Está en la página 1de 13

TEMA 9

POBOACIÓN E POBOAMENTO EN
ESPAÑA E EN GALICIA

1
1. OS INDICADORES DEMOGRÁFICOS
1.1. AS FONTES DEMOGRÁFICAS
Para saber cantas persoas viven nun lugar e como son, elabóranse uns
rexistros que constitúen fontes fundamentais para o estudo da
poboación. En España, os máis importantes son o censo, o padrón
municipal e o rexistro civil.

1.2. AS TAXAS DEMOGRÁFICAS

2
1.3. AS PIRÁMIDES DE POBOACIÓN
• Son gráficos de barras que representan a estructura da poboación por
grupos de idades e por sexos.
• As partes dunha pirámide de poboación:

• A forma que poden presentar:

3
2. EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ESPAÑOLA

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN GALEGA

4
3. CARACTERÍSTICAS ACTUAIS DA POBOACIÓN

BAIXA BAIXA ELEVADA


MORTALIDADE NATALIDADE INMIGRACIÓN
(8 ‰) (10,5 ‰) (9 % da poboación)

CRECEMENTO
NATURAL DÉBIL

ENVELLECEMENTO CRECEMENTO REAL DIVERSIDADE


DA POBOACIÓN POSITIVO DA POBOACIÓN

5
6
EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ESPAÑOLA A TRAVÉS DAS PIRÁMIDES

CONSECUENCIAS DO AVELLENTAMENTO DA POBOACIÓN


•Aumento da poboación dependente, o que provoca que aumenten os gastos
sanitarios, en pensións e asistenciais.
•Falta de relevo xeracional, o que pon en perigo o mantemento do
denominado “estado do benestar”.

4. O CONTRASTE DE DENSIDADES
4.1. A DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN EN ESPAÑA
• España, con 43.197.684 habitantes, ocupa o quinto lugar por volume total
de poboación dentro do contexto da Unión Europea. Os 85,3 hab/km2 de
densidade media colócana por baixo da media actual, lonxe dalgúns dos
países da súa contorna, como Países Baixos, Alemaña, Reino Unido ou
Italia, que se achegan ou superan os 200 hab/km2.
• Tradicionalmente, a poboación española repartiuse de modo desigual sobre
o territorio. Eses desequilibrios son visibles a tres niveles:
– Entre Comunidades Autónomas. Catro Comunidades, Andalucía, Cataluña,
Comunidade de Madrid e Comunidade Valenciana, que ocupan a sexta
parte do territorio, concentran o 57 % da poboación. Pola contra, Castela e
León, Castela-A Mancha, Aragón e Estremadura, que comprenden algo
máis da metade da superficie, albergan tan só ao 15 % da poboación.
– A escala provincial. Algunhas provincias, como Soria ou Teruel, teñen
densidades inferiores aos 10 hab/km2, mentres que outras, como Madrid ou
Barcelona, exceden os 650 hab/km2. En xeral, as provincias interiores,
excepto Madrid, están menos poboadas que as litorais e insulares.
– Dentro de cada provincia. Na maior parte das provincias, a poboación
concéntrase nas cidades, sobre todo na capital, mentres que o campo está
case despoboado. Así por exemplo, Zaragoza concentra ao 71 % da
poboación da súa provincia e ao 51 % dos habitantes de Aragón.
• O principal resultado é que a poboación española é eminentemente urbana:
máis das tres cuartas partes dos habitantes residen en núcleos con máis de
10.000 habitantes.

7
• A distribución da poboación no territorio responde a numerosos
factores, entre os que destacan:
– Os de carácter económico: o desenvolvemento da económico
dunha zona actúa como factor de atracción da poboación e fai
aumentar a densidade do seu poboamento.
– Os de carácter xeográfico: o relevo e o clima inflúen no
asentamento da poboación. A orografía elevada e de forte pendente
dificulta o desenvolvemento das actividades económicas e as
comunicacións. Respecto ao clima, as áreas de clima benigno están
máis poboadas que as de clima máis extremado.

8
4.2. A DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN EN GALICIA
• Galicia ten 2,75 millóns de habitantes, o que supón aproximadamente o
6,4% da poboación española.
• As áreas menos densamente poboadas localízanse no interior, que inclúe
case todo Lugo, Ourense e as comarcas orientais da Coruña e
Pontevedra. Máis de dous terzos dos galegos residen en municipios
superiores aos 10.000 habitantes, é dicir, urbanos.
• Dos 315 municipios que ten a Comunidade, 55 contan con máis de 10.000
habitantes. Deles, sete superan os 50.000 habitantes: Vigo (292.566), A
Coruña (243.902), Ourense (109.475), Santiago de Compostela (92.339),
Lugo (91.158), Ferrol (78.764) e Pontevedra (77.993).
• No caso de Lugo, Ourense e Pontevedra, trátase de capitais de provincia;
o seu crecemento foi consecuencia do proceso de concentración da
poboación provincial ao redor da capital nas pasadas décadas debido ao
éxodo rural. O incremento demográfico de Vigo e Ferrol débese ao
dinamismo das actividades portuarias e industriais.
• En Santiago de Compostela, a universidade e o seu papel como capital
autonómica e como mercado gandeiro explican o seu crecemento. No
caso da Coruña, coinciden a capitalidade provincial, o dinamismo do
tráfico portuario e a actividade industrial.

9
5. A POBOACIÓN ACTIVA E A SÚA DISTRIBUCIÓN

• Tendo en conta a actividade económica, a poboación divídese en


dous grandes grupos:
– A poboación activa é a que exerce ou pode exercer unha profesión
ou traballo remunerado. Dentro da poboación activa diferénciase
dous grupos: os ocupados e os parados .Os ocupados son as
persoas que teñen un traballo e os parados son as persoas que
buscan emprego. O paro é moi elevado nos países
subdesenvolvidos e comezou a medrar nos desenvolvidos a partir da
crise de 1973.
– A poboación inactiva reúne aos que non exercen unha profesión
remunerada e dependen dos activos. Son os nenos, os estudantes,
os xubilados, etc.

10
POBOACIÓN OCUPADA POR SECTORES ECONÓMICOS

6. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS
6.1. AS MIGRACIÓNS EN ESPAÑA
España foi tradicionalmente un lugar de emigrantes (durante séculos
emigrouse a América latina e a Europa), pero producíronse algúns
cambios significativos:
– A emigración a Latinoamérica iníciase con maior fluidez a mediados
do século XIX e increméntase no século XX, ata finais da década dos
50 (países novos como Arxentina, Cuba, o Brasil e, posteriormente,
Venezuela demandaban man de obra pouco cualificada).
– A partir da década dos 50, iníciase a emigración cara aos países de
Europa occidental en plena expansión económica, como Alemaña,
Suíza ou Francia. Era unha emigración eminentemente rural e
temporal.
– A partir de 1974 comeza un proceso de retorno de moitos emigrantes
e descendentes de emigrantes debido á crise económica.
– Durante os séculos XIX e XX iniciouse o éxodo de poboación rural
cara ás cidades industriais (Barcelona, Madrid, País Vasco e
Valencia). A poboación foise concentrando na súa periferia, atraída
polo desenvolvemento industrial desde mediados do século XIX.
– A partir da década de 1950 intensifícase o éxodo rural cara aos
grandes núcleos industriais, o que provocou un avellentamento das
áreas rurais e unha renovación das urbanas.

11
Hoxe, España converteuse nun país de inmigrantes, onde viven máis de
tres millóns e medio de estranxeiros, o que supón case o 10 % da
poboación total. As características que definen a inmigración en España
son:
– Homes, mulleres e os seus descendentes veñen na procura dun
traballo, en moitas ocasións como emigración clandestina e chea de
dificultades. A maioría proceden de América latina, países do leste
europeo, do norte de África e da África subsahariana.
– Existe un tipo de inmigrantes que son xubilados de países do norte de
Europa e que procuran un clima benigno.
– Existe tamén unha serie de inmigrantes que son persoas de grande
cualificación laboral.

Actualmente en España saldo migratorio é positivo e algunhas


consecuencias deste feito son:
– Contribúen ao crecemento da poboación: dos máis dos 45 millóns de
habitantes que ten España, máis de catro millóns son estranxeiros (o
10 % da poboación). Isto débese en parte á alta taxa de fecundidade
da poboación inmigrante, o que frea o avellentamento da poboación
xeral, enche as escolas e asegura a poboación activa necesaria para
o futuro.
– A poboación inmigrante traballa sobre todo na agricultura e no sector
de servizos (tarefas domésticas, coidado de dependentes, ao que se
dedica a maior parte das mulleres inmigrantes, servizos de
restauración, vixilancia urbana, etc.). Perciben salarios baixos e
moitas veces carecen de papeis.
– Contribúen a manter o sistema de pensións, a seguridade social e a
educación, xa que pagan os seus impostos.
– A chegada de inmigrantes pode en ocasións provocar problemas de
integración, debido ás diferenzas culturais. En momentos de crise,
eses problemas dispáranse. Os emigrantes atopan dificultades para
atoparen vivendas ou para se integraren na sociedade. Os máis
novos teñen problemas de integración nas escolas e no sistema
educativo.

12
6.2. AS MIGRACIÓNS EN GALICIA

• Galicia foi tradicionalmente un país de emigrantes (ata 1950 predominou


a emigración cara a América e, a partir dos anos 60, a Europa: Alemaña,
Francia e Suíza) .

• Ao mesmo tempo, produciuse un éxodo desde as zonas rurais cara ás


cidades galegas, cara á costa e cara ás cidades industriais do resto de
España (Barcelona, Madrid e Bilbao).

• Actualmente, o movemento emigratorio, aínda que non desapareceu


totalmente, freouse e Galicia comezou a vivir un novo fenómeno: a
recepción de inmigrantes procedentes de Latinoamérica, norte de África,
África subsahariana e países de Europa do leste.

13

También podría gustarte