Está en la página 1de 1

Diante do insólito emprego polo Alcalde do PSOE dun bando institucional para atacar as actividades

públicas e políticas desta formación non podemos menos que sacar o noso propio Contra-Bando para
repartilo, cos nosos esforzos e sen a axuda dos traballadores municipais que pagamos todos e todas,
para contestar esas declaracións do executivo.

CONTRA-BANDO
Plan de Ordenación do Litoral-POL

Estamos de acordo de que este é un Plan de Ordenación do Litoral da Xunta actual. Un


POL que pode afectar nos actuais termos a moitas vivendas rianxeiras e terreos de todas
as parroquias, non só as de litoral. Pode tamén impedir un axeitado desenvolvemento do
futuro PXOM. É serio abondo para desde xa dalo a coñecer.

Estamos de acordo de que unha comisión informativa aprobou por unanimidade esas
consideracións aludidas no Bando. Pero o BNG quixo ir máis alá e presentou no pleno da
corporación unha proposta para rexeitar expresa e directamente todo o documento e pedir
a súa devolución e o PSOE non o apoiou.

O BNG desde un primeiro momento e nesa mesma comisión de unanimidades pediu


someter o documento á participación veciñal e á consulta social o documento, o PSOE
non quixo. Vemos que cando convén hai moita xuntanza e cando non convén ponse un
anunciño por aí a ver se ninguén se enteira. Agora se enfadan porque o BNG move o
asunto.

O trámite actual de sometelo a consideración dos Concellos non impedía a celebración de


consultas veciñais nin impedía engadir propostas de interese común e particulares, sendo
iso sí consideracións, no mesmo senso que as consideracións do concello remitidas á
Xunta.

Moitos concellos de diferente signo da comarca e de todo Galiza sí optaron por celebrar
actos públicos e engadir ao documento da corporación ou integrar propostas veciñais e
mesmo particulares diante do que pode acontecer. Aquí en Rianxo participación é votar
cada catro anos.

Perdeuse unha primeira oportunidade de melloralo, agora haberá que ir a unha segunda
parte despois de evitar xa neste período amosar o rexeitamento social e político ao
documento.

bngrianxo.blogaliza.org

También podría gustarte