Está en la página 1de 2

GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do


Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F.,
para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción
relativa a solicitar a circulación de vehículos en sentido único na Rúa 2, dende o
Campo da Ribeiriña ata o rego do Conchido.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O control do tráfico mediante rúas de sentido único son unha alternativa para
favorecer a mobilidade e seguridade dos peóns e para reducir o atasco de
vehículos.

En diversas ocasións e mediante escritos de firmas, os veciños da Ribeiriña e


Conchido solicitaron a este Goberno Municipal que co fin de evitar colapsos da
circulación na parte máis conflitiva do Conchido, que comprende desde o lugar
do Campo ata o rego que divide os municipios de Pobra con Boiro, se lles
implantara, nese pequeno treito, a dirección única.

A miúdo hai obstáculos que entorpecen a libre circulación dos vehículos, sendo
esta unha vía moi estreita. Somos conscientes que para que o tráfico discorra sen
atrancos é fundamental que colaboren os veciños. Non obstante, os residentes
laméntanse de que a policía municipal apenas pasa polo lugar, aínda que fora
como medida intimidatoria, para evitar aparcamentos que poñen en perigo a
circulación e obrigan a dar marcha atrás centos de metros.

É lóxico instaurar nesta rúa o sentido único, xa que debido a súa estreitura, é
completamente imposible deixar libre a metade da calzada que corresponda o
sentido contrario da marcha.

Por outra banda levan instando a este equipo de goberno a que negocie ca
empresa subministradora de enerxía eléctrica a reubicación dun poste ou o
soterramento da liña eléctrica.
Este poste dificulta o tráfico rodado xa que está colocado en plena rúa, no lugar
máis perigoso para a seguridade dos veciños. Está situado na Rúa 2, entre os
números 37 e 39, e na esquina do camiño peonil que da acceso a estrada AC-305.

Todas estas circunstancias dificultan o acceso, en caso de emerxencia, dunha


ambulancia medicalizada e dos bombeiros as vivendas da zona así como doutros
vehículos de servizos comunitarios.
Estas peticións veñen avaladas polas reiteradas queixas presentadas polos
veciños do lugar a Alcaldía.
1. O 5 de xullo de 1999, con rexistro de entrada 5278, máis de cen veciños
solicitan o traslado do poste da liña eléctrica ó Alcalde da Pobra.
2. O 11 de xaneiro de 2000, diríxense mediante un escrito ó Xefe de Distrito
de Unión Fenosa, solicitando a reubicación do poste da condución
eléctrica.
3. Con data do 15 de novembro de 2001, e rexistro de entrada 5829, reiteran
a petición ó Alcalde da Pobra.
4. Con data 04 de decembro de 2001, rexistro de saída 5542, o Alcalde
remítelle escrito ó Delegado de Unión Fenosa solicitando a condución
subterránea do cableado eléctrico, trala negativa de algún veciño a
permitir o paso dos técnicos da compañía eléctrica así como o apoio do
poste na súa propiedade.

A día de hoxe, e por ese mesmo lugar, existe unha condución eléctrica soterrada
en desuso.

Adoptar estas medidas, necesarias e urxentes, é unha prioridade xa que é a


maneira de integrar a estes veciños nuns dereitos de desenrolo, seguridade e
calidade de vida.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.- Que na Rúa 2, no treito que vai desde o Campo da Ribeiriña ata o rego do
Conchido, se regule a circulación en sentido único, e se prohiba o estacionamento
nesa rúa.

2º.- Que o equipo de Goberno negocie ca empresa subministradora da


electricidade para que retire un poste de cemento que atranca a calzada.

Pobra do Caramiñal, a 14 de setembro de 2010.

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

También podría gustarte