Está en la página 1de 3

O CREADOR DE SOMBRAS

Cando Xurxo tiña sete anos vivía cos seus papás e coa súa irmá Claudia na

cidade de Ourense. Xurxo sempre foi un neno de boas notas ao que lle

encantaba ler . Unha vez lera nun libro que a súa cidade fora construida

polos Romanos, cando estes descubriron unha fonte da que manaba auga

quente. Esta historia deixouno abraiado ata o punto de non querer ler nada

máis que vellos relatos de Romanos. Tal vez, por iso, cando xa non lle

quedaban libros que ler, comezou a debuxar sombras: sombras de

crocodilos, sombras de leóns, sombras de xirafas, e tamén a sombra dun

dinosauro.

Unha noite de chuvia, mentres Xurso dormía, as sombras comezaron a sair

de amodo das cuadrículas do caderno onde Xurso as tiña debuxado. Pola

mañá temprano encontrounas recostadas enriba da alfombra do seu cuarto

mirándoo fixamente sen facer ningún ruido. Estaban cheas de vida e o

dinosaurio movía a súa testa con moita simpatía. Xurxo apenás podía crelo,

pero como había que facer algo decidiu montar un circo. En realidade tiña

animais de abondo.

- Domareinos –pensou – gañarei moito diñeiro e serei o neno máis

famoso do mundo.

Esta tarefa, en cambio, no era nada doada, e unha vez a xirafa, que debía

estar famenta, chegou a comerse un mechón do pelo de Xurxo, crendo que


se trataba da follas que colgaban dunha árbore. Xurxo moi enfadado

golpeuna cun latígo e gritoulle: - Xa esta ben, agora terei que volver ao

perruqueiro outra vez,e iso que xa me cortei o pelo fai só dúas semanas.

Un intre despois, Xurxo que tiña un gran corazón, estáballe pedindo perdón

ao animal.

Cando, por fin, o circo estivo listo para a primeira función, as sombras

cansas de tanto adestramento decidiron durmir todo o tempo e non actuar.

O público enfadouse moito e non paraba de chillar:

- ¿Onde están os animais do circo?

¡ Pobre Xurxo! Poñer en marcha un circo non era tan fácil como el pensara.

As sombras non lle facían ningún caso. Estivo moito tempo pensando

como podería resolver o problema sen atisbar a solución. De repente veulle

aos miolos a idea de facer un casting e puxo mans á obra:

- Este non, este non, ese tampouco, este si, este non, aquel quizais. Vaia

isto do casting funciona.

E así estivo ata que escolleu a trece homes e a catro mulleres. Con todos

eles fixo un circo de verdade con trapecistas, domadores, equilibristas,

malabaristas e incluso un pallaso, aínda que as auténticas estrelas eran as

sombras. Gracias a elas, o público de todo o mundo quedaba apampado e

aplaudía ata que lle doían as mans.

Unha mañá de primavera as sombras desapareceron da carpa. Por máis que

as buscaron nunca máis se soubo delas e iso que a policía secreta


investigou a súa desaparición. Uns xornais publicaron que as secuestraron

para pedir un rescate. Outros dixeron que coma eran sombras

desapareceron sen deixar ni unha soa pegada. De calquera dos xeitos

nunca máis se soubo delas.

Xurxo despertou, tras unha axitada noite de pesadelos, cando a súa nai

encendeu a luz do dormitorio. Levantouse cunha estrana sensación. Estaba

canso como se regresara de percorrer o mundo. Foi directo a mesa de

estudo e algo nervoso abriu o caderno de cuadrículas. Alí estaban as

sombras todas, tal como o día anterior el mesmo as debuxara.

Alexandre Rodríguez Blanco

1º PREMIO EDUCACIÓN PRIMARIA

(II CONCURSO DE CONTOS DA FEDERACIÓN MUNICIPAL DE

ENSINO PÚBLICO DO CONCELLO DE OURENSE).

ABRIL, 2008.

También podría gustarte