X u ñ o 2 0 11

Colexio “La Inmaculada” - Ponteareas

A nosa vida na Escola Un curso pasado por auga!
Ola outra vez!. Unha nova edición de Xermolo sae do prelo para vós!. Aqui tedes un resumo do traballo deste curso que remata. O proxecto Voz Natura sobre a auga, propiciou un montón de actividades cheas de imaxinación e moi divertidas!. Dende o Entroido da Auga, á construción da nosa “Lagoa da Constancia”, as visitas ao balneario de Mondariz, aos muíños de Salceda, os experimentos coa auga, a exposición fotográfica, e un sin fin de traballos como poemas, debuxos, maquetas, ... Dende logo, mollámonos ben!

O cole xa ten páxina web!
Pois pouco a pouco conseguimos por en marcha este novo proxecto, no que queremos reflectir como funciona o cole, e as actividades que ofrecemos. Aquí podedes ver moitas das fotografías e traballos que non saen na revista e tamén os videos que levamos feitos das conmemoracións. Pax. 52

Volven os maios ao cole!
Co gallo das Letras Galegas este curso volvemos a facer maios cheos de cor aos que lles cantamos coplas moi inxeniosas. Nelas tamén recordamos a Lois Pereiro. Pax. 45

A Menina Ponteareana e os códices medievais
Moi animada é a lectura no cole, cando os nenos e nenas realizan traballos tan bos como os que tedes nas páxinas interiores. Pax. 51

A Lagoa da Constancia
Despois de moita constancia e empeño en facer realidade este proxecto, que outro nome podía ter?. As rás e os peixiños xa comparten vida con nós. Pax. 28

R E V I S TA

I N FA N T I L

E

X U V E N I L

PA R A

U N

M U N D O

M E L L O R

2
3. Editorial 4.Recordando o Festival de Fin de curso pasado 5. Un día de outono comezaron as clases. 6. Proxecto “Voz Natura” sobre a auga. 7. Probamos as augas de Mondariz. Visitamos o Museo do Mar. 8. Experimentamos coa auga e coa natureza. 15. Reciclamos botellas e pintamos mares. 16 Plantamos árbores, leitugas e flores. 17. O libro viaxeiro dos Trotamundos de 4º 18. Fixemos debuxos, poemas, refráns e contos. 19. O tesouro de Chals. 20. O entroido da auga. 25. Hai auga noutros planetas?. 28. A nosa “Lagoa da Constancia” paso a paso. 32. Aventuras coa natureza. 37.Como se fai unha gaita? 38. O Magosto. 40. A Festa do Nadal. 43. Pascua. 44. Hallowe´en. 45. Letras Galegas. 51. Lectura con animación. 52. Nova páxina web. 54. Máis letras. 55. Exercitando os músculos. 56. Paz e Dereitos Humanos. 59. Excursión Fin de Curso.

Sumario
Alumnos de Primaria ao saír das piscinas termais de Mondariz. Bombeiros preparados para a acción no Entroido da Auga. O collage é de Nicolás Lago de 4º de E.P.

A nosa vida na Escola
Redacción: alumnos e profesores do colexio “La Inmaculada” de Ponteareas Composición a montaxe: M. X. Rodríguez Álvarez. Tiraxe: 400 exemplares

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

3

Editorial
Querida Comunidade Escolar: Tedes ante vós unha nova edición dan nosa Revista Escolar, Xermolo. Como en cada número, dende o ano 2001, pretendemos facer un percorrido polas experiencias maís salientables do curso que remata. Neste grupiño de follas palpita un curso escolar, único e irrepetible como son todos os cursos escolares, cheos de vivenzas, de alegrías e algún sinsabor, como a vida mesma, porque a escola está viva e educa para a vida. Xa pasaron por Xermolo, centos de debuxos, redaccións, reflexións, fotografías e outras actividades dos vosos fillos e fillas. Gustaríanos publicar todos e cada un dos traballos feitos durante cada curso, porque todos merecen a pena e teñen o seu mérito, pero sabedes que non é posible. Dende aquí animamos a todos os nosos alumnos e alumnas a seguir esforzándose cada día e a facer as tarefas de xeito responsable. O compromiso e a constancia son dous dos valores máis importantes para ser unha persoa de ben. Queremos agradecer unha vez máis a confianza que tedes no equipo de profesores, homes e mulleres que aprendemos dos vosos fillos e fillas cada día, e que nos enriquecemos coa relación que a diario temos con eles. O noso compromiso é seguir esforzándonos para responder ás inquedanzas dos nenos e axudalos a medrar interiormente como persoas. Pero neste momento de futuro incerto para todos, a formación académica adquire unha relevancia especial e é o noso deber, dos pais e dos profesores, facérllelo ver aos nenos. Collede a revista e saboreala cos vosos fillos e fillas. Parádevos un chisco e deixade que sexan eles os que enriquezan este breve resumo, coas súas experiencias e recordos. Empapádevos co noso proxecto Voz Natura sobre a auga, achegádevos á Menina ponteareá, bailade con eles nos festivais, lede as súas poesías, rídevos coas fotos nas que aparecen... Grazas a eles é posible este feliz remate de curso. Grazas tamén aos nosos patrocinadores por financiar esta publicación. Felices vacacións para todos e todas vós! Rosa García

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

4

Recordando o Festival Fin de Curso 2010

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

5

E alá polo outono comezaban as clases...

O

la a todos e a todas!. Queredes pasar?. Mirade que isto do cole é moi divertido, eh?. Ao principio algún de nós choromicaba un pouco polas mañáns, pero agora,.... Ai agora!. Pasámolo de marabilla. Veña a cantar, veña a pintar, veña a xogar... Pero sempre aprendendo!. Ssssss!. Que non se entere a profe Luisa, pero aínda que as veces a facemos rabiar, querémola moito!. Que sorte tivemos coa benvida ao novo curso!. Os máis pequerrechiños tivemos o gusto de coñecer á pombiña Mº Paz nada máis empezar. Ela contounos a historia da Arca de Noé. Cantos animais cabían nela?. Monos, xirafas, elefantes,... Cantamos “Un día Noé a la selva fué...”. Pedimos moitas cousas boas para o novo curso e a empezar!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

6

Proxecto Voz Natura 2010-2011 Descubrimos, comprendemos e valoramos a auga
A auga é imprescindible para o ser humano e dentro de poucos anos será máis valorada que o petróleo. Hai persoas que viven sen acceso á auga doce e potable en contraste con outras que non entenden a súa importancia. A auga é pois, un recurso esgotable que está mal distribuído no planeta, pero sobre todo, mal xestionado. Debemos estimala e coidala. Cando se nos propuxo esta actividade desde “Voz Natura” os membros docentes do colexio pensamos que o mellor xeito de espertar a conciencia medioambiental dos alumnos respecto ao uso e protección dos recursos hídricos, era darlle a coñecer máis de cerca esta molécula vital e aprender a respectala. Despois da experiencia, os participantes neste proxecto, profesores, alumnos e familias, somos máis sensibles e conscientes da importancia do desenvolvemento sostible. Aqui tedes unha mostra das actividades máis salientables.

Ao negarlle a millóns de persoas o dereito á auga, ó saneamento e á hixiene, se lles nega a posibilidade de desenvolverse, de vivir unha vida saudable, de educarse, de traballar e de contribuir á prosperidade das súas familias e das súas comunidades. Se a auga é un dereito, non poder acceder a ela é unha inxustiza.

Expuxemos as nosas fotos sobre a auga

E

este é o resultado da exposición fotográfica sobre a auga. Pedímoslles aos rapaces que trouxeran fotografías nas que o tema central fose a auga. Aparecían bañándose, como non, na praia e na piscina. Tamén lavando o coche, ou a louza. Practicando deportes como piragüismo ou natación. Ata había fotografías de bautizos. Os nenos aparecían sos ou acompañados polos seus familiares. Iso sí, houbo poucas foto-denuncias...

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

7

Probamos as augas de Mondariz

ue mellor maneira de coñecer a importancia da auga que experimentar o seu efecto sobre a saúde. Os rapaces de 3º e 4º de Primaria visitaron o complexo termal de Mondariz Balneario. O nome do pobo procede precisamente da longa tradición no aproveitamento das súas augas termais. Despois de “catar” augas mineromedicinais da Fonte de Peinador, os nenos relaxáronse nas piscinas do complexo deportivo. Unha xornada moi satisfactoria para todos!

Q

Visitamos o Museo do Mar O
s alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria fixeron unha visita moi interesante ao Museo do Mar.

Quedaron moi abraiados co submariño

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

8

Experimentamos coa auga e coa natureza

“Hai que tirar so unha vez da cisterna para non desperdiciar a auga”, Unai de 5º de E.I.

Sara de semp 6º de E.I. re pec “ ho a b Cando lavo illa e a a sí afo s mans rro au ga”

“Ao rematar de beber pecho o tapón e reciclo a botella”, Mario de 4º de E.I.

s alumnos e alumnas de E. Infantil participamos nun taller da auga no que traballamos sonoridade, comportamento dalgunhas substancias en contacto con ela, os estados sólido, líquido e gasoso, a sedimentación.. Tamén aprendemos a coidala mellor. Seguide os nosos consellos!

O

Lucía e Miguel de 4º de Educación Infantil

Jorge

e

el de Samu

4º de

E. I.

Paula e Miriam de 6º de E. Infantil

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

9

Na páxina anterior están os máis pequenos ensinándonos como debemos facer para aforrar este ben tan prezado: dende pechar a billa, aproveitar a auga da chuvia para regar as plantas ou reciclar as botellas para diminuir os residuos e así protexer o medio. Durante varias xornadas aprenderon os estados da auga: meteron as mans no xeo e observaron con atención como saía o vapor da plancha da profe Luisa. Tamén disolveron azucre, fixeron flotar fariña,..Toda unha experiencia na que disfrutaron moito. En 1º de ESO os alumnos de Ciencias Naturais amosaron con botellas de plástico, a dispoñibilidade de auga potable no planeta:unha pequena cullerada en relación aos varios litros de auga salgada ou conxelada. De aí a importancia de coidala.

C

ase todos os cursos traballaron as características da auga e a súa importancia na Terra.

Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria, rendémoslle unha pequena homenaxe a Marie Curie neste “Ano Internacional da Química”. Montamos un pequeno laboratorio na aula e realizamos una serie de experimentos abarcando varias ramas das ciencias. Realizamos un experimento no que puidemos observar cómo a levadura, coma calquera outro ser vivo, crece e se reproduce cando se atopa nun medio adecuado como auga tépeda, con alimento de po de galletas doces. Gustounos moito a experiencia de tinguir caraveis. Puxémolos en auga con pigmentos de cores e , oh sorpresa!, as flores brancas se volvían de cores preciosas.Tamén fixeron paisaxes acuáticas de plastilina e plantaron garabanzos para estudar a relación entre o xermolado e a presenza de auga. Tamén fixemos varios experimentos con pilas de petaca nos cales observamos a capadidade da electricidade para xerar luz, movemento e, incluso, imantar obxectos de metal. Outro experimento consistiu en xerar electricidade estática frotando contra a manga un bolígrafo de plás-

tico e observamos cómo se lle quedaban pegados anaquiños de papel. Tamén observamos o poder capilar da auga de forma que auga na que botamos terra pasaba de un recipiente a outro a través dun anaco de tea e chegando limpa de partículas de terra. Outro consistiu en ver a flotabilidade dos obxectos en auga con diferentes cantidades de sal diluída. Observamos que canta máis sal se diluía a auga volvíase máis densa e os obxectos flotaban máis. Outro consistiu e observar como o osíxeno ocupa un espacio. Vimos como o fogo dunha vea consumía o osíxeno nunha botella de cristal e ese espacio se recheaba de auga.

Oa nenos e nenas de 2º de Primarioa fixeron moitos experimentos coa auga. Aqui os tedes comprobando a conductividade eléctrica desta molécula coa axuda dunhas pilas de petaca.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

10
QUE AUGA É A MELLOR? Con esta actividade, os alumnos e alumnas de 1º de ESO identificamos polas súas características organolépticas que auga é a máis adecuada para beber entre un grupo de recipientes que contiñan este líquido xunto a outros compoñentes disoltos. O criterio diferenciador foi que a auga cumprira tres condicións: que fose incolora, inodora e insípida.

DISTINTAS DENSIDADES DA AUGA Enchemos dúas botellas, unha con auga quente e o colorante e a outra con auga fría. Colocamos a botella con auga quente na tina e taponamos a botella con auga fría coa cartulina. Colocamos a botella con auga fría enriba da botella con auga quente. Cando quitamos a cartolina a auga quente subiu cara o sitio da auga fría, cambiándose de sitio. Conclusión: A auga quente ao ter menos densidade sube.

O

s alumnos e alumnas de 2º de ESO traballamos diversos artiluxios que funcionan con auga: a bola fonte, o cambón, os vasos comunicantes, o martelo hidráulico, a turbina, a clepsidra, o transbordador o tubo Pilot, o parafuso de Arquímedes e fonte de Herón. Cada un de nós elaborou un cartel co traballo e logo fixemos unha bonita exposición no patio. Tamén fixemos murais sobre os ecosistemas acuáticos. Tivemos un curso pasado por auga!

Nas fotografías que hai debaixo: Murais sobre ecosistemas acuáticos feitos en 1º de ESO

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

11

Os nenos e nenas de 2º de Primaria preparamos estes consellos para aforrar auga. Durante este curso tamén estudamos o noso propio crecemento e cada trimestre fomos marcando nunha táboa os cambios de estatura. A profe Irene ensinounos como ten que ser unha dieta equilibrada, e fixemos un mural moi chulo coa pirámide dos alimentos, unha especie de collage no que utilizamos recortes con fotografías dos alimentos máis importantes. Hai que comer san e ben!

O

s rapaces de 3º de Primaria tivemos unhas charlas moi especiais. O papá de Rubén visitounos para falarnos das abellas, como viven, como é a súa colmea, que coidados hai que ter para non asustalas... Ata proxectou unhas imaxes moi chulas no encerado dixital. Estivemos moi atentos!. O tío de Sintayu que sabe moito de xoias e minerais, achegounos ao mundo do cuarzo, do feldespato, do corindón... Viu ao cole cun magnífico equipo de observación e algunhas das estructuras cristalinas máis chulas poidemos visualizalas mellor cunha gran lupa de experto. A mamá de Aitana falounos das plantas e fíxonos técnicas de relaxación. Case quedamos durmidos!.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

12

E

n 2º de Primaria tamén aprendimos as diferentes características dos animais diferenciándoos por familias: mamíferos, aves, peixes, réptiles, anfibios, insectos,…Menuda fauna! Como repaso e para afianzar ben o que aprendimos en clase, cada alumno investigou sobre un animal e fixo unha ficha co seu debuxo e as súas características particulares. Estudamos os animais acuáticos e fixemos redaccións falando deles. Logo de rematar, creamos un libro-enciclopedia de animais que queda na aula para os que o queiran consultar ou ampliar. Os alumnos de Plástica de 3º de ESO fixeron láminas de animais con carboncillo. O cabalo é de Andrea Mouriño e o gatiño de Marta Míguez

Uhmm que peixiño máis rico!..

Carmen de 6 anos e os seus compis pintaron ao Pulpito Moradito e colorearon peixes

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

13

Os alumnos de Infantil tivemos moita sorte cando os nosos profes nos levaron á clínica veterinaria. Ese día aprendemos moito sobre os animais domésticos. A que parecemos profesionais con estes gorros e estas mascarillas?

Gatiño feito por Noa de 5º de E. P. despois da visita á clínica veterinaria

T

amén en 2º de primaria visualizamos varios documentais curtos nos que se observaba a vida que hai nun xardín (paxaros, insectos, plantas,…). Ademáis a profe Irene animounos para que vexamos os documentais que botan na televisión. Xa somos moitos os que non nos perdemos ningún capítulo! Por último descubrimos a vida das plantas, partes dunha planta, dunha flor e os diferentes tipos. Xa coñecemos todas as árbores do patio!. Para reforzar o estudo fixemos modelos de árbores, arbustos e herbas empregando plastilina e tamén creamos, con moito coidado, flores co mesmo material distinguindo ben as súas partes. A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

14
Nas nosas clases de Coñecemento do Medio, os rapaces de 5º, traemos todo o que pode estar relacionado coa materia. Sara trouxo unha rosa do deserto, Juan Antonio amosounos o enorme ovo dunha avestruz e Alberto, trouxo unha caveira de castor con dentes e un rabo de raposo disecado.

Os nenos e nenas de 6º de Primaria elaboramos uns artiluxios moi curiosos que funcionaban a base de electricidade. Fixemos unha exposición moi chula na entrada do cole.

Zoe. Para afianzar a comprensión do conto realizamos un cuestionario moi completo.Tamén coloreamos un debuxo da abelliña Zoe e localizamos nel as partes do seu corpo.

O

s rapaces de primeiro de primaria traballamos a vida obreira das abellas a través do conto: “Entra na miña colmea!” da abelliña
Manuel Sobral e Simón Teijeiro de 5º comparten con nós dous fósiles: un dun fungo xigante e un dunha especie de caracol primitivo.

Tamén en 1º traballamos as estacións e os diferentes aspectos que teñen as árbores ao longo do ano. Coñecimos os distintos medios ( terra, auga e aire) nos que viven os animais. Para iso aproveitamos a canción de Enrique e Ana: “Amigo Félix”, onde se nomean a moitos deles e estudamos as diferentes partes dos seus corpos empregando una serie de láminas.

Os alumnos de 3º de Primaria fixemos unha exposición dos traballos sobre os sentidos feitos en plastilina. Mirade que ricos parecen estar os espaguettis con champiñons!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

15

Reciclamos botellas e pintamos mares

A

qui tedes un xeito divertido de aproveitar as botellas de auga de plástico: os de 3º de ESO fixemos flores para decorar as paredes. Tamén resulta interesante pintar por separado fragmentos dun debuxo e logo xuntalos nun mural. Desta volta o motivo foi un fondo mariño. Os nenos e nenas de 4º de Primaria fixeron collages sobre o tema da auga. O peixiño é de Blanca Leira e o barco de Antía Vázquez.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

16

Plantamos árbores , leitugas e flores

pue hai mellor que un bosque ben coidado para garantir que o ciclo da auga se realice con éxito. As árbores axudan a reter auga no chan, evitan a desertización e nos regalan a súa sombra e os seus froitos. Despois de recoller no noso viveiro os castiñeiros e carballos sementados no magosto, os alumnos da ESO subimos a plantalos ao monte Picaraña, un enclave no que temos moito que decir, pois son moitos anos os que levamos coidando del. Tamén as aves teñen o seu premio cos nenos e nenas do colexio da Inmaculada. Cada curso constrúen casiñas para que poidan aniñar e criar sen perigo. Unha boa regada puxo fin a esta actividade.

Q

ara non perder o costume, os rapaces de primaria puxemos a funcionar, un ano máis, a nosa horta ecolóxica. Os alumnos de 5º, escollemos un día soleado para sementar cebolas, allos e leitugas no noso invernadoiro. Os nenos de 4º plantaron uns bulbos de xacinto para regalar despois o día da nai. Aqui tedes o resultado.

P

Antía Rodríguez e Miguel Jorge de 4º de Primaria, tamén fixeron árbores en papel. Mirade que chulos!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

17

O Libro Viaxeiro dos Trotamundos de 4º
ste curso os nenos e nenas de 4º de Primaria confeccionaron o seu libro viaxeiro en torno ao tema da auga. A experiencia consistía en que cada familia aportase en forma de fotografías e relatos breves, a súa relación con este medio. O resultado final está na aula, ben gardadiño como recordo para anos vindeiros. Aqui tedes unha mostra dos lugares visitados polas familias e o que nos contan no libro.

E

Aqui vemos a Nerea González no miúño que hai na súa aldea. Gústalle moito pero pensa que a pedra de moer fai moito ruído!. Carla Rodríguez foise ata os Xardíns do Trocadero en París, e disfrutou das súas fontes. Claudia Prego estivo na “Fervenza do Cachón” na Ribeira Sacra de Ourense e aínda que se cansou subindo ata alí, puido comer morotes e disfrutar das cores da árbores!. Rodrígo, na foto de abaixo, visitou as Fervenzas do Río Barosa.

Miguel Jorge visitou as Fontes das Burgas en Ourense e contóunos que saen a case 70 ºC e que posúen moitos minerais como flúor, sodio, litio,... Roberto Tato e a súa familia coñeceron as Salinas do Janubio e no libro contan a súa viaxe. María Pazos foi ao Canón do Sil e Carmen bañouse nun campamento. Todos os nenos e nenas deixáronnos as súas experiencias no Libro Viaxeiro!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

18

Fixemos debuxos, poemas, refráns , contos...

A pesca, por Blanca Leira

Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria fixeron redaccións sobre o mar e a pesca. Tamén confeccionaron unhas gotiñas de auga moi chulas con refráns, contos e historias que expuxeron no patio. Estas son de Kimberly, Cristina e Claudia

A comercialización do peixe en Vigo, por Claudia Prego de 4º de Primaria

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

19

O tesouro de Chals

A

os Trotamundos de 4º de Primaria encántanos inventar relatos. O curso pasado comezamos a historia de Chals, un intéprido pirata que vive fascinantes aventuras xunto aos seus compañeiros. Gustou tanto esta noveliña, que os alumnos e alumnas da ESO confeccionaron uns monicreques e logo, no teatriño que temos

na biblioteca, TITIRILANDIA, representárona para os alumnos do colexio. Había piratas, sereas e ata barco!. Disfrutamos todos moito. Este curso rematamos a 2ª parte deste libro, e está á vosa disposición na aula de 4º de Primaria. Esperamos que disfrutedes moito coa súa lectura!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

20

O entroido da auga

E

ste curso, o tema central do noso desfile de Entroido foi a auga. Tivemos peixes, nubes, arcos da vella, mariñeiros, pescadores, bombeiros, monecos de neve e ata piratas. Os de 2º de ESO quixeron pescar a este peixe escurridizo, e non deron feito. Teñen que cambiar de cebo!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

21

M

irade que animais mariños máis chulos había na clase de 1º de Primaria. A profe Mª Carmen vai de medusa. Os de 3º de ESO foron á praia coa profe Chus que encheu os calcetíns de area!. Por se houbera que apagar algún lume, aquí estaba o corpo de bombeiros de 3º de Primaria coa profe Mila. Levaban machadas, mangueiras e ata mascarilla para respirar mellor co fume!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

22

ara contentar a todos, os maiores poden elexir disfraz. Este ano os de 4º de ESO vestíronse de mariñeiros e pescadores; tamén había unha mariscadora. Como teñen moito salero ao final do desfile fixeron un baile no esceario da praza!

P E

stas nubes de 6º estiveron ameazando o desfile todo o tempo, pero ao final non descargaron no patio. Cando a profe Luz chegou a casa, seica choveu en Ourense!. Aquí empezou a facer calor e case se nos derrete a moneca de neve... Ao final mollóunos o despacho de dirección!.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

23

A

s estreliñas de mar e os peixes de 1º de Primaria nos se deixaron pescar polas profes Fina e Irene. As bañistas de 4º de Primaria luciron así de guapas con estes bañadores antigos. Menos mal que non se lles deu por traer o biquini, por que co frío que facía... s profes tamén estaban moi ben. Este ano abundaron as piratas, e as pescadoras. Unhas pensaron ir á praia e sacaron o bañador da avoa, ou se vestiron de guiris...As maís precavidas ían co paraugas ás costas, ou con bufanda, ... A ratos o patio estaba cheo de nubes, e ata había monecos de neve. Menudo tempiño!. Cando saiu o Arco da Vella todo se arranxou e poidemos empezar o desfile!

O

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

24

O

s piratas de Educación Infantil estaban moi simpáticos, pero algúns se tomaron o papel en serio... Mirade que corsarios máis guapos!. Os Arcos da Vella de 5º de Primaria curraron moito o disfraz e foi un dos máis vistosos do desfile!

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

25

Hai auga noutros planetas?
s científicos ándanche moi preocupados pola escaseza de auga potable no noso planeta. Hai varios anos que tentan averiguar se hai auga en Marte por se pode axudar á vida na Terra. No colexio tamén estamos investigando pola nosa conta. En 3º e 5º de Primaria estudamos o Sistema Solar e fixemos estes murais tan chulos. Os de 2º que son moi listos, ata lle fixemos un seguimento ao Sol. E como pode facerse iso?, vos preguntaredes. Para coñecer o grao de inclinación da Terra que é o responsable das estacións do ano, os nenos e nenas de 2º medimos a lonxitude

O

dos raios solares. Así comprobamos como a sombra se vai estirando ou encollendo ao longo das estacións. Un neno se pon na porta e fai unha marca. Cando lle da o Sol de frente medimoslle a sombra e anotamos. Isto ímolo facendo varias veces ao ano, e sempre á mesma hora. Agora xa sabemos porque no inverno fai máis frío que na primavera! Claro, porque os raios do Sol inciden con menor intensidade! Pero se queredes chegar a Plutón ou facer un paseo pola Lúa, montádevos nestes foguetes que temos preparados. Funcionan sen gasto algún. So hai que pechar os ollos e soñar!.

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

26

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

27

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

28

A nosa “Lagoa da Constancia”paso a paso
O
noso proxecto comunitario deste curso foi a construción dunha lagoa artificial no xardín do cole. Resultou de vital importancia a implicación dos alumnos e alumnas, sobre todo a dos maiores. Os nenos e nenas de 3º e 4º de ESO esforzáronse moito para facer realidade esta idea. GRAZAS a todos. Aquí tedes as fotografías cos pasos que se seguiron na construción da lagoa. Podedes ver o video que montamos en You tube: Construción de ecosistema acuático. Voz Natura 2010-2011. Colexio "La Inmaculada" de Ponteareas

Escollemos o mellor sitio: moi cerca da entrada para que tamén os papás e as mamás a poidan disfrutar. Logo cavamos, cavamos e cavamos...

Puxemos moito interese en ir retirando a terra e manter o xardín limpo, sobre todo por respecto ao Sr. Antonio que ten o patio sempre moi limpo e coidado. E para non manchar os zapatos mirade que bolsas axenciamos!. A pesares do traballo rímonos moito!

A nosa vida na escola. Curso 2009-2010

29

Na súa visita o Comité Científico de Voz Natura deunos o visto bó

Comprobando que os bordes queden á mesma altura. Debaixo, os rapaces axúdanlle ao Sr Antonio a colocar unha pedra moi pesada

A colocación da lona tamén deu o seu traballo

Para suxeitar a lona puxemos pedras

A nosa vida na escola. Curso 2008-2009

30

As pedras suxeitáronse con cemento

Buff, xa falta menos...

Por fin a lagoa estivo lista

Nas inauguracións importantes córtase a cinta...

Os nenos dan a benvida aos primeiros habitantes da nosa lagoa. Agora xa temos rás e carpas.

E bótanlle de comer mentras non se acostumas ao novo hábitat

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

31

A todos lles gusta facerse fotos na nova lagoa!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

32

Aventuras coa natureza

O

s alumnos da ESO treparon polas árbores no Ecoparque de Marín, iso sí, ben suxeitos polos arneses!

Ecoparque de Marín

Asturias
omo agasallo por ter gañado o primeiro premio provincial de Voz Natura, na pasada edición, os nenos de 5º , 6º de Primaria e de 1º da ESO pasaron uns días en Asturias. Visitaron os Lagos de Covadonga e os Picos de Europa que aínda estaban cubertos de neve en xuño!. fixeron actividades ao catón do río Sella, fixeron escalada nun parque de xogos...Pasárono “pipa”. O albergue no que se hospedaron estaba situado na montaña asturiana e rodeado por ríos de auga cristalina. Unha maneira moi agradable de pasar uns días en compañía da natureza.

C

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

33

N

on podía faltar neste curso da auga, unha visita aos muíños recuperados que temos no Condado. A nova senda fluvial do río Caselas foi o lugar escollido polas profes Mila e Carmela para pasar unha xornada cos seus alumnos e alumnas. É un espazo de lecer recuperado no entorno do río Caselas. Ao longo dos seus 2.014 metros a senda fai un percorrido polo Parque Etnográfico dos Muíños do río Caselas que os excursionistas tiveron a sorte de visitar guiados pola concelleira de cultura e por un veciño que coñece moi ben o Muíño da Laxe, totalmente recuperado e que puxo a funcionar diante dos nenos. Logo merendaron e visitaron o Centro Cultural de Caselas, que alberga ademais da biblioteca municipal, a Casa da Música, tan importante neste concello.

Salceda de Caselas
Hai rehabilatos cinco muíños: Muíño das Covas, Muíño da Laxe ou dos Cregos, Muíños de Figueiras (un de xofre e un de gran) e Muíño de Marcial ou Fondóns

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

34

Ribadavia
Os cursos de 1º e 2º de ESO fixemos unha saída ata Ribadavia ou Floravia como lle chamou Otero Pedrayo. Terra de viños da Denominación de Orixe Ribeiro e das famosas roscas, amendoados e melindres que fan as delicias dos máis esixentes padais, esta vila é un referente dentro da historia de Galicia. O seu conxunto histórico, declarado Ben de Interese Cultural Nacional é unha alfombra de pedra con fermosos edificios que evocan un pasado glorioso, entre os que destacan unha chea de igrexas románicas, góticas e barrocas, os conventos de Santo Domingo e San Francisco coa ponte vella que cruza o río Avia. Todo é artístico en Ribadavia, as súas porticadas prazas abertas ó Avia, a súa fortaleza “feudo dos Sarmientos” e as súas murallas que protexían por igual a Cristiáns e Xudeos. Son de especial atractivo as súas festas e actividades culturais, entre as de maior fama de Galicia están: A Feira do Viño do Ribeiro, a Festa Istoria, ou a Mostra Internacional de Teatro; igualmente son importantes a súa Semán Santa e as Festas na honra á Virxe do Portal.

ola tarde estivemos cos membros da Asociación Ecolóxica Ridimoas, que nos amosaron como levan a cabo o coidado do bosque e das especies que o habitan. En Ridimoas fixemos un itinerario educativo de 4 km. de recorrido que transcurriu polos siguintes hábitats: bosque de ribeira, carballeira, piñeiral, zona monumental, camiños antigos, e zonas de viñedo. Indiscutiblemente a cerdeira de acios é a xoia botánica do bosque. En 1988 a "Aula Verde" recibe o premio nacional: Ano Europeo de Medio Ambiente. A Asociación Ridimoas conta con 300 hectáreas acollidas á figura de protección de Refuxio de Fauna. O monitor, Pablo, foi moi amable con nós. No museo poidemos ver a este pequeno lobezno, que atoparan morto e que tiñan disecado. Os animais máis representativos da fauna deste bosque son a raposa, o gabián, o gaio, o buxato, o morcego e o esquío, coma este tan simpático que debuxou Pablo Novoa de 3º de ESO.

P

Arriba: Pablo Rodríguez regaloulles aos nenos un caderniño de actividades sobre o bosque Ridimoas.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

35

Santa Tegra

O

s alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria disfrutamos dun día moi bonito no Monte de Santa Tegra. tórico Artístico Nacional no ano 1931e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural. En varias das pedras do monte atópanse petróglifos elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro.A monitora que nos guiou explicounos como se fixeron estas vivendas e falounos das costumes do pobo castrexo.

Con 341 metros de altitude, é un lugar privilexiado desde o que poidemos comtemplar todo o contorno da desembocadura do Miño e o noso país veciño, Portugal. Neste monte atópase o Castro de Santa Tegra pertencente á cultura castrexa. Foi declarado Monumento His-

Os pequeniños tamén saímos, eh?. Os profes leváronnos a Indiana Bill e pasámola moi ben xogando. Logo fomos a un parque

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

36

Vigo

A

s saídas culturais tamén nos gustan. Desta volta, as profes Luz e Mª José, de 6º e 5º de primaria, leváronnos a visitar unha exposición moi chula de Naturnova. Alí faláronnos do medio ambiente, da reciclaxe, os estados da auga, do universo...Pero o que máis nos emocionou, foi unha sá na que había un símil de submarino, no que montamos cunhas gafas 3D, e no que pareciamos os grumetes do capitán Jacques Cousteau!! Tamén coñecimos as pinturas de Castelao sobre a emigración e os cadros abstractos de L.Seoane. Había obras de Colmeiro, Laxeiro, Antón Patiño,... menudos artistas ten a nosa terra!!. Foi nunha exposición guiada de arte galego: escultura, pintura e instalacións (termo novo que todos descoñeciamos).

as butacas do teatro de Caixanova, casi nos afundimos pero levantando un pouco a cabeza, os máis pequenos puidemos disfrutar con Guyi-guyi. Guyi-Guyi é un cocodrilo que, por un azar da natureza, nace nunha familia de patos. Guyi-Guyi vive feliz coa súa familia ata que un día pérdese e atópase cun cocodrilo. Cando se entera que os cocodrilos comen patos, pasará por diferentes dificultades ata conseguir ser el mesmo. A traverso do xogo e o humor os nenos poidemos reflexionar sobre o medo á diferenza e os prexuizos que temos con aqueles que son distintos ao o que esperamos. Logo fomos a merendar a un parque.

N

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

37

Como se fai unha gaita?
Malena Alonso, Jorge Fernández e Marta Suárez fixeron esta redacción tan boa sobre a fabricación de gaitas. Eles e os seus compañeiros de 3º de Primaria, visitaron o Obradoiro de Gaitas Gil, con máis de 20 anos de experiencia en Ponteareas. Os irmáns Jose Manuel e Alfonso Gil, que fabrican gaitas para os gaiteiros máis importantes, ensináronlles os nomes das partes máis importantes deste instrumento galego, faláronlles das madeiras de buxo ou de granada, e tocaron unha peza moi bonita especialmente para eles!.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

38

Celebracións obrigadas

MAGOSTO
come pois moitos son tóxicos e ata mortais. Poden parecer moi atractivos e ata cheirar e saber ben, pero hai que coñecelos antes de comelos. Non hai máis que escoitar as noticias destes días nos que varias persoas se intoxicaron ao comer amanitas. O mellor é coñecer 4 ou 5 especies comestibles da nosa zona e así non correr riscos. É unha actividade divertida saír ao monte a coller cogomelos. E Galicia atopamos Boletus, N í s c a l o s , Macrolepiota ou Cantarellas que en empanada, á prancha ou con fideos están boísimas.
Os máis pequenos na radio

Outono, tempo de castañas e cogomelos
Audición de Radio Secretaría polos alumnos de 4º de ESO Bos días a todos e a todas. Xa estamos en outono e é tempo de castañas e cogomelos. Como ben sabedes no cole gústanos celebrar o Magosto, festa tradicional galega, na que nos reunimos todos xuntos a comer castañas asadas. Pero é necesario que colaboremos todos traendo castañas, xa sabedes, cun buratiño para que non estoupen cando as ase o Sr Antonio. A festa do magosto será o venres 12. Tamén o outono é tempo de cogomelos. Aínda que nacen todo o ano, é agora cando hai máis e é máis doado atopalos. O seu alto interese culinario fai que sexa frecuente atopar coches nas cunetas dos montes estes días, e a moita xente paseando cunha cestiñas do brazo. Pero non debemos esquecer o seu valor ecolóxico. Xunto as bacterias conforman un importante eslabón na cadea trófica ao ser descompoñedores da materia orgánica. É pois necesario respectalos e non estragar o seu hábitat. Todos os cogomelos poden comerse, algúns so unha vez. Queremos dicir que hai que ter coidado co que se

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

39

Texto e debuxo da castaña de Ruth Pregal

N

o cole de “La Inmaculada” sen dúbida estamos comprometidos en potenciar as costumes da nosa terra.

Unhas das nosas festas obrigadas é a do Magosto. Participa e disfruta todo o mundo. Mirade que concentrados están os pequenos pintando a súa castaña!. Ese día cada neno truxo un bolsiño feito da casa con material reciclado no que metían estes froitos de outono. Na xornada do sábado algúns alumnos saíron ao monte a apañar cogomelos e tamén aprenderon a respectar o hábitat deste manxar culinario. Ao final chegamos todos á casa co bandullo cheo e moi cansados de xogar no patio!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

40

NADAL

Chega o Nadal ao cole, e en que credes que pensamos os nenos?. Pois en felicitar ao Neno Xesús, nos Reis Magos, no Festival do cole... e en que imos a pasar máis tempo coas nosas familias. Durante varios días adornamos as aulas e preparamos as actuacións do festival, pero tamén nos acordamos de traer alimentos e colaborar na operación Kilo. Porque o Nadal é un momento máis para reflexionar e pensar nas persoas que non teñen tanta sorte coma nós, persoas que o pasan moi mal mentras nós non facemos máis

que queixarnos por tonterías!. Os máis pequenos levaron a carta dos Reis Magos a correos, e logo poideron pedirlles persoalmente os seus desexos. Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron no cole!. Na parte artística o que máis nos gusta son os bailes, e se imos vestidos de vermello, aínda mellor. Mira que temos marcha neste cole!. Tamén representamos varias obras de teatro que lles gustaron moito aos nosos pais, invitados de honra ao noso festival. Ah! e tocamos a guitarra e cantamos!.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

42

Todo o colexio participa como cada ano, na operación Quilo, tan necesaria nestes momentos!. Se todos damos un chisquiño, faremos a outras persoas máis felices, e nós tamén nos sentiremos mellor!

qui estamos os máis pequerrechiños celebrando o cumpreanos do neno Xesús. Como o Nadal son unhas festas moi especiais sempre nos lembramos dos nosos familiares, amigos e de todo o mundo!. Pedimoslle ao neno Xesús que coide de todos eles.

A

Que ben len estes nenos de Primaria!. Aqui os tedes pedindo pola Paz, polo Amor, pola Igualdade,...

Mirade como decoramos a árbore de Nadal. Colaboramos todos, coa axuda dos nosos papás e mamás. Ao final quedou moi chulo!

Que mellor maneira de celebrar o Nadal que cunha gran aperta entre todos!. Iván Martínez de 3º de ESO, fixo esta bonita tarxeta coa que se felicitou dende o cole, a toda a comunidade escolar

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

PASCUA

43

En Pascua,os alumnos e alumnas do departamento de inglés participaron con xogos típicos e recrearon outros costumes, coma a decoración con ovos e coelliños de Pascua, propio destas datas en paises de fala inglesa.

Un dos símbolos de pureza universal é a auga. Seguindo o exemplo de Xesús o lavatorio de pés é unha mostra de humildade e axuda ós demais.

Os nenos e nenas cantáronlle ao AMOR, á PAZ, a AMIZADE, á Vida, e á FELICIDADE

Coa ram iña deron un de oliveira na m a detalle d a vceleb n, os nenos e n enas no ración p n perascual.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

44

HALLOWE´EN
cursos, os rapaces trouxeron cabazos para adornar. Os alumnos de 6º,caracterizados de bruxas e bruxos, cerraron este festival facendo un conxuro moi especial para o curso que empezaba. TRUCO ou TRATO?

E

ste curso celebramos un concurso de Hallowe´en no salón de actos do colexio. Os rapaces de 6º de Primaria redactaron o guión, prepararon preguntas e algunhas probas físicas, para que os cursos de 4º e 5º competiran enriba do escenario. Os de 3ºde Primaria participaron no intermedio cunha “fantasmagórica” interpretación da canción “I am a Baby Girl”. Presentadores, público e bailarines luciron os traxes propios desta terrorífica celebración e, nalgunhos

Tamén dende o Departamento de Inglés, os alumnos e alumnas da ESO e Primaria iniciaron unha serie de intercambios e colaboracións en Proxectos Internacionais, nesta lingua. Participaron, en Novembro, no “World Hello Day Project”, intercambiando tarxetas con estudantes do Instituto “Virginia Beach” de USA. Esta iniciativa leva en marcha 39 anos, e pretende , mediante o intercambio de saúdos de xentes de todo o mundo, demostrar a importancia da comunicación persoal para a preservación da paz entre pobos. Tamén intercambiaron tarxetas feitas por eles e información, referente as celebracións de Nadal e San Valentín, con estudiantes doutros institutos de USA. Todos os traballos, incluidos os dos alumnos da Inmaculada, están en Internet no seguinte enderezo www.epals.com/projects-festivals. Os alumnos da ESO realizaron un intercambio de e- mails, con estudantes de Español de distintos Institutos de USA. Escribiron regularmente ós seus amigos por correspondencia en inglés, e estes, a súa vez, responderon en inglés e castelán para practicar as linguas que están estudando. Profesores e alumnos intercambiaron fotos e outra información, coas distintas clases que participaron. A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

O vindeiro curso seguiremos a traballar para multiplicar as posibilidades de comunicación dos nosos alumnos nesta lingua, facilitándolles unha integración plena no mundo moderno. No curso 2011-2012, o colexio ofertará como actividade extraescolar, clases de preparación dos exámenes de certificados de Inglés da prestixiosa Universidade de Cambridge. Tamén esperamos con ilusión que o Ministerio de Educación nos aprobe os proxectos de 6º e 2º de ESO, e nos concedan as becas solicitadas para realizar unha inmersión Lingüística, dunha semana, de todo o grupo.

LETRAS GALEGAS Lois Pereiro
Seguramente o seu nome non nos diga nada, non nos soe pero, cando un afonda un pouco na súa figura, atopa un gran poeta, cunha sensibilidade especial. Lois Pereiro naceu en Mondoñedo en 1958. Trátase, polo tanto, dun autor moi novo a quen se lle cruzou pola súa vida o aceite de colza que lle provocou unha grave alteración de saúde que causará a súa morte no ano 1996, con tan só 38 anos. Pódese dicir que a súa vocación literaria tomou forma en Madrid, onde realizou os seus estudos e conviviu con autores da literatura galega tan importantes como Manuel Rivas ou Antón Patiño. Eles fundan a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de

45

Cando xa o curso inicia a súa recta final, chega o momento de celebrar o gran día da nosa cultura: as Letras Galegas; pero non nos limitamos só a un día senón que durante toda a semana en todos os cursos se desenvolven actividades relacionadas con esta celebración. Como xa sabedes, este ano o homenaxeado foi o poeta Lois Pereiro.
1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996). En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade (1995). Trátase de composicións líricas cargadas de existencialismo e un gran contido emocional. Os poemas do último libro fan moita alusión a unha morte xa presentida, a enfermidade que corta a vida, a dor que empaña as ganas de vivir. Con Lois Pereiro a literatura galega explora novos camiños expresivos que lle dan modernidade.

Para abrir os actos adicados ás Letras Galegas, o luns todo o colexio puido asistir a un concerto didáctico feito polos alumnos de Música de 4º de ESO. Eles, acompañados polo profe Fran, deleitáronnos cunha gran variedade de pezas musicais. Entre o seu repertorio incluíron cancións tradicionais galegas como A Carolina , A Rianxeira ou Eu chorar, chorei...moi ben o pasamos cantando estas cancións.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

46

Aí ven o maio!
O venres 13 fixemos a gran celebración das Letras Galegas e este ano decidimos darlle un especial protagonismo ós maios. Os alumnos da ESO trouxeron os materiais necesarios para a confección destas vistosas construcións. O mércores e o xoves fomos, pouco a pouco, colocando o fiúncho nunhas estruturas cónicas que nos confeccionou o señor Antonio (que fariamos sen el? ). Unha vez recubertas colocamos os adornos florais: cadeas de pampullos e laranxas, rosas, caraveis, hortensias e máis variedade de flores. Foi moi divertido estar todos xuntos o xoves pola tarde facendo os adornos e rematando os maios. Pareciamos costureiras pasando o fío polas flores e as laranxas.... Pero os maios van acompañados doutro compoñente que non pode faltar: as coplas. Cada curso creou uns textos que acompañaron dunha melodía (a maioría algunha canción popular). A maioría destas coplas falaban da vida escolar: a celebración das Letras Galegas, as probas de diagnóstico, os deberes, os profes, etc. En moitas delas tamén se facía referencia á Lois Pereiro, o autor homenaxeado este ano. Aquí tedes a copla que fixo 4º de ESO. Música “A saia da Carolina” Cando chega maio ao cole todos estamos contentos Para celebrar as Letras todos traballan arreo Querido Lois Pereiro querémoste adicar as Letras deste ano e ímoscho cantar e ímoscho cantar e ímoscho cantar querido Lois Pereiro querémoste adicar “Naúfrago do Paraiso” ten dous libros de poemas coñeceu a Manuel Rivas e a Bouza Brey de Ponteareas Cando Lois Pereiro morre choran todos os poetas porque finou moi noviño este defensor da Terra Estribillo O noso maio adornamos con frores de moitas cores con laranxas e fiuncho quedounos de mil amores Chus a de megafonía Non para de dar recados Cando estamos en examen Déixanos desconcentrados Estribillo As profes de secundaria dinnos que estudiamos pouco no mes e pico que falta imos andar coma tolos Empezamos neste cole cando tíñamos 3 anos recordamos con morriña todo o que nos ten pasado Estribillo Como este curso nos vamos ímovos decir “Adios” aos profes e aos compañeiros levamos no corazón

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

47

O

historiador Pérez Labaca estivo cos nenos e nenas da ESO e contoulles relatos de medo e costumes e crenzas de hai moitos anos. Logo entregamos os premios ós finalistas e gañadores do concurso literario que, como en anos anteriores, convocamos para fomentar a creatividade e o gusto pola escritura. A calidade dos traballos presentados foi boa e non foi doado decidir. A continuación tedes unha mostra destes traballos.

Querido diario. Por Iria Lameiro de 2º de ESO
Querido diario: Hoxe tiven un día diferente ós demais. Chámome Ánxela, hoxe foi o meu primeiro día nun novo colexio, un colexio que está en Galicia; eu veño de Toledo, dunha pequena aldea. Tiven que vir a Galicia porque os meus país tiñan un problema económico. Cando chequei a clase no que quedaría, todos os mozos e mozas cos que compartiría o resto do curso, miráronme de forma rara, a causa de chegar cuns días de retraso; sentinme moi mal porque ninguén me facía caso, pasaba o recreo soa, e nas clases de galego pasábao moi mal, xa que non era capaz de falalo porque nunca o estudara; ás veces pensaba que chegar a Galicia, a ese colexio fora un erro, que eu debía volver a Toledo cos meus avós, tíos, curmáns... Un día eses pensamentos desapareceron porque unha nena de rizos, da miña clase, achegóuseme e preguntoume se podía estar comigo. Eu non llo neguei xa que era a única persoa que se achegara para ser a mina amiga. Ela contoume sucesos da súa vida, era una vida perfecta, tiña uns pais que a querían, era lista, guapa... tamén me díxo que se chamaba Rosalía. Nunca oirá un nome tan fermoso. Contoume que os seus pais llo puxeran en honra a Rosalía de Castro, unha escritora galega moi famosa pola súa poesía, que fora homenaxeada o día das Letras Galegas no ano 1963; eu pregunteille que era o día das Letras Galegas, ela foi explicándome pouco a pouco. Díxome que se trataba de homenaxear a un escritor galego falecido, que fose recoñecido polos súas destacadas obras... Entroume polo corpo un gran interese por saber e investigar sobre ese día e, cando chegou a mestra de galego, comecei preguntarlle sobre eses escritores e ese día tan especial para os galegos; no recreo, fun con Rosalía á biblioteca a buscar información. Ese día foi a primeira vez que investigaba una historia tan interesante. Ó chegar a casa conteilles todo os meus país, e soñei que algún día eu podería ser homenaxeada coma una boa escritora. Á mañá seguinte, conteille a Rosalía o meu soño pero nese momento o meu desexo rompeuse en mil anacos... Ela díxome que so podía selo se nacese en Galicia. Eu non o podía crer, o meu soño nunca se cumpriría. A primeira hora tocaba galego, a mestra vírame desilusionada e preguntoume que me ocorría. Eu, apenada, conteille o que sucederá. Ela, tentando darme ánimos díxome que se cría en min podía conseguilo. Eu estaba segura de que iso era o que quería, quería formar parte de Galicia, esa esquiniña de España tan fermosa e verde, e decidín comezar a escribir, relatos curtos, poemas... que me fixeran avanzar, pouco a pouco. Ánxela. Uns anos despois... Onte atopei unhas notas do meu primeiro día de clase, hoxe xa son avogada, nai e nunca deixei de escribir. Gañei varios concursos e ata fixen un libro para nenos pequenos. Nunca deixei de pensar en ser homenaxeada nese día mais aceptei que nunca pasaría. Ánxela. Xa pasaron trece anos dende a última vez que escribín nese caderniño no que contei o meu soño.Hoxe a miña filla María cumpre os trece anos, e onte atopou este pequeno diario ó que eu dedicaba parte do meu tempo... A ela encántalle ler e escribir os seus propios contos... e díxome que tentaría cumprir o meu soño, pero en vez de ser eu, sería ela, para que ese desexo se cumpríra e quedara no familia dos López Vázquez. María Hoxe é a primeira vez que escribo neste pequeno caderno de soño. Son María, xa teño 56 anos e xa son avoa. A miña nai, Ánxela, faleceu hai tres anos, pero o seu desexo cumprirase, aínda que non o saiba, porque está no ceo; direi que, por primeira vez na historia das Letras Galegas, aceptaron que una escritora de Toledo, que soñara con ser homenaxeada ese día. Eu son María Mariño, unha escritora recoñecida polas súas obras, filla dunha muller que me ensinou a amar Galicia e a súa cultura, por iso, mañá día 17 de Maio de 2012* a mina nai será homenaxeada como no seu soño desexaba. A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

48

Soldadiño de cristal
por Alicia Groba de 1º de ESO

A auga, por Margarita Bernárdez de 4º de ESO
Habitante da terra xa foi moito antes de aparecer nós, a raíña dos mares quedou sen alento ante a nosa actuación. Sendo nobre actuou de servidora e,dende sempre, optou pola mellora pero agora, como mera espectadora, escrava da inxusticia que a derrota. Vivir non podemos sen ela máis vale ir con cautela se non queremos perdela buscar solución é o que queda. Tesouro que nos dá a vida ledicia de todos os días emperrados en destruíla cantaremos a nosa agonía. Nunca maior aprecio cando pasa por un regueiro máis de un sería o primeiro en crer que é milagreiro. Vivir non podemos sen ela

Soldadiño de cristal viaxas polo mundo sen saber onde vas Camiñas por montes, praias e ríos sen importarche onde te dirixes, sen preocuparte polo teu destino. Xunto os teus compañeiros viaxas sen parar por este gran muindo sen saber onde vas Camiñas ao teu ritmo, con calma, tranquilamente, pero con moito coidado de non romperte o teu precioso cristal resplandecente. Soldadiño de cristal, cando deixarás de viaxar por este mundo sen saber onde vas?

Galicia
por Pablo Alarcón, 2º de ESO

Galicia é o meu fogar eu por sempre a vou amar. Galicia ten catro provincias que son unhas delicias. Ten o río Miño que é ben bonitiño, é inmenso e moi intenso Está chea de lendas, de espíritos e meigas, de contos de trasnos que nos deixan pasmos. O galego é unha gran lingua que me chega ó corazón, e cando falo galego, sinto moita emoción. Galicia fainos soñar, coa súa paisaxe fermosa porque é digna de amor e é unha terra en flor.

C
A maxia do amor,
O amor, a maxia do querer, máis ca unha palabra e sentimento, máis ca un pensamento, imposible de esquecer. Confío no meu instinto, saio deste labirinto, só a túa voz faime voar coma un paxaro que acaban de liberar. A dor do amor, vale a pena experimentar, unha pequena cicatriz

elebramos as nosas letras e a nosa cultura de moitos xeitos. Os maiores fixeron un traballo recopilatorio dos nosos máis famosos artistas do cine. Esa semana Radio Secretaría emitiu a diario e foron moitos os nenos que nos contaron contos, recitaron poesías feitas por eles ou nos cantaron temas da nosa terra.Fixádevos que seguridade ten Karla ante o micrófono!

por Alai Montoro, de 4º de ESO

que en ocasións nos quere mostrar que nalgún momento foise máis ca feliz. Confío no meu instinto, saio deste labirinto, só a túa voz faime voar coma un paxaro que acaban de liberar. Querereite, ata máis non poder, esperareite, pero prométeme volver.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

49

A miña verdadeira identidade,
por Irene Ordóñez de 2º de ESO

empre recordarei con receo o primeiro día que cheguei a aquel pobo galego chamado Brexos, ou como a eles lles gustaba chamalo “Brejos”. Eu non sabía nada del, só que alí ía estar ben, cos meus novos compañeiros, mestres, ... O que nunca podería imaxinar e que, ía ter que renunciar a unha parte importante da miña vida anterior, o galego, a lingua que levaba falando dende que podía recordar. Non sabía, tampouco, a de segredos que se escondían detrás dos galegos ata que cheguei a ese pobo. Un pobo como outro calquera, cos seus habitantes, coas súas prazas, festas... pero sobre todo, coa súa lingua, que non viña sendo, para a miña desgraza, o galego. Todo comezou o primeiro día de clase; nada máis entrar pola porta. Eu estaba acostumada a utilizar o galego para todo, incluso nas clases de castelán do meu antigo colexio custábanos moito poder falalo como quereríamos... aínda que esa é outra historia moi diferente. Como ía dicindo, todo comezara aquela mañá de setembro, cálida e soleada, como todas as mañás daquel mes. Non estaba asustada, nin tiña medo por ser nova, así que entrei pola porta, como se alí me coñeceran todos. - Bos días.- Dixen ó entrar en clase, dirixíndome a mestra que se encontraba sentada na súa mesa de madeira. Sentei nun dos pupitres que estaba no fondo da aula, apartado dos demais e tentei xuntalo a unha das mesa que se encontraban por esa zona. O primeiro que fixo a nena sentada o meu carón, foi mirarme e pórse a rir, mentres eu tentaba arrimarme como podía, máis e máis a ela. - Pódesme axudar, por favor?.Pregunteille cun sorriso. Outra vez comezaron as risas “El acento, el acento es lo mejor”.- Gritou en medio da clase, imitándome despectivamente e facendo que os demais tamén se riran con ela. - Que pasa? Que vos fai tanta graza?.- Preguntei, sentándome por fin na cadeira. “ No se, tu dirás, aunque mejor que no digas nada, porque con ese acento de pueblo que tienes, no se yo si te harían mucho caso”, dixo mirándome coma se fose un bicho raro. Esa foi a miña primeira mala experiencia co galego. Deixei de falalo, comecei a utilizalo só cos meus pais e, cando me quixen dar de conta, non o utilizaba para nada, nin sequera cando iamos ver ós meus antigos compañeiros e ós meus avós, que seguían a falar todos en galego, loxicamente. Esta situación alargouse ata que, dous o tres anos despois, cando xa nin tan sequera pensaba no uso do galego ou que puidera falalo, algo me fixo dar de conta do meu gran erro. Unha nova com-

S

pañeira mudárase para este pobo e, coma min, viña con moita ledicia. Todo se repitiu, ó entrar en clase, e saudar en galego, os demais ríronse dela, soltando as mesmas barbaridades que eu tivera que soportar cando chegara. Foi xustamente iso o que me fixo alonxarme aquela mañá da xente que se estaba a rir desa nena. En todo o día non prestei atención ás clases, non me rin de ningunha das bromas que facían e, sobre todo, non os volvín ver coma antes. Estiven dándolle voltas toda a tarde, subín ó alto da miña árbore favorita, situada xustamente no lugar onde vivía, só a uns poucos metros. Dende esa árbore podíanse ver os campos verdes que cubrían os matos e bosques galegos da zona. A xente, traballando nas súas leiras, para que, máis tarde, se puidesen levar algo á boca. Un inmenso ceo de cor gris, que non ameazaba tormenta; como dirían os meus avós, só poderían caer de alí dúas gotas de auga. Unha lagoa formada pola choiva dos anteriores días que me recordou ó son das ondas ó bater contra as grandes rochas, imaxe típica das costas galegas e... tamén me recordou o fermoso que era para min falar galego en compaña dos meus amigos, paseando por riba das altas rochas e vendo como o mar salpicaba os nosos pés mentres dúas gotiñas de auga cruzaban o ceo encapotado que cubría as nosas cabezas e, entón, dinme de conta que cambiar todo iso para caerlle ben á xente, non me facía falta porque tiña un montón de persoas dispostas a falar galego comigo e a tentar inculcalo ós demais. Non me dera de conta ata o momento da dor que escondían miles de galegos. Non me decatara da vergoña que sentían por usar o seu propio idioma, cando eles tiñan que falar un que nin sequera pertencía á nosa terra, porque... que eu soubera este sitio chámase Galicia, non Castela e neste pequeno recuncho do país había miles de persoas orgullosas de ter un idioma propio, coma min, aínda que me custara varios anos e unha axudiña decatarme do erro tan grande que cometera ó deixar de falar o galego. Por se vos interesara, non volvín falar o castelán no colexio nunca máis. Aquela nena que se escondía detrás das súas trenzas para ocultar a súa dor cando se metían con ela, converteuse na miña mellor amiga e as dúas xuntas éramos felices falando na nosa lingua e, sen darnos de conta, restregabamosllo pola cara ós que falaban só castelán, polo simple feito de que eles nunca se poderían sentir verdadeiramente galegos.

Laura Domínguez, 3º de ESO

Galicia
por Paula Cid, 2º de ESO

Galicia, a miña terra amada, lugar onde nacín, dona de lendas embruxada. Galicia, raíña deste lugar, terra das mil augas e das cantigas sen cantar. Galicia, a inspiración nestes relatos, oxalá nunca me separen de ti coma naquel poema de Rosalía: “Adiós ríos, adiós fontes” Se algún día me vou direi a todo con orgullo e alegría: “fun, e para sempre serei, galega toda a vida”

A primavera
por Marta Suárez, 3º de Primaria

A primavera que bonita é, preciosa preciosísima é. Non é fea, non é fea, é bonita como unha flor unha flor que cheira ben, ben ¿e que é? É unha rosa ou é un Caravel A verdade non o sei. A primavera salta, a primavera pasa, a primavera canta conta un conto de catro páxinas.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

50

E

como remate: a comer!! que ricos estaban todos os postres que levamos....A verdade é que xa non se sabía se comer rosquillas, galletas caseiras, filloas, biscoito de chocolate, de nata, de froitas...unha variedade á altura dos mellores restaurantes, que ben cociñan estas nais ( e tamén pais, por que non?) do noso cole. Nese día tamén recibimos a visitas dos nosos queridos ex-alumnos que comeron con nós.

C

on motivo do día das Letras Galegas os alumnos e alumnas de 1ºESO presentaron o seu proxecto interdisciplinar anual que tamén estivo vinculado a auga. Levaron a cabo un gran traballo de investigación nas diferentes aldeas, parroquias e pobos da bisbarra: Santiago de Oliveira, Xinzo, Fozara, Lira, Ponteareas, Mondariz-Balneario, etc amosando como a auga está presente nos muíños, fontes, ríos, manantiais, pozas, balnearios, lavadeiros e ríos que nos rodean. Unha boa maneira de coñecer o noso entorno e valorar esta gran riqueza natural galega.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

51

LECTURA CON ANIMACIÓN
omo os profes sempre se queixan de que lemos pouco, este curso fixemos un gran esforzo por achegarnos un pouquiño máis ao mundo das letras. A profe Ana, encargada do Plan Lector, coordinou cos outros mestres unha chea de actividades, das que aquí vos damos mostra. O teatro é o que máis nos gusta, e sempre temos un público que aplaude moito!

C

A profe Ana co grupo de artistas de TITIRILANDIA. Na outra foto temos a un público totalmente entregado e que aplauden a rabiar! A escritora Fina Casalderrey visitounos unha vez máis e falounos da importancia da lectura. Moitos dos seus libros xa os coñecemos e despois do que nos contou, aínda imos ler máis. Grazas Fina!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

52

A MENINA PONTEAREANA
debuxo de Alba Pereira de 5º

Para conmemorar os 350 anos da morte do pintor español Diego Velázquez , os alumnos de Primaria e Secundaria recordamos o importante que é para os pontereáns o cadro As Meninas. Nel Velázquez inmortaliza á pontareana Agustina Sarmiento, filla do terceiro Conde de Salvaterra, don Diego Sarmiento de Sotomayor.

Como bos poetas e poetisas, os alumnos de 5º, participamos no Plan Lector e inventamos unhas poesías sobre o cadro no que aparece esta veciña de Canedo, que dende moi pequena traballou en Madrid, na corte do rei Felipe IV, de axudante da raíña Margarita. Estes traballos estiveron expostos no patio do colexio.

Velázquez pintou a historia sen saber que nestes días o seu cadro máis famoso moitas cousas nos diría
por Lucía de 5º de Primaria

Debuxo e poema con flor, de Jesús de 5º

Mª Agustina a menina ten unha gata chamada Paulina. Ai Mª agustina porque non te chamas Cristina
por Inés Faro de 5º

Mª Agustina Sarmiento criouse e naceu en Canedo Á infanta servía e lle daba o que quería A Infanta Margarida era guapa e presumida co pelo louro e longo e uns vestidos moi caros
por Alba Pereira de 5º

Páxina Web
A nosa páxina web xa está en marcha. No enderezo www.colexiolainmaculasa.com poderás consultar todas as nosas actividades, o funcionamento do centro, a súa historia, as saídas, videos das nosas experiencias, e un montón de cousas máis. Pouco a pouco iremos engadindo as novidades de cada curso. Esperamos que vos guste!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

53

Unha viaxe ao pasado
Coincidindo coa celebración do Día do Libro, dende o Departamento de Galego en Secundaria promoveuse unha actividade que poderiamos definir coma “Unha viaxe á Idade Media”. Propúxoselles ós alumnos a reprodución ou elaboración de códices, imitando a aqueles copistas medievais que nos mosteiros facían minuciosas reproducións de libros; acompañadas de ilustracións elaboradas con todo tipo de detalle. O obxectivo da actividade era que os alumnos coñecesen un pouco do pasado dos libros e da súa historia e, ó mesmo tempo, adquirisen información sobre a maneira na que se reproducían os textos na época medieval, o material empregado, o coidado co que se facían as ilustracións, etc. Unha vez que a idea tomou forma, os rapaces puxéronse mans á obra: primeiro asignóuselles un texto medieval (cantigas de amigo) e, a partir de aí, eles encargáronse de facer o traballo artístico: a letra gótica, os debuxos das ilustracións, a combinación de cores. O resultado foron unhas fermosísimas reproducións de cancioneiros medievais que estiveron expostas no colexio, coincidindo coa celebración de Día do Libro. O traballo dos alumnos de 3º de ESO foi un pouco máis elaborado pois foron eles, tamén, os autores das letras dos textos. Como este ano traballaron a lírica medieval, pedíuselles que creasen poemas inspirados nas cantigas de amigo. Con eses poemas, debidamente manuscritos con letra gótica e acompañados de ilustracións, elaborouse un precioso cancioneiro, case á altura das reproducións dos co-

pistas medievais. Resultou unha actividade interesante pois os alumnos foron conscientes de que os libros foron, durante séculos, feitos a man pero, ademais, ían acompañados de preciosas manifestacións artísticas en forma de debuxos.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

54

Máis letras!
eguindo coa práctica do periodismo de investigación, e reforzando a redacción, a comprensión da lectura e o análise de textos, os xornalistas de 3º e 4º de ESO, conseguimos publicar respectivamente, o número 4 de “Ecos da Picaraña” e o 5 de “ O Trobador do Tea”. Da man das nosas titoras Chus e Susi, adicamos varias sesións a recabar información, facer entrevistas, elaborar anuncios con programas de tratamento de imaxes, etc. Todo o fixemos na aula de informática do centro. Entre os artigos máis salientables podemos citar: “Ponteareas terra de gaitas”, “O nematodo do piñeiro no Condado”, “A Peneira remata a súa publicación”, “Ranchos de Reis”, “Polémica planta de biomasa en Ponteareas”, “Florece a primavera árabe”, etc. Se tedes interese en coñecer os nosos xornais polo miúdo podedes consultalos en: http://estudiantes.elpais.com/. Servicios_ periódicos edición actual- Pontevedra.

S

on hai dúbida de que neste cole gústanos a música. Moitos alumnos e alumnas asisten ao conservatorio e algúns van tamén ao “Centro de Música Moderna”. Precisamente varios dos profes dese centro, viñeron ao cole a explicarnos como aprender a tocar un instrumento de xeito divertido. O mellor de todo foi a exhibición de guitarras e os ritmos de jazz, rock, etc cos que nos deleitaron.

N

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

55

Exercitando os músculos!
Preparación de coreografías de ACROSPORT Este ano os alumnos de 4º de ESO preparon dentro da asignatura de Educación Física unha nova actividade desenvolvida na segunda avaliación; traballaron en grupos de 5 ou 6 alumnos e representaron unha coreografía sobre actividades acrobáticas ou Acrosport. No Acrosport o que se pretende é facer un traballo cooperativo desenvolvendo capacidades motrices coordinativas tendo en conta a compoñente musical e a imaxinación. Cada grupo elixiu a música e elaborou a súa composición coreográfica acrobática. Aquí podemos ver algúns dos compoñentes dos diferentes grupos de 4º ESO. Foi unha experiencia nova e gratificante.

Nesa xornada todos os nenos e nenas participamos nas diferentes probas que coordinan Pedro, Isaac e Anuska, os tres profes máis en forma do centro!. Ataviados con lazos de cada cor, os forofos non paramos de animar mentras dura a competición. Pero non importa quen gañe, o importante é o ben que o pasamos!

U

n ano máis, na celebración dos Xogos de “La Inmaculada” os Brancos e os Azuis disputámosnos os puntos!.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

56

PAZ E DEREITOS HUMANOS
MANIFESTO PARA UNHA CULTURA DE PAZ
Porque xuntos podemos transformar a cultura da guerra e da violencia nunha cultura de PAZ e de non violencia. Porque esta evolución esixe a participación de cada un de nós e ofrece aos mozos e mozas e ás xeracións futuras, valores que lles axuden a facer un mundo máis xusto, máis solidario, máis libre, máis digno e armonioso e con máis prosperidade para todos. Porque a cultura da PAZ, fai posible o desenrolo duradeiro, a protección do medio ambiente e a satisfacción persoal de cada ser humano. Porque somos conscientes da nosa parte de responsabilidade ante o futuro da humanidade, especialmente para os nenos de hoxe e de mañá. Porque nós, desde o colexio “La Inmaculada”, queremos comprometernos a: Respectar a vida e a dignidade de cada persoa. Practicar a non violencia activa. Compartir o noso tempo e os nosos recursos materiais. Defender a liberdade de expresión e a diversidade cultural. Promover o consumo responsable. O outro día esperteime Contribuír ao desenvolvemento da nosa comunidade. e asomeime á ventá e sen nengún remedio boteime a chorar A xente fuxía e se metía no fogar pois a guerra volvera a estalar Os nenos choraben as mulleres berraban e uns homes a outros con fusís apuntaban

Nese momento volvín espertar e cun sorriso asomeime á ventá A xente falaba non corría nen berraba e agora penso que PAZ é a mellor palabra Paula Cid. 2º ESO

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

57
Coa mestra Esther, na clase de Pastoral, os alumnos de E.P., elaboramos un mural enfocado ao coñecemento e defensa dos Dereitos Humanos, logo de ver un vídeo relacionado con este mesmo tema. Coñecemos a historia de Iqbal Masih, un referente da explotación infantil. Todos pintamos, recortamos e escribimos o máis significativo para amosar no noso mural de grupo.Este día conmemórase o 10 de decembro. Os alunos de ESO reflexionamos en diversos textos e debuxos sobre a necesidade de respectar os Dereitos Humanos, algo do que nós disfrutamos pero dos que unha gran parte da poboación mundial están privados.

E a nosa pombiña voou!

María Reirís. 6º de E.P.

Os alumnos de plástica de 3º e 4º de ESO elaboraron fichas nas que aparecían fotografías e frases sobre as cousas que NON respectan os dereitos humanos, como o maltrato, a discriminación, a violencia de xénero, as guerras,.. e outro mural con todo o positivo dun mundo de PAZ.

Debuxo e reflexión se Aitor Novoa. 6º de E.P.

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

58

Os Dereitos Humanos é algo que cada vez debemos ter máis presente. No colexio falamos de como se están violando continuamente e de como podemos facer cada un de nós para, na nosa vida cotiá, recordalos e practicalos. Artigo nº 1.- Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. Artigo 2.- Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sin distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixen nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. So con ler os dous primeiros artigos, dámonos conta da falta que fai o noso traballo e da importancia de formarnos como persoas de ben

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

59

BARC ELON A

P

ara despedir o curso, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO viaxamos ata a cidade condal. Barcelona ofrece moitas posibilidades de diversión e culturais, polo que é un dos destinos preferidos por todos. En Port Aventura subimos sen parar nas atraccións máis emocionantes!. Paseamos polas ramblas, visitamos o zoolóxico e coñecemos de cerca a obra de Gaudí. É impresionante a magnitude da Sagrada Familia e a meticulosidade con que foi proxectada. Tamén estivemos no porto olímpico, na catedral,... Foi unha viaxe moi emocionante coas profes Chus e Ester que nos acompañaron e tiveron moita paciencia con nós. Un bico moi forte para elas!

A nosa vida na escola. Curso 2010-2011

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful