NOVIDADES NA BIBLIOTECA

E aquí tedes a Casillas e mais a Carbonero, tan feliciños, descansando despois do Mundial. Por certo, que Iker está a ler un libro de Federico Moccia, Perdona si te llamo amor. Aquí xa ía pola metade do libro, así que é de supor que a lectura o enganchou, pese a ter ao lado os poderosos encantos da súa compañeira. Ben feito, Iker, ti si que sabes pasar unhas boas vacacións!

Perdona si te llamo amor, de Federico Moccia: XA NA BIBLIOTECA!!!
Niki é unha xoven madura e responsable que cursa o seu último ano de Bacharelato. Alessandro é un exitoso publicista de trinta e sete anos a quen acaba de deixar a súa noiva de toda a vida. A pesar dos vinte anos de diferenza que hai entre ambos e do abismo xeneracional que os separa, Niki e Alessandro namoraranse loucamente e vivirán unha apaixoante historia de amor en contra de todas as convencións e prexuizos sociais. A historia está ambientada na romántica Roma, transportando ao lector polas rúas,restaurantes e sitios de moda desta cidade.
(fonte: WIKIPEDIA)

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful