Está en la página 1de 1

GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do


Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión
plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitar a pavimentación da estrada que
comunica a AC-305 ca punta da Mercé e o arranxo dos accesos as praias da mesma zona.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os veciños da Angustia, da Mercé e da Ribeiriña, levan anos solicitándolle ao equipo de


goberno que se doten de accesos as baixadas as praias da dúas calas da Mercé. Esta zona aínda
se conserva como un enclave natural e fermoso do noso concello. O mal estado en que se atopan
as dúas baixadas á praia fai que moitos veciños teñan que desistir de acudir a ditos areais, pois
estas baixadas son intransitables e constitúen un risco para as persoas, sobre todo para as máis
débiles (persoas maiores e nenos). Estes areais na época estival son moi concorridos dado que
existe unha densa poboación e permite ir a praia sen necesidade de utilizar o vehículo.

Para acceder a estes areais faise a través do antigo Camiño Real, que discorre entre o pazo da
Mercé e a punta da Mercé, e que agora está interrompido. Os residentes contan que non hai
moito tempo este camiño tiña continuidade e non entenden como se pode perder e abandonar
unha servidume pública, cando antigamente foi unha importante vía de comunicación.

Por outra banda a estrada que comunica a AC-305 ca Punta da Mercé necesita unha nova
pavimentación. Despois de que se acometeran as obras de saneamento esta estrada quedou
nunha situación lamentable, chea de buratos, con pedras soltas, polo que dificulta o tránsito sexa
a pé ou en coche.

Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.- Que se fagan as xestións necesarias para a obtención dos permisos pertinentes para dotar de
accesos as dúas calas da Mercé, podendo ser, instalando accesos duradeiros e con larga vida
útil.

2º.- Que se recupere o tránsito polo Camiño Real dende o pazo da Mercé ata a punta da Mercé.

3º.- Que se pavimente a estrada que une a AC-305 ca punta da Mercé

Pobra do Caramiñal, a 08 de maio de 2010

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

También podría gustarte