Está en la página 1de 2

IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH

TEMA 12

VOCABULARIO DO TEMA 12

AOD: Axuda Oficial ao Desenvolvemento. É a contribución económica dos estados ao


desenvolvemento. Esta axuda presenta claras limitacións. Pode ser axuda financieira,
alimentaria. Pode ter carácter bilateral ou multilateral.
ASOCIACIÓN EUROMEDITERRÁNEA: (AEM) Creouse en Barcelona. Reúne os 27
países da UE e os 10 da ribeira sur do Mediterráneo (Alxeria, Autoridade Palestina,
Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Marrocos, Siria, Tunes e Turquía). Os seus obxectivos
son promover a comprensión entre culturas; o respecto aos dereitos humanos; a loita
contra a pobreza; a cooperación económica; o control dos movementos migratorios e a
cooperación cultural.
COOPERACIÓN REFORZADA: Principio da UE que lle permite a un grupo de países
avanzar a velocidade superior que o resto no proceso de integración, baixo certas
condicións
DIÁLOGO 5+5: é un foro de diálogo e debate que reúne dende 1990 a cinco países da
ribeira norte do Mediterráneo (Portugal, España, Francia, Italia e Malta) e a cinco países
da ribeira sur (Mauritania, Marrocos, Alxeria, Tunes e Libia)
FORO ECONÓMICO MUNDIAL: creouse en 1971 en Davos (Suíza), para debater
como facerlles fronte aos principais retos económicos e sociais do mundo. Aglutina
grandes empresas, gobernos, políticos, científicos, artistas, pensadores e representantes
da sociedade civil.
FORO MEDITERRÁNEO: é tamén un foro informal de diálogo e debate que reúne aos
5+5 máis a Grecia, Marrocos, Alxeria, Tunes, Exipto e Turquía.
FORO SOCIAL MUNDIAL: é un encontro anual, celebrado por primeira vez en Porto
Alegre (Brasis). Está formado por diversas organizacións pertencentes ao movemento
por unha globalización diferente e formulou propostas para facer máis xusto o comercio
internacional: lograr a soberanía alimentaria como alternativa á fame, mellorar os
dereitos laborais, lograr o acceso á auga e á terra da poboación dos países máis pobres e
cancelar a súa débeda externa.
INVESTIMENTO: son nalgúns casos en carteira como é a compra de accións, letras ou
bonos no mercado de valores, co obxectivo de obter beneficios a curto/medio prazo;
noutros casos, trátase de investimento exterior directo (IED) dirixido a instalar,
comprar, absorber ou establecer acordos de cooperación con empresas doutros países.
LIÑAS XEOPOLÍTICAS: relacións e actuacións políticas internacionais dun estado cos
demais.
MONOPOLIO: control por parte dunha empresa de toda a demanda dun ben ou servizo,
que lle permite fixar os seus prezos independentemente do mercado.
NEOCOLONIALISMO: nova forma de colonialismo xurdida tras o proceso de
descolonización ou acceso á independencia política das antigas colonias dende finais da
Segunda Guerra mundial. Estes convértense en estados independentes pero manteñen a
dependencia económica das antigas metrópoles ou doutros países ricos.
OLIGOPOLIO: control do mercado de produtos do mesmo tipo por unhas poucas
empresas independentes de tamaño parecido. Como ningunha ten forza abonda para
impoñer as súas normas, compiten entre si de forma moderada ou coordínanse expresa
ou tacitamente para fixar un prezo que lles permita obter o máximo beneficio,
repartíndose o mercado convencionalmente ou segundo as preferencias dos
compradores para os seus produtos.
SITUACIÓN XEOESTRATÉXICA: importancia da posición xeográfica dun territorio
para os intereses dun ou varios estados, cuxo control lle outorga vantaxes sobre outros
países.

Profesora: Rosa María Cid Galante


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 12

Profesora: Rosa María Cid Galante

También podría gustarte