A frauta de pan

un relato feito polas alumnas
e alumnos do Clube de
Escritura de 6º curso do Ceip
Condesa de Fenosa do Barco
de Valdeorras.

A frauta de pan!
I
Ese día o panadeiro da vila acordou especialmente feliz xa que era o seu
vixésimo sexto aniversario.
Chegou á panadaría e encontrouse o regalo: era un forno novo.
Ao empezar a facer pan reflectíuse no espello e viu unha cara gordiña cuns
enormes ollos bondadosos, un sorriso cativador e unha barriga prominente.
Seguiu facendo pan e cando acabou
probou un anaco, coma todas as
mañás.
No momento no que o probou soou
un son. Mirou pola fiestra , na
ventá, no teléfono, na radio, na
televisión... pero ninguén pasaba
pola rúa e tiña todos os aparatos
apagados. Pensou que fora alguén
que tiña presa e que ía pola rúa.
Ao volver a meterse o pan na boca
volveu a soar ese mesmo son.
Sacouse o pan da boca e cesou o
son ao momento.
Sorprendeuse moito: o pan emitía
sons!
Pero como non tiña tempo de facer outra fornada tiña que vender esa, así
que seguiu co seu traballo.
Acabou de fornear o pan e ás sete en punto abriu a panadaría e, coma todos
os días, viu ao policía vir pola rúa a mercarlle o pan.
II
Despois de ir mercar o pan, o policía Olaf ía de
camiño ao seu traballo.
Ese día tiña que dirixir os coches porque o semáforo
non funcionaba.
Cando xa levaba un rato no traballo, comezou a
sentir un pouco de fame, así que sacou do seu
maletín o boliño de pan da panadaría.
Comeu un anaco de pan, pero sucedeu unha cousa
moi estraña. Comezou a soar unha melodía e o seu
aspecto físico cambiou por completo.

As súas forma redondiñas xa non estaban; os seus ollos claros como o mar
cambiáronse por uns escuros, coma o tronco dunha árbore; o seu cabelo,
negro coma o azabache, agora
era loiro coma a cor do sol .
Desconcentrouse tanto, que deixou o seu traballo para ir a protestarlle ao
panadeiro. A xente enfadouse tanto que se formou un gran atasco.
III
Na mañá soleada Marcelo, o carteiro do barrio, foi
a panaderia a comprar o pan para almorzar.
Logo Marcelo dirixiuse a repartir o correo mentres
comía o pan.
Cando pasaba por diante dunhas casas mordeu un
anaco do seu boñiño e comezou a soar unha
música. Todos os veciños saíron das súas casas e
comezaron a collerlle as cartas pensando que o
carteiro chamaba por eles co seu chifro.
Marcelo acabou co corpo cheo de mazaduras.
Pensou que ao día seguinte ía ir a onde o panadeiro
a pedirlle unha explicación e a armorlle unha boa.
IV
O locutor estaba falando na
radio e cando chegaron os
anuncios comeu un anaco de
pan que coma todos os días
mercara na panadaría.
Cando probou un anaco de pan
soou unha musica e o locutor
pensou que era a música dos
anuncios
que
se
estaban
emitindo. Volveu tomar outro
anaco e volveu a soar a musica,
a mesma música e noutro
anuncio... estaba claro que a
música saía do pan. Cando
volveu a falar, como aínda tiña
pan na boca a música seguía soando e estropeou a emisión.
O seu xefe despediuno porque, aínda que o locutor lle explicara todo o do
pan musical, non lle creu nin media palabra.
O locutor todo enfadado marchou onde o panadeiro a protestar.

V

Era sábado pola mañá e Xurxo, o socorrista da
piscina,volvía a chegar tarde ao seu traballo.
Puxo o bañador e saiu correndo da casa.
Correu ata a panadaría onde, coma sempre,
estaba a atender o panadeiro.
-Bos días! Deame un bolo con chourizo, por favor.
Rapidamente o panadeiro obediente, púxolle un
bolo con chourizo: o almorzo favorito de Xurxo.
Chegou a piscina e alí esperábano os bañistas
diante da porta, estaban moi enfadados polo seu
retraso, así que abriu a porta e pediu desculpas.
Á hora do almorzo Xurxo sacou da bolsa o seu
boliño con chourizo e comezou a comer. Cheiraba
máis rico que de costume! Pero no momento en
que deu un mordisco comezou a soar unha
músiquiña.
Os bañistas, preocupados miraron ao socorrista e comezáronlle a preguntar
que pasara. Xurxo dixo que el non fixera nada pero a xente xa non seguiu
bañándose.
Xurxo saiu da piscina a toda velocidade cara a panadaría berrando coma un
louco.
-Este pan está maldito!
VI
Ese día había un rebumbio enorme diante da
porta da panadaría. O socorrista en bañador
berraba que así non podía traballar, o locutor
dicía que o botaran do traballo por culpa do pan,
o carteiro, co corpo cheo de mazaduras
queixábase de que lle quitaran todas as cartas
do reparto, o policía botáballe a culpa do atasco
enorme da cidade ao pan do almorzo...
O pobre panadeiro non sabía como explicar o
que lle pasara á fornada para que sucederan
esas cousas tan tremendas, así que estaba
calado e moi triste, ata que un neno que pasaba
por alí dixo:
-E por que non fas ese pan para os días de festa.
Se todos comemos ese pan haberá música por
todo o pobo e esa si que será unha festa perfecta.
Todos estiveron de acordo co neno, e, dende aquel día, o panadeiro fornea
co novo forno o seu pan, e todo o pobo se enche de música e ledicia da
mañan á noite.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful