Está en la página 1de 30

Grupo municipal PSdeG-PSOE

AO SR. ALCALDE DO CONCELLO


DA POBRA DO CARAMIÑAL

DEPARTAMENTO DE URBANISMO
ASUNTO: ALEGACIÓNS Á AMPLIACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA TOMADA

MARÍA TERESA GARCÍA GUILLÁN, titular do D.N.I. núm. 78.780.289-E con domicilio a
efectos de notificacións en Mirandela, n.º 119 desta Vila, concelleira do Grupo Municipal
Socialista (PSdeG-PSOE) e en representación do mesmo, comparece, e como mellor
proceda en Dereito, EXPÓN:

Que o pasado 16 de febreiro de 2011, se publicou no Diario Oficial de Galicia -DOG- n.º 32
a apertura por prazo de dous meses do trámite de información pública do Plan Parcial do
solo urbanizable industrial denominado SURD I.1 (ampliación do Polígono Industrial da
Tomada), aprobado inicialmente por resolución do Sr. Alcalde de 8 de febreiro de 2011.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de


ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), en relación coa
Disposición adicional cuarta da referida norma, e do artigo 86 da Lei 30/1992, de 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, por medio do presente escrito formúlanse as seguintes

ALEGACIÓNS

ÍNDICE
Primeira.- Falta de oportunidade
Segunda.- Preterición do río Xunqueiras
Terceira.- Extralimitación na ordenación
Cuarta.- Saneamento das augas residuais e pluviais
Quinta.- Falta de protección contra incendios das masas forestais
Sexta.- Preservación do patrimonio arqueolóxico
Sétima.- Integración da ampliación no polígono no contorno
Oitava.- Falta de identificación dun dos afectados
Novena.- Erros e defectos menores
1
Primeira.- FALTA DE OPORTUNIDADE.- I.- O SURD I.1 naceu á realidade xurídica no
Plan Xeral de Ordenación Municipal de 2007 (PXOM), aprobado definitivamente por Orde
da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (CPTOPT) de 3 de
xullo de 2008 (DOG n.º 168, de 1 de setembro de 2008).

Este PXOM ven a outorgar ao solo delimitado na zona de A Gándara unha clasificación
que non é acorde nin coa súa situación natural, nin coas necesidades reais de solo
industrial desta vila, e ven a legalizar unha instalación industrial construída no seu día en
solo rústico de especial protección forestal que ten orde de demolición, decretada por
resolución de 13 de marzo de 2006 da CPTOPT, confirmada posteriormente por Sentencia
do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 24 de setembro de 2009, e por Auto do
Tribunal Supremo de 25 de novembro de 2010.

A propia forma xeométrica do trazado nos planos da ampliación do polígono industrial, de


perfís totalmente asimétricos e en absoluto acordes coa realidade física do terreo, ven a
confirmar a vontade municipal de amparar baixo unha nova formulación do planeamento
urbanístico xeral unha edificación ilegal de gran envergadura, actuación que vulnera a
seguridade xurídica e supón unha quebra da igualdade entre todos os administrados e
unha clara discriminación ás clases traballadoras, xa que obsta dicir que unha actuación
desta índole (cun custo calculado en 4.754.740,60 €, dos que como mínimo 226.880,16
euros serán de beneficio industrial pola construción) non se levaría a cabo para a
legalización dunha obra irregular de menor entidade realizada polos veciños.

II.- Esta obra, que supón a ampliación da edificabilidade do polígono de A Tomada


existente en 62.580 m2 (dos que preto de 20.000 m2 están xa ocupados polas obras ilegais
con orde de demolición anteriormente sinaladas, e que virían a ser legalizadas), non colma
as necesidades futuras de solo industrial da vila. Tal é así, que a propia administración
autonómica ten moi avanzado un proxecto de parque empresarial entre os termos
municipais de Ribeira e A Pobra (comunmente denominado “macropolígono”), de entre
800.000 m2 e 1.000.000 m2, cun custe aproximado de 47.000.000,00 euros segundo a
Xunta, e que absorberá a demanda de solo industrial da súa área de influencia.

Se os estudos de viabilidade realizados pola Xunta de Galicia ao largo destes últimos anos
son certos, cousa que non se pode dubidar tendo en conta o volume de investimento que

2
comporta o “macropolígono”, a asunción do custe da ampliación do polígono da Tomada -
taxada no Plan Parcial sen prexuízo de posibles desviacións futuras en 4.754.740,60 €-,
resulta un gasto absolutamente desproporcionado nesta época de crise económica,
máxime tendo en conta que o “macropolígono” se vai a realizar no lugar de Moldes, a
escasos metros do lugar onde se proxecta a ampliación do actual.

Por outra banda, as supostas sinerxias que reducen o custe da ampliación, que segundo o
Plan Parcial se verá beneficiada das conexións e infraestruturas do polígono actual
(accesos, instalación eléctrica e de auga, sumidoiros, redes de comunicacións) resultan
como pouco esaxeradas, toda vez que unhas obras para a creación de case 100.000 m2
brutos de terreo custan máis do 10% do que custará o “macropolígono” que é un 1000%
máis grande e que non gozaría desas supostas vantaxes estratéxicas que reducen o custe
da urbanización.

Do mesmo xeito ambas infraestruturas, en lugar de resultar complementarias, van supor a


dilución do esforzo inversor e a diseminación da oferta de solo industrial, cunhas perdas de
eficiencia irrecuperables que comprometen a efectiva realización do futuro “macropolígono”
por quebra do seu equilibrio financeiro, canto menos no 10% do capital equivalente ao
fluxo de investimentos que supón a ampliación do polígono da Tomada.

É preciso ter en conta que o “macropolígono”, por tratarse dunha infraestrutura moderna
concibida dende os actuais estándares tecnolóxicos e medioambientais, non padecerá as
patoloxías que presenta actualmente o polígono da Tomada e que irremediablemente se
contaxiarán á ampliación proxectada, agravando a súa problemática avalada por un nutrido
historial de vertidos.

III.- Polos motivos expostos, se ben a administración goza de discrecionalidade no


exercicio da potestade de planeamento, os criterios obxectivos nos que basea esta
decisión de tan amplo calado e impacto ambiental e socioeconómico parecen errados e
acredores dunha falta de xestión estratéxica por parte do Concello.

A ampliación non colma as necesidades de solo industrial da Pobra do Caramiñal a medio


e longo prazo, motivo polo que as propias determinacións nas que se xustifica o Plan
Parcial resultan erradas de base, xa que chega incluso a xustificar a conveniencia e
oportunidade da ampliación na súa condición como única zona industrial da vila (p. 65 do

3
informa de sustentabilidade ambiental), outorgándolle unha condición da que carece xa na
actualidade e que non resulta sustentable en termos económicos a medio prazo, salvo que
a vontade municipal sexa o desmantelamento do resto do tecido industrial da vila
“deslocalizado” con respecto ao polígono da Tomada, creando solo por medio de
sucesivas modificacións do planeamento xeral para realizar ampliacións dun único
polígono industrial para ir absorbendo a demanda. A propia Xunta de Galicia, dende a
perspectiva integradora da economía galega no seu conxunto propia dun organismo
supramunicipal, bota por terra estas xustificacións cos seus proxectos para o
“macropolígono” Ribeira-Pobra.

Segunda.- PRETERICIÓN DO RÍO XUNQUEIRAS. I.- Nos terreos nos que se proxecta
ampliar o polígono industrial discorre un río denominado Xunqueiras, afluente do río Morto,
que non aparece nos planos do PXOM por motivos que escapan ao común entendemento,
pois é un río perfectamente visible, de curso e fluxo constante e cuxa existencia resulta
notoria para o conxunto dos veciños da zona, pero non para as administracións.

Non obstante, o promotor do polígono, a empresa SIGALSA, tomou consciencia da


existencia do mesmo, toda vez que o equipo redactor do Plan Parcial recolle a existencia
do que denominan un “rego”, cuxo curso introducen nos planos, se ben non nace en
ningures nin desemboca en ningunha parte, co que segundo o equipo redactor non ten nin
principio nin final, e só ten unha parte intermedia que discorre polo ámbito da ampliación e
que ademais vai a ser canalizada e desviada, xa que segundo se sinala na páxina 3-3 do
Plan, esta desviación resulta esencial para a ampliación.

II.- A omisión no planeamento da existencia deste río provocaría por si mesma, de


conformidade co disposto no artigo 62 da Lei 30/1992, a nulidade radical tanto do Plan
Parcial na súa totalidade, como do PXOM de que trae causa, neste caso unha nulidade
parcial circunscrita unicamente ás determinacións indebidamente recollidas por causa da
omisión, xa que coa normativa en vigor no momento da súa formulación o solo ocupado
polo río e como mínimo a totalidade da súa zona de policía de 100 metros de anchura,
debera ter sido clasificado polo PXOM como solo rústico de especial protección das augas,
segundo o disposto no artigo 32.2.d) da LOUGA. Resulta nula a clasificación destes
terreos cono solo urbanizable e a súa inclusión no SURD I.1, xa que segundo dispón o
artigo sinalado, é preceptiva súa a clasificación como solo rústico de especial protección

4
das augas continentais por estar situado o río fóra dos núcleos rurais e do solo urbano no
planeamento anterior, como era o caso.

A propia empresa redactora do proxecto de Plan Parcial, unha vez cursada visita ao lugar
e constatada a realidade física dos terreos, consonte as regras da boa praxis profesional
debera ter advertido esta circunstancia e formulado as observacións e reparos
correspondentes á promotora e ao Concello sobre as irregularidades detectadas na labor
encomendada; de non actuar dese modo e consonte os criterios da boa fe, a súa omisión
pode supor as responsabilidades contractuais, administrativas e profesionais a exercitar
polo órgano de contratación, pola administración competente e polo colexio de adscrición
dos profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, sen prexuízo da concorrencia de
responsabilidades penais segundo o disposto na normativa de referencia.

III.- O informe de sustentabilidade ambiental que acompaña o Plan Parcial resulta polo
tanto deficitario por non recoller as afeccións sobre o ciclo hídrico do río Xunqueiras, cuxo
curso vai a ser modificado polas obras. O feito de que o Documento de Referencia para a
avaliación ambiental estratéxica elaborado pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación
ambiental e os informes de Augas de Galicia non inclúan referencia algunha ao río
Xunqueiras, que derivaría do seu descoñecemento da realidade física do entorno por mor
da omisión que co propio Plan Parcial se constata que existe no PXOM, non exime á
promotora das súas obrigas e responsabilidades medioambientais polos danos que se
causen ao medio consonte o disposto na Lei 26/2007, de 23 de outubro, de
responsabilidade medioambiental.

De conformidade co disposto no apartado primeiro do artigo 17 da norma sinalada no


parágrafo anterior, ante a ameaza inminente de danos medioambientais que supón a
realización material da canalización do río Xunqueiras que esixe o desenvolvemento do
SURD I.1 nos termos en que se recolle no PXOM, tanto o equipo redactor do proxecto
coma a promotora deberan adoptar de forma preceptiva as medidas preventivas
apropiadas, que pasarían ineludiblemente pola suspensión da redacción do proxecto e a
advertencia ás administracións implicadas segundo o requirido no parágrafo cuarto do
artigo de referencia, a fin de que adoptasen as determinacións pertinentes que derivarían
nunha posible modificación do planeamento.

5
IV.- A canalización e modificación do curso natural do río, que require sen dúbida a
remoción da vexetación de ribeira, supón un dano medioambiental que no propio informe
de sustentabilidade ambiental, se ben se refire ao río como unha “canle” (páx. 77) se
cualifica como un “impacto negativo, a curto prazo e permanente”.

A Directiva comunitaria 2000/60/CE, de 23 de outubro de 2000, do Parlamento Europeo e


do Consello, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da
política de augas (a cuxos obxectivos máis avanzados se remite na súa integridade o
artigo 1.3 da Lei autonómica 5/2006, de 30 de xuño, para a protección, a conservación e a
mellora dos ríos galegos), así como esta norma autonómica, teñen por obxecto a
prevención do deterioro, entre outras tipoloxías da auga, dos ríos, conceptualizados estes
no número 4 do artigo 2 da Directivo como:
“«río»: una masa de agua continental que fluye en su mayor parte sobre la superficie
del suelo, pero que puede fluir bajo tierra en parte de su curso”.
(versión da disposición en castelán)

Resulta de todo inútil, polo tanto, que se degrade ao río Xunqueiras denominando
pexorativamente ao mesmo como unha “canle”, “regato”, “rego” ou calquera outra que sexa
mester, xa que esas denominacións quedan subsumidas no concepto común europeo de
“río”, sendo acredor o río Xunqueiras da máxima protección que aos ríos lle dispensa o
ordenamento xurídico no seu conxunto.

O propio informe de determinacións a ter en conta para a elaboración do documento de


referencia da AAE emitido por Augas de Galicia (cod. 1146/2010, número de rexistro de
entrada no Concello da Pobra do Caramiñal 7533, de 16 de decembro de 2010) reflicte
expresamente esta protección medioambiental dos cursos fluviais, ao sinalar no último
parágrafo da súa primeira folla e primeiro da segunda que “[…] en todos as ríos sinalados
así como en calquera curso fluvial de menor entidade que discorra pola zona, será de
aplicación a normativa e lexislación de augas, tendo plena vixencia as prescricións
establecidas para o dominio público hidráulico”.

V.- No Plan Parcial configúrase como esencial para a execución da ampliación do


polígono, no parágrafo cuarto da súa páxina 3-3, o desvío do curso do río Xunqueiras:
“A primeira das intervencións necesarias para o desenvolvemento urbanístico do
sector é o desvío do canal de rego que discorre polo medio do ámbito en dirección
oeste-este. A nova canalización adáptase á topografía existente na procura dun trazado
axeitado que garanta a súa integración ambiental.”
6
Esta intervención supón a modificación do curso actual do regato desprazando o mesmo
mediante a súa canalización en sentido sur, conservando a súa orixe e saída natural, a
carón do cal se proxectan unha serie de elementos dotacionais locais compostos por unha
zona verde e unha senda peonil.

O terceiro parágrafo do artigo 32.2.d) da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación


urbanística e protección do medio rural de Galicia (en diante, LOUGA), dispón que “[…] as
correntes de auga de escasa entidade que discorran dentro do ámbito dun sector de solo
urbanizable quedarán debidamente integradas no sistema de espazos libres públicos, con
suxeición ao réxime de solo urbanizable”. Esta previsión, se ben non contempla a
posibilidade de modificar o curso natural do río senón que debera ser a súa contorna a que
se adapte a el, daría carta de natureza á integración do mesmo no sistema dotacional local
contemplado no proxecto de Plan Parcial, feita abstracción da indebida clasificación dos
terreos que deberan ter sido declarados solo rural de especial protección das augas,
declaración que efectivamente o PXOM non realiza.

A expresión “de escasa entidade” constitúe un concepto xurídico indeterminado, se ben o


feito de que a normativa de augas careza de elementos obxectivos que permitan a súa
determinación apriorística, non permite que a indeterminación legal se colme sen
proporcionar medición algunha referente á entidade da corrente de auga; o proxecto de
Plan Parcial debera facer referencia á entidade do regato a desviar con parámetros
obxectivos baseados, canto menos, en medicións ou estimacións do caudal nas distintas
estacións do ano.

Non se fai referencia algunha aos seguintes elementos obxectivos relevantes á hora de
prever o dimensionamento das determinacións protectoras do río, esenciais para realizar
unha correcta avaliación ambiental:
procedencia da fonte do río
características do leito do río
calidade das augas actual e previsión da calidade tras a actuación
caudal medio anual
valor ambiental do río, con especial referencia á flora e fauna que o habita
destino das augas
impacto sobre o réxime hídrico das obras a realizar
7
VI.- A pesar de todo o sinalado, sen existir no Plan Parcial constancia documental dos
caracteres propios do río Xunqueiras, dun xeito sorpresivo o informe de sustentabilidade
ambiental destaca na matriz da súa páxina 70 (repetida na 157) que o impacto da
canalización do río sobre a calidade das augas e sobre o ciclo hídrico resulta positivo.

Amén de que non se sustenta en dato algún, os impactos da actuación sobre o medio
hídrico son sen dúbida os máis graves, máxime tendo en conta que as augas a canalizar
desembocan no río Morto, que á súa vez é tributario da marisma das Xunqueiras,
catalogada no Inventario de Humidais de Galicia creado polo Capítulo III do Decreto
127/2008, de 5 de xuño, co número 1110305:

Cód. IHG Nombre del humedal Superficie (ha) UTM X huso 29T (m) UTM Y huso 29T (m)
1110305 As Xunqueiras 27,79 505864 4716219
Detalle do plano e do cadro extraídos do mapa oficial de humidais publicado polo SIAM:
http://mediorural.xunta.es/fileadmin/arquivos/conservacion_natureza/estudos/corunha.pdf
http://mediorural.xunta.es/fileadmin/arquivos/conservacion_natureza/estudos/CoIHG.xls

Esta valoración do impacto sen lugar a dúbida constitúe unha incongruencia interna do
propio Plan Parcial para co seu propio texto, tendo en conta que o propio ISA se contradí
neste punto concreto, de forma clara e directa, nas seguintes páxinas:
na súa páxina 56, que se repite na 148, sinala entre os obxectivos ambientais a
“protección da vexetación de ribeira”, vexetación que coa canalización do río se vai
a remover na súa totalidade
na súa páxina 77, destaca que o impacto sobre o réxime hídrico é “negativo, a curto
prazo e permanente”, recoñecendo os problemas derivados da canalización do río
na súa páxina 79, que se repite na 158), indica que na fase de execución das obras
se produce unha “afección parcial á naturalidade da rede hidrográfica”

8
Terceira.- EXTRALIMITACIÓN NA ORDENACIÓN.- I.- O Plan Parcial modifica o curso do
río Xunqueiras, mediante a súa canalización en sentido sur, conservando a súa orixe e
saída natural, a carón do cal se proxectan elementos dotacionais locais compostos por
unha zona verde e unha senda peonil. Segundo se detalla nos planos que se acompañan
co proxecto de Plan Parcial, o curso modificado do río describe unha liña serpeante que
entra e sae do ámbito do SURD I.1, concretamente nas áreas que se sinalan mediante
cadros vermellos no seguinte plano extraído do Plan Parcial:

Plano extraído da páxina 202 do documento dixital do Informe de Sustentabilidade Ambiental, no que se
sinalan os puntos nos que se extralimitou do ámbito de desenvolvemento a promotora

Este exceso supón unha vulneración do disposto, entre outros, nos artigos 52.1, 53.1.b), d)
e h), 57.1.a), 59, 62, 63, 64.a), 68, 71, 92, 93, 94, 95, etc. da LOUGA, e provoca a nulidade
de pleno dereito do Plan Parcial en todo en canto se extralimita do ámbito delimitado que
constitúe o seu obxecto de desenvolvemento, ao que deben circunscribirse as súas
previsións.

II.- Segundo dispón o artigo 63 da LOUGA, o obxecto dos plans parciais é a ordenación
detallada dun sector, que neste caso concreto se trata do SURD I.1; porén, o Plan Parcial
desenvolve tamén unha parte do SRPF que linda cos terreos destinados á ampliación do
polígono da Tomada polo PXOM.

9
Detalle do plano e da súa lenda extraído da páxina 124 da versión dixital do PXOM, no que se expresa
graficamente a clasificación como SRPF dos terreos absorbidos polo Plan Parcial, lindantes ao SURD I.1

Esta circunstancia, ademais de supor un exceso na iniciativa de desenvolvemento


urbanístico por parte do promotor, supón que as instalacións que se pretende realizar nos
terreos clasificados como SRPF deben obrigatoriamente contemplarse entre os
autorizables para esta clase de solo segundo a normativa sectorial. A estes efectos, sen
prexuízo do cumprimento do disposto na normativa medioambiental, a norma de referencia
é a LOUGA

As obras a realizar en SRPF, segundo a documentación do Plan Parcial, requiren o


movemento de terras e a alteración da rasante natural do terreo para a instalación de
canles para o transporte das augas desviadas do río Xunqueiras, unha senda peonil e a
plantación de especies arbóreas e arbustivas a modo de pantalla no borde da actuación.

Unha interpretación extensiva das previsións do artigo 33.1.a) da LOUGA, daría carta de
natureza a parte das actuacións de transformación urbanística que se pretenden realizar
no SRPF, en particular as obras de movementos de terras e as requiridas para a
modificación do trazado do río, toda vez que recolle como posibles as seguintes
actividades e usos non construtivos:
“Accións sobre o solo ou o subsolo que impliquen movementos de terra, tales como
dragaxes, defensa de ríos e rectificación de leitos, abalancamentos, desmontes, recheos
e outras análogas”.
10
Sen embargo, a literalidade do artigo é contundente, e as labores interpretativas non poden
desvirtuar a realidade de que as actividades que se pretenden realizar no SRPF non se
poden cualificar como “actividades e usos non construtivos”, como require a norma de
referencia, toda vez que esixen a realización de obras de bastante envergadura
incardinables conceptualmente como “edificacións ou instalacións”, e que requirirán unha
alteración substancial e desnaturalización das condicións do terreo coa instalación de
elementos de fábrica tanto para a condución do río como para a pavimentación da senda
peonil.

Dentro desta liña restritiva, o artigo 35 ven a establecer unha serie de limitacións que
impedirían a realización das actividades de transformación urbanística previstas:
“Artigo 35º.-Limitacións de apertura de camiños e movementos de terras.
1. Non está permitida a apertura de novos camiños ou pistas no solo rústico que non
estean expresamente recollidos no planeamento urbanístico ou nos instrumentos de
ordenación do territorio, agás os camiños rurais contidos nos proxectos aprobados
pola administración competente en materia de agricultura, de montes ou de medio
ambiente e aqueles que obtiveran a correspondente autorización autonómica de
conformidade co disposto no artigo 41 desta lei.
En todo caso, a execución de novas pistas ou camiños que afecten solo rústico de
protección de espazos naturais e de interese paisaxístico estará suxeita á avaliación de
efectos ambientais que prevé a Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de
Galicia.
2. As novas aperturas de camiños ou pistas que se poidan realizar deberán adaptarse
ás condicións topográficas do terreo, coa menor alteración posible da paisaxe e
minimizándose ou corrixíndose o seu impacto ambiental.
3. Con carácter xeral quedan prohibidos os movementos de terra que alteren a
topografía natural dos terreos rústicos, agás nos casos expresamente autorizados por
esta lei.”

No tocante á apertura da senda peonil de nova creación, que discorrerá -tal como está
proxectada- en parte do seu percorrido polo SRPF, segundo dispón o primeiro apartado
do artigo anteriormente transcrito, non estaría permitida por canto se trata dun camiño que
non está expresamente recollido no PXOM, carecendo o Plan Parcial da condición de
instrumento de planeamento apto para a ordenación de terreos situados fóra do seu ámbito
e que non están clasificados como solo urbanizable, e por tratarse dun camiño urbanizado
non se podería considerar “camiño rural” aos efectos de poder ser autorizable pola
administración competente en materia de montes.

11
Polo que respecta ao movemento de terras que precisan as obras de urbanización,
segundo o disposto no apartado terceiro do artigo transcrito, non resultarían autorizables
por tanto non se trata de obras provisionais necesarias para as de construción da
ampliación do polígono da Tomada, senón que se trata de obras de carácter permanente
que se realizarían en SRPF coa clara vontade de obter un maior rendemento ao solo do
SURD I.1 traspasando parte das cargas da urbanización a un terreo colindante. Unha
posible defensa deste proceder baseándose no seu menor impacto ambiental non
resultaría de recibo, por tanto a solución adoptada consume máis solo do que debera,
excedéndose dos límites da actuación.

III.- As obras realizar no SRPF requirirían para a súa efectiva realización, por tanto se trata
de equipamentos públicos, da redacción dun plan especial de dotacións, nos termos
recollidos nos artigos 33.2.h) e 71 da LOUGA, e que resulta preceptiva por canto o
planeamento xeral non contempla previsións detalladas oportunas, segundo dispón o
artigo 68.2 da LOUGA. Este plan especial non comportaría a modificación da clasificación
do solo realizada polo PXOM, e permitiría a coordinación e integración no territorio dos
equipamentos públicos do SURD I.1 coas dotacións públicas do fragmento do SRPF así
desenvolvido, sen precisar unha autorización autonómica previa, segundo o disposto no
artigo 34.4.

Pese a tratarse de usos construtivos non residenciais, non podería aplicarse o réxime
autorizatorio excepcional por medio de licenza directa contemplado no artigo 44.2, en
primeiro lugar e de forma determinante polo (previsible) exceso da limitación de 50 m2 de
superficie total máxima, e en segundo lugar por requirir a redacción dun plan especial de
dotacións segundo o artigo 33.2.g) a fin de que os usos previstos non se cataloguen como
prohibidos pola cláusula residual de nulidade contemplada polo art. 37.3, en relación co
34.1.c). Por outra banda, a ampliación do polígono industrial non se podería cualificar de
infraestrutura ou obra pública, toda vez que o seu promotor SIGALSA é unha empresa
privada que actúa no seu propio interese, por moito que parte do capital subscrito pertenza
á administración.

12
IV.- O Plan Parcial tal e como está redactado ven a reclasificar a parte do SRPF que é
invadida, que quedaría integrada no polígono industrial como parte do seu sistema
dotacional local; en resumidas contas, un solo rústico de especial protección forestal
pasaría a ser urbano unha vez terminadas as obras de urbanización, sen mediar
instrumento de planeamento urbanístico válido.

Esta reclasificación exprésase graficamente nos planos que acompañan ao propio Plan
Parcial, nos que se cualifica estes terreos como espazos libres de uso público, que polo
ámbito de ordenación e polo propio peche perimetral do polígono industrial se integran no
propio polígono industrial:

Plano e ampliación da lenda da páxina 213 do documento dixitalizado do Plan Parcial, no que se recollen a
cualificación das porcións invadidas do SRPF

Sen prexuízo de que o titular dos terreos clasificados como SRPF que se ordenan de
forma irregular sexa a propia promotora do Plan Parcial, segundo se recolle na
documentación, esta condición subxectiva non confire ao propietario do solo a capacidade
de utilizar o Plan Parcial para incidir na clasificación do solo da súa propiedade, como non
pode ser de outro modo, pois a potestade de planeamento corresponde ao Concello con
independencia de quen exercite a iniciativa de planeamento.

13
Plano e ampliación da lenda da páxina 160 do documento dixitalizado do Plan Parcial, no que se aprecia que
as porcións de terreo invadidas do SRPF foron adquirida polo promotor SIGALSA

Que desde a óptica dominical dunha parcela non exista solución de continuidade, non
supón que dende o punto de vista xurídico-administrativo se dilúan as condicións e
limitacións que para cada clase de solo estableza a normativa urbanística, o que implica
que nunha única parcela -sen constituír polo tanto a clasificación unha parcelación- poden
coexistir varias clases de solo das recollidas pola normativa sectorial de aplicación,
taxadas no caso da comunidade autónoma galega no art. 10 da LOUGA.

Así, a vaga xustificación da utilización dos terreos de propiedade de SIGALSA que se


sitúan fóra do ámbito da actuación como apoio da solución proposta -que se contempla na
páxina 3-3 do Plan Parcial-, debera ter en conta a óptica técnico-xurídica dos terreos nos
que se pretende implantar e non só a técnico-económica, baseada en exclusivos termos de
economía da actuación, por moito que se ampare nunha suposta mellor “integración
ambiental”, que se ven a empregar como comodín xustificativo de todas as propostas que
colisionan co dereito sectorial.

Por outra banda, resulta previsible o almacenaxe dos acopios de materiais de obra na
parte da parcela pertencente a SRPF á que se fixo referencia, a pesar das indicacións da
medida n.º 10 de boas prácticas, recollida na páxina 125 do documento dixital do Plan
Parcial, o que supón unha ameaza da desnaturalización dos terreos.

14
Cuarta.- SANEAMENTO DAS AUGAS RESIDUAIS E PLUVIAIS.- I.- O Plan Parcial
incorpora unha serie de solucións para o tratamento das augas pluviais e residuais que
resultan ineficaces por insuficientes, e que causarán a curto prazo serios problemas ao
entorno hídrico do SURD I.1, que veñen agravar os que xa viña causando o polígono, que
se verán incrementados de forma substancial.

O actual polígono industrial adoece de coñecidos problemas no tratamento das augas


residuais, xa que se producen vertidos aos ríos e canles do entorno de forma periódica,
que producen en ocasións malos olores e a tinguidura das augas dos ríos, en particular do
río Morto a través das redes de recollida das augas pluviais.

Sen ánimo de exhaustividade, pódense relacionar as seguintes denuncias, que dan boa
conta da existencia dun problema ecolóxico moi importante que se vai a ver agravado por
mor da ampliación planificada:
Denuncia por vertidos en Pontenaveira. Informe n.º 463/09 Data 08-04-2009
Axentes 210010 e 210008

N.º de rex. 612/09. Data 15-05-09. Dilixencia de comparecencia. Axentes: 210004 e


210006

Informe n.º 610/09. Data 16-05-2009. Asunto: fotos de verquidos descontrolados do


polígono da A Tomada ao río Morto. Axentes 210009 e 210011

Informe n.º 659/09. Data: 21-05-2009. Asunto: vertidos do polígono industrial


Axentes: 210008 e 210013

Informe n.º 479/09. Data 02-06-2009. Asunto: Verquidos do polígono o río Morto
Axentes: 210007 – 210006

Informe n.º 860. Data 09-07-2009 Asunto: verquidos residuales do polígono


industrial da Tomada a río Morto Axente: 210010 DNI n.º 33290980

Informe n.º 878/09. Data 14-07-2009. Asunto: verquidos residuales do polígono


industrial da Tomada a río Morto Axentes: 210014 e A210011

Informe n.º 911/09. data 23-07-2009. Asunto: vertidos do polígono industrial.


Axentes A210010 e A210001

Informe n.º 1056/09. Data 24-08-2009. Asunto: vertidos do polígono industrial.


Axentes: 210006 e 43455890

15
Informe n.º 900/09. Data 02-09-2009. Asunto: vertidos do polígono industrial.
Axentes 210008 e A210001

Informe n.º 135/10. Data 02-07-2010. Asunto: verquidos do polígono da Tomada o


río Morto Axentes: A210015 – A210007

Ref. saída 198/10 Asunto: Verquidos no polígono industrial da A Tomada. Data 07-
10-2010 Axentes: 210002 – A210016

Informe n.º 189/10. Data 22/09/2010. Asunto: Verquidos residuales do polígono


Industrial da Tomada a río Morto Axentes: 210014 – A210010

Informe n.º 195/10. Data 03-10-2010. Asunto: Verquidos do polígono da Tomada o


río Morto Axentes: 210007 – 210011

Informe n.º 46/11. Data 21-03-2011. Asunto: Vertidos do polígono industrial.


Axentes: 210008 – 210010

Previa toma de constancia da existencia destes numerosos vertidos, por parte do Fiscal
delegado de Medioambiente incoáronse as Dilixencias procesuais núm. 447/09, coa
finalidade de estudar a posible comisión dalgún tipo de delito ecolóxico.

Se ben estes vertidos son evitables en gran medida pola adopción de medidas informadas
pola estrita prudencia medioambiental e a posta en funcionamento por parte das empresas
de sistemas de predepuración propios correctamente dimensionados para o volume e
calidades das augas residuais (como fan algunhas das empresas xa instaladas), resulta
sorprendente que coa ampliación non se proxecte a construción dunha depuradora que
axude a paliar ou corrixir estes problemas; antes ao contrario, a ampliación, segundo se
sinala no Plan Parcial, aproveitará os servizos existentes co argumento dunha execución
máis sinxela e máis económica, que denota que a promotora é absolutamente insensible á
problemática actual.

II.- A maior abundamento, a estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Pobra,


non ten capacidade para tratar as augas residuais procedentes do polígono, tanto polo seu
volume como polas necesidades de tratamento que precisa, moi superiores aos das augas
residuais urbanas para as que está deseñada.

16
A EDAR da Pobra foi deseñada para o tratamento de augas residuais urbanas dunha
poboación máxima equivalente de 30.000 habitantes, polo que carece tanto da Fase de
tratamento primario como da de tratamento terciario, polo que non dispón da tecnoloxía
precisa para facer un correcto tratamento das augas residuais procedentes do polígono
industrial, como queda acreditado cos fortes cheiros que produce. Tendo en conta que
está situada a escasos metros da praia dos Areos, de interese turístico e marisqueiro, e
que verte as augas tratadas na ría de Arousa, onde hai importantes recursos pesqueiros e
explotacións de mexillón de acuicultura, as consecuencias de derivar as augas residuais
do Polígono á EDAR son moi graves para o medio ambiente e para a saúde e economía
dos habitantes da vila e da comarca.

Segundo se sinala no Plan Parcial e no informe de Aquagest incorporado na páxina 201


do seu documento dixital, o incremento do volume da demanda de auga por causa da
ampliación do Polígono será de 5,21 l/s, que supón un incremento porcentual dun 58,41%
con respecto ao caudal medio actual do Polígono da Tomada (de 8,92 l/s), co que o
aumento das augas residuais industriais que chegarán ao polígono se incrementará nunha
porcentaxe similar, abstracción feita das perdas por infiltración.

Tras a ampliación, o consumo medio de auga da vila será de 17,57 l/s, dos que 3,44 l/s
corresponderán ao consumo humano (duns dez mil habitantes) o que representa
aproximadamente un 19,58% do consumo total, porcentaxe que podemos prever similar no
tocante ás augas residuais que chegan a depuradora; partindo destas cifras, a depuradora
vai a captar augas residuais das cales máis do 80% presentarán un depurado deficiente
cando sexan vertidas á ría de Arousa por non estar dotada a EDAR das tecnoloxías
precisas para o seu tratamento.

III.- O tratamento de pluviais resulta claramente insuficiente para o volume de augas que
se van a captar, procedente da impermeabilización duns 100.000 m 2, sen prexuízo da
efectiva construción e correcto dimensionamento do pozo de tormentas e a balsa de
decantación ás estimacións de choiva neta. O problema principal radica no destino das
augas pluviais captadas pola ampliación do polígono, xa que segundo se sinala no ISA
(documento dixital, pp. 32, 90 e 144) , estas verteranse “[…] no río Morto a través dun
pequeno regato afluente do mesmo […]”.

17
Ese afluente do río Morto non é un regato, senón unha pequena fonte denominada Fonte
da Pedra, de escaso caudal, circunstancia da que serven de testemuña dúas centenarias
pozas de rega artesanais feitas con terra, que serven aos veciños para acumular auga
para o regadío. Ao derivar cara a el as augas pluviais captadas polo polígono, moi
superiores en volume á capacidade de transporte da fonte, resulta previsible que nas
épocas de choiva se producirá o seu desbordamento e o conseguinte asolagamento dos
terreos lindantes, así como a destrución das pozas artesanais e a contaminación das
augas por arrastre de materiais e substancias procedentes do polígono, que provocarán a
súa ineptitude para a rega.

A maior abundamento, as augas deberán discorrer por terreos privados situados a un nivel
inferior ao do polígono industrial até chegar á Fonte da Pedra, como naturalmente o fan de
forma parcial na situación básica “rural” que teñen actualmente dos terreos, empregando a
terminoloxía do Real decreto lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto
refundido da Lei do solo (TRLS).

Porén, os cursos actuais polos que discorren ocasionalmente as augas pluviais até chegar
aos afluentes do río Morto non pertencen ao dominio público hidráulico, xa que se
conforman con varias parcelas privadas que teñen a condición xurídica de canle de
dominio privado, segundo o disposto no artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 1/2001, de 20
de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, concordante de xeito literal
co disposto no artigo 5.1 do Real decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o
Regulamento do dominio público hidráulico, que establecen de que

“Son de dominio privado as canles polas que ocasionalmente discorran augas pluviais, en tanto
atravesen, dende a súa orixe, unicamente fincas de dominio particular.”

Se ben como consecuencia da orografía do terreo por eses terreos discorren actualmente
augas pluviais, tal condición é predicable case de cada metro cadrado de terreo non
urbanizado, e segundo sexa a intensidade das precipitacións, unha interpretación
extensiva do concepto xurídico indeterminado de “ocasionalidade” recollido no artigo 5.1
das normas anteriormente sinaladas, podería conducir ao absurdo de causar a total
privación do dereito ao aproveitamento propio dos dereitos dominicais pola aplicación das
limitacións nas labores e construcións instauradas polo segundo apartado dos clónicos
artigos de referencia.

18
Toda vez que se trata de fincas privadas, a norma de referencia no tocante á súa
regulación xurídica é o Código Civil, que no seu artigo 552 establece no tocante ás
escorrentas de augas pluviais que:

“Os predios inferiores están suxeitos a recibir as augas que naturalmente e sen obra do home,
descenden dos predios superiores, así como terra ou pedra que arrastran no seu curso.
Nin o dono do predio inferior pode facer obras que impidan esta servidume, nin o do superior
obras que a agraven.”

Sen prexuízo de que do terreo onde se proxecta ampliar do polígono industrial pode verter
naturalmente no tramo que discorre entre o mesmo e a Fonde da Pedra parte das augas
pluviais que recolle, resulta innegable que as obras proxectadas provocarán o aumento do
volume das augas pluviais que reciben os predios situados a inferior nivel, como
consecuencia da impermeabilización da superficie de terreo ocupada pola ampliación do
polígono industrial. Coas obras de movemento de áridos, compactado e posterior
pavimentado da superficie, reducirase de forma significativa as perdas de precipitación por
“evapotranspiración” e por “detracción inicial na superficie”, e suprimirase totalmente a
retención de auga pola “interceptación pola vexetación” e pola “infiltración” no terreo (que
no estado natural debido á súa composición supón unha detracción importante), seguindo
a terminoloxía das Instrucións Técnicas para Obras Hidráulicas en Galicia (ITOHG).

Como consecuencia directa desa redución das perdas de precipitación, a choiva neta que
fluirá cara os terreos situados a inferior nivel aumentará de forma moi acusada, aumento
que proscribe o artigo 552 do Código Civil anteriormente transcrito, toda vez que prohibe
ao propietario do predio superior a realización de obras que agraven a servidume. Se ben
este artigo instaura un dereito de servidume xenérico no que o predio dominante é o
superior e o servinte o inferior (obvio por outra parte por falar de augas naturais, que
discorren sen impulsión artificial pola simple acción da gravidade), tamén dispón
contundentemente que o propietario do fundo dominante non pode realizar obras que
agraven a servidume.

O aumento de volume de auga evacuada producirase pola acción do home, motivo polo cal
os donos dos predios inferiores non teñen o deber de soportar o seu vertido, que queda así
fóra do amparo da servidume xenérica de augas que contempla o Código polos motivos
expostos, polo que a agravación da servidume natural existente supón a constitución de
facto dunha servidume artificial continua e aparente, que como limitación do dereito da

19
propiedade dos propietarios dos terreos debe ser obxecto de constitución formal en
escritura pública ou administrativa para que teña acceso ao Rexistro da propiedade, e
require tamén o pago dunha indemnización en vía convencional ou forzosa. Toda vez que
os custes derivados destas actuacións necesarias non están contemplados na memoria
económica, esta debe modificarse en consecuencia para englobar no seu montante final
estas indemnizacións e custes de inscrición rexistral, que deberán ser obxecto de
valoración pormenorizada.

Cómpre salientar que en tanto non se constitúan formalmente eses dereitos de servidume,
os eventuais danos e perdas causados polas augas nos terreos inferiores, mesmo polo
desbordamento da Fonte da Pedra -toda vez que o vertido causante da mesma non se
atopa amparado polo ordenamento e o prexudicado non ten a obriga de soportar os danos
que por tal causa se lle irroguen-, serían responsabilidade do causante do vertido, en
aplicación da institución da responsabilidade aquiliana na súa vertente civil (ex art. 1902 do
Código Civil) ou administrativa (ex artigos 139 e seguintes da Lei 30/1992), segundo cal
sexa a condición subxectiva do causante no momento de produción dos danos; todo elo
sen prexuízo das accións de cesación que poderían exercer os lexitimados se interesase
ao seu dereito, de conformidade co disposto na Lei de axuizamento civil.

Resulta tamén digno de mención que ao derivar secundariamente ao río Morto as augas
pluviais recollidas, agravaranse os problemas de vertidos, desbordamentos e inundacións
que se experimentan xa na actualidade e que prexudican aos veciños máis inmediatos;
augas abaixo, prodúcense afeccións no marisqueo xa que o río Morto verte no humidal das
Xunqueiras, que desauga á súa vez na praia dos Areos.

Quinta.- FALTA DE PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS DA MASA FORESTAL.-


Segundo se detalla no apartado referido ás características medioambientais da zona
obxecto de ordenación, o entorno ten na actualidade uso forestal (principalmente, a base
de piñeiro e eucalipto, segundo a clasificación do SITGA á que se fai referencia), que se
conservará nos terreos limítrofes correspondentes a solo rústico de protección forestal.

O equipo redactor non tivo en conta esta situación á hora de condicionar a proposta de
ordenación do polígono ás características do entorno no que se implanta, omitindo toda
referencia á Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais

20
de Galicia, que ten incidencia no ámbito de ordenación por canto se trata dunha zona de
aproveitamento forestal. Esta Lei dispón no seu artigo 23.1 que os instrumentos de
planeamento urbanístico deberán ter en conta nas súas determinacións a avaliación de
risco de incendio forestal, en particular nas “zonas de alto risco de incendio”.

O Concello da Pobra do Caramiñal, na totalidade do seu termo municipal, está incluído no


Distrito Forestal IV (Distrito IV Barbanza), que o está á súa vez entre as Zonas de alto risco
de incendios forestais (ZAR), catalogadas polo PLADIGA 2010 (Plan de prevención e
defensa contra os incendios forestais), segundo se pode ver graficamente no seguinte
extracto do anexo de mapas do mesmo:

Extracto do mapa da páxina 11 do Anexo de Mapas do PLADIGA 2010


http://mediorural.xunta.es/fileadmin/arquivos/forestal/pladiga/2010/3_MAPAS_WEB_PLADIGA_2010.pdf

Toda vez que a ampliación da Tomada queda ademais incluída dentro das zonas de
influencia forestal de varias masas arbóreas que non teñen continuidade inmediata coa
trama urbana do Concello da Pobra, resulta preciso e indispensable garantir as medidas de
protección das masas forestais necesarias que eviten ou diminúan o risco de incendio.

21
Resultan polo tanto de plena aplicación as determinacións recollidas no artigo 23.2, que no
seu apartado a) establece a seguinte previsión de carácter obrigatorio para a promotora:

“Asegurar a existencia dunha faixa de protección de 50 metros de ancho ao seu redor, libre de
vexetación seca e coa masa arbórea aclarada, consonte os criterios que se establecerán mediante
orde da consellaría competente en materia forestal”.

Xa que segundo a ordenación proposta non se absorben esas faixas de protección de 50


metros dentro da área delimitada do SURD I.1, estas áreas terán que localizarse no
exterior do perímetro da ampliación do polígono, que SIGALSA, como promotora e titular
da urbanización, ten a obriga de manter libres de vexetación seca e coa masa arbórea
aclarada, por mandato directo disposto no artigo de referencia, de conformidade cos
criterios dispostos na Orde de 31 de xullo de 2007, pola que se establecen os criterios para
a xestión da biomasa vexetal.

Dado que esa faixa de protección non é da titularidade da promotora na súa totalidade,
debe constituírse a servidume forzosa que dispón o artigo 23.4 (que debera ser obxecto de
inscrición rexistral, obviamente a cargo da promotora), que consiste nun dereito de paso
que deberá discorrer pola parte que cause menos prexuízos aos predios que quedan
gravados coa mesma, a fin de que o suxeito obrigado pola lexislación forestal realice as
labores de contención e limpeza da vexetación, que dará lugar, no caso de que existan e
sexan avaliables economicamente, a unha indemnización polos danos e perdas e lucro
cesante que supoña para os propietarios dos terreos afectos pola servidume a súa
constitución e a creación no seu caso dos vieiros necesarios, que serán en todo caso de
conta e cargo do titular do predio dominante, que non é outro que a promotora do
desenvolvemento do SURD I.1, SIGALSA.

Para o cumprimento desta obriga, sen prexuízo do resto de trámites preceptivos, debe
darse audiencia aos propietarios dos terreos afectados a fin de determinar conxuntamente
coa promotora os lugares polos que discorrerá a servidume, a fin de que resulten o menos
gravosas posibles, e tamén coa finalidade de establecer as indemnizacións que
correspondan. Estas indemnizacións e o custe de apertura das vías para a realización das
labores de mantemento non están contempladas no estudo económico e financeiro do Plan
Parcial, que terá que ser revisado a fin de incorporar os incrementos dos custes que se
deriven das mesmas.

22
Sexta.- PRESERVACIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO.- No Plan Parcial non se
fai referencia tampouco, nunha mostra máis da insuficiente e/ou deficiente práctica das
labores de campo realizadas, á existencia dentro do ámbito dun camiño antiquísimo
formado por pedras dispostas a modo de pavimento, que tampouco se recolle no PXOM e
que polo tanto non está entre os bens de interese cultural ou no patrimonio etnográfico ou
arqueolóxico (de ser o caso segundo a súa antigüidade) obxecto de protección.

Resulta non obstante sorprendente que a entidade redactora do proxecto non se decatase
da existencia dese camiño, tendo en conta as labores de campo realizadas -ou que se
deberan ter realizado- para comprobar a realidade física dos terreos delimitados dentro do
SURD I.1 e descartar posibles condicionantes da ordenación proposta, que puideran
convertese en inconvenientes que puideran á súa vez provocar a paralización dos traballos
construtivos no momento da realización efectiva das obras e a modificación do proxecto
quebrando o equilibrio financeiro recollido.

A actuación procedente por parte do promotor ante a presenza do camiño pasa por realizar
as comunicacións á Consellería competente previstas pola Lei 8/1995, de 30 de outubro,
do patrimonio cultural de Galicia, que en atención á entidade e á posible catalogación do
camiño cuxa existencia se indica, resulta preceptiva a teor do disposto no artigo 59 da
norma de referencia, que regula as actuacións dos particulares con respecto aos achados
casuais.

Deste modo evitaríase, aparte das perdas patrimoniais para o Concello e o conxunto da
cidadanía, a concorrencia da situación descrita polo art. 58 que podería dar lugar a unha
situación de urxencia arqueolóxica para preservar o patrimonio e, de ser o caso, a
incursión por parte da promotora -e ulteriormente das empresas encargadas da execución
material das obras- en calquera dos tipos recollidos polo Título IX da norma de referencia,
que recolle o réxime sancionador aplicable á inobservancia do contido da Lei.

Sétima.- INTEGRACIÓN DA AMPLIACIÓN DO POLÍGONO NO CONTORNO.- Ao longo


do ISA, exponse unha serie de xustificacións dunha suposta integración ambiental e social
da ampliación do polígono, que non se darían no caso de optar pola creación dun novo
polígono industrial (obviando dende todas as ópticas posibles o feito de que está en trámite
pola Xunta de Galicia o “macropolígono” de carácter supramunicipal).

23
I.- Mobilidade: no ISA sostense que a ampliación do polígono terá un impacto positivo
sobre a mobilidade, dado que aproveita as boas comunicacións por estrada do polígono.
Porén, a ampliación ven a xerar unha situación máis ben anómala, por canto moitos dos
núcleos máis próximos non teñen un acceso directo, e teñen que dar un gran rodeo para
acceder ao polígono (Pontenaveira, Sobral, Campiño, Canisa, Pontella, Mirandela,
Carrouchas, etc.).

Esta situación resulta incluso aberrante no caso das vivendas situadas no núcleo rural do
sur do polígono da Tomada, que coa ampliación quedarán a escasa distancia do mesmo
absorbendo todos os prexuízos que supón ter instalacións industriais a poucos metros da
vivenda (particularmente inmisións na intimidade do seu domicilio de ruídos e cheiros
constantes día e noite), pero vense obrigados a dar amplos rodeos para acceder ás
instalacións, como se aprecia no seguinte plano viario incorporado na p. 228 do documento
dixital do Plan Parcial:

Plano do viario das conexións do polígono industrial da Tomada. En vermello, sinálase o núcleo rural máis
próximo e o itinerario de acceso ao polígono, pese a que dista escasos metros do mesmo

24
A execución da ampliación do polígono precisaría a realización conxunta dun plan especial
de infraestruturas para unha adecuada vertebración do sistema viario, necesaria para a
súa integración real e efectiva no entorno, dotando ao polígono de accesos polo vento sur
da actuación e, no seu caso, doutra conexión á autovía para un reparto do previsible
aumento de volume de tráfico derivado da implantación de novo tecido industrial.

II.- Aceptación social da ampliación: no ISA sinálase que o impacto sobre a poboación será
positivo a curto prazo (p. 86 do documento dixital), dado que se considera que a
ampliación terá unha valoración positiva pola sociedade, algo do que carecería a
alternativa de realizar unha nova área industrial (que reiteramos xa está en trámite pola
Xunta de Galicia dende fai anos). Esta apreciación do equipo redactor do Plan Parcial é
demasiado subxectiva, e está condicionada pola vontade municipal e da promotora, que
pasa por xustificar a actuación a toda costa, descoñecendo ou omitindo as demandas
veciñais.

Xa con anterioridade á aprobación definitiva do PXOM, que recolle a ampliación do


polígono industrial da Tomada, os veciños e propietarios da zona manifestaron
activamente a súa repulsa á ampliación do polígono, polo cal resulta sorpresivo que agora
se valore o seu impacto social como positivo, e se empregue esa suposta valoración por
parte da cidadanía para xustificar a elección das solucións adoptadas no Plan parcial.

Esa valoración é unha clara perversión da realidade, e mostra un profundo


descoñecemento da realidade social e económica que o ISA pretendidamente estuda polo
miúdo para adoptar as solucións aos problemas atopados; sinxelamente é un disparate por
en boca ou mente dos veciños unha suposta valoración positiva a curto prazo, cando levan
un decenio manifestando o contrario, tanto aos medios de comunicación como ao propio
Concello, como dan conta os escritos presentados no rexistro municipal que seguidamente
se relacionan:

Data: 17/08/2001, rexistro de entrada n.º 4023. Escrito con máis de 600 sinaturas de
veciños e propietarios de bens da zona de influencia do polígono, na que
literalmente se dicía “Mostramos a nosa oposición ao acercamento do polígono
industrial aos núcleos de poboación xa consolidados e dos que xa se encontra
excesivamente próximo.”

25
Data: 30-12-2002, rexistro de entrada n.º 6277. Escrito con 42 sinaturas, no que en
termos similares ao anterior se manifestaba a repulsa á ampliación do polígono da
Tomada.

Data: 10-03-2004, rexistro de entrada nº 1303. Escrito con 113 sinaturas, no que se
solicitaba ao Concello que non realizase a ampliación do polígono industrial da
Tomada.

Data:17-02-2005, escrito selado polo rexistro sen consignación do número de


entrada con 160 sinaturas alegando contra o PXOM, no que se alegaba que “[…]
habida conta que, os núcleos rurais existentes e cercanos ó polígono actual, cursos
de auga, masas forestais, humedais, fontes, patrimonio etnográfico e arqueolóxico
próximo […] fortes desniveles topográficos, tomando en consideración a
comunidade de regantes existente, obrigan a considerar que a zoa prevista para a
ampliación é contraria a utilización racional dos recursos naturais e desenrolo
sostible [… ]”

Existe constancia de que outros moitos veciños presentaron escritos manifestando a súa
desconformidade coa ampliación do polígono industrial, se ben atendendo unicamente aos
escritos colectivos aos que se fixo referencia, constan máis de 915 sinaturas en contra da
ampliación, que representa un volume considerable de opinión para unha vila duns 9.848
habitantes, se ben resulta evidente a alta probabilidade de que algúns dos asinantes
asinase máis dun dos escritos.

Oitava.- FALTA DE IDENTIFICACIÓN DUN DOS AFECTADOS.- Como deficiencia


peculiar que merece un tratamento diferenciado, atopámonos con que na páxina 157 do
documento dixital do Plan Parcial -que se corresponde coa folla número 7 do seu Anexo 3,
na que se atopa a relación de parcelas afectadas polo Plan Parcial e os seus titulares en
cumprimento do disposto no artigo 86.1.a) da LOUGA-, aparece como “Desconocido” o
titular da parcela numerada co número 10. Esta forma de expresar a titularidade resulta
estraña e debera ser obxecto de revisión e, no seu caso, de aclaración.

O artigo 86.1.a) da LOUGA dispón que a relación de titulares das parcelas afectadas polo
Plan Parcial obterase dos datos obrantes no Catastro, e na normativa interna que regula a
forma de consignación das titularidades na relación de bens inmobles da Base de Datos
Catastral, non figura “Desconocido”.

26
En aplicación das circulares da Dirección Xeral do Catastro, en particular a Circular n.º
01.03/2007, de 13 de febreiro, os bens inmobles dos que non se teña constancia de quen
sexa o seu titular, en tanto dure esa situación, na base de datos consignarase "En
investigación artículo 47, de la Ley 33/2003". Resulta evidente que existe unha incorrecta
consignación dos datos, que debera ser obxecto de corrección a fin de evitar unha posible
retroacción do procedemento por causa da indefensión do titular dese predio, toda vez que
ao non constar o propietario, previsiblemente non se terá realizado a notificación
personalizada por parte do Concello que esixe como preceptiva e presuposto de validez
formal o artigo 86, motivo que pode levar á nulidade do procedemento consonte o disposto
no artigo 62 da Lei 30/1992.

É preciso lembrar neste punto que, por tratarse de datos de carácter persoal procedentes
dun rexistro público, que son introducidos -por obriga legal- nun documento que á súa vez
se converte en público (como integrante dun instrumento de planeamento urbanístico, e
que xa foi obxecto de aprobación inicial polo Concello), un tratamento incorrecto desta
información pode dar lugar a serias responsabilidades, xa que aparte das de carácter
administrativo local (e de carácter penal a que puidera haber lugar, de concorrer os
elementos dalgún tipo penal), esta materia está amparada pola Lei orgánica 15/1999, de
13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e o seu Regulamento,
aprobado por Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, normativa que contempla
duras sancións económicas pola infracción das obrigas na xestión dos datos, que van
dende os 900 até os 600.000 euros, en función da estimación de gravidade realizada pola
Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Novena.- ERROS E DEFECTOS MENORES.- I.- O Plan Parcial adoece dunha serie de
defectos menores, algúns de carácter meramente formal e o outros de carácter material,
que deben ser corrixidos:
repítese en varias ocasións que unha das conexións por estrada realízase por
medio dunha vía rápida (tipoloxía de vía suprimida en 2003), que na actualidade e
tras unha reforma importantísima tanto polo volume das obras realizadas como polo
volume de investimento realizado, se corresponde coa autovía AG-11. Documento
dixital do ISA: pp. 16, 64, 137, 156; documento dixital do Plan Parcial: pp. 12, 22.

27
Referencia ao lugar da “Hirandela”, en lugar do microtopónimo correcto Mirandela.
Documento dixital do ISA: pp. 30, 143; documento dixital do Plan Parcial: pp. 33, 46

Numeracións incorrectas dos apartados e subapartados ao longo dos documentos,


que dificultan a procura analítica. Así, por exemplo, no documento dixital do ISA
repítese o apartado “6.1.2.1” ademais de no seu lugar correspondente, a p. 42, nas
pp. 51, 58 e 63, en lugar de adoptar a numeración correlativa que lles corresponde.

Prodúcese unha confusión entre “flora” e “fauna”, que supón que se cualifique a
fauna da zona como “especies de repoboación e monte baixo” (p. 84 do documento
dixital do ISA)

II.- Pola súa especial entidade, este defecto merece unha atención particular: na páxina 58
do documento dixital do ISA, no seo do estudo do ámbito socioeconómico no que se
encadra a actuación proxectada, recóllese unha análise demográfica, análise que se
considera textualmente “[…] un dos parámetros determinantes á hora de realizar calquera
análise socioeconómica […]”.

Pese a esta importancia que se lle outorga polo propio documento, e que xustifica en certa
medida a inclusión deste apartado (obriga de inclusión que se recolle na p. 8 do
Documento de referencia para a avaliación ambiental estratéxica), a redactora non
responde aos seus propios obxectivos, por canto emprega datos que non se poden
cualificar de outra cousa que de inservibles.

Na páxina 58, incorpórase o seguinte cadro de valores, no que se reflicte, segundo se


indica no propio texto do documento, “[…] un resumen dos datos demográficos a nivel
rexional e da provincia de A Coruña na que se empraza a actuación […]”:

28
Resulta absolutamente carente de rigor e de pudor introducir e cualificar como “datos
demográficos a nivel rexional”, xunto cos datos da Comunidade Autónoma e os da
Provincia, os das localidades de as Pontes e As Somozas.

As localidades a cuxos datos demográficos se debera referir a modo comparativo serían os


de localidades da península do Barbanza, por ser datos rexionais do contorno demográfico
da localidade; en lugar proporcionarse datos de Ribeira, Boiro ou Rianxo (localidades coas
que se comparte liña de costa na ría de Arousa), preséntanse como propios da rexión os
de As Pontes e As Somozas, localidades da área de influencia do eixo Ferrol-Vilalba, que
distan entre si segundo os mapas de estradas en só 16,4 km. (distancia que denota que
ambas localidades se atopan nunha mesma rexión entre si), pero que distan
respectivamente 156,3 km. e 164,1 km. da Pobra do Caramiñal.

Resulta disparatado pretender sacar conclusións dunha comparativa semellante, tendo en


conta as distancias ás que se atopan as referidas localidades, posto que facendo un
itinerario de similar distancia cara a outras zonas de Galicia, poderiamos non só cambiar
de provincia en varias ocasións, senón tamén de país.

En virtude do exposto, ao Sr. Alcalde, S O L I C I T A:

I.- Que tendo por presentado este escrito en tempo e forma, e por realizadas as
apreciacións vertidas no corpo do mesmo, teña por formuladas ALEGACIÓNS CONTRA O
PLAN PARCIAL DE DESENVOLVEMENTO DO SURD I.1, de ampliación do polígono
industrial da Tomada.

II.- Que estimando as alegacións formuladas, se dite resolución pola que se rexeite
aprobar definitivamente o Plan Parcial do SURD I.1, e con carácter de urxencia, se inicie
un procedemento de modificación do PXOM, coa finalidade de suprimir o polígono
delimitado denominado SURD I.1, clasificando esa porción de solo como rústico de
especial protección forestal, e introducindo nas determinacións do PXOM tanto ao río
Xunqueiras como ao camiño centenario de pedra a que se fixo referencia na alegación
Sexta, dotándoos da protección que lles corresponde segundo a súa natureza.

29
III.- Que, con carácter subsidiario ao solicitado no apartado anterior, e estimando as
alegacións formuladas, se resolva denegar a aprobación definitiva do Plan Parcial do
SURD I.1, até en canto non se recollan as determinacións precisas, devolvéndoo ao
promotor para que, se lle interesase en Dereito, presente un novo Plan que respecte a
totalidade da normativa aplicable, sen exceder os límites do ámbito obxecto de ordenación.

É de Xustiza que se solicita, na Pobra do Caramiñal, a seis de abril de dous mil once

M.ª Teresa García Guillán

30