Está en la página 1de 20

Titorial Sound Juicer

Rosa Quinteiro Rendo

IES Campo de San Alberto


Noia – A Coruña
Táboa de contidos
I. Sound juicer......................................................................................................................................5
Intro..................................................................................................................................................5
Accións con Sound Juicer................................................................................................................5
II. Audacity...........................................................................................................................................9
Intro..................................................................................................................................................9
A. Accións básicas sobre un arquivo de son....................................................................................9
1. Abrimos un arquivo de son xa existente:................................................................................9
2.Diferentes apariencias:...........................................................................................................10
2.1. Zoom: ...........................................................................................................................10
2.2. O menú de pista.............................................................................................................13
3. Reproducción........................................................................................................................13
3.1. Exercicio........................................................................................................................13
4. Edicións sobre unha selección..............................................................................................14
4.1. Duplicar.........................................................................................................................14
4.1.1 Exercicio:................................................................................................................14
4.2. Silenciar, cortar e dividir (Edit-Split ou Editar-dividir)................................................15
5. Edición de pistas de voz........................................................................................................15
5.1. Edición de pistas de voz: Silenciar................................................................................16
5.2. Edición de pistas de voz: Substituír..............................................................................16
6. Edición de pistas de voz: Ferramenta de envolvente............................................................17
6.1 Etiquetas de pista............................................................................................................17
7. OUTRAS ACCIÓNS sobre o son.........................................................................................18
B. Gardar o traballo realizado........................................................................................................19
1. A extensión apropiada...........................................................................................................19
2. Almacén de loops..................................................................................................................19
C. Algunhas webs de interés: ........................................................................................................19
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

I. Sound juicer
Intro.
Captura de audio dun CD usando Sound Juicer (unha aplicación moi sinxela para extraer
pistas de son e convertir estas a diferentes formatos1)

Accións con Sound Juicer


1. Introducimos o cd no ordenador. Ao iniciar o programa (segundo a configuración, este
xa se inicia de forma automática) aparece a seguinte pantalla....

Como podes comprobar, na barra de menús superior as opcións que aparecen son as de:
“Disco”, “Editar” e “Axuda”.
En “Disco” pódese levar a cabo accións relativas ao disco, como ler, copiar, extraer
pistas, etc..
En “Editar” hai dúas opcións: a de seleccionar ou deseleccionar todo e preferencias.
En “Axuda” óptase a: Contidos (acceso directo ao manual do programa en inglés), Axuda
na rede (acceso directo á axuda sobre o programa na rede, onde podes presentar
calquera problema vía online, tamén en inglés). Traducir esta aplicación...(a aplicación
Sound juicer está xa traducida ao galego na súa totalidade, mais unha tradución vaise
facendo aos poucos, en moitos programas podes atopar que certas instruccións ou
1 Ogg, Mp3, Wav, MPEG-4, FLAC, Speex...

5
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

conceptos están aínda en inglés, con esta opción podes acceder ás vías para a
traducción do programa ou, de ser o caso, a corrección dalgún termo)
2. En “Editar”: Preferencias atopamos o seguinte cadro, no que podemos definir certos
patróns de comportamento da aplicación, a saber: de que dispositivo -no caso de haber
máis de un- extraemos a música? A ubicación dos arquivos extraídos en cartafol de
música.
A denominación das pistas extraídas e a xerarquía de cartafoles en nome das pistas e o
formato de saída permítenos decidir a extensión dos arquivos resultantes.

Cada formato equivale a unha calidade de gravación diferente, pero tamén a un tamaño
de arquivo. O formato que escollamos debe responder aos nosos intereses en base a cal
será o seguinte destino da pista extraída2.
Mediante Editar perfís podemos engadir outros formatos novos, mais tamén podemos
obter información dos formatos en uso:

2 por exemplo, dos formatos de comprensión de son, .ogg é a opción “libre” ou aberta, mentres que .mp3 sería a
opción “privativa” vinculada a windows. Non obstante, moitos reproductores deste tipo de formatos non reproducen as
extensións .ogg.

6
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

Unha vez establecidas as preferencias:


3. Deseleccionamos todas as pistas do CD (xa seleccionadas por defecto):
En “Editar” facemos clique sobre Deseleccionar todo ou prememos as teclas
Maiusc+Cntrl+A.
Seleccionamos a pista para ser extraída (a que desexamos empregar para a nosa
actividade, neste caso: BALADA PARA MI MUERTE )

4. Para cambiar o nome á pista só temos clicar sobre o nome que queiramos cambiar
(sexa título ou artista) e escribir, desta maneira a pista quedará rexistrada co nome
escollido. Por exemplo:

7
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

5. Para extraer a pista e a converter ao novo formato pulsamos o botón “Extraer” na parte
inferior esquerda da ventá, tamén o podes accionar ao pulsares as teclas Ctrl+Retorno,
ou accedendo á mesma por medio do menú “Disco”, na barra superior.
6. Unha vez extraída e convertida, ábrese unha carpeta que nos amosa a nova ubicación
da pista (isto debe-se a que en “Editar”: Preferencias xa está seleccionada esta opción
(punto 3 deste documento).

Xa temos o noso arquivo de son listo para a súa edición por medio de AUDACITY....
A partir de agora traballaremos coa aplicación AUDACITY

8
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

II. Audacity
Intro.
Audacity é un editor de son e os editores de son permiten gravar, reproducir, mesturar e
editar audio dixital.
O obxectivo deste titorial é o de amosar as vías para realizar esas funcións esenciais por
medio do Audacity, un programa Free Software3 tamén disponíbel para Mac e Windows.

A. Accións básicas sobre un arquivo de son.

1. Abrimos un arquivo de son xa existente:


Co programa aberto en File (Archivo) pulsas a opción Open (Abrir). A continuación
aparece unha ventá con todas as ubicacións do teu computador. Asegúrate que no
despregábel de tipos de arquivo aparece o formato do arquivo que queres abrir (neste
caso: .mp3), aínda que xa estaría incluído na opción all files, (todos os arquivos) localiza o
arquivo de audio que extraiches do CD (no exemplo: escritorio/proba/proba.mp3) e ábreo.

DES PREGÁBEL
DE TIPO S DE
ARQ UIVO S :
Menú para
seleccionar o tipo
de arquivo que
queres buscar. Por
defecto aparece
All files, de forma
que amosa todos
os arquivos, sexan
de son ou non, os
compatíbeis e os
non compatíbeis.

Ao abrir un arquivo de son con formato de MP3


pode aparecer a seguinte ventá:

3 Segundo a Free Software Foundation, o software libre refírese á liberdade dos usuarios e usuarias para executar,
copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar o software; de modo máis preciso, refírese a catro liberdades das
persoas que son usuarias do software: a liberdade de usar o programa, con calquera propósito; de estudar o
funcionamento do programa, e adaptalo ás necesidades; de distribuír copias, co que pode axudar a outras persoas;
de mellorar o programa e facer públicas as melloras, de modo que toda a comunidade se beneficie (para a segunda
e última liberdade mencionadas, o acceso ao código fonte é un requisito previo)

9
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

Este é o aspecto do arquivo aberto....

Ao se tratar dunha mostra en stereo a súa representación é dupla (ábrense


dúas canles: Observa como o espectro do son está repetido. De ser a mostra
en mono, esta só aparecería nunha única canle)

2.Diferentes apariencias:

2.1. Zoom:
O Zoom é unha ferramenta básica que nos permite ampliar de diversas formas a imaxe:
a) Fai clic e arrastra a parte inferior
da pista para modificar o seu tamaño
de visualización vertical.

10
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

b) Pulsando a tecla Ctrl e movendo a rodiña do rato poderás afastar e achegar


horizontalmente a imaxe ( podemos visualizar con distinto grao de precisión os diferentes
acontecimentos sonoros que se suceden ao longo do tempo).
Observa a selección (16 primeiros segundos dos ): Para seleccionar partes dunha pista é

necesario activar a ferramenta de Selección, e arrastrar o rato sobre a forma


de onda:
Ex.1 Sen zoom

Selección de 16 segundos

Ex.2 Aplicándolle o zoom (ate abarcar a totalidade dos 16 segundos)

Ex.3 Incrementando o zoom (2 segundos)

11
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

Tamén dispós dos catro botóns de Zoom á dereita xusto enriba da representación de
onda.
Adapta o tamaño da Adapta o tamaño
selección ao ancho da da pista completa
ao ancho da
Reduce pantalla pantalla

Amplía

12
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

2.2. O menú de pista


Audacity é un editor de audio multipista, é dicir, podemos ter varias pistas nun mesmo
proxecto, reproduci-las todas á vez, silenciar algunha delas, etc. Cada pista aparece
nunha ventá separada na área de traballo e ten un menú despregable coas seguintes
opcións:

P ermite
nomear a pista.

P ermítenos intercambiar a orde da


disposición das pistas.

Muda a representación visual da onda. Por defecto, wave form. A Wf (dB) amosa
es ta en base ao seu contido en decibelios, o Spectrum e Spectrum log (f)é
espectro de frecuencias. P itch (EAC) analiza as frecuencias que establecen a
altura de ton.

Reproduce a pista en mono, só pola canle esquerda, só pola


dereita, transforma a pista mono en estéreo ou convirte dúas
pistas estéreo en mono.

Nestes botóns pódese establecer


amfrecuencia e o valor de mostreo
para cada pista

3. Reproducción
Para oír o arquivo dálle
ao botón de play
(Reproducir) na barra de
transporte. Escoita o
arquivo e fíxate como a
barra de scroll ou de
posición avanza
conforme se reproduce o
arquivo. Á súa vez verás
unha barra de volume que se ilumina mostrándoche o nivel ao que se reproduce o sinal
de audio.
Despraza esta barra para subir ou baixar o volume.

3.1. Exercicio
Agora crea unha selección. Preme play e escoitarás só o anaco seleccionado. Para oír a
selección en bucle ou loop (repetidamente), apreta a tecla de maiúsculas e a continuación
o botón Play.

13
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

4. Edicións sobre unha selección


Un fragmento de onda seleccionado o poderás: cortar e pegar noutro punto: Edit-Cut
(Editar-cortar) e Edit-Paste (Editar-pegar), silenciar: Edit-Silence (editar-silencio), suprimir:
Edit-Delete (Editar- Borrar) ou recortar (eliminar o audio fóra da selección): Edit-Trim
(Editar-Recortar). Podes encontrar botóns directos na interface do programa para facer
estas funcións básicas.
Silenciar a
selección
Cortar

Copiar
Recortar
Pegar

4.1. Duplicar
Con esta operación, a área seleccionada
cópiase nunha nova pista, no mesmo punto
na liña de tempo.
Para leva-la a cabo debes seleccionar
primeiro o fragmento e logo activar a
opción Edit-Duplicate (Editar/Duplicar), ou
pulsar Ctrl+d.

4.1.1 Exercicio:
Selecciona unha parte da
onda e duplica-a, a Ferramenta
para o
continuación, selecciona o “tras lado
panel de pista da onda no
tempo”
duplicada e activa a
ferramenta "Traslado no
tempo". Despraza levemente
a onda duplicada cara á
dereita e pulsa Reproducir,
escoita o efecto conseguido.
Proba a trasladar máis ou
menos a onda duplicada e
escoita os distintos Tempo
des prazado
resultados. con res pecto
ao orixinal.

14
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

4.2. Silenciar, cortar e dividir (Edit-Split ou Editar-dividir).


A opción dividir (split) permite diversas accións, tales como Split cut/delete (Dividir e
cortar/borrar: desaparece a selección, mais queda o oco) Split New: crea unha nova pista
onde sitúa a selección inicial, silenciando a da primeira onda.
Edit- Split
cut/delete

Onda e
selección inicial

Silenciar

Cortar

Edit-Split New

5. Edición de pistas de voz


Unha das tarefas máis comúns nos programas de tratamento de son é a edición de pistas
de voz. A partir dunha gravación ou arquivo "en bruto", elimínanse ruídos, toses, tomas
malas e partes inapropiadas; úsanse só as partes boas das tomas; e/ou constrúense
secuencias de partes de distintas tomas.
Para lograr o produto final, pódense combinar as seguintes solucións:
+ Silenciar as partes que non se queren
+ Substituílas con outros sons que melloren o rematado. Por exemplo, cunha respiración
adecuada, se se cortou unha respiración despois dunha frase; ou por un son de ambiente
para evitar un corte repentino na textura do son.
+ Utilizar a ferramenta de envolvente para baixar o volume destas partes (ver figura).

15
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

5.1. Edición de pistas de voz: Silenciar


Silenciar é unha opción á hora de editar pistas de voz aínda que raramente se utiliza
illadamente xa que a continuidade do son é un factor crave. A miúdo é preferible engadir
un son de ambiente, que silenciar totalmente esa parte.
En cambio, Silenciar pode ser útil para eliminar as tomas malas sen alterar a liña de
tempo da pista. Se se utilizan as funcións de Edición de Cortar ou Borrar, a liña de tempo
queda afectada dende a posición de corte ata o final da pista.
Como usar Silenciar:
+Seleccionar unha área de onda a descartar (1).
+Escoitala, axustar a selección se fose necesario e
escoitala de novo. +Seleccionar Silenciar do menú Editar
(2). +Modificar levemente o volume nos extremos fóra da
selección para suavizar o efecto. Isto é, facer un Fade In
antes (3) e un Fade Out despois (4). Estas funcións
encóntranse no menú Efecto. +Escoitar o resultado. Se
non soa ben, pulsar Desfacer ou Control+Z e probar os
fades de novo nos extremos.

5.2. Edición de pistas de voz: Substituír


Substituír as partes silenciadas adoita mellorar o resultado final. Unha vez téñense estas
partes silenciadas tal e como se detallou no paso anterior, procédese a substituílas por
outros sons, habitualmente de ambiente.
1. Buscar un anaco de audio que funcione como substituto para as partes silenciadas.
Este pode encontrarse normalmente na mesma pista de audio, en algun outro punto, onde
o interlocutor deixou unha pausa longa, por exemplo. Seleccionar e duplicar ese anaco.

2. Coa ferramenta Traslado en Tempo, mover o son de ambiente duplicado debaixo da


parte silenciada.

16
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

Se se desexa reutilizar o mesmo anaco de ambiente para outra parte silenciada,


seleccionar a pista enteira, facendo clic no Panel de Pista, e duplicala. Pulsar o botón
Silencio do panel da nova pista ata que non decidamos utilizala .
Só queda poñer atención ao primeiro anaco de ambiente, que está xusto debaixo da parte
silenciada da pista de voz. Isto é, escoitar como queda, comprobar que é adecuado,
readaptalo ou cambialo por outro anaco se é necesario, etc.

6. Edición de pistas de voz: Ferramenta de envolvente


A ferramenta de envolvente permite variar o volume da onda nos puntos que lle
indiquemos. Isto faina ideal para reducir o volume nas partes que fixemos cambios como
silenciar, substituír por un son de ambiente, etc. e deixar o volume intacto en as demais
zonas da onda.
De feito tamén se pode utilizar esta ferramenta de forma illada, sen necesidade de facer
cambio algún previamente. Uso:
Seleccionar a ferramenta de envolvente. Facer clic na onda para crear un novo punto de
axuste da amplitude. Tamén é posible facer clic nun punto xa existente e arrastralo para
variar a súa posición e, polo tanto, a amplitude da onda nese punto.

6.1 Etiquetas de pista


As etiquetas de pista utilízanse para facer anotacións de texto nas ondas de audio:
marcadores, letras de cancións, notas... mesmo se utilizan para gardar seleccións. Para
crear etiquetas de pista:
1. Seleccionar Proxecto/Nueva pista de etiquetas. Isto crea unha ventá de etiqueta de
pistas xusto debaixo da onda actual.
2. Facer clic no punto da onda onde se quere inserir unha etiqueta e activar a opción
Proxecto/Agregar etiqueta en selección ou pulsar a combinación de teclas Control+B.
3. Escribir o texto correspondente e pulsar Intro.
4. Para editar unha etiqueta, facer clic nesta e facer os cambios pertinentes. A edición
está limitada a borrar e escribir carácteres, non podendo desprazar o cursor para inserir
texto nun punto concreto.

Para borrar unha ou varias etiquetas, seleccionar a área que contén estas etiquetas e
activar a opción Silenciar do menú Editar. Tamén se pode borrar unha etiqueta, editándoa
e borrando todo o seu contido.

17
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

Para mover etiquetas, utilízanse as funcións de edición Cortar e Pegar, traballando


sempre
na ventá de etiquetas.
Un uso moi práctico é o de gardar unha selección nunha etiqueta, para iso abonda con
seleccionar a área desexada da onda e logo proceder da forma habitual para crear unha
etiqueta. A partir de entón, cada vez que se pulse a devandita etiqueta, aparecerá
seleccionada o área en cuestión.

7. Outras accións sobre o son


Na barra de menú superior aparecen diferentes opcións para modificar o son. A saber, o
menú “efectos” que permite realizar unha grande variedade de efectos sobre a mostra de
son. A súa aplicación pode ser sobre o conxunto da mostra ou sobre unha pista concreta
ou un fragmento seleccionado.

18
Tutorial – Sound Juicer e Audacity – Rosa Quinteiro Rendo

B. Gardar o traballo realizado.

1. A extensión apropiada.
Audacity é un programa que ten a capacidade de traballar con múltiples pistas e arquivos
de audio simultáneamente. Por iso no menú Archivo, Guardar, a opción por defecto é a de
Gardar Proxecto. É dicir gardar un arquivo con extensión ".aup" que organiza os
diferentes arquivos de audio e ondas que editamos ou secuenciado. Para gardar cambios
sobre un só arquivo de audio, debes utilizar a opción Exportar do menú Archivo. Da
mesma forma, para engadir ficheiros en novas pistas no mesmo proxecto, usa a opción
Proxecto, Importar Audio.
Unha vez exportes o arquivo en formato WAV (para non perder calidade) proba a Exportar
en formato MP3 ou Ogg. Os valores por defecto das opcións de compresión dan unha boa
relación tamaño/calidade, pero é interesante probar con outros valores e escoitar o
resultado.

2. Almacén de loops.
O noso seguinte obxectivo é crear un novo arquivo que conteña soamente un loop ou
bucle de audio. Os loops ou bucles son fragmentos de audio que se repiten para construír
secuencias de ritmos ou melodías.
Illa unha parte que se corresponda cun tempo musical, é dicir, que teña unha lonxitude
concreta, por exemplo unha roda de acordes de guitarra ou un, dous ou catro compases
dun ritmo de batería (aquí uns mínimos coñecementos musicais vante vir moi ben). O
exemplo da batería é útil porque o aproveitaremos máis adiante para crear un kit de
batería e programar novos ritmos a partir dun só arquivo de audio.
No caso de que queiras seleccionar un son illado sen ritmo, como unha frase ou un efecto
especial (un ruído) non necesitas ter en conta a súa duración musical. Utiliza o punteiro
para ir seleccionando fragmentos e ir escoitándoos. Cando teñas seleccionado o
fragmento que queres illar, recortalo con Edit, Recortar, agora gárdao no teu disco duro
con outro nome e terás o teu loop listo para usalo nun secuenciador de audio, como
veremos en próximos capítulos.

C. Algunhas webs de interés:


http://parumi.org/curso_produccion_musical_linux/
Foro en español da páxina oficial de Audacity:
http://www.audacityteam.org/forum/viewforum.php?f=8&sid=2f5d

19
LICENZA

Este documento publícase baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento – Compartir
baixo a mesma licenza 2.5 España, que pode ser consultada en
http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5/es/.
This document is licensed under the Attribution-ShareAlike 2.5 Spain license, available at
http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5/es/.

También podría gustarte