Está en la página 1de 10

Entroido 2011

Disfraces medievais

IES de Tomiño
Introducción

Nesta presentación expoñemos suxerencias de


disfraces con vistas a repartir entre os distintos grupos,
pero se algún alumno/a asegura que xa ten disfraz de
calquera cousa aceptabel como medieval, se admitirá,
aínda que teña por exemplo un disfraz de cabaleiro
cando ao seu grupo lle toca ir de labregos.
Nobres .
A túnica longa e sobre todo a capa é a principal marca
de distinción e riqueza, xunto con coroas e xoias. Non
descartemos a posibilidade de travestirse, que sempre
soe ter moito éxito no entroido.
Os homes poden mercar uns leggins ou leotardos
moi baratos, coser unha túnica curta, sen mangas, que
se pon por riba dunha camiseta normal de manga longa
ou camisa; as mulleres teñen que levar forzosamente
vestido longo.
Clero.
Os clérigos levarán preferentemente saio marrón con
carrapucha e tonsura; o bispo pode vestir púrpura, o
Papa pode ir de púrpura ou branco, con tiara, bastón e
anel. As monxas irán de hábito marrón ou negro.
Ademais tamén son famosas as ordes de cabaleiros
guerreiros como os Templarios, os Hospitalarios, etc.
Nese caso deberán porse de acordo varios alumnos/as
para confeccionar cascos e sobrevestes similares (todos
de branco con cruz vermella no peito, por exemplo)
Militares.
Levarán polo menos casco, escudo e espada. Pódese
improvisar un casco simple con nasal facéndoo con
papel e alkil sobre un molde feito cun globo. Fóra de
casco, escudo e armas que cada quen teña (espada,
machete, lanza, venablo, maza, etc) o traxe de soldado é
coma calquera outro, pois só os de familia rica podían
permitirse unha cota de malla.
En época tardía comeza a levarse unha sobrevesta que
ten algún emblema por sobre a roupa habitual. Un grupo
pode porse de acordo para levar o mesmo emblema
pintado, pegado ou cosido.
Labregos. agricultores, pastores, etc. Pódense montar
comparsas de campesiños que van ao eido a sachar, ou
veñen con cestas de verdura, pastores e as súas ovellas,
porqueiros cos seus porquiños, cazadores cos seus cans
que perseguen un cervo, etc.

Animais e vexetais. na Idade Media había os mesmos


animais dos que un se soe disfrazar normalmente.
Burgueses. Son os que viven nos burgos, ou sexa, nas
cidades; xente que non se dedica directamente ao
cultivo da terra, moitos son o que hoxe chamariamos
"traballadores autónomos"; na IM había costureiras,
criadas, nodrizas, cociñeiras, muiñeiras, e os oficios
dos homes eran moito máis variados aínda
agrupándose a miúdo en gremios: cesteiros, canteiros,
comerciantes de tecidos, etc.

 Outros oficios. Escribáns, palafreneiros, monteiros,


porqueiros, físicos, barbeiros, leñadores, etc.
 Outras culturas: na Península convivían xunto cos cristiáns outras culturas
como a xudea e musulmá; pode un caracterizarse de moro/mora, con
roupas orientais. Non esquezamos tampouco eses pobos que tan duros de
roer lles resultaron aos romanos, cunha estética que pode lembrar aos
típicos galos dos comic de Asterix; referínonos aos pobos xermanos: godos,
saxóns, hunos, etc. sen esquecer escoceses con saias de cadros e vikingos con
cornos.

Personaxes marxinais
Ladróns, mercenarios, proscritos por distintos motivos que se ocultan no
bosque como Robin Hood.
Herexes que van de pobo en pobo como mendicantes ou flaxelantes,
predicando a fin do mundo; contrabandistas de reliquias que che venden un
óso dun santo, un dente de leite do Neno Xesús...
Artistas ambulantes con animais amestrados, xograres, músicos,
malabaristas, saltimbanquis, bufóns, timadores de toda calaña, bailarinas e
prostitutas.
Bruxas e meigas boas e malas, astrólogos, alquimistas e nigromantes.
 Seres máxicos e mitolóxicos.
Na Idade Media crían en pantasmas, en mouras (en
castelán "hadas"), trasnos, ogros, etc. Pódese armar unha
comparsa de Santa Compaña por exemplo. Tamén se cría
en animais fabulosos como a quimera, o unicornio, e
sobre todo o dragón, que se caracteriza por dominar os
catro elementos: ten aletas para nadar e voar, patas e
cornos para andar por terra, e bota lumne pola boca.
Varios alumnos/as poden armar un dragón ou coca, ou
mesmo se pode representar un episodio en que un
cabaleiro mata a un dragón. Outros disfraces que se
admiten poden ser de anxos e demos.
Disfraces gore.
Quen queira un disfraz noxento ou asustador non debe ir de vampiro, pero pode
ir:
Cheo de sangue como un soldado ferido dalgunha guerra, ou cheo de vendaxes, e
tamén de leproso ou de apestado, que daquela eran as cousas que máis medo
metían porque eran moi contaxiosas. O apestado vai cuberto de pústulas e
vultos. O leproso é moi impactante, levará hábito con carrapucha para que se lle
vexa o menos posíbel, e irá tocando unha campá ou carraca e avisando "leproso,
leproso" para que a xente se aparte del. Irá todo pintado de branco, ou vendado,
cheo de pústulas, e faltaranlle dedos que lle poden ir caíndo polo camiño
mentres pide esmola cunha cunca para que lle boten algo, unhas moedas,
comida...
Tamén se pode ir de lobishome, de pantasma, de aparecido, de esquelete, de
"morte" con caliveira e gadaña.
Como comparsa pode montarse unha danza da morte. Eran moi populares as
danzas da morte: representacións de xente morta que saía das tumbas bailando
en roda, collidos pola man e dirixidos pola morte, nese corro macabro
representábanse ricos e pobres, homes e mulleres, reis e papas, mortos e a medio
descompoñer, como unha imaxe de que a morte os iguala a todos.

También podría gustarte

  • Bretema 1415
    Bretema 1415
    Documento54 páginas
    Bretema 1415
    66lechuga
    Aún no hay calificaciones
  • Bretema13 Rede
    Bretema13 Rede
    Documento55 páginas
    Bretema13 Rede
    66lechuga
    Aún no hay calificaciones
  • Bretema13 Rede
    Bretema13 Rede
    Documento53 páginas
    Bretema13 Rede
    Luis Lechuga
    Aún no hay calificaciones
  • Bretema 2012
    Bretema 2012
    Documento34 páginas
    Bretema 2012
    66lechuga
    Aún no hay calificaciones
  • Novas Edlg
    Novas Edlg
    Documento2 páginas
    Novas Edlg
    66lechuga
    Aún no hay calificaciones
  • Disfraces Medievais
    Disfraces Medievais
    Documento8 páginas
    Disfraces Medievais
    66lechuga
    Aún no hay calificaciones
  • Bretema 2012
    Bretema 2012
    Documento34 páginas
    Bretema 2012
    66lechuga
    Aún no hay calificaciones
  • Bretema 2011 Scribd
    Bretema 2011 Scribd
    Documento34 páginas
    Bretema 2011 Scribd
    66lechuga
    Aún no hay calificaciones
  • Revista 09
    Revista 09
    Documento42 páginas
    Revista 09
    iestomino
    100% (2)