P. 1
Amalia

Amalia

|Views: 22|Likes:
Publicado porManuel Rodriguez
AMALIA

Vilagarcía de Arousa, outubro de 1939. Eran as 12 do mediodía cando cheguei á casa. Á porta agardábame o meu pai con impaciencia. - De onde vés? - Xa sei que non lle gusta que saia, meu pai, pero é que veño de facer un recado… - A iso che ensinei eu? A que me respondas? - Pero se non lle respondo…! Ben sabe vostede que eu procuro obedecerlle en todo, incluso cando non ten razón… - Ai, si? E cando se supón que non teño eu razón? - Pai, quero ir a unha escola de música…! -supliquei. - Xa c
AMALIA

Vilagarcía de Arousa, outubro de 1939. Eran as 12 do mediodía cando cheguei á casa. Á porta agardábame o meu pai con impaciencia. - De onde vés? - Xa sei que non lle gusta que saia, meu pai, pero é que veño de facer un recado… - A iso che ensinei eu? A que me respondas? - Pero se non lle respondo…! Ben sabe vostede que eu procuro obedecerlle en todo, incluso cando non ten razón… - Ai, si? E cando se supón que non teño eu razón? - Pai, quero ir a unha escola de música…! -supliquei. - Xa c

More info:

Published by: Manuel Rodriguez on May 19, 2011
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as DOC, PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

05/19/2011

pdf

text

original

AMALIA

( Sabela Rodríguez Blanco) Vilagarcía de Arousa, outubro de 1939. Eran as 12 do mediodía cando cheguei á casa. Á porta agardábame o meu pai con impaciencia. - De onde vés? - Xa sei que non lle gusta que saia, meu pai, pero é que veño de facer un recado… - A iso che ensinei eu? A que me respondas? - Pero se non lle respondo…! Ben sabe vostede que eu procuro obedecerlle en todo, incluso cando non ten razón… - Ai, si? E cando se supón que non teño eu razón? - Pai, quero ir a unha escola de música…! -supliquei. - Xa che dixen mil veces que non quería volver falar diso. Estaba enfadado, podía velo nos seus ollos. Pero tiña que insistir. Aínda que sabía que as posibilidades de que cedera eran mínimas, no máis fondo do meu ser, mantiña a esperanza. Así pois, decidín tirar do fío. - Pero pai, levo cinco meses cruzada de brazos dende que rematei o Bacharelato coas monxas… - Outra vez coa mesma canción? Bastante fixen xa deixándoche estudar o Bacharelato. - Pero… - Pero nada!!! O normal é que unha señorita aprenda cousas útiles coma labores do fogar, cultura xeral… Nada, que a teimudo non lle gañaba ninguén.

1

- O que a min verdadeiramente me gusta é tocar o saxofón. Ademais, se esas cousas que vostede di son tan útiles, non entendo por que non as estuda tamén Armando. -Porque o teu irmán é un home, Amalia! Un home!! - E por iso el pode estudar e saír cando lle pete? Non quixen escoitar a súa resposta. Saín enfadadísima cara ao meu cuarto, e, por efecto da ira, dei un portazo. Entón, chorei un mar de bágoas. Meu pai era especialista en sacarme de min. Co teimudo que era, ás veces incluso me facía pensar que quizais tiña razón; que ao mellor as mulleres eramos inferiores aos homes; que tiñamos que agochar a cabeza e someternos a eles coma parvas sen poder manifestar as nosas ideas e pensamentos… Pero ata neses momentos había algo en min que me dicía que as cousas non eran así. Eu o único que quería era estudar a carreira de saxofonista. Había algo malo niso? Acaso era algo malo o querer saber? O querer prepararse e ser unha persoa culta? Eu creo que non. E sentíame tan capaz de facelo coma calquera home. Nunca entendín a limitación á que se ven sometidas as mulleres. Admirei dende nena seres como Rosalía, María Pita…, sobre as cales lía e relía naquel libro que atopara no faiado do meu avó, que fora mestre de escola. Pero o que máis me emocionaba era lembrar que a miña antepasada Teresa Bouchet chegara a participar en varias exposicións coa súa pintura. Eu soñaba sen parar con seguir os seus pasos… E é que para min o saxofón era máis que un simple instrumento. Era coma un amigo que sempre estaba aí; un amigo que fala sen falar…Como recordo aquelas frías tardes de inverno nas que o meu avó, tan sabio coma maior, acariciaba cos seus enrugados dedos de ancián aquel curvado instrumento que tanto chegou a fascinarme. Porque o meu avó, sabede, comezara a súa mocidade sendo músico de orquestra polas festas de Galiza. Velaí o meu amor polo saxofón. Porque, cando eu o toco, esquézome de todo e entro nun mundo sen principio e sen fin, cheo de esperanzas e ilusións… - Miña rula, acaba de vir a túa amiga Remedios -dixo miña nai dende o outro lado da porta. - Pasa, Reme, pasa…

2

Remedios era a miña grande amiga da alma.Tiñamos a mesma idade, e, polo tanto, sempre cursaramos na mesma clase. Cunhas notas excelentes, Remedios empezara a traballar de mestra nunha pequena escola de Pontevedra nada máis rematar o Bacharelato comigo. Sempre me sabía escoitar, xa que compartiamos as mesmas ideas. Iso si, en canto ás afeccións, ela decántabase máis pola pintura. Abrín a porta e deixeina pasar. A túa nai estaba moi preocupada. Disque volviches rifar co teu pai.-díxome. O que a miña nai é, é unha exaserada. Pero si, como xa imaxinarás foi polo de Pois… nese caso páreceme que non volverás discutir con el por moito tempo Que queres dicir con iso? Cóntoche: souben na escola na que traballo que veu para a zona un home a gañar

sempre. -dixo cun aire misterioso.

a vida como profesor, impartindo clases para adultos de todo tipo de actividades culturais: ensina pintura, idiomas, e, entre outras cousas…música. Disque o home é estranxeiro e que algunha vez coqueteou coas ideas anarquistas; pero éche moi salado, e parece saber ben do que fala. Sei que non é exactamente o que ti querías, pero é máis do que esperabas. Dime - fixo unha pequena pausa- …que che parece? Quedei apampada. Esta Remedios sempre che sabía como animarme. Sen poder controlar a miña ledicia, deille un bico. Que que me parece? E aínda mo preguntas? Estou desexando comezar esas Ei, ei, acouga. Os teus pais deixarante? O meu gozo nun pozo… Pois sabes que che digo? Que non lles vou dicir nada. E así o fixen. Malia saber perfectamente que os meus pais non me consentirían

clases. Cando empezan? A que hora son?

3

acudir a aquelas clases, eu estaba decidida. Estaba xogando con lume, era consciente diso, mais esta sería seguramente a única oportunidade que se me presentaría para poder cumprir o meu soño. Non a podía rexeitar. De ningunha maneira. Ao día seguinte acordei ben cedo por mor da impaciencia. Pasara unha mala noite, pero este día sería algo novo na miña vida. Así que alá fun. Pola rúa aínda se podían contemplar restos da terríbel guerra que acababamos de sufrir. Fose onde fose, mirase onde mirase, as casas destruídas abundaban no terreo, e, en cada recuncho, familias desnutridas sen fogar e sen alimento…. A verdade é que axiña me afixen ao saber daquel profesor, con quen conxeniei á perfección dende o primeiro momento. Non obstante, naquelas clases sentinme máis dunha vez observada con estrañeza: as rapazas da miña idade, veña a prepararse en piano e en canto, e eu…ó saxofón. E que ben se me daba! …

Vilagarcía de Arousa, 8 de marzo de 1978. Veciños e distintas asociacións culturais xunto coas maiores autoridades, reúnense na praza maior da cidade. Toma a palabra o señor alcalde: Queridos cidadáns: É un gran motivo de satisfacción que nos reunamos aquí falecemento. Dona Amalia, como todos vostedes saben, enriqueceu a vida cultural e social deste país. Logo de rematar o Bacharelato, conseguiu, con moito tesón, estudar a carreira de Música converténdose na primeira saxofonista de España. Logrou despois con enormes dificultades sacar unha praza no Conservatorio Superior de Madrid, ata que se trasladou ó de Vigo, que era a súa maior ilusión. Paralelamente aos seus estudos de música, Amalia loitou con gran afán polos dereitos das mulleres: organizou varias asociacións clandestinas contra o machismo, creou un espazo onde impartiu clases a mulleres con recursos limitados e mesmo liderou unha revolta de mulleres traballadoras que a levou ó cárcere. Alí mesmo, Amalia continuou o que era un deber 4 para honrar a memoria de Amalia Robles Veiga, agora que se cumpre o noveno aniversario do seu

para ela ensinando a ler ás reclusas, organizando funcións teatrais e, por suposto, facendo o que verdadeiramente lle apaixonaba: tocar o saxofón. O cancro apoderouse dela. Pero dela quédanos o exemplo, o exemplo no querer, no poder, no facer. Por iso, e xa para rematar, teño a ben comunicarlles que a corporación deste municipio acordou honrar o súa persoa dedicándolle unha praza da cidade: A Praza “Amalia Robles Veiga”.

FIN
Asinado: Lúa chea. Ourense, maio 2011

5

6

You're Reading a Free Preview

Descarga
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->