Está en la página 1de 2

A biblioteca do IES Ponteceso coa colaboración dos Departamentos Didácticos

do centro vén de elaborar un CONCURSO co obxectivo de fomentar o uso


dos nosos fondos e mellorar a busca de información tanto na sala como na
rede dun xeito divertido .

BASES
• Formaranse equipos de 4 alumnos/as que se teñen que inscribir na
biblioteca

• O equipo ten que ter un nome orixinal.

• Faranse 15 preguntas por semana . As respostas destas preguntas


terán que buscarse basicamente na biblioteca, na sección que

corresponda, cando leven este símbolo ou ben na internet cando

leve estoutro .

• As preguntas daranse a coñecer todos os luns do seguinte xeito:

! Haberá copias no mostrador do bibliotecario.

! Publicaranse na sección de “Novas Biblioteca” da nosa


páxina web ou no noso blog :
http://biblioaponte.blogspot.com/

! Publicaranse nun cabalete no corredor lindeiro á biblioteca.

• Todos os equipos terán ata o venres da mesma semana para entregar


as súas respostas.

• As respostas pódense enviar ao noso correo : biblioaponte@gmail.com


( dentro do prazo establecido) ou ben na biblioteca ( antes das 2:20)

O concurso dará comezo o día 14 de marzo e rematará o día 8 de abril. O


prazo para a inscrición empezará 2 semanas antes ( o 1 de marzo) e os
equipos poderanse inscribir fóra de prazo , pero tendo en conta que poden
perder puntuación.

PREMIOS
1º premio: Un vale de 100 € para comprar libros ou calquera material
escolar máis outros 100 € en metálico.

2ª premio : Un vale de 50 € para material escolar e outros 50 € en metálico.

3º premio: Un vale de 50€ para material escolar ou libros.