Está en la página 1de 3

Manuelrodriguezsantos (discusión) 16:18 26 abr 2010 (UTC)O REXURDIMENTO

DA ANTIGA ROMA. (correxido)

INTRODUCIÓN:

Hoxe podemos afirmar con máis fundamento que nunca que Occidente é legataria de
Roma o mesmo que esta o foi no seu día da Grecia clásica. Dende a caída do Imperio
Romano as nacións máis potentes procuraron reproducir aquel esquema da unidade
política en Europa. Carlomagno, no século VIII, intentou unha relatinización de
Occidente. Carlos I, pola súa parte, cualificouse a si mesmo de César emulando os
emperadores romanos. Tamén Napoleón quixo, aínda que sen éxito, copiar o modelo do
Imperio Romano. Na actualidade, o prestixioso historiador francés Max Gallo sostén
que George Bush logrou calcar con fidelidade o prototipo do Imperio Romano,
conseguindo que por primeira vez dende Roma ninguén poida opoñerse ao poderío
norteamericano.

Por outra banda, o dereito romano, aínda que na actualidade se deixou de utilizar como
algo práctico, continúa a impartirse nas universidades europeas como pedra angular do
sistema xurídico no continente.

A ARTE:

Tal e como afirma Mª del Remedio Muñoz, no canto de limitarnos a estudar a


antigüidade da arte clásica fixándonos soamente na multitude de monumentos romanos
que salpican as ribeiras do Mediterráneo, deberiamos insistir na súa modernidade, xa
que en ningún momento se deixou de imitar no urbanismo das nosas cidades, que
exhiben columnas, arcos triunfais, templos , frontóns, estatuas e elementos decorativos
romanos construídos en épocas modernas ata chegar á mesma plenitude do século XX.
A columna conmemorativa – monumento propiamente romano- podemos atopala na
Praza de Vendôme e na da Bastilla, en París; e Leningrado, ademais dunha columna
conmemorativa en honra do tzar Alexandre I , conta con dúas sorprendentes columnas
rostrais xunta o río Neva. Innumerables son os edificios modernos, como a Casa Blanca
ou o Capitolio de Washington, que ostentan nas súas fachadas frontóns ou columnatas
das ordes clásicas e que se inspiraron nos templos gregos ou romanos. Só en Madrid
podemos citar a fachada das Cortes, o Museo do Prado, A real Academia da Lengua, O
Casón do Bo Retiro, A Bolsa de Comercio. As funcións destes edificios recordan,
ademais, as das primitivas basílicas romanas. Nestes tempos postmodernos algunhas
tendencias da arquitectura retoman, aínda que de forma estilizada, os elementos
decorativos romanos nun intento de humanizar a estética das nosas agresivas cidades.
Do mesmo xeito poderiamos equiparar os anfiteatros romanos coas nosas prazas de
touros e incluso os pazos de deportes e os estadios de fútbol arrincan de aqueles.

CIENCIA E TECNOLOXÍA:

Se ben foron amplamente superadas na nosa época, aínda quedan abundantes pegadas
coma o calendario. Foi Xulio César quen, aconsellado polo astrónomo Sosígenes,
aplicou o sistema que perdurou ata 1582, ano en que foi levada a cabo a reforma
gregoriana, se ben as súas bases continúan a ser practicamente as mesmas. Os nomes
dos meses: xaneiro (Jano), marzo (Marte), maio (Maia), xuño (Juno), agosto (Augusto),
etc., e os días da semana: luns (dies Lunae), martes (dies Martis), mércores (dies
Mercurii), xoves (dies Iovis), etc., son adaptacións dos empregados en Roma. Incluso o
vocábulo "bisesto" (dúas veces sexto), así como a nosa popular palabra "sesta" (hora
sexta) arrancan de Roma.

Quedan tamén entre nós a numeración e a enxeñería (as vías romanas, os acuedutos e as
pontes das que todos temos coñecemento son unha pequena mostra da inxente obra de
enxeñería que aínda permanece na actualidade). Tamén é romano o prensado da uva
tradicional. E incluso o selo, impreso nas ánforas empregadas para envasar e
comercializar o viño indicando a procedencia deste e as súas características, pódese
considerar como precedente da denominación de orixe.

O LATÍN:

Malia considerarse unha lingua morta – algúns preferimos dicir escrita- cómpre termos
presente que do latín xurdiron linguas tan importantes como o galego, o castelán, o
portugués, o catalán, o francés, o provenzal, o italiano, o romanés ....; así mesmo, aínda
hoxe se utilizan multitude de locucións e frases latinas tales como "a posteriori", "cum
laude", "de facto", "ex aequo", "per capita", "vox populi", "sui generis"..., por non falar
daquelas expresións convertidas en referentes universais que aluden a episodios
históricos de Roma como os "Idus de Marzo", as "Horcas Caudinas", "Filípicas" e
"Catilinarias", "Vitoria Pírrica"..., que con tanta frecuencia emprega o periodismo
mundial.

O latín serviu durante moitos séculos de modelo literario a todas as linguas da cultura, e
na actualidade continúa a ser unha poderosa ferramenta de expresión para científicos ,
filósofos e teólogos de todo o planeta. Do mesmo xeito, este idioma converteuse durante
moitos séculos en lingua oficial da Igrexa Católica, que aínda hoxe segue publicando en
latín o seu boletín oficial (Acta Apostolicae Sedis) e utiliza esta mesma lingua cando na
liturxia participa xente de países distintos. Mencionemos tamén o Movemento polo
Latín Vivo, integrado por importantes latinistas de todos os recunchos do mundo, os
cales intentan, usando o latín en publicacións, congresos, concursos, etc., que este
idioma volva a ser lingua internacional.

A CULTURA:

Se comezamos pola música, a ópera ten contraída uhna débeda coa cultura clásica. De
feito, a primeira ópera coñecida (hoxe perdida) foi Dafne, de Jacopo Peri, composta cara
a 1594 e baseada nas famosas Metamorfoses de Ovidio. Aínda na actualidade perdura a
tradición clásica na música escénica contemporánea. En 1927 foi estreada en París a
ópera Oedipus Rex, de Stravinsky, co libreto en latín, baseada na traxedia de Sófocles.
Do mesmo xeito, foi Stravinsky quen marcou a pauta de musicar textos grecolatinos a
Carl Orff. Este autor, falecido en 1982, ten sona sobre todo pola composición dos
Carmina Burana realizada a partir da colección medieval de poesía latina escrita polos
goliardos. En relación coa historia antiga, resulta obrigado aludir a un moderno xénero
literario de extraordinario éxito editorial que está causando verdadeiro furor de lectura
no gran público: a novela histórica. A proba de que este xénero é na actualidade unha
das formas máis evidentes da vixencia da antiga Roma na sociedade, atopámola nas
innumerables obras publicadas que teñen como tema central Roma: A columna de ferro,
de Taylor Caldwell; Os Idus de marzo, de Thornton Wilder; Memorias de Adriano, de
Marguerite Yourcenar, ou as novelas sobre Claudio escritas por Robert Graves. Todas
elas son un botón de mostra da paixón que suscita todo o que garda relación con Roma.
Tamén o mundo do cinema achou, case dende a súa orixe, unha importante fonte de
inspiración en numerosos capítulos da historia de Roma. Cantos de nós non recibimos
os primeiros coñecementos sobre a cultura romana a través de clásicos do cine como
Espartaco, Ben-Hur ou Quo vadis?, dirixidas respectivamente polos grandes mestres
Stanley Kubrick, W. Wyler e Mervin Levoy. Pois ben, a temática romana, lonxe de
esgotarse, rexorde nunha nova fornada de filmes nos que Aníbal, ou Cicerón, ou propio
Xesucristo volven ser os protagonistas. A Paixón de Cristo, dirixida por Mel Gibson e
rodada integramente en Italia con diálogos en latín e arameo, ademáis da polémica que
suscitou pola dureza con que trata o tema da morte de Cristo, estase a converter en éxito
mundial de taquilla. Se a todo isto engadimos que unha coñecida multinacional de
bebidas refrescantes rodou un spot en pleno Coliseo romano recreando unha loita de
gladiadores protagonizados por auténticos divos da música pop actual, podemos
concluír que o corazón de Roma, lonxe de morrer, goza de mellor saúde que nunca na
nosa sociedade.

BIBLIOGRAFÍA EMPREGADA:

Antonio Guzmán e outros: Aspectos modernos de la Antigüedad. Ediciones Clásicas.

Fernando Lillo Redonet: El cine de Romanos y su aplicación didáctica.Ediciones


Clásicas.

José M. Muñoz Real: Latín y prensa escrita. Estudios Clásicos. Órgano de la SEEC
(número 104) Mº J. Alcaide Pacheco: La tradición clásica en la ópera. Estudios
Clasicos. Órgano de la SEEC (número 107)

Magazine EL MUNDO (número230).

También podría gustarte