Está en la página 1de 3

a02[b].

Unhas breves cuestións sobre proteínas e


enzimas
1. Sabendo que o pH isoeléctrico (pI) da Alanina é 6, indica a carga e
estructura química que posúe dito aminoácido a pH 6, 2 e 9. (Valoración: 1 pto)

Podes consultar o fundamento deste exercicio aquí. Aplicando o indicado á


estructura da Alanina, a solución sería a que segue:

2. A 1L de disolución que posúe 1 μmol de HCl, engádenselle uns μg de Alanina


(podes usar tamén o nome inglés, Alanine, para facer procuras na web).
Indica a fórmula molecular dese aminoácido tal e coma se atopa na
disolución indicada. (Valoración: 1,5 ptos)

O ácido clorhídrico é un ácido moi forte e monoprótico que se disocia


totalmente, entón o pH da disolución estará referido totalmente a
concentración do protón disociado;
HCl(aq) →H+ + Cl-
pH = -log(H+) neste caso a concentración do HCl é 10-6M, polo que o pH da
disolución será: pH = -log(10-6) = 6, tamén podería sumar a concentración
do auga no punto de equilibrio que é 10-14 pero teriamolo mesmo resultado.
Polo tanto a este pH, atopámonos no punto isoeléctrico da alanina, polo
que se atopará en forma neutra ou Zwitterion (do alemán hermafrodita)

3. Certo polipéptido está formado por 6 restos de Lys, 8 de Ala e 2 de Val.


Calcula a masa molecular do peptido en cuestión. (Lysine, Alanine e Valine
para as procuras na web). (Valoración: 1 pto)

Masa molecular Lys → 146,188  x 6 = 877,128


Masa molecular Ala → 89,0932 x 8 = 712,7456
Masa molecular Val → 117,146 x 2 = 234,292
Temos que descontar a masa molecular das moléculas de auga
desprendidas no establecimento de cada enlace peptídico, coma son 16
restos de aminoácidos, o número de ligazóns peptídicas é de n-1=15. Masa
molecular auga → 18,0153  x 15 = 270,2295

A masa molecular do péptido problema é 1553,9361

4. La tripsina é unha enzima proteolítica que só cataliza a hidrólise


determinadas ligazóns peptídicas. ¿Cal é o resultado da acción da tripsina
sobre os seguintes péptidos? (Valoración: 1 pto)
 H2N-Lys-Met-Cys-Met-Lys-Ala-Cys-Arg-COOH
 H2N-Asp-Lys-Gly-Ala-Ala-COOH
 H2N-Arg-Lys-Phe-Gly-Ala-Lys-Asp

Na ligazón web que ofrece o enunciado podemos atopar que "Es una
enzima específica ya que liga al péptido en las posiciones del carboxilo de
residuos Arginina (Arg) o Lisina (Lys) en la cadena". Logo esta enzima
rompe as cadeas nas ligazóns peptídicas nas que a función carbonilo é
aportada pola Arg ou a Lys.
Os fragmentos obtidos serían (xa non se indican os extremos H2N e COOH,
enténdese que se segue a orde convencional):
 Lys   /   Met-Cys-Met-Lys   /   Ala-Cys-Arg
 Asp-Lys   /   Gly-Ala-Ala
 Arg   /   Lys   /   Phe-Gly-Ala-Lys   /   Asp

o Un péptido de 14 aminoácidos illado de cerebro de can sométese a


análise co fin de determinar a súa secuencia. Os datos obtidos danse de
seguido; deduce a secuencia colocando os fragmentos peptídicos no
ordenamento axeitado: (Valoración: 1,5 ptos)
 N-terminal: Val
 C-terminal: Thr
 Dixestión con tripsina:
 Asp-Thr
 Val-Ser-Lys
 Phe-Gly-Tyr-Arg
 Ala-His-Trp-Glu-Lys
 Dixestión con quimiotripsina:
 Gly-Tyr
 Arg-Ala-His-Trp
 Val-Ser-Lys-Phe
 Glu-Lys-Asp-Thr 

Para obter a solución só temos que compeñer o quebratestas. Combinando


os datos obtidos por restricción enzimática, a orde sería a seguinte:

Val-Ser-Lys-Phe-Gly-Tyr-Arg-Ala-His-Trp-Glu-Lys-Asp-Thr

2. Unha forma de separar aminoácidos é usar técnicas cromatográficas.


Colócase unha mestura dos aminoácidos Ala, Leu e Cys sobre un papel
para cromatografía e este introdúcese nunha cubeta pechada con auga e
benceno (un disolvente non polar). O papel humedécese co vapor de auga
e o benceno faise esbarar sobre o papel para desprazar ós aminoácidos a
unha distancia proporcional á relación que existe entre o tempo que
permanece no disolvente apolar e o que pasan na auga. Dacordo con iso,
¿coma se despraza a mestura? (Valoración: 1, 5 ptos)

O benceno (fase móvil segundo o indicado no enunciado) desprazará


aqueles aminoácidos con cadeas laterais de características semellantes
(isto é apolares) de forma que cubrirán unha distancia maior os que teñan
maior masa molecular. Dos aminoácidos da mestura a Cys é polar ionizable
(grupo tiol, -SH, no extremo da cadea lateral) mentres que Ala e Leu son
apolares (cadeas laterais alifáticas), desprazándose máis lonxe a Leucina
dado a súa maior masa molecular (131,173 fronte os 89,0932 da Ala). Así
as cousas, a separación cromatográfica da mestura indicada, por orden de
menor a maior desprazamento desde o punto de aplicación, será:  Cys <
Ala < Leu.

3. Determinadas resinas de intercambio iónico de tipo Dowex conteñen


aneis aromáticos que, por afinidade, reteñen os aminoácidos con radicais
do mesmo tipo. Temos unha mestura de Ala, Cys, Gly, Ser e Glu que se fai
pasar por unha resina tipo Dowex, ¿que aminoácidos quedan retidos na
mesma? (Valoración: 1,5 ptos)

Dos aminoácidos da mestura serían retidos os que posúan aneis aromáticos


na súa estructura (podes consultar esta táboa de clasificación). Na mestura
do enunciado nengún aminoácido sería retido.
Nota: As ligazóns do enunciado apórtanse a título informativo, coma un complemento. Non se
precisan para resolver a cuestión.

NOTA: Quen contesta ben a todo obtén 1 pto extra ata o máximo (10)

También podría gustarte