Está en la página 1de 12

Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

TEMA 3: XEOMETRÍA PLANA.-

1. DEFINICIÓNS BÁSICAS.-
Unha recta é unha liña sen principio nin final formada por infinitos puntos.
Unha semirrecta é unha recta que ten principio (un
punto chamado orixe) pero non final.
Un segmento é a porción ou parte dunha recta
delimitada por dous puntos chamados extremos.
Dúas rectas denomínanse:
•Secantes: cando se cortan nun punto.
•Paralelas: se non teñen ningún punto en común.
•Coincidentes: cando todos os seus puntos son co-
múns.
•Perpendiculares: se dividen o plano en catro partes
iguais (forman un ángulo de 90°).

Un
ángulo é a abertura formada por dúas
semirrectas que teñen a mesma orixe. Tamén
podemos interpretar un ángulo como un xiro que
transforma unha das semirrectas na outra. Cada
unha das semirrectas que forma o ángulo
chámase lado, e o punto común, vértice.

Clasificación dos ángulos


Atendendo á posición dos
Atendendo á súa abertura
lados

Dous ángulos poden estar colocados dos seguintes xeitos:


• Ángulos opostos polo vértice: teñen o vértice en común e os seus lados es-
tán sobre a mesma recta.
• Ángulos consecutivos: teñen o vértice e un dos lados en común.
• Ángulos adxacentes: teñen un lado en común e forman, entre os dous, un
ángulo plano.

1
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

• Ángulos complementarios: ao facelos


consecutivos forman un ángulo recto
(suman 90°).
• Ángulos suplementarios: ao facelos
consecutivos forman un ángulo plano
(suman 180°). Os ángulos adxacentes tamén son complementarios.

2. SISTEMA SEXAXESIMAL.-
O sistema sexaxesimal é un sistema de numeración que se emprega, na ac-
tualidade, para a medida do tempo e dos ángulos.
Os ángulos mídense en graos: un grao (°) é a 360-ava parte 1º = 60′
dunha circunferencia. Un grao divídese en 60 minutos (‘), e un minuto
en 60 segundos (“). Polo tanto, danse as equivalencias do cadro da
1′ = 60′′
dereita. 1º = 3600′′
2.1. Forma complexa e forma incomplexa.-
Unha cantidade está en forma complexa cando se expresa en varias unidades
(como 3º 5′ 45′′ ); e en forma incomplexa cando se expresa nunha soa unidade (como
123, 56′ ).
Para pasar de forma complexa a incomplexa empréganse as equivalencias do
cadro anterior.
Exemplo: Pasa a minutos 2º 30′ 54′′ .
2º ⋅60 = 120′
54′′ : 60 = 0, 9′
120′ + 30′ + 0, 9′ = 150, 9′
Para pasar de forma incomplexa a complexa:
• Se nos dan segundos, dividimos dúas veces consecutivas entre 60 e colle-
mos o último cociente e os dous restos:
4000” 60
400 66 60
40 6 1
Así, 4000′′ = 1º 6′40′′.
• Se nos dan minutos, descompoñemos a cantidade en parte enteira e parte
decimal; coa parte enteira, dividindo entre 60, obtemos os graos (cociente) e
os minutos (resto); multiplicando a parte decimal por 60 obtemos os
segundos:
145, 55′ = 145′ + 0, 55′
145 60
25 2
0, 55′ ⋅ 60 = 33′′
Así, 145, 55′ = 2º 25′33′′
• Se nos dan graos, descompoñemos a cantidade en parte enteira e parte
decimal; a parte enteira son os graos; a parte decimal multiplícase por 60 e
obtemos outra cantidade que tamén descompoñemos en parte enteira (serán
os minutos) e parte decimal; esta última parte decimal multiplicámola por 60 e
obtemos os segundos:

2
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

3º

3, 58º = 3º +0, 58º ⇒  34′
0, 58º ⋅60 = 34, 8′ = 34′ + 0, 8′ ⇒ 0, 8′ ⋅ 60 = 48′′
 
Así, 3, 58º = 3º 34′48′′ .
2.2. Operacións no sistema sexaxesimal.-
Verémolas con varios exemplos:
• Suma:

• Resta:

• Multiplicación por un número natural:

• División entre un número natural:

3
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

ACTIVIDADES.-
1.- Expresa en minutos:
a) 5° b) 6,5° c) 1800” d) 150”
2.- Expresa en segundos:
a) 2° b) 6,5° c) 240’ d) 156’
3.- Expresa en graos:
a) 300’ b) 150’ c) 1800” d) 54000”
4.- Expresa en segundos:
a) 3°45’37” b) 30’46” c) 4°3’
5.- Expresa en minutos:
a) 3°45’ b) 4°20’36” c) 450”
6.- Expresa en graos:
a) 45’36” b) 3°4’5” c) 20°50’40”
7.- Expresa en graos, minutos e segundos:
a) 5600” c) 4,5° e) 800,5’
b) 300’ d) 50000” f) 300,525°
8.- Calcula:
a) 36°7’38”+5°20’40” d) 43°10’25”―40°20’35”
b) 25°50’45”+7°12’43” e) 103°30”―25°15’40”
c) 35°13’25”―4°10’40” f) 40°30’30”―20°45’45”
9.- Opera:
a) ( 5º 3′ 45′′) ⋅ 2 d) ( 3º 45′ 36′′) ⋅ 2
b) ( 30º 50′36′′) ⋅ 3 e) ( 45º 2′ 34′′) ⋅ 3
c) ( 50º 25′ 55′′) ⋅ 4 f) ( 3º 55′ 55′′) ⋅ 4
10.- Calcula:
a) ( 45º 32′ 26′′) : 2 d) ( 43º 25′ 8′′) : 2
b) ( 34º 34′34′) : 3 e) ( 2º 35′ 43′′ ) : 4
c) ( 25º 5′ 36′′ ) : 5 f) ( 3º 36′37′′ ) : 5
11.- Un tren chega á estación da cidade B ás 12h26min38s, tras unha viaxe
desde A que durou 2h47min29s. A que hora saíu de A?
12.- Un ciclista inicia o seu adestramento ás 8h24min e inviste 2h36min no
percorrido de ida e 1h56min no de volta. A que hora remata o seu exercicio?
13.- Dispoñemos de 1 hora para preparar 9 tortas. Canto tempo temos para cada
torta?

3. POLÍGONOS.-
Un polígono é unha figura plana e pechada limitada por segmentos. Os ele-
mentos dun polígono son:

• Lados: segmentos que delimitan o polí-


gono.
• Vértices: puntos nos que se unen os la-
dos.
• Diagonais: segmentos que unen dous
vértices non consecutivos.
• Ángulo interior: ángulo formado por dous
lados consecutivos.

4
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

Clasificación dos polígonos


Polos seus ángulos

Polos seus lados e ángulos

Segundo o nº de lados
Nº de Nome
lados
3 Triángulo
4 Cuadrilátero
5 Pentágono
6 Hexágono
7 Heptágono
8 Octógono
9 Eneágono
10 Decágono
11 Hendecágono
12 Dodecágono

A suma dos ángulos dun polígono convexo de n lados é 180º ⋅ ( n − 2) .


3.1. Triángulos.-
Clasificación dos triángulos

5
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

Relacións entre os lados e os ángulos dun triángulo:


• Calquera lado é menor ca a suma dos outros dous lados.
• Calquera lado é maior ca a diferenza dos outros dous lados.
• A maior lado oponse maior ángulo.
• A suma dos tres ángulos dun triángulo calquera é 180°.
Rectas e puntos notables nun triángulo:
• As medianas dun triángulo son as rectas que unen os vértices cos puntos
medios dos lados opostos. Córtanse no baricentro.
• As mediatrices dun triángulo son as rectas perpendiculares aos lados, pa-
sando polo punto medio dos mesmos. Córtanse no circuncentro, que é o
centro da circunferencia circunscrita ao triángulo.
• As alturas dun triángulo son as rectas perpendiculares aos lados que pasan
polos vértices dos lados opostos. Córtanse no ortocentro.
• As bisectrices dun triángulo son as rectas que dividen os ángulos en dúas
partes iguais. Córtanse no incentro, que é o centro da circunferencia inscrita
ao triángulo.

ACTIVIDADES.-

6
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

14.- Calcula a suma dos ángulos dun polígono convexo de 3, 4, 5 e 6 lados.


15.- Indica o número de lados dun polígono convexo se a suma dos seus án-
gulos vale 1260°.
16.- Pódese debuxar un triángulo con dous ángulos rectos? Por que?
17.- Pódese debuxar un triángulo con lados de 16cm, 2cm e 3cm? Por que?

4. O TEOREMA DE PITÁGORAS.-
“Nun triángulo rectángulo cúmprese que o cadrado da hipotenusa é igual á suma
dos cadrados dos catetos.”

a 2 = b2 + c 2

Exemplo 1: Sabendo que, nun


triángulo rectángulo, os catetos miden 3 e
4cm respectivamente, canto mide a
hipotenusa?
b = 3
 ⇒ a = 3 + 4 = 9 + 16 = 25 ⇒ a = 25 = 5
2 2 2

c = 4
Exemplo 2: Nun triángulo rectángulo, un cateto mide 6cm e a hipotenusa 10cm.
Canto mide o outro cateto?
a = 10
 ⇒ 10 = 6 + c ⇒ 100 = 36 + c ⇒ c = 100 − 36 = 64 ⇒ c = 64 = 8
2 2 2 2 2

b =6 

ACTIVIDADES.-
18.- Nun triángulo rectángulo, os catetos miden 5 e 12cm respectivamente.
Canto mide a hipotenusa?
19.- Nun triángulo rectángulo, un cateto mide 7cm e a hipotenusa 25cm. Canto
mide o outro cateto?
20.- Calcula a diagonal dun rectángulo de lados 3cm e 4cm.
21.- Calcula o lado dun cadrado cunha diagonal que mide 14cm.
22.- Un arquitecto quere colocar dous cables para suxeitar unha torre de
comunicación de 80m de altura. Observa a figura e calcula a lonxitude dos cables.

5. O TEOREMA DE TALES.-
“Dadas tres rectas paralelas a,
b e c, que cortan a outras dúas rectas
r e s, os segmentos que determinan
nelas son proporcionais.”

7
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

AB A ' B '
=
BC B ' C '

Exemplo: Calcula x:

2 2, 5 3⋅ 2, 5
= ⇒x= = 3, 75cm
3 x 2
Dous triángulos están en posición de Tales se te-
ñen un ángulo común e os lados opostos ao mesmo
paralelos. Neste caso tamén é aplicable o teorema de
Tales:
AD AE DE
= =
AB AC BC
Exemplo: Calcula x e y na seguinte figura:

5 4 5⋅ 12
= ⇒ y= ⇒ y = 15
y 12 4
5 6 15⋅ 6
= ⇒x= ⇒ x = 18
15 x 5

ACTIVIDADES.-
23.- Calcula x:

24.- Calcula os valores x e y:

8
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

25.- Calcula a lonxitude x = MN :

26.- Calcula x:

27.- Sabendo que Amelia ten unha altura de 162cm, acha a altura do farol.

6. PERÍMETROS E ÁREAS.-
6.1. Perímetros.-
O perímetro dun polígono é a suma das lonxitudes dos seus lados. O perímetro
dun polígono regular de n lados de lonxitude l é P = n ⋅ l.
No caso da circunferencia ou dun arco de circunferencia, falaremos de lonxitude:

9
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

Exemplo 1: Calcula a lonxitude dun arco de circunferencia de 30° e radio 2cm.


2⋅ π ⋅ 2⋅ 30
L= = 1, 05cm
360
Exemplo 2: A diagonal dun cadrado inscrito nunha circunferencia mide 4cm.
Calcula a lonxitude da circunferencia.

r = 2 ⇒ L = 2⋅ π ⋅ 2 = 12,57cm

6.2. Áreas.-

10
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

A área do círculo é A = π ⋅ r 2 .
Exemplo 1: Calcula a área da figura:
A = Atriángulo + Aromboide
7⋅ 6 
Atriángulo = = 21
2  ⇒ A = 21 + 35 = 56
Aromboide = 7⋅ 5 = 35

Exemplo 2: Calcula a área da figura:

A = Acadrado + Amedio círculo


Acadrado = 3⋅ 3 = 9cm2 

 ⇒ A = 12, 53cm
2
π ⋅ 1, 52
Amedio círculo = = 3, 53cm 
2

2 

ACTIVIDADES.-
28.- Calcula a lonxitude das circunferencias cos datos das seguintes figuras:

29.- Calcula a lonxitude dun arco dunha circunferencia de radio 5cm que mide:
a) 45° b) 180° c) 250° d) 360°
30.- Calcula a área das seguintes figuras:

11
Tema 3: Xeometría plana Matemáticas Módulo II

12

También podría gustarte