*Imaxes empregadas únicamente con fins

educativos

MES DAS LETRAS GALEGAS

“Festa das Letras Galegas”
Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA
DE FENOSA (O Barco de Valdeorras”-Ourense), queremos
presentarvos unha das actividades que se desenvolveron co
gallo da celebración xornada do día das Letras Galegas, no
mes de maio, que denominamos “MES DAS LETRAS
GALEGAS”.
Previamente a esta xornada, nas programacións de
aula realizáronse actividades de coñecemento e difusión do
autor homenaxeado nesta ocasión pola Real Academia
Galega: Don MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO, con
actividades promovidas pola Secretaría Xeral de Política
Lingüística,
na
súa
web:
http://www.xunta.es/linguagalega/

“A FESTA DAS LETRAS GALEGAS”
Como resultado das reunións de coordinación do
profesorado dos diferentes niveis,
considerouse
inicialmente que a mellor data para realizar a nosa
“Festa das Letras Galegas 2016” sería o mércores 18 de
maio en dúas galas, dado que non podíamos asegurar
que o luns 16 de maio asistira a maioría do alumnado
por ser unha data “ponte” antes dun festivo: unha
para Educación Infantil + primeiro e segundo cursos
de Educación Primaria e unha segunda para segundo e
terceiro ciclo. Máis preto da data, en función do
número de actuacións que resulten e do tempo de
duración estimado, estableceríase o programa
definitivo.
Nembargantes, debido por unha banda á longa
duración de cada unha das galas previstas, así como á
á necesidade de tempo para a preparación da
convivencia de Infantil (a realizar o 19 de maio, un
día despois da nosa “Festa das Letras”, acordouse
retrasar a celebración da GALA 2 ao venres 20 de maio
no horario da mañá por ser esta unha data máis libre
de actividades para o profesorado. Así pois, finalmente
a nosa “FESTA DAS LETRAS 2016” constituiuse nestas
dúas galas, cadansúa nunha xornada diferente:

o GALA 1: EDUCACIÓN PRIMARIA (3ºAB/4ºAB/5ºAB):
18 de maio de 2016. 10:00-11:45h aprox.
o GALA 2: EDUCACIÓN INFANTIL EDUCACIÓN
INFANTIL + 1º CICLO (1ºAB/ 2ºAB): 20 de maio de
2016. 10:00-11:45h aprox.

“Festa das Letras Galegas”
En consonancia e como colofón ao traballo de
investigación realizado na actividade radiofónica A LINGUA
NAS ONDAS, na que coñecimos a biografía e obra do autor
MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO, o noso Festival das
Letras Galegas, decidiu darlle un lugar especial e adicarlle
as actuacións que nel se presentaron. Así, os recitados e
obras de teatro en lingua galega, que veñen sendo
actuacións habituais no noso festival, este ano foron pezas
literarias de MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO.
Con respecto aos PRESENTADORES das diferentes
GALAS, sinalar coma sempre a nosa intención de facer
protagonistas a tódolos nenos e nenas do centro
independientemente das súas características, polo que como
en vindeiras ocasións, haberá entre os presentadores, unha
representación equitativa dos distintos sexos, así como de
alumnado con necesidades educativas. Proporcionámoslles
un guión do festival que tiveron que preparar nas súas
aulas para mellorar a dicción e interpretación de cara ao

festival. A continuación unha imaxe como exemplo do
GUIÓN DOS PRESENTADORES:
GUIÓN DOS/AS PRESENTADORES/AS
“FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2016”
GALA 1

GUIÓN DOS/AS PRESENTADORES/AS
“FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2016”
GALA 2

A continuación, dúas imaxes que recollen os dous
modelos de PROGRAMAS, que deseñamos para repartir
polas aulas polos presentadores das dúas galas, que sería
colocado nun lugar visible, na entrada do salón de actos, a
fin de informar exactamente da quenda de actuación e

máis poder coñecer o conxunto das actuacións que
poderían disfrutar como espectadores en cada unha das
dúas galas:
PROGRAMA
“FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2016”
GALA 1

PROGRAMA
“FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2016”
GALA 2

Dentro das actuacións programadas, atopamos dende,
unha videomontaxe coa biografía do autor, recitados da
súa obra, monólogo, bailes, cancións, así como unha
pequena peza de teatro.
Neste punto, merece especial atención o traballo de
colaboración do profesorado especialista de Audición e
Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica, que colaborou moi
activamente na elaboración dun completo decorado que
acompañara e completara a posta en escena de todo o
festival e en concreto da obra de teatro.
Amais diso, destacar que a “VÍDEO-MONTAXE”
(Biografía en formato vídeo) foi elaborada empregando
imaxes dos cartaces elaborados en formato “collage” para a
actividade “AS ESTACIÓNS DE MANUEL MARÍA”, que serán
expostos na “Casa da Cultura” do concello de O Barco de
Valdeorras nunha exposición educativa, á disposición de
todo o alumnado e cidadanía da localidade. Acompañouse
estas imaxes do audio coa biografía do autor grabado para
os catro programas de “A LINGUA NAS ONDAS”. Un xeito
máis de darlle maior difusión a este traballo e favorecer
que o alumnado coñeza en profundidade a figura
homenaxeada.
Acompañamos as diferentes postas en escena, coa
proxeción de imaxes e música que complementan
estéticamente tanto os momentos de entrada e saída da

gala como os recitados, bailes e obras de teatro.
Un exemplo desta escenografía audiovisual, queda
reflectida nas seguintes imaxes:
ESCENOGRAFÍA AUDIOVISUAL

*Cabecera de entrada e saída ás dúas galas da nosa “FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2016”

Para a posta en escena da OBRA DE TEATRO, o
alumando de 3ºA, interpretou unha obra de teatro titulada
“O bigote de Mimí”, se acondicionou o fondo do escenario
confeccionando elementos e mobiliario que serviron de
ambientación das diferentes escenas da obra (unha casa e
unha perruquería).

Finalmente, recollemos unha ampla galería de imaxes
que ilustra perfectamente o acontecido nas dúas galas do
“Festa das Letras Galegas 2016”:
GALA 1: FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

(3º, 4º, 5º E 6º CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

*Presentadores da Gala 1. Tentamos que existirá
unha equidade na representación por sexos e
presentes nenos con e sen necesidades específicas.

*Actores e actrices entre “bambalinas”
agardando a súa quenda para actuar.

*Varios momentos da posta en escena da obra “O bigote de Mimí”.

*Todos os nenos/as coas súas características tiveron cabida nesta representación.

*Os nenos e nenas de 6ºA recitando o poema de
Manuel María “A FALA”.

*Monólogo co que os rapaces e rapazas de 5ºB, nos
fixeron “escachar coa risa”.

*Recitado dos nenos e nenas de 4ºA, cunha
interpretación moi impactante de divertida.

*Moitos poemas musicados de Manuel María foron
interpretados por todos os grupos dende 3º a 6º de
Educación Primaria.

Moitos poemas musicados de Manuel María foron interpretados por todos os grupos dende 3º a 6º de
Educación Primaria.

GALA 2: FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

(EDUCACIÓN INFANTIL, 1º E 2º CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

*Presentadores da Gala 2.

*Narradores de 3ºA, da posta en escena da obra “O
bigote de Mimí”.

*Nenos e nenas de 3ºA, nun dos momentos da peza
de teatro “O bigote de Mimí”.

*Nenos e nenas de 4 anos A e B, na dramatización
do poema “O meu barco”.

*Nenos e nenas de 1ºAB e 2ºAB, a piques de
interpretar a canción “O muiño”.

*Nenos e nenas de 3 anos A e B, dramatizando a
peza musical “O caracol”.

*Nenos e nenas de 5 anos A interpretando o tema
“O cuco”.

*Imaxe do adorno que foi deseñado para
acompañar a súa interpretación.

*Nenos e nena de 1ºA recitando “O sol chámase
Lourenzo”.

*Nenos e nena de 1ºB recitando “O río”.

*Nenos e nenas de 5 anos B, bailando o tema
“Camariñas”.

*Nenos e nenas de 1ºA e B, recitando o poema de
Manuel María “Galicia”.

*Os presentadores da Gala 2, Pablo e Carmen, pondo o peche a esta maravillosa gala.

Completamos esta actividade coa súa difusión na
lapela de “NORMALIZACIÓN” dentro da web do centro,
amosando vídeos dalgunhas das actuacións que poidemos
disfrutar en cada unha das galas da nosa “FESTA DAS
LETRAS GALEGAS”. Damos paso a outras actividades que
forman parte do MES DAS LETRAS, e das que daremos boa
conta.

VOLTAREMOS!!!

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful