CURSO PRÁCTICO DE ELABORACIÓN DE QUEIXO FRESCO CON COAGULANTE VEXETAL

Data de celebración: xoves 28 de xullo. Duración: 3 horas. Horario: 17:00 a 20:00 horas. Contidos: Composición xeral do leite. Tipos de leite segundo procedencia e o seu tratamento térmico. Tipos de callos: vexetal, animal, microbiano. Decrición superficial do proceso de callado (xelificación) a nivel físico-químico. Procesado da callada e a súa influencia no produto final. Moldeado e desorado da callada. Salgado. Metodoloxía didáctica: Primeiro haberá unha breve introdución teórica e despois iranse explicando os contidos simultáneamente á elaboración. Ao final do curso haberá unha pequena cata de queixo fresco. Prezo: 23 €. Prazas: 5. Lugar: Casa do atrio. rúa da Igrexa 15. Gondomar (xusto detrás da Igrexa). Como chegar: ligazón mapa. Inscricións: Ata o 21 de xullo a través de: Correo electrónico: casadoatrio@yahoo.es. Teléfono: 600 051 577.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful