Está en la página 1de 1

Roteiro de recoñecemento

de plantas e froitos
silvestres comestibles
Plantas e froitos silvestres crecen de forma natural e espontánea, achegando
ao noso organismo elementos nutritivos de alto valor biolóxico, vitaminas,
sales minerais e outras moitas substancias activas con propiedades
preventivas e curativas, que, na súa inmensa maioría, están aínda por
descubrir.

As plantas silvestres, ademais de posuír mellor capacidade de adaptación ao


medio, teñen máis vitalidade e mellor calidade biolóxica que as de cultivo.
Esta calidade da que gozan os vexetais consiste en que se adaptan ás
condicións especiais e ambientais do hábitat onde crecen. Ofrecen os
nutrintes e os elementos protectores máis adecuados para os paisanos da
súa zona, sempre que crezan sen sufrir grandes danos a causa dos
fertilizantes químicos e fumigacións tóxicas, como os pesticidas.

Pasaremos unha mañán


paseando por un entorno
natural próximo e
identificando unhas 10
especies de plantas
silvestres comestibles moi
comúns na nosa contorna.

Lugar de quedada: diante


da Casa do Atrio, ás 11
horas.

Apto para todos os públicos


(iremos a modiño e
parando cada pouco a
escoitar as explicacións).

Á volta haberá unha degustación de receitas sinxelas


con vexetais silvestres na Casa do Atrio.

Prezo Libre

Organizan:

Rede de Permacultura do Noroeste Nodo Val Miñor


Casa do Atrio

También podría gustarte