Está en la página 1de 2

Benvidos, donas e cabaleiros, a este primeiro encontro internacional de pobos do mundo

na Terra de Xallas.

¡Que sorte ter un mundo tan rico e variado! Aquí temos unha pequena mostra das xentes
de cada un dos continentes.

En primeiro lugar, chegados de América, a pesares do tempo que vai, saúdannos os


indios sioux, cazadores das pradeiras do Norte . Un pobo que destaca polo seu grande
respecto á natureza. Eles foron os inventores dos primeiros teléfonos sen fíos (que non
foron os móbiles, senón os sinais de fume). E esas “palomitas” tan ricas que comemos
no cine, tamén foron invento deles.

Dende o continente africano está con nós o pobo Massai, unha xente que pode disfrutar
da máis variada fauna mundial, xa que poden ver elefantes, tigres, leóns, guepardos,
antílopes,... en total liberdade. Con eles pasámolo moi ben ao ritmo dos seus tambores.
Como poden vostedes observar, destaca o seu grande colorido dos colares e os adobíos
do pelo.

Preto de Oceanía, na Polinesia, hai unhas illas de fermosas praias, nas que os seus
habitantes bailan ao son do oukelele. Ás mulleres, chámanselle “vahinés” e adornan o
seu corpo e cabelo con vistosas flores.
Os nenos moitas veces teñen que ir á escola a outras illas en piragua. Para calmar a
sede, beben o leite dos cocos.
Son pobos moi hospitalarios. Como mostra de benvida, agasallan con marabillosas
coroas de flores aos estranxeiros que alí chegan.

Do lonxano oriente, chegan representantes dunha cultura milenaria: os chinos. A eles


debemos os descubrimentos do papel, a pólvora (para os petardos) e a tinta (china, por
suposto) e inventos como o papaventos. Ademais de exquisiteces como os rollitos de
primavera e o arroz tres delicias.
O seu animal máis simbólico é o dragón, que segundo as súas lendas dálles chuvia,
saúde e boa sorte. Outro animal representativo deste país é o oso panda.
Son moi deportistas: non utilizan coches, andan sempre en bicicleta.
De Centroeuropa, visítannos os xitanos zíngaros, un pobo nómada, que vai sempre dun
lugar a outro levando a alegría, a música e o respecto aos maiores alá por onde pasa. É
un pobo que se dedica ao comercio (foron os primeiros “feirantes”) e sempre que teñen
tempo libre, cantan e bailan todos xuntos ao son das pandeiretas e das palmas.
Encántalles levar grandes aros nas orellas e panos na cabeza. Hai descendentes dos
zíngaros en case todas as partes de mundo e, por suposto, nas vilas galegas.

Da zona máis fría da terra, o lugar no que sempre é inverno e o máis parecido a un
conxelador, chegan os “inuits”, máis coñecidos coma esquimós. No inverno non ven
nunca o Sol, aínda que sexa día. Antigamente vivían en casas feitas de xeo, os “iglús”,
pero agora só os constrúen cando van pescar lonxe da súa vila. Agora as súas casas son
de madeira, pintadas con cores alegres.
Desprázanse en trineo e cada familia ten ata dez cans para tirar deles.
Aliméntanse de baleas, morsas e focas e empregan a súa pel para facer a súa vestimenta
de abrigo.
Gracias a eles coñecemos moitos xogos cooperativos.

Da India, chega un dos pobos máis espirituais: o hindú. Alí hai moitas, moitas vacas
(igual que en Santa Comba), pero non están nos prados; pódense ver andar
tranquilamente polas rúas de calquera cidade, xa que son consideradas animais
sagrados. Os hindúes báñanse nas augas dun gran río, o Ganges, que vén da montaña
máis alta do mundo: O Himalaya.
Visten con telas de fermosas cores e cando hai unha festa, adórnanse moito: poñen o seu
mellor traxe: o sari e pintan un pequeno círculo na frente, chamado “bindi”, que
consideran “o terceiro ollo” e disque axuda a concentrarse.

Por último, chega o mundo árabe. Unha das culturas máis importantes do mundo e con
maior diversidade. Podemos atopar tuaregs e beduinos, nómadas que percorren o
deserto nos seus dromedarios, marroquinos, exipcios, arxelinos, etc.
Chámanos a atención que escriben e len de dereita a esquerda.
A súa relixión é o Islam: rezan cinco veces ao día, o seu día sagrado é o venres e a súa
festa relixiosa máis importante é o Ramadán.
Son grandes comerciantes, tanto de teas coma de alimentación, na que destaca o
“cuscús”. É tamén un pobo hospitalario que recibe aos seus invitados coa “ceremonia
do té”.

Pechamos este desfile cun grande aplauso para todos os pobos do mundo (presentes ou
non), desexando que estes encontros se repitan en anos vindeiros.