Está en la página 1de 4

Asociación veciñal Pontepedriña

Amor Ruibal 26, Santiago de Compostela


avv.pontep@gmail.com

Fins e actividades da Asociación Veciñal Pontepedriña.

O obxecto da Asociación Veciñal Pontepedriña determínase polos seguintes fins e


funcións:

1. É fin xenérico da Asociación Veciñal Pontepedriña cooperar ao bó funcionamento,


ampliación e mellora dos servizos do barrio, promover a cultura e integración social
dos asociados e veciños, e velar polos intereses e dereitos dos mesmos, e acadar
unha conciencia solidaria coma cidadáns e cidadás.

Son fins concretos da Asociación Veciñal Pontepedriña:


1. Todos aqueles relacionados coa defensa xeral dos seus asociados e veciños
comprendidos no seu ámbito territorial de actuación, especialmente no que se
refire ó problema da situación urbanística do Barrio: rúas, alcantarillado, auga,
alumeado, transporte, tráfico, limpeza, xardíns, patrimonio histórico-artístico, etc.,
así coma o asesoramento aos veciños sobre estas cuestións, e aportación de
propostas de solución ás autoridades competentes.
2. Cooperar ao bo funcionamento, ampliación e mellora das institucións educativas no
barrio, a cuxos efectos poderá cursar as oportunas propostas e informacións aos
organismos competentes.
3. Prestar apoio e asesoramento aos asociados e asociadas ou veciños que así o
soliciten.
4. Promover a defensa do consumidor por tódolos medios legais incluso procurando a
constitución de entidades para este fin.
5. Establecer e fomentar cauces de colaboración coas institucións públicas no
desenvolvemento das súas competencias no que afecte a aspectos do Barrio.
6. Promover a cultura e a integración social dos seus asociados e veciños, así como a
participación activa na dinamización do Centro Sociocultural do Barrio.
7. En xeral, a defensa dos intereses lexítimos do colectivo veciñal do barrio ou das
comunidades do mesmo e a elevación do nivel cultural, social e físico dos seus
asociados.
Asociación veciñal Pontepedriña
Amor Ruibal 26, Santiago de Compostela
avv.pontep@gmail.com

Actividades da Asociación Veciñal Pontepedriña

A dinámica da Asociación articúlase, entre outros, nos seguintes campos de actividades e


actuacións:

1. Actividades cidadás:

• Reivindicar as melloras urbanas, de equipamentos sociais colectivos e as


prestacións de servizos públicos que o barrio precise.

• Promover a realización e melloras de obras de interese público, tales como


urbanizacións, instalacións, abastecementos, sanidade, educación, deportes,
limpeza, vixilancia, tráfico, transportes, etc., así como velar polo bo
estado e funcionamento eficiente destas.

• Informar aos habitantes do barrio sobre as cuestións de interese común,


solicitando a súa opinión para definir as actuacións da Asociación.

• Demandar do Concello, das restantes Administracións Públicas e de


todas as Entidades, se é o caso, as explicacións pertinentes sobre as súas
políticas e iniciativas que afecten aos veciños e veciñas do barrio.

• Sensibilizar aos socios e á veciñanza en xeral en materia de medio ambiente.

2. Actividades culturais:

• Programar, xestionar e, en xeral, fomentar actividades culturais de


carácter permanente nas máis diversas áreas (música, teatro, artes
plásticas, cultura tradicional, biblioteca, etc).

• Organizar cursos, talleres, cursos, ciclos, conferencias, exposicións,


visitas, excursións e outras de análogo carácter cultural.

3. Actividades con colectivos:

• Xuventude:

◦ Propoñer á Administración a adopción de medidas relacionadas cos


problemas e intereses xuvenís.

◦ Fomentar a participación dos mozos no ámbito social.

◦ Contribuír ao desenvolvemento de programas e actividades de animación


Asociación veciñal Pontepedriña
Amor Ruibal 26, Santiago de Compostela
avv.pontep@gmail.com

xuvenil.

• Infancia:

◦ Fomentar a participación dos nenos e nenas na vida do barrio.

◦ Promover o desenvolvemento do ocio educativo e activo dos nenos


mediante
programas e actividades culturais, recreativas, marchas, campamentos, etc.

◦ Procurar a atención á infancia maltratada e desprotexida.

• Persoas Maiores:

◦ Propoñer á Administración a adopción de medidas relacionadas cos


problemas e intereses das persoas maiores.

◦ Fomentar o asociacionismo das persoas maiores e a súa participación na


vida do barrio.

◦ Contribuír ao desenvolvemento de programas de ocio e tempo libre para a


terceira
idade.

◦ Fomentar os servizos sociais de atención domiciliaria para os máis


necesitados.

• Defensa dos consumidores:

◦ Defender os intereses dos veciños como consumidores e usuarios.

◦ Impulsar servizos de consultas e reclamacións sobre consumo.

4. Para o desenvolvemento dos fins descritos, a Asociación configura a súa estrutura


organizativa e operativa en Comisións e Grupos de Traballo, coordinándose
sempre na Xunta Directiva para a mellor defensa e tutela dos dereitos dos
habitantes do Barrio.
Asociación veciñal Pontepedriña
Amor Ruibal 26, Santiago de Compostela
avv.pontep@gmail.com

Actividades a desenvolver no ano 2011.

Captación de socios: A asociación dedicará gran parte da súa capacidade a facerse


coñecida no barrio e a asociar o maior número de veciños e comerciantes posibles.
Levaranse a cabo diferentes acción executadas pola xunta directiva a co fin de captar
base social.

Solución de problemas do barrio: Traballarase activamente en identificar os


problemas de todos os veciños do barrio, formando unha memoria de actuacións
necesarias, que se achegará as autoridades competentes para que actúen sobre eles.
Está previsto manter reunións coas autoridades competentes, tanto para darse a
coñecer mutuamente como para achegar posturas e traballar na mellora dos
problemas existentes.

Celebración da festa do San Xoán: Levarase a cabo a festa do San Xoán nas
dependencias do local sociocultural do barrio. O obxectivo desta celebración será o de
fomentar a cohesión do barrio, facilitar que os veciños se coñezan e animalos a
participar activamente na vida de barrio e nas actividades da asociación.

Recuperación da coral do barrio: Apoiarase a volta da coral existente antano no


barrio, situando o seu local de ensaio no local sociocultural do barrio e apoiándoa moi
estreitamente dende a asociación veciñal.

Teatro para afeccionados: Farase un grupo de teatro afeccionado, dirixido a todo tipo
de idades e en especial a nenos e nenas. Con esta actividade buscase aumentalo uso
das instalacións do centro sociocultural buscando unha actividade sen limites de idade
de participación.

También podría gustarte