Está en la página 1de 1

GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do


Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión
plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitar a instalación do saneamento no
Instituto de Educación Secundaria e no colexio Salustiano Rey Eiras.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O goberno municipal ten a obriga de prestar servizos a cidadanía, entre eles o de saneamento,
sendo esta unha prioridade sanitaria e ambiental. O saneamento das escolas debe concibirse de
tal maneira que quede garantida a longo prazo unha capacidade suficiente de evacuación sen
danar o medio ambiente.

Dende hai algúns anos escoitamos manifestacións procedentes do equipo de goberno, como que
a Pobra xa conta co saneamento integral, se fixeron moitos esforzos económicos por parte de
tódalas Administracións para conseguir este obxectivo, pero a realidade é que aínda queda
moito por facer. Significativo é que grandes poboacións como a que constitúe os máis de 500
alumnos do Instituto de Secundaria seguen sen rede de saneamento, contan cunha fosa séptica,
pese a ser unha gran concentración de persoas as que utilizan este centro de ensinanza.

No colexio Salustiano Rey Eiras tampouco existe rede de saneamento, teñen a fosa séptica
situada a carón do río Xunderama, entendendo que con esta ubicación son posibles as filtracións
ó río. Este colexio acolle a pouco máis de 400 alumnos, un número elevado de persoas para que
sexa unha prioridade a conexión a rede xeral de saneamento.

As filtracións das augas fecais que poda haber cara o mar causa prexuízos económicos a todo o
sector dependente da pesca na Ría de Arousa, á acuicultura e os mariscadores e mariscadoras
ademais do dano irreparable que se lle causa ao medio ambiente.

Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO

Que o equipo de goberno da Pobra do Caramiñal encontre o financiamento necesario


para dotar de saneamento o Instituto de Secundaria Francisco Barreras e o colexio
Salustiano Rey Eiras, co fin de solucionar a problemática sanitaria e evitar impactos
negativos sobre o medio ambiente.

Pobra do Caramiñal, a 07 de xullo de 2010.

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

También podría gustarte