Xuño 2009

Colexio “La Inmaculada” - Ponteareas

A nosa vida na Escola

Actividades escolares encamiñadas a fomentar o respecto e o coidado do noso entorno; reciclamos, plantamos leitugas e castiñeiros, visitamos as nosas praias, o zoolóxico, ... Os nenos aprenden a importancia de aceptar aos demais e convivir en armonía.

Magosto, Entroido e Letras Galegas, son festas importantes neste cole. Pasade e celebralo connosco.

Tradicións da nosa terra

Xuntos contra o cambio climático

Os valores que importan

Felicidades para “Ecos da Picaraña” finalista autonómico , Aleix Álvarez e Ana Táboas

Premios ao traballo ben feito

R E V I S TA

I N FA N T I L

E

X U V E N I L

PA R A

U N

M U N D O

M E L L O R

2

Sumario

3. Editorial 4. Presentación 6. Radio Secretaría As nosas tradicións son importantes 8. O magosto 10.Entroido 14.Letras Galegas 17.Mel e requeixón Proxecto Voz Natura: “La Inmaculada” fronte ao cambio climático 18.Celebramos o Día Mundial da Auga 19.In English: enviroment 20.Instalamos o rego por goteo 21.Limpamos o Río Tea 22.A nosa horta ecolóxica 24.Os pequenos reciclamos 25.Facemos proxectos eléctricos 25.Xogamos aprendendo 26.Enerxías renovables versus cambio climático 28.Trasplantamos castiñeiros 28.Facemos casiñas de páxaros 29.Coñecemos animaliños 30.Plantamos árbores 31.As nosas costas 36.Somos artesáns 37.Auga fría, auga quente Traballando a convivencia 38.Pastoral 40.Sentimos a música 42.Nadal 45.Na pel dos presos de San Simón 46.Día da Paz Outras actividades 48.Educación Vial 49.Laboratorio 49.Deporte escolar 50.Somos artistas 52.Escoitamos contos... 53.E escribímolos 55.Día do libro 58.E gañamos concursos !

A nosa vida na Escola
Redacción: alumnos e profesores do colexio “La Inmaculada” de Ponteareas Composición a montaxe: M. X. Rodríguez Álvarez. Tiraxe: 400 exemplares

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

Estimados amigos: Un ano máis quero agradecervos a confianza depositada no noso proxecto educativo e na complexa tarefa de educar-ensinar aos vosos fillos. Como mostra do traballo realizado editamos este ano o nº 10 da revista escolar “Xérmolo”. Este traballo é o resumo de algunhas das actividades que facemos dentro e fóra do recinto escolar. Quero dende aquí, felicitar aos alumnos/as e aos profesores/as polo traballo realizado, e animalos a seguir esforzándose para acadar os mellores resultados tanto na vida escolar como na formación como persoas cuns valores que lles permitan construír un futuro baseado na responsabilidade, no respecto e no esforzo. Neste capítulo de felicitacións teño que facer mención especial aos alumno/as que participaron en concursos organizados por institucións ou organizacións alleas ao
Debuxo de Sandra Morales. 3º ESO

Editorial

3

colexio, en especial a todos os que acadaron algún premio: ¿Qué es un rey para ti? : Ana Taboas 6º de Primaria, finalista autonómica. Concurso de debuxo Caixanova : Aleix Álvarez Ágreda de 5º de E.P.. El País de los Estudiantes: Xornal Dixital “Ecos da Picaraña” de 3º E.S.O Finalistas autonómicos. Quero agradecer aos diferentes patrocinadores que fan posible que esta revista poida chegar aos vosos fogares como testemuña do traballo dos vosos fillos. Grazas. Un ano mais quero transmitirvos unha mensaxe de ánimo e de esperanza, vivimos nunca sociedade moi complexa que nos esixe o mellor de cada un de nós, pero estou convencida de que con traballo e esforzo poderemos acadar os nosos soños. Os vosos fillos son como pequenas caixas de sorpresas que cando se destapan atopamos nelas moitos valores e sentimentos dos que nos sentimos orgullosos, é o noso deber, tanto de pais como de profesores, é saber sacar o mellor deles. Un saúdo Rosa García

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

4

Ola amiguiños!

En nome de todos os alumnos e

alumnas e co cariño do profesodeste curso que xa remata. chas e sair de excursión.

rado de “La Inmaculada”, quereAinda que somos “recén chega-

mos presentarvos o noso traballo das” gústanos moito facer as fiEsperamos que o pasedes tan ben coma nós compartindo a nosa experiencia.

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

5

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

6

Para que todo o mundo nos escoite!

A Voz de Radio

Secretaría
nha radio no colexio?...pois si, durante este curso, puxemos en marcha unha “radio” no cole á que recibiu o nome de RADIO SECRETARÍA. Foi unha idea proposta polo Equipo de Normalización Lingüística que ten como obxectivo fundamental o emprego e difusión do galego.

U

A experiencia consistiu en que os venres de cada semana dous cursos preparaban un breve programa de radio que se emitía ás doce da mañá a través do equipo de megafonía que está na secretaría do colexio, de aí o seu nome.

Os temas dos que os alumnos falaron ó longo do curso, facéndose especial fincapé na ecoloxía e coidado do medioambiente. Tamén houbo emisións relacionadas coas conmemoracións como o magosto, nadal, Día da Paz, Día do libro, Letras Galegas, etc. Como mostra dunha destas emisións, reproducimos a intervención de 4º de Primaria no programa especial de despedida de Radio Secretaría do venres 5 de xuño:

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

7
descubrir forzas nos tropezos, atopar amor e bondade nos días máis negros. Grazas por darnos o valor para empregar as nosas mentes tan ben e rectamente como saibamos. Grazas por ensinarnos a defender o que creamos xuntos, aínda que tremamos por dentro. Por todo isto e moito máis GRAZAS, GRAZAS!! FELIZ VERÁN A TODOS !!

Ola, bos días, somos os de 4º de Primaria, bueno, case os de 5º...xenial, que maiores somos xa... Nós, como despedida de curso queremos agradecer aos nosos mestres/as e a tódolos que traballan no noso colexio a súa paciencia, dedicación e interese para que cada día soubésemos máis cousas, nos preparásemos para o noso futuro e foramos persoas de ben. Aí vai o noso agradecemento: Grazas por ensinarnos a disfrutar de aventuras na nosa mente; buscar, descubrir e vivir continuas sorpresas. Grazas por mostrarnos que podemos aprender dos fracasos,

CARTA AO DIRECTOR :
Todo o mundo, algunha vez, tirou un papel ó chan ou mesturou o plástico co vidro; pero isto xa non se trata dalgunha vez senón que xa se tomou como cotiá. Eu escribo isto para que tódalas persoas se mentalicen de que este mundo xa está demasiado contaminado e perxudicado como para que nós, as persoas do século XXI, pechemos os ollos á realidade e non vexamos todo o que está ó noso carón: mareas negras, ríos e mares contaminados, lixo por todas as partes... Se cada un de nós poñemos o noso gran de area, conseguiremos ter un mundo limpo, onde se poida respirar aire puro, onde se prescindan dos automóbiles, onde poidamos vivir felices. Un tema moi chamativo é a da rápida extinción dalgúns seres vivos. Dise que só existe un 2% dos seres vivos que habitaron nos principios do mundo. Esta rápida extinción é, principalmente, debido aos seres humanos. Espero que esta carta vos abra os ollos e vos leve a facer entre todos un mundo mellor.
María Pérez González, 2º E.S.O.

COIDEMOS O MEDIOAMBIENTE

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

8

Ás nosas tradicións son importantes

A castaña é rica en vitaminas, potasio, ferro, manganeso, cobre, yodo, fósforo e calcio. Posúe máis vitamina C que a maioría das froitas e verduras. É boa,entre outras cousas, para a circulación, depresións, desgaste físico e a memoria; pois comer unha castaña cocida antes dun exame axuda a lembrar o que estudiaches. A codia e as follas do castiñeiro tamén teñen propiedades beneficiosas para a saúde. Preparadas de diferentes maneiras curan diarreas, baixan a inflamación da boca ou da gorxa e calman a tos entre outras cousas.
Simón de 4º de E.P.

O Magosto

Ola, son Aitor de 4º de Primaria e vos vou contar a orixe do Magosto. O Magosto é unha tradición que vén dos celtas. O 1 de Novembro os celtas acougaban os poderes doutro mundo e propiciaban as abundancias das colleitas. Cada castaña que se comía era unha alma que se liberaba do purgatorio. O que non ía á festa corría o risco de perder o xuício. Dicen que despois das festas, as almas veñen e quedarse coas brasas que quedan nas fogueiras.
No día do Magosto, todos chegamos a casa con pouca fame, e é que as castañas están moi boas...

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

9
Magosto de Noa de 5 anos

Este puré sustitúe ó típico puré de patatas para compañar á carne Ingredientes: castañas, leite, manteiga, sal e unha pizca de azucre. Preparación: pelar as castañas e poñelas a cocer con leite ata que estean blandiñas. Escorrelas e pasalas polo pasapurés. Engadir unha cullerada de manteiga, sal e unha pizca de azucre. Se queres máis receteitas pasa por terceiro de primaria e, non te esquezas,

Puré de castañas

Toma Castaña!
Receita dos alumnos de 4º de E.P.

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

10

Infantil: Se todos os extraterrestres son tan riquiños, deixámonos invadir!

4º de E.P. e a bola de cristal. Detrás dos nenos, a bruxa Lola e Aramís Fuster.

Mil estrelas de cores no ceo de “La Inmaculada”

1º de ESO: A cantina de Star Treck. Ai Josefa se che entra unha pestaña nun ollo! A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

11

O Entroido

“A Astronomía Fantástica” foi o tema elexido polo claustro de profesores para o desfile deste ano. Con este tema pretendíamos conmemorar que este ano estaba adicado á astronomía, pero debido a que é un tema moi amplo fixemos unha mestura entre disfraces relacionados coa astronomía e outros relacionados co espazo e coa fantasía. ¡Que ricos estaban os nosos nen@s de Infantil! Este ano ían disfrazados de extraterrestres con cores prateadas, vermellas , verdes e azuis. Os seus traxes lucían como ningún, debido a que facía un día moi soleado e os raios do sol reflectíanse neles. Ao longo do desfile, polas rúas do pobo, toda a xente quedaba abraiada ollando para os máis pequenos.

Os profesores non podían quedar atrás.¡Como gozaron co seu alumnado! Os pequenos de Infantil e Primaria non podían crer que as súas mestras viñesen ao colexio disfrazadas. Os maiores do colexio ¡como rían cos disfraces dos seus profes! pero non pasa nada, é o que ten esta festa, que todos nos podemos rir sen que a ninguén lle pareza mal.

Que “fantásticos” traxes levaban os alumnos de 1º de Educación Primaria que este ano ían de robots empregando na súa creación materiais reciclables. A elaboración realizouse entre os nenos e os pais nas súas casas ¡Hai que ver como traballaron todos!... E tamén os nen@s de 2º de Educación Primaria que ían de soles e estrelas, ¡eles si que son úns soles! Para lernos o futuro estaban os magos e pitonisas de 4º de Primaria. A que máis sabe disto é Chus, a secretaria, que paseou coa mesa camilla e a bola de cristal polas rúas do pobo ¿Qué máis se pode pedir?

Despois de pasar a mañá desfilando polas rúas do noso pobo, para rematar participamos nun concurso de disfraces con premios incluídos! Deste xeito rematou a celebración deste festa que a todos nos gusta moito

¡Ata o próximo ano!

Os alumnos de 5º xunto coa súa titora ían disfrazados de bruxas e en verdade o parecían, ¡que medo daban!. A profe Luz este ano deu a campanada co seu disfraz de defensora do espazo axudada polos seus alumnos, impresionante.

Na ESO tivemos moita variedade: astrónomos, estrelas, astronautas, signos do zodíaco e, o que os rapaces fixeron chamar, a cantina de Star Treck, onde se podía ver todo tipo de disfraces relacinados co espazo e a fantasía. Os nosos alumnos de 4º que ían disfrazados de deuses gregos ¡Estaban increíbles!

Os máis ecolóxicos: Os de 2º de Primaria. A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

12
Chamando a Terra! Chamando a Terra!. Nada que estes astronautas, quedaron atrapados nun planeta lonxano. Debía estar cerca do Sol porque pasaron unha calor!.

Menos mal que a capitana da nave trouxos de volta a casa

Os profes teñen que dar exemplo e axudar a que unha tradición tan galega coma o Entroido non se perda. A de Ourense, como non, das mellores. Non viña de cigarrón pero con ese pelazo e esas gafas siderais, gañou o 1º premio. Noraboa Luz!

Os astrónomos de 1º de ESO non pararon de descubrir estrelas. A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

13

Deusas romanas cos seus planetas escoltadas por aguerridos soldados de 4º de ESO

Estranas criaturas verdes de dedos infinitos andiveron polo patio. Con esas antenas-ollo non perdían detalle. Os astronautas non lle temen porque saben que son marcianitas/os con moita marcha.

“Eu non creo nas bruxas, pero habelas, hainas” e senón mirade para os alumnos de 5º. A da esquerda ten a escoba amaestrada: voar non voa, pero barre de maravilla!. A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

14

hegou o gran día da nosa cultura…A celebración das Letras Galegas é unha das máis queridas no colexio porque é un día de festa pero tamén de traballo xa que, ó longo de toda a semana, os alumnos fixeron actividades adaptadas a cada idade sobre Ramón Piñeiro, o autor homenaxeado este ano, e a cultura galega. Os actos da Semana das Letras Galegas comezaron o mércores día 13 cun concerto didáctico feito polos alumnos de Música de 4º da ESO cunha presentación de tódolos instrumentos de vento e percusión que empregan nas clases. No seu repertorio combinaron música en galego, como a Saia da Carolina ou Amoriños collín, con outras composicións como Submarino Amarillo, Rei León ou a banda sonora de Titánic. Foi unha experiencia moi interesante, coa que, dende os máis pequenos de tres anos, ata os maiores disfrutamos coa música e o bo facer destes alumnos de 4º. O día 15 de maio foi unha mañá chea de actividades relacionadas coa nosa cultura. O primeiro acto foi unha emisión especial de Radio Secretaría na que cada curso fixo a súa aportación con lendas, refráns, poesías ou cancións en galego, claro está. A continuación baixamos ó patio para poder degustar os postres que os alumnos e profes trouxeron .

Letras Galega s
C

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

15

Cada clase, baixo a dirección de alumnos de 4º de ESO, participou en varios xogos populares. Os máis pequenos, por exemplo, xogaron a Vou de roda en roda. Outros cursos pasárono en grande co Pañuelo ou o Arrincanabos, carreiras de sacos, brilés, etc. Daba gusto ver a todos os rapaces do colexio divertíndose e recuperando o hábito de xogar, que parece bastante perdido entre os nenos de hoxe en día.

Xogos Populares

A min gustaríame que en Galicia se falase máis o galego porque, co castelán, a nosa lingua nativa está desaparecendo. Temos unha lingua moi bonita e se todos a falásemos sería estupendo porque é a nosa fala pero para moitos é como un regalo desprezado. Se nós vivimos en Galicia, por que non falamos o galego? Sei que moitos non o falan por vergoña pero deberiamos perder ese medo porque se seguimos así o galego desaparecerá. Logo dará igual se somos galegos porque a nosa lingua será historia. Eu non a quero perder, e ti?
Cristina González , 1º ESO

Eu penso que se debe dar o paso de falar galego porque o podes entender mellor e podes chegar a falalo perfectamente. Eu exprésome lego coa miña familia, cos amigos da miña familia e nas clases de galego. O galego gústame moito, non só porque sexa a miña lingua senón porque me divirto moito con ela. O galego é o idioma de Galicia e moitos dos nosos pais educáronos na nosa lingua como é o meu caso. Aínda que viva nunha vila onde a maioría da xente falan castelán a miña familia sempre me falou en galego e eu estoulles moi agradecida por telo feito.
Laura Domínguez, 1º ESO

Por que falar galego?

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

16
está e estaba moi pouco desenvolvido na cultura galega e el, sen dúbida, é un referente nesta materia, sobre todo nos estudos da saudade: sentimento característico de galegos e portugueses que se pode relacionar coa morriña pero que ten connotacións moito máis profundas. Ramón Piñeiro naceu o 31 de maio de 1915 en Láncara ( Lugo). Na escola foi moi bo estudante pero alí descubriu que o galego non era unha lingua valorada. En 1931 vai estudar a Lugo, onde entra en contacto co galeguismo ( que é a defensa da cultura e lingua galegas.Alí entra a formar parte do Parido Galeguista. Este partido logra a aprobación do Estatuto de Autonomía no ano 1936. Entre 1936 e 1939 Ramón Piñeiro é obrigado a loitar na Guerra Civil contra os republicanos (aínda que el era defensor da República) Despois da guerra, Ramón Piñeiro vai a Madrid a estudar a carreira de filosofía. Alí segue facendo todo o posible para defender a cultura galega. En 1950 colaborou coa fundación da Editorial Galaxia, que permitirá que se volvan publicar libros en galego. Entre 1966 e 1970 foi convidado por unha universidade dos Estados Unidos ( Middelbory College de Vermut) a dar cursos sobre a cultura española. En 1967 ingresou na Real Academia Galega. En 1975, coa chegada da democracia, implicouse na actividade política e foi elexido deputado por Lugo. Nos últimos anos de súa vida traballou duramente pola Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983 (esta lei permite que o galego sexa empregado en calquera ámbito). En 1983 foi elexido Presidente do Consello da cultura galega, cargo que ocupará ata 1990. O 27 de agosto de 1990n morre en Santiago de Compostela. Foi un gran impulsor da filosofía e o ensaio en galego, escribindo importantes obras sobre a saudade.

oitos vos faredes esta pregunta porque non é un personaxe moi coñecido, porén, o seu labor foi moi importante para o impulso e recoñecemento do galego no S. XX. Tamén cómpre destacar a súa faceta como filósofo xa que este campo

M

Ramón Piñeiro

Obras: A filosofía e o home Para unha filosofía da saudade Saudade e sociedade, dimensións do home
Debuxo feito por Mateo Glez. de 1º ESO

Exposición:

As cousas dos nosos avós

Para acercar o pasado da nosa terra ós alumnos e que estes sexan conscientes de como vida cambiou en pouco tempo, fixemos unha exposición con obxectos antigos aportados polas familias. Temos que agradecer a colaboración dos pais e outros familiares porque sen eles non houbera sido posible realizar esta actividade. A exposición resultou moi vistosa e a través dela puidemos retroceder a tempos pasados e ver como se facía antes para planchar a roupa, como eran as antigas cámaras de fotos, que aparellos se empregaban para iluminar cando non había luz, como eran as chaves antes ou como se quentaban as camas cando non había calefaccións. Tamén puidemos ver que calzaba a xente ou con que aparellos se traballaba a terra o se facía o viño...en fin, unha maneira de que os máis novos visen por primeira vez na súa vida obxectos que, de seguro, non sabían que existían. A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

s TROTAMUNDOS de 3º e 4º de ESO pasamos unha xornada facendo de apicultores.Aprendemos un pouco máis do mundo das abellas e comemos mel e requeixón. Uhmmm! Que rico! Manipulamos as partes máis importantes da colmea e tratamos ás abellas con moito respecto, non fora que picaran!

O

Mel e requeixón

17

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

18

O noso Proxecto Voz Natura: A Inmaculada contra o cambio climático

22 de marzo de 1993, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) adoptou a resolución pola que cada ano, nesta data, se celebraría o Día Mundial da Auga. Para iso instouse aos diferentes Estados a que durante ese día levasen a cabo distintas ac-

O

Día mundial da auga
cións para dar a coñecer a necesidade de conservar e desenvolver os recursos hídricos do planeta. Coa celebración deste día na escola pretendo que os alumnos adquiran conciencia e coñecementos; conciencia de que o cantidade de auga doce no mundo é limitada, e coñecementos sobre como aforrar no seu consumo. A auga é esencial para a vida e mentres en moitos países se desbalde, noutros non existe a cantidade mínima necesaria para cubrir os usos básicos das persoas ou estas enferman pola mala calidade da mesma. Por iso, /a xestión do auga cada vez ten maior importancia a escala mundial. É labor de todos conservar este valioso recurso. Por todo isto os TROTAMUNDOS de 3º e 4º de Primaria celebramos este día segundo o seguinte: AUGA POTABLE PARA TODOS 1. Debuxar nun folio carteis nos que se mostren ideas para aforrar auga.

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

In English :enviroment

19

DEPARTAMENTO DE INGLES deseñou estas actividades para o cumplimento do obxectivo formulado para o curso 2008-09, segundo o cal, xunto co proxecto VOZ NATURA, se pretende fomentar en todolos alumnos deste centro unha maior preocupación polo medio ambiente, e consensuar actitudes e accións persoais, que contribuan a mellora os problemas presentes, e fomentar boas actitudes para o futuro. Os alumnos aprenderán a comprender información oral e escrita sobre agricultura, medio ambiente, biosfera e ecosistemas, enerxias renovables, reciclaxe e “O Protocolo de Kyoto”. 2º CICLO DE PRIMARIA -Elaboración dun libro en forma de faba, explicando o proceso de cultivo dunha planta de faba. Fotiocopias das páxinas do libro, para cada alumno, que terá que colorear, completar coa explicación do brote e crecemento da planta, e recortar en forma de faba, antes de grapalo. Os libros serán pasados a alumnos doutros niveis para que os lean. Cultivo da planta en cacharros de cristal na aula. -Deseño e elaboración de carteis, en parellas, para distribuir pola aula de inglés, que den información sobre as prácticas beneficiosas para o medio ambiente. Posterior elección do mellor lugar para a súa ubicación. -Elaboración dun libro con actividades que traballen vocabulario, con debuxos referentes a questións medioambientais. Despois de completar e colorear as fotocopias coas actividades, cada alumno gra-

O

pará as follas xuntas, para formar o seu libro e expoñer “O Día do Mediambiente. -Xogo de mesa. En grupos de 4 alumnos, en cada grupo, cun taboleiro e un dado, xogarán 3 e o cuarto acturá de árbitro. Lanzando alternativamente o dado, avanzarán ou retrocederán polo taboleiro, dende a casilla de salida, segundo as súas despostas sexan correctas ou non. O taboleiro contén 20 preguntas sobre prácticas beneficiosas para o Medio Ambiente. O primeiro en alcanzar a meta, será o gañador e acturá como árbitro na seguinte ronda. 3º CICLO DE PRIMARIA -Confección de 2 murais para colocar permanentemente na aula de Inglés. Un mural representará o planeta con cara triste e outro con cara sonrinte. Neles cada alumno incluirá unha mensaxe ou un debuxo, segundo sexan accións que axudan ou perxudican o planeta. -Presentacións de cancións que conteñan mensaxes en defensa do Medio Ambiente, adapatadas a música de cancións populares, coñecidas por eles, da lingua inglesa. Os alumnos aprenderán e cantarán na celebración do Dia do Medioambiente. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA -Lectura comprensiva dun texto, en lingua inglesa, sobre a biosfera. Comprobación da comprensión con preguntas orais e escritas. -Responder un cuestionario con preguntas referidas a distintos aspectos relacionados co medio ambiente. Autocorrección do mesmo e puntuación individual obtida. -Lectura comprensiva de textos sobre enerxias renovables e non-renovables vistos en Internet. Posterior comprobación do seus coñecementos neste apartado. -Texto sobre o “Protocolo de Kyoto”, para a posterior reflexión sobre a conveniencia de adoptar as medidas alí descritas. -Presentación conxunta de accións que contribúan ao coidado do medio ambiente. Reflexión para descubrir se fan todo o posible para axudar a esta causa, e que hábitos deberían modificar ou adoptar, para cosiderarse auténticos seguidores deste movemento.

EDITORIAL OXFORD UNIVERSITY PRESS
A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

20

Instalamos o rego por goteo

curso pasado os alumnos de tecnoloxía de 4º de ESO construíron un invernadoiro para poñer as plantas antes de pasalas á horta. Este ano tocábanos a nós recoller o relevo. Prepamos un sistema de rego por goteo paraa nosa horta ecolóxica e así aforrar a maior cantidade posible destre ben tan preciado ao mesmo tempo que se garantizara o aporte de auga ás plantas. Despois da teoría nas aulas, chegou a práctica. Velaiquí o resultado.

O

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

21

de esquerda a dereita: Carla, Miriam, José Manuel, Juan, Jacobo, Santi, Rubén, Andrea e David de 2º, 3º e 4º de ESO

arios alumnos do Colexio "La Inmaculada" de Ponteareas deixámonos convencer pola profe Susi e achegámonos ata as marxes do Río Tea para axudar a limpalo. Foi na xornada organizada polo grupo ecoloxista ADENCO dentro do programa "Proxecto Ríos" de ADEGA. Sabedores da importancia da nosa colaboración, implicámonos moito e traballamos arreo. Antes de comezar a limpeza os organizadores explicáronnos o protocolo de actuación: antes da limpeza, durante e ao rematar. Tamén nos falaron da importancia de preservar os ecosistemas en bo estado de saúde para que as especies que habitan nel sigan vivindo sen perigo. O río Tea ten moitas especies autóctonas que descoñecen a maioría dos ponteareáns coma a lamprea, a boga, o salmón, troita común, etc. Tamén hai anfibios e árbores de ribeira así coma numerosos invertebrados. Entre os obxectos que retiramos das augas e das márxes do río estaban numerosas rodas, sinais de tráfico, roupa vella, plásticos, botellas, restos de mobles, etc. Os alumnos que colaboramos nesta limpeza pedímoslle á xente que coide o río Tea e o seu entorno. A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

V

Limpamos o Río Tea

22

A nosa horta ecolóxica!

P

or se alguén o dubidaba, os pequerrechos do colexio comen moitas verduras. Pero non pensedes que lles gusta calquera. O que eles toman é de primeira calidade, como estas leitugas e tomates que eles mesmos plantan na horta. Dentro duns días levarannas para a casa e as comerán. A horta escolar é un dos proxectos

comezados o curso pasado e que queremos seguir fomentando. Despois de que nas aulas se explique a importancia dunha alimentación equilibrada, os nenos aprenden a cultivar hortalizas sinllelas coma pementos, cebolas, tomates ou leituga. A experiencia de plantalas gústalles moito.

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

23
Os defensores do cultivo de plantas e a cría de animais tranxénicos argumentan que a produtividade vai aumentar, xa que se poden introducir xenes que impiden o ataque de pragas ou lles confiren unha maior resistencia á seca ou ao frío. Os seus detractores salientan os ricos para a saúde (pola posible aparición de novas enfermidades ou desenvolvemento de alerxias)e para o medio (posto que os organismos tranxénicos poden invadir lugares habitados por outros seres vivos e provocar a súa extinción). A empresa mundial Manstato ten o 80% do mercado das plantas tranxénicas, seguida por Aventis co 7%. Estas empresas tamén producen o 60% dos plaguicidas e o 23% das sementes comerciais. Case dous terzos dos cultivos tranxénicos que se producen no mundo encóntranse nos Estados Unidos (59%). Un caso coñecido de afecto é o “Millo Starlink” acontecido en EEUU (2000) onde se encontraron na cadea alimentaria dun millo tranxénico no autorizado para o consumo humano que provocou graves problemas de reaccións alérxicas. Os alimentos tranxénicos (aprobados e comercializados) non provocaron nin unha soa alerxia en humanos tras máis de 20 anos no mercado. O primeiro alimento, modificado pola enxeñería, en ser producido para consumo masivo foi o tomate Flavor Svr Andrés Rguez. Piedrahita. 3º ESO

Os tranxénicos son alimentos manufacturados na súa composición xenérica con xenes procedentes doutras plantas ou animais para facelos máis resistentes ás enfermidades, de modo que aumenta a súa produtividade, pero poden entrañar riscos para a poboación. Por iso a Unión Europea estableceu a obriga de que estes produtos leven unha etiqueta identificativa. Na actualidade existe un debate aberto entre defensores e detractores dos alimentos tranxénicos.

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

24

Os pequenos reciclamos!

as aulas de Educación Infantil do colexio “La Inmacuilada”, traballamos durante todo o curso o entorno e a súa importancia. Os nenos aprenden a valorar os ambientes limpos e tamén a prote-

N

xelos, non degradalos nin contaminalos. Para poder colaborar co seu mantemento e a súa conservación, nas aulas durante todo o curso traballamos o tema da reciclaxe mediante a elaboración de fichas e mediante o almorzo diario. Para poder realizar esta última tarefa dende ven cativos os nenos contan nas aulas coas tres papeleiras que van traballar: azul, verde e amarela.

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

25

Facemos proxectos eléctricos

O

s alumnos de 6º de primaria fixeron numerosos aparellos eléctricos para tentar entender mellor o funcionamento deste fenómeno. Armados con madeiras vellas, cartóns e arames, porque é moi importante reciclar, e coa axuda dos pais, conseguiron este conxunto tan vistoso que aquí vedes. A profesora Luz faloulles da importancia da enerxía e de como poden aforrala.

Aprendemos
Que mellor xeito de aprender a reciclar que xogando ás cartas!. A profe Irene elaborou estes naipes para que os alumnos de 1º de ESO sepamos donde botar cada tipo de residuo. Tamén fixemos estes murais tan chulos sobre minerais. É moi importante estudar os recursos minerais do planeta e a súa aplicación na industria sen estragar a paisaxe. E que a algúns montes parece que lle falta un bocado!

xogando

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

26

Os Eólicos, unha aposta pola enerxía renovable
Artigo feito polos alumnos de 4º de ESO para o Xornal dixital “O Trobador do Tea”

Enerxías renovables versus cambio climático
idóneos para ubicación dos muíños eólicos. Faise un estudo da velocidade e a intensidade do vento no lugar onde se vai establecer o parque. Calcúlase a altura do eólico para sacar o máximo rendemento e conseguir a máxima enerxía posible. Unha vez tomadas as medidas planifícase a cantidade e o prezo para non sobrepasar o presuposto establecido. A continuación empezase a construcción dos muiños. Para fabricar unha torre eólica, o primeiro factor a ter en conta é o tamaño dos muíños, que poden estar entre os 49 e os 105 m de altura, todo vai depender da cantidade de vento que se pode aproveitar na zona. Os corpos van divididos en distintos tramos, por exemplo, os de 49 metros están divididos en dous tramos mentres que os de 105m están divididos entre 4 ou 5 tramos. A súa fabricación non é moi complexa: a lámina (duns 54mm de espesor) enrólase a través dunha maquina, dela sae un tubo que se chama virola. Entre virola e virola colócanse unhas bridas que serven para unir as estruturas cunha maquina industrial de soldadura. O seguinte proceso é o pintado (sempre de branco) nunha maquina que lle dá voltas ó tubo mentres se pinta. A estructura interna do tubo está articulada para captar a enerxía do vento e transformala en enerxía eléctrica. Pero debe terse en conta que o aeroxerador está conectado á rede eléctrica xeral. A continuación os tramos son transportados en diferentes camións ata a zona onde se vai instalar o parque. Unha vez alí faise unha zapata no chan duns 5 metros de profundidade para colocar o 1º tramo, de modo que quede o suficientemente segura para que o resistir todo o peso do muíño. O seguinte paso é a colocación dos diferentes tramos cunha grúa ata ter o piar do muíño completo. Despois pasase á instalación da cuna e das aspas.

Nestes últimos anos a evolución no aproveitamento das enerxías é significativa. A aparición de enerxías alternativas está facilitando o desenvolvemento da humanidade. Estas enerxías están alcanzando gran importancia, debido a súa maior ventaxa: a escasa contaminación. Ademais estas enerxías son renovables e nunca se esgotan. As enerxías alternativas substitúen aos combustibles fósiles, que son moi contaminantes e esgotables. Este é o caso da enerxía eólica que funciona a través da enerxía centrípeta do vento, un elemento natural inesgotable. O negativo destas enerxías é o impacto ambiental que supoñen. A cambio, o seu rendemento enerxético e a nula contaminación que xenera fai que sexa unha das mellores opcións na produción de enerxía sen empregar materia fósil. O petróleo e o carbón esgótase e as enerxías alternativas conseguen substituílas. Na creación dun parque eólico concorren moitos factores e está implicada moitas persoas. O proceso comeza coa elección dos terreos

Debido a que o coidado do medio ambiente é un tema tan importante que nos preocupa tanto a todos, os alumnos de 4º da ESO fixemos, nas clases de tecnoloxía, traballos sobre as enerxías tanto renovables como non renovables, para coñecer mellor todas as vantaxes e inconvenientes que teñen e así poder coidar un pouco mellor o noso planeta, e polo tanto, o noso futuro. Cada grupo adicouse ao estudio dunha forma de enerxía concreta e elaboramos carteis coa información que todos debemos coñecer para despois colocalos polo colexio e así informar a todos dos problemas que poden surxir co seu uso. É moi importante tamén o aforro enerxético e coñecer que se pode facer para levalo a cabo, dádevos conta que diso depende o futuro dos nosos fillos e netos.Por todo isto, nós cremos que é moi importante FACER UN USO RESPONSABLE DA ENERXÍA. A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

27
A Terra necesita descansar, mentres que o uso do coche segue a medrar e ao autobús, case non o sacan a pasear.

A Terra necesita durmir, pero os seus glaciares séguense a derretir, e moitos animais estanse a extinguir. A Terra está enferma, porque os seus pulmóns están queimados, e os cambios na súa paisaxe, tenlle os nervios alporizados. A Terra está sen vida, e xa non está contenta, no seu corpo, outra migración, países de cores vivas, atópanse en desertización.

O

Feito por : Marcos González Mallo, Alberte, Pablo, Andrea Vázquez. 1º ESO.

s alumnos de 1º da ESO informáronse e coñeceron de cerca que é o cambio climático, que factores o están a producir, que consecuencias están sofrendo a natureza, fauna e habitantes dunha gran parte do planeta, e as aportacións que pode facer cada un deles dende o seu entorno para desacelerar este proceso de quecemento global que está a sufrir a Terra. Para a elaboración dos traballos apoiáronse no Programa Climántica elaborado pola Xunta de Galicia. Os alumnos en equipos de catro

expuxeron as súas inquietudes en carteis, donde explicaron a través de redaccións, poesias, reflexións.. o cambio que esta a sofrer o noso clima. Foi un traballo paralelo os equipos de “brigada verde” organizados na aula que levan a cabo accións como: apagar as luces, cerrar fiestras, controlar posibles fugas de auga no centro, reciclaxe correcta … A finalidade non só fói a de informar, senón concienciar aos rapaces de que dende o seu espazo e actuando conxuntamente podemos

obter resultados satisfactorios, de xeito que ningunha acción por insignificante que o pareza o é. Todos temos unha responsabilidade co noso planeta .

Reflexións

Que pasaría se non houbese neve nas cumes das montañas?... Non poderíamos vivir, porque non habería auga, deshidrataríamonos. Ademais a capa de ozono estase desfacendo, por iso hai que facer algo para que non sega destruíndose, porque corremos o risco de ter cancro de pel, e haberá máis medusas no mar. Tamén haberá máis algas xa que os corais se están extinguindo. E ti pensa … Queres que se desconxelen os polos? Pensa co oso polar está desaparecendo pola falta da súa hábitat. Venecia é unha cidade que está sufrindo a subida da auga xa que cos canais están inundándose moitas casas, teñen que ir en góndola para moverse. Que pasaría se desparecese e ti estiveras alí? Gustaríache?? Se non che gusta a eles menos co viven en carne propia. Queres saber como evitalo? Reciclando e non tirando lixo o chan. Non queimar montes, nin cortar árbores, porque moitos animais morren porque perden as súas casas…
Aitor Porto Galván. 1º ESO

Todos queremos un mundo perfecto, pero …. Quen o coida? Quen disfruta sen estragalo? Moi poucas persoas, aínda que …. Iso pode cambiar. Se todos aportásemos o nos granciño de area, a terra non se estragaría. O munod está en perigo, e o máis importante é que a nosa vida tamén. A vida dos nosos descendentes se seguimos así será un inferno. Eles terán unha paisaxe desértica , a auga dos mares subirá , e moitas especies desaparecerán. As inundacións serán constantes e a xente vivirá todo tipo de problemas. Pero imaxinaros un mundo perfecto, onde poidas ir polo campo cos teus amigos, onde se respire aires sen contaminar e non morras da calor, onde poidas abrazar unha árbore; e o máis importante, onde a terra sexa a túa amiga. Por iso pensa e decide. Queres un mundo perfecto ou un mundo de inferno?
Iria Abalde Iglesias. 1º ESO

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

28

Trasplantamos castiñeiros

O

s nenos e nenas de educación infantil, axudámoslle aos profes a sacar os castiñeiros do viveiro, para poder trasladalos á Picaraña o Día da Árbore. Eran castañas do magosto de 2006. Sacámolos con moito coidado mentres a profe nos ensinaba as febles raiciñas e as follas que empezaban a agromar. Despois os maiores os plantaron no monte.

s alumnos de 3º de ESO fixemos estas casiñas para paxaros no taller de Tecnoloxía. A profe Mónica indicounos como cortar as pezas de madeira e como montalas despois. Este

O

Facemos casiñas de paxaros
curso optamos por non pintalas para que o cheiro non moleste ás aves. Despois de fabricalas puxémoslle o noso nome e o do cole e colocámolas nos carballos da Picaraña o Día da Árbore

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

29

Dentro do zoo dividímonos en grupos, e cada un contou cunha monitora que nos explicou e dirixíu nun circuito xa programado. Que ben o pasamos ollando os leóns, osos, linces, serpes… e moitísimos animais máis.

O

Coñecemos animaliños
venres 29 de Maio os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º curso de Primaria visitamos as instalacións da Madroa en Vigo.

Cebra de plastilina e plástico feita polos TROTAMUNDOS 4º de E.P.

Para rematar almorzamos no parque que está o carón do zoo ¡Como rillamos!

A viaxe en autobús de ida e volta foi outra experiencia moi bonita xa que estivemos cantando ata chegar.
Avestruz e Guepardo feitos por Andrés Rguez e Noemi Araujo de 3º de ESO

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

Plantamos árbores!

32

Para preparar este día, compre ter as plantas. Este ano, grazas ao viveiro que temos no cole e que coidamos entre todos, o que máis o Sr. Antonio, conseguimos trasplantar 120 castiñeiros. Os pequerrechos foron os encargados de recoller as plantas na horta e preparar os capachos para subir á Picaraña. Todos querían colaborar, e ainda que non saben moi ben o obxectivo, aprenden pouco a pouco o que significa respectar as plantas e as árbores. A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

O Día da Árbore, pequenos e grandes subimos en autobús a área recreativa das Chans da Picaraña, e levamos a cabo esta actividade de plantación arraigada xa nos alumnos e profes do cole. Debemos agradecerlle a colaboración aComunidade de Montes de Ponteareas; eles deixannos o terreo e fannos os buratos coa pala. Nos a cambio plantamos árbores dos que a todos nos gustan: carballos, castiñeiros, noceiras, etc.

monte da Picaraña vai mudando pouco a pouco.Xa son 6 anos os que levamos os alumnos e alumnas de “La Inmaculada” colaborando no seu cambio. Gústanos subir e plantar árbores frondosas, dese xeito axudamos a evitar incendios e protrexemos aos animaliños que viven alá arriba. Tamén colaboramos na ralentización do cambio climático, unha das nosas premisas no proxecto “Voz Natura” deste curso.

O

Día da Árbore na Picaraña
Como xa é habitual, un grupo de operarios e un axente do Distrito Forestal XVII do Condado Paradanta, viñeron a axudarnos. Truxeron un camión cisterna para regar as árbores ao rematar a tarefa. Tamén axudounos moito o Axente de Medio Ambiente, Marcial Carrera que é o pai de dous alumnos. Grazas a eles conseguimos rematar o traballo sen cometer erros, xa que nos explicaban como colocar a planta, como tapala e como pisar a terra ao acabar. Como premio ao traballo feito estivemos xogando na área recreativa e bebemos uns refrescos.

Recreación da Picaraña feira polos TROTAMUNDOS de 4º de Primaria

Os alumnos de 3º de ESO colocaron as casiñas de paxaros que fixeron no taller de tecnoloxía.

A doble páxina anterior é unha pequena broma xa que os nenos plantaron nun lugar moito menos arborado, pero asíimaxinamos como estará dentro de pouco. Podedes comprobar o noso traballo se ides á Picaraña!

Estudamos as nosas árbores

33

D

espois de rematar a plantación o Día da Árbore, os alumnos de 1º de ESO dirixímonos ás zonas con arbustos e, cunha tixeira e con moito coidado, collemos as follas e flores do lugar, para expoñelas na clase formando un póster da flora da Picarña. A nosa experincia foi fantástica, aprendimos a sachar, prantamos árbores e coñecimos variedades de carrascos, follas de piñeiro “bullo”, corteza de eucalipto, retamas de escoba, toxo… Topamos unhas piñas

e fixemos voar os piñóns, era moi divertido!!! Tanto que algún dos compañeiros sairon escorrentados por algunha araña. De volta o colexio, estivemos identificando e clasificando as follas e fixernnos unhas fotos. O día seguinte un compañeiro estivo buscando as propiedades dos piñóns ¿Sabedes que teñen un alto valor energético? E sabíades que o carballo é usado na mediciña contra as diarreas e enfermidades da pel?. Da gusto saber que podemos colaborar coa natureza con só prantar unha árbore!

Esta sí é a zona na que se plantou. Dentro de poucos anos merendaremos nesta área á sombra dos nosos castiñeiros

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

34

As nosas costas

No acuario

D

espois de ir ao teatro ou a algunha exposición , as profes déixannos xogar un ratiño na praia. É moi importante que as augas do mar estean limpas de contaminantes e a costa protexida. Se seguimos maltratando ao planeta ao mellor desaparecen estas praias tan bonitas. Temos que coidar o patrimonio natural se queremos que siga así!

Unha forma moi divertida de querer aos animais e aprender a repectar o seu medio, é coñecelos de primeira man. Así o fixeron os rapaces de 1º e 2º da ESO na súa visita ao Acuario de A Coruña. Esponxas A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

de mar, focas, golfiños, peixes e moluscos fixéronse amigos dos nenos. Tamén visitaron o Domun e a Torre de Hércules.

35

Un día na Illa de Ons

Que ben o pasamos na Illa de Ons!. A pesares do calor a xornada resultou moi divertida. Percorremos a illa para coñecer os seus barrios, pois está habitada, os seus miradores, o burato do Inferno e o faro. Despois de comer fresquiños no restaurante do peirao, pasamos un rato na praia, eso sí, ben protexidos do Sol. Ao día seguinte a Secundaria do cole estaba “morta” tanto alumnos como profes, pero valeu a pena.

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

36

Somos artesáns

ue rico está o pan!. E máis se o facemos nós mesmos. Así é amigos, os rapaces de “La Inmaculada” somos verdadeiros artesáns. Queda ben demostrado nestas fotografías. No centro de “A Cancela” tivemos a oportunidade de experimentar fabricando uns bolos de pan riquísimos. Enchémonos de fariña!, menos o pelo; non mirades que gorriños tan cucos levamos? Os Trotamundos de 3º e 4º de E. Primaria seguen tendo curiosidade por observar en directo o que as súas mestras explican nas clases de C. do Medio. Por iso no terceiro trimestre realizaron unha saída a Meder onde se atopa a “Alfarería AÑÓN” para que os artesáns que alí traballan lles contasen en que consistía o seu traballo e ver como as súas mans transforman un rolo de arxila en distintos obxectos de cerámica. Os cazoleiros, como se lles coñece na zona a estes irmáns que seguen co negocio que inciou o seu avó fai máis de 60 anos, foron moi atentos cos nenos/as e con grande paciencia e amabilidad elles explicaron e aclararon todas as dúbidas aos nenos que saíron entusiasmados por todo o que viron e aprenderon. No mesmo día, estes Trotamundos presenciaron o traballo Boutros “Artesáns da masa” pero esta alimenticia “O PAN”. No forno do pai dunha das alumnas que está en Arcos, sentáronse panadeiros/as por uns intres, xa que fixeron boliños de pan que logo comeron. Tamén comeron e levaron para casa outros doces que Luis, o panadeiro lles repartiu a todos como agasallo. Dende a nosa revista queremos agradecer a estas persoas que se prestan a colaborar cos mestres/as na laboura da ensinanza, mostrando en directo nos seus talleres o traballo que realizan.

Q

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

37

Auga fría,

auga quente
A nosa viaxe a Ourense foi moi divertida. Na Alameda, un parque precioso, estivemos xogando. Logo visitamos as Burgas e percorrimos a parte antiga da cidade no tren turístico. Pola tarde fomos ás Termas da Charrasqueira donde había xente bañándose. Na Aula da Natureza do Miño aprendimos máis sobre a fauna e a flora deste gran río galego nun caderno de campo que fixemos cada un de nos. Pasámolo moi ben.
Alicia Groba. 5º de Primaria

Debuxo feito por Andrea de 4º de Primaria para o traballo dos TROTAMUNDOS sobre a protección do Medio Ambiente A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

38

Pastoral

Despois facemos algunha actividade moi divertida, como a de plantar sementes de “concordia” que coidamos para que medren ao longo do curso, decorar a árbore de nadal cas nosas máns, descubrir os nomes dos amigos de Xesús, os apóstoles. Entre todos falamos de palabras como a familia, o

la de novo!! Un ano máis volvemos a xuntarnos para celebrar as pastorais do colexio. Son días moi especiais; porque falamos de Xesús ,así como do importante que é a súa presencia nas nosas vidas, pero tamén son especiais porque os nosos papás e mamás sempre nos acompañan nas celebracións, bueno… incluso veñen os nosos avós!! Moitos de nos lemos unha petición , ou unha poesía e tamén cantamos moitíisimo e iso fai que estemos nerviosos con tanto público. Pero a verdade é que merece pasar ese momento de “timblereque” porque o final a profe de pastoral sempre nos da unhas larpeiradas: rosca por Semana Santa, turrón en Nadal, gominolas…

O

Traballamos a convivencia
amor, a paz, compartir, ledicia, obediencia… estes son valores que debemos ter en conta para ser grandes amigos e vivir sen disputas e problemas. Aínda que algúns non nos gustan moito porque somos algo rañicas a hora de deixar os nosos xoguetes ou de facer caso o mestre cando nos manda facer algo.!! Ca axuda dos nosos párrocos, os maiores tamén participan na aprendizaxe de valores a través da figura de Xesús. Mediante diapositivas, imaxes, charlas no colexio e celebracións da Palabra na Parroquia aprenden a respectar, valorarse, coñecerse a sí mesmos e amar os demais como nos ama ÉL.

Normalmente contanos contos, que di a profe que están nun libro moi gordo que sempre o ten na súa mesa. Como era que se chama ese libro tan tan grande? … Xa sei! A Biblia. A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

39
“Antes xa era consciente de que no mundo había inxustizas e crueldades como a dos nenos soldados, pero cando vin o vídeo quedei impactado. É increíble o que eses nenos teñen que chegar a resistir, quedei abraiado co seu valor e as súa maneira de afrontarse aos problemas. Moitos deles teñen que matar obrigados. Doume conta da bestialidade que hai no mundo. Se aos adultos xa non lles servía con facer a guerra , agora tamén meten aos nenos de por medio. Espero que algún día acabe esta inxustiza, e mentres espero que nós, nas nosas condicións de nenos libres e con dereitos, poidamos axudar nalgo.”

Nenos soldados

ONG

Mateo González. 1º ESO

“As organizacións realizan un gran traballo para loitar contra a desigualdade, pero iso ten que ser un traballo de todos”

Marcos Lamora 3º ESO

“En Bolivia os Guaranís traballan as terras e obteñen millo e hortalizas,(…) A s veces só comen unha vez o día e iso chamoume a atención porque me parece moi difícil que así teñan as forzas suficientes para traballar o campo”

Poboacións indíxenas

”Afastarte dos teus seres queridos, adaptarte á nova cultura, costumes, xentes,...Un gran cambio na túa vida que te expón a obstáculos inexistentes no pasado e que agora te atopas de fronte. A necesidade fai que unha persoa teña que embarcarse nesta viaxe sen poder pensar se será o mellor para ela, simplemente guíase hacia un destiño descoñecido e con esperanzas. A emigración está moi presente nos nosos días. É un tema verdadeiramente delicado, e que compre respecto ante as persoas que se ven obrigadas a tomala como unha vía de supervivencia. Margarita Bernárdez. 2º ESO
ido te perd talmen s que camto mo do está O mun os así(…) Te ” am rará ig o ESO c om o s m undo em pe Cris 1º r ou o bia

“A emigración

Carla Ucha 3º ESO

“… A mayoría da poboación non está enterada dos Dereitos que lles pertencen, e polo tanto non poden defenderse, quedando a súa situación laboral relegada ao que o seu xefe queira”
Martín Miguez 3º ESO

“Dereitos Humanos”

“El sol se pone tanto en el Norte como en el Sur” Todos vivimos en el mismo mundo y a pesar de ello, miles de personas, ni siquiera conocen sus derechos y nosotros vivimos en un mundo de abundancia.”
Sara Alfaya 3º ESO

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

40

Sentímos a música
oitos somosos alumnos e alumnas que sabemos tocar un instrumento. Algúns de oído, outros somo case profesionais e vamos ao conservatorio. Para deleitar aos nosos compañeiros do cole, fixemos un concerto no patio. Violíns, guitarras e baterías arrincaron os aplausos dos nosos espectadores, que non tiveron en conta os nosos pequenos fallos. Os alumnos de música de 4º de ESO tamén quixemos ensinarlle aos cativos o nome dalgún instrumento que este curso aprendemos a tocar co profe Fran.

M

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

41

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

42

Vivimos o Nadal

Mira que se portaron ben estes anxiños, a Virxe e San Xosé!. O neno Xesús non chorou nada, nada.....

X

Arre borriquiño, imos a Belén, que mañán é festa e pasado tamén!

e

Sen dúbida os que mellor o pasan son os máis pequenos. Eles cantan e bailan vestidos de pastorciños ou con gorro de Papa Noel. Algún leva luces! As flautas soaron no Festival con músicas de panxoliñas A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

43

Os Reis Magos atenderon as demandas dos nenos e nenas que se portaron ben e estudaron moito.

A

festa de Nadal é moi importante para nós.

Comezamos a celebración realizando o concurso de tarxetas que expuxemos na Sala de Usos Múltiples. A máis votada fíxose chegar ás familias como felicitación.

Os proles adornamos o cole con guirnaldas, árbores de Nadal, debuxos nas fiestras e caixas de agasallos. Todo quedaba moi bonito!. Tamén fixemos un Belén enorme na capela do cole. Coa colaboración de tódolos nenos, non faltaba detalle: estrelas coas caras dos máis pequechos, figuriñas de plastilina, castelos e casas de corcho, barcas para os pescadores, pontes, mercados, lavandeiras, muíños de vento e como non, o pesebre co neno Xesús e os Reis Magos. Tamén houbo galeguiñas e velliños. O caso era pasalo ben e recordar esta tradición da Festa do Nadal. Tamén pensamos nos que teñen dificultades, e colaboramos na “Operación Kilo” organizada por Cáritas de Ponteareas.

Como todos somos moi bos, os Reis Magos visitaron o colexio. Ademais de levar as nosas cartas, atenderon persoalmente aos máis cativos, e a pesares de que as barbas picaban un pouco, démoslle moitos bicos.

O último día do trimestre despedímonos cun festival de Nadal. Algúns nenos cantaron; outros escenificaron panxoliñas, tocáronse coa flauta músicas navideñas e bailamos. Os profes “deleitamos” ao público cunha interpretación “a capella”, dirixidos por Rosa. Antes de marchar saboreamos un delicioso chocolate con bizcochos no patio do colexio.

Adornos de Nadal feitos polos alumnos de 3º de ESO en Plástica

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

44

U

n ano máis chegas as festas de Nadal, e con elas os sentimentos de bondade, felicidade, caridade,... As rúas están cheas de panxoliñas, papas noeis, de luces con bombillas e máis bombillas o que conleva un gran gasto enerxético. Navidades as xustas, significa que debemosd celebrar o que hai que celebrar coa ledicia e a ilusión da Boa Nova dos pastores na noite palestina, a nova de que outro mundo mellor era e é posible.

Navidades as xustas significa que sexamos conscientes do que celebramos, do por que e para que destas festas. Navidades as xustas significa pregubtarse nestas festas, que compramos, que comemos, que agasallamos. O necesito?. Paga a pena?, ter tanto é bo?. O xusto, o necesario, o imprescindible, e non deixarse levar pola publicidade. Navidades as xustas tamén significa que nos preguntemos de donde veñen os productos que mercamos e regalamos, e que miremos máis aló das etiquetas e dos prezos. Que nos preguntemos e lle preguntemos aos productos se se pagou un salario xusto pola súa elaboración, baixo que condicións se fabricaron, se respectaron o medio am,biente,... Se por un instante nestas datas nos paramos a reflexionar, ao mellor estas festas son de verdade xustas.

Navidades, as xustas

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

45

Na pel dos presos de San Simón
Como xa sabedes, o colexio quere complementar o ensino nas aulas con saídas didácticas que nos permitan aprender dunha forma máis lúdica e, ó mesmo tempo, sirvan, tamén, para que nos relacionemos doutro xeito cos compañeiros e os profes. No primeiro trimestre, no mes de outubro, os alumnos de 3º e 4º de ESO fixemos unha saída á illa de S. Simón, en Redondela. Puidemos coñecer a illa a través dunha visita guiada na que se nos explicaron as diferentes etapas históricas polas que pasou a illa: inicialmente houbo un mosteiro, séculos máis tarde a illa empregouse como hospital para manter illadas da cidade de Vigo ás persoas enfermas que chegaban en barco, para evitar contaxios pero a etapa máis triste da illa foi, sen dúbida, o S. XX, época na que foi empregada como cárcere para os presos republicanos. Dise que esta penitenciaría foi unha das peores da época, xa que as condiciones nas que os presos políticos se vían obrigados a vivir eran inhumanas. Tiñan que durmir hacinados porque as estancias non eran o suficientemente amplas para o gran número de persoas que tiñan que sobrevivir alí e nin sequera tiñan o dereito de ter unha alimentación suficiente e, moito menos, unhas condicións sanitarias mínimas. Tal foi o número de persoas condenadas por estar en contra do réxime, que non cabían nos edificios da illa; leváronse barracóns portátiles, pero aínda así non resultaba posible acollelos a todos nas precarias instalacións do lugar. Para paliar este problema tomouse unha decisión drástica: fondearon un vello buque coñecido como``Upo Medi´´ preto da illa e, nese lugar, estiveron vivindo varios prisioneiros vascos e asturianos durante algo

máis dun ano. As condicións de vida destas persoas aínda eran máis miserable que a dos isleños. Unha vez rematada a guerra a illa deixou de ser cárcere e actualmente a Xunta de Galicia fixo unha reconstrución dos edificios e do entorno e nela hai exposicións de fotografías, cartas dos presos, etc, todo relacionado coa memoria histórica. A visita resultou moi interesante e nos axudou a coñecer a historia deste fermoso lugar. Sara Zas 4º ESO

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

46

13 de Febreiro, e logo de aplazamentos por mor do mal tempo, celebrouse o Día Mundial da Paz como peche das distintas actividades que se fixeron no colexio ó longo de toda a semana. Repartíronse plantillas de pombas para adornar tódalas fiestras do colexio e todos os días realizáronse emisión por Radio Secretaría (a nosa emisora de radio particular do centro) relacionadas con este día tán importante: a primeira hora da mañá recitáronse frases de personaxes destacados e ás 12 horas léronse distintas cartas, slogans, ... aludindo e fomentando a Paz. Tamén se realizaron charlas e talleres impartidas por Intermón para o 2º e 3º ciclo de Primaria (xoves 29 de Janeiro)e para toda a ESO (luns 2 de febreiro) así como un contacontos para os nenos de Ed. Infantil e 1º ciclo de Primaria o venres 3 de Janeiro. O día sinalado para a conmemoración saimos todos ó patio e colocáronse tódolos de Ed. Infantil e 1º Ciclo de Primaria enriba da palabra PAZ que anteriormente estaba debuxada no chán quedándose os demáis cursos facendo unha roda ó redor. Comezouse o acto cun saúdo explicando por qué celebrábamos o día da Paz e logo unha alumna da ESO leu unha carta dunha antigua exa-

O

Día da Paz

lumna. A continuación a directora transmitiu unha mensaxe de paz e outra alumna da ESO leu o manifesto sobre a Paz. Finalmente levamos a cabo un minuto de silencio que se rompeu cun multitudinario aplauso e cantando todos xuntos a canción de Antonio Flores “No dudaría”. Para rematar lanzáronse dous grandes globos de papel. Un coa palabra PAZ 2009 e outro coas pombas da Paz e tódolos alumnos de Ed. Infantil e Primaria lanzaron o seu globo. Un total de 200. Ata aquí chegaron os actos programados desexando chegar a todos os alumnos as mensaxes de Paz.

D

urante moito tempo o mundo intentou buscar a paz, aínda que non o conseguiu. Por máis que se redactaron leis como a dos Dereitos Humanos, por máis que se intenta rematar coas guerras, é imposible. O noso mundo sempre está en conflicto. Os humanos non somos quen de manter a paz. No podemos falar de paz no noso mundo por causa dos conflictos armados que provocamos, sempre por mor da nosa avaricia, de querer ter máis. Os países ricos explotan os mais pobres, deixando a este na miseria e nun estado lamentable, quitandolle toda-las súas riquezas e atacando a sua xente, con armas de destrucción masiva que nos mesmos inventamos, e digo eu, se podemos inventar algo tan tecnoloxico para matar, porque non inventamos algo que invirta o efecto e nos de a paz? Para construir a paz no noso planeta deberímos aprender, primeiro a ser persoas, a saber comportarnos, a no ser ambiciosos, non atacar países por querer ter máis, ou por impor ideas, non aproveitarse dos mais febles… A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

Hoxe en dia segue habendo opresión no mundo, falta de libertade en moitos paises, sobre todo nos subdesenvolvidos, desigualdade social entre ricos e pobres, xente que pasa fame por mor das guerra… Mentras esto siga asi será imposible falar de paz, é un odxetivo q u e parece ser inalcanzable para os seres humano, ainda asi poderiase contruila, se todos puxéramos o noso gran de area e solucionaríamos os problemas falando, non matando, reconstruiríamos os paises subdesenvolvidos,

remataríamos coa fame no mundo, repartiríamos con aqueles que non teñen a sorte de ter tantas cousas bonitas coma nos… Pensó que todos deberíamos concienciarnos do gran problema que vive a terra, e non lamentarnos cando vemos as noticias das desgrazas que ocorren no mundo, senon que debemos actuar frente a estas, terminar cos gobernos que son pensan no seu moedeiro, e firmar un acordo de paz , de maneira que se cumprise, entre tódolos países do mundo, sexan pequenos ou grandes, pobres ou ricos…Temos que actuar xa, poruqe hoxe son millons, pero mañan serán billons as persoas mutiladas, que pasan fame, refuxiadas, explotadas, mortas… Se non o solucionamos o mundo irá a peor.
Elisabeth Meiriño 3º E.S.O

47
La paloma

Vuela paloma, vuela sin cesar, porque tu sola lo vas a lograr.

Llega a lo más alto nadie te detendrá, con tu ramita a cuestas, lo conseguirás.
Diego Solla. 1º ESO

Estamos acostumados a pensar na guerra como os confitos armados, guerras, ataques terroristas… pero non pensamos no que pasa cada día na nosa casa discutindo, ou ben cos compañeiros , non respetando ós outros ou cada vez que discriminamos. Pensamos nos conflitos que nos presenta día a día a televisión, e xa o vemos como algo habitual. ¿Qué ten de habitual as mortes, os feridos, a xente inválida, a fame , os bombardeos…? Nos mirámolo dende a nosa casa e non pensamos no difícil que pode

¿Somos nos os que afirmamos vivir nun mundo de paz, creando conflicto nun montón de actividades diarias?

ser estar na pel desas persoas. Pasar días sen durmir polas bombas, pasar fame, perder os seres queridos…pequenas “cousas” para nós pero se a vísemos en nós mesmos sería diferente.

¿De verdade podemos decir que promovemos a paz se nos rimos o ver un neno ó que lle pegan, en vez de axudarlle? Podemos afirmar tal cousa e no momento da verdade non respetar ós demais? Pensa cada vez que colles a mochila en que miles de nenos collen unha ametralladora, que pesa tanto coma eles,e van as guerras. Pensa canto darían eles por estar no noso lugar. E nós afirmamos promover a paz?

Pensaba en la paz , que había pasado si estuviera presente en aquel momento, si esto fuera así él conocería la felicidad que nunca logró encontrar. Un gran silencio ocupa su interior, es consciente de que había vivido la guerra y estaría dispuesto a luchar por la paz, porque nadie se merecerá nunca vivir bajo un terrible silencio que no le ha dejado conocer que es ser un niño. La guerra le ha apartado de las sonrisas, le ha llenado la vida de oscuridad. Y por eso… sabía que no bajaría la voz luchando por construir la PAZ. Jenny Chamadoira Dguez. 3ºESO.

Cuando pensaba no recordar, pasaban, como si de una película se tratase, imágenes de aquellos días, días de guerra. Su casa derrumbada por la avaricia , su padre asesinado por el rencor, sus amigos , vecinos y familiares muertos por este inmenso egoísmo y un lugar destruido en el que no existía la felicidad, la libertad… la vida.

L

a mirada de aquel niño estaba sumergida en terribles recuerdos que pretendía dejar de mirar pero de los que no podía escapar.

Sara Alfaya 3º ESO

“MANDALAS”

Os alumnos de 2º de Primaria coloreamos uns debuxos chamados “Mandalas”. Esta actividad axúdanos a mellorar a concentración, a poñer en práctica a relaxación e a buscar a paz interior e no noso entorno. Primeiro cada un escolleu o debuxo que máis lle gustou. Logo, con todas as cores na mesa, fomos coloreándoos de forma harmoniosa empezando no centro e seguindo cara o exterior como si enviásemos o mellor de nós aos que nos rodean. E.... ¡este é o resultado! Bonito, verdade? A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

48

arios membros do Corpo Nacionmal da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, achegáronse ata o cole para ensinarnos o máis importante da Educación Vial. Aos nenos de Educación Infantil contáronlles un conto donde o protagonista era o Sr. Semáforo. Tamén lles agasallaron con carpetas e fichar para completar polos nenos. En primaria aprenderon as normas básicas de circulación, realizando un circuito en bici no patio do centro. Moitas eran as sinais

V

que tiñan que respetar: os semáforos, os pasos de cebra, o ceda o paso, .... Tamén os alumnos da ESO fixeron por un rato de conductores e peóns para levar á práctica o exposto polos axentes na explicación previa. A algúns medíuselle o control de alcol, e tiveron que soplar. Pero o que máis lle gustou aos rapaces foron as motos e os coches da policía. Como os axentes estaban de boas, deixáronlle tocar as sereas ata ensordecernos a todos.

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

Educación Vial

Outras actividades

Laboratorio

49

nha das actividades que máis nos chaman a atención son as prácticas de Bioloxía. Os alumnos de 3º de ESO estudamos os órganos do corpo humano coa axuda de Jonhy aquí á dereita. Logo en plan máis serio abrimos corazóns e ollos de tenreira para coñecer mellor a súa anatomía. Ao principio da un pouco de repelús pero logo a profe nos deixa diseccionar a nós.

U

Deporte Escolar

s nenos e nenas de 6º de Primaria participamos na competición escolar que cada ano se celebra entre o noso centro e os de Mondariz, A Cañiza o Ramiro Sabell e o Bouza Brey de Ponteareas. Fútbol sala, mini- basquet e badminton fixéronnos demostrar as nosas habilidades deportivas. Tamén nos esforzamos na proba cultural que forma parte do concurso. Para facer as probas de natación e atletismo os profes Pedro e Isaac leváronnos a Porriño. Os máis pequenos de 5º de Primaria tamén participaron nunha xornada de deporte alternativo con outros centros. Pasámola moi ben! Os pequerrechos xa están entrenando co profe Isaac. A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

O

50

Somos

artistas

Aqui estamos os TROTAMUNDOS de 4º de Primaria e os rapaces de Plástica de 4º da ESO. Ao longo do curso facemos moitas manualidades na aula e no taller de tecnoloxía. Xa mirastes en reportaxes anteriores as casiñas de paxaros de 3º de ESO, os Mandalas de 2º de Primaria os aparellos eléctricos de 6º ou algúns dos debuxos que facemos nos diferentes cursos. Tamén elaboramos libros con material recicladopara o Día do Libro. Aquí tedes uns dragóns moi bondadosos e nudos celtas e labirintos para adornar os pasillos. Na páxina seguinte os debuxos en témpera de 3º de ESO e unha composición de Olalla de 5 anos. Esperamos que vos gusten!

PRODUCTOS QUÍMICOS E CELULOSA
César Fernández Barbosa
Telf: 696.971.729. Estrada de As Neves. Nave 1. 36860. PONTEAREAS A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

51

Patos de Sandra Fernández, Martín pescador de Carla Martínez e Flores de Laura Martínez. Alumnas de 3º ESO

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

52

Escoitamos contos...

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

E escribímolos

53

La maldición del dragón
de Alberte Rodríguez. 1º ESO

Y así cada noche del año en dragón se transformaba, los caminos recorría y los pueblos arrasaba. Una noche de oscuro invierno llegó hasta el pueblo una anciana, pidió, cansada, cobijo a la puerta de una casa. En la casa, un caballero contestó de mala gana, le negó entonces cobijo y así contestó la anciana: Los que de niños sabían como ayer se comportaba, su problema comprendieron, ampararon su desgracia.

Una mujer encinta ayuda le reclamaba, y el caballero apenado la cobijó en su casa.

“Por ser rico y poderoso y por no compartir nada te maldigo en esta noche, a ser fiera condenada: cada noche de tu vida y hasta que arranque el alba, serás dragón muy temido y nadie te querrá nada. Pasarás noches enteras quemando pueblos y casas, la gente huirá de ti y no podrás hacer nada”.

Le dio alimento y bebida, la recostó en su cama, y, ante el asombro del hombre, la magia la transformaba, era la anciana bruja que de nuevo le probaba. Buscaron días y noches solución a su desgracia y encontraron los remedios en una casa olvidada. Allí había unos libros que de vieja magia hablaban. Al mal daban remedios, mas nada solucionaban, pues lo que allí se pedía muy difícil se tornaba. Y cuando ya se veía que solución no hallaba, llegó de nuevo otro día una visita a su casa.

Pues los que bien hacen a quien ayuda reclaman, merecen que en vida y muerte su obra esté recompensada”.
Moraleja: La vida siempre compensa a los que ayudan y aman, si tu vida fuera así la verás recompensada.
A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

Me alegra ver que esta vez, la prueba está superada y la maldición que sufres queda ahora retirada.

54

Morte anunciada
tamén lles puidera acontecer. Pasado o enterro ningún dos irmáns volveu a falar do tema xa que ningún deles cría nos espíritos nin tampouco nas fantasmas. Pensaban que eran crenzas de xente sen estudos e dos pobos. Pasaron os anos e, unha noite, Xosé tivo unha visión sobre a súa morte, aterrorizado chamou dende os Ánxeles á casa onde agora só vivía Xoán. Dado a importancia do que estaba a acontecer Xosé viaxou ata Pontevedra para estar todos xuntos e non deixar que lle pasara nada. Con 30 anos, e no mellor da súa carreira deportiva, tiña moito medo a morrer. Alberto tamén pediu permiso no traballo para viaxar e estar cos seus irmáns. Decidiron que Xosé no debería facer ningún movemento que non fora necesaria, so podería camiñar para ir o cuarto de baño. Pasaron as horas e parecía que Xosé ía evadir a morte. Cando quedaban poucas horas para rematar o día, decidiu saír pola ventá para tomar un pouco o aire. Nese momento un neno no piso de enfronte estaba xogando coa pistola do seu pai con mala sorte que unha bala foi directa á cabeza de Xoán, morrendo case no acto. Alberto e Xoán quedaron sorprendidos e destrozados á vez pola morte do seu irmán. Déronse conta de que non tiveran tempo a despedirse del e dicirlle todo o que o querían. Estaban tan convencidos de que non ía pasar nada que non pensaron que a morte se levara o seu irmán. Uns anos despois, e con todo esquecido, cada un decidiu proseguir coa súa vida preto dos seus amigos e familia. Os dous xa tiñan pensado como lles gustaría que fora o último día da súa vida pero non llo contaban a ninguén porque non querían que choraran por eles. Cada un tiña unha idea diferente: Xoán só pensaba en emborracharse ou ir de festa mentres que Alberto, que tiña unha familia, só pensaba en pasar o último día cos seus. De súpeto unha chamada en xaneiro, de madrugada, avisou que Alberto morrera dun cancro e que non puideran facer nada por el, a Xoán non o colleu por sorpresa por que recibira un sms unhas horas antes dicindo que tivera unha visión. Agora só quedaba Xoán, que morreu con 67 anos tras coller un coche para ir visitar a súa muller no hospital, enferma dende había moitos anos. Durante o traxecto deulle un infarto que rematou coa súa vida….e a noite anterior soñara coa súa morte. Debuxo a sanguina de Cristina Carrera, 3º ESO
David Martínez, 4º ESO

abía unha vez un home coñecido no pobo como Don Alberto. Era un home normal e corrente ó cal nunca lle pasara nada interesante, ata que unha noite enterouse nun soño de que ó día seguinte ía morrer, estaba realmente asustado. Durante ese día, de mañá fixo algunhas visitas a amigos e, pola tarde, na sala de estar estivo a pensar se sería unha visión o que tivo a noite anterior e se a súa morte estaba realmente preto. El, moi estrañado, e despois de darlle voltas e voltas decidiu contarlle a un dos seus fillos, o máis pequeno o que lle acontecera. O seu fillo que se chamaba Xoán díxolle que sería un pesadelo e que non lle dera importancia.Don Alberto, convencido do que o seu fillo lle dixo, decidiu dar unha volta polo barrio xa que, fisicamente, se atopaba moi ben. Nada máis saír e cruzar a beirarrúa de enfronte, un camión conducido por un borracho atropelouno. Un golpe na cabeza e máis no costado. Foi mortal. Xoán, que se atopaba dentro da casa, escoitou o ruído e saíu á rúa correndo para ver que acontecera, atopándose co seu pai morto rodeado de sangue e o condutor do camión empotrado contra un edificio uns metros máis adiante. Don Alberto tiña tres fillos: o maior chamábase Xosé e era un famoso xogador de baloncesto na cidade dos Ánxeles en Estados Unidos. Era moi coñecido e, aínda que tivera que continuar coa súa carreira deportiva, non dubidou en voltar cara Galicia en cando coñeceu a noticia. O fillo mediano chamábase Alberto como o pai. Dende había uns anos vivía en Madrid onde tiña familia e fillos. O máis pequeno, Xoán aínda estaba na casa dos seus pais e non parecía disposto a marchar. Antes de comezar o enterro do seu pai Xoán decidiu contarlles ós seus irmáns o que só 24 horas antes lle contara Don Alberto a el. Todos quedaron moi sorprendidos pero aínda máis cando Xosé dixo que iso mesmo xa lle acontecera ó seu avó, por iso non sería estraño que a eles A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

H

55

23 de abril conmemórase o Dia do Libro en España. Escolleuse esta data porque coincide coas datas da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores máis importantes da literatura mundial. No colexio quixemos celebrar este día cunha exposición de libros elaborados polos alumnos de Secundaria. Os estudantes de Primaria tamén fixeron poemas e pequenos textos que formaron parte da exposición. O traballo desenvolto polos alumnos de Secundaria foi bastante completo, xa que primeiro elaboraron os textos que foron correxidos polas profes. Como era unha actividade conxunta do Departamento de Lingua Galega e Lingua Castelá, os de Primeiro e Segundo crearon relatos en castelán e os de Terceiro e Cuarto en galego. Unha vez correxidos os traballos, os alumnos elaboraron o seu propio libro: escribiron o texto, fixeron ilustracións, maquetaron o libro e fixeron a portada. O resultado pódese dicir que foi máis que satisfactorio, xa que, en xeral, os libros resultantes tiñan bastante calidade. Despois desta actividade todos poden presumir de ter escrito xa o seu primeiro libro. Con todos os textos e os traballos de Primaria fixemos unha exposición

O

na entrada do colexio para que todos, alumnos, pais e persoal do centro, puidesen disfrutar do traballo desenvolto nas aulas. Para fomentar a lectura entre os máis novos, a escritora Fina Casalderrey estivo con eles e leulles un conto mio bonito

Día do libro

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

O folio remátase...
O día de hoxe amenceu anubrado. A monotonía que estes últimos días se respiraba no soto era moi grande. Hai cinco días que non anoto os meus sucesos (que son poucos) neste vello caderno. Ultimamente penso, aínda que sigo vendo a escritura como o único medio aceptable para a miña supervivencia psicolóxica. Levo máis de 4 meses aquí agochado neste asqueroso antro, sen ter noticias da miña familia e coa compaña inestimable do vello tocadiscos e uns cantos vinilos de música clásica bastante raiados. Estou conmocionado totalmente pola morte do único compañeiro que tiña no soto. Faleceu antonte de fame. Non teño palabras para expresar o que sinto e, por iso, non puiden escribir nada deste inesperado e tristísimo suceso. O silencio é o mellor aliado das persoas cando non hai palabras. Agora só me queda escribir. Non é a falta dunha presenza física a que máis falta me fai, senón que o que máis me afecta é ser consciente de que me estou volvendo tolo, nun cuarto pequeno, sen ventás…é algo insoportable para calquera ser humano aínda que aquí os xudeus sexamos alimañas asquerosas sen dereitos nin liberdades. É demasiado atormentadora a idea de ter que usar a manta como cordel e a lámpada como forca, pero ás veces só teño ganas diso, isto non é vivir. Ultimamente producíronse moitos bombardeos, non os vexo non os sufro, pero sí os escoito. Se algunha vez tivese que elixir entre un sentido que perder sen dúbida sería o oído. Penso que os berros fusilan e as bombas exterminan e que só as palabras dan vida. A señora Claris non me sobe comida dende hai dous días, pero xa me afixen a este sufrimento. A verdade é que Claris fíxome moito ben, débolle en certo modo a vida. Aceptoume clandestinamente no seu soto e mantenme pouco a pouco; é incrible que aínda queden alemáns así. Estráñame que aínda non me atoparan. Non sei como está o panorama aí fóra.O que máis voto de menos é a miña familia. Certamente é durísimo pensalo, pero para que ser inxenuo? Dende o día que saíron a mercar mistos non voltaron. O pai e Xoán quizais índa viva, ou non. Lucius e mamá xa non quero nin pensar o que estarán sufrindo. Hoxe xa non podo máis, a dor moral que sinto non a podo reducir, nin un pouco, escribindo. E agora volvo escoltar un vinilo e volverei tararear cada un dos acordes que xa sei de memoria. As cousas complícanse na fronte. Os rusos invándennos polo Oeste e polo Este os franceses, segundo me contou Claris. As forzas triplicáronse e o demo ese vigotudo mandou rexistralo todo, todo… A nosa vida na escola. Curso 2008-2009 21 de Xullo de 1944, Venres 19 de Xullo de 1944, Mércores. Xa escoitei ruídos e berros onte no piso. Temo que non durarei moito aquí. A fin, prefiro traballar ou…morrer, que máis terá. O caderno remátase xa, espero acadar algunhas follas máis, a ver se mas trae Claris, polo menos para calmar o sufrimento. A monotonía estase transformando en agonía , agonía en estado puro.

56

Atópome no cárcere de Berlín. Ó día seguinte de escribir a última folla, un grupo de homes loiros e fortes atopáronme déronme unha brutal paliza, déixaronme coller tres obxectos para levarme e eu quedei co caderno, cunha pluma e cun pano. Si, un pano de bolsillo, xa que estou seguro de que o necesitarei para consolarme nos malos momentos como agora, dentro de cinco minutos, mañá….sempre. Escribo isto nas dúas únicas partes de folio sucio e amarelo que atopei entre os meus vellos libros de Rezos Xudeus e no mesmo día que me descubriron. Os libros foron todos queimados. Este sitio é horrible, aínda que temo que o seguinte no que pararei non será mellor. Xa non teño as esperanzas que antes tiña no desván. Ilusionábame pensando en que pronto remataría esta opresión e que podería saír con coidado e coller un tren clandestino que me levaría a Suecia. Outros plans se me ocorrerán pero cada vez que penso en Esperanza cáeme o mundo ó chan. Só quero que chegue o meu momento. Chámannos a xantar, non quero pensalo, quizais para humillarnos aínda máis nos dean de xantar cascudas ou calquera outra barbarie. Deixo esta parte e media que queda libre para facer a miña derradeira reflexión outro día, quizais cando teña tempo. É tan triste pensar que me atopo xa na cámara de gas, tan frustrante, a maioría non son coñecedores do que nos espera aquí, eu si o sei… O gas acabouse e téñennos agardando mentres van buscar máis veleno humano. Hai dous días trasladáronme aquí a Auswitch. Non tiven tempo de escribir en todo este período, xa que o maltrato físico ocupaba a meirande parte do meu tempo. E ben, como dixen na miña última entrada, farei a miña derradeira reflexión: Atópome dentro dunha pequena cámara alumada por unha bombilla cuns trinta homes e vellos máis. A maioría choran, os outros…eu simplemente, agardo impaciente o momento máis esperado nos últimos anos. Aló menos será unha morte 4 de Agosto de 1944, campo de Auswitch (Berge-Belsen)

31 de Xullo de 1944, cárcere de Berlín.

57
pracenteira. É triste pensar en que nós que somos persoas esteamos aquí agardando a nosa morte mentres esa xente loita pola limpeza e superioridade da súa nación. Non podo comprender porque certos seres humanos, pola súa procedencia ou raza como única escusa, poidan ser represariados de tal xeito. Teño dezasete anos, e sigo crendo que a base da madurez son os golpes recibidos na vida. Ata os doce anos axudei ó meu pai na reloxería. Eramos unha familia normal e corrente, cunha vida por diante. As cousas complicáronse de tal xeito que agora estou aquí agardando a miña morte. Sen dúbida espero con toda a miña alma que esta represión contra os xudeus remate pronto e que o mundo, xa non Alemaña, senón todo sexan libres no futuro. Que sexan condenados os tolos e non nós. Direiche que nos últimos minutos da túa vida comezas a facer as típicas preguntas que sempre te fixeches, pero agora cunha maior énfase: para que nacín? que é a felicidade? para que vivín? Este diario leveino sempre comigo desde que me descubriron e por iso agora me atopo na cámara con el. Non sei porque se oen berros. Ah, si!. As luces apagáronse, aínda que quedan rendixas de luz polas que podo ver. E tamén xa se oen ruídos nas portas. Achégase o momento. Comezo a chorar. Ver as caras dos vellos que traballaron toda unha vida para ter un fin así e todos eses mozos cunha vida por diante…tamén hai nenos, os pobriños non saben o que lles vai acontecer, pero eles choran. Sempre me preguntei se algunha vez cheguei a roza-la felicidade. A cousa máis preciada para calquera home. A felicidade dos alemás consiste en eliminarnos en masa e a nosa felicidade é tan só vivir. Remátaseme a folla así como a miña vida. O sono comeza a invadirme, algúns xa caen o chan. Menuda masacre, menudo horror, sinto frustración, pena, tristeza…Sono, moito sono e ademais toda a miña vida estame pasando pola mente. Quizais isto é o mellor; a felicidade duns poucos acádase coa morte de milleiros, que tristura!. Xa non teño forza, xa noto que todo remata. O gas estase metendo por cada recuncho dos meus pulmóns…a vida remata lentamente. Pronto dormirei trnquilo e coñecendo o que é a verdadeira paz. Así rematou o diario de Kulger, un xudeu que morreu escribindo no su diario tras unha vida feliz, marcada nos derradeiros anos pola represión alemá. O libro coas dúas vellas follas caeulle das mans sen que puidera escribir as últimas palabras. Os relatos dos seus últimos momentos de “vida” foron recollidos por un soldado nazi que estaba encargado de retirar os corpos. Este que era un pouco humano e tras ler o diario, loitou o resto da súa vida pola paz mundial, conmocionado polo testemuño dun pobre home que só tiña ilusión de vivir.
María Villarino. 4º ESO

Dicen que las momias son horribles y dan miedo, pero hay una que es de lo más divertida. Esto lo sabe el protagonista de esta historia: Oliver Lamer. Todo empezó cuando fue con sus padres al museo. Ese mes la exposición estaba dedicada al antiguo Egipto y a Oliver le encantan estos temas de civilizaciones antiguas. Estaba ansioso por llegar a la cámara funeraria, donde estaba expuesta la momia. Cuando la vio, se dio cuenta de que era más pequeña de lo que esperaba. En realidad era del tamaño de un niño de su edad. Oliver se imaginó como faraón de Egipto, mandando construir pirámides y disfrutando de la vida en el palacio. Sus padres se fueron y le dijeron que no llegase tarde a casa. Oliver se quedó en la exposición hasta bien entrada la tarde y pronto se quedó solo en el museo, con la única compañía del guardia de la entrada, pero él estaba muy lejos de la puerta. Entonces Oliver se dio cuenta de que el sarcófago de la momia se estaba moviendo. Se quedó petrificado, mirando con horror como una mano vendada empujaba la puerta del ataúd egipcio. La momia salió por fin al exterior y Oliver se percató de que, efectivamente, la momia era la de un niño de su edad. De repente ocurrió algo que no podría haber imaginado: la momia levantó un brazo y le saludo con un “hola” bastante normal para alguien que llevaba 4000 años metido en un sarcófago. Oliver, desconcertado, esperó en silencio hasta que la momia empezó a caminar hacia él. Muerto de miedo, le respondió con otro saludo. Oliver se preguntó cómo podía estar vivo el niño faraón. Como si le hubiera leído la mente, el faraón le contestó que en su época le había caído una maldición y estaba destinado a vagar por el mundo eternamente. Contestando al otro interrogante mental de Oliver, le dijo que su nombre era Tutankamín. Ante la curiosa variación del nombre de otro faraón egipcio, Oliver se rió y Tutankamín se unió a él, aunque realmente no estaba seguro de por qué se reían. Tras ese día, Oliver lo iba a visitar todas las tardes, y pronto se hicieron amigos. Ese sería el principio de una amistad que traería con ella numerosas y divertidas aventuras para ambos.
Mateo González. 1º ESO

Un amigo en el sarcófago

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

58

e gañamos concursos!
El día 19 de mayo del 2009 me dieron un premio de dibujo de un concurso organizado por Caixanova . Yo iba con mucha alegría por que aquel era mi primer premio de dibujo. Cuando llegue allí, yo pensaba que el premio no tenia ganador, es decir, que los tres habíamos ganado, pero cuando entre me dijeron que yo había sido el más votado. Había tres dibujos, de dos niñas, una de Vigo, y la otra… no lo se. El edificio era precioso y la parte de dentro era muy detallada y con mucho cuadros bonitos. Los tres estábamos muy nerviosos, ya que nos hicieron muchísimas fotos. El premio era una cámara digital y unos libros para nuestras profesoras, nos dio el premio la directora de Caixanova. Lo pasé genial.
Aleix Álvarez Agreda. 5º de E. Primaria

Presenteime ao concurso “¿Qué es un Rey para ti”?, xunto cos meus compañeiros de 6º de Primaria. Que ilusión cando escolleron o meu debuxo!. Fixen o que aparece nesta fotografía. O meu pai, a profe Luz e a directora, acompañáronme a Santiago a recoller o premio. Fixéronnos moitas fotos a todos os participantes. Estaba moi nerviosa pero paseino moi ben. Aos rapaces que están agora en 5º anímoos a que o curso que ven, se esforcen por facer un bonito debuxo, unha redacción ou unha maqueta sobre Juan Carlos I e así clasificarse coma mín.
Ana Táboas Carrera. 6º de E. Primaria

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

Co 2º número de “Ecos da Picaraña”, os reporteiros e maquetadoras de 3º de ESO, foron quen de desbancar do podio aos 210 colexios restantes e alzarse co 3º premio a nivel autonómico. Tal e como contaron Sara e Pablo no acto de recollida do premio en Compostela: “os comezos foron duros, e non parecíamos moi entusiasmados, pero pouco a pouco fomos atopándolle o lado divertido e pasámolo moi ben”. Os rapaces están moi satisfeitos polos traballos de investigación, reportaxes, fotografías e maquetación feitos en equipo. Xa están pensando concursar o vindeiro curso. Despois do evento aproveitamos para dar unha volta por Santiago. Os compañeiros de 4º de ESO tamén conseguiron publicar con éxito “O trobador do Tea” xa na súa terceira edición. Noraboa a eles tamén polo obxectivo rematado. Se queredes velos dous xornais ou os dos cursos anteriores, non tedes máis que entrar en: http://estudiantes.elpais.es/

P

finalista autonómico!

Ecos da Picaraña,

59

or terceiro ano consecutivo, desde que nos anotamos por primeira vez, os nosos xornalistas dixitais da ESO volveron quedar campións.

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

Rúa Constitución, 2. Telf: 986 640048 - oficina0435@caixanova.com Praza de Bugallal, 1. Telf: 986 644009 - oficina0056@caixanova.com Castiñeira, Av. Castelao, 39. Telf: 986 644000 - oficina2202@caixanova.com

Sucursais en Ponteareas: