EQUIPO DE DINAMIZACION

DA LINGUA GALEGA
(E.D.L.G.)

“As estacións
de Manuel
María”

22/01/2016
CEIP CONDESA DE FENOSA
O Barco de Valdeorras
32015116

ÍNDICE DE CONTIDOS:

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

1. INTRODUCIÓN.
2. GUÍA EXPLICATIVA DE ELABORACIÓN:
 SUXERENCIAS DE FORMATO.
 GUÍA DE ELABORACIÓN DOS CARTACES.

Título.

Responsable.

Elaboración.

Ilustración.
 GUÍA DE ELABORACIÓN DAS ILUSTRACIÓNS.

Título.

Responsable.

Elaboración.

Ilustración.
3. SUXERENCIAS DE PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA:
a. OBXECTIVO XERAL.
b. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS.
 CONCEPTUAIS.
 PROCEDIMENTAIS.
 ACTITUDINAIS.
c. METODOLOXÍA.
d. RECURSOS.
 PERSOAIS.
 MATERIAIS.
 ESPACIAIS.
 TEMPORAIS.
e. ACTIVIDADES.
f. AVALIACIÓN.

1

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

1. INTRODUCIÓN.
Cando a Real Academia Galega propuxo a Manuel María coma o persoeiro ao que adicar as
letras galegas do ano 2016, soubemos que tiñamos por diante un ano de traballo intenso para lle
dar a homenaxe axeitada á súa figura, coa fin de que o noso alumnado tivese a información
necesaria para valorar a importancia deste destacado poeta e defensor do idioma.
Manuel María é un autor que resulta de grande valor polos seus poemas, dotados dun ritmo e
temática populares de extraordinaria fermosura. Estes foron musicados por cantautores e grupos
folques e, deste xeito, se convertiron en verdadeiros himnos para o noso pobo. O carro, Galicia, O
arado e tantos outros amosan este aspecto do que vimos a falar.
Daquela, e tendo en conta a nosa tradición de traballar todos os anos ás figuras que sinala a
RAG como destinatarios da homenaxe colectiva que supón as Letras Galegas, decidimos poñer en
marcha todas as iniciativas que tivesemos á man para que o noso alumnado puxera en valor a
figura deste poeta da escola poética da Terra Cha, que diría Darío Xohan Cabana.
Velaí a nosa participación neste concurso de carteis sobre a bio-bibliografía de Manuel María,
co que pretendemos fundamentalmente ir poñendo en contacto aos nenos e nenas do colexio coa
figura deste poeta popular e coas características da súa obra.
Canda esta actividade temos a lectura de “os nosos autores en voz alta”, que realizamos os
venres, e que neste curso escolar estará adicada, dende o principio á fin, á obra de Manuel María.
Traballaremos tamén os poemas musicados do autor dende a aula de música, e tentaremos
aproveitar todos os recursos educativos que vaian aparecendo, ou que nós mesmos elaboremos,
ao longo deste ano da homenaxe.
Temos que sinalar que a proposta de participación no concurso, realizada polo equipo de
normalización (E.D.L.G.), tivo unha excelente acollida por parte de todo o profesorado do centro, e
que estes souberon estender o seu entusiasmo ao alumnado, de tal xeito que todos participaron
con gran ilusión e motivación na elaboración dos carteis.
A idea de cada cartel, como se explicará máis adiante, consta de tres elementos: a figura de
Manuel María ao longo do tempo; as paisaxes das súas diferentes etapas vitais, situadas como
fondo recoñecible de cada cartel; por último unha árbore que simboliza a súa vida e obra, na que
irán aparecendo os títulos máis significativos da súa produción correspondente con cada etapa
biográfica sinalada.
Deste xeito fomos implicando a todo o alumnado na elaboración do traballo participando na
elaboración dos fondos dos carteis. A carón deste traballo colectivo temos un traballo
encomendado a un alumno que domina o debuxo de caricatura e que achega a necesaria unidade
de concepto na imaxe do autor ao longo de todo o seu itinerario vital. Finalmente o debuxo dunha
árbore simbólica e da representación das obras de Manuel María nas súas follas, supuxo un
traballo de procura documental dos cursos de quinto e sexto que, a parte da achega de datos sobre
o autor, ten un valor de seu que nós valoramos en grande medida.
2

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

O presente documento recolle unha “guía didáctica” como programación a realizar coa
exposición como conxunto e con cada cartaz en particular. Trátase dunha proposta de actividades
que dende as fases do proceso de investigación traballan moitas das áreas do currículo de xeito
globalizado. En sesións en pequeno grupo (grupo aula) e adaptadas ás características específicas
do alumnado, están destinadas a alumnado dende E.I., E.P. ata E.S.O.

2. GUÍA EXPLICATIVA DE ELABORACIÓN: Recollemos a continuación, as fases de elaboración deste
proxecto multidisciplinar e interdepartamental.
 SUXERENCIAS DE FORMATO: Suxerencias de formato, técnicas e materiais para homoxeneixar
formatos:
 Fondo: Tablé de marquetería mercado nunha tenda de bricolaxe.
 Técnicas a empregar:
o Pintura de dedos ou témperas para fondos a longa distancia (ceos, montañas,
ciudades…)
o Cartóns, goma eva, cartolinas, para medias distancias.
o Collage con materiais diversos para os obxectos situados a curta distancia
(“porexpan”, teas, bricks, botes, caixas…)
 Materiais a empregar:
o Pintura de dedos, témperas, ceras, lápis de cores…
o Materiais de refugallo, para os fondos.
o Cartolinas para os personaxes e os seus diálogos.
o Pegamentos, e pistola de silicona para pegar e montar os fondos. Colas para
fixar e dar brillo.
 Árbore: Para unificar o formato da árbore empregamos o seguinte material:
o Follas de árbore reais, de pequeno tamaño e cor outoñal. Pintámolas con
pintura de dedos de cor dourada.
o Tronco e polas da árbore: realizado nun cartón duro de rexilla e pintadas
segundo a cor da estación e do crecemento da árbore segundo corresponda a
cada cartaz. Cumplimentadas con follas coa cor de cada estación e coas follas
douradas que representan cada obra do autor.
o Pegaremos as follas con pistola de silicona sobre o tronco e polas, E sobre elas
fixamos uns carteliños cos nomes das obras literarias.

Rotulados: Acompañamos cada cartaz cun título identificativo, que compara a evolución
da vida da árbore coa da vida e obra do autor homenaxeado.

3

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

 GUÍA DE ELABORACIÓN DOS CARTACES: 10 fichas explicativas de elaboración de cada un dos
cartaces, coas características que o definen, responsables de elaboración, así como o bocexo
inicial e suxerencias para o ilustrador. Poden acompañar cada cartaz na súa exposición.

DESCRICIÓN

CARTAZ 1

TÍTULO: “AS ESTACIÓNS DE MANUEL MARÍA”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: “A CASIÑA” (AULAS E.E.) /COORDINADOR DO E.D.L.G.: RUBÉN.

ELABORACIÓN: Debuxamos a cara de Manuel María, diante dun gran Carballo. De fondo, nas catro esquinas
as catro cores das diferentes estacións: (verde para primavera, amarelo para o verán, laranxa para o outono e
azul grisaceo para o inverno).

ILUSTRACIÓN: O ilustraodr debuxará unha gran cara de Manuel María tamaño folio.

CARTAZ 2

DESCRICIÓN

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de
Manuel
María
nas
súas
décadas,
identificando os principais momentos vitais e
profesionais da súa vida. Simbolizamos a súa
traxectoria vital como as diferentes etapas
da vida dun carballo, dende o seu nacemento
ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida
dividida en décadas, se identificará con cada
estación do ano e a súa producción literaria
se representará en cada unha das follas dese
gran Carballo da nosa literatura que foi
Manuel María.

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel
María nas súas décadas, identificando os
principais momentos vitais e profesionais da súa
vida. Simbolizamos a súa traxectoria vital como
as diferentes etapas da vida dun carballo, dende
o seu nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da
súa vida dividida en décadas, se identificará con
cada estación do ano e a súa producción literaria
se representará en cada unha das follas dese
gran Carballo da nosa literatura que foi Manuel
María.

ETAPA: 1929-1940 (0 a 11 anos) (NACEMENTO E INFANCIA)

TÍTULO: PRIMAVERA “ A SEMENTE”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 5 ANOS A/B (EDUCACIÓN INFANTIL).

COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: NIEVES/MERCE.

ELABORACIÓN: Debuxamos con colores primaverais, unha paisaxe na que no lateral esquerdo se botou unha
semente de carballo. Vemos a terra na parte inferior e como lle van saíndo as raíces e nace unha pequeniña pranta
de carballo. Pomos a data de nacemento do autor nunha etiqueta na semente. (6 de outubro de 1929). Recreamos
a aldea de nacemento (Outeiro de Rey en Lugo), e a súa casa natal.
ILUSTRACIÓN: O ilustrador debuxará a infancia de Manuel María na súa aldea de Outeiro de Rey
(Lugo).Ollando para a semente como crece ou xogando.

4

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

DESCRICIÓN

CARTAZ 3

CEIP CONDESA DE FENOSA

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de
Manuel
María
nas
súas
décadas,
identificando os principais momentos vitais
e profesionais da súa vida. Simbolizamos a
súa traxectoria vital como as diferentes
etapas da vida dun carballo, dende o seu
nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da
súa vida dividida en décadas, se
identificará con cada estación do ano e a
súa producción literaria se representará en
cada unha das follas dese gran Carballo da
nosa literatura que foi Manuel María.

ETAPA: 1940-1950 (11 a 21 anos)

TÍTULO: PRIMAVERA “AGROMO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 1ºA/B. / COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: MARTA.

ELABORACIÓN: Facemos unha paisaxe con cores primaverais, na que no lateral esquerdo está o carballo Manuel
María, dun tamaño pequeño e cores verdosas, cunha pola verde e unha sóa folla de carballo (verde), sobre a que
figura un letreiro co nome da súa primeira obra en 1950 “Muiñeiro de brétemas”. Representamos algún elemento
da cidade de Lugo (muralla) onde realizou o seu bacharelato e iniciou a súa carreira literaria, así como o café
Méndez Núñez onde participaba en tertulias.
ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a súa vida de tertulias no café Méndez Núñez con (Pimentel, Fole,
Rof Codina…), que lle puxeron en contacto co galeguismo.

DESCRICIÓN

CARTAZ 4

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de
Manuel María nas súas décadas,
identificando os principais momentos
vitais e profesionais da súa vida.
Simbolizamos a súa traxectoria vital
como as diferentes etapas da vida dun
carballo, dende o seu nacemento ata a
súa vellez. Cada etapa da súa vida
dividida en décadas, se identificará con
cada estación do ano e a súa producción
literaria se representará en cada unha
das follas dese gran Carballo da nosa
literatura que foi Manuel María.

ETAPA: 1950-1960 (21 a 31 anos)

TÍTULO: PRIMAVERA “FLORECEMENTO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 2ºA/B

COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: AURORA.

ELABORACIÓN: Facemos unha paisaxe con cores primaverais, na que no lateral esquerdo está o carballo
Manuel María, dun tamaño medio de cores verdosas, con varias polas máis verdes coas follas de carballo en cor
verde clariño cos nomes de cada unha das obras ata ese momento. E unha folla máis sen nome na parte inferior
para representar a obra precedente. Representamos algún elemento que identifique o seu traslado a vivir a
Monforte (mosteiro ao lonxe na parte superior) e en primeiro plano a igrexa para ambientar o seu casamento.
ILUSTRACIÓN: O ilustrador representará nese o casamento do autor con Saleta Goi e/ou o inicio da súa labor
como procurador en tribunais.

5

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

DESCRICIÓN

CARTAZ 5

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de
Manuel María nas súas décadas,
identificando os principais momentos
vitais e profesionais da súa vida.
Simbolizamos a súa traxectoria vital
como as diferentes etapas da vida dun
carballo, dende o seu nacemento ata a
súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida
en décadas, se identificará con cada
estación do ano e a súa producción
literaria se representará en cada unha
das follas dese gran Carballo da nosa
literatura que foi Manuel María.

ETAPA:1960-1970 (31 a 41 anos)

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 3ºA / COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: MARIEM.

ELABORACIÓN: Facemos unha paisaxe con cores primaverais, na que no lateral esquerdo está o carballo
Manuel María, dun tamaño groso, (verdoso-amarronado), con varias polas con follas de carballo de cor verde cos
rótulos dos nomes de cada unha das obras realizadas nese momento, na parte superior. E por debaixo as outras
follas das obras anteriores (5 follas máis) sen nome.

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará o comezo da implicación política en partidos nacionalistas na
clandestinidade. Manuel María cunha bandeira de Galicia, falando diante dun grupo de xente.

CARTAZ 6

DESCRICIÓN

CEIP CONDESA DE FENOSA

TÍTULO: VERÁN “FROITO”.

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de
Manuel María nas súas décadas,
identificando os principais momentos
vitais e profesionais da súa vida.
Simbolizamos a súa traxectoria vital
como as diferentes etapas da vida dun
carballo, dende o seu nacemento ata a
súa vellez. Cada etapa da súa vida dividida
en décadas, se identificará con cada
estación do ano e a súa producción
literaria se representará en cada unha
das follas dese gran Carballo da nosa
literatura que foi Manuel María.

ETAPA: 1970-1980 (41 a 51 anos)

TÍTULO: VERÁN “MADURACIÓN”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 4ºA/B / COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: MARIEM.

ELABORACIÓN: Facemos unha paisaxe con cores veraniegas (amarelos, vermellos), na que no lateral esquerdo
está o carballo Manuel María, dun tamaño MOI GROSO, de cor marrón, con varias polas con follas de carballo
cos rótulos de cada unha das obras dese momento. Na parte inferior as follas que representan as obras de
anteriores etapas sen nome, e na parte superior as follas das obras novas co rótulo do seu nome. Follas dunha
cor diferente para as novas obras de teatro e doutra cor diferente para as de narrativa. Queremos reflectir
a súa diversificación de estilos iniciándose na dramaturxia e narrativa. Fixo a maioría das súas obras
dramáticas nesta década. Na parte da dereita representaremos Monforte ao fondo (o mosteiro) e na parte
máis próxima unha casa do concello onde traballaría como concelleiro.
ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará o comezo do seu traballo como concelleiro: a entrega dun maletín por
parte do alcalde (cunha banda que o identifica) no que figure o seu novo título como “Concelleiro”.

6

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CARTAZ 7

CEIP CONDESA DE FENOSA

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel
María nas súas décadas, identificando os principais
momentos vitais e profesionais da súa vida.
Simbolizamos a súa traxectoria vital como as
diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu
nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida
dividida en décadas, se identificará con cada
estación do ano e a súa producción literaria se
representará en cada unha das follas dese gran
Carballo da nosa literatura que foi Manuel María.

ETAPA: 1980-1990 (51 a 61 anos)

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 5ºA /COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: CAROLO.

ELABORACIÓN:) Facemos unha paisaxe con cores outonais (gama de laranxas), na que no lateral esquerdo
está o carballo Manuel María, dun tamaño MOI GROSO de cor marrón escura, con varias polas con follas
de carballo cos nomes de cada unha das obras dese momento. Na parte inferior as follas que representan
as obras de anteriores etapas sen nome, e na parte superior as follas das obras novas co rótulo do seu
nome. Na parte dereita, representarán o seu traslado da cidade de Monforte á cidade da Coruña, onde
pasou a súa seguinte etapa vital. Podemos simbolizalo cun mapa de Galicia sobre o que se debuxa un
percorrido cos rótulos de Monforte e Coruña dentro de unha nube (será o pensamento de Manuel María
sobre a súa xubilación).

DESCRICIÓN

TÍTULO:”OUTONO”

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a etapa de vida en Coruña. A súa despedida xubilándose na
militancia política en 1985 antes de emprender a súa viaxe a Coruña. Pode debuxar a un Manuel María pensativo
coa maleta de concelleiro nunha man e a outra no queixo.

DESCRICIÓN

CARTAZ 8

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de
Manuel
María
nas
súas
décadas,
identificando os principais momentos vitais
e profesionais da súa vida. Simbolizamos a
súa traxectoria vital como as diferentes
etapas da vida dun carballo, dende o seu
nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da
súa vida dividida en décadas, se
identificará con cada estación do ano e a
súa producción literaria se representará en
cada unha das follas dese gran Carballo da
nosa literatura que foi Manuel María.

ETAPA: 1990-2000 (61 A 71 anos)

TÍTULO: OUTONO “A COLLEITA”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 5ºB / COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: LAURA.

ELABORACIÓN: Facemos unha paisaxe con cores outonais (gama de laranxas), na que no lateral esquerdo está
o carballo Manuel María, dun tamaño moi groso de cor marrón escura, con varias polas con follas de carballo cos
nomes de cada unha das obras dese momento. Na parte inferior as follas que representan as obras de
anteriores etapas sen nome, e na parte superior as follas das obras novas co rótulo do seu nome. Se
representará a cidade da Coruña na parte superior dereita, co mar e algún elemento destacado da súa
arquitectura (torre de Hércules), e en primeiro plano, representamos un edificio que simboliza a casa de Manuel
María.
ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a etapa de vida en Coruña. Ao autor escribindo na súa casa, nun
escritorio, centrado na súa actividade literaria e cultural.

7

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CARTAZ 9

CEIP CONDESA DE FENOSA

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María
nas súas décadas, identificando os principais
momentos vitais e profesionais da súa vida.
Simbolizamos a súa traxectoria vital como as
diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu
nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida
dividida en décadas, se identificará con cada estación
do ano e a súa producción literaria se representará en
cada unha das follas dese gran Carballo da nosa
literatura que foi Manuel María.

ETAPA: 2000 A 2004.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 6ºA / COORDINADOR DO E.D.L.G.: RUBÉN.

ELABORACIÓN: Representará esa etapa da vellez de Manuel María, na que aínda que xa non producía un gran
número de obras todavía se incolucraba en causas Participou coa campaña “Nunca Mais” a raíz do desastre do
Prestige o 13-11-2002. Facemos unha paisaxe con cores invernais (gama de azuis e grises), na que no lateral
esquerdo está o carballo Manuel María, dun tamaño moi groso de cor marrón escura-grisácea, con varias polas con
follas de carballo cos nomes de cada unha das obras dese momento. Na parte inferior as follas que representan as
obras de anteriores etapas sen nome, e na parte superior unha pola vigorosa con dúas follas verdes, das súas obras
do ano 2000 co rótulo do seu nome. Se representará a cidade da Coruña na parte superior dereita, co barco
PRESTIGE afundíndose no mar diante da torre de Hércules. A Praia e as rochas cubertas de “chapapote”.
Gaivotas mortas na área…

ILUSTRACIÓN: O ilustrador debuxa a un Manuel María ao frente dunha manifestación de xente con pancartas que
poñen como eslogans: “Nunca máis”.

DESCRICIÓN

TÍTULO: INVERNO “ GROMOS SERODIOS”

CARTAZ 10

*XUSTIFICACIÓN: Dividimos a vida de Manuel María
nas súas décadas, identificando os principais
momentos vitais e profesionais da súa vida.
Simbolizamos a súa traxectoria vital como as
diferentes etapas da vida dun carballo, dende o seu
nacemento ata a súa vellez. Cada etapa da súa vida
dividida en décadas, se identificará con cada estación
do ano e a súa producción literaria se representará en
cada unha das follas dese gran Carballo da nosa
literatura que foi Manuel María.

ETAPA: MORTE (8-09-2004)

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: 6ºB / COORDINADOR/A DO E.D.L.G.: RUBÉN.

ELABORACIÓN: Queremos representar a norte de Manuel María (8-9-2004), a recollida da súa obra nos libros, e os
recoñecementos posteriores a denominación dunha Aula Manuel María en honor ao poeta n Facultade de Filoloxía da
Universidade da Coruña, polo comité de estudantado da facultade.Apertura o 22 de outubro de 2008, coa presenza de poetas
galegos amigos de Manuel María como Marica Docampo ou Lois Diéguez e da súa viuva Saleta Goi. E a homenaxe pola Real
Academia da Lingua Galega no ano 2016.

DESCRICIÓN

TÍTULO: “LOUVANZA”

Facemos unha paisaxe con cores invernais (gama de azuis e grises), na que no lateral esquerdo está o carballo
Manuel María, dun tamaño moi groso de cor marrón escura-grisácea, sen follas. Na árbore unha esquela coa data de
pasamento do autor . Ao pé do castaño, colocaremos pegados con silicona, (folletiños pequenos ou libros) que
simbolicen o feito de que as obras de Manuel María non se caen da árbore ao chan senón que se recollen na
literatura. Sobre esos libros pegaremos follas cos rótulos dos nomes das súas obras, superpostos. Na parte dereita
do cartaz, reprsentaremos a Facultade de Filoloxía de Coruña, cunha placa dourada (cartolina co rotulado: Aula de
Manuel María) cunha tea (pegada con silicona) nun lateral.

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará aos amigos e familiares presentes no acto de inauguración da Aula a Manuel
María, da Facultade de Filoloxía de Coruña. Representará a poetas galegos amigos de Manuel María como Marica Docampo ou
Lois Diéguez e da súa viuva Saleta Goi.que estarán diante da placa conmemorativa que será elaborada polos alumnos/as de
6ºB.

8

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

 GUÍA DE ELABORACIÓN DAS ILUSTRACIÓNS: Na procura dunha maior uniformidade na
realización das personaxes que ilustran cada un dos cartaces, consideramos oportuno encargar a
realización das ilustracións a un mesmo neno que polas súas dotes e gosto persoal ofreceuse
colaborar con esta gran aportación. Para guiar a confección das personaxes que ilustran casa
escena, elaboramos unha “Guía para o ilustrador” na que se refiren os seguintes aspectos
relativos a cada cartaz: Título, responsable, elaboración, ilustración.
Déronselle ademáis unha serie de pautas mínimas para a representación das
personaxes. Esta foron as seguintes:
 Realizará as personaxes cos seus diálogos, non a súa ubicación (edificios).
 Poderá acompañar as personaxes de obxectos.
 As imaxes realizaranse en cartolina tamaño folio, en posición horizontal para que a
altura das personaxes sempre sexa a mesma. Salvo a imaxe do cartaz 1 que por ser un
retrato do rostro do autor será coa cartolina en posición horizontal para aproveitar
mellor o espazo.
 Empregará a técnica e materiais que considere máis oportunos á súa creatividade.
As “ 10 fichas guía para o ilustrador” que definen as ilustracións de cada un dos cartaces
e que precisan ser tidas en conta polos mestres/as de cara á realización de actividades
específicas sobre as mesmas, son as seguintes. Xunto con cada bocexo, recollemos as
ilustracións finais aportadas polo alumno de 6º que exerceu como ilustrador:
CARTAZ 1

TÍTULO: “AS ESTACIÓNS DE MANUEL MARÍA”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustraodor debuxará unha gran cara de Manuel María tamaño folio.

ILUSTRACIÓN

DESCRICIÓN

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

*Rostro de Manuel María na cartolina branca en posición vertical.

9

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

CARTAZ 2
“GUIA PARA O ILUSTRADOR”
ETAPA: 1929-1940 (0 a 11 anos) (NACEMENTO E INFANCIA)

TÍTULO: PRIMAVERA “ A SEMENTE”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador debuxará a infancia de Manuel María na súa aldea de Outeiro
de Rey (Lugo).Ollando para a semente como crece ou xogando.

BOXEXO E ILUSTRACIÓN

DESCRICIÓN

CARTAZ 3

ETAPA: 1940-1950 (11 a 21 anos)

TÍTULO: PRIMAVERA “AGROMO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a súa vida de tertulias no café Méndez Núñez con
(Pimentel, Fole, Rof Codina…), que lle puxeron en contacto co galeguismo .

BOCEXO E ILUSTRACIÓN

DESCRICIÓN

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

10

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

CARTAZ 4

ETAPA: 1950-1960 (21 a 31 anos) TÍTULO: PRIMAVERA “FLORECEMENTO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador representará o casamento do autor con Saleta Goi. Debuxará á
parella á entrada da igrexa despois de casar.

BOCEXO E ILUSTRACIÓN

DESCRICIÓN

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

CARTAZ 5

ETAPA:1960-1970 (31 a 41 anos)

TÍTULO: VERÁN “FROITO”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará o comezo da implicación política en partidos
nacionalistas na clandestinidade. Manuel María cunha bandeira de Galicia, falando diante dun
grupo de xente.

BOCEXO

DESCRICIÓN

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

11

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

CARTAZ 6

ETAPA: 1970-1980 (41 a 51 anos)

TÍTULO: VERÁN “MADURACIÓN”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará o comezo do seu traballo como concelleiro: a entrega dun
maletín por parte do alcalde (cunha banda que o identifica) no que figure o seu novo título como
“Concelleiro”.

BOCEXO E ILUSTRACIÓN

DESCRICIÓN

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

CARTAZ 7

ETAPA: 1980-1990 (51 a 61 anos)

TÍTULO:”OUTONO”

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a etapa de vida en Coruña. A súa despedida xubilándose
na militancia política en 1985 antes de emprender a súa viaxe a Coruña. Pode debuxar a un Manuel
María pensativo coa maleta de concelleiro nunha man e a outra no queixo.

BOCEXO E ILUSTRACIÓN

DESCRICIÓN

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

12

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

CARTAZ 8

ETAPA: 1990-2000 (61 A 71 anos)

TÍTULO: OUTONO “A COLLEITA”.

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará a etapa de vida en Coruña. Ao autor escribindo no porche da súa casa,
sentado ao pé da árbore, centrado na súa actividade literaria e cultural.

BOCEXO E ILUSTRACIÓN

DESCRICIÓN

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

CARTAZ 9

ETAPA: 2000 A 2004.

TÍTULO: INVERNO “GROMOS SERODIOS”

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador debuxa a un Manuel María ao frente dunha manifestación de xente con
pancartas que poñen como eslogans: “Nunca máis”.

BOCEXO E ILUSTRACIÓN

DESCRICIÓN

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

13

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

CARTAZ 10

ETAPA: MORTE (8-09-2004)

TÍTULO: “LOUBANZA”

RESPONSABLE DE REALIZACIÓN: MAURO (6ºB)

ILUSTRACIÓN: O ilustrador, representará aos amigos e familiares presentes no acto de inauguración da Aula a
Manuel María, da Facultade de Filoloxía de Coruña. Representará a poetas galegos amigos de Manuel María como
Marica Docampo ou Lois Diéguez e da súa viuva Saleta Goi.que estarán diante da placa conmemorativa que será
elaborada polos alumnos/as de 6ºB.

BOCEXO E
ILUSTRACIÓN

DESCRICIÓN

“GUIA PARA O ILUSTRADOR”

4.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA : “AS ESTACIÓNS DE MANUEL MARÍA”
o OBXECTIVO XERAL: Achegar a vida e obra de Manuel María á comunidade educativa.
o OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
 CONCEPTUAIS:
 Coñecer a vida e obra do autor homenaxeado.
 Coñecer a traxectoria ideolóxica e política de Manuel María.
 Coñecer os elementos e procesos da paisaxe natural representados nos cartaces
asociados ás etapas vitais do autor (estacións do ano, paisaxes rurais e urbanas
 Coñecer localidades da xeografía de Galicia nas que residiu Manuel María:
localización, monumentos, edificios emblemáticos…
 Coñecer o contexto histórico e sociocultural da biografía do autor: feitos
históricos, eitos políticos, autores coetáneos, movementos artísticos…
 PROCEDIMENTAIS:
 Observación detallada dos cartaces e identificación de elementos presentes.
 Investigación sobre aspectos biográficos, xeográficos, históricos e socioculturais
presentes nos cartaces.
 Creatividade e autonomía na creación artística de cada un dos cartaces.
 Emprego de diferentes técnicas e materiais artísiticos.
 Reutilización de materiais de refugallo.
14

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

 ACTITUDINAIS:
 Respecto e interese pola figura do autor homenaxeado.
 Colaboración e traballo en equipo.
 Respecto polas ideas propias e alleas.
 Respecto das quendas de opinión.
 Sensibilización medioambiental.
 Sensibilización cara o emprego da lingua.
 Respecto pola cultura inmaterial da nosa terra.
 Interese e esforzo persoal pola calidade nas súas producións.
o METODOLOXÍA: Globalizada, centrada nos coñecementos previos e activa e participativa na
adquisición das aprendizaxes, empregando como método de achegamento ao coñecemento as
fases de calquer proceso de investigación tales como:
 Observación guiada.
 Búsqueda e recollida de información.
 Sistematización (análise e resumo).
 Establecemento de conclusións.
 Avaliación e autoavaliación do proceso.
Traballo en gran e pequeno grupo, de xeito creativo e autónomo que fomenta o interese
pola nosa lingua e máis e máis valores de coidado medioambiental.

o RECURSOS: Todos os recursos tanto persoais, temporais como materiais a disposición de todo o
alumnado, tanto no centro como na comunidade educativa e localidade na que se ubique este,
tales como:
 PERSOAIS: Profesorado do centro e familias implicadas.
 MATERIAIS:
o Como fontes documentais para a investigación derivada do visionado da
exposición, poderán acudir tanto aos fondos impresos da biblioteca do centro
como da bibiloteca pública da localidade en cuestión.
o Propomos visitar buscadores web, así como enciclopedias virtuais.
o Equipos informáticos a disposición do alumnado nas Aula de Informática de cada
un dos centros educativos.
o Material funxible individual, de centro e/ou de aula: caderno, lápis, goma,
pinturas…
 ESPACIAIS: Salón de actos ou pasillos onde esté instalada a exposición de cartaces, así
como biblioteca escolar e aula ordinaria onde poderán desenvolver as actividades
derivadas do visionado dos cartaces.
15

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

 TEMPORAIS: Ocuparase o tempo previsto para o visionado por grupos a exposición, que
recomendamos non supere a hora de duración, así como as horas dentro da
Programación de Aula que máis se adecúen á realización de cada unha das propostas de
actividades que se formulan.
o ACTIVIDADES:Tal como definimos na metodoloxía, a exposición tal cual está configurada
permite traballar as diferentes áreas de aprendizaxe de xeito globalizado. Actividades
realizadas “durante” e “despois” da visita á exposición de cartaces “As estacións de Manuel
María”, propomos unha batería de actividades para as diferentes áreas de aprendizaxe (Lingua
e Literatura galega, Matemáticas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, Xeografía e Historia,
Educación Artística (música e danza), que se clasifican segundo as principais fases de
investigación:
 (DE) OBSERVACIÓN: Actividades a realizar “durante” o visionado da exposición.
o Primeiro visionado libre, en gran grupo, de cada un dos cartaces.
o “O Preguntoiro”: Organizados en pequenos grupos (parellas de catro nenos/as
máximo) distribuidos entre cadanseu cartaz. Trátase dunha batería de
preguntas, sobre o visionado do cartaz, biográficas e literarias a realizar
simultáneamente ao visionado de cada cartaz e cumplimentar nunha ficha como
a seguinte:

PREGUNTOIRO
PREGUNTAS

DO

CARTAZ:

Que ves neste cartaz? Descríbeo.
o

Que estación do ano representa? Por qué? Cal é o seu clima?

o

Cómo é a vexetación nesta estación?

Natureza.

o

Como é a árbore que ves? Como é a súa folla?

Educación

o

De que especie é a árbore que aparece?

o

Qué simboliza esta árbore?

o

Qué tipo de paisaxe é? Rural ou urbana? Interior ou de costa?

o

Ciencias

o

Artística.

da

PREGUNTAS

Como é o cartaz e como foi feito?
o

Que cores aparecen no cartaz?

o

Que técnicas artísticas se empregaron na súa realización?

o

Qué materiais se empregaron na súa realización?

o

Que pensas que se pretendía transmitir co emprego destas técnicas e materiais?

En qué localidade de Galicia está ubicado este cartaz?

BIOGRÁFICAS.

Xeografía.

Matemáticas

.

Historia.

o

En cántas localidades de Galicia pasou a súa vida? Nomea.

o

Coñeces ti alguna destas localidades?

Entre qué datas está ubicado este cartaz?
o

Qué é unha década?

o

Cantos anos tiña Manuel María, na etapa que reflexa este cartaz?

Na súa vida persoal, qué lle aconteceu nesta etapa?

Que evento histórico destacado en Galicia aconteceu neste momento da súa vida?
o

Cales foron as súas causas?

16

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

PREGUNTAS

o

Cales foron as consecuencias?

o

Como foi a resposta social?

o

Onde estaban os teus país?

o

Onde estabas ti?

CEIP CONDESA DE FENOSA

Que evento político aconteceu neste momento da súa vida?

SOCIOCULTURAIS

o

Qué é unha dictadura?

E LITERARIAS:

o

Que é unha Democracia?

o

Política.

o

Lingua e

o

Noméa.

literatura

o

A que xénero literario pertencen?

galega.

o

Cales eran as temáticas das súas obras nesta etapa?

o

A quen ían dirixidas?

o

Cales son os nomes das obras adicadas á infancia?

o

Que premio ou distinción recibiu nesta etapa?

o

Cales son os títulos dos poemas que foron musicados?

Que obra ou obras escribiu nesta etapa?

Qué é a cultura inmaterial dun país?

Qué cousas son a que conforman a identidade dunha nación do mundo como comunidade?

(DE) INVESTIGACIÓN: Actividades a realizar “despois” do visionado da exposición de cartaces.
Trátase de investigar, de xeito guiado, sobre aspectos de diversa naturaleza, derivados do
visionado de cada un dos cartaces, empregando diversas fontes documentais (libros, prensa
escrita, enciclopedias e publicacións dixitais…).
 “O PORTFOLIO”: Cada alumno ou grupo de alumnos realizará unha investigación sobre
algún dos seguintes aspectos e áreas en diversas fontes documentais, froito do que
elaborará un dosier documental. As suxerencias de investigación adecuarán a súa
complexidade ao nivel de desenvolvemento do alumno/a. Suxerimos as seguintes liñas
clafisicadas en áreas de aprendizaxe. O formato deste dosier poderá ser no soporte que
se considere máis oportuno. Así poderá haber actividades recollidas en soporte papel
(folio, caderno…), en soporte informático (documentos de texto, presentación..) e
incluso en soporte audiovisual (gravacións de audio e vídeo).

“O PORTFOLIO”
Lingua e literatura:

Clasificar as obras do autor segundo o xénero literario ao que pertencen: poesía, ensaio,

Selección dun poema.

panfleto…
o

Lectura en alto con ritmo e entonación axeitado.

o

Copia con boa caligrafía, presentación e limpeza.

o

Analizar o vocabulario complexo presente no poema. Buscalo no diccionario e

o

Diferenciar o vocabulario empregado do vocabulario do galego normativo e tamén do

definilo.
galego propio da zona xeográfica na que se sitúe o centro educativo en cuestión.

17

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

Ciencias da Natureza:

Buscar información sobre o tipo de árbore que aparece nos cartaces.
o

Características da árbore.

o

Tipo e forma da súa folla.

o

Etapas da vida dunha árbore.

o

Diferenciar os tipos de paisaxes segundo as súas características: urban/rural,
interior e de costa.

o

Climas de Galicia segundo as estacións do ano.

o

Vexetación presenta nas localidades nas que viviu o autor.

Xeografía:

Localizar no mapa de Galicia as localidades nas que viviu Manuel María.

Historia:

Monumentos e edificios emblemáticos presentes e asocialos coas ciudades que lles
corresponden. Recortes de prensa, fotografías…

O afundimento do “Prestige”:

Causas: meteorolóxicas, humanas, técnicas e políticas.

Consecuencias: naturais,sociais, políticas e económicas.

Resposta cidadá:

Política e cultura:

Defensa da lingua durante a dictadura.

Actividade clandestina na formación da organización UPG.

Listaxe de elementos qu configuran a identidade da cultura inmaterial dunha
comunidade.

Educación Artística:

Plástica:

Representar os edificios e monumentos das localidades da biografía do autor,
empregando diferentes técnicas e materiais.


Representar artísticamente un paisaxe de interior e outro de costa.

Música:

Recoller os títulos dos poemas de Manuel María que foron musicados por
grupos como “Fuxan os ventos”, “Suso Bahamonde”, tales como:
o

“O burriño trotón”.

o

“O cuco, cuco, cuqueiro”.

o

“Caracol Caracoleiro”.

Realizar audicións dos diferentes poemas musicados.

Cantar algún dos poemas musicados de Manuel María.

Dramatizar algún dos poemas do autor ou algún fragmento dalgunha das súas
obras. dramáticas.

o (DE) AVALIACIÓN: Unha vez realizada a fase de investigación, sistematizamos toda a
información recollida nunha liña do tempo que o recolle e resume todo.
18

GUÍA DIDÁCTICA: “AS ESTACIÓNS DE MANUELMARÍA”

CEIP CONDESA DE FENOSA

“A LIÑA DO TEMPO”: En grupos, realizar unha liña do tempo da vida do autor na que
se relacionen os seus eitos persoais, coas publicacións de cada etapa, así como os
elementos históricos, políticos e culturais acontecidos meses períodos.

 AVALIACIÓN: Nunha proposta didáctica como a que se presenta, pode ser tanto ou máis
importante a adquisición de contidos, como o desenvolvemento do proceso, polo que os
instrumentos de avaliación serán tantos como as características (idade, procedencia,
coñecementos previos..) dos destinatarios. Propomos como posibles instrumentos básicos de
avaliación, tanto a realización de pequenos cuestionarios (tipo test, orais ou escritos) como a
observación do proceso de investigación en todas as súas fases, rexistrado en grellas de
observación graduadas na que se reflicta a consecución de aspectos tan relevantes como: nivel
de atención, grao de implicación na realización das actividades, nivel de calidade nas
producións resultado das actividades, nivel de emprego da lingua a nivel oral e escrito, grao de
autonomía, nivel de cooperación nas actividades realizadas en grupo, respecto de quendas…

BIBLIOGRAFÍA EMPREGADA:
 http://www.edu.xunta.es/portal/node/17437
 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipderebordans/system/files/manuel.pdf
 https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa
 http://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/9342/Manuel%20Mar
ia%20Fernandez%20Teixeiro
 http://www.casamuseomanuelmaria.gal/obras/ver.htm?id=15

____________________________________________________________________________________
*Se así se precisa, pomos á disposición da Secretaría Xeral de Política Lingüística, os cartaces no seu formato físico, que
polo seu peso e estrutura estarán expostos nun dos pasillos do centro durante o mes de maio para o visionado e traballo
colectivo sobre a programación didáctica, por todo o noso alumnado, así como a en exposición na Casa de Cultura da nosa
localidade para compartir a nosa proposta co resto de centros da localidade. E si así o decide a Secretaría Xeral de Política
Lingüística e somos merecedores de tal honra, este noso traballo poderá chegar, no formato de cartaces. ao resto de
centros de Galicia.

19

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful