Está en la página 1de 63

1.

Que os dígrafos galegos non se poden separar a final da liña; polo tanto é incorrecto cortar así a
palabra: baral-la, un-ha, gu-iso.

2. Os dígrafos, que son seis, formados por dous grupos de letras: ch, ll,... como vimos antes,
representan un único son e non forman parte do alfabeto, son como se fosen un B, ou un H. Nos
dicionarios están á fronte da súa propia letra agás o “que”.

3. O nome galego das letras é do xénero masculino: así debe dicirse: o a, o b, o t, etc.

4. O nome da letra “q” pasa a ser “que”, forma parte do alfabeto e atópase á fronte da súa propia letra.

5. Volvendo sobre os dígrafos citados antes: representan un único son e funcionan, na escrita, como
unidade. Polo tanto, na división silábica e na partición de palabras en final de liña, os dígrafos non
se poden separar. A partición ten que ser: ningu-nha, e non ningun-ha.

6. A inicial maiúscula dos dígrafos só se escribe con “maiúscula” o primeiro elemento: Quiroga (Qu),
Lleida (Ll).

Non se acentúan graficamente (´)

Se acaban en ditongo decrecente, seguido ou non de “n” ou “s”: partiu, amei, amou, ademais,
controis, papeis, fieis, españois, catedrais, aneis, caracois.

Os adverbios rematados en –mente NON levan nunca acento gráfico: rapidamente, politicamente,
economicamente.

Os pronomes interrogativos e exclamativos NON levan acento gráfico, (cal, cando, como, onde,
quen, por que) cando van entre signos de interrogación ou de admiración. Exemplo: Que calor!; De
onde vés?; Que me contas?; Como chove!.

ARTIGO DETERMINADO
PREPOSICIÓN o a os as
a ao/ó á aos/ós ás
con co coa cos coas
de do da dos das
en no na nos nas
por polo pola polos polas
CONXUNCIÓN COMPARATIVA
ca ca ca ca
ca
o/có a/cá os/cós as/cás

IMPORTANTE: Están admitidas as formas contractas: ó ou ao, ós ou aos, á, ás. Nestes casos
sempre leva til para indicar que é contracción. Tamén sempre se debe pronunciar o AO coma Ó,
AOS coma ÓS.
ARTIGO
INDETERMINADO
PREPOSICIÓN un unha uns unhas
en nun nunha nuns nunhas
de dun dunha duns dunhas
con cun cunha cuns cunhas

Exemplos: Probei unha marmelada saborosa. Ramona terá uns 60 anos. Collemos un libro nunha
biblioteca.

Recordade as seguintes contraccións máis comúns:

1- na = (en + a); da = (de + a); cos = (con + os).


2- coa = (con + a); á = (a+a).
3- na = (en + a); pola = (por + a).
4- o; cuns (con+uns); nunha = (en+unha).
5- nas = (en + as); da = (de + a); cunhas = (cun + unhas).
6- os; ás = (a + as); coas = (con + as).

Castelanismos:

MASCULINOS:
1- berce. 2- cal, costume. 3- cume, sinal. 4- celme, sal. 5- miolo. 6- cuspe, fel, leite, mel. 7- sangue,
nariz, sorriso. 8- paxe, traxe, ubre. 9- riso, a, b, c. 10- til. 11- couce, dote. 12- lume. 13- traballo,
mar.

FEMININO:
14- análise, pel, dor. 15- orixe, fouce. 16- calor, árbores, cor. 17- viaxe, marxe, aldraxe, friaxe,
romaxe. 18- orde, pasaxe, paisaxe, ponte. 19- carraxe, homenaxe. 20- meninxite. 21- metrópole,
crise. 22- epiderme, parálise. 23- neurose, hipótese. 24- diabete, glote. 25- eclipse, paréntese.
26- moblaxe.

Os substantivos rematados en -axe, como vedes, son femininos, agás traxe, garaxe, paxe e
personaxe* que son masculinos. Tamén son femininos: a glote, a diabete, a epiderme, a hepatite, a
sintaxe, a otite, a farinxite. Pero son masculinos: o chasis, o tenis e o oasis.

Cómpre ter en conta os masculinos: 1- aldeán. 2- ancián. 3- artesán. 4- cidadán. 5- irmán. 6-


curmán. 7- castelán. 8- can. 9- rei. 10- xudeu. 11- humano. 12- ferrolán. 13- ourensán. 14- cristián.
Fan o feminino: 1- aldeá. 2- anciá. 3- artesá. 4- cidadá. 5- irmá. 6- curmá 7- castelá. 8- cadela. 9-
raíña. 10- xudía. 11- humana. 12- ferrolá. 13- ourensá. 14- cristiá.

RECORDA: Son femininas as palabras rematadas en:


1) "-se" : a artrose 2) "-ite" : a rinite 3) "-te" : a amigdalite. Polo tanto: a esclerose, a trombose, a
neurose, a análise. A hepatite, a meninxite, a colite, a estomatite.

Formación do plural:

a) á (vogal) + s = casa + s = casas; exame + s = exames; rei + s = reis; lei + s = leis; mariñeiro + s =
mariñeiros; canguro + s = canguros.

b) ó "N" + s; irmán + s = irmáns; colchón + s = colchóns; atún + s = atúns.


c) Perden o "L" = is; Sempre en palabras agudas: semana (l) + is = semanais; carave (l) + is
= caraveis; azu (l) + is = azuis; cadri (l) + s = cadrís; pape(l) + is = papeis.

d) Conservan o "L" + es: Cando non son agudas ou son monosílabas: fértil + es = fértiles;
pel + es = peles; val + es = vales; mel + es = meles; ril + es = riles.

e) Se rematan en calquera outra consoante: "R", ou "Z", ou "M" ou "S", mantéñena, +


"ES", ó singular: xantar + es = xantares; flor + es = flores; rapaz + es = rapaces; noz + es = noces;
marqués + es = marqueses.

Os nomes que teñen a mesma forma para o singular e o plural: lapis, xudeus, venres, oasis,
paraugas, bens, cutes, irmáns.

a) Teñen o singular ou plural segundo poidan levar ou non os artigos en singular ou plural: o luns,
os luns e demais días da semana; lecer: tempo libre, non ten plural; miolo en singular ten
significado distinto que se fose en plural, miolos: O miolo, miga do pan. Miolos=cerebro.

b) Pero só se usan en plural: as nupcias, as cirolas, as exequias, as cóxegas, os miolos, as tebras,


os víveres.

c) Só en singular: sílex, valor, oeste, virus, tórax.

Como dixemos que evitariamos normas gramaticais por aquilo de galego práctico, só lembraremos
que é correcto o uso do TE cando é obxecto ou complemento directo e do CHE cando é obxecto
ou complemento indirecto. Ou cando o CHE equivale a LLE, ou TE pode equivaler ó pronome O.

Aquí tendes dez oracións nas que está correctamente empregado: Fíxese na súa colocación.

1- Busqueite hoxe pola mañá . 6- Regaleiche unha bicicleta.

2- Tróuxenche estes libros. 7- Eles apréciante moito.

3- Hai tempo que non te vexo. 8- Contáronche un conto.

4- Fixéronche un bo favor. 9- Avisáronte tarde.

5- Quen te avisou? 10- Trouxéronche o leite para o almorz

a) Elimínanse os demostrativos neutros esto, eso e aquelo só son correctas as únicas formas:
isto, iso e aquilo. Antes admitíanse esto ou isto, aquelo ou aquilo.

b) Admítese o pronome relativo posesivo cuxo co seu feminino e plurais, así: cuxo, cuxa, cuxos,
cuxas.

O substantivo “vocal” pasa a vogal en todas as súas acepcións.

Moi a ter presente: “estudio e estudiar” pasan a estudo e estudar.

Engádese tamén liberdade con lealdade. E as seguintes palabras: chapeu, romeu, xubileu, bacallau
e pau. Admítense: ímpeto, tribo. Igualmente son válidas ouvir e oír.
En canto á interrogación (?) e a admiración (!): o emprego dos signos de interrogación e
admiración é obrigatorio ó final do enunciado, e só se recomenda ó seu principio para evitar
ambigüidade e facer máis doada a lectura.

Un erro moi corrente en Galicia é usar o verbo “facer” cando hai referencia a tempo no cato de
“haber”. Vexamos exemplos:

Hai anos que non te vexo.

Fai o que che mandan.

Hai moitos séculos que se descubriu América.

Hai un minuto que estivo aquí.

Fai todo o que quería.

As seguintes palabras teñen o “n” en castelán que o perden ó pasaren ó galego así temos: A orde, o
exame, ditame, crime, velame, abdome, réxime, vexame, xerme, lique, pole, en cambio non se
admite xoven, debe dicirse mozo, novo: Viño novo; Os mozos buscan traballo. Pero é “dolmen”,
que é un bretonismo.

Os pronomes persoais: ME, CHE, TE, LLE, NOS, VOS, LLES, O, LO, A, LA, coas súas
correspondentes contraccións: CHO, MO, LLO, LLELO, etc. que veremos noutra lección, poden ir
DIANTE ou DESPOIS do verbo. O máis difícil, mesmo para os galegos falantes.

Debe ir o PRONOME DIANTE DO VERBO nestes casos:

1- Nas frases exclamativas ou desiderativas. Exemplo: a) Que Deus te axude. b) Un raio te parta.

2- Nas oracións introducidas por QUE ou SE, oracións subordinadas. Exemplo: a) Dille que me
dea o libro. b) Se vos ven, berrade.

3- Nas frases introducidas por pronomes indefinidos, interrogativos ou exclamativos: Exemplo:


a) Ninguén te avisou. b) Canto che levou por isto?. c) Como me doen as moas!

4- No infinitivo ou no xerundio o pronome pode ir diante ou despois. Exemplo: a) Hai que


mercalo ou Hai que o mercar. b) Estaba chamándome ou Estaba me chamando.

5- Cando as oracións van introducidas por adverbio. Exemplo: a) Cando te chame, contesta. b)
Tamén te escolleron.

ERROS MÁIS COMÚNS:

1. A PARTIRES DE: Debe dicirse a partir de....(É unha locución prepositiva)

2. A PESARES: Debe dicirse a pesar de... (É unha locución prepositiva).

Lembraremos que en galego NON HAI TEMPOS COMPOSTOS. Polo tanto un erro do que temos
que fuxir é dicir "había dito" polo correcto dixera; "había feito", no canto de fixera; ou "había
andado" polo correcto andara.

Aproveitamos para recordar os verbos nos que son frecuentes as dúbidas e que empregamos moi
mal en galego:
1- Dis (non dices), dicía (non decía). 2- Souben (non supen), dicir. 3- Caeu (non caiu), voan (non
volan). 4- Andei (non andiven, nin anduven), andara (non andivera, nin anduvera). 5- Conducín
(non conduxen), foxes (non fuxes). 6- Dormes (non durmes), cospe (non cuspe) 7- Advirte (non
adverte), saio (non salgo) 8- Moio (non moo), coñezo (non coñozo) 9- Caio (non caigo), mentes
(non mintes). 10- Foxen (non fuxen), ides (non vades). 11- Ia (non iba), vou (non von). 12- Iamos
(non íbamos), sairemos (non saliremos). 13- Crería (non creería), liron (non leron). 14- Saberei (non
sabrei), caín (non caínme). 15- Lida (non leída), sae (non sale). 16- Traduciu (non traduxo). 17-
Produciu (non produxo).

Un erro moi frecuente é a pronunciación do galego como se fose en castelán nos seguintes tempos:
Na primeira e segunda persoa do plural do imperfecto de indicativo, así din no plural MAL:
Estábamos, estábades, en vez de dicir: Estabamos e estabades, sen til. Tamén se pronuncian mal nas
mesmas dúas persoas do plural do pluscuamperfecto de indicativo e condicional.

Debemos polo tanto evitar estes castelanismos:

Estábamos, estábades, estíveramos, estivérades e estaríamos, estaríades.

Novas normas:
Imperfecto de indicativo: cantabamos, cantabades; viamos, viades, etc.
Pluscuamperfecto de indicativo: cantaramos, cantarades.
Condicional: cantariamos, cantariades, etc.
Tamén no pretérito de subxuntivo, segundo a última normativa, debe pronunciarse como esdrúxula,
vexamos: cantásemos e non cantasemos; vísemos, vísedes e non visedes; colleramos e non
colléramos do pluscuamperfecto; rísemos e non risemos do pretérito de subxuntivo.
O pretérito imperfecto: é a forma do verbo que nos indica o que se facía no pasado, así: diciamos,
despachaban; dabades; vendiamos, etc.
O pluscuamperfecto e o pretérito perfecto son as formas do verbo que nos indican o que xa se fixo e
rematou no pasado, exemplos: partira, deu, mercaches, levaron, puxera.
Debemos evitar o erro máis común, repetimos, de “facer” tempos compostos, como o
incorrecto”HABÍA DITO” no canto de dixera ,ou”TI HABÍAS FEITO” en vez de fixeras.

Outro erro moi común é dicir: VOS TIVÉCHEDES. Este tivéchedes NON existe en galego,
confundímolo con TI TIVECHES e con VÓS TIVESTES ou con VOS TIVÉSEDES, que son
correctos.

(Eu tiven, ti tiveches, el tivo, nós tivemos, vós tivestes, eles tiveron)

Atención: co verbo IR máis o infinitivo de calquera outro verbo NUNCA leva “a”. Así está ben
dito: Vou xantar, vou escribir, Vou falar, etc.

(Eu tiven, ti tiveches, el tivo, nós tivemos, vós tivestes, eles tiveron)

Pois engadíndolle ó lexema ou radical as terminacións –ches en singular e –stes en plural ó Pretérito
de calquera verbo acertarémolos todos: En souben TI SOUBE-CHES, el soubo, nós soubemos, vós
SOUBE-STES, eles souberon.
Coas preposicións DE e EN

EN DE
este(s) neste(s) deste(s)
esta(s) nesta(s) desta(s)
isto nisto disto
ese(s) nese(s) dese(s)
esa(s) nesa(s) desa(s)
iso niso diso
aquel (es) naquel (es) daquel (es)
aquela (s) naquela (s) daquela (s)
aquilo naquilo daquilo

Co indefinido OUTRO

OUTRO OUTROS
este nestoutro(s) destoutro(s)
esta nestoutra(s) destoutra(s)
ese nesoutro(s) desoutro(s)
esa nesoutra(s) desoutra(s)
aquel naqueloutro (s) daqueloutro (s)
aquela naqueloutra (s) daqueloutra (s)
Posuidores Persoa Unha cousa posuída Varias cousas posuídas
Masculino__Feminino Masculino__Feminino
1ª meu_____miña meus_____miñas
2ª teu_____túa teus_____túas
3ª seu_____súa seus_____súas
4ª noso_____nosa nosos_____nosas
5ª voso_____vosa vosos_____vosas
6ª seu_____súa seus_____súas

HABER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
hei había houben
has habías houbeches
ha, hai había houbo
habemos/hemos habiamos houbemos
habedes habiades houbestes
han habían houberon

Antepretérito Futuro Pospretérito


houbera haberei habería
houberas haberás haberías
houbera haberá habería
houberamos haberemos haberiamos
houberades haberedes haberiades
houberan haberán haberían

SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro
haxa houbese houber
haxas houbeses houberes
haxa houbese houber
haxamos houbésemos houbermos
haxades houbésedes houberdes
haxan houbesen houberen
SER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
son era fun
es eras fuches
é era foi
somos eramos fomos
sodes erades fostes
son eran foron

Antepretérito Futuro Pospretérito


fora serei sería
foras serás serías
fora será sería
foramos seremos seriamos
forades seredes seriades
foran serán serían

SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro
sexa fose for
sexas foses fordes
sexa fose for
sexamos fósemos formos
sexades fósedes fordes
sexan fosen foren

IMPERATIVO
se 2ª persoa do singular
sede 2ª persoa do plural

FORMAS NOMINAIS
Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
ser ser sendo sido
seres
ser
sermos
serdes
seren
Tratamos hoxe dos COMPARATIVOS. Temos ás veces moitas dificultades en saber cando
empregar correctamente as partículas COMA e COMO; co, có; ca, cá, cos seus respectivos plurais:
cos, cós, cás e coa, coas. Por exemplo: Cólleo coa man (e non ca man). Fíxoo como sabía (e non
coma sabía)
É moi doado e pode quedar aprendido para sempre se temos en conta o seguinte:

COMPARATIVOS: “Coma” alterna ou pode cambiar por “como”. “Ca” alterna ou pode cambiar
por “que”.

A) Empregamos a partícula COMA nestes casos: Diante de calquera palabra que non sexa un verbo.
Exemplos: a) É tan bo coma ti. b) Sabe tanto coma Carme. c) É un home coma outro.

B) Empregamos a partícula COMO no seguinte caso: Cando vai diante dun verbo hai que a usar
obrigatoriamente. Exemplos: a) Fíxoo como sabía. b) Traballou como puido. c) Non fala tan ben
como escribe. d) Traballa como come.
Xa vimos o doado que é o uso de COMA ou COMO que se poden usar indistintamente. Non así
COMO que ten que ser sempre usado diante do verbo.

Agora veremos o uso correcto de ca, cá, co, có, coa e que os.

C) Empregaremos a partícula “ca” tamén diante de calquera palabra que non sexa verbo. É
obrigatorio diante dos pronomes persoais. Exemplos: a) É mellor ca ti ou ca el. etc. b) É máis forte
ca min. c) E máis lacazán ca traballador. d) Quero ir mellor á festa ca ó traballo. d) Vou mellor ó
cine ca á túa casa. Tende presente este exemplo: e) Chego antes a Lugo ca á Coruña.

D) Vexamos agora exercicios coa partícula “cá”. Esta cá sae da contracción de “ca”, comparativo, +
“o”, artigo, “a” (ca+a=cá). Exemplos: a) A miña casa é mellor cá túa. b) Gústame máis cá praia. c)
As miñas cousas son peores cás túas. c) Esa é maior cás miñas.

E) Temos o caso da partícula “coa” que cunha boa pronuncia pode soar “ca” pero débese escribir
sempre “coa” ou “coas”. (Esta partícula sae da contracción da preposición con mais o artigo
feminino a (con+a=coa). Exemplos: A) Cólleo coa man. b) Cólleo coa culler. c) Chegou coas
amigas.
F) Faremos exercicios agora coa partícula “co”. Este “co” sae da contracción da preposición “con”
mais o artigo “o” (con+o=co). Exemplos: a) Chegou co seu libro. b) Estudou co amigo. c) Chegou
cos seus libros. d) Estudou cos amigos.

Temos o caso agora de “có”. Esta partícula sae da conxunción comparativa “ca” mais o artigo “o”
(ca+o=có). Exemplo: a) Era máis traballador có amigo. b) Era mellor rapaz cós demais.

Ás veces podémonos trabucar cando oímos pronunciar en bo galego estas contraccións, se as


escribimos tal coma as escoitamos:

Exemplos:
1- Dixéronme cos teus avós son bos. (está ben pronunciado). Pero mal escrito o “cos”.
1'- Dixéronme que os teus avós son bos. (Hai que escribir así).
2- Avísalle cas túas irmás chegan mañá. (Ben pronunciado). Mal escrito “cas”.
2'- Avísalle que as túas irmás chegan mañá. (Hai que escribir así).
3- Contan co viron de noite. (Está ben pronunciado). Mal escrito “co”.
3'- Contan que o viron de noite. (Hai que escribir así).
(Presente) Ando equivale a Ando

(Imperfecto) Andaba “ Andaba

(Pretérito Perfecto) Andei “ Anduve- He andado- Hube andado

(Pluscuamperfecto) Andara “ Había andado

(Futuro) Andarei “ Andaré-Habré andado.

(Condicional) Andaría “Andaría-Habría andado.

(Presente de subxuntivo) Ande “Ande-haya andado.

(Imperfecto de subxuntivo) Andase “Hubiera o hubiese andado-

Anduviera o anduviese.

(Imperativo) Anda - Andade vos “Anda tú-Andad vosotros.

Presente Futuro
and-o coll-o part-o and-a-re-i coll-e-re-i part-i-re-i
and-as coll-es part-es and-a-rá-s coll-e-rá-s part-i-rá-s
and-a coll-e part-e and-a-rá coll-e-rá part-i-rá
and-a-mos coll-e-mos part-i-mos and-a-re-mos coll-e-re-mos part-i-re-mos
and-a-des coll-e-des part-i-des and-a-re-des coll-e-re-des part-i-re-des
and-an coll-en part-en and-a-rá-n coll-e-rá-n part-i-rá-n

Imperfecto Futuro hipotético (condicional)

and-a-ba coll-ía part-ía and-a-ría coll-e-ría part-i-ría


and-a-ba-as coll-í-a-s part-ía-s and-a-ría-s coll-e-ría-s part-i-ría-s
and-a-ba coll-ía part-ía and-a-ría coll-e-ría part-i-ría
and-a-ba-mos coll-ía-mos part-ia-mos and-a-ria-mos coll-e-ria-mos part-i-ria-mos
and-a-ba-des coll-ía-des part-ia-des and-a-ria-des coll-e-ria-des part-i-ria-des
and-a-ba-n coll-ía-n part-ía-n and-a-ría-n coll-e-ría-n part-i-ría-n

Perfecto SUBXUNTIVO
and-ei coll-ín part-ín
and-aches coll-iches part-iches Presente
and-ou coll-eu part-iu and-e coll-a part-a
and-amos coll-emos part-imos and-e-s coll-a-s part-a-s
and-astes coll-estes part-istes and-e coll-a part-a
and-aron coll-eron part-iron and-e-mos coll-a-mos part-a-mos
and-e-des coll-a-des part-a-des
Pluscuamperfecto and-e-n coll-a-n part-a-n

and-a-ra coll-e-ra part-i-ra Imperfecto


and-a-ra-s coll-e-ra-s part-i-ra-s and-a-se coll-e-se part-i-se
and-a-ra coll-e-ra part-i-ra and-a-se-s coll-e-se-s part-i-se-s
and-a-ra-mos coll-e-ra-mos part-i-ra-mos and-a-se coll-e-se part-i-se
and-a-ra-des coll-e-ra-des part-i-ra-des and-á-se-mos coll-é-se-mos part-í-se-mos
and-a-ra-n coll-e-ra-n part-i-ra-n and-a-se-des coll-e-se-des part-i-se-des
and-a-se-n coll-e-se-n part-i-se-n
DAR ESTAR
INDICATIVO INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito Presente Copretérito Pretérito
dou daba dei estou estaba estiven
dás daba deches estás estabas estiveches
dá daba deu está estaba estivo
damos dabamos demos estamos estabamos estivemos
dades dabades destes estades estabades estivestes
dan daban deron están estaban estiveron

Antepretérito Futuro Pospretérito Antepretérito Futuro Pospretérito


dera darei daría estivera estarei estaría
deras darás darías estiveras estarás estarías
dera dará daría estivera estará estaría
deramos daremos dariamos estiveramos estaremos estariamos
derades daredes dariades estiverades estaredes estariades
deran darán darían estiveran estarán estarían

SUBXUNTIVO SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro Presente Pretérito Futuro
dea dese der estea estivese estiver
deas deses deres esteas estiveses estiveres
dea dese der estea estivese estiver
deamos désmos dermos esteamos estivésemos estivermos
deades désedes derdes esteades estivésedes estiverdes
dean desen deren estean estivesen estiveren

IMPERATIVO IMPERATIVO
dá 2ª persoa do singular está 2ª persoa do singular
dade 2ª persoa do plural estade 2ª persoa do plural

FORMAS NOMINAIS FORMAS NOMINAIS


Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic. Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
dar dar dando dado estar estar estando estado
dares estares
dar estar
darmos estarmos
dardes estardes
daren estaren
FACER TRAER
INDICATIVO INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito Presente Copretérito Pretérito
fago facía fixen Traio Traía Trouxen
fas facías fixeches Traes Traías Trouxeches
fai facía fixo Trae Traía Trouxo
facemos faciamos fixemos Traemos Traiamos Trouxemos
facedes faciades fixestes Traedes Traiades Trouxestes
fan facían fixeron Traen Traían Trouxeron

Antepretérito Futuro Pospretérito Antepretérito Futuro Pospretérito


fixera farei faría Trouxera Traerei Traería
fixeras farás farías Trouxeras Traerás Traerías
fixera fará faría Trouxera Traerá Traería
fixeramos faremos fariamos Trouxeramos Traeremos Traeriamos
fixerades faredes fariades Trouxerades Traeredes Traeriades
fixeran farán farían Trouxeran Traerán Traerían

SUBXUNTIVO SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro Presente Pretérito Futuro
faga fixese fixer Traia Trouxese Trouxer
fagas fixeses fixeres Traias Trouxeses Trouxeres
faga fixese fixer Traia Trouxese Trouxer
fagamos fixésemos fixermos Traiamos Trouxésemos Trouxermos
fagades fixésedes fixerdes Traiades Trouxésedes Trouxerdes
fagan fixesen fixeren Traian Trouxesen Trouxeren

IMPERATIVO IMPERATIVO
fai 2ª persoa do singular Trae 2ª persoa do singular
facede 2ª persoa do plural Traede 2ª persoa do plural

FORMAS NOMINAIS FORMAS NOMINAIS


Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic. Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
facer facer facendo feito Traer Traer Traendo Traído
faceres Traeres
facermos Traer
facerdes Traermos
serdes Traerdes
faceren traeren
PÓR = POÑER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
Poño Puña Puxen
Pos Puñas Puxeches
Pon Puña Puxo
Pomos Puñamos Puxemos
Pondes Puñades Puxestes
Pon Puñan Puxeron

Antepretérito Futuro Pospretérito


Puxera Porei Poría
Puxeras Porás Porías
Puxera Porá Poría
Puxeramos Poremos Poriamos
Puxerades Poredes Poriades
Puxeran Porán porían

SUBXUNTIVO
Presente Pretérito Futuro
Poña Puxese Puxer
Poñas Puxeses Puxeres
Poña Puxese Puxer
Poñamos Puxésemos Puxermos
Poñades Puxésedes Puxerdes
Poñan Puxesen Puxeren

IMPERATIVO
Pon 2ª persoa do singular
Ponde 2ª persoa do plural

FORMAS NOMINAIS
Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
Pór Pór Pondo Posto
Pores
Pór
Pomos
Pordes
Poren
O comparativo pode ser de:

1. Igualdade con: a) tan, b) coma, c) como.


a. Son tan alto coma ti.
b. O exame foi tan doado como pensaba.
c. Xaquín é tan grande coma min.

2. Superioridade: a) máis, b) que, c) do que.


a. É máis bo do que parece.
b. Bótame máis auga que/ca viño.
c. Pocholo traballa máis ca nós.

3. Inferioridades: a) menos, b) ca/que, c) do que.


a. Teño menos traballo do que ti tes.
b. Lois é menos louro ca min.
c. Ten menos cartos ca calquera.

Hai que evitar o incorrecto MÁIS MAIOR, tan pouco dicimos MÁIS PEOR. En Galicia dicimos, por
exemplo: o fillo “máis vello” (por maior) ou o fillo “máis novo”. Non está admitido “xoven”, nin
“xóvenes” que aínda vemos en publicacións oficiais.... Debe dicirse “mozos” “novos”. Así “viño
novo” non viño xoven. É incorrecto: “xóvenes agricultores”.

EXERCICIOS RESOLTOS. COMPARATIVOS DE:


- (Igualdade) Foi un día tan chuvioso como dixeron.
- (Igualdade) Esta vila é tan bonita como/a aquela.
- (Superioridade) A casa éche máis alta do que eu cría.
- (Superioridade) Helena é máis cariñosa ca/que Xosé.
- (Inferioridade) Saíu menos doce do que querían.
- (Inferioridade) Ten menos cartos ca/que calquera de vós.

O SUPERLATIVO:
1. Absoluto: A calidade está no maior grao de todos.
a. Aquel foi o maior atrevemento do alpinista.

2. Relativo: indica a calidade tamén no maior grao de todos con respecto ós demais cos que se pode
relacionar:
a. Son os máis preocupados por saber do instituto.

3 Superlativos sintéticos:
Mísero = misérrimo. Feo = feísimo.
Acre = acérrimo. Fiel = fidelísimo.
Vello = vellísimo.

1- SEMANA (non semán), PARELLA (non parexa), COELLOS (non conexos).

2- MANUEL (non Manoel), LONXE (non lexos), AMBIENTE (non ambente), CIENCIA (non
cencia).

3- CALQUERA (non calqueira)

4- ANDARA (non había andado nin andivera, nin anduvera), ÁMBITO (non ámeto, nin ámbeto.

5- ESTE (non iste), CELLAS (non cexas).


6- PRIMAVERA (non primaveira), IGREXAS (non eirexas), MONUMENTOS (non moimentos)

7- OFICINA (non oficiña), ESTRADA (non carreteira), ÁRBORES (non albres nin arbes).

8- PULMONIA (non polmonía).

9- ESPERANZA (non espranza), LINGUA (non lingoa), SAÚDE (non salú).

10- QUEN (non quenes), HORIZONTE (non hourizonte).

11- BRILLABA (non brilaba), ANDOU (non andivo, nin anduvo)), SOMBRA (non soma)

12- MONTAÑA (non montana), NINGUÉN (non naide), NADA ou REN(1).

13- ZONA (non zoa(2)), ZOA.

14- PERSOAS(3) (non personas), PERSOAL (non personal), XERAL(4) (non xeneral).

15- XENERAL (militar) (non xeral), XERALMENTE (non xeneralmente), PERSONALIDADE (non
persoalidade), PERSONAXE (non persoaxe).

(1)Teñamos presente: Agora admítese tamén RES ou REN.


(2)Temos ZONA cando se refire a comarca, bisbarra: así “zona escolar” (non zoa escolar). En cambio:
Esta tarde zoa moito vento, de zoar.
(3) A forma correcta é persoa e a súa familia léxica: impersoal, persoal, persoalmente, persoeiro. En
cambio é personalidade, personalismo, personalización, personalizar, personaxe, personificación,
personificar. OLLO: persona é un castelanismo e óese moito.
(4) XERAL: pero debe dicirse xeneralizar e xeneralización. A palabra XENERAL úsase soamente con
significado militar: O xeneral mandaba as tropas.

Primavera (non primaveira), a árbore (non albre, nin arbre), semana (non somana), orgullo (non
orgulo), murmurar (non marmurar), destino (non destiño), campesiño (non campesino), ruína (non
ruiña), soidade (non soidá), preguiza (non perguiza), meu irmán (non meu irmao), humano (non
humán), centro urbano (non urbán), gasolina (non gasoliña), oficina (non oficiña).

Consiste este erro no fenómeno chamado “metátese” que consiste no cambio de lugar do “r” dentro da
palabra; dase tanto na escrita como na fala. Entre parénteses diremos as incorrectas: aperta (non
apreta), prexuízo, prexudicar, prexudicial (non perxuízo, nin perxudicar, nin perxudicial), debe dicirse
preto (para cerca ou negro) (non perto), presebre (non pesebre), sobre (non sobor, nin sober), precisar
(non percisar), promesa (non pormesa), escribir (non esquirbir).
Aínda se oen estes erros: Carlos (non Calros), perla, (non pelra), merlo (non melro), burla (non bulra)

Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos: destiño por destino, brilar por brillar, humán por humano,
primaveira por primavera, zoa por zona, xarope e non xarabe débense evitar; o mesmo os
vulgarismos: probre por pobre, ademirar por admirar, histórea por historia, íntemo por íntimo,
indición polo correcto inxección, arbe por árbore, mamoria en vez de memoria, cencia por ciencia;
que consisten en deformar certas palabras que, pola mesma razón que dixemos antes, coinciden co
castelán, e nós pensamos que son máis nosas “galeguizándoas”, querémolas diferenciar e facémolo
mal, por Manuel dicimos mal Manoel.

Tamén temos que fuxir dos castelanismos: antoxo por antollo, axuntamento por concello, parexa hai
que dicir parella; baraxa hai que dicir baralla, conexo por coello; lentexa no canto de lentella, etc. que
son un calco do castelán, como vemos, fáciles de distinguir. A través do castelán entraron moitos
préstamos no galego: escoba por vasoira, grifo por billa, sartén por tixola. Non se di sin senón sen.
Aventaxar é un castelanismo por avantaxar; vixiar correcto e non vixilar; vidro non vidrio; casarío
forma correcta e non caserio.

-Verbos rematados en –UIR: constituír, construír, restituír, contribuír, prostituír, destruír, concluír,
substituír, incluír.

CONSTRUÍR:
Presente de Indicativo: constrúo, constrúes, constrúe.....

Subx. Presente: constrúa, constrúas, constrúa, construamos, construades, constrúan.

-Verbos rematados en –ECER: agradecer, coñecer, crecer, renacer, ou -UCIR: conducir, producir,
inducir, aducir, traducir.

AGRADECER:
Presente de Indicativo: agradezo, agradeces, agradece...

Subx. Presente: agradeza, agradezas, agradeza, agradezamos, agradezades, agradezan.

CONDUCIR:
Presente de Indicativo: conduzo, conduces, conduce.

Subx. Presente: conduza, conduzas, conduza, conduzamos, conduzades, conduzan.

-Verbos rematados en –UCIR nos que se cometen moitos erros: conducir, producir, inducir, traducir,
aducir, reducir.

CONDUCIR:
Perfecto: conducín, conduciches, conduciu, conducimos, conducistes, conduciron.

Pluscuamperfecto: conducira, conduciras, conducira....

Subx. imperfecto: conducise, conducises, conducise...

VERBOS: DURMIR, SUBIR, ULIR, FUXIR

PRESENTE DE INDICATIVO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durmo subo ulo fuxo
dormes sobes oles foxes
dorme sobe ole foxe
durmimos subimos ulimos fuximos
durmides subides ulides fuxides
dormen soben olen foxen
COPRETÉRITO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durmía subía ulía fuxía
durmías subías ulías fuxías
durmía subía ulía fuxía
durmiamos subiamos uliamos fuxiamos
durmiades subiades uliades fuxiades
durmían subían ulían fuxían

FUTURO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durmirei subirei ulirei fuxirei
durmirás subirás ulirás fuxirás
durmirá subirá ulirá fuxirá
durmiremos subiremos uliremos fuxiremos
durmiredes subiredes uliredes fuxiredes
durmirán subirán ulirán fuxirán

IMPERATIVO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durme sube ule fuxe
durmide subide ulide

PRESENTE DE INDICATIVO
SERVIR SENTIR SEGUIR
sirvo sinto sigo
serves sentes segues
serve sente segue
servimos sentimos seguimos
servides sentides seguides
serven senten seguen

COPRETÉRITO
SERVIR SENTIR SEGUIR
servía sentía seguía
servías sentías seguías
servía sentía seguía

1.- Orquestra (non orquesta). 2.- Laranxa (non naranxa por castelanismo). 3.- Orde, palabra de xénero
feminino como contraorde, desorde en cambio é coordinar, ordenación, ordenador, ordenado,
ordenanza, ordenar. 4.- Para forma correcta. A voz pra, nunha pronuncia rápida non está admitida na
escrita, é un vulgarismo. 5.- Oxalá é a forma correcta e non ogallá . 6.- Montaña é correcto, non
montana. 7.- Paixón correcto e non o castelanismo pasión. 8.- Perdoar correcto e non o castelanismo
perdonar. 9.- Posuír correcto e non o castelanismo poseer. 10.- Pobre correcto é non probe. 11.-
Sabedoría correcto e non sabiduría. 12.- Sangue é masculino, o sangue. 14.- Reloxo correcto e non
reló, castelanismo. 15.-Moa, correcto e non muela. 16.- Marzo correcto cando é mes: En marzo hai bo
tempo. En cambio marzal referente a esta época. 18.- Monumento, correcto, moimento só raramente
cando é un monumento fúnebre. 19.- Lingua, correcto e non o vulgarismo lingoa. 20.- Lanterna e non
linterna. 21.- Inxección correcto e non indición. 22.- Margarida, correcto e non margarita.

SABER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
sei sabía souben
sabes sabías soubeches
sabe sabía soubo
sabemos sabiamos soubemos
sabedes sabiades soubestes
saben sabían souberon

Antepretérito Futuro Pospretérito


soubera saberei sabería
souberas saberás saberías
soubera saberá sabería
souberamos saberemos saberiamos
souberades saberedes saberiades
souberan saberán saberían

AS FORMAS PRONOMINAIS DE SOLIDARIEDADE

un interlocutor varios interlocutores


Tratamento familiar CHE VOS
Tratamento de cortesía LLE LLES

Exemplos coas respectivas formas:


1- Dóecheme ben a cabeza.
2- O rapaz élle moi bo estudante.
3- Non vos teño lecer para nada.
4- Vailles parecer moi caro.

OBSERVACIÓN: Ás veces poden toparse seguidos dous pronomes de solidariedade: “Os galegos
sónchevos moi traballadores”. Non se pode en cambio repetir o mesmo pronome: “Os galegos
sóncheche (MAL) moi traballadores”

O pronome de solidariedade cando non vai unido, en posición proclítica, escríbese separado:

a) O meu fillo non che/me estuda nada.


b) Nunca che lle sucedeu outra igual. Cando o pronome de solidariedade vai enclítico, sóldase ós
outros pronomes átonos.
c) Quíxochenolo contar pero non llo permitimos.
Vemos que o “che” dos tres exemplos son pronomes de solidariedade e intraducibles, é dicir non
usados en castelán.

OLLO cos verbos: queimar, casar, caer, subir, quedar, sentar: non son reflexivos, non deben levar
pronomes:
a) Queimeime a man, debe ser: Queimei a man.
b) Subinme ó tellado, debe ser: Subín ó tellado.
c) Quedeime calado, debe ser: Quedei calado.
d) Séntate ben, debe ser: Senta ben.

INSTANTE: Significa “agora mesmo”. Neste momento: “Agarda un instante”.

MOMENTO: É o termo máis xeral, con maior duración “O momento histórico no que vivimos”.

INTRE: É un momento intermedio: Pequeno espazo de tempo entre dous momentos. É incorrecto
dicir “Durante un intre non falou”. Abusamos moito de “intre” que, como vemos, ten unha
significación máis restrinxida. Intervalo é o seu sinónimo. Nese intre chegaron os amigos.

SE: En vez de “si” como conxunción, como queda dito: “Se vés á festa....” “Se mo dis...”.

SI: Só se emprega como adverbio de afirmación, sen til. Aínda que o galego para afirmar
normalmente repite o verbo da pregunta: “Fuches ó cine? Fun. Non existe como condicional.
Incorrecto dicir: “Si chove” debe dicirse “Se chove”.

SIN: cantelanismo por sen.

SÓ: formoa correcta. Non soio

VOANTE: Adxectivo derivado de voar: “Obxectos voantes”.

VOLANTE: “Teño mal o volante do coche” e tamén “Fun polo volante ó médico”.

MEDICINA: É unha voz culta. É a carreira que estudan os médicos na facultade de MEDICINA. E
tamén, “Merquei unha medicina na farmacia”. Mediciña é un hipergaleguismo.

A) Falaremos dos numerais que serven para contar:


1 = un/unha. 2 = dous/dúas. 3 = tres. 4 = catro.
5 = cinco. 6 = seis. 7 = sete. 8 = oito. 9 = nove.
10 = dez. 11 = once. 12 = doce. 13 = trece.
14 = catorce. 15 = quince. 16 = dezaseis 17 = dezasete
18 = dezaoito. 19 = dezanove. 20 = vinte. 21 = vinte e un
Vinte e unha. 22 = vinte e dous, vinte e dúas. 23 = vinte e tres
30 = trinta. 31 = trinta e un, trinta e unha. etc.

Ollo con estes números:


40 = corenta. 50 = cincuenta. 60 = sesenta.
70 = setenta. 80 = oitenta. 90 = noventa.
200 = douscentos, duascentas.
500 = cincocentos, cincocentas, quiñentos/as.
1.000 = mil. 1.000.000 = un millón.
ATENCIÓN: Son incorrectas as formas: dazaseis, dazasete, dazaoito e dazanove, aínda que se oen
moito. Tamén son incorrectas: sasenta, satenta e ochenta.Son incorrectas tamén as formas: vinteún,
vintedous, vintetrés, vintecatro, etc. Teñen que escribirse separadamente como vimos antes coa
conxunción “e”, así son correctas: vinte e un, vinte e dúas, vinte e tres... trinta e un/unha, corenta e
tres, corenta e cinco, cincuenta e un, sesenta e tres, e así ata noventa e un, noventa e tres....aínda que a
súa pronuncia por efecto da contracción ten que ser como se fose unha soa palabra: (vinteún).

B) Os que serven para indicar a orde das persoas ou cousas:


Primeiro/a; segundo/a; terceiro/a; sétimo/a; oitavo/a etc. undécimo/a ou décimo primeiro; décimo
terceiro/a; décimo sétimo/a; décimo oitavo/a; décimo noveno; vixésimo; vixésimo primeiro/a;
trixésimo/a; cuadraxésimo/a; quincuaxésimo/a; sesaxésimo/a; septuaxésimo/a octoxésimo/a;
nonaxésimo/a; centésimo/a; milésimo/a.

C) Os múltiplos indican que se multiplica unha cantidade:

2=Dobre ou duplo/a; 3=triplo/a (non se admite triple); 4=cuádruplo/a (non se admite cuadruple);
5=quíntuplo/a ...; 6=séxtuplo/a; 7=séptuplo/a; 8=óctuplo/a; 9= nónuplo/a; 10=décuplo/a; 11=once
veces (non se admite undécuplo); 12= doce veces (non se admite duodécuplo); 13=trece veces (non se
admite terzodécuplo); 100= céntuplo/a.

D) Os Partitivos indican unha parte dun todo:

1/2=Medio, metade; 1/3 =terzo; 1/4=cuarto; 1/5=quinto; 1/6=sexto; 1/7=sétimo; 1/8=oitavo;


1/11=onceavo; 1/12=doceavo... ; 1/20=vinteavo; 1/22=vinte e dousavo; 1/30=trinteavo ...;
1/100=centésimo; 1/1000=milésimo...

E) Os Colectivos indican un conxunto de algo:

Par, parella, decena, ducia, quincena, vintena, trintena, centena, milleiro.


Milleiro e millar son sinónimos, na linguaxe matemática para a descrición de cifras úsase millar:
Unidade de millar, centena de millar.

o/lo a/la os/los as/las


me mo ma mos mas
che cho cha chos chas
lles llo lla llos llas
nos nolo nol nolos nolas
vos volo vola volos volas
lles llelo llela llelos llelas

TÓNICOS: Teñen acento fonético propio. Exemplo: vós, nós, min, comigo, contigo.

ÁTONOS: Non levan acento fonético e apóianse forzosamente no verbo. Exemplo: me, te, lles, che,
vos, nos.

- EMPREGO DOS PRONOMES: LO, LA, LOS, LAS


Dos verbos que acaban en -S ou –R.
• Estudar (a lección) = Estudala.
• Colliches (as cousas) = Collíchelas.
Dos pronomes: nos, vos e lles: Pintounos (o coche) = Pitóunolo.
- NO, NA, NOS, NAS
Despois dos verbos que rematan en ditongo:
• Coñeceu o neno = Coñeceuno / Coñeceuna / Coñeceunos.

- O, A, OS, AS
Úsanse nos demais casos:
• Deixa os libros = Déixaos.
• Non vexo a nena = Non a vexo / Non os vexo / Non as vexo

Os principais cambios aprobados pola Real Academia dos que xa vimos algúns nos temas anteriores:
- Acentúanse só as interrogativas indirectas: “Xa me dirás qué che dixo”.

- Non se acentúan as interrogativas directas ou admirativas e teñen que levar obrigatoriamente, ó final
só, os signos de interrogación e de admiración. Só se colocarán ó principio para facer máis clara de
entender a súa lectura: Que fas?; Que calor!; Silencio, por favor!.

- O signo ? entre paréntese expresa dúbida (?): É un músico excelente (?).

- O signo ! entre paréntese indica perplexidade (!): Di que non é culpable (!) e que lle perdoemos.

- En canto o ARTIGO DETERMINADO é obrigatorio o uso da segunda forma do artigo (lo, la, los,
las) só despois da preposición “por” (polo día) e do adverbio “u” (u-los meus libros). Isto non é
ningunha novidade pois antes das novísimas normas xa era así: polo, pola (pola mañá).

- Nos demais casos NON é obrigatorio, senón optativo o emprego ou non da segunda forma do artigo:
-lo, -la, -los, -las tras os verbos rematados en –r ou –s ou dos pronomes átonos nos, vos, lles ou dos
pronomes tónicos nós e vós, preposición tras, e indefinidos ambos e todos e conxunción copulativa “e
mais”. Isto tampouco non é ningunha novidade, antes tamén se podía escribir todos os ou tódolos, con
esta opción os alumnos, e sen ser alumnos pronunciarán en castelán “todos os” no canto de “tódolos
os”. O mesmo como pronuncian a contracción (ao ou ós para o plural) Sempre len ou din (Vou “ao”
colexio) en vez da fonética (“ó” colexio). Por iso usamos na escrita sempre “ó”, non por distinguirnos
senón en prol da fonética galega.

- ATENCIÓN. Nas Normas sempre se emprega a segunda forma do artigo, nos que é obrigatoria que
vimos antes, así escriben: Todos os días; todas as; etc, Temos os libros.... pero coa pronuncia (tódolos,
tódalas, témolos, etc. que non fan). Pero doutores ten a Santa Madre Igrexa.

- “Ao” sae da contracción da preposición “a” co artigo “o”. Nas normas escriben “ao”. Pero valen
“ó”=ao: “Van ó cine” ou “Van ao cine”. En plural: Perseguen ós (aos) ladróns. Nestes temas, (e tamén
cando escribimos,) preferimos a forma “ó”, o artigo contracto, porque é opcional facelo entre “ó” ou
“ao”. A razón é para evitar que os alumnos pronuncien “ao” no canto de “ó”, como o temos
comprobado na nosa experiencia.

-Perden un “c” cando van tras as vogais “i” e “u” nos grupos cultos –ct- e –cc. Vexamos algunhas:
Collamos dous modelos: Ditado e Condutor, perden un “c”, que vai diante de “t”. Así: aflición,
contradición, dicionario, indución, introdución, construción, produción, redución, conduta, vítima,
produto, tradutor, tradución, todas elas doadas de recordar.

- Pero as excepcións son enormes, en caso de dúbida hai que botar man dun dicionario actualizado.

Ás veces resúltanos difícil recordar os xentilicios dos seguintes topónimos: Foz=focego;


Mondoñedo=mindoniense; Valadouro=valadourés; Pobra de Trives=trivés; O Bierzo=berciano;
Tui=tudense; Porto do son=sonense; A Guarda=guardés; Fisterra=fisterrán; Mondariz=mondaricense;
Ribadumia=ribadumiense; Melide=melidao
Poseer / posuír pavillón / pabellón xaula / gaiola
Teñir / tinxir connivencia / conivencia crueza / crudeza
Freo / freno orquesta / orquestra suar / sudar

Ter

INDICATIVO SUBJUNTIVO
IMPERATIVO
PRESENTE COPRETÉRITO PRESENTE
teño tiña teña
tes tiñas teñas ten
ten tiña teña
temos tiñamos teñamos
tendes / tedes tiñades teñades tende / tede
teñen tiñan teñan
PRETÉRITO ANTEPRETÉRITO PRETÉRITO INF. CONJ.
tiven tivera tivese ter
Tiveches tiveras tiveses teres
tivo tivera tivese ter
tivemos tiveramos tivésemos termos
tivestes tiverades tivésedes terdes
tiveron tiveran tivesen teren
FUTURO POSPRETÉRITO FUTURO F. NOMINALES
terei tería tiver INF.
terás terías tiveres ter
terá tería tiver GER.
teremos teriamos tivermos tendo
teredes teriades tiverdes PART.
terán terían tiveren tido

Los derivados abster, ater, conter, deter, entreter, manter, reter y soster se conjugan igual.
1. As palabras que rematan en –aría, admiten tamén o sufixo –ería: camisaría, chocolataría,
enfermaría, lavandería, libraría, moblaría, tinturaría, zapataría como tamén: notaría, secretaría, entre
outras moitas máis.... son correctas ou normativas pero como no galego medieval tamén están
documentadas as rematadas en –ería admítense tamén como correctas ou normativas, entón é mellor
seguir co sufixo: -ería, e dicir: enfermería, enxeñería, gandería, panadería, reloxería, cervexería,
zapatería, papelería....

2. Sufixos ou terminacións en –zo, -za/-cio, -za. –ancia, -encia, -cencia. Temos palabras con estas
terminacións ou sufixos en galego, que coinciden co castelán e co portugués: abundancia, alternancia,
circunstancia, ganancia, ignorancia, resonancia, vixilancia. Sería moi extenso escribir a morea de
palabras con estes sufixos, pero si RECORDAREMOS: aquelas en –zo, -za, coas que estamos
familiarizados; A si debemos escribir por normativas: diferenza, indiferenza. espazo, graza, desgraza,
licenza, perseveranza, presenza, sentenza, servizo, xustiza, xuízo, axustizar, inxustiza, prexuízo,
crenza, doenza, prezar, preguiza, desprezo.

C- USO CORRECTO E INCORRECTO DE CERTAS VOCES:

ILLAR, exemplo: Vivo illado no monte; non


AZUCRE; é incorrecto azúcar.
aillar.
BARALLA, non é correcto baraxa por
ILLAMENTO; non aislamento.
castelanismo.
BEIRARRÚA; non acera. LIXO, é incorrecto basura, desperdicios.
AMBIENTE; non ambente. BACALLAU, non bacalao por castelanismo.
AMPOLA; non ampolla. BOCEXAR; non bostezar.
ALEIVOSÍA; non alevosía. BALEA; non ballena.
APAIXONAR; non apaixoar. ATROPELAR; non atropellar, nin atropello
ÁRBORE, a árbore; non albre, nin arbre. CIRURXÍA; non ciruxía.
AVALIACIÓN; non evaluación. CASARÍO; non caserío.
AVARÍA; non avería. CONFRARÍA; non cofradía.
CONCELLO; non axuntamento, referíndose
á casa dos concelleiros.

D- RECORDEMOS O BERRO DOS ANIMAIS.

A galiña = cacarexa O burro = ornea


O porco= cuínca ou gruñe. A ovella= bea
O cabalo= rincha. O gato= miaña
Os pitos= pían O xílgaro= rechouchía

E- SUBLIÑA OS CASTELANISMOS:
“Antes non había carretera ata a escuela. A escuela empezaba en setembro. No verán o calor facía
sudar. O desayuno era pouco. O varrer con escobas botábamos agua para non levantar polvo”.
Correccións dos castelanismos: estrada, escola, ó, a calor, suar, almorzo, vasoiras, botabamos auga,
po.

F- REPASEMOS OS SUPERLATIVOS ESPECIAIS DE:

BO = óptimo MALO = pésimo


GRANDE = máximo POBRE = paupérrimo
LIBRE = libérrimo SABIO = sapientísimo
CÉLEBRE = celebérrimo BAIXO = ínfimo
ALTO = supremo PEQUENO = mínimo.

NOTA: Debemos evitar “máis maior” e “máis peor”.

G- COMPLETA CON “TE” ou “CHE”.

-Coñecinte pola voz.


-Moito che brillan os ollos
-Teño que verte no cine
-Portácheste moi ben
-Vendéronche gato por lebre
-Mañá lévote comigo
-Non te puiden ver
-Fixéronche un agasallo

DO NOSO

O carácter agarimoso do idioma galego fai que os diminutivos na nosa lingua abunden moito.
Empréganse moi a miúdo como sentimento de afecto, de tenrura. Os diminutivos máis comúns son en:
-iño, -iña: neniño, fontiña. Outras veces rematan en –elo, -ela e en –ello, -ella: cadelo, fontela,
cortello, etc. Non sempre diminúen o significado. Ás veces poden ser aumentativos: o avó vai velliño
= moi vello.

DEMOSTRATIVOS

Temos tendencia na maioría das veces, por diferencialismo, a cambiar as vogais ou mesmo as
palabras, coma xa vimos. Isto pasa cos PRONOMES e ADXECTIVOS DEMOSTRATIVOS, tamén.
Deste xeito escoitamos moitas veces: ISTE coche é meu, no canto de ESTE coche é meu. AQUILA
rapaza está enferma por AQUELA rapaza está enferma. Aínda que hai zonas nas que se empregan. A
normativa só admite as seguintes:

singular plural
masculino feminino neutro masculin feninino
PROXIMIDADE este esta isto estes estas
DIST. MEDIA ese esa iso eses esas
AFASTAMENTO aquel aquela aquilo aqueles aquelas
A forma ELO non se usa, hai que empregar ISO ou ISTO. Non se debe dicir: “ELO non está ben”. O
correcto é dicir: “ISO non está ben”. ELO significa eslavón: unha cadea de ELOS. O pronome neutro
“elo”, existiu na lingua antiga, pero foi substituído por outros pronomes, sobre todo polos
demostrativos neutros. Aínda que é unha forma correcta caeu en desuso.
* As formas ISTE, ISE; ISTES, ISES ... existen en galego como variantes dialectais, e polo tanto non
normativas.

ATENCIÓN AS CONTRACCIÓNS:

ESTE ESE AQUEL ESTES ESES AQUELES


Demostrativos
ESTA ESA AQUELA ESTAS ESAS AQUELAS
Neutro ISTO ISO AQUILO
deste dese daquel
destes deses daqueles
DE desta desa daquela
destas desas daquelas
disto diso daquilo
neste nese naquel
nestes neses naqueles
EN nesta nesa naquela
nestas nesas naquelas
nisto niso naquilo

- Os demostrativos ESTE, ESTA, ISTO. ESE, ESA, ISO. AQUEL, AQUELA, AQUILO. Contraen co
indefinido OUTRO, cos seus respectivos plurais.

masculino femenino
singular plural singular plural
estoutro estoutros estoutra estoutras
esoutro esoutros esoutra esoutras
aqueloutro aqueloutros aqueloutra aqueloutras

- Vexamos as posibles contraccións ESTOUTRO, ESOUTRO, ESOUTRA, AQUELOUTRO,


AQUELOUTRA. Ollo ós plurais: ESTOUTROS, AQUELOUTROS. Cos seus respectivos femininos.
Só toma o “s” o segundo elemento.
- CONVÉN LEMBRAR que ESTOUTRO, ESOUTRO, AQUELOUTRO supoñen unha elección entre
dous ou máis obxectos aínda que non estean expresos. Pois a elección pode estar implícita. Se digo:
“AQUEL é mellor ca ESTOUTRO”, ou “Desexo AQUELOUTRO”, quedan aclarados os dous casos.

CONTRACCIÓNS CON “DE e “EN”


CON “DE”:
A) Este + de = DESTE. Esta + de = DESTA. Isto + de = DISTO
B) Ese + de = DESE. Esa + de = DESA. Iso + de = DISO.
C) Aquel + de = DAQUEL. Aquela + de = DAQUELA. Aquilo + de = DAQUILO. Cos consabidos
plurais.

CON “EN”
A) Este + en = NESTE
B) Esa + en = NESA. Iso + en = NISO.
C) En + aquel = NAQUEL. En + aquela = NAQUELA.

* É aínda contraen estas preposicións, “DE” e “EN”, como: DESTOUTRO, NESTROUTRO,


NAQUELOUTRO, cos seus respectivos femininos e plurais.
* OLLO: Hai que fuxir polo tanto de escribir e de pronunciar: (este outro, aqueles outros, de estes
outros, en aqueles outros no canto dos correctos estoutros, aqueloutros, destoutros ou naqueloutros,
erros moi comúns).

CASOS ESPECIAIS
1) AQUEL, amais de demostrativo, é un substantivo coa significación de “engado”, “xeito”,
“oportunidade”, “gallo ou motivo”. Por exemplo: “Ramona ten un AQUEL que me engaiola”.
“Chegou co gallo das vacacións do Nadal”.
2) “AQUELAR” é un verbo comodín. Cando non nos sae a palabra exacta botamos man de aquelar:
Teño que ir o dentista a que me aquele (empaste) esta moa. Aquélame (arranxar) esta garabata.
3) A contracción DAQUELA equivale: a) Ó adverbio de tempo ENTÓN: “DAQUELA cando era
pequeno non había tantos coches”. b) Tamén pode funcionar coma conxunción con equivalencia a
“polo tanto”: Non estudaches DAQUELA non te queixes.
Repetimos: Debemos evitar: Iste coche é meu, no canto de Este coche é meu. Aquila rapaza está
enferma por Aquela rapaza está enferma.
Sen embargo a forma “elo” non se usa, hai que empregar “iso” ou “isto”.

A) RELATIVOS

As seguintes son as formas dos pronomes relativos:

INVARIABLES: que – quen

VARÍAN NO NÚMERO: cal - cales.

VARÍAN EN XÉNERO E NÚMERO: canto - canta; cantos - cantas.

OLLO:
1- a) “QUENES” é un castelanismo e b) “CAIS” un lusismo que debemos rexeitar. Debe polo tanto
dicirse nos plurais: a) QUEN sodes? - QUEN chama? - Os QUE viñeron xa se foron. b) CALES
queres? e non “QUENES chaman” nin “CAIS queres” nin “QUENES son”.

OLLO: “QUEN” só pode levar o verbo en plural co verbo SER: QUEN SON?, QUEN SERÍAN?.
Cos demais verbos, o verbo ten que ir en singular: QUEN veu?. QUEN debe escribir?

2-”QUEN” pode usarse como “SER CAPAZ DE”: a) Non foi “quen” de tocarme. b) Non es “quen” de
vir.

3- Nas novas normas admítese o antes rexeitado relativo posesivo CUXO, CUXA, cos seus plurais
CUXOS, CUXAS. Esta partícula desaparecera ó longo da historia dos usos orais, con esta
incorporación de “cuxo ó galego” temos máis posibilidades na escrita e na fala.

B) INTERROGATIVOS
Son as mesmas partículas: QUE, QUEN, CAL, CALES que funcionan tamén coma
EXCLAMATIVOS. É moi enxebre o seu uso precedido do artigo. Exemplo: O que alí vin!.

Quen, tamén coma exclamativo: ¡Quen puidera convosco voar!


Que, seguido da preposición de e un nome indica cantidade: ¡Que de xente había alí!, equivale a
Canta xente había alí!.
CANTO, CANTA, CANTOS, CANTAS, CANDO, COMO e ONDE úsanse coma interrogativos con
matiz adverbial de cantidade e como exclamativos: Canto leva padecido!. Cando o pensas facer!.
Como me chamabas!.

Ás veces, aínda que se vai perdendo o seu uso, topamos as seguintes formas dun INTERROGATIVO
adverbial de orixe latina -UBI-Quedan: ULO, ULA; ULOS e ULAS. O “u” é o interrogativo, LO, LA,
LOS, LAS, son pronomes de terceira persoa con oficio de O. Directo. Exemplo: “Os amigos
¿ULOS?”. Cando é adxectivo vai unido o artigo e polo tanto separado polo trazo. Exemplo: U-los
libros?”.

C) INDEFINIDOS
Son unhas palabras que poden funcionar coma adxectivos ou coma pronomes. Citarémolos segundo a
súa función:

* COMO PRONOMES: 1- Alguén está falando. 2- Ninguén mo dixo. 3- Calquera pode facelo.
HAI QUE REXEITAR calqueira QUE SE OE MOITO. 4- Cadaquén que o faga como vexa. 5-
Quenquera que sexa que o diga. 6- Algúns non son puntuais. 7- Algúns (adxectivo) libros non valen.
8- Non chegou ningún. 9- Ningunha (adxectivo) noticia é boa. 10- Déronme outro máis. 11- Ambos
(adxectivo) avós estiveron en América. 12- O mesmo (adxectivo) rapaz do outro día chamoume.

“MESMO” ás veces ten valor de “incluso”. Exemplo: Mesmo mo dixo a min. Tamén se usa coma
unha expresión adverbial. Exemplo: E coa mesma alporizouse todo.

Así de crimen = crime en galego; examen = exame en galego; virxen = virxe en galego; e así coas
seguintes palabras: orden (e); imaxen (e); abdomen (e); numen (e) (inspiración); réximen (e);
vexamen (e); gluten (e); liquen (e); polen (e), semen (e). Exceptúase dolmen que é un bretonismo.

O ADVERBIO

- O ADVERBIO é unha palabra invariable que modifica a un verbo (cando vén), a un adxectivo (é
unha persoa moi boa), e ás veces a outro adverbio (chega sempre tarde).
- Hai moitas clases de adverbios: a) DE TEMPO b) LUGAR c) MODO d) CANTIDADE.

A) DE TEMPO: Hoxe, onte, antonte, trasantonte, hogano = (nestes tempos); antano = (o ano pasado
ou noutros tempos); hoxe en día, arestora = (que provén do latín “hac + ista + hora); agora, neste
momento, nestes tempos. Agora, antes, despois, entón, daquela, logo = (despois de agora); axiña,
preto, de contado, cedo, tarde, aínda, inda, xa, de momento, mentres, namentres, sempre, decote,
nunca.

B) DE LUGAR: Aquí, aí, alí, acá, acó, aló, alá, acolá, encima, dentro, fóra, preto, cerca, lonxe,
abaixo, embaixo, debaixo, avante, atrás, detrás, adiante, diante, enfronte, arredor, u?, onde, eis,
velaquí, velaí, ó lado, a rentes, a carón, ó pé.

- E estes tres adverbios especiais, DE LUGAR tamén:


a) ALGURES: significa “algunha parte” = “Ten que estar en algures”

b) NINGURES = “ningunha parte” = procede de (ningún + algures).


Exemplo: Onde estará? = En ningures.

c) XALUNDES: (moi pouco oído) significa “en calquera parte, en calquera outro sitio”. Exemplo:
Penso que nos temos visto en xalundes. Que lle parece?.
C) DE MODO: Os principais son: así (desta maneira), ben, mellor, mal, peor, gratis, paseniño,
paseniñamente, amodiño, amodo, devagar, á présa, ás présas, a eito, a feito, simple, simplemente, de
socato, de súpeto, de golpe, ó chou (á sorte), a treo (por sorte), ó cabo, á fin, secasí, ás claras, en van, ó
xeito (con coidado), asemade, en balde.

D) DE CANTIDADE: Bastante, abondo, máis, menos, moi, moito, pouco, ben, tan, tanto, canto, de
menos, de máis, de sobra, só, soamente, nada, todo, xusto.
NON COMO EN CASTELÁN: O galego é un dos idiomas de máis contraccións e non se debe
pronunciar como en castelán: Así está mal dicir: no día “de hoxe”, en vez da fonética galega no día
“doxe” e ducias de casos.

PERO LEMBREMOS:
MAL ESCRITOS:
“Dacordo”, “dalí”, “dagora”, “dalgo”, deben pronunciarse así, pero están mal escritos, non contraen:

DEBEN ESCRIBIRSE SEPARADAMENTE, VEXAMOS:


Estou “de acordo” contigo. Veño “de alí”. Non falarei máis “de agora” en adiante. Temos que falar
“de algo” interesante.
Pero podemos escribir: “Vivo na Coruña”. “Deputación da Coruña”. “Para xogar contamos coa
Coruña”.
A regra na que se basea o anterior: “da Coruña”, etc. é porque se pode facer a contracción das
preposicións co artigo dos topónimos galegos, neste caso a contracción escríbese con minúscula como
fixemos antes: “Veño da Coruña” etc.
Non seguimos cos numerosos casos que hai nisto das contraccións.

1- A. 2- AGÁS (significa: excepción, fóra, menos, salvo, bardante. Exemplo: Fixérono todos salvo ti.
Pareces un can fóra a alma). 3- ATA: (Estiveron estudando ata a noite). Ollo, “astra” e “asta”
considéranse castelanismos. “Até” é un lusismo. Pero admítese como correcta. 4- ANTE (Tiven ante
min ó mesmo ladrón). 5- PERANTE, ten un significado restrinxido, propiamente “en presencia a”;
“testemuñou perante o xuíz”. 6- DEICA: “Deica Betanzos hai 27 quilómetros”. 7- BAIXO e SO ou
tamén, DEBAIXO DE. “Saíu baixo palio”. “Fíxoo baixo promesa”. “Estuda so pena dun castigo”.
Este “so” é pouco usado. 8- CANDA, equivale ó adverbio “cando”: “Estudou canda min”. Enténdese
ó mesmo tempo. 9- CON. 10- CONTRA: Ás veces pode indicar cercanía ou aproximación: “Uxes
queda contra Arteixo”. “Chegou contra a noitiña”. 11- DE. 12- DESDE ou DENDE. 13- DURANTE.
14- EN. 15- ENTRE. 16- PARA. 17- POR 18- SEN: “Chegaron sen sabelo”. 19-20- SOBRE: Indica
materia de que se trata ou fala. “A conferencia versou sobre o medio ambiente”. Tamén indica
aproximación: “Costará sobre un millón”. En cambio “en col”. non se debe usar en sentido abstracto
senón indicando sitio ou lugar; “Deixou os libros en col da mesa”. Puxo o pan sobor da mesa. 21-
SEGUNDO: “Cóntocho segundo mo dixeron”. 22- TRAS: “Anda tralo can”. 23- XUNTA: Indica
proximidade: “Vén xunta min”.

LOCUCIÓNS PREPOSICIONAIS MÁIS USUAIS


1- CO GALLO DE = “Co pretexto”: “Co gallo da voda fixo o que quixo”. Significa “co pretexto de”
2- A CARÓN DE = “A ras de”. “Estaban a carón do chan”.
3- A PROL DE, EN PROL DE = A favor de. “Loitaron a prol da liberdade”.
4- CARA A (indica dirección): “Vai cara a Lugo”. Non se debe dicir: “Faciana” a Lugo.
5- DE RESULTAS: Equivale a “como consecuencia”: “De resultas do accidente finou”.
6- NO CANTO DE: Equivale a “en lugar de”, “en vez de”, “en troques de”: “Estudo inglés no canto
de grego”.
7- POR MOR DE = “por causa de”, “por culpa de”: “Este local está clausurado por mor dos ruídos”.
“Por mor da choiva fomos ó cine”.
8- EN TROQUES DE = “en vez de”.
9- EN COL DE... = puxo os libros en col da mesa, “sobre” a mesa. (Importante)
10- A BEIRA DE = “Ó lado de ...”, “a par de...”: “Xantamos á beira dun prado”.
11- BARDANTE DE = “Fóra de... “, indican excepcións: “Viñeron á festa bardante dos enfermos”.
12- A FORZA DE = “Ó lado de... “, “a par de ...”: “Xantamos á beira dun prado”.
13- DIANTE DE .. ou “Dediante”: “Que veña diante miña”.
14- VERBO DE... = “Acerca de..”. “Tocante a ..” “Respecto de...” “Verbo dos teus asuntos non
tocarei”.
15- CAS DE...: “Vou cas dos avós”. Equivale a dicir “na casa de”
16- PRIMEIRO DE...: “Chama antes, primeiro de vir”.
17- POR RIBA DE... = “Encima de...”, “Enriba de...”: “Por riba de facelo aínda me berras”.
18- A TRAVÉS DE”...= Indica instrumento ou medio: Mandoulle aviso “a través dun” amigo común.
Ás veces óese a barbaridade: “A traveso de”, isto non existe, é incorrecto.
19- Á PARTE DE. = Equivale “ademais de” = “Á parte dos” teus amigos virán tamén os meus.
20- ACERCA DE; A RESULTAS DE, ARREDOR DE, Ó REDOR DE, DERREDOR DE.
21- A PARTIRES: É unha incorrección grave. Non existe como locución prepositiva. É un infinitivo
conxugado do que xa falamos: “De partires o venres que vén, chegaredes a tempo”.

ATENCIÓN AS NOVAS NORMAS (Continuación)

Son correctas: a respecto de, alén de, após, aquén de, até que, canto a, no entanto, porén, a través de
(e non “a traveso”, que se oe moito), á parte de.

ELIMÍNANSE: alomenos, anque, entonces, nembargantes e sen embargo.

ENGÁDENSE: a respecto de, alén de, após, aquén de, até, até que, canto a, no entanto e porén, das
que falamos antes.

Adverbios xuntos:
Abondo (de cantidade) / axiña (de tempo) / abofé (de afirmación) / amodo (de modo) / acotío (de
tempo) / adrede (de modo) / a deshora (de tempo) / antonte (de tempo) / arestora (de tempo) /
arreo (de tempo) / asemade (de tempo) / deseguida (de tempo) / devagar (de modo) / disque (de
dúbida) / dabondo (de modo) / quizabes (de dúbida)

Locucións adverbiais separadas:


Ás présas (de modo) / de socato (de modo) / ás veces (de tempo) / de socate (de modo) / a eito (de
modo) / ó chou / (de modo) / hoxe en día (de tempo) / ó xeito (de modo) / ó fin (de modo) / en balde
(de modo) / á fin (de modo) / ó cabo (de modo) / de balde (de modo) / deica pouco (de tempo) / a
miúdo (de tempo) / deica un pouco (de tempo) / de cando en cando (de tempo) / de cando en vez
(de tempo) / ó pé (de lugar)

Solidariedade, soidade, herdade, verdade, novidade, variedade. Pero en cambio é: necidade, sucidade,
enfermidade, lealdade, mortaldade, virxindade, puberdade, liberdade, trindade, notoriedade.

Palabras moi frecuentemente mal escritas e que hai que escribir así:
Ambiente, humano, semana, zona (lugar), concelleiro (de concello), conselleiro (xunta), conducín,
illado, móbil, verán, republicano, urbano.

Debuxo, deseño, defuntos, deputados, Deputación da Coruña.

CLASES DE PERÍFRASES

Non esquecendo que nun cursiño sinxelo de Galego Práctico, non o podemos abranguer todo,
indicaremos as máis comúns:

1- IR + infinitivo: Imos estudar (expresa futuridade).


2- HABER + infinitivo: Hasme (de) facer iso (obrigativa).
3- Houbemos (de) caer (acción a piques de suceder no pasado).
4- Botarse a, poñerse a + infinitivo: Botouse a chorar (incoativa, é dicir expresa o comezo brusco da
acción).
5- Andar, estar a + infinitivo (indican unha acción durativa): Andaban a traballar onde podían.
6- Deber + infinitivo (indica obrigatoriedade): Deberías estudar máis.
7- Poder + infinitivo (indica probabilidade ou unha hipótese): Mª do Carme pode ter uns trinta e seis
anos. Ramona uns setenta.
8- Estar + infinitivo (indica unha acción a punto de suceder ou futuridade inmediata): Están a chegar.

PERÍFRASES CON XERUNDIO


1- Estar + xerundio (indica unha acción imperfectiva durativa): Están traballando na horta.
2- Ir + xerundio (imperfectiva ou de desenvolvemento gradual): Foise acabando pouco a pouco.
3- Vir + xerundio (imperfectiva con valor terminativo): Antonio vén sendo o sobriño de Loli.

PERÍFRASES CON PARTICIPIO


1- Levar + participio (indica acción rematada ou perfectiva): Moito leva bebido xa Antonio.
2- Leva vivido moito (igual ca a anterior)
3- Ser + participio (forma a voz pasiva moi pouco usada na fala): Estes documentos foron vistos polo
xefe. Se es bo serás querido por todos.

E MAL USO DE: 64- Derradeiro: o seu significado como xa explicamos, non é igual ó de último.
Derradeiro quere dicir que a continuación non hai máis nin posibilidades de que haxa. Así: Foi a súa
derradeira vontade, o testamento, porque finou. 65- Esgrevio: significa áspero, dificultoso: “é un
terreo esgrevio”. En cambio “egrexio”: ilustre, excelente, insigne. 66- Xeneral: militar; referente a
militares é con “n” = xeneralísimo, capitanía xeneral, xeneralato. En cambio: xeral, xeralmente. 67-
Momento: é un espazo de tempo mínimo. Pero “intre” -do que se abusa tanto na fala- vén ser: un
instante, un espazo de tempo moi breve entre dous momentos. A orixe latina “inter = entre, xa nolo
di”. 68- Segredo: úsase cando é nome substantivo no canto de secreto que é adxectivo. Exemplo:
Debemos saber gardar os segredos. Teño un segredo e non cho digo. En cambio: As cousas secretas
non se din. El é un axente secreto.

Na linguaxe médica os sufixos –itis e -tis co significado de “inflamación”, pasan ó galego coa
terminación -ite e -te. Todas estas palabras cultas son de xénero feminino: a amigdalite, apendicite,
artrite, bronquite, colite, enterite, conxuntivite, farinxite, pancreatite, gastrite, otite e moitas máis. En
cambio é “diabetes”.

A Diérese é un signo de ortografía (¨) que se pon sobre a letra “ü” para indicar que esta se pronuncia
nas sílabas “güe”, “güi”: bilingüe.
Tamén se emprega coa letra “i” que fai sílaba de seu: moïamos (mo-ï-a-mos): Exemplos correctos:
pingüín, argüía, fragüemos, recaïades, aguante, mingües, piragüismo, argüír, ungüento, ambiguo,
traïamos, lingüista, desoïades, saïades, ambigüidade, bilingüismo, antigüidade, lingüístico,
construïamos.

SON INCORRECTAS: brilar (debe ser brillar), cadeirádego (debe ser catedrático), segredario (debe
ser secretario), orguloso (debe ser orgulloso), condear (debe ser condenar), hourizonte (debe ser
horizonte), eiquí (debe ser aquí).

Correctas: aprazar, igrexa, preamar, brancura, nobreza, frauta, frecha, fraco, praia, prateado, obriga,
abrandar, prato, cumpridor.

En cambio están ben tamén: platino, plátano, plácido, glaciar, planas, blasfemia, globos, público,
publicar, clasificar, clase, declamar, explicar, reflexión, aflixir.

As conxuncións coordinan ou subordinan oracións e elementos idénticos. Poden dividirse en


conxuncións COORDINANTES cando unen sintagmas ou oracións da mesma categoría. E chámanse
SUBORDINANTES cando unen oracións de distinta categoría. Por brevidade enunciarémolas
soamente:

A) AS COORDINANTES son:
a) COPULATIVAS: e, que, nin, mais, e mais, a mais. Exemplos: Ti e Pedro chegades tarde.
b) DISXUNTIVAS: ou, ora... ora, xa, ben... ben, quer ... quer, nin ... nin, xa... xa,
volta...volta, cando...cando. Exemplos: Dismo ou voume. Ben ti, ben el chamade. Ora o fagas ti, ora
sexa el, non importa.
c) ADVERSATIVAS: pero, mais, inda que, aínda que, senón con todo, xa que, agora ben, pero, por
iso, emporiso, agora que, e iso que, só que, quitando que, excepto, agás que, fóra de que, senón,
excepto que, ora ben, mentres (que). Exemplos: Ten moito xenio, pero esquece pronto. Traballa moito
aínda que está enfermo. Moito leva sufrido, con todo nunca se queixou.
d) ILATIVAS ou CONSECUTIVAS: pois, logo, xa que logo, conque, así que, polo tanto, de xeito
que, de forma que, entón, daquela, por conseguinte. Exemplos: Non estudaches, logo non te queixes.
Non o chamei así que non o recibo. Traballaches, xa que logo cobra.

B) AS SUBORDINANTES son:
a) TEMPORAIS: cando, mentres, namentres, entrementres, mentres tanto, ó que, axiña que, a penas
non ben, desde que, en canto, despois que, cando queira que, dende que, axiña que, deseguida que,
decontado que, non ben, tan pronto. Mentres: indica simultaneidade e duración. Tamén se pode usar
en canto o mesmo ca mentres: “mentres ti falas por teléfono eu prepárome”.
b) FINAIS: para que, a fin de que, a que, porque, en favor de que.
c) CAUSAIS: pois, como, que, porque, xa que, dado que, visto que, por mor de que, por culpa de que,
pois que, como queira que, por mor de.
d) CONDICIONAIS: a principal conxunción condicional é SE. Outras: con tal que, conque, sempre
que, a pouco que, a nada que, a menos que, salvo se, de no ser que, sacando se, onda non, cando que,
excepto se. Exemplo: “Se chove non irei”.
e) MODAIS: Segundo, conforme, de modo que, de xeito que, de maneira que, de forma que, sen que,
como queira que, ben como, mal como, así como, tal e como, segundo, de xeito que, consonte, coma
se, como se.

Vexamos as equivalencias:
1. A encher = abondo.
2. Neste momento = arestora.
3. Nin tan sequera = tampouco.
4. Ó mellor = quizais.
5. Lonxe de = aló.
6. Ó mesmo tempo = asemade = simultaneamente
7. Ademais = amais

Sempre /todos os días


Case sempre /a miúdo /acotío
Ás veces / de cando en cando / algunha vez / case nunca
Nunca / xamais
Diante / detrás
Enriba / abaixo
Dentro /fóra
A carón / ao lado / a beira
Arredor / ao redor
En fronte
As formas lo, la, los, las úsanse:

Tras unha forma verbal rematada en -r ou -s:

Vou busca-lo libro. Vou buscalo

Despois dos pronomes átonos enclíticos de obxecto indirecto: nos, vos, lles.

Enviounos un paquete. Envióunolo


Levámosvos un regalo. Levámosvolo
Pedinlles un favor. Pedínllelo

Despois do adverbio U:

¿U-lo libro? Ulo


A casa que mercaches, ¿ula?

As formas no, na, nos, nas. úsanse:

Despois das formas verbais rematadas en ditongo:

Buscar, busqueino, pero non o atopei


Deixou o regalo na mesa. Deixouno
Mercou a saia nas rebaixas. Mercouna
Rachou o vestido na silva. Rachouno

As formas lle e lles son as formas do complemento indirecto singular e plural respectivamente.

Onte faleille do asunto.


Ós meus alumnos deilles unha nova oportunidade.

Posición do pronome dependendo dunha forma finita. O PRONOME VAI PROCLÍTICO

En oracións desiderativas.

Mal raio te parta! Mala centella te coma! O demo te leve!

Nas oracións interrogativas ou exclamativas introducidas por un pronome

Quen cho dixo? Canto te botan en falta!

Ecións negativas, introducidas por unha conxunción ou adverbio negativo.

O leite non me gusta. A min tampouco me contestaron. Ninguén me deu o recado.

Tamén se antepón o pronome, nas oracións enfáticas nas que o elemento inicial adquire
relevancia.

Dous meses nos levou facer este traballo. Nós o fixemos.

Nas proposicións subordinadas.

Se me apreciases un pouco, non me farías isto.


Aínda que téña-lo traballo feito, non o entregues ata mañá.
Lamento dicirche que te vexo pouco favorecido.
Non che quero mercar nada, porque axiña van poñer rebaixas.
Verbos acabados en -aer,-oer, -aír, -oír
Caer (decaer, recaer), choer, doer (condoer), moer (remoer), proer, roer (corroer), oír (desoír,
entreoír), saír (sobresaír), los derivados de traer (atraer, distraer...), etc., son regulares, pero
intercalan un -i- sin valor morfológico entre la raíz y la desinencia, cuando ésta empieza por o o por a.

CAER

PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBJ. IMPERATIVO


caio caía caín caia
caes caías caíches caias cae
cae caía caeu caia
caemos caïamos caemos caiamos
caedes caïades caestes caiades caede
caen caían caeron caian

MOER

PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBJ. IMPERATIVO


moio moia moín moia
moes moías caíches moias moe
mae moía moeu moia
moemos moïamos moemos moiamos
moedes moïades mostes moiades moede
moen moían moeron moian

SAIR

PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBJ. IMPERATIVO


saio saia saín saia
saes saías saíches saias sae
sae saía saíu saia
saimos saïamos saímos saiamos
saídes caïades saístes saiades saíde
saen saían saíron saian

OÍR

PRES. IND COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBJ. IMPERATIVO


oio oía oín oia
oes oías oíches oaias oe
oe oia oíu oia
oímos oïamos oímos oiamos
oídes oïades oístes oiades oíde
oen oían oíron oian

LER lerán lerían leren lido

IND. SUBJ.
PRESEN COPRETÉRIT PRESEN IMP.
TE O TE
leo lía lea
les lías leas le
leo lía lea
lemos liamos leamos
ledes liades leades lede
len lían lean
PRETÉRI ANTEPRETÉ PRETÉRI INF.
TO RITO TO CONJ.
lin lera lese ler
liches leras leses leres
leu lera lese ler
lemos leramos lésemos lermos
RIR
lestes lerades lésedes lerdes
leron leran lesen leren
IND. SUBJ.
F.
POSPRETÉRI PRESEN COPRETÉRIT PRESEN IMP.
FUTURO FUTURO NOMINAL
TO TE O TE
ES
río ría ría
lerei lería ler INF.
ris rías rías ri
lerás lerías leres ler
ris ría ría
lerás lería ler GER.
rimos riamos riamos
leremos leriamos lermos lendo
rides riades riades ride
leredes leriades lerdes PART.
rin rían rían
PRETÉRI ANTEPRETÉPRETÉRI INF.
TO RITO TO CONJ.
rin rira rise rir
riches riras rises rires
riu rira rise rir
rimos riramos rísemos rirmos
ristes rirades rísedes rirdes
riron riran risen riren
F.
POSPRETÉRI
FUTURO FUTURO NOMINAL
TO
ES
rirei riría rir INF.
rirás rirías rires rir
rirás riría rir GER.
riremos ririamos rirmos rindo
riredes ririades rirdes PART.
rirán rirían riren rido
Vir

SUBJUNT
INDICATIVO
IVO IMPERATI
PRESEN COPRETÉRI PRESENT VO
TE TO E
veño viña veña
vés viñas veñas ven
vén viña veña
vimos viñamos veñamos
vindes /
viñades veñades vinde / vide
vides
veñen viñan veñan
PRETÉR ANTEPRETÉ PRETÉRIT
INF. CONJ.
ITO RITO O
vin viñera viñese vir
Viñeches viñeras viñeses vires
veu viñera viñese vir
Viñemos viñeramos viñésemos virmos
viñestes viñerades viñésedes virdes
viñeron viñeran viñesen viren
F.
FUTUR POSPRETÉR
FUTURO NOMINAL
O ITO
ES
virei viría viñer INF.
virás virías viñeres vir
virá viría viñer GER.
viremos viriamos viñermos vindo
viredes viriades viñerdes PART.
virán virían viñeren vido

Se conjugan igual los derivados de vir (advir,


convir, contravir, desconvir, devir, desavir,
intervir, previr, provir, reconvir, sobrevir),
aunque en el tema de perfecto algunos de ellos
tiendan a conjugarse por el modelo regular
(ved advertir, en 17.2.5.2.1)
Poder TEMA DE PERFECTO: COUB-

SUBJUNT SUBJUNT IMPERATI


INDICATIVO INDICATIVO
IVO IMPERATI IVO VO
PRESEN COPRETÉRI PRESENT VO PRESEN COPRETÉRI PRESENT
TE TO E TE TO E
podo podía poida caibo cabía caiba
podes podías poidas pode cabes cabías caibas cabe
pode podía poida cabe cabía caiba
podemos podiamos poidamos cabemos cabiamos caibamos
Podedes podiades poidades podede cabedes cabiades caibades cabede
poden podían poidan caben cabían caiban
PRETÉR ANTEPRETÉ PRETÉRIT INF. PRETÉRI ANTEPRETÉ PRETÉRI INF.
ITO RITO O CONJ. TO RITO TO CONJ.
puiden puidera puidese poder couben coubera coubese caber
puideches puideras puideses poderes couben coubera coubese caber
puido puidera puidese poder coubeche
couberas coubeses caberes
puidésemo s
puidemos puideramos podermos coubo coubera coubese caber
s
puidestes puiderades puidésedes poderdes coubésemo
coubemos couberamos cabermos
Puideron puideran puidesen poderen s
F. coubésede
FUTUR POSPRETÉR coubestes couberades caberdes
FUTURO NOMINAL s
O ITO couberon couberan coubesen caberen
ES
poderei podería puider INF. F.
POSPRETÉR
poderás poderías puideres poder FUTURO FUTURO NOMINAL
ITO
ES
poderá podería puider GER.
caberei cabería couber INF.
poderemo
poderiamos puidermos podendo caberás caberías couberes caber
s
poderede caberemo
poderiades puiderdes PART. caberiamos coubermos GER.
s s
poderán poderían puideren podido caberá cabería couber cabendo
caberades caberiades couberdes PART.
caberán caberían couberen cabido

Caber Poñer
SUBJUNT
INDICATIVO
IVO IMPERATI
PRESEN COPRETÉRI PRESENT VO
TE TO E
poño poñía poña
pos poñías poñas pon
pon poñía poña
poñemos poñiamos poñamos
poñedes poñiades poñades poñede
poñen poñían poñan
PRETÉR ANTEPRETÉ PRETÉRIT INF.
ITO RITO O CONJ.
puxen puxera puxese poñer
puxeches puxeras puxeses poñeres
puxo puxera puxese poñer
puxemos puxeramos puxésemos poñermos
puxestes puxerades puxésedes poñerdes
puxeron puxeran puxesen poñeren
F.
FUTUR POSPRETÉR
FUTURO NOMINAL
O ITO
ES
poñerei poñería puxer INF.
poñerás poñerías puxeres poñer
poñerá poñería puxer GER.
poñeremo
poñeriamos puxermos poñendo
s
poñerede
poñeriades puxerdes PART.
s
poñerán poñerían puxeren posto