CIENCIA EN GALEGO 2015-2016

EDUCACIÓN INFANTIL

Educación Infantil, tamén participou da Ciencia en
Galego coma o resto do alumnado, mediante a asistencia
voluntaria ao visionado das “Experiencias de Ciencia en
Galego” realizadas polo alumnado de 3º ciclo.
Pola tarde da mesma xornada, o 27 de novembro,
realizaron os seus propios experimentos, contando coa
colaboración dos pais e nais que fixeron as veces de
científicos. Os experimentos realizados foron os seguintes:
• “Ondas bailarinas”.
• “O papel que non arde”.
• “O vaso que bebe só”.
Para ilustrar a súa participación, elaboramos unha
videomontaxe que ilustra todas as fases de realización de
cada un dos experimentos e ilustra con imaxes o
desenvolvemento da “Xornada de Ciencia en Galego”.

*Unha das imaxes que aparecen na videomontaxe realizada.

Pódese pode visionar na nosa web do cole, na lapela
de Normalización Lingüística. Así mesmo, neste espazo
web, podemos ver as videomontaxes das outras
experiencias realizadas: 5ºA, 5ºB e 6ºA/B.
A continuación
unha
selección
de
imaxes
correspondentes a cada un dos experimentos realizados.
Como se poderá comprobar, nesta xornada contamos coa
colaboración das familias, que fixeron as veces de
“investigadores”, e realizamos estas experiencias no
exterior do cole en diferentes puntos do patio de Educación
Infantil.

* Mestra e nais, facendo unha
demostración do experimento “Ondas
bailarinas”.

*Mamá facendo cun grupo de nenas o
experimento “O papel que non arde”

* Nais facendo a demostración de “O vaso que bebe só”.

O vindeiro curso, continuaremos con esta actividade
que tantas aprendizaxes e momentos gratificantes nos
proporciona.
VOLTAREMOS!!!

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful