editorial

SE EU FOSE alumno/a, pai/nai, avó/avoa e caera nas miñas mans esta revista non
dubidaría en rescatar todos eses bos momentos que ocorreron ao longo deste curso.
Nesta revista palpita un Curso Escolar, único e irrepetible como son todos os cursos
escolares, cheos de vivencias, de alegrías e de sinsabores como a vida mesma, porque
a Escola é a vida e educa para a vida.
Non é unha revista na que aparecen celebridades e famosos que ocupan a diario os
medios de comunicación, pero nela aparecen as persoas máis importantes para nós
porque son as que dan vida ao noso Colexio. Todas e cada unha desas persoas
conforman un equipo capaz de levar a cabo un traballo cooperativo. O feito de
traballar en colaboración fai que se acaden resultados, que de outro xeito sería
imposible conseguilos, xa que estamos nun momento no que se acentúan o
individualismo e a competición.
Lemos a nosa revista cunha mirada de respecto e co pracer de saber que nela quedan
reflectidos os momentos máis relevantes do noso día a día, e sobre todo que, detrás
de cada fotografía, artigo, entrevista, quedan plasmados a experiencia, os
sentimentos e as emocións de quen neles aparecen.
O final de curso aproxímase, vivimos moitas experiencias xuntos. É o momento de
recoller o froito do noso traballo, de reflexionar sobre os resultados obtidos, e de
gozar das merecidas vacacións, sen deixar pasar de esgallo as pequenas cousas tan
importantes que nos rodean.
Xuño 2011
Equipo de Normalización Lingüística

as nosas cousas3

RIMAS DOS NENOS DE 5 ANOS

INFANTIL-5
INSPIRADO NUN POEMA DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ QUE APARECE NO LIBRO
“POLAS RÚAS DOS VERSOS”

4as nosas cousas

NORABOA AOS DIPLOMADOS EN EDUCACIÓN INFANTIL !!!
as nosas cousas5

O PLANO DA NOSA AULA

3º CURSO

6as nosas cousas

POESÍAS DO ENTROIDO

3º CURSO

XA CHEGOU O ENTROIDO

A MAGHITA E PEPA A LOBA

Xa chegou o Entroido

Pepa a Loba

comendo chulas e filloas

veu ao colexio

Xa chegou o Entroido

a roubar as orellas de Teresa

comendo cousas boas.

e despois foi beber unha cervexa

Xa chegou o Entroido

Veu a Maghita

disfrazarnos agora

e doulle unha patada

e comendo pan

no cu e saeu

durante unha hora.

voando mareada.

Sergio Ferradáns Ferreiro
Lucía Rey Gañete

Sergio Torres Rey
Celsa María González Silva

as nosas cousas7

O ENTROIDO

O ENTROIDO É DIVERTIDO

Gústannos moito as mimosas

O Entroido é divertido

que no Entroido florecen

non é nada de chorar

tamén nos gustan as orellas

non debemos estar tristes,

que na sartén quecen.

si que podemos cantar.

Xa chegou o Entroido
hai que pasalo ben
o Entroido é divertido
e pon a todo o mundo a cen.
Victoria Pazos Álvarez
Adrián Ramos Diéguez
Martín Míguez Baltar

8as nosas cousas

Celsa María González Silva
Martín Míguez Baltar

CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN
Adrián Gago Gómez
6º Curso

Contan os vellos, velloqueiros
relatos e historias, pero ningúnha tan
terrorífica coma esta: A Santa Compaña.
A Santa Compaña, segundo me contaron,
fórmana os espíritos mortos condenados a
vagar neste mundo. Van en grupo, dous
van diante de todo cunhas túnicas negras
e longas e co rostro completamente
tapado. Os dous de diante sosteñen unha
cruz, e detrás van catro cun ataúde e
coas mesmas vestimentas cos de diante.
Cando aparecen vense unhas luces
verdes e ao pasar por unha casa é sinal
de que alí vai haber defunto.
Cando alguén ve á Santa Compaña,
sempre aparece encadeado a un cruceiro
inconsciente; para saber que vén, hai que
estar moi atentos, xa que toca unha
campá. Para librarse dela hai que coller
sal, facer un círculo, e meterse dentro
rezando todo o que se saiba.
Din que o día do Samaín son os que
encabezan a procesión dos defuntos e
tamén que non se pode saír á rúa a
partires das doce, pois esa noite sae a
recolectar ánimas para alimentarse
delas. Este é o conto que xa lle contaban
ao meu avó e, como vedes, el contoumo
a min...

Rubén Míguez Baltar
6º Curso

A miña avoa contoume…
Un día pola noite de camiño ao muíño, o
seu pai e máis o seu tío, que eran mozos,
baixando por unha congostra viron unha
fantasma e eles creron que era a Santa
Compaña porque ía cuberta cunha saba
branca, brazos abertos en forma de cruz
e nos pés levaba unha cadea amarrada
para facer ruído nas pedras da calzada.
Entón eles co medo volveron para a casa
moi asustados e contáronllelo aos seus.
Logo o pai agarrou unha sacha e díxolles
que o acompañasen. Ao pasar por aquel
sitio aparecéuselle a mesma fantasma
facendo moito ruído no seu percorrido.
Eles ao muíño tiñan que chegar, pois
facía falta moer o millo para logo facer o
pan. Entón o pai levantou a sacha e
berrou moi forte: “Demo branco non o
hai e demo negro non o es, así que vai
por onde vés”.
A pantasma pillou a correr costa abaixo
e nunca máis a viron.
Ao final a pantasma resultou ser unha
veciña, que máis adiante casou co tío da
miña avoa.

as nosas cousas9

Eva Cimadevila Amboage
6º Curso

Minia Cabaleiro Carballude
6º Curso

A miña avoa contoume unha historia

A miña nai contoume....

moi conmovedora, que ela di que pasou
de verdade. Cando morreu meu bisavó,
miña nai, que era unha mociña, tivo que
vestilo, pois daquela as funerarias só os
metían nos ataúdes e posteriormente
trasladábannos ao cemiterio.
Ao cabo dunhas semanas, miña nai
comezou a ver ao meu bisavó “en
visións”; ela sentía como lle tocaba, como
lle falaba e mesmo como todos os días a
espertaba.
Miña nai contoullo a miña avoa, pero
como esta non lle creu nada foillo contar
a unha veciña. A veciña convenceuna de
que tiñan que ir unha noite a visitar un
señor. Miña avoa non lle facía caso, pero,
como esta veciña lle insistía, alá foron.
Ao entrar este home fíxolle unhas
preguntas, meteuna nunca cova onde
quedou coma morta e tivo unha visión moi
borrosa. O señor díxolle: “Xa sei o que
tés, ti colliches o ASOMBRAMENTO pero eu
voucho quitar”. Pediulle que pechara os
ollos e fíxolle unha cruz na fronte,...
Miña nai sentiu unha corrente polo corpo
e de súpeto desapareceulle o
asombramento.
Desde entón, nunca máis volveu ter
visións.

que cando as persoas morren poden vir á
terra para facer algo que quedou
pendente na súa vida…
Este home víase ao pé do hórreo de San
Xorxe. Ninguén podía falar con el, ata
que un día veu un licenciado en Historia
Sagrada e fixo un círculo de cera bendita
e a ánima meteuse dentro.
O licenciado preguntoulle o que pasara…
porque viña a este mundo? A ánima
contestoulle que matara a unha persoa e
que o suceso non se dera a luz.
O licenciado fixo outro círculo de cera e
que el se metera alí pero tiña un hábito e
entón cando se meteu no círculo de cera
quitoulle a vestimenta cun pau polas
costas.
Mentres lle ía quitando o hábito íase
afundindo cara o inferno… e escoitábanse
as voces das outras ánimas pecadoras e
ao demo berrar.

10as nosas cousas

Alejandro Mera Caldelas
6º Curso

Mª Isabel Pazos Álvarez
6º Curso

O meu avó contoume…

A miña prima Marisa contoume...

que a Santa Compaña está formada por
ánimas que van en dúas ringleiras,
envoltas en sudarios, coas mans frías e os
pés descalzos. Cada pantasma leva unha
luz invisible.

Hai cincuenta ou sesenta anos, na
Montaña da Cruz, en Olives, en vez de
haber unha cruz había un burato que
parecía non ter fin. Polas noites oíanse os
berros da xente que os penitentes levaban
para bótalos polo burato. Polas mañás os
avós, os fillos, etc... non estaban.
Algunhas familias escondían aos seus
parentes para que non desaparecesen,
pero era imposible, pillábannos igual:
choros, desesperación, medo...

Un cheiro a cera e un lixeiro vento son as
sinais de que está pasando a lexión de
espectros. Á fronte vai un espectro de
maior tamaño, a Estadea. Algunhas veces
levan un ataúde no que vai un familiar do
que presenza o paso. Este non tarda en
morrer.
Unha vez meu avó contoume que, cando
era pequeno, chamoulle a atención un
cheiro a cera que subía da cociña, el
pensou que era a Santa Compaña, foi
correndo abaixo co medo aínda no corpo
e descubriu que era súa nai.
Tamén me contou unha historia moi
curiosa que sucedeu en realidade: Unha
vez un home estaba profundamente
durmido na cama. De repente
espertouno un ruído.O ruído pareceulle
que eran galopadas de cabalos.
Levantouse da cama, baixou as
escaleiras, abriu a porta e viu uns cabalos
correndo a toda velocidade e tirando dun
ataúde; dentro do ataude viu a cara do
seu xenro e despois de catro días morreu
este. Pensou que fora un aviso da Santa
Compaña.

Parecía que non ía acabar nunca, pero un
bo día chegou ao lugar un cura. Cando o
cura se enterou do que sucedía, preparou
un plan. Ordeou que pola noite un grupo
de persoas seguesen aos penitentes.
Cando xa era noite un grupo de persoas
seguiron aos penitentes e viron un rastro
de restos humáns: ollos, sangue, dedos
etc, pero o que máis lles sorprendeu foi
unha voz que dicía: “Tirádeos polo
burato”, os penitentes responderon: “Si
señor demo”. Era o demo.
Contaronlle ao cura o que viran e este
díxolles que tiñan que colocar unha cruz
enriba do burato. Puxeron a cruz e
funcionou. Din que aínda se ven os
penitentes e que se escoitan os berros dos
humanos que levan.
Eu de momento non os vin.

as nosas cousas11

OS VERMES DE SEDA

3º CURSO

12as nosas cousas

as nosas cousas13

UNHA GRAN NOTICIA
Adrián Hermida Baloira
4º Curso

14as nosas cousas

UN ALCALDE DESPREZABLE
Desirée Silva Baloira
6º Curso

O relato “Un alcalde desprezable” acadou o segundo premio no IX Concurso de Contos
ASPAMITE, organizado pola Asociación de Pais de Minusválidos de Teo.

NUNHA CIDADE LONXANA chamada
Paraíso, vivía un alcalde desprezable.
Quería que nesta cidade todo fose
perfecto e que as persoas, animais,
plantas, etc... non tiveran ningunha
enfermidade porque senón serían
desterrados da vila.
Por todo isto, moitas persoas vivían con
medo a que lles ocorrese algo e os
desterraran de alí.
Pero chegou un día en que o alcalde
vixiaba para que non saíse nada mal
cando tropezou nunha pedra e caeu
nunha gran fenda provocada polas
choivas daqueles días. Foi dando tombos
ata chocar contra un farol. O golpe foi
tan grande que quedou inconsciente.
Pero o máis grave estaba por ocorrer...
A xente comezou a poñerse a redor del
sen saber o que facer pois, con tanta
obsesión pola perfección, non había
médicos xa que nesta cidade tiñan todos

boa saúde.
O problema agora era que o señor alcalde
non se podía botar a si mesmo fóra da
cidade... Tiña que buscar outra solución
porque os cidadáns de Paraíso rara vez
saían a outros lugares. Pero, posto que
era imprescindible, tiveron que buscar
axuda na cidade máis próxima. Levaron
ao alcalde ao Centro Médico, pero o
prognóstico non foi moi bo. Entrou en
coma e estivo así un mes.
Cando espertou asustouse moito pois
atopábase nun frío lugar descoñecido para
el, e por riba, cando tentou erguerse non
puido: estaba paralítico!. O pánico
apoderouse del. Pensou na súa cidade e
en que non o deixarían volver a ela pois
eran ordes que el mesmo impuxera. Pero
alí tampouco podía quedar.
Cando o sentaron por primeira vez na
cadeira de rodas non puido deixar de
chorar xa que se decatou de que
as nosas cousas15

cometera un gran erro, pois a perfección
non existe e ninguén esta libre das
enfermidades.
Nesa nova cidade era todo moi distinto ao
da súa. Alí non se sentía estraño; había
outras moitas persoas coma el e que
ademais eran felices. Aquí tiñan un carril
para eles, había ascensores, ramplas para
subir e baixar, etc...
Pasou o tempo e volveu á súa cidade.

Non atopou nada fóra de lugar, pero na
cara da xente notábase moita tristura;
ninguén se ría e entón decatouse que non
había cores alegres.
Deuse conta don inxusto que fora e
dedicouse a construír carrís, ramplas,
ascensores, e moitas cousas máis para os
minusválidos e para toda a xente que o
precisase.

Debuxo: Sergio Peiteado Moledo

16as nosas cousas

CROSS FOXO 2011

A xente pregúntame por que corro.

E eu contéstolle:

Por que deixáchedes de correr?
as nosas cousas17

OS TRABALLOS DE SEGUNDO CURSO

2º CURSO

18as nosas cousas

OS MAIOS

as nosas cousas19

UN CONTO DE MEDO

1º CURSO

20as nosas cousas

CONCURSO “ISDIN SUN FEST”

OS NENOS E NENAS de 3º, 4º e 5º de Primaria participaron cos seus traballos no concurso
“Campaña Escolar de Fotoprotección” e asistiron, xunto con outros moitos escolares da
nosa comunidade ao “XIII Congreso para Escolares” celebrado o día 8 de xuño en Santiago
de Compostela.
Dúas nenas deste colexio: Carlota Fontenla (4º) e Andrea Montero (5º) foron recoñecidas
cun diploma por ser gañadoras do concurso. Noraboa ás dúas !
Todos os alumnos recibiron varios agasallos pola súa participación. Noraboa a todos !

as nosas cousas21

PROXECTO “OS BOSQUES”

INFANTIL-4

22as nosas cousas

as nosas cousas23

ROSEIRA DO TEU MENCER
INFANTIL
3 ANOS
ROSEIRA DO TEU MENCER
TEXTO DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

24as nosas cousas

as nosas cousas25

CURIOSIDADES DAS ÁRBORES

5º CURSO

PIÑEIRO
A súa madeira é de pouca calidade. Úsase
para encofrar, embalar e facer pasta.
Desta árbore pódese extraer a resina que
se emprega para facer augarrás, lacas,
vernices… Tamén se obtén do pino a
esencia de trementina, xema de piñeiro e
colofonia. Aguanta ben as sequías e non
lle gustan as nevadas. En caso de
incendio, arden con facilidade.

(Andrea Montero Silva, Yolanda Picallo

para carpintaría e foi tradicionalmente
utilizada polos zoqueiros. Que partían
pola metade un toro e de cada un facían
un zoco. Naturalmente tamén se
aproveitaba como combustible nas
cociñas de leña, pola súa facilidade para
arder. Da súa casca pódese obter aceite
que se emprega en medicina e coa savia
facíase viño.

(Manuel Martínez Rodríguez)

López)

SALGUEIRO

BIDUEIRO

Da cortiza do salgueiro extraeuse por
primeira vez o ácido acetilsalicílico que
hoxe en día se utiliza para a elaboración

A súa madeira, dura e resistente, úsase

de aspirinas.

(Rodrigo Rey Penín)
CARBALLO
A súa madeira utilízase para a
fabricación de pipas de viño, xa que lle
da un sabor característico.
Os bugallos dos carballos tamén
chamados carrabouxos ou cocos son unha
reacción de defensa da árbore fronte a
determinados insectos véspidos
(nésporas) que depositan os seus ovos
baixo a casca nos gromos novos do
carballo.
Os bugallos serven de xoguete para os
26as nosas cousas

O principal uso do castiñeiro é a
obtención da súa madeira moi valorada
para fabricar mobéis, entarimados de
chans, instrumentos, etc.

(Cristina Trigo González, Nuria Salgueiro
García)

AMENEIRO

rapaces que os utilizaban para xogar ás
bólas e para facer buxainas. Tamén se
utilizaban para facer rosarios cos que
adornaban os Maios.
(Adrián Puente Pena, Ignacio Rodríguez
Prieto)

BUXO
A súa madeira, compacta, dura, flexible e
duradeira é moi demandada para
elaborar ferramentas variadas: pezas de
xadrez, pipas de fumar, vasos, botóns,
peites, culleres, mangos de sachas, etc.
Tamén se utiliza na elaboración de gaitas.
Nos xardíns emprégase a miúdo a xeito
de sebe (valo), mesmo tallado e en
figuras. É unha árbore de porte mediano.

Desempeña un papel importantísimo nas
riadas porque as raíces evitan a erosión.
A súa leña utilizábase para os fornos xa
que ardía pronto e daba moita calor.
As follas frescas son moi boas para o
cansazo dos pés, a dor dos pés e o
malestar por suar moito. Un bo montón
de follas frescas, canto máis viscosas
mellor, colocadas debaixo dos pés, ou ben
por riba, cubrindo cunha tela ou ben cos
calcetíns, dórmese con isto e pola mañá
os pés están moito mellor.
Aparte é astrinxente, febrífugo,
antirreumático e antihemorráxico… case
nada!
(Miguel A. Brea Vellarino)

(Borja Couto Bahamonde)
CASTIÑEIRO
Esta árbore é moito máis vella que o
home. Fai máis de corenta millóns de
anos xa había castiñeiros na Terra.
Utilízanse como medicinais as follas e a
casca polo seu gran contido en tanino
gálico emprégase como antidiarreico e
colutorio; e os gargarismos son bos para
combater inflamacións de boca e gorxa.
as nosas cousas27

CONCURSO DE DEBUXO
Paula Mahía Taboada
4º Curso

A ilustración de Paula foi finalista do “VII Concurso de Debuxo Manguelo Folk”,celebrado
en Orazo no mes de maio de 2011.

28as nosas cousas

EXCURSIÓN Á ILLA DE CORTEGADA

2º CICLO

as nosas cousas29

O SAMAÍN

A festa do Samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os
celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados con pólas de
capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño –posteriormente cabazas- para
pórlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en
Galiza, destacándose Cedeira- ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do
Samaín na cultura estadounidense, sendo máis semellante a un Entroido), que poderían
ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX e
comezos do XX.
A antiga festividade céltica do Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón
cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ao 1 de
novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este
mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados
mortos.

30as nosas cousas

Outono, tempo de cogomelos, de castañas, de follas secas, ...

tempo de costumes ancestrais do noso país, tempo de coller cabazas,...

tallarlles caras feroces e deixalas nos camiños para asustar aos viandantes.
as nosas cousas31

A LAGOA SACRA DE OLIVES

4º CURSO

32as nosas cousas

VISITA Á LAGOA DE OLIVES

A LENDA DA LAGOA SACRA

as nosas cousas33

VISITA A CASTROLANDÍN

4º CURSO

34as nosas cousas

VIAXE FIN DE CURSO

3º CICLO

FIXEMOS UNHA VIAXE a Salou do 23 ao 27
de maio. Eramos 29 nenos e nenas e 3
profesoras.
O día da saída madrugamos moito, aínda
non deran as sete e nós xa estabamos en
marcha. Ao comezo, iamos un pouco
parados pero pronto espabilamos.
Parabamos cada dúas ou tres horas e
aquilo fíxose bastante longo. Ás dez da
noite chegamos ao hotel Playa Park en
Salou. Deixárannos unhas ensaladas,
embutido, froita e iogures para cear (a
cociña xa estaba pechada) e alí xa era
noite pecha –cousas dos meridianos-.
Subimos ás habitacións coa intención de
durmir pero todos xuntos, fóra da casa,
nun hotel, cos nosos amigos, espabilounos
e tardamos en quedarnos. Na habitación
106 houbo máis dun problema: algún,

impresionado polos petos no armario, non
conseguiu durmir “A Pantasma insistía e
insistía…”, outros oían pisadas e outras
morrían de risa.
O martes saímos cara Tarraco e Mar, unha
guía estupenda, levounos ao Museo, ás
murallas, ao circo romano, ao anfiteatro,
ao barrio xudeu. Non nos estraña que a
cidade sexa Patrimonio da UNESCO.
Menudos monumentos! A calor era
abafante e alá polas dúas chegamos ao
hotel. Mi madriña, canta comida! Nada
que ver coa véspera, había montes de
comida e custaba escoller (as profes
vixiaban para que comeramos o que nos
iamos servindo). Algúns compañeiros
estaban desexosos de chegar ás
larpeiradas sen pasar polos outros pratos.
Tarde no Aquópolis: auga, auga e máis
auga. Os atrevidos subiron a canta cousa
había. Eva tivo problemas cos pés –entre a
quentura do cemento e o apuro para ir en
todo-, outros, que non querían moito
contacto coa auga, acabaron nas
atraccións máis arriscadas. Despois un
baño no Mediterráneo, cea e espectáculo
de malabares e acrobacias arredor da
piscina. Esa noite tamén chegou un grupo
de rapaces canarios.
as nosas cousas35

O mércores un paxaro fíxolle unha faena a
Isa: espertouna unha hora antes. Ela,
apurada, quitou da cama a Minia e a Desi:
foron as máis madrugadoras, ata dona
Rosa as felicitou.
Emprendemos viaxe a Barcelona, alí
esperábanos Guillermo, un guía simpático
e falador que nos foi ensinando a cidade:
Paseo de Gracia –casa Batlló e Pedrera-,
as dúas de Gaudí, impresionantes, con
liñas curvadas, adornos vexetais e unha
delas cun san Xurxo e o dragón na
fachada. Despois fomos ao Park Güell,
moreas e moreas de persoas, ata tiñamos
medo a perdernos. Facía moita calor, alí
seguimos a ver obras de Gaudí. Fran di
que o que máis o impresionou foi a zona
das 86 columnas, algunhas cun círculo por
cada estación. Guillermo contounos que
os bancos da Praza eran moi cómodos

36as nosas cousas

porque o propio arquitecto sentou a un
obreiro espido para facer o molde.
Voltamos ao autobús e dirixímonos cara o
barrio Gótico: Catedral, Praza de S.
Jaume, Generalitat, Concello… Despois
demos unha pasada polo Porto Olímpico,
Barceloneta Praza Cataluña, Ramblas,
Praza España (alí vimos o hotel onde viviu
Messi) e por último o Pueblo Español.
Á tarde visitamos a Basílica da Sagrada
Familia, era espectacular, tan alta que
quedamos alucinados polo edificio e polo
que nos contou Conchi. Ela tamén quedou
contenta polo noso interese e atención.
No Camp-Nou, os do Barça estaban moi
contentos e metíanse cos do Madrid.
Fixeron comparativas dos campos, das
copas e a cousa debeu quedar nun
empate técnico. Na “Botiga” gastamos
cartiños, poucos quedamos sen saír con
bolsas.
Regreso ao hotel, cea, espectáculo de
“flamenquito” e moito ambiente. Viñeron
uns de Murcia, ruidosos e revolucionados
que mesmo chamaron por teléfono a
Gago (non sei eu o que lle quererían).
Sesión disco, música tecno e un Gañete
desaforado na pista e un Diego facéndolle
competencia. De noite, alá polas dúas

Fran e David foron petar á habitación da
profe María (seica tiñan o aire estropeado
e facía ruidos) a cousa solucionouse
rapidamente: era o motor de auga da
piscina que tiñan enfronte. Nesta viaxe
nocturna atopamos ao profe de Canarias
lendo no corredor en estado de garda.
Chegou o xoves, Port-Aventura estaba a
esperar por nós, dez minutiños de bus e
voilà!
Primeiro as profes tiveron a “feliz” idea
de subirnos a un tren supersónico que
alcanzaba, alomenos, os 300 km por
hora, aquilo non se movía nin
empuxándoo. Afortunadamente
rectificaron a tempo e deixáronnos subir
por grupos nas atraccións que quixemos.
Foi xenial! Mollámonos, rimos, comemos

pizza, quitounos fotos a profe Mª
Mercedes, mercamos regalos e quedamos
infinitamente satisfeitos. Algúns non
saberían dicir que foi mellor: Aquópolis ou
Port-Aventura.
Regreso ao hotel, cea, espectáculo ruso e
final discotequero, nesta ocasión
compartido cos murcianos.
Venres 27 de maio: volta á casiña,
madrugón, pouco sono e viaxe moi, moi
longa. Vimos dúas pelis, fixemos xogos e
fomos pasando o tempo entre bromas.
Chegamos ao Foxo alá cerca da unha. Alí
esperaban as nosas familias todas
contentas de volver a vernos. Démoslle un
aplauso aos condutores e as profes e aí
rematou todo…

as nosas cousas37

PONTES E PONTELLAS

2º CICLO
AS PROFESORAS DE 2º Ciclo decidiron que, neste Ano Internacional dos Bosques, sería
interesante que os nenos e nenas investigasen sobre os nomes das pontes das súas
parroquias.
A actividade consistiu en que cada un dos alumnos levara unha cámara fotográfica para
que sacase unha foto da ponte máis próxima á súa casa, e outra do río ou regueiro sobre
o que estaba. Para todo isto necesitaron a colaboración das familias para desprazarse e
informarse.
As fotos vanse escaneando e imprimindo nunha folla individual na que os nenos e nenas
completan os datos. Con todas estas follas estamos elaborando un libro que esperamos
completar en anos posteriores con datos doutros informantes....

38as nosas cousas

AS NOTICIAS DE 1º

1º CURSO
SOMOS PERIODISTAS E CONTAMOS ALGUNHAS COUSAS QUE
FIXEMOS ESTE CURSO....

as nosas cousas39

40as nosas cousas

as nosas cousas41

LETRAS GALEGAS 2011

LOIS PEREIRO
NO ANO 1958, en Monforte de Lemos (Lugo), nace Luís Ángel Sánchez Pereiro (Lois
Pereiro). Os pais son Manuel Sánchez Vila e Inés Pereiro Pontón. Ten dous irmáns: o
maior, Xosé Manuel, e Inés, a menor dos tres. Os seus pais eran do Incio e a vida de
Lois está moi unida a este concello lugués.
En 1963 comeza os seus estudos no colexio dos
Escolapios e alí continuará ata rematar o
bacharelato. No ano 1974 cursa COU no
Instituto de Monforte. Alí coñece a Piedad
Cabo, que será a súa compañeira e amiga
durante gran parte da súa vida.
En 1977, co seu irmán Xosé Manuel, Manuel
Rivas e Antón Patiño funda a revista Loia, da
que só saen catro números. Aquí aparecen os
seus primeiros poemas.
No ano 1981, envelénase co aceite de colza
que vendían a granel polas casas. Queda moi
afectado fisicamente e retorna a Monforte.
O seu primeiro libro individual aparece no ano
1992, Poemas 1981/1991 (Edicións Positivas).
O segundo publicarase en 1995, Poesía última
de amor e enfermidade 1992/1995.
En 1994, cae gravemente enfermo. Ademais
das consecuencias do envelenamento por colza, diagnostícaselle a sida. Morre en
maio de 1996 e será soterrado en Santa Cristina do Viso, no Incio.
OBRA:
Poemas 1981/1991 (Ed. Positivas, Santiago 1992)
Poesía última de amor e enfermidade 1992/1995 (Ed. Positivas, Santiago 1995)
Poemas para unha Loia (Ed. Espiral Maior, A Coruña, 1997)
Náufragos do paradiso (novela inacabada). Revista Luzes de Galiza nº 28, 1997
Conversa ultramarina (Ed. Positivas, Santiago 2010)
42as nosas cousas

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful