Está en la página 1de 2

DESPREZO DO CLAUTRO E MEMORIA VACUA

1. Abandono e desprezo do Claustro por parte do Sr. Reitor.


Despois dunha presentación que lembraba “o mecachis que guapo soy” das
antigas oposicións e de laiarse comentando o que el mesmo di no prólogo
da Memoria sobre “o preocupante clima”, recórdolle ao Sr. Reitor que nin
para a aprobación das liñas xerais dos orzamentos e gastos nin para
informar dos múltiples problemas que atinxen á nosa universidade:
financiamento, titulacións, campus de excelencia, etc. etc., contou co
Claustro para nada, amosando o máis claro desprezo polo órgano de
máxima representación universitaria. Mesmo nesta ocasión, igual que nas
anteriores, a información para os membros do claustro chégalle nun prazo
de tan poucos días que, nin tendo a mellor intención e facendo o máis
grande esforzo, da tempo de ler e reflexionar sobre a Memoria.

2. Unha memoria que non é máis que un recheo folios. En vez de


preocuparse dos contidos e das explicacións vai recheando folios con datos
que están xa publicados desde fai un ano (podía aforrarse máis dos 50
primeiros folios), pasando por alto temas coma a problemática cada día
máis acentuada dos PAS que xa non o aguantan máis, como lle din neste
documento que nos entregaban na entrada a este claustro. Aí ve vostede o
resultado das promesas non cumpridas, e aquí mesmo lle acaban de dicir
que é mellor que suprima vostede a praza de xerente pois leva un ano sen
cubrila, o que evidencia que desde o seu punto de vista non fai falta.

3. Unha memoria aberta á sociedade, di vostede Sr. Reitor. Pois,


se é así, tería que coidala máis, porque a vostede a sociedade na que está
inmersa esta universidade non lle importa nada, como xa evidenciou cando,
preocupada toda a cidade da Coruña, e aínda Galicia enteira, pola
consideración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade,
vostede retíraa do logotipo da nosa universidade, da Universidade da
Coruña. ¡Tanto lle preocupa a vostede a sociedade na que está inmersa esta
universidade! Desde que vostede é Reitor, ¿cántos Doutores Honoris Causa
nomeou? ¿cántos cidadáns desta cidade foron tidos en consideración pola
nosa institución universitaria? ¿a quén honrou vostede coa medalla da nosa
universidade?

4. Unha memoria que non explica nada, só recolle datos. Así,


ninguén sabe se estamos ben ou mal situados con respecto ás outras
universidades galegas. Si o sabemos por outros informes, e sabemos que a
nosa universidade que sempre ocupou o segundo lugar, loxicamente
despois da USC, agora, segundo o último informe sobre resultados de
investigación, somos a última, bastante por baixo da de Vigo. E na Memoria,
como só di o que a vostede lle importa, no nos conta por qué 54
universidades españolas solicitaron o “campus de excelencia”, mentres
vostede se escondeu entre as 4 que non o solicitaron. Supoño que non é
porque crera que non o merecía, senón por non ter gana de facer algo pola
nosa universidade. Di, en cambio, na p. 123 que creou prazas de
profesorado que non se precisaban, o que, sen dúbida, repercute na
negativa a crear outras que si eran necesarias, como tantos
Decanos/Directores e Directores de Departamento lle veñen reclamando.
Tampouco explica vostede nada sobre o número de estudantes nalgunhas
titulacións, limitándose a contarnos que se están recuperando
estudantes,cando na táboa que nos ofrece da universidade en cifras vemos
que en 2008 había 20.309 e en 2009 hai 20.203

5. Memoria e ano perdido, Sr. Reitor. Un ano de obxectivos


incumpridos e obxectivos non cumpridos. A universidade da Coruña, está a
perder folgos cada ano. Cada ano significa menos na sociedade coruñesa e
na galega en xeral. Cada ano baixa un pouco máis no panorama galego e
tamén no nacional. Perdeu un ano máis. Outros compañeiros, membros
deste claustro xa lle dixeron moitas cousas a aínda lle han dicir máis. Eu
remato dicíndolle e animándoo a que non perda o último ano que lle queda
para despedirse con dignidade do seu cargo de Reitor. Para a mellora da
nosa universidade poderá contar sempre con este grupo de claustrais que
non está aquí para “enxabonalo” , coma outros, senón para axudalo.

También podría gustarte