P. 1
O Creador de Sombras

O Creador de Sombras

|Views: 7|Likes:
Publicado porManuel Rodriguez

More info:

Published by: Manuel Rodriguez on May 19, 2011
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as DOC, PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

05/19/2011

pdf

text

original

O CREADOR DE SOMBRAS

(Alexandre Rodríguez Blanco)
Cando Xurxo tiña sete anos vivía cos seus papás e coa súa irmá Claudia na cidade de Ourense. Xurxo sempre foi un neno de boas notas ao que lle encantaba ler . Unha vez lera nun libro que a súa cidade fora construida polos Romanos, cando estes descubriron unha fonte da que manaba auga quente. Esta historia deixouno abraiado ata o punto de non querer ler nada máis que vellos relatos de Romanos. Tal vez, por iso, cando xa non lle quedaban libros que ler, comezou a debuxar sombras: sombras de crocodilos, sombras de leóns, sombras de xirafas, e tamén a sombra dun dinosauro. Unha noite de chuvia, mentres Xurso dormía, as sombras comezaron a sair de amodo das cuadrículas do caderno onde Xurso as tiña debuxado. Pola mañá temprano encontrounas recostadas enriba da alfombra do seu cuarto mirándoo fixamente sen facer ningún ruido. Estaban cheas de vida e o dinosaurio movía a súa testa con moita simpatía. Xurxo apenás podía crelo, pero como había que facer algo decidiu montar un circo. En realidade tiña animais de abondo.
-

Domareinos –pensou – gañarei moito diñeiro e serei o neno máis famoso do mundo.

Esta tarefa, en cambio, no era nada doada, e unha vez a xirafa, que debía estar famenta, chegou a comerse un mechón do pelo de Xurxo, crendo que se trataba da follas que colgaban dunha árbore. Xurxo moi enfadado golpeuna cun latígo e gritoulle: - Xa esta ben, agora terei que volver ao perruqueiro outra vez,e iso que xa me cortei o pelo fai só dúas semanas. Un intre despois, Xurxo que tiña un gran corazón, estáballe pedindo perdón ao animal. Cando, por fin, o circo estivo listo para a primeira función, as sombras cansas de tanto adestramento decidiron durmir todo o tempo e non actuar. O público enfadouse moito e non paraba de chillar: - ¿Onde están os animais do circo? ¡ Pobre Xurxo! Poñer en marcha un circo non era tan fácil como el pensara. As sombras non lle facían ningún caso. Estivo moito tempo pensando como podería resolver o problema sen atisbar a solución. De repente veulle aos miolos a idea de facer un casting e puxo mans á obra: - Este non, este non, ese tampouco, este si, este non, aquel quizais. Vaia isto do casting funciona. E así estivo ata que escolleu a trece homes e a catro mulleres. Con todos eles fixo un circo de verdade con trapecistas, domadores, equilibristas, malabaristas e incluso un pallaso, aínda que as auténticas estrelas eran as sombras. Gracias a elas, o público de todo o mundo quedaba apampado e aplaudía ata que lle doían as mans.

Unha mañá de primavera as sombras desapareceron da carpa. Por máis que as buscaron nunca máis se soubo delas e iso que a policía secreta investigou a súa desaparición. Uns xornais publicaron que as secuestraron para pedir un rescate. Outros dixeron que coma eran sombras desapareceron sen deixar ni unha soa pegada. De calquera dos xeitos nunca máis se soubo delas. Xurxo despertou, tras unha axitada noite de pesadelos, cando a súa nai encendeu a luz do dormitorio. Levantouse cunha estrana sensación. Estaba canso como se regresara de percorrer o mundo. Foi directo a mesa de estudo e algo nervoso abriu o caderno de cuadrículas. Alí estaban as sombras todas, tal como o día anterior el mesmo as debuxara.

Asinado: Mandarina Ourense, maio 2008

You're Reading a Free Preview

Descarga
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->