OS NENOS Alegres polo campo corredes, rapaciños mui desprocatadiños do tempo que virá.

poñés para as saltar.

Colledes o panterlo, marchás os bebedores, moi ben madrugadores, co visgo para armar.

Folgades no presente xogando e sempre rindo sin ver que vai fuxindo a pracenteira edá.

XOÁN MANUEL PINTOS

O trompo ou a pelota, cometa ou estornela, ben outra bagatela para vós é o mellor.

Cuidades que no mundo non hai outro tesouro, nin vale nada o ouro no voso arredor.

Corredes á paresca, tulé ou garagao, as puchas polo chao

A TERRA A terra durmida sentiu no seu seo disparos de chumbo disparos de xeo.

OS PEIXIÑOS Os peixiños teñen libretiñas verdes de follas molladas envoltas en redes.

Moreas de nenos co seu agarimo, fixeron da guerra un mar de aloumiños.

Don Calamar venme entintar a multicopista se a teño que usar.

E foron as nenas deitando dozura as que converteron o medo en tenrura.

Os peixes recean, érguense ao mencer. Se non en nas loucas heinos suspender.

Meniñas, meniños de tódalas cores cubriron a Terra de beixos e flores. ANTÓN GARCÍA TEIJEIRO

Porque teño brazos con ceros colgando para poñer notas aos peixiños vagos. HELENA VILLAR JANEIRO

PAPAVENTOS MÁXICO Leva-los soños prendidos no cordel Sobes tan alto enredado co vento! espallando maxia de Fisterra ó Courel. Baila, xira! Volta, mira!

MARGA ARUFE

Sempre da infancia amigo fiel, as veces trocado por algún outro invento, pero rexordes das cinzas con novo alento, páxaro alado, con ás de papel! Baila, xira! Volta, mira!

Gaiola de soños e esparexemento! pintor sen lenzo nin pincel! todo iso e máis levas ti dentro, desexado e máxico papaventos.

mentres contan as ondas que non teñen número. TODOS OS NENOS DO MUNDO Todos os nenos do mundo teñen dereito a ter catro avós e catro avoas como catro soles, para escoitar mil contos a carón do lume.

Todos os nenos do mundo teñen dereito a ser un millón de veces felices. ANA MARÍA FERNANDEZ.

Todos os nenos do mundo teñen dereito a xogar as catro esquinas e a ter centos de amigos e a perderes, ás apilladas, entre as casas dos veciños.

Todos os nenos do mundo teñen dereito a ter catro soños e catro castelos construídos na area das súas praias,

CONTOS Encontrei unha princesa nun gran pazo de cristal e un castelo con cen torres e tellados de metal.

Unha osa prateada que sabía cociñar, un león cunha coroa que aprendeu a gobernar e un frautista que levaba ratos e ratas detrás.

Encontrei catro xigantes que gustaban devorar nenos de cabelos loiros cociñados no xantar.

ANA MARÍA FERNANDEZ

se estoupan bombas e fogos.

O MEU ARCO DA VELLA Teño un Arco da Vella. Teño un arco de cores. Ten no teito unha tella ten no leito unhas flores. Teño un Arco da Vella. Teño un arco de risas. Xoga connosco as carreiras empurrado polas brisas. Teño un Arco da Vella. Teño un arco de amores. Feito de bicos semella e pintura dos solpores. Teño un Arco da Vella. Teño un arco de caricias. Dounas, danmas e repito compartimos as ledicias. Teño un Arco da Vella. Teño un arco de arrolos. El entra pola xanela ás veces con algúns choros. Teño un Arco da Vella. Teño un arco de libros. Imos con eles ao campo para que os lean os grilos.

Teño un Arco da Vella. Teño un arco de xogos. Para taparme as orellas

Teño un Arco da Vella. Teño un arco con xiros. Á dereita, á esquerda el guía os nosos navíos.

LOURDES MACEIRAS

AMOR DE MAR

María Manuela saíu mariscar e o mar mariñeiro quíxoa namorar.

De algas mecosas, Fíxolle un mantelo; de escúma miúda medias de modelo.

Namorar namorareime, heime de namorar do mar que me bica no pé e na man: mua-mua-mua. GLORIA SÁNCHEZ

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful