Está en la página 1de 3

TEMA 14: A POBOACIÓN DO MUNDO

Somos máis de 6.000 millóns de persoas

Na actualidade a Terra ten uns 6.500 millóns de habitantes. A poboación


aumentou progresivamente:
 Ata o século XVII, o crecemento da poboación foi moi lento.
 A partir de finais do século XVIII acelerouse o ritmo de crecemento
da poboación. Isto debeuse a dous tipos de causas: as melloras
técnicas na agricultura e na industria e os avances médicos.
 século XX foi o período da historia en que o crecemento da
poboación foi máis intenso; por esta razón dise que se produciu unha
explosión demográfica.
Onde vivimos?
A poboación non se reparte por igual por toda a Terra. Polo xeral, a
poboación aséntase en zonas cun medio físico favorable para a nosa vida:
 Lugares onde abunda auga.
 Zonas de climas temperados.
 Vales e chairas.
 Áreas con recursos enerxéticos.
Polo contrario, as zonas de clima moi caluroso ou moi frío e as zonas con
chuvias moi escasas (desertos) ou excesivamente abundantes (selvas) están
pouco poboadas.
As zonas máis densamente poboadas da Terra
Para dicir que un territorio está ou non moi poboado non se ten en conta a
poboación absoluta é dicir o número de persoas que o habitan. Para iso
analízase a densidade de poboación, é dicir, a relación entre unha
poboación e o territorio que ocupa.
Áreas da Terra que presentan elevadas densidades de poboación:
 A maior parte das áreas densamente poboadas están no hemisferio
norte.
 Na zona climática temperada.
 O continente máis poboado é Asia.
 Os dous países máis poboados do mundo son: China e India.
Como se estuda a poboación?
Natalidade é o número de nacementos que se rexistra nun lugar durante
un ano. Taxa bruta de natalidade é o número de nenos que nacen por
cada mil habitantes nun ano.
A fecundidade indícanos a media de fillos que teñen as mulleres dun lugar.
Ata o século XIX a natalidade e a fecundidade foron moi elevadas en todo o
mundo.
A partir de finais do século XIX a natalidade descendeu nos países
desenvolvidos, pero mantívose alta nos países subdesenvolvidos.
Como se explican as diferenzas?
A natalidade e a fecundidade obedecen a factores socioeconómicos, culturais
e políticos.
 Os factores socieconómicos. Nos países pobres, os fillos traballan
desde idades temperás e contribúen ao sustento da súa familia.
Tamén se ocupan dos pais na súa vellez, pois non hai pensións de
jubilación. Nos países desenvolvidos os fillos son una carga
económica.
 Os factores culturais. Nunha sociedade, o número de fillos diminúe
conforme aumenta o nivel cultural das mulleres.
 A política demográfica. En moitos países subdesenvolvidos, os
gobernos intentan frear o número de nacementos mediante políticas
de planificación familiar. E, polo contrario, nos países ricos os
gobernos dan incentivos a aqueles que teñen fillos.
A mortalidade fai referencias ao número de mortes nunha poboación.
Taxa bruta de mortalidade. É o número de falecidos nun ano por cada mil
habitantes.
Esperanza de vida ao nacer. Media de anos que se calcula que podechegar
a vivir un meniño.
Dúas situación opostas: os países ricos e os países pobres
Chamámoslle crecemento natural ou vegetativo á diferenza entre o
número de nacidos e de mortos nunha poboación. Cando nacen máis
persoas das que morren, a poboación crece, e cando nacen menos persoas
das que morren, diminúe.
As políticas de poboación
A evolución da poboación supón problemas diferentes.
 Nos países desenvolvidos, o elevado número de anciáns está
incrementando o gasto dedicado a sanidade, pensións de xubilación.
 Nos países subdesenvolvidos, a poboación crece por riba da
economía. Por iso, prodúcese paro e miseria e, nos casos máis
extremos, poden faltar incluso alimentos.
Solucións:
 Países desenvolvidos implantan políticas pronatalistas, é dicir,
políticas que favorezan a natalidade.
 Países subdesenvolvidos implantan políticas antinatalistas para
reducir os nacementos, multas ás familias con máis dun fillo.
A poboacíon española
España ten máis de 44 millóns de habitantes.
A poboación española creceu moito ata a década de 1970, debido a que a
natalidade era moi elevada e a mortalidade era baixa. Pero desde a década
de 1980 o crecemento natural da poboación española descendeu
bruscamente.
Poboación desigualmente distribuída. A poboación española repartiuse
de modo desigual sobre o territorio. Eses desequilibrios son visibles a tres
niveis:
 Entre Comunidades Autónomas. O 60 % da poboación española
vive en catro Comunidades Autónomas: Andalucía, Cataluña, Madrid e
Comunidade Valenciana.
 A escala provincial. En xeral, as provincias interiores, agás Madrid,
están menos poboadas cas provincias litorais e insulares.
 Dentro de cada provincia. Na maior parte das provincias, a
poboación concéntrase nas cidades, sobre todo na capital, mentres
que o campo está case despoboado.
A poboación galega
Galicia ten case 3 millóns de habitantes, ten unha densidade maior que a de
España.
Durante a primeira metade do século XX, a poboación galega tivo un
crecemento lento debido á forte emigración a América, a Europa e a outras
comunidades españolas na procura de traballo. Na segunda metade do
século XX, a poboación descendeu pola emigración e polo baixo número de
nacementos.
Desde os primeiros anos do século XXI dáse un lixeiro crecemento da
pobación en Galicia grazas á entrada de poboación de fóra e mais de
emigrantes retornados.
Nas últimas décadas estase producindo un proceso de avellantamento. Este
avellentamento da pobación acentuase nas provincias orientais, Ourense e
Lugo.
A distribución espacial desigual. A poboación distribúse de xeito moi
desigual polo territorio galego:
 Hai unha gran concentración de pobación nas comarcas litorais e
nalgúns vales do interior.
 Amplas zonas de interior de montaña están moi pouco poboadas.
Nas provincias da Coruña e de Pontevedra localízanse os espazos de maior
dinamismo demográfico
Desprazamento progresivo de poboación desde o interior cara á costa.

También podría gustarte