máis complexas ata chegar ao ser humano.

A teoría evolutiva ou darwinismo se concreta nos seguintes puntos: As formas de vida non son estáticas senón que evolucionan; as especies cambian continuamente, unhas orixínanse e outras extínguense. O proceso da evolución é gradual, lento e continuo, sen saltos discontinuos ou cambios

Os organismos parecidos áchanse emparentados e descenden dun antepasado común. Todos os organismos viventes poden remontarse a unha orixe única da vida. A selección natural é a chave, en dúas fases, que explica todo o sistema. A primeira fase é a produción de variabili-

súbitos.

dade: a xeración de modificacións espontáneas nos individuos. A segunda, a selección a través da supervivencia na loita pola vida: os individuos mellores dotados, os que naceron con modificacións espontáneas favorables para facer fronte ao medio ambiente van ter máis posibilidades de sobrevivir, de reproducirse e de deixar descendencia con estas vantaxes.

Darwin e Wallace
É coñecido que, independentemente de Darwin, o naturalista inglés Alfred Wallace (1823/1913), tras viaxar pola Amazónia e outros lugares, chegou ás mesmas conclusións nos mesmos anos. A elevada calidade persoal de ambos os dous naturalistas evitou polémicas sobre quen foi o primeiro en establecer as ideas claves da teoría da evolución. No ano 1858 apareceu unha publicación conxunta: un artigo de Wallace sobre a evolución e un resumo das ideas evolucionistas que Darwin expuxera no seu manuscrito “A orixe das especies por medio da selección natural”, que non se atrevera a publicar ata 1859. Foi o mesmo Wallace quen comezou a utilizar a expresión darwinismo para designar este común conxunto de ideas.

Os alumnos de 1º e 3º da ESO construíron mapas coas rutas do barco Beagle

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

6

Con motivo da exposición de “Érase una vez la vida” na estación marítima do porto de Vigo, os alumnos do colexio achegámonos moi de cerca aos segredos do noso corpo. A exposición foi unha viaxe apaixonante polo interior do corpo humano, onde se puido ver e entender o funcionamento dos diferentes órganos, ensinando aos visitantes a coidar a saúde e previr enfermidades. Había corpos completos e máis de 100 órganos. A visita era autoguiada e completábase cunha ficha didáctica na que os rapaces contestabamos cuestións sobre o esqueleto, os músculos, o aparello dixestivo, a reproducción, etc. Os alumnos de 4º de ESO, pola nosa parte, investigamos sobre as diferentes liñas evolutivas do ser humano, dende o primeiro homínido ata o Homo sapiens. Os carteis elaborados foron colocados na exposición sobre Biodiversidade do laboratorio.
Na fotografía están Jennifer, Silvia, Óscar e Sara de 4º de ESO, e Margarita de 3º de ESO. Á esquerda, os alumnos de 1º de ESO escoitan ás explicacións da exposición a traverso de auriculares e intentan contestar ao cuestionario. Os alumnos de 5º e 6º de Primaria tamén visitaron esta exposición. Cartel feito por Sandra Fdez. e Carla Mnez. de 4º de ESO

É o home, a especie máis evolucionada?

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Probas da evolución
Os alumnos e alumnas de Bioloxía de 4º de ESO, analizaron as probas irrefutables que avalan a teoría do gran científico: embriolóxicas, fósiles, de distribución xeográfica, as probas xenéticas, etc. Tamén en 4º analizaron as diferentes teorías evolutivas ao longo da historia.

7

As probas da evolución están baseadas en criterios de morfoloxía e anatomía comparada. Os conceptos de homoloxía e analoxía adquiren especial relevancia para a comprensión das probas anatómicas. Enténdese por estruturas homólogas aquelas que teñen unha orixe común pero non cumpren necesariamente unha mesma función; pola contra, as estruturas que poden cumprir unha misión similar pero posúen orixe diferente, serían análogas. Desta maneira, as ás dos insectos e as aves serían estruturas análogas, mentres que as extremidades anteriores dos

En relación ás probas embriológicas, hai que distinguir entre ontoxenia, as distintas fases do desenvolvemento embrionario, e filoxenia, concepto que fai referencia ás distintas formas evolutivas polas que pasaron os antecesores dun individuo, é dicir, o seu desenvolvemento evolutivo. Nos vertebrados, canto máis preto da fase inicial se sitúan os embrións, máis parecidos son; posteriormente, vanse diferenciando progresivamente canto máis preto da fase de adulto terminal se atopan.
Carteis feitos por Nerea e Andrés de 4º de ESO

mamíferos, que presentan unha mesma orixe pero que levan a cabo funcións diversas, locomotora, natatoria, etc, constituirían estruturas homólogas.

Na visita que fixemos cos alumnos de 3º e 4º de ESO á Facultade de Ciencias, acompañounos o profesor Andrés Sanjuan, un douctor en Xenética que sabe de certo que a evolución prodúcese na poboación e non nos individuos. Este calamar xigante atópase na entrada da facultade pero os rapaces tamén observaron mostras doutras especies nas diferentes vitrinas do campus.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

8

Os fósiles
Outra das probas clásicas é o estudo dos fósiles. A análise dos distintos estratos xeolóxicos demostra a presenza de fósiles de invertebrados nos máis antigos; gradualmente, van aparecendo nos máis recentes peixes primitivos, e, finalmente, os fósiles correspondentes aos mamíferos e as aves. No último século os achados paleontolóxicos permitiron trazar unha liña xenealóxica entre os dinosaurios e as aves. Os alumnos de 1º e 2º de ESO, para coñecer a importancia dos fósiles para a reconstrución da historia da vida e os acontecementos máis importantes da mesma, realizamos diversos traballos tanto de maneira individual como en grupos. Logo colocámolos na exposición do laboratorio e fixemos un video explicativo que puxemos nas clases. Os alumnos de 2º de ESO realizamos maquetas dos distintos tipos de fósiles: dun peixe óseo, dunha caracola, dun lagarto, de pegadas de can, de aves e dinosaurios,... Pola súa banda, os alumnos de 4º de ESO , confeccionamos un enorme mamut para que nos acompañase no desfile de Entroido. Fixemos un gran traballo de varias horas e sempre en horario extraescolar, pero obtivemos unha boa recompensa a esta adicación: o noso mamut gustoulle a todo o mundo no desfile. Agora preside a exposición do laboratorio acompañado de ducias dos seus descendentes os mamíferos actuais: osos, tigres, coellos, dromedarios, xirafas, monos, elefantes, etc.
Nesta páxina: maqueta de dinosaurio feita en plástica por Cristina Carrera de 4º de ESO. Debaixo: pegadas de dinosaurio feitas por Laura Domínguez e fósil de peixe feito por Francisco Sarmiento, ambos de 2º de ESO. Na outra páxina: á esquerda, mural cronolóxico sobre os fósiles das almnos de 4º de ESO de Bioloxía, Xisela Domínguez e Laura Fernández; á dereita, un dos moitos cartaces sobre fósiles dos alumnos e alumnas de 5º de Primaria. Debaixo pasos que seguiu Raquel Martínez de 2º de ESO para facer a súa estrela de mar.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

9

Visión sobre a natureza cos seus animaliños e plantas, de Mar, alumna de 3º de Educación Infantil.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

10

C a n t o s t i p o s d e a ni ma i s c o ñ e c e s ?

Unha cousa segura é que se coñecemos mellor aos animais aprenderemos a respectalos. Isto é moi importante con aqueles propios da nosa terra. A Vaca Cachena, a Caldelá, o Can de Palleiro ou a Galiña de Mos son razas autóctonas galegas. Os alumnos de Plástica de 4º de ESO fixemos este quebracabezas de parellas, para que xogasen os pequenos. Os compañeiros de 6º estudiamos os animais que viven no monte Picaraña, moi cerca do cole e ao que subimos en primavera para plantar os nosos castiñeiros. Os de 5º fixemos un gran mural despois de coñecer un pouco mellor os animais en perigo de extinción e os de1º e 2º de Primaria fixemos debuxos e contos.. Agora sí que estamos ben enterados do moito que hai que coidar á nosa fauna.

Xoaniña, por Paula Cid, 1º ESO:

Material utilizado: Barro para modelar, auga, palillos de madeira, espátula, témperas. Preparación: Primeiro facemos unha forma ovalada co barro e imos moldeando o corpo e as ás da xoaniña. Logo perfilamos as partes do insecto formándolle a cabeza e as ás coa axuda dunha espátula. Para rematar alisamos o contorno con auga e facémoslle os buratos para as antenas e as patas. Deixamos dous días a secar o barro ata que queda ben duro e pintámolo con témperas de cor negra, verme-lla e branca para os ollos.

Paxariño feito por Estela Martínez de 1º de Primaria

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Para que os alumnos aprendesen a valorar a biodiversidade actual como o resultado de 4000 millóns de anos de evolución e ter conciencia do risco que corre ese patrimonio acumulado, os alumnos de 1º e 3º de ESO buscaron informacións sobre os animais vertebrados e invertebrados e fabricaron con diversos materiais o animal que cada un escolleu. Con motivo do entroido os maiores de 4º de ESO confecionaron un mamut que pasearon polas rúas de Ponteareas no momento do desfile. Os alumnos de Plástica de 4º de ESO tamén fixeron maquetas diversas.

Maquetas de animais feitos na ESO

11

Na fotografía da dereita: medusa feita por Nuria Sobral de 1º de ESO; peixe Paiaso de Beatriz Lago e Alai Montoro de 3º de ESO; peixe prateado de Yolanda Alonso de 3º de ESO; peixe Globo de Yael Lorenzo de 1º de ESO e langostino feito por Xoel Cuntín de 4º de ESO. O lagarto é de Leticia Jorge de 4º de ESO. A estrela de mar de arriba é de Natalia Vázquez e debaixo vemos a serpe de Carlos Carrera e a estrela de mar de Borja de 1º de ESO.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

12

O l i b r o v ia x e ir o
En 3º de Educación Primaria elaboramos un libro viaxeiro sobre o tema da biodiversidade. Para implicar ás familias, a profesora Carmela explicoulles aos nosos pais en que consistía o proxecto: tratábase de que cada un fora pegando fotografías e elaborase un pequeno texto, sobre aqueles lugares visitados ao longo do curso. A condición era que tiñan que versar sobre os animais, as plantas, a paisaxe, etc. O noso libro chegou ata o estranxeiro (Brasil e Portugal), percorreu España de norte a sur e de leste ao oeste, tamén ás illas e por suposto a nosa marabillosa terra galega. Foi un traballo moi agradable no que os nosos pais nos axudaron moito Non podía faltar a visita á exposición de Darwin que fixo a familia do noso compañeiro Roberto Tato (foto que está no libro).

R ic a f r o it a !
Entre as actividades de Voz Natura fomentouse, como xa se viña facendo cada curso, o consumo de froita entre os nosos rapaces

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

13

Mascotas divertidas dos rapaces e rapazas de 1º de ESO
Os alumnos de primeiro da ESO elaboramos un mural sobre as nosas mascotas. Para facelo cada un de nós levamos unha folla coa foto da nosa mascota e tamén algo de información sobre ela. Algúns fixémolo polo ordenador e outros a man, pero a todos nos quedou ben. Na información puxemos as características máis importantes, por exemplo: que tipo de animal era, se era unha ave, un mamífero, un réptil, un anfibio; de que se alimentaban, cal era o seu hábitat, se eran ectotérmicos ou endotérmicos, etc… Levamos unha cartolina moi grande á clase e pegamos todas as follas xunto a un título que escribimos e coloreamos con moito empeño. A última hora os nosos pais leváronos as mascotas ó colexio para poder sacar unha foto en grupo, tamén sacamos algunhas individuais. Esas fotos pegámolas no mural. Levamos información e fotos sobre: gatos, coellos, hamsters, periquitos e cans, estes últimos foron os máis numerosos. Ao rematar colgamos o mural na clase. O resultado do traballo foi moi bo e pasámolo moi ben facendo esta actividade coa que tamén aprendemos moito.

Ao remate das clases, o xardín do cole parecíase un pouco a un zoo. Os pais trouxéronlles as mascotas aos nenos e tirámoslles esta foto. Debaixo, Paula Cid, Carlos Vidal , Carlos Carrera, Irene Ordóñez, Alba Fernández e Iria Lameiro cos seus animais.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

14

O s r a p a c e s e s t u d a n a b i od i v e r s i d a d e v e x e t a l
Os exploradores de 4º de Primaria saímos polo patio coa profe Mila, observando e clasificando as distintas árbores e prantas, e realizamos diferentes traballos que expuxemos na clase. No 3º trimestre, aproveitando o tema da flora e fauna de Galicia, fixemos uns traballos moi interesantes sobre este tema, que expuxemos na clase. Tamén xunto aos alumnos de 3º, fixemos unha viaxe coas nosas titoras ó Castelo de Vilasobroso e os seus arredores, cun expléndido bosque con gran cantidade de árbores e plantas autóctonas, e animais que alí viven en semiliberdade.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

15
Fixádevos que bonitos quedaron os traballos destes rapaces. Os nenos e nenas de 5º confeccionaron este gran mural coas especies vexetais e animais en perigo de extinción. Os maiores de 1º de ESO colaboraron co herbario da outra páxina. Sairá de aquí algún biólogo botánico?.

Os fungos, por Simón Teijeiro de 4º Primaria
Os fungos son seres vivos, que ao contrario das plantas eles non necesitan a luz nin o vento para vivir. Tampouco fabrican o seu propio alimento. Eles se alimentan de restos doutros seres vivos. Os fungos tamén son setas e as partes das setas son; sombreiro, láminas, talo e algunhas teñen aro e un ovo de onde nacen. Algunhas setas son comestibles e outras son velenosas. Fai uns anos, non moitos, había un fungo chamado Tricholoma flavovirens que se comía, pero despois de varios meses de investigacións descubríuse que paralizaba un músculo!. Dende entón xa non se come. Os fungos crecen no solo, tamén no musgo e ata nas pedras. Cando vaias a por setas, ten coidado por se son velenosas. Se non o sabes pide axuda a un experto ou mellor, non as comas!. Tamén podes consultar libros, enciclopedias… Cando vexas unha seta, non te confundas!. Pode ser unha folla.

Coñecendo aos liques, e as fabas
Os alumnos e alumnas de 5 tamén traballamos cos liques. Logo de recolectar unha serie de liques diferentes, vimos como dependendo de factores como a humidade, a contaminación, altura… danse un tipo ou outro de liques.

Cogumelos debuxados por Alba de 4º de Primaria

Para descubrir de cerca o crecemento dun ser vivo, os alumnos e alumnas de 5º, plantamos en botes con terra unha faba. Pasados uns días, vimos como comezaba a faba a saír á superficie. A partir de aí, fomos calculando canto tardaba en saírlle a primeira folla, canto ía medrando e engordando…

Tamén aprendemos como respiran as plantas… A profe Mª Xosé explicounos cales son as funcións vitais de todo ser vivo, e os alumnos reflexionamos se os vexetais respiran, por onde e como se pode apreciar. Pois ben, collemos unha planta e atámoslle unha bolsa de plástico para que pasados uns días, se puidese apreciar a humidade desprendida como consecuencia da respiración do vexetal. Parecía un misterio!!

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

16
Tamén os alumnos e alumnas de 1º de Primaria, realizamos unha actividade sobre as plantas e tamén percorremos o patio do cole. Coa actividade conseguimos aprender moito vocabulario novo. A profe Irene ensinuounos as características máis importantes das árbores do cole e logo tivemos que ir a buscalas. Colocámoslle a ficha co nome para que todo o mundo as coñeza. Fixádevos ben a ver se llos aprendedes!.

orge ato Hugo e J

paron o

Carballo

Jennifer e Olalla ao carón do castiñeiros do noso viveiro

Emilio e Noa co Nespereiro
Pedro e Paula co M

agnolio

Os rapaces de 1º de Educación Primaria traballaron moito. Aqui aparecen xunto as fichas que elaboraron de cada árbore. Con estes debuxos tan bonitos, Daniel Rodríguez de 1º de Primaria explícanos a vida e as partes dunha planta.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

17

O noso amigo o castiñeiro

Por se alguén pensaba que os pequerrechos de 3 anos non traballamos, aquí tedes a mostra de todo o contrario. A ver como ides comer castañas no magosto se nós non as plantamos. O señor Antonio que é moi amable, botounos unha man. Os alumnos de 4º de ESO construíron unha árbore de madeira moi bonita para acompañar os traballos feitos polos nenos sobre as plantas.

A biodiversidade foi unha unidade didáctica que fixemos os alumnos de 2º como ampliación do tema “As paisaxes”. Tivo como eixo a representación dunha paisaxe con elementos naturais, tanto de interior como de costa. Ao falar dos elementos naturais relacionámolos coa biodiversidade distinguindo, así, a gran riqueza que se observa dependendo da paisaxe que se vai representar.

Os nenas e nenos de 2º de Primaria tamén traballamos as plantas. Tratábase do estudo e observación da evolución das plantas distinguindo os diferentes procesos do crecemento e as diferentes partes da planta. Este exercicio foi unha ampliación do tema “árbores, arbustos e plantas: distinción e características.

Meses máis tarde, o gran resultado do traballo dos máis pequenos. Hurra por eles!

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

18

A viaxe, por Nuria Sobral de 1º de ESO
Nun día de moito vento do mes de outubro unha folla dun carballo saíu voando e deixou atrás ás súas compañeiras. Cada vez voaba máis alto. Percorreu o bosque nun intre e chegou a unha pequena vila onde quedou enriba dunha igrexa. Alí puido ver como transcorría a pracida vida duns homes e mulleres dedicados a traballar no campo, o duro que era levantarse cedo e ir traballar. Os nenos da vila ían ó colexio que estaba na praza do pobo, facían moito ruído ó entrar pola mañá, e os máis pequenos choraban ás veces ó deixar as súas nais. A folliña cando máis se divertía era cando pola tarde os nenos xuntábanse na praza e xogaban. Uns xogaban ao fútbol e, como non tiñan porterías, puña nunhas pedras no chan. Outros xogaban ó escondite e outros á pita. Cando comezaba a escurecer todos marchaban ás súas casas e todo volvía a estar tranquilo ata o día seguinte. Así pasou a folliña uns días, pero unha mañá un forte vento soltouna de onde estaba, e cunha lagrimiña, seguiu o seu camiño. O vento mareouna un pouco, as rafagas facíanlle dar voltas e voltas. Así chegou cerca dunha gran cidade e comezou a escoitar moito ruído e ver fume que saía duns tubos longos. Ela, ao principio, creu que había lume. Ela tíñalle moito medo ó lume, xa que un paxariño lle contara que unha vez ardera todo o bosque onde vivía e non quedara nada, só se salvaran uns cantos paxariños que saíran voando, pero o que máis lle doera fora que aquilo o fixera un home. Aquilo non era lume. Comprendeuno máis tarde. Alí traballaban moitos homes e mulleres da cidade. Cada vez voaba máis baixo. Asustouse moito cos coches e os camións, porque pasaban moi cerca dela. Alí cerca había un xardín e unha estatua dun home cun cabalo e, por sorte, alí quedou. Cando se recuperou da viaxe puido ver que aquilo era moi distinto da vida da vila. Os homes e mulleres pasaban correndo para os seus traballos e os nenos ían ó colexio en autobús e, polas tardes, non xogaban naquel xardín. No xardín só paseaban os vellos que falaban do ben que o pasaban cando eran mozos camiñando pola vila correndo, xogando, saltando…, e dicían que os nenos de agora non sabían apreciar o que tiñan, que eles cando eran cativos conformábanse co mínimo. Entre os ruídos e o fume dos coches pasou uns días botando de menos a vila e, sobre todo, o seu bosque, co aire limpo, os paxariños e as súas compañeiras. Aquel día chuvioso e frío pousouse unha gaivota onde ela estaba e, de súpeto, estaba voando outra vez, pero esta vez ía dentro dun pico. A gaivota levábaa cara á costa. Nunca estivera alí. Contáranlle algo uns paxariños, pero, ó acercarse ó mar, deuse conta do marabilloso que era, a cor da auga, o murmurio das olas. Sentiuse outra vez ben. A gaivota xirou bruscamente cara a unhas rochas, pousouna xunto a outras follas e uns pauciños. Deuse conta que alí pasaría o resto do seu tempo, naquel niño de gaivota.

Visita o noso blog!
Unha das ventaxas que ten participar en “Voz Natura” é que podemos acceder a un servidor de blogs. Anímádevos a ver o noso. Xa veredes que historias, videos e fotos máis chulas ten.!

http://blogs.voznatura.es/lainmaculadaponteareas/

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

19
Un día veu a clase de 3º de Primaria a nai de Rodrigo, que traballa nunha floristería. Falounos da linguaxe das flores e das súas características. Foi unha actividade moi chula onde aprendemos moitas cousas das plantas que non coñeciamos. Logo fixemos debuxos e redaccións dos que aquí tedes unha pequena mostra.

O noso lar, por Alai Montoro de 3º de ESO

Todos vivimos nun lugar común, por iso temos que coidalo. Se o facemos un por un, conseguiremos o mal paralo. Podémolo lograr, non retrocedamos, témonos que concienciar do dano que causamos.

Anímate a colaborar, o mundo enteiro o agradecerá. Só tes que probar, satisfacción sentirás.

Un momento da charla que tan amablemente lles brindou a nai de Rodrigo aos nenos e nenas de 3º de Primaria. Debuxos de sombreado: os gladiolos debuxounos Marga Bernárdez e as dalias Yolanda Alonso, ambas de 3º de ESO.

O mar, por Andrea Mouriño de 2º de ESO
O mar é perfecto, o mar é fermoso, o mar é como un deus grandioso. É un deus que sempre está aí, é un deus que non se move, é un deus que o vés de día ou de noite. O mar é moi grande, o mires como o mires, o mar é tan grande que ten quilómetros miles. O mar está crecendo, inundando ás ciudades, iso é causa do cambio climático que nos está mostrando realidades. Se non queremos que o mar creza, hai que contaminar menos, e iso conseguiremos se axudamos todos os nenos. Aquí remata este poema entre rimas e letras, e a ver se contaminamos menos para axudar ao noso planeta.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

20

Esas divertidas Ciencias...
Este ano as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria traballamos a auga e o seu emprego así como as maneiras de aforrar auga. Neste debuxo, Paula González de 1º explica as utilidades da auga. Debaixo, molécula feita polos nenos de 1º de ESO.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

21

Parece que a algúns rapaces de 3º de ESO, non lle gusta ver ollos de tenreira

Guillermo, Paco y Nuria montando a auga.

Para comprender que son os átomos e as moléculas os alumnos de 1º de ESO realizamos varios compostos utilizando plastilina de diferentes cores. O compostos que representamos entre todos foron os seguintes: moléculas de auga, cloruro de sodio, amoníaco, ácido sulfúrico, carbonato cálcico, fluorita, dióxido de carbono e monóxido de carbono. Os compañeiros de 5º de Primaria tamén tocamos as ciencias na parte da Física, descubrindo como dunha disolución de auga salgada se evaporaba a auga e nos queda o sal microcristalizado. Tamén analizamos e reflexamos no mural que vedes na fotografía, os tres estados da materia: sólido, líquido e gasoso. Os alumnos e alumnas de 3º de ESO, na clase de Bioloxía, coñeceron ben de cerca a anatomía do corazón e dos ollos de tenreira. Os pequerrechos amósannos o seu particular concepto de anatomía humana...

Disección dun corazón de tenreira en clase de Bioloxía de 3º de ESO. Asier de 5 anos debúxase a sí mesmo e ao seu compañeiro Jaime

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

22

Reciclaxe é vida!

Os trotamundos de segundo ciclo de E. Primaria cremos que conseguimos sensibilizarnos ante a conservación da paisaxe, así coma a valoración da diversidade implicándonos un pouquichiño máis no seu coidado con sumo respecto. Para contribuír á eliminación da contaminación e do gasto enerxético excesivo, os alumnos de 4º de Primaria, a modo de tormenta de ideas, fomos enumerando frases relacionadas co coidado do medio ambiente que copiamos no interior dunha man de papel que posteriormente recortamos. Unha vez feito o traballo individual, construímos unha cadeneta con todas as mans unidas polos dedos, e a colocamos no corcho. Tamén utilizamos materiais de reciclaxe para elaborar o noso Belén. Qué figuriñas! Parecía imposible que dun bote de Actimel sairía un Rei Mago ou que con pistachos se pondera facer unha galiña. Que orgullosos estabamos das nosas figuriñas!. Os alumnos de 1º de ESO están concienciados coa reciclaxe e o Nadal é un bo momento para demostralo. Con botellas de plástico , cartóns de leite e restos de lá confeccionaron árbores de nadal. O esforzo mereceu a pena e estas marabillosas árbores contribuíron ós adornos navideños do colexio. En 6º adicáronse a construír artiluxios eléctricos con materiais que eran para tirar.

Os rapaces de 2º de Primaria pasámolo moi ben con xogos de auga. Para eles empregamos botellas de plástico. O xogo foi por parellas. Un enche a botella e vai de pata coxa a vaciala na do seu compañeiro que a ten baleira. Logo volta ó seu sitio e volve a facer o mesmo. Gaña a primeira parella que logre encher a súa botella. Todos participamos traendo a nosa botella de plástico da casa. A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

23
Os Trotamundos de 3º de Primaria, tan traballadores eles, non dubidaron en poñerse mans á obra, cando a profesora Carmela lles encomendou elaborar contos e historietas sobre as plantas, os animais, a paisaxe, e todo tipo de temas sobre a natureza. Estes son os resultados, que luciron na aula, e como non, na exposición do laboratorio.

Q u e r e d e s s a b e r u n c on t o ?

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

24

Or g u l l os os d a n o s a e x p o s i c i ó n

E chegou a hora da verdade.Con todos os traballos feitos ao longo do curso, ocurríusenos facer unha exposición. Así os alumnos e profesores doutros cursos terían a oportunidade de gozar dos traballos de todos. O máis salientable é que participaron todos os alumnos e profesores do centro e que a protección pola biodiversidade e o desexo de coñecer un pouco máis a figura de Darwin, foron os fíos conductores dos traballos. Os máis pequenos contribuíron ao mantemento de árbores autóctonas coma o carballo e o castiñeiro plantando sementes en tetrabrick o día do magosto. Fixeron debuxos e quebracabezas sobre animais salvaxes e domésticos. Coñeceron as razas autóctonas galegas: vaca cachena, galiña de Mos, can de palleiro,...No Entroido foron vestidos de xoaniñas, abellas e arañas. Os alumnos de primaria traballaron a importancia dos liques e a asociación simbiótica que representan, tamén como indicadores da polución. A elaboración do libro viaxeiro de 3º implicou ás familias, de xeito que cada unha tiña que confeccionar unha reportaxe dunha páxina con texto e fotografías das súas saídas e paseos, relacionados coa biodiversidade. As illas Atlánticas como Cíes, Sálvora e Cortegada foron estudadas polos alumnos de 5º. Na ESO fíxose un mural co biotopo das Cíes sobre o que os máis pequenos tiveron que colocar as fotografías das especies que viven alí. Fixéronse contos e debuxos falando do tema. No Entroido foron vestidos de froitas, moluscos bivalvos, medusas, flores, etc. En ESO destaca a elaboración de carteis moi logrados, as maque-

tas sobre animais, confeción de quebracabezas das razas galegas para que xoguesen os pequenos, os fósiles feitos con area e cartón, etc. No Entroido tamén se disfrazaron de homes primitivos liderados por un gran mamut, Darwin, felinos e nativos da selva amazónica.

Recreación en madeira do Parque Nacional das Illas Atlánticas

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

25

Tamén tivemos en Ponteareas, fondos mariños pouco profundos...

A exposición comeza presentando a Charles Darwin, situando en eixos cronolóxicos a vida do científico. Faise un repaso da súa viaxe no “Beagle” e das experiencias que máis o sorprenderon ao descubrir tanta variedade de especies descoñecidas en Inglaterra. Unha mostra de animais e algas conservadas en formol, emula as mostras que Darwin recolleu na súa viaxe. Tamén se fai fincapé nos seres vivos microscópicos como parte da cadea trófica e evolutiva. Un par de microscópicos permiten visualizar mostras destes seres vivos. Coa publicación do libro “A orixe das especies” en 1859, Darwin adiántase a Wallace, un rapaz australiano que estaba chegando ás mesmas conclusións evolutivas que el. Os asistentes á exposición teñen a oportunidade de observar ao microscopio, mostras de bacterias e protozzos, tan importantes na escala evolutiva. Tamén hai mostras de algas, moluscos, réptiles, etc en formol. Un dos argumentos que avalan a teoría da evolución é o rexistro fósil, por iso unha parte da exposición está dedicada a eles. Temos

maquetas feitas polos nenos e tamén fósiles verdadeiros como un trilobites , lumaquelas, ... Un enorme dinosaurio de cartón preside esta zona así como carteis onde se sitúan os principais fósiles chegados ata nós nas diferentes épocas xeolóxicas. O medio mariño ábrese ante nós cunha magnífica colección de cunchas, equinodermos, esponxas e ata unha Gorgonia, coral en perigo nas costas galegas, maquetas de peixes, tartarugas, pingüíns, medusas,.. Tamén hai carteis das subdivisións taxonómicas do reino animal. Un ordenador permítenos visualizar o desfile de Entroido, os actos do magosto e a vida de Darwin. Tamén hai mostras de vídeos e libros sobre a vida no planeta. Sen dúbida a especie humana interésanos a todos. Os alumnos de 4º de ESO amosan nun cartel a evolución desta especie e faise un repaso sobre o tema con carteis, videos e consulta en revistas e libros Con motivo do Entroido, en 4º de ESO fíxose un mamut de máis de

Os pequenos asombrados ante tanta biodiversidade

Os papás e mamás observaron a exposición con moito detalle

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

26
2 m de alto. Para acompañalo na exposición, os rapaces aportaron peluches de animais que se organizan segundo o cartel que os acompaña. Tamén se fala das redes tróficas e das relacións entre eles. Noutro lugar da exposición, podemos xogar a descubrir as especies autóctonas galegas, vaca cachena, can de palleiro, galiña de Mos, etc. Faise un repaso pola evolución da raza humana, con carteis, videos e consulta en revistas e libros. Sobre o biotopo feito de madeira das illas Cíes os rapaces poden colocar as fotografías plastificadas do cormorán da herba namoradeira, das estrelas de mar, etc. Para finalizar un gran castiñeiro de madeira e mostras xa crecidas das plantacións dos nenos, recórdannos a beleza desta árbore xa galega desde os tempos dos romanos. Tamén hai niños de paxaros que fabrican os nenos en tecnoloxía, etc. Tanto árbores como niños, son plantados e colocados no monte Picaraña en colaboración coa comunidade de montes de Ponteareas. Un herbario das especies vexetais máis importantes do monte Picaraña, pecha a exposición.

O comité científico de “Voz Natura” visitou a nosa exposición sobre a vida de Darwin e a Biodiversidade, o pasado 21 de abril. Debeulles gustar porque nos outorgaron o... PRIMEIRO PREMIO PROVINCIAL!!

FELICIDADES PARA TODOS!

Q

etóns s ue x ogu

on estes

rapaces

!

As profesoras déronlle o último adeus ao noso querido mamut, snif!

Os nenos o pasaron moi ben en Culleredo. Aquí están diante da exposición merecedora do primeiro premio. Arriba, a directora Rosa, Julia e Ruth recollen o premio

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

E seguimos celebrando...

27

Dez anos de Revista Escolar

Quen ía a pensar alá por xaneiro de 2001 que a publicación daquel día da Paz e da Árbore, ía a entrar no seu ano dez de vida. Así é queridos membros da Comunidade Escolar, grazas ao voso traballo e a inestimable colaboración dos anunciantes, aquí seguimos con esta pequena homenaxe que cada final de curso lle adicamos aos nosos nenos e nenas, os verdadeiros motores do noso día a día. Un curso máis sorpréndenos a cantidade de actividades que conseguimos facer no cole e o ben que responden todos. NORABOA!

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

O trobador do Tea

28

finalista autonómico outra vez!
Catro anos participando e catro premios acadados. Pódese pedir máis?. De novo, os nosos xornalistas dixitais da ESO volveron quedar campións. Os maquetadores e redactores de 3º de ESO conseguiron publicar con éxito o número 3 do seu xornal “Ecos da Picaraña”. Realizaron interesantes reportaxes sobre o punto limpo de Ponteareas, entrevistaron ao grupo musical “Capitán Furilo” e destacaron sobre todo pola confección de anuncios propios. No apartado “Tema libre” salienta a reportaxe sobre o centenario do noso colexio. Pola súa banda, os veretanos de 4º de ESO non dubidaron en reivindicar os daños que sofre o Miño e así o fixeron no seu xornal monográfico sobre este río. Entrevistas ao presidente da asociación pola defensa do Miño, a un veterano pescador de lamprea ou a un excontrabandista, valéronlle a clasificación autonómica para alegría de todos. Recordemos que o curso pasado estes mesmos rapaces e rapazas, xa se clasificaran, polo que a experiencia valeulles de moito. Tamén hai que salientar que compiten con máis de 250 colexios e que na maioría os grupos están constituídos por alumnos e alumnas de bacharelato, que segundo nos teñen confesado os seus coordinadores, comezan o xornal a principio de curso. Se queredes velos dous xornais ou os dos cursos anteriores, non tedes máis que entrar en: http://estudiantes.elpais.es/

Os reporteiros de 4º de ESO en Compostela o día da entrega de premios

Premios aos mellores poetas do cole
Varios nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, clasificáronse con éxito nun concurso de poesía a nivel estatal patrocinado pola editorial Planeta. O concurso titulada “Érase una vez la poesía”, consistía en elaborar unha poesía de tema libre dun máximo de 15 versos. Nas fotografías aparecen os gañadores de 5º e de 6º de Primaria. A editoria editará un libro no que se recolleran os traballos de todos os poetas noveis desta edición. O resto dos participantes, tiveron un pequeño agasallo de agradecemento de colaboración.

NORABOA A TOD@S!

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Neste curso 2009-2010, no colexio de “La Inmaculada” cumprimos cen anos. Cen anos de traballo e ilusión en prol dos nosos alumnos e alumnas, os verdadeiros motores do noso labor diario. Moito cambiaron as cousas dende que, naquel 1910, comezase a andaina desta Comunidade Escolar. Moitos foron os atrancos e problemas que xurdiron, pero foron superados un a un, grazas ao bo facer de todos os que formamos parte desta familia. Para celebrar este aniversario preparamos varios actos: Comezamos dando as grazas por estes anos de vida escolar cunha Eucaristía na igrexa parroquial. A nosa compañeira Mª Jesús Iglesias rematou o seu traballo de investigación sobre a historia do colexio, o que permitiu editar con éxito o libro “Colexio La Inmaculada, 100 anos de historia”. Este libro foi presentado á sociedade nun acto ao que asistiron as compañeiras de Vita e Pax, Teresa Miñana e Cecilia Pérez, ademais do alcalde como membro do Padroado, o presidente da AMPA, profesores, alumnos, ex-alumnos e numeroso público e invitados. A recadación que se obteña coa venda deste libro, destinarase integramente a financiar recursos educativos para os nenos cos que vive agora en Guatemala, a nosa compañeira Mª Jesús Laveda, membro tamén de Vita e Pax. Para que as palabras e os recordos tivesen imaxes, realizamos un pequeno documental, no que moitas xeracións de “La Inmaculada” poden verse reflectidas: as clases de urbanidade, as excursións dos Montañeiros de Santa María, as charlas do Padre Cornelio, os festivais de fin de curso, as novas instalacións,... Para rematar este aniversario temos preparada unha cea de confraternidade o vindeiro 25 de xuño. Todo aquel que se sinta parte desta familia e identificado co colexio pode asistir, desexamos que asista. Deste xeito celebraremos todos xuntos que a ilusión por traballar neste marabilloso proxecto, sigue viva cen anos despois.

ESPECIAL CENTENARIO

Unha pincelada de historia
Tras un breve período no que esta escola estivo rexida por unhas monxas francesas, a partir de 1910 faise cargo da dirección a comunidade de Relixiosas Franciscanas, baixo a advocación da Divina Pastora que exercerán o seu labor ata 1972. Son elas as que proceden o rexistro definitivo e oficial do centro co nome de colexio “La Inmaculada”. O colexio da Inmaculada non existiría sen a figura de Félix Rodríguez González. Este filántropo, nacido en Tui no ano 1834, doou a favor do Párroco de Ponteareas un terreo con finca situado entre as rúas Carretas e Salvatierra para a fundación dun colexio para nenas sen recursos e un hospital. Aínda que esta segunda intención nunca se chegou a cumprir, si que se creou unha escola que será a que dea orixe ó que hoxe en día é o noso colexio de “La Inmaculada”.

Ó longo dos máis de sesenta anos de xestión das Nais Franciscanas foron moitas as vivencias que se foron acumulando. Moitas destas nais marcaron, sen dúbida, a vida das nenas que neses anos se educaron no colexio. Elas implicáronse profundamente no labor docente pero tamén na vida relixiosa do pobo o que fixo que o colexio aínda hoxe sexa coñecido como “ o Colexio das Monxas”.

Cómpre salientar que este centro ten unhas características especiais xa que se trata dunha fundación sen ánimo de lucro, é dicir, unha vez que Félix Rodríguez González fai a doazón, a propiedade pasa a ser unha Fundación de Beneficencia, rexida por un Padroado e a súa regulación definitiva aparece recollida nunha orde do Ministerio de Gobernación do ano 1933. Neste documento esta fundación aparece xa co nome do doador: Fundación Félix Rodríguez González.

Neste período o colexio contaba cun internado onde que daba aloxamento a nenas de familias sen recursos ou que tiñan os seus pais emigrados, o que é unha pequena mostra da implicación social do colexio.

A partir do ano 1970 o centro entre nunha situación moi complicada xa que as Nais Franciscanas, debido á falta de vocacións, empezan a plantearse deixar a xestión do centro. Neste momento é fundamental o labor dunha figura clave na historia do colexio: D. Enrique Troncoso, párroco de Ponteareas. El tentou facer todo o que estaba nas súas mans para que as Franciscanas seguisen ligadas ó colexio pero non foi posible. O adeus definitivo tivo lugar
Fotografías: 1 Monxas Franciscanas; 2 aula; 3 viña que había no colexio

no ano 1972. Para lograr a continuidade do centro escolar púxose en contacto co Pai Cornelio, fundador do instituto secular Vita et Pax, para que esta institución se fixera cargo da dirección. Os seus esforzos deron froito e no ano 1972 Consuelo Amorós, Mª Carmen Fernández e Grupo de a lumnas con , de esquerd Ana Iglesias, a á dereita: Mary Eusa, a Srta. Con integrantes deste suelo, Ventu ri e Mª Nieve s instituto, veñen a Ponteareas para iniciar o seu labor. Son anos moi difíciles non que traballan duramente, xunto coas profesoras Carmela Abalde, Mª Josefa Porto e Pilar Novoa, para sacar adiante un colexio que estaba nunha situación física e económica moi precaria.

Teresa Miñana e Mª Jesús Laveda

Comeza no ano 2005 unha nova etapa para o colexio “La Inmaculada”, marcada pola ilusión e o empeño de seguir mantendo vivo o espírito “Vita et Pax” : unha maneira de educar marcada por valores tan importantes como a solidariedade, a tolerancia, o respecto e o espírito crítico.

Pero o Colexio ten que seguir adiante e o Padroado delega a xestión de centro, exercida ata ese momento por Vita et Pax, no claustro de profesores, quen elixe a Rosa García, como directora, Carmela Abalde, como xefa de estudos, e Irene Estévez, como secretaria.

Cecila é substituída por Teresa Miñana, que será a última representante, xunto con Mª Jesús Laveda, do instituto Vita et Pax en Ponteareas xa que no ano 2005 vense na obriga, como xa pasara coas Nais Franciscanas, de deixar o colexio por falta de vocacións. É un momento moi difícil porque supón unha despedida moi dura.

Consuelo Amorós exerce a dirección ata o ano 1992, data na que é substituída por Cecilia Nadal, quen será directora ata o ano 1999. Ó longo deses anos vanse facendo obras de melloras no colexio e lógrase a implantación da ESO que permitirá que os alumnos poidan rematar o súa escolaridade obrigatoria no centro.

Neses anos leváronse a cabo as xestións necesarias para que o Padroado provisional que rexía o colexio se convertese en definitivo. Tendo en conta que o colexio “La Inmaculada” é unha Fundación sen ánimo de lucro, o órgano que debe supervisar toda as decisións, tanto económicas como administrativas ou docentes, é un Padroado. No ano 1985 a Xunta de Galicia aproba a constitución definitiva do Padroado formado polos seguintes membros: Delegado de Educación, Alcalde de Ponteareas, Cura Párroco, Xuíz de Primeira instancia, Notario, Director do centro e Presidente de APA.

Colexio “La Inmacula

ada”. Curso 2009-2010

A orixe do libro
Colexio “La Inmaculada”, 100 anos de historia Quen non coñece en Ponteareas “O colexio das Monxas”? que familia non ten algún membro que fose educado nel ? Non é doado para un centro escolar chegar a cumprir cen anos. Durante un século centos, miles de nenos recibiron unha formación académica nas súas aulas, pero tamén unha educación en valores que lles permitiu afrontar a vida sendo persoas máis íntegras e solidarias. Este libro non é máis ca un humilde intento de recoller por escrito un mínimo testemuño do que foi a evolución do colexio ó longo destes cen anos. Foron moitas as persoas que coa súa implicación e dedicación fixeron posible a continuidade do centro ata hoxe en día: inicialmente unhas relixiosas francesas das que pouco ou nada se sabe, despois as Nais Franciscanas que desenvolveron o seu labor entre 1910 e 1972, o Instituto Secular Vita et Pax con persoas tan queridas como Venturi, Consuelo, Cecilia, Teresa ou Mª Jesús; e na actualidade a xestión intachable do equipo directivo: Rosa García, Carmela Abalde, Irene Estévez e todo o claustro de profesores. Todas estas persoas merecían e merecen que o seu labor sexa recoñecido e valorado porque sen a súa intervención estes cen anos non serían posibles. Pero, ademais, un centro escolar non subsiste sen a súa base: os alumnos, e pensando neles tamén se fixo este libro, para que poidan atopar nel tamén unha mínima parte dese tesouro de vivencias que para cada un de nós supón a nosa etapa de formación escolar.
A autora, Mª Jesús Iglesias, asinando exemplares

Teresa Miñana e Cecilia Pérez, asistiron á presentación do libro. Na fotografía vémolas en compañía de Rosa Mª García, actual directora do colexio e Mª Jesús Iglesias, Chus, autora do libro.

A idea de escribir este libro xurdiu da conxunción de varios factores que se foron dando simultaneamente. O primeiro o feito de ter a grandísima sorte de coñecer a “Señorita” Consuelo, exemplo de bondade e cariño, de vivir de cerca o bo facer e implicación de Cecilia, de Teresa ou de Mª Jesús Laveda, que daban mostras continuas do espírito de entrega e dedicación ós demais de “Vita et Pax” ou de escoitar falar con admiración e cariño de persoas como Venturi ou a Nai Gemma, a Nai Luísa e un longo etcétera. Un impulso fundamental foron as historias e anécdotas que as profes Carmela Abalde ou Marisefa (que foron a primeiras mestras non relixiosas que entraron a traballar no colexio) contaban sobre a dura etapa de transición entre o adeus das Franciscanas e os primeiros anos de Vita et Pax. Elas falaban das moitas horas que houbo que dedicar ó colexio despois da xornada escolar para habilitar pupitres, clases, etc xa que o colexio “estaba baixo mínimos”. Pero, ademais, comentaban que o colexio non continuaría adiante sen o empeño e empuxe de D.Enrique que foi o que logrou que Vita et Pax se fixese cargo da dirección do centro no ano 1972. Todas estas historias e vivencias fixeron que, pouco a pouco, fose nacendo a idea de escribir algo sobre todas esas vicisitudes.

A idea tomou definitivamente forma cando Vita et Pax, a través de Teresa e Mª Jesús, anunciou que debían poñer fin a súa xestión no colexio. Ese era o momento de deixar constancia de que, tras os muros do colexio La Inmaculada, houbo e hai persoas excepcionais e o seu labor non podía quedar no esquecemento.

Para a elaboración do libro tivéronse en conta todos os documentos que se atoparon no Arquivo Diocesano de Tui, e que facían alusión ó colexio, os documentos do Arquivo Parroquial e os documentos do propio centro

A partir dese circunstancia foi nacendo este proxecto, impulsado primeiro por Teresa Miñana, cando aínda era directora, e por Rosa García, que acompañou todo o proceso de investigación e documentación que houbo que levar a cabo para darlle forma a este libro.

O libro está artellado en tres parte e epílogo. Na primeira parte aparece unha breve introdución histórica sobre a situación de Ponteareas nos primeiros anos do S.XX. A segunda parte é a que está máis ligada con todo o proceso histórico e de documentación. Nela se ofrece un percorrido polas principais fases da evolución do centro a través de documentos notariais, cartas, actas, etc. A terceira parte céntrase máis na vida escolar o como esta foi cambiando ó longo destes cen anos e as transformacións que o colexio foi experimentando. No epílogo recóllese unha relación do persoal docente e non docente relacionado co colexio e algúns testemuños de persoas que estiveron ou están ligadas ó colexio como alumnos, profes, pais, nais, membros de APAS (ou AMPAS) que quixeron deixar constancia da pegada que o colexio da Inmaculada supuxo nas súas vidas. No libro aparecen, ademais, emotivas homenaxes que a profesora Carmela Abalde lle fai a Venturi, D. Enrique, Consuelo e Cecilia, coas que compartiu moito tempo de traballo para salvagardar a continuidade do colexio. Tamén aparece un texto da profe Luz sobre Mª Jesús Laveda e outro de Rosa García sobre o traballo comprometido de Teresa Miñana.

Colexio “La Inmaculada”, 100 anos de historia pretende, pois, ser unha homenaxe a aqueles que fixeron posible Os membros do claustro asistiron ó acto de presentación de “Colexio La Inmaculada, 100 anos de historia”. Tamén os este centenario: Félix membros das AMPAS actuais e de antigas APAS estiveron connosco, o mesmo que numerosos ex- alumnos, pais, nais Rodríguez González, sen o cal e alumnos actuais. este colexio non existiría , as Nais Franciscanas, O Instituto escolar. Toda esta información foise completando cos Vita et Pax, D. Enrique Troncoso, o actual equipo directivo, testemuños orais que moitas persoas foron ofrecendo e as APAS e AMPAS, as familias, o persoal docente e non que axudaron a ir reconstruíndo unha historia que en docente e, por último, a razón de ser de todo centro moitos momentos se podería definir como “apaixónante”. escolar: os alumnos. A través deste libro pódese ir percibindo o gran cariño que moitas persoas lle teñen a este colexio e a profunda Trátase tamén de dar a coñecer o carácter singular desta implicación educativa de moitos profesionais que pasaron institución xa que é un centro escolar cunhas polas súas aulas, sen esquecer o labor das diferentes características case únicas: é unha fundación (Fundación APAS (agora AMPAS) que traballaron man a man coa Félix Rodríguez González) sen ánimo de lucro, é dicir, que dirección para que “La Inmaculada” chegase, pouco a ninguén obtén beneficios económicos da súa xestión. pouco, a ser o que é hoxe en día.

“La Inmaculada” hoxe

Na actualidade, o colexio de “La Inmaculada” pretende seguir ofrecendo aos seus alumnos e alumnas a mellor calidade de ensino, nun entorno moderno e coas mellores instalacións: aula de encerado dixital, sala de informática, biblioteca, aula de inglés, de música, ...Porén, o noso obxectivo, alén do puramente instrutivo, é formar persoas de ben, poñendo o maior empeño na adquisición de valores humanos, na creación de hábitos de convivencia e respecto e no fomento da responsabilidade e do compromiso.

Departamento de Orientación
Divertímonos xuntos aprendendo valores
A preocupación polo futuro dos nosos alumnos e alumnas nun mundo cada vez máis complexo vai emparellada a miúdo coa sensación de que non somos capaces de transmitir os nosos valores. O aluvión de estímulos que lles chegan a través dos medios de comunicación, a competitividade, a aceleración do consumo e os novos modelos de vida teñen provocado un cambio nos costumes que se traduce no medo de asumir responsabilidades e na perda do sentido colectivo.

37

desobediencia dos nenos e nenas. Co Departamento de Orientación colaboraron varios alumnos e alumnas, que se vestiron de paiasos para facer a actividade máis atractiva. O Cine Forum foi dirixido a todos os cursos do colexio organizado por ciclos, con películas onde se tratan os valores axeitadas ao seu nivel educativo. Ao remate de cada película as mestras desenvolveron actividades sobre os valores traballados nestas películas e elaboradas polo Departamento de Orientación.

O Departamento elaborou un Programa de Educación en valores co que se pretende que os nosos alumnos e alumnas cheguen a ser persoas íntegras, responsables, solidarias, bos amigos… e que se convírtan no futuro en adultos ilusionados que melloren a nosa sociedade. Entre as actividades dirixidas a traballar ditos valores destácanse: un contacontos e un cine-forum. O contacontos foi levado a cabo cós alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria. Traballáronse as habilidades sociais, o período de adaptación ao colexio, o acoso escolar e a

Nenos colaboradores: Yolanda Alonso, Ana Zas, Pablo Carrera, Manuel Denís e Leo Sebastián

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

38

Celebración de inicio de curso para darlle a benvida aos pequerrechos de 3 anos

Mirade, estamos todos xuntiños!!! Celebramos a Pastoral de inicio de curso. Esta, por ser a primeira celebración, é moi significativa dado que todos os nenos damos a benvida os máis peques do cole, os que teñen tres aniños. O principio os de tres anos apenas cantan, pero hai que ver que ben o pasan logo en Nadal cantando un montón de panxoliñas e comendo papanoeis de chocolate!! Falamos de solidariedade, familia, paz, amor, respecto, ledicia , amizade, esforzo.. xa que o noso amigo Xesús sempre nos está a lembrar do importante que son estes valores nas nosas vidas. Entre todos construímos a torre de Babel, e a través de fotografías coñecemos a moitos nenos que viven en diferentes partes do noso planeta. Todos debemos ser compañeiros e levarnos ben, sen que nos importe a cor da pel, a vestimenta…porque entre todos temos que construir un mundo máis digno e xusto. Cada vez que celebramos as pastorais lemos unha poesía ou pedimos por tódolos nenos que non teñen as mesmas posibilidades ca nós. Moitas veces poñémosnos nerviosos, porque as nosas familias, amigos, e profes están pendentes do que imos dicir. Pero sempre o facemos moi, moi ben. Gústanos moito cando os nosos pais participan na celebración, como en Nadal que nos axudaron a colocar estreliñas no portal de Belén.

O máis importante é que aprendemos a convivir, sendo grandes amigos e vivindo sen disputas e problemas.

ión Celebrac

de Sema

na Santa

PRODUCTOS QUÍMICOS E CELULOSA
César Fernández Barbosa
Telf: 696.971.729. Estrada de As Neves. Nave 1. 36860. PONTEAREAS A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Departamento de Pastoral

39

O labor pastoral que se leva a cabo no colexio tamén abarca o resto do alumnado. Mediante xogos, actividades, cine-forum, imaxes, charlas e celebracións da Palabra na Parroquia de San Miguel, coa colaboración do párroco D. Uxio, participan na aprendizaxe de valores como a convivencia e a solidariedade. “… Non o podemos evitar, a Europa do futuro, gústenos ou non nos guste será multiétnica”.
Laura Fernández, 2º ESO

Aos papás e as mamás gústalles moito asistir ás nosas festas de Pastoral. Aquí están cos nenos de 3 e 4 anos.

Os alumnos acércanse e coñecen diferentes realidades presentes no noso mundo; inmigración, comercio xusto, pena de morte, ONGs, Dereitos Humanos, a educación , conflictos bélicos…e reflexionan sobre eles. “Segundo o lugar onde naces tes un futuro mellor ou peor ou sinxelamente, non hai esperanza”

“…Se nos comportamos como ata agora, Europa non vai ter un bo futuro como continente multiétnico. En cambio, se nos comportamos fraternalmente construiremos unha Europa sen rexeitamentos”.
Iván Martínez, 2º ESO

Marta Míguez, 2º ESO.

“ Hai fame e pobreza no mundo a causa do egoísmo humano, porque existen suficientes alimentos e diñeiro que, repartidos equitativamente, chegarían para que toda a humanidade vivise en condicións dignas”.
Mateo González, 2º ESO.

Que é a felicidade? Un día en Uruguay, meu pai comprounos uns xeados a min e o meu irmá. Ó sair do establecemento, había un neno na porta, era o que anteriormente nos limpara os cristais do coche. El mirou os nosos xelados, e pide se lle podemos comprar un. Meu pai comproulle o máis grande que había con tres sabores. Cando o neno o veu iluminóuselle a cara coma unha bombilla, para el ese xeado era a súa felicidade. A felicidade non é canto recibimos ,como o recibimos ou que recibimos , senon que “cousa” nos fai sentir ben e felices por ese día”.

Fabricio Cavallieri,. 3º ESO.

“Por que non aceptamos o novo e vemos o seu lado positivo?. Sempre pechamos os ollos ante os emigrantes e a súa cultura, sempre vemos a súa sombra. Nunca nos damos conta de que podemos aprender doutras culturas…”
Laura Fdez, 4º ESO

Despois de ver a película “Los niños del barrio rojo” na India, pensei moito. A xente preocúpase pola crise ou en que país é máis rico, cando o noso redor hai xente que case non é persoa, vivindo en condicións infrahumanas. En cambio

sempre nos queixamos, vivimos nun lugar de luxos, onde tes o que queres e máis. Temos un fogar, a oportunidade de estudar, e unha familia que nos respecta. Temos tanto que nin nos damos conta” .
Iria Abalde, 2º ESO

“ Ás veces pensamos que os máis desfavorecidos están en países moi lonxanos, pero a realidade non é así. Este é o caso do artigo que lin sobre un barrio das aforas de Madrid, A Cañada. Familias loitan por sobrevivir día a día entre lixos , auga non potable, drogas, falta de desagües… Se a xente se preocupase máis daríase conta de que esta situación estalle acontecendo o seu veciño..”

Yolanda Alonso, 3º ESO

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

40

Haloween

Festas e conmemoracións no cole
Na presente edicción da celebración do Halloween, no colexio, os alumnos de 6º de primaria fixeron a súa oparticular homaxe a Michael Jackson, morto de xeito inesperado o ano pasado. Noutros cursos decantáronse por caracterizacións mais clásicas, coma estas bruxas e magos de 3º de Primaria. Os de 5º seguiron coa tradicción de contar historias terroríficas. Escribiron unha obra, montaron o vestuario e decorados, e representaróna para tódolos seus compañeiros no patio do colexio. Os de 4º gastáronnos algunha broma propia destas datas. Xa metidos en fariña!….O ano que ben haberá que tomar a revancha.

Terroríficas cabazas feitas polos nenos

Os alumnos de 6º de Primaria metían medo!

WOW! Este é o aspecto que presenta a entrada da nova aula de Inglés, logo de que o encargado de mantemento do colexio, o Sr. Antonio, nos somprendera con esta aportación voluntaria. Grazas Sr. Antonio!. Con esta magnífica porta, aos alumnos non lles queda a menor dúbida de que están entrando en territorio Inglés.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Festas e conmemoracións no cole

41

Uxía, Sara e Andrea coa cara farruscada

O Magosto

Mural sobre o Magosto en Galicia feito polos alumnos de 3º de ESO

Como xa é habitual, na festa do Magosto o noso protagonista é o castiñeiro. Pequenos e grandes celebramos este día comendo as castañas que nos asa o Sr. Antonio. No patio colocamos os trabalos preparados para esta festa: murais, redaccións, contos, debuxos,... Os nenos de 4º de ESO fixeron un gran castiñeiro en madeira no que os de 2º de ESO colocaron ducias de follas con refráns, receitas e curiosidades desta árbore. Os compañeiros de 3º de ESO ocupáronse de reflectir nun gran mural os distintos xeitos que hai no noso país de celebrar o Magosto. Antes de comer abrimos o apetito practicando aqueles xogos da época dos nosos avós e pais. E que é importante non perder as tradicións. Logo comemos e farruscámonos.

Arriba: os de 3º tan golosos coma sempre!. Debaixo: nenos de 4 anos xogando coa castaña

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

42

Festas e conmemoracións no cole

¡Benvidos ao noso festival!. Este día foi moi especial para todos nós, os nenos e nenass do Colexio “La Inmaculada”, porque como todos xa sabedes celebramos o noso festival de Nadal nº 100. ¿E quen pode dicir que estuda nun colexio que leva aberto 100 anos?. Pois nós….que nos atopamos moi orgullosos. Comezamos a celebración da festa do Nadal como tódolos anos, realizando o concurso de tarxetas do Nadal. Cada mestre escolleu a mellor tarxeta da súa clase e o claustro de profesores seleccionou a tarxeta gañadora para imprimi-la e face-la chegar ás familias como felicitación navideña do centro escolar. O autor da tarxeta gañadora foi Borja Pérez de 1º de ESO. Os profes adornamos o cole con motivos navideños, colocando unha gran árbore de Nadal no patio, estrelas prateadas nas fiestras da galería, e enormes letras na fachada principal. As aulas tamén foron adornadas polos nenos e nenas: facendo árbores do Nadal e Beléns con materiais reciclados, móbiles v a r i a d o s, marcapáxinas, debuxos para as ventás,grilandas, etc.... Un ano máis e pensando naqueles que teñen dificultades debido á crise económica na que estamos inmersos, colaboramos coa “Operación Kilo” organizada por Cáritas Simón e Kimberly de 4º e 3º de Primaria, fixeron de presentadores no Festival de Ponteareas. Nadal. Os dous últimos días do trimestre celebramos o festival do Nadal no centro, onde os nosos alumnos e alumnas cantaron, bailaron, tocaron a frauta, escenificaron tres obras de teatro e algunha panxoliña mediante xestos. Os profes deleitamos ao público bailando “ All I want for christmas is you” interpretada por Mariah Carey. A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Nadal

Como este ano nos portamo moi ben, os Reis Magos visitaron o noso colexio o 1º día do festival para recoller as nosas cartas e escoitar as peticións de cada un dos nosos nenos/as.

Os alumnos de 3º de Primaria bailaron moi ben!. O noso “anxo da garda” Diego Docampo, de 2º de Primaria, vela por todos nós.

Os alumnos de 2º de Primaria interpretaron a obra “ 25 de decembro”

Tarxeta gañadora do concurso, feita por Borja Pérez de 1º de ESO

Festas e conmemoracións no cole
O Día da Paz celebrouse este ano dun xeito se cabe, máis sensible. Estábamos todos moi afectados polo acontecido en Haití en non dubidamos á hora de preparar algo especial. Confeccionamos Pombiñas da Paz cheas de cores e de palabras de amor. O papás, mamás e profes as mercaron a un prezo voluntario e simbólico máis ca nunca. Conseguimos xuntar 1400 euros que lle mandamos a este pobo a través de INTERMÓN. Grazas a todos pola solidariedade amosada.

43

Día da Paz
Aplausos e globos para a Paz. Cada un de nós forrou unha caixa con debuxos e palabras alusivas ao motivo da celebración. Logo fixemos unha gran “montaña de amor” con elas.

É primordial o papel que teñen os educadores á hora de influenciar ós mozos, dos que depende a evolución futura. Creo que o papel dos educadores é importante pero o ser violento ou non, non só depende deles senón tamén do carácter da persoa e a educación recibida dende pequenos na casa. O racismo, a xenofobia, a intolerancia e o odio son factores que provocan moitas veces na xente actos de violencia. Dende o meu punto de vista non deberían selo, xa que son factores que afectan á raza e sexualidade da persoa e isto non se debería ter en conta para desprezar ou non a calquera ser, xa que todos somos iguais. Podemos tomar exemplo de Gandhi ou Martin LutherKing xa que foron persoas que loitaron moito pola paz; aínda así, eu creo que os mozos de agora non conseguen darlle suficiente importancia á xente como eles xa que o mundo actual está repleto de imaxes, películas, videoxogos ... que amosan exactamente o contrario á paz e aos valores que estas dúas persoas nos seus días querían transmitir. Para min o diálogo é un factor importante que pode evitar chegar á violencia xa que hai que ter en conta que falando se entende a xente, e non pelexando. A solidariedade tamén é moi necesaria xa que hai moita desigualdade no mundo e todos deberiamos aportar un pouco do noso á xente que non o ten. Por último, o respecto é outro valor fundamental xa que se todos nos respectásemos non teríamos nunca que pelexar nin discutir nin menosprezar a ninguén por nada. Por desgraza non todo o mundo pensa así , nin todos están a favor de contribuir á Paz.
Sandra Morales Alonso 4º E.S.O As vendedoras das ”Pombas da Paz”, tiveron moito éxito

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

44

O Entroido da biodiversidade
Como non podía ser doutra maneira, o desfile de Entroido deste ano estivo adicado á Biodiversidade e a Darwin, o científico que revolucionou á sociedade do século XIX, coa súa teoría sobre a orixe das especies. Rememorando a viaxe no Beagle, e na compaña deste gran científico, fomos surcando os mares e recollendo medusas, estrelas de mar, moluscos, e peixes. Nas primeiras escalas na Amazonia, subíron a bordo exóticas aves, fermosas árbores e unha pandilla de indíxenas gritóns. Tivemos a precaución de levar un bo cargamento de froitas con moitos cítricos para evitar o escorbuto e un grupiño de galiñas que nos proporcionaron ovos frescos toda a viaxe.

Festas e conmemoracións no cole

Arriba grupo de 6º de Primaria. Os rapaces aproveitaron plásticos de embalar para elaborar o seu traxe de medusa. Debaixo vemos o estupendo colorido do xardín florido de 3º de primaria.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Festas e conmemoracións no cole

45

As froitas de 2º de Primaria maduran ao sol. Debaixo do mar as estreliñas e peixes de cores de 1º de Primaria, marabillaron a Darwin na súa viaxe. Á esquerda grupo de moluscos bivalvos de 5º: ostras, mexilóns, ... todo feito con cartón e un pouco de pegamento e pintura. Bo traballo!.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

46

Festas e conmemoracións no cole

Arriba: No barco había un galiñeiro coma o que vedes aquí. Estes rapaces de 4º de Primaria vestíronse así no desfile de Entroido. Debaixo: O grupo de felinos de 1º de ESO. Non parecen moi feros pero mellor non provocalos non vaia a ser que nos saquen as uñas...

Aquí temos unha imaxe de Darwin cun grupo de primitivos que atopou nunhas illas lonxanas. Segundo a súa teoría sobre a evolución, son os antepasados do home actual, aínda que daquela xa había rapazas presumidas, xa... O mamut, elaborado para a ocasión polos alumnos de 4º de ESO, é o avó do elefante.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Festas e conmemoracións no cole

47

Tamén atopou Darwin, arañas de 5 anos así de amenazantes na selva do Amazonas. As xoaniñas de 3 anos tamén andaban polo barco e facían moita compañía. As abellas de 4 anos non pican nada, son enchen de bicos á profe Leo.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

48

Festas e conmemoracións no cole

Para conmemorar o centenario do colexio, os alumnos e alumnas de 3º de ESO confeccionaron esta enorme tarta coa axuda da profe Mónica. Estaban todos: as antigas alumnas co uniforme de antes, as mestras que eran monxas, o xardiñeiro, as señoras de mantemento, ... Unhas das curiosidades que atopou Darwin no seu periplo pola selva amazónica, foron estranas árbores como esta que vedes aquí, e exóticas aves de cores. Ese día a profe Ester , non puido mandar calar a estes loros. E na fotografía final desta reportaxe, temos ao profesorado tan entusiasta coma sempre no que a celebracións se refire. No centro da imaxe a “Madre Superiora” parece desexar que acabe pronto o Entroido.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Letras Galegas

Festas e conmemoracións no cole

49

Alumnos, profesores e pais celebramos xuntos o día das Letras Galegas o venres 14 de maio. Despois de traballar toda a semana sobre a figura de Uxío Novoneyra chegou o momento da festa. A mañá empezou cunha emisión especial de “Radio Secretaría” na que todos os cursos fomos facendo intervencións variadas e divertidas: poemas, contos, cancións, lendas, adiviñas, etc. Deste modo e neste día tan especial pechamos as emisións de radio neste curso. Despois de escoitar a “radio”, baixamos á sala de usos múltiples onde puidemos ver unha presentación feita polos alumnos de 1º de ESO sobre as diferentes parroquias de Ponteareas; Mondariz e incluso Rianxo. Foi un traballo moi bonito que os rapaces confeccionaron na materia de “Interdisciplinar”. Como neste día o centro da celebración é a cultura galega nas súas diferentes manifestación, continuamos a festa cun “serán” matinal no que todos os cursos fixemos diferentes actuacións: cantamos cancións populares, fixemos bailes tradicionais, recitamos poesías, tocamos a pandeireta e incluso asistimos á estrea dunha nova versión da “Rianxeira”. E para rematar non podían faltar “os postres”. Xa é unha tradición finalizar a celebración das “Letras Galegas” coa degustación destes postres que todos traemos e que tanto nos gustan; ademais xa se sabe que os galegos celebrámolo todo comendo e este día non podía ser menos...

Ser galegos, por Sara Alfaya , 4º ESO

A festa das Letras Galegas foi celebrada por toda a comunidade escolar. Os papás e mamás que nos acompañaron nas representacións teatrais e musicais, degustaron tamén connosco os postres cos que colaboran na celebración.

Día a día, vexo como os nenos, os maiores e algúns vellos se comunican sempre en castelán e só no colexio sí se fala o galego, e de forma esporádica. En calquera establecemento nos atenderán en castelán, incluso os nosos periódicos están escritos en castelán, os anuncios, a radio, a televisión... Non vexo comprensible

que algo tan grande como unha lingua propia poida ser unha vergoña; como podemos estar dispostos a perder unha representación tan importante como a que é o galego. Eu mesma son castelán- falante e non porque o elixise eu así, senón porque o meu entorno estaba sempre presidido por ese idioma e agora mesmo resérvoo unicamente para falar

na casa, e esporadicamente; aínda que é un tema que me preocupa, porque estou moi orgullosa de ser española, pero máis orgullo sinto por ser galega e por ter algo tan grande como esta cultura,esta terra e, como non, esta lingua.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

50
Aló polo ano 1930 naceu na Serra do Courel, na montaña luguesa un dos grandes poetas do século XX, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas: Uxío Novoneyra. Sen deixar de estar ligado á súa terra natal, centro de inspiración da súa poesía, fixo os seus estudos universitarios en Madrid, onde empezou a escribir poesía en castelán. Rematada a universidade, vai vivir a Compostela e alí entra en contacto con importantes figuras da nosa literatura como Otero Pedrayo ou Ramón Piñeiro, quen influirán na decisión de Novoneyra de escribir

Festas e conmemoracións no cole
en galego. En 1962, o poeta regresou a Madrid, onde comezou a traballar na radio e mais na televisión, dirixindo diversos espazos culturais dedicados aos grandes poetas españois e internacionais, sen esquecer os galegos. Debido ó estado de saúde dos seus pais regresou ao Caurel. Durante as últimas fases da enfermidade da nai, esta foi atendida por Elba Rei, enfermeira á que Uxío coñecera en Lugo en 1968. Elba e Uxío casaron o 5 de xaneiro de 1973 e tiveron tres fillos: Branca-Petra, Uxío e mais Arturo. En 1983 deixou O Courel para se radicar definitivamente en Santiago de Compostela. O ano anterior fora elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupou, tras sucesivas confirmacións, ata a súa morte, o 30 de outubro de 1999. Definido por Piñeiro como “a voz da terra”, a súa poesía xira basicamente en torno á paisaxe do Courel, vivida dunha forma intima. As principais obras son: “Os eidos” (1955) Elexías do Caurel e outros poemas”(1966) “Os eidos II” (1974) “ Os eidos.

PREMIOS CONCURSO LITERARIO “LETRAS GALEGAS”
O Equipo de Normalización lingüística do colexio, xunto co Departamento de Lingua e Literatura, convocaron con motivo da celebración do Día das Letras Galegas un concurso literario, nas modalidades de relato e poesía para todo o centro ( a partir de 2º de Primaria). Os gañadores do concurso foron os seguintes alumnos: De 2º de Primaria: Pedro Peixoto De 3º de Primaria: Nicolás Lago De 4º de Primaria: Lara Álvarez De 5º de Primaria: Adrián Alarcón De 6º de Primaria : Javier Rodríguez Na ESO, na modalidade de Poesía: Borja Pérez de 1º de ESO

Libro do Caurel”(1981) Nos anos noventa escribe obras de literatura infantil como “O cubil do xabaril”, “Gorgorín e Cabezón”.

UXÍO NOVONEYRA

Pablo Novoa de 2º ESO Na modalidade de relato Irene Ordóñez de 1º ESO Sara Alfaya de 4º ESO Recibiron unha mención especial tamén os traballos de Paula Cid de 1º ESO, Iria Abalde, Aisha Pexegueiro, Brenda Domínguez e Mateo González de 2º de ESO

Os traballos das alumnas e alumnos Nuria Sobral de 1º de ESO e Yanira Rodríguez, Pablo Novoa e Mateo González, de 2º de ESO foron tamén premiados no concurso de relato e poesía que convoca o día das Letras a Asociación Cultural de Lira “Fogar de Breogán”

Lembranzas da miña terra,
por Pedro Peixoto de 2º de Primaria

Cando camiño polos teus lugares, e vexo a xente pasar, sinto algo aquí dentro, que non deixa de latexar. Que tes Galicia fermosa? Que tes Galicia querida? Que ten a túa xente? Que é o que te fai tan sentida?

Galicia é a miña xente, Galicia é o meu fogar, gústame tanto esta terra que non a podo deixar.

porJavier Rodríguez de 6º de Primaria

Antes de poder andar,
Antes de poder andar Sabía en galego falar. Logo dun tempo esquecín E importancia non lle dín. Temos que recuperar, Rimas, ditos e cantar. Alma de galegos ver. Sempre en galego ler. Grandes son os escritores, Almas de reiseñores, Lembrade sempre o galego, E non o deixedes morrer. Grandes verbas de labregos, Artistas, músicos e cregos Sempre han permanecer.

O día de onte no parque paseino ben, pero molleime no estanque; un neno baixaba polo tobogán que susto!, botóuselle un can. O neno choraba, e a nai berraba, un susto grandón pois rompeulle o pantalón, pero ao pouco tempo o susto pasou.

por Lara Álvarez de 4º de Primaria

Un día no parque,

Son tantas as cousas que sentín, que fan que te leve conmigo non deixes de pensan en min, porque eu de ti non me olvido.

O neno xogaba contento co seu balón. Unha nena miraba para min, mentres xogaba no balancín. Mentres uns nenos xogaban, outros descansaban e aproveitando merendaban. Todo o mundo estaba moi contento pois onte por fin, fixo bo tempo e aquí remata esta poesía que me levou mediodía.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

O galego vai camiño do latín, por Carla Martínez , 4º

Festas e conmemoracións no cole
ESO

51

A situación do galego é grave e se ninguén dá o paso de pór en práctica a lingua, acabará sendo como o latín, unha lingua que se utilizará só nos libros. Todo o mundo coñece a situación que sofre o galego pero todos ocultamos este problema e preferimos tomar o camiño fácil, deixar que a lingua desapareza. Ninguén é capaz de dar o paso e tentar que o galego volva ser a lingua do pobo. Paréceme moi triste que nós, “os galegos”, que así nos facemos chamar non eduquemos ós nosos fillos en galego e que os nenos que si falan esta lingua rematen utilizando o castelán ó estar na escola entre castelán falantes.

Penso que ninguén é o culpable desta situación e que isto vén de moi atrás, cando a lingua parecía ser de labregos e pobres, e a xente falaba en castelán porque se cría que era a lingua dos cultos e intelixentes. Na miña opinión o galego na actualidade asóciase cunha lingua dos vellos e a miúdo os galego falantes cambian o idioma no que se expresan cando van, por exemplo, a unha tenda ou falan con alguén que non coñecen porque cren que pensarán que son uns brutos. Unha boa solución sería que estas persoas, acostumadas a falar galego, non mudasen de lingua e nós, os que falamos castelán, intentaramos falar en galego aínda que só fose con eles porque así ninguén se avergonzaría da lingua.

Na vida existen diferentes segredos. Uns que son máxicos e poucas persoas os descobren e o que os fai máxico son as persoas que son capaces de gardalo. Hai segredos que son malos, e cóntanse de persoa en persoa facendo dano a outras. A mi non me contaron ningún destes segredos, senón que descubrín un que me cambiou a vida por completo. Chámome Miriam, e teño 15 anos. Todo comezou o Nadal pasado. Como todos os invernos fun cos meus pais Ó Courel. Tiñamos unha pequena casa alí, onde pasabamos cada inverno gozando da natureza. Aquela casiña encantábame. Era de pedra nova, con mesturas de cores escuras e claras: era moderna, xa que a reformaramos había tres invernos; pero á vez mantiña un aire rústico. Tiña unhas ventás de madeira repartidas ó longo da casa, e varias portas; estaban as das habitación; unha que daba ás outras casas; e unha traseira, que daba ó xardín da casa. Ese era o meu lugar favorito, sempre estaba todo nevado. As árbores, a maior parte castiñeiros, estaban pintadas da cor branca do cal. As tardes na que o sol xe deixaba ver, saía alí e pasaba o día sacando fotografías a todo o que me asombraba, e nese lugar eran demasiadas cousas. Ese era o meu pasatempo favorito; pódense descubrir cantidade de cousas alí, dende o tobo dun coello e as súas crías, ata a túa verdadeira identidade. O día máis frío do inverno foi cando máis me sorprendín. Os meus pais saíran a por comida xa que coa neve que podía caer tiñamos que ter provisións suficientes. A antena da televisión e Internet non funcionaban polo mal tempo. Tampouco podía saír da casa, o que me levou a ver os álbum de fotos. Pareime a pensar que nunca abrira aqueles obxectos onde se gardaban todos os recordos. Non me acordaba dos momentos cos

O segredo de Miriam, por Iria Abalde de 2º de ESO

meus pais dos dous anos para abaixo, o que me fixo querer ver máis sobre antes. Abrín o álbum coas fotos de familia, encontrei de todos os anos pasados; no bosque nevado, con seis anos; na praia, no verán que me picara a medusa; e a viaxe a Madrid esa mesma Semana Santa. Pareceume tan estraño. Había fotos con eles de todos os anos pero ningunha dende que nacín ata os dous anos. Non comprendía nada, era todo como si nacera con dous anos. Había máis álbums pero todos eran de vodas, comuñóns, pero faltaba o meu bautizo. Cada vez me chamaba máis a dúbida de saber o que pasaba. Vin un álbum, era vermello, pequeno, e tiña nun dos laterais un peche de cor dourada. Intentei abrilo pero facía falta unha chave. Que gardaba ese álbum? Porque estaba pechado cunha chave? Chegaron os meus pais pero non me atrevía a preguntarlles nada, xa que non estaba segura do que pasaba e lles podía parecer mal. Xa era tarde e a preocupación desa tarde fíxome deitarme cedo. Pero non podía durmir, a cabeza dábame voltas pensando: quen era eu realmente? As únicas persoas coas que tiña recordos eran os meus verdadeiros pais? Eles saíron traballar e como todas as mañás quedei soa. O único que pasaba pola miña cabeza era o pequeno peche de álbum. Onde podía estar esa chave? Acordeime que nun aniversario unha muller anciá amiga da miña nai me regalara un colgante. Tiña unha chave e un corazón coa forma dela. A muller dixérame que con esa chave abriría as portas do meu corazón a outras persoas. Podería ser esa a chave? Corrín por toda a casa ata chegar a miña habitación, o meu xoieiro estaba enriba do moble do ordenador. Collino e comecei a sacar todas a xoias que estaban alí. Por último saquei

o que tanto buscaba. E nese momento sentín unha gran ledicia, xa que intuín que estaba preto da verdade. Deiteime na cama e desabrochei o colgante, saquei a chave e metina na pechadura do álbum. Por un momento o medo percorreume o corpo. Non sabía o que podía encontrar alí, pero tiña a necesidade de ver o que me esperaba. As fotos que había alí demostraban que o que pensaba era real. A miña familia non o era realmente. Había fotos no hospital, unha nena en brazos da súa nai. Recoñecía que era eu, non cambiara tanto en relación ás fotos que tiña dende os dous anos. Dos meus ollos comezaron a saír lágrimas, pois agora o meu desconcerto era enorme. Porque non estaba agora con eles? Abandonáranme tan pequena? Ou o que sucedera era que eu era orfa? As dous opcións estremecíanme, pois me horrorizaba que os meus pais me abandonaran, pero que houberan morto e non me acordara de eles me entristecía máis. A mañá transcorreu coa casa silenciosa, só se escoitaba o meu choro. O choro dunha nena que non comprendía nada da súa vida. Cando chegaron do traballo viron a nena chorando na súa cama co álbum aberto, comprenderon que era o momento de dicirlle a verdade. Ela era orfa. Os seus país verdadeiros morreran nun accidente de tráfico. A nena ía con eles pero milagrosamente no lle sucedeu nada. O seu pai morrera no momento pero a nai sufriu feridas graves, e ó cabo dunha semana morreu. Miriam pasou cinco meses nun orfanato, ata que os pais cos que vivía agora a adoptaron. E a trataron como unha filla de súa mesma sangue.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

52
O primeiro vo,

Festas e conmemoracións no cole
por Irene Ordóñez de 1º de ESO

Recordo a primeira vez que puiden voar polo ceo, percorrer as montañas cheas de neve branca e resplandecente. Abrín os ollos moito e gocei da brisa que movía as miñas plumas producíndome unhas cóxegas confortables. Os meus irmáns tamén estaban alí, ó meu lado, vendo toda a paisaxe dende unha altura considerable xa que aínda eramos pequenos para voar por enriba das grandes nubes brancas que se estendían polo ceo ata perderse no horizonte. Pero non todo fora tan feliz ese día, pasei caendo da árbore ata que por fin conseguín que as miñas pequenas ás me elevaran ata o ceo. Ese ano mamá contáranos que tiñamos que voar moito máis aló da cordilleira, das montañas e das grandes cidades repletas de xente. Sentín curiosidade por ese sitio. Chamábase Galicia, e alí, quedariamos un tempo, xa que teñen uns campos tan grandes coma para alimentar a moitos máis ca nós! E os mares máis fríos, onde poder mollar as plumas e refrescarte. Realmente sentía curiosidade por ese sitio. Pola mañá moi cedo marchamos do noso niñiño quente, para voar ata a terra prometida. Os días pasaban, e eu vía moitas cousas novas. Dende cidades xigantes ata as máis pequenas das aldeas. Cada día nos faltaba menos para chegar ó noso destino. O único malo eran esas tormentas de neve e choiva que nos empapaban as plumiñas mentres observabamos como as pingas esvaraban dende a nosa cabeza ata a punta da pata. Ademais, cada vez que había moita tormenta, a choiva facíanos sentir tan pesados que case non podíamos manter a altura necesaria para chegar a un lugar seguro, ata que paraba e remontabamos o noso vo. Polo camiño encontrámonos con moitos paxariños que, coma min, ían moi lonxe, máis lonxe do que eles se puideran imaxinar; tan lonxe coma min que percorría coa miña familia os océanos máis longos e as cordilleiras máis altas. Recordo uns en especial, chamábanse Pirineos e facían fronteira con España. Mamá explicábamos todo o que nós iamos vendo. Cada sitio tiña as súas características, moi diferentes das outras. Nos días que pasaban eu ía recollendo información de todos os lugares novos, de todas as cousas que chamaban a miña atención. Ese día voabamos por enriba de prados de herba seca, sen cor algún. Parecía queimada polo sol, que quentaba todo o lugar ata o punto de asfixiar a un, porque iso de ter plumas por todo o corpo non che é nada doado; cando fai frío estase moi quentiño, pero cando é verán e o sol desprende toda a súa calor, un séntese a punto de estoupar. As plumas dan unha calor impresionante, ata o punto de querer arrincalas, unha a unha para liberarse dese asfixia, porque digo eu que voltarán crecer.

Chamoume a atención unha conversa de dous señores. Mañá ha de chover. – o outro levantaba a vista, ollando para o ceo e asentía. Pois si que vai chover si Éche mellor confiar na xente do pobo que nestes señores do tempo, que non acertan nin unha. Que mellor maneira de saber o tempo que vai facer que escoitando a natureza? – un dos homes parecía indignado ante tanta Paxariños de Sara de 4 anos ignorancia. Mentres falaba levantaba o bastón e movía a cabeza. Canta razón tes. O outro home cravaba a vista no chan e seguía camiñando despois de levantarlle a pucha ó señor do lado a modo de saúdo. Non vira aínda a ninguén utilizar ese método para saber que tempo facía. Era incrible a cantidade de cousas que se podían aprender aquí en só uns minutos. Volvín cos meus irmáns e coa miña nai. Cando cheguei estaban todos xa no pequeno niño, acurrucados uns cos outros. Logo púxonos a durmir a todos. O día seguinte sería unha nova aventura de descubrimentos

Cando, por fin, pasamos os campos secos e a calor converteuse en frío, miña nai fíxonos un sinal para que mirásemos ó noso redor. Púxenme a percorrer coa mirada todo o que podía percibir: o ceo encapotado por nubes grises cargadas de humidade e choiva, as grandes ondas batendo contra as rochas, que deixaban unha escumiña branca que chegaba ata a area, os campos verdes que se estendían ó meu redor, destacando as pequenas flores amarelas que se atrevían a pousarse alí. Non cabía a menor dúbida, iso que se presentaba diante dos meus ollos tratábase de Galicia, a terra que tanto ansiaba por coñecer. O que se estendía diante de min era digno de admiración. Todos os meus irmáns voaban arredor das flores e se pousaban nos grandes castiñeiros que tapaban o mar, mentres miña nai recollía ramiñas para facer un novo niño. Eu separeime do grupo, quería saber algo máis dese pequeno pobo Galego chamado Rianxo.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Festas e conmemoracións no cole
Pola mañá cediño, ó amencer, un galo da zona soltou un dos seus “kiquiriki!!” para espertar a todo o pobo e poñelos en movemento. Coma o señor dixera, estaba a chover, non se enganara! Pouco despois das catro, o Sol comezou a saír por entre as nubes, brillante, tímido e mimoso, coma esperando a que lle deixasen a quenda. Cando estivo no alto de todo saín voando a coñecer cidades, as aldeas e…a coñecer Galicia! Os demais día pasaron todos practicamente igual, o distinto era que cada día me gustaba máis este sitio. Pero, coma todos sabiamos, chegou o día de volver para casa, aínda que para min a miña casa era Galicia. Cando saín dos campos verdes e do mar escuro e frío, os meus ollos

53

enchéronse de bagoas que foron caer ó baleiro. Dous días despois de deixar a que xa consideraba a miña terra, xa entendía iso que dicían os galegos da morriña que un sente cando non está en Galicia. Pero aínda que tiña que marchar, nunca ninguén lograría separarme de Galicia, que sempre ocupará a mellor parte do meu corazón, porque o certo é que eu me namorei desta terra de ilusión, namoreime de Galicia. Algún día, cando sexa xa un paxaro grande, voltarei para a terra á que de verdade pertenzo, porque non hai mellor lugar para pasar os anos que Galicia....

Nostalxia, por Paula Cid , 1º

ESO

Escóitase na chaira e na montaña O golpeteo da choiva, a auga ó borde da túa marca que agora gardo para sempre na miña alma. Estás lonxe, mais aínda sinto esa marca que deixaches na túa dama. Recórdame nas túas cartas as túas penas e tristezas que nunca me dixeches á cara.

Sinto que algún dia deixarei de verte na túa mirada fráxil e cálida pero acórdate de canto te amaba. Non esteas triste, non derrames ningunha bágoa que che faga sentir a menor nostalxia. Pero recorda que cando eu che falaba deses risos amargos que sentía no meu peito

as noites claras. Non chores, meu meniño, agora non se pode facer nada agora non podes borrar a miña dor, a túa marca. E cando mires á lúa espero que recordes o cariño que che daba o meu sorriso manchado que a túa man mataba.

De repente a chuvia, cae forte e seguida, empapando todo, coa súa cantiga.

Púxose todo negro, oscurece o día, lóstregos brillantes, no ceo relucían.

O Arco da Vella galego,

Ao ver que te ías,
por Adrián Alarcón de 5º de Primaria

facendo rebumbio, con tantos redobres. Xa saíu o sol, parou a tormenta, e con moitas cores, saiu o Arco da Vella.

Ao ver que te ías, eu te preguntei `a onde vas?’ Respondiches`non o sei’. Polos lares da terra, busqueite sen parar, ata atoparte, meu amor, e quedarme nun lugar. Nese lugar unha vida fixen, agora, xunto a ti escoito ao neto rirse.

por Pablo Novoa 2º ESO

Escóitanse os tronos, parecen tambores,

E que, todo en Galicia, é bonito e fermoso, a paisaxe, o sol, o arco da vella, ata un día tormentoso.

A Serra do Courel é unha das paisaxes máis belas de Galicia, se non vés a visitala cometerás unha inxustiza. Pobre cabeza a miña, a Serra do Courel está preto da casiña. Atópase en Lugo, nun segundo a Serra máis linda de todo o mundo. Es fermosa e divina, es para min unha vacina. A túa natureza é gloriosa, canto máis te vexo es máis preciosa. Tes un río chamado Lor, dín del que é moi acolledor, tamén que tes uns bos vales, nos que pasean moitos animais.

A Serra do Caurel,

por Nicolás Lago de 3º de Primaria

A vida como un lóstrego pasa porque parece mentira que onte estivera naquela pradeira.

Agora, medio pitoño, miro para ti, para os teus bonitos ollos, de color verde abril.

Que rápido pasa a vida, parece mentira, porque aínda onte, atopeite nesta vila.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

54

Festas e conmemoracións no cole

A aventura da amizade, por Mateo González de 2º de ESO

O Courel estaba fermoso naquela época do ano. Os castiñeiros alzábanse enormes nos bosques e os picos máis altos aínda estaban desxeándose. A Xacobe encantáballe pasar as tardes de primavera rodeado desta paisaxe, explorando ríos e arboredos, facendo amigos entre os animais e vivindo as historias que o entorno lle contaba. Xacobe, ós seus nove anos, era un rapaz moi imaxinativo e activo. Na vila todos o coñecían, pero el vivía nunha cabana coa súa nai, Carme, no medio dun souto. A Xacobe o criara a natureza. Aprendera a coidar o medio ambiente e a respectar a todos os seres vivos do bosque. Tamén tiña amigos no pobo, e con eles vixiaba o bosque, sempre na procura de aventuras. En Novoval era coñecida unha lenda que dicía que na cima do monte había escondido un tesouro dos castrexos que viviran alí había miles de anos, pero ninguén o atopara nunca. Por iso Xacobe e os seus amigos decidiron ir en busca del. A xornada de busca fíxose moi longa e aburrida. Saíron co amencer do sábado para aproveitar o día todo o que puidesen. Na patrulla de

exploración ían Xacobe, o seu mellor amigo Moncho, Cristina, María e Pedro, os cinco de sempre. Avanzaron a metade do camiño cando chegou o mediodía, así que calcularon que a ese ritmo chegarían á cima pola noite e que terían que acampar alí. Pareceulles a todos unha boa idea. Como calcularan, cando chegaron á cima estaba anoitecendo, polo que se dispuxeron a acampar e deixar o recoñecemento da zona para o día seguinte. Un ruído espertounos pola noite. Pedro non estaba na tenda, así que os rapaces saíron dela e avisaron ás rapazas. Foron a buscalo na dirección da que provera o ruído que os espertara. Uns metros máis adiante, encontraron un burato no chan e lograron albiscar unha figura ó fondo. Era Pedro. Éste chamou por eles e lles dixo que encontrara o burato mentres ía ó baño. O grupo apresurouse a baixar polo burato, seguindo as indicacións de Pedro e cando xa estaban abaixo, Xacobe fixouse en que no fondo do túnel ó que levaba o burato había un cofre, así que correu a abrilo e descubriu que dentro non había nada, o tesouro non existía. Todos se desanimaron co descubrimento, pero Xacobe, sempre tan reflexivo e optimista, díxolles que o verdadeiro tesouro fora vivir aquela pequena aventura cos seus amigos.
Palloza celta debuxada por Alba de 4º de Primaria

O soño real, por Yanira Rodríguez de 2º de ESO
Unha vez tiven un soño, do cal teño un bo recordo. Moitas veces penso no que soñei, e non sei se foi un soño ou unha realidade o que me pasou. Eu estaba rodeada de natureza. Aquela paisaxe era marabillosa, fermosa, e isto fixo que un día escribira aquel soño no meu caderno de recordos. O lugar do meu soño estaba situado, no sureste da provincia de Lugo. Era unha serra galega, de gran beleza. Nela alternaban os profundos vales que estaban poboados de vexetación autóctona, nos cumes abundaban os castiñeiros,acivros… Este lugar estaba atravesado por un río. Era coma unha serpe que discorría entre o bosque e as suaves lomas. Nas súas beiras encontrábanse os castiñeiros rurais, algún eran fermosísimos, outros pola contra eran só ruíns. Tamén se atopaba unha devesa chea de flora galega, e unha lagoa, zona moi tranquila onde se podía pasar unha tarde de lecer. Tamén podíamos atopar antigas minas de ouro de tempos dos romanos. Este soño andaba sempre dentro da miña cabeza, porque para min era algo que xamais vira e sentira. Un día pola mañá, espertei e miraba todo aquilo que soñara. Todo se convertera nunha gran realidade. Era algo incrible. Aquel lugar fermoso onde agora residía chamábase A Serra do Courel…

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

A prender a amar a terra, por

Festas e conmemoracións no cole
Brenda Domínguez de 2º de ESO

55

Primeiro vou comezar por presentarme. Eu chámome Paola Villanueva Riguarte, eu teño 14 anos e son como calquera outra rapaza da miña idade, teño o cabelo castaño, os ollos grandes e marróns, son de estatura media e delgadiña.Todo comezou cando o meu pai o trasladaron ao Courel, na provincia de Lugo .O meu pai traballa como arquitecto nunha construtora moi importante de Madrid; pero fai pouco o trasladaron a Galicia. A miña nai morreu cando eu era moi pequena e desde entón so vivíamos meu pai máis eu. Non quería marchar de Madrid, alí estaban os meus amigos, a miña casa todo. Pero non había maneira de convencer ao meu pai , así que non me quedou outro remedio que preparar o equipaxe e comezar unha nova vida. Compraramos unha casa nun pobo do Courel e fomos ver o meu novo colexio; que ben que o trasladaran en agosto así tería tempo de instalarme e de poder comezar de cero cos meus novos compañeiros. O primeiro día de clase tiña que causar boa impresión para poder facer novas amizades. Pero o meu plan fora un fracaso. Sentíame perdida, non sabían nin onde estaba nin onde tiña que ir. Parecía como se toda a xente me estivera mirando . Ese fora o peor día da miña vida. Pero isto aínda non acabara, toda a xente da escola falaba en galego. Aínda é unha lingua que coñecía porque a miña familia é toda galega, non quería falalo porque se me daba mal e sentíame rara falando e incomoda. Pouco a pouco fun facendo amigos como a miña mellor amiga Covadonga, pero aínda que fixera novos amigo nunca me esquecería dos meus amigos de Madrid. Na clase puxéronme un alcume, por como falaba, aínda que mellorara moito desde que viñera. Chamábanme a “Chica de Madrid”. Non me importaba que me chamaran así, porque para min iso significaba que estaba encaixando. As profesoras eran un

encanto. Pero aínda que todo comezara a irme ben aínda me sentía rara, falando galego. Non sei cando oía a miña voz era rara , non me gustaba. Pero os meus amigos apoiábanme e dicían que mellorara moito. Ata tiven un mozo galego.... é que os galeguiños son moi guapos . Chamábase Lucas , era da miña clase. Xa estabamos pola metade do curso , o meu pai estaba encantado co traslado e co galego dicía que era o noso idioma de toda a vida e da nosa terra. Só faltaban quince días para que rematara o curso todos estabamos contentísimos e sobre todo eu que por fin quitara un notable en galego, toda a clase me felicitara. Á mestra de Galego, Chus, ocorréuselle a idea de que, xa que faltaban poucos días para rematar o curso, podíamos cada un facer un traballo e expoñelo aos compañeiros sobre onde viviramos, cal era para nos a nosa verdadeira terra......Por suposto eu fíxeno de Madrid era onde vivira durante toda a miña vida e no Caurel só levaba un ano. Fomos expoñendo un por un, a mestra dixo que iriamos ir por lista xa que ninguén se atrevera a expor primeiro. Eu estaba moi nerviosa , e o traballo máis bonito poríano na sala de exposicións da escola. Eu era o número 6 da clase, chegara o momento de expor o meu traballo sobre a miña terra. Comecei por situar Madrid, as súas características, museos, parques....... E logo continuei dando a miña opinión, o que significaba para min, onde estaban todos os meus recordos, amigos algún que outro familiar.. A mestra felicitoume e díxome que, de momento, era a mellor exposición. Pero aínda faltaban moitas por ver. Xa que xa expuxera e os nervios xa non os tiña decidín atender aos meus compañeiro e ver o que significaba para eles a súa terra.

Por fin o entendera todo, os debates contra o castelán, as protestas, como defendían a súa terra. Para eles era mais que o seu lugar de nacemento era cultura, historia.. Alí e onde esta toda a súa vida desde os seus antepasados ata eles ,era alí onde estaba toda a súa historia , da súa familia , deles ... A súa cultura, o seu idioma que tanto o defendían... Agora comprendíao todo, eu só falara da miña vida e non da miña familia e terra. Agora si me sentía unha verdadeira galega, xa non era a “ Chica de Madrid” como todos me chamaban Pero isto non foi todo o bo que tivo esta exposición. A mestra apuntáranos nun concurso que saía a finais de curso.O concurso trataba de expoñer o que significaba para nós a nosa terra . A mestra elixiu os oito mellores da exposición para participar, eu tamén fun elixida. Entre todos fixemos unha exposición preciosa. A min tocoume expoñer a parte onde falo dó meu cambio de mentalidade de ser unha rapaza que sempre falaba castelán que por nada do mundo quería o galego; agora encantábame. E como premio regaláronnos aos oito unha viaxe a Madrid, que ironía... Esta e a miña experiencia . Agora non me arrepinto de ter vido ao Caurel. Ao contrario síntome con sorte porque grazas a isto agora vou ir facer unha viaxe cos meus amigos e con Chus, a miña mestra de galego.

Casiñas de Sara de 4 anos

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

56

Máis Letras
Antonio Machado (1875-1939)

Festas e conmemoracións no cole

Al longo do curso son moitas as actividades relacionadas coa lectura. Celébramos o Día do Libro, a Semana da Prensa e organizamos diferentes talleres de animación á lectura. Aquí están as probas:

Este ano no primeiro trimestre commemoramos o 70 aniversario da morte de Antonio Machado. Os alumnos de 3º ESO escenificaron a vida do autor rematando cunha presentación en power point. Os alumnos de Infantil e Primaria asistiron à representación e, ao

remate , participaron recitando o poema “Anoche mientras dormía”. Para os máis pequenos confecionáronse pictiogramas que axudaron a memorizar o poema. Outros poemas coñecidos coma “Caminante no hay camino” e “Parabolas “ foron representados con diferentes colaxe por alumnos de 3º , 4º ,5º e 6º de Primaria. 4ºde ESO elaborou un gran mural sobre a vida e obra do escritor que estivo exposta na entrada do colexio.

Na fotografía da dereita vemos a Jacobo Rey, Víctor Domínguez, Adrián Castro, Marcos Membribe e Alba Veiga, representando á Xeración do 98. Debaixo: as alumnas de 3º de ESO, Bea, María, Margarita, Sandra e Nadia, declaman os versos de Machado ante os máis pequenos do colexio.

Darwin e os Machado

Segundo o experto John Van Wyhe, Charles Darwin sabía español ou polo menos tiña coñecementos básicos: «Noutro caso, era imposible que coñecese tantos detalles de especies locais de Latinoamérica, que lle transmitían os guías e as xentes dos lugares ». En España a súa teoría tivo unha gran acollida. Un ano despois de que “A orixe das especies” saíse á venda en Sevilla, o profesor de Universidade Antonio Machado e Núñez, avó dos poetas, xa facía referencia a ela nas súas clases. Non obstante, só cinco das súas obras foron traducidas e editadas en castelán en España.

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Festas e conmemoracións no cole

57

Pois de letras seguimos falando; outra das animación á lectura que tivemos estivo protagonizada pola autora do libro “El diario hablado de Clara”, Esther Sestelo. Con ela pasamos unha entretida xornada escoitando todo o que nos dicía. Os alumnos e alumnas de 5º, practicaron coa mestra Fina unha peza que tocaron como agradecemento á visita da escritora ponteareana.

El diario hablado de Clara

Dentro do plan lector deste curso, os nenos e nenas de Primaria asistiron a tres actuacións: unha representación da vida e obra do escritor Antonio Machado, (nas fotografías da páxina anterior); unha pequena animación á lectura coa colaboración dos alumnos da E.S.O, (na fotografía da dereita aparece Andrea Álvarez de 2º de ESO, presentando o guiñol); e por último outra representación da vida e traxectoria artística do poeta Miguel Hernández.

Na “Semana da Prensa”, os rapaces do colexio traballaron con xornais. Pedíuselles que buscasen información sobre temas de actualidade e que observasen os titulares e as fotografías. Tamén aprenderon a distinguir conceptos como: pé de foto, entradilla, editorial, artigo de opinión, reportaxe, entrevista, etc.

Prensa nas aulas

Con motivo da celebración do Día do Libro o Equipo de Normalización Lingüística propuxo a elaboración dunha actividade creativa en cada clase, para fomentar o uso de galego de xeito ameno e divertido. Aproveitando a imaxinación e fantasía dos alumnos, decidimos escribir uns libros colectivos. En cada clase, a partir de 3ª de Primaria e ata 4º de ESO, un alumno empezou a escribir unha historia que foi continuada polos compañeiros que, por turnos, ían aportando a súa pincelada literaria. Co resultado destas historias de autor colectivo elaboramos uns preciosos libros e todo o proceso foi levado a cabo polos alumnos: pasaron as historias a limpo ou a ordenador (os de Secundaria), fixeron ilustracións, deseñaron e decoraron as portadas e, por último, encadernaron o libro. A través desta actividade os nosos alumnos descubriron o seu talento creativo e, ao mesmo tempo, puideron vivir de modo directo o proceso de elaboración dun libro.

Historias compartidas

Estas obras foron expostas na entrada do colexio durante toda a semana

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

58

Festas e conmemoracións no cole

23 de abril: Día do Libro

O protagonista este ano no Día do Libro, o 23 de abril, foi o poeta Miguel Hernández. Dende os máis pequenos de Educación Infantil ata os alumnos da E.S.O, traballaron algúns poemas deste autor alacantino xunto con algún poeta máis da Xeración do 27; e recitáronse durante o acto conmemorativo que tivo lugar na mañá do 23 de abril Neste acto os alumnos de 2º da E.S.O mostraron unha presentación en power-point sobre a vida e obra de Miguel Hernández acompañada cos poemas cantados de J.M.Serrat. Na entrada do colexio expuxéronse carteis informativos sobre Miguel Hernández e a Xeración do 27. Os alumnos de 5º de Primaria construíron unhas maquetas representativas da biografía do poeta e a súa traxectoria política durante a Guerra Civil Española.

O 23 de abril de 1616 morrían Cervantes e Shakespeare

Javier Novoa de 5 anos, leu para os seus compañeiros “Nana de la cebolla” de Miguel Hernández”. Á dereita, as maquetas que sobre a vida do autor fixeron os alumnos de 5º de Primaria

1: Pois si, os rapaces de 5º imos falar un pouquiño do día do libro, que estamos a celebrar hoxe. 2: Ben, a elección do día 23 de abril como día do libro e dos dereitos de autor, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes e William Shakespeare, no ano 1616. 3: En España , na antiga época de Alfonso XIII firmouse un Real Decreto o 6 de febreiro do 1926 polo que se creaba oficialmente a Festa do Libro Español, que se celebraría na data pola que entón se pensaba que nacera Cervantes, o 7 de outubro. 4: Anos máis tarde, a proposta foi presentada pola Unión Internacional de Editores á Unesco, co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual. 5: O 15 de novembro de 1995, a Conferencia xeral da UNESCO aprobou a proposta en París, a partir da cal, o 23 de abril sería o “Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor”. 6: En España, co tempo fíxose tradicional en Cataluña o intercambio e regalo de rosas e libros entre homes e mulleres, e ademais, aquí tómase en conta esta data para a entrega anual dos Premios Cervantes, que son o maior galardón realizado aos autores hispanos. A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Miguel Hernández en Radio Secretaría

7: No estranxeiro, algúns países realizan actos semellantes noutras datas. No Reino Unido e Irlanda, por exemplo, o primeiro martes de marzo realizan o chamado World Book Day (Día Mundial do Libro). 8: E xa para rematar, lembrarvos que na entrada de secretaría hai unha exposición da vida e obra do poeta Miguel Hernández, á que todos estades invitados. QUE A DISFRUTEDES MOITO.!!!

Festas e conmemoracións no cole

59

O Día da Inmaculada, a patroa do noso colexio, celebrámolo xogando. Todos participamos nos xogos que se nos propoñen desde o departamento de Educación Física: Os nenos de 1º de infantil pasándose a pelota, os de 5 anos tratando de conseguir uns aros dos contrincantes, outros agachándose para pasar polos aros e correr cunha pelota na man, ... Pasámolo moi ben no pabillón do cole.

Xogos do Día da Inmaculada

Como nai non hai máis ca unha, aos nenos gústalles regalarlle un detalliño no seu día. Aquí tedes unha representación dos traballos feitos polos nenos e nenas de diferentes cursos: láminas con debuxos moi lindos, ramos de flores, figuras con plastilina, etc. Todos os agasallos foron realizados con moito cariño, e polo tanto tamén, moi ben recibidos .

Día da Nai

O profe de música, Fran, preparou aos alumnos de 4º de ESO para que nos deleitasen con un concerto aos demais cursos. Instrumentos como a frauta, o xilófono, os crótalos e os teclados, soaron para nós en forma de cancións polulares galegas, coas que todos bailamos moito.

Concerto musical

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Allariz e os seus museos

60

Saídas e excursións educativas

Allariz é un pobo ao que sempre nos gusta ir de excursión. Ten museo do Coiro, do Xoguete, do Liño, ..pero sobre todo é un lugar moi bonito de casas antigas restauradas, un río limpo e infinidade de rúas polas que pasear. Os alumnos de ESO fomos coas nosas titoras nun frío

día de primavera. Tamén visitamos uns cabalos moi bonitos e de volta paramos en Ribadavia para coñecer o castelo dos Condes de Ribadavia, o barrio Xudeo e o lugar no que o Avia dalle as súas augas ao Miño

Este ano, os de 5º e 6º, fomos á Coruña de excursión de remate de curso. A primeira parada foi no Acuarium Finisterrae. Alí, coa axuda dunha guía, vimos moitos peixes exóticos e aprendemos curiosidades que non sabiamos. O que nos chamou moito a atención, foron as focas que estaban nunha piscina exterior. Logo fumos ver o Domus, ou casa do home. Aquí, andamos todos a realizar as probas que alí hai a disposicións dos visitantes: comprobar o latexo do noso corazón, experimentamos con todos os órganos dos sentidos, como o olfacto, vimos a cadea do ADN… A continuación, subimos nun medio de transporte moi característico da cidade de Riazor: o tranvía. Foi todo unha experiencia para lembrar!.

Acuario e Domus

El niño “colchón”

O día vintesete de maio fomos a unha excursión organizada polo colexio ao Centro Social Caixanova. Saímos ás nove da mañá de Ponteareas con dirección a Vigo. Cegamos ao Auditorio onde puidemos ver unha obra de teatro que se titulaba “El niño colchón”. Trataba sobre a vida dun neno que se chamaba Xoán. Seus pais se separaron porque discutían moito e non lles era posible a convivencia. A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

A Xoán, para poder afrontar a situación, mándano a unha psicóloga que lle ensinou a ver os problemas máis pequenos; era tratar de que Xoán mirase a separación e a situación na que estaba coma un pequeño problema xa que el non entendía como o podía facer para darlle menos importancia. A psicóloga díxolle a Xoán que se alonxase dela e el vaise alonxando dela ata saír. Cando Xoán estaba durmido nun banco da calle, espertouno un vagabundo que o escoitou e lle dixo que volvera á súa casa. Ó regresar, seus pais aledáronse moito e Xoán deuse conta de que seus pais, aínda que estaban separados, o querían igual. A partir de ahí empezou a vivir uns días na casa do seu pai a outros coa súa nai. Pediulle ao pai que lle comprara un colchón igual de cómodo coma o que tiña na casa, e comproullo porque se comeu todas as verduras. Despois do teatrofomos ao paseo de Símil, onde había un parque con columpios. Merendamos, xogamos e fixemos un castelo de area moi grande entre varios compañeiros e finalmente voltamos ao autobús rumbo a Ponteareas despois de ter pasado unha mañá estupenda.
Sergio García de 4º de E. Primaria.

Vilasobroso e Troña

Saídas e excursións educativas

61

Que ven o pasan os Tratamundos de 3º e 4º de primaria, canto aprenden nas súas andainas polos arredores de Ponteareas. A mamá de Paula Prego de 3º quixo colaborar coas mestras durante esta actividade. Ela que é arqueóloga e sabe moito disto, explicounos con moito acerto e moita paciencia todo o relacionado coa civilización castrexa. Pasámolo moi ben coas profes Mila e Carmela como ben se ve nas fotografías. Roberto Tato cóntanos a súa experiencia.

Roberto Tato, 3º de E. Primaria

Os alumnos de 1º e 2º da ESO, fomos á Granxa Kiriko. Tras ser recibidos por tres monitoras e un monitor, fixemos unha serie de xogos enfocados o noso ecosistema, como o salto da ra. No recinto da granxa, en grupos, tivemos que completar un panel a través de pistas que nos ían dando. O noso grupo gañou a proba. Rematamos esgotados de tanto correr na procura das pistas por toda a granxa!! Da nosa casa tíñamos que levar un brik e un bote de cristal. Co brick elaboramos unha carteira moi bonita e original e co cristal un “atrapa insectos”. Comemos alí, e coincidimos con outro colexio de Cangas, co que fixemos algúns amigos e xogamos o fútbol. Ás 5:30 regresamos, pero todos quedamos con moitas gañas de voltar.
Verónica Vilaboa de 2º de ESO.

Granxa Kirico

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Aprendices de pasteleiros

62

Saídas e excursións educativas

Que ben o pasamos coas mans na masa!. Os pequenos do cole fomos ata á escola de Formación Agraria das Neves e xogamos a ser pasteleiros. Fixemos churros, rosquillas e buñuelos. Non sei que tal estarían pero o certo é que nos puxemos perdidos de fariña. Menos mal que levabamos os mandilóns!. Tamén nos fixeron poñer un gorro moi chulo. Cando rematou a experiencia invitánonnos a comer pasteis, iso si, feitos polos estudantes do ciclo de pastelería.

O Camiño de Santiago

O pasado día 24 de maio os alumnos de 3º de ESO fomos facer unha etapa do Camiño de Santiago portugués: o traamo RedondelaPontevedra que constaba de 22 quilómetros, a través dun programa subvencionado pola Deputación que se chama “Camiña con nós” Foi unha experiencia moi gratificante, na que puidemos coñecer a

outros rapaces e rapazas que tamén se aventuraron a camiñar. Ó principio collémolo con moita ilusión e, aínda que despois ían decaendo os ánimos, ó final, cando xa nos quedaban tan só dous ou tres quilómetros, tiñamos ganas de máis; e iso que algún dos transeúntes cos que nos atopamos díxonos, en broma, que non iamos polo camiño correcto... Cando vimos o cartel que anunciaba que xa chegaramos ó noso destino, sentinme moi orgullosa de min mesma e, polo que puiden percibir, os demais tamén compartían esta sensación de satisfacción. Unha vez en Pontevedra fomos comer ó restaurante do Pazo da Cultura xunto cos outros dous coles cos que compartimos a aventura ( Colexio Lar e Maristas). Alí o guía que nos acompañou no camiño felicitounos polo noso gran esforzo e todos llo agradecemos satisfeitos. Despois, ó acabar de xantar, xogamos un partido de fútbol cos rapaces dos outros colexios e pasámolo moi ben. En conclusión, encantoume a experiencia. Margarita Bernárdez, 3º ESO

Museo Provincial

No segundo trimestre, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria, fomos a Pontevedra. Alí visitamos a igrexa da virxe da Peregrina e o museo provincial. Navegamos por épocas tales como o descubrimento de América, as viaxes marítimas que se facían por aquel entón, paseamos pola época dos achados arqueolóxicos dos nosos antepasados… Mentres íamos vendo todo aquilo que alí había, tiñamos que cubrir uns folios onde se recollían preguntas sobre o que viramos anteriomente. A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Saídas e excursións educativas

63

Ósca F., Xoel, Sandra Splash Tutuki ronse no

r , Jennife r, Fanny

e Sara m

ollá-

En Barcelona!

Empeñados estabamos en ir este curso a Barcelona!. E que a ocasión non era para menos: rematamos os nosos estudos de ESO e despedímonos deste colexio ao que lle temos tanto cariño. As profes Rosa e Susi foron de coidadoras, pero como somos bos non lles demos moito traballo. O mellor foron os dous días en Port Aventura: Tutuki Splash, Dragon Khan, Furius Baco, Hurakan Cóndor,... Que emocionante é caer a 115 Km/h, e se non que llo pregunten a Sandra F., Carla, Xoel e Fanny. Menudos valentes!. . no Pero como tamén hai Sandra F el, e anny, Xo outras cousas intereCarla, F ndor Có santes na cidade conHurakan dal, as profes leváronnos ata a Sagrada Familia, o Acuario, o Estadio Olímpico de Montjiuc, o Zoolóxico e as Ramblas. A última noite fomos de marcha á discoteca. Quédanos a todos un bonito recordo.

Os rapaces con Susi na entrada de Port Aventura. Debaixo, Rosa confiada antes de subir á “Stampida”. A foto coas caras de Susi e Rosa ao baixar desta montaña rusa, non a poñemos para que non haxa “cachondeo”. Debaixo, grupo na entrada do Acuario

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

Rúa Constitución, 2. Telf: 986 640048 - oficina0435@caixanova.com Praza de Bugallal, 1. Telf: 986 644009 - oficina0056@caixanova.com Castiñeira, Av. Castelao, 39. Telf: 986 644000 - oficina2202@caixanova.com

Sucursais en Ponteareas:

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful