Está en la página 1de 2

VOCABULARIO DO TEMA 11 e 12

COMISIÓN EUROPEA: está composta dun presidente e dun comisario ou dunha


comisaria por cada estado membro que se encarga dunha área da política comunitaria
durante cinco anos.
CONCELLO: é o órgano de goberno dos municipios. Está formado polo alcalde/esa e
varias concellerías. Son escollidos pola cidadanía cada catro anos.
CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA: está integrado por un ministro de cada país e a
presidencia é rotatoria cada seis meses.
CONSELLO EUROPEO: é o máximo organismo político da UE. Está formada polos
xefes de Estado ou de goberno de cada país membro. O seu presidente rota cada seis
meses.
CONSTITUCIÓN: é a lei máxima que recolle os dereitos e deberes dos cidadáns dun
Estado.
DIVISIÓN DE PODERES: refírese a que os tres poderes, executivo, lexislativo e
xudicial están separados en tres organismo diferentes. O executivo no Goberno, o
lexislativo no Parlamento e o Xudicial no Tribunal xudicial.
ESPAZOS CENTRAIS: ou superpotencias que son áreas dominantes a nivel mundial,
como EEUU, Europa Occidental, Xapón.
ESPAZOS PERIFÉRICOS: constitúen áreas dominadas a nivel mundial que ocupan unha
posición dependente con respecto ás potencias mundiais. África Subsahariana, América
central, Asia do sur.
ESPAZOS SEMIPERIFÉRICOS: ou potencias rexionais que son áreas dominantes entre
os países do seu medio. Rusia, China en Asia, Australia e N.Zelanda en Oceanía, Brasil
en Sudamérica.
ESTADO CENTRALISTA: toma o Estado as decisións para todo o territorio.
ESTADO DESCENTRALIZADO: reparte o Estado a toma de decisións entre as
diferentes divisións territoriais que son gobernadas pola súa propia administración
rexional.
ESTADO LIBERAL: intervén pouco na regulación da economía e das cuestións sociais.
ESTADO SOCIAL: intervén máis na regulación da economía e das cuestións sociais.
ESTADO TOTALITARIO: propio de réximes non democráticos, controla a economía e a
sociedade de acordo coa súa ideoloxía, incluso a vida privada dos cidadáns.
ESTADO: é unha unidade política independente e soberana que exerce o seu poder sobre
un territorio delimitado por fronteiras e habitado por unha poboación determinada.
ESTADOS PARLAMENTARIOS: poden ser monarquías ou repúblicas. Neles o poder
executivo está repartido entre dúas institucións.
ESTADOS PRESIDENCIALISTAS: son sempre repúblicas. Teñen un único executivo, o
presidente, que exerce de Xefe de Estado e de presidente do Goberno.
ESTATUTO DE AUTONOMÍA: é a lei fundamenta que regula o autogoberno de cada
comunidade.
INSTITUCIÓNS INTERNACIONAIS: promoven a cooperación, a axuda ao
desenvolvemento para que a situación do mundo sexa máis xusta. Destacan a
Organización Mundial do Comercio (OMC), a Organización Mundial da Saúde (OMS), a
axuda a infancia (UNICEF), a FAO que se centra nas axudas á alimentación.
MONARQUÍA: o xefe do Estado é o rei que accede ao cargo de forma hereditaria, por
dereito de sucesión.
MUNICIPIOS: son as unidades territoriais básicas do Estado. Formados por un ou varios
núcleos de poboación.
NUTS: Nomemclatura de Unidades Territoriais Estatísticas, baseadas nas divisións
territoriais dos estados membros da UE. Organízanse en tres niveis.
ONG: organizacións non gobernamentais que desenvolven labores humanitarios e
ecolóxicos.
ORGANIZACIÓN POLÍTICA: é a forma en que as sociedades estruturan e distribúen o
poder e a toma de decisións.
PARLAMENTO EUROPEO: está formado por 785 parlamentarios elexidos pro sufraxio
universal.
PARTIDOS POLÍTICOS: son asociacións de persoas cunha ideoloxía propia e un
programa político que aspiran a acadar o poder para levar a cabo o seu programa.
PLURALISMO IDEOLÓXICO: é o que admite a existencia e a legalidade dos partidos
políticos.
PODER EXECUTIVO: azoica as leis e goberna, é dicir, dirixe a política interior co fin de
satisfacer os intereses e as necesidades comúns; orienta a política do exterior e controla a
orde interna e defende o territorio. Este poder reside no Presidente e Goberno.
PODER LEXISLATIVO: é o que lexisla, elabora ou dita as leis de obrigado
cumprimento para todas as persoas que habitan dentro das fronteiras do Estado. Este
poder reside nas Cortes Xerais ou Parlamento.
PODER XUDICIAL: xulga, é dicir, asegura o cumprimento da lei e resolve as posibles
controversias que poidan xurdir da súa interpretación ou aplicación. Este poder reside nos
Tribunais de Xustiza.
PROVINCIAS: son territorios formados pola agrupación de varios municipios. O seu
órgano de goberno son as Deputacións.
REPÚBLICA: o xefe do Estado é un presidente que accede ao cargo por elección cidadá,
é dicir, a través de eleccións presidenciais celebradas cada certo tempo.
SINDICATOS: son organizacións de traballadores que se asocian para mellorar as súas
condicións laborais e o salario.
SUFRAXIO UNIVERSAL: dereito ao voto de toda a cidadanía maior de idade, sen que
poidan producirse exclusións por razón de raza, sexo, relixión, ideoloxía, riqueza,
profesión, nivel educativo, etc.
TRIBUNAL DE CONTAS DA UE: está representado por un membro de cada estado,
nomeado por cada seis anos.
TRIBUNAL DE XUSTIZA da UE: formado por un xuíz de cada país.

También podría gustarte