Está en la página 1de 14

1.

Introdución histórica

1. Introdución
1.1. Definición de crítica textual
◦ Disciplina que pretende salvagardar a integridade dun texto e poñelo á
disposición dos lectores do xeito máis fiel ao orixinal. Así, os textos
pódense atopar en mal estado de conservación por diferentes motivos1.

1.2. Filoloxía e crítica textual


1. Filoloxía:
a) Inadecuación do termo, xa que fai referencia a diferentes disciplinas
que na actualidade son autónomas, aínda que teñen unha raíz común
(lingüistas, literatos e outros afíns).
b) Posibilidade de usar a etiqueta para referírmonos a todas as disciplinas
que teñen un obxecto de estudo común: o texto e a súa escrita.
• Condicións físicas: técnica, materiais, autógrafo / copia, condicións
históricas de produción, itinerarios e lugares de conservación.
• Outras: grafía, gramática, léxico, discurso; publicación e edicións.
2. Disciplinas filolóxicas:
a) Paleografía: descifra escrituras antigas, evolución dos sistemas
gráficos e escritura moderna. Esta asociada tradicionalmente ás ciencias
históricas.
b) Codicoloxía: estudo do manuscrito (características físicas, confección,
centros de produción...).
c) Manuscriptoloxía ou crítica xenética: análise de autógrafos coa
finalidade de reconstruír o percorrido da xénese do texto (recente).
d) Bibliografía material: programa da codicoloxía aplicado ao libro
impreso. Neste senso cómpre ter en conta que edición pode ter dúas
acepcións: reimpresión dunha obra ou revisión dunha obra.

1.3. Necesidade da crítica textual


◦ Alta frecuencia de erros nas transcricións:
▪ Tipos de erros: banalizacións (lectiones faciliores: transcribir un texto
non comprendido por unha forma pareciza) e deformacións.
▪ Condicionamentos: dificultade do oficio de copista (postura, luz solar,
distancia cronolóxica e lingüística co texto orixinal, etc.)
▪ Supresións motivadas pola censura ou a autocensura
(condicionamentos morais e políticos).

1 Por exemplo, Sarmiento afirma que viu usar pergamiños para facer foguetes, ou a desamortización de
Mendizábal provocou que moitos dos documentos dos mosteiros se perdesen (aínda que tamén foron
parar ao Arquivo Nacional de Madrid, á Catedral de Ourense e a outras institucións eclesiásticas).

1
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

2. Tipos de edicións e tipos de crítica textual


1. Crítica textual / ecdótica2: modelos (dependentes da finalidade / usuario):
a) Edición facsimilar: reprodución do orixinal, que pode ser:
◦ Unha reprodución fotográfica.
◦ Unha reprodución do orixinal, tamén dos seus materiais.
b) Edición paleográfica / diplomática: transcrición moi conservadora:
◦ Pode non desenvolver as abreviaturas (Po).
◦ Pode desenvolver as abreviaturas (PO > Pedro / Pero), caso nos que a parte
desenvolta polo editor aparece en cursiva. Cómpre ter en conta que nas
obras literarias non se usa a cursiva nestes casos para non entorpecer a
lectura do texto.
c) Edición crítica:
• Contido:
 Transcrición, conservadora ou normalizada.
 Grupos de variantes.
• Fases de elaboración:
➢ Recensión: recompilación dos testemuños do texto (se só hai un só se
realiza a transcrición e a corrección de erros evidentes).
➢ Colación: cotexo dos testemuños (variantes que os separan).
➢ Estemática: creación dunha árbore xenealóxica (parentesco entre os
testemuños).
➢ Establecemento do texto
> Transcrición dos segmentos invariables.
> Emenda: corrección de erros e escolla de variantes.
➢ Anotación: comentario interpretativo sobre as dificultades do texto, os
motivos das decisións tomadas, etc.
c) Edición divulgativa: non ten que indicar os problemas que presenta o texto.

2. Tipos de crítica textual:


a) Crítica do orixinal ausente: aproximación ao orixinal, a partir do stemma ou
dun testemuño. Os pais desta crítica tradicional son:
◦ Lachmann: considera que cómpre ter en conta todas as copias dun
determinado texto para a partir delas elaborar outro novo.
◦ Bédier: considera que se deben estudar todos os textos e escoller un entre
eles para a súa edición, depurándoo só dos erros evidentes. A crítica
tradicional ten a súa base en Lachmann, pero tamén comtempla as críticas de
Bédier.
b) Crítica do orixinal presente: reprodución fiel, varios orixinais (etapas,
variación, fixación do texto); variación e proceso de creación da obra (crítica

2 Algúns autores non consideran as etiquetas como sinónimas, senón que diferencian entre a ecdótica
coma a disciplina que estuda o texto con vistas á súa edición en todos os aspectos; e a crítica textual
que se centra nos aspectos especificamente filolóxicos.

2
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

xenética).

3. Breve historia da crítica textual tradicional


◦ Grecia clásica (450 a. C.): xorden as primeiras preocupación deste tipo polo
interese de darlle unidade á Ilíada e á Odisea, que ata entón circulaban como
textos orais.
◦ Cristianismo: neste caso é a Biblia a obra que esperta o interese pola crítica
textual. Así, nos séculos IV-V San Xerome realiza a tradución da Biblia ao
latín (a Vulgata). Desde entón convértese nun dos principais temas de estudo
da edición (e tamén da tradución).
◦ Humanistas italianos (desde Francesco Petrarca, 1304-1374): sobre todo
desde o s. XV a edición de textos vólvese importante por mor da súa
admiración pola antigüidade greco-latina.
▪ codex vetustissimus: consideración do códice máis antigo coma o máis
fiable.
▪ codex optimus: códice considerado o máis fiable polo editor, no que se
baseará a edición.
◦ Imprenta:
• Realízanse editiones princepes dos clásicos, a partir dos codices
recentiores (os máis novos).
• Distínguese xa entre edicións comerciais e eruditas.
• No que se refire ao texto que se escolle para a edición, distínguese entre:
• Codex vetustissimus: o máis antigo.
• Codex optimus: o máis fiable, que non ten por qué coincidir co
anterior.
◦ Século XVI (Reforma e Contrarreforma): a crítica textual céntrase na Biblia.
◦ Séculos XVII-XVIII: documentos históricos medievais.
▪ Karl Lachmann: comparación obxectiva entre manuscritos para o
establecemento da xenealoxía ou stemma codicum, tendo en conta os
erros común. Con todo, na práctica débense ter en conta outras variables
coma a contaminación ou as correccións que puido facer o copista.
◦ Século XIX: interese pola Idade Media (Romanticismo), especialmente
polos textos literarios.
▪ Joseph Bédier: pon en dúbida as posibilidades de aplicación do método
de Lachmann á literatura románica medieval, volvendo ao criterio
humanista do codex optimus.
◦ Século XX: todo tipo de textos.

3.1. Karl Lachmann (s. XVIII)


• Contexto: no s. XVIII as edicións facíanse tendo en conta un só manuscrito, polo
que os resultados eran moi heterodoxos. De aí que algúns editores apuntasen a
necesidade de coñecer a tradición textual e optasen por recompilar os

3
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

manuscritos para estudalos e establecer as relacións xenealóxicas entre eles,


como foi o caso de Lachmann3.

3.1.1. Conceptos consolidados a partir dos estudos de Lachmann


• Erro común: a semellanza de leccións (proceso e resultado da interpretación
dun texto) erradas en testemuños diferentes implica unha orixe común: o
subarquetivo (ou arquetipo, se está no final da árbore). É raro que este tipo de
erros sexan polixenéticos, é dicir, que remitan a orixinais diferentes.
• Erro separativo: a diverxencia de leccións erradas é indicio de que os
testemuños remiten a orixinais diferentes. Exemplo: a tradución castelá da Crónica
troiana ten que partir da versión galega, xa que hai solucións quen on se poden explicar
a partir do orixinal de Benoît de Saint-Maure:

Roman de Troie Crónica troiana (G) Crónica troiana (A)


li proz Fortis
(o nobre / valente / esforzado o prol fortes Oprolfortis
Fortis)

• Stemma codicum (árbore xenealóxica): busca a reconstrución do texto


analizando as relacións entre os diferentes testemiños. Convencións:
◦ Arquetipo (ω), non coñecido.
◦ Subarquetipo: minúsculas do alfabeto grego.
◦ Manuscritos existentes:
▪ Papiro ou papel: maiúsculas latinas.
▪ Pergamiño: maiúsculas latinas.
◦ Contaminacións (fragmentos pertencentes a outras obras): -------------- (liña
descontinua).

Porén, na tradición manuscrita galego-portuguesa non se seguen estas


convencións en todos os casos, xa que os manuscritos represéntanse con letras
maiúsculas malia seren de pergamiño.
Por outra banda, esta metodoloxía está pensada para textos greco-latinos. Así,
Lachmann aplícaa a De rerum natura de Lucrecio na edición que publica en 1850 (na
que establece o número de versos da obra, algo que non se fixera antes).

3 Isto é especialmente importante en tradicións coma a francesa, que contan con numerosos testemuños
para un mesmo texto. Porén, a tradición manuscrita galego-portuguesa é máis pobre (só tres grandes
cancioneiros).

4
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

Velaquí algúns exemplos:


◦ Tradición manuscrita galego-portuguesa segundo Tavani:

ω (recompilación Afonso X)

α (compilación do Conde de Barcelos)


A
|

β (C) γ

δ ε
| |
B ζ
|
V

◦ Tradición manuscrita galego-portuguesa segundo Elsa Gonçalves e Ana


Ferrari:

α
A
|

B (C) V
.
• Recentiores non sunt deteriores (os máis recentes non son os peores): cómpre
ter en conta que non sempre os máis recentes son os máis achegados ao orixinal
e, polo tanto, os máis fiables. Velaquí un exemplo hipotético:

ω
(s. VIII)

B D
(s. IX) (s. XV)

C
(s. XI)

Neste exemplo o códice máis recente (D) está máis próximo ao orixinal ca outro
anterior (C).

5
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

• Conxecturas (hipóteses). Exemplo:


◦ Na cantiga de Mendiño despois do refrán atopamos unha abreviatura (eu9
a), que foi interpretada de diferente xeito:
▪ Nunes desenvólvea coma a repetición do verso do refrán (Eu atendendo
meu amig').
▪ Tavani desenvólvea tendo en conta que 9 pode ser a abreviatura de <er> e
que u pode ter valor consonántico, de xeito que interpreta un segundo
verso de refrán: e verra?
▪ Bieito Arias expón varias conxecturas posibles:
• Interpretación de 9 coma un til de nasalidade: e ũ a > e un á ('e teño
un [amigo]').
• Interpretación de 9 como <er>, pero considernado que o <u> ten valor
vocálico: e u era?. Esta é a interpretación que seleccionaría
posteriormente.
• Interpretación derivada da anterior: eu era.

Podemos observar que en todos os casos se trata de hipóteses admisibles, tanto


desde o punto de vista do contido coma desde o paleográfico.

• Usus scribendi: coñecemento do estilo do autor en sentido amplo (lingua da


época, literatura, figuras retóricas, etc.), que nos permite realizar conxecturas.
Exemplo:
◦ No verso 15 da cantiga Fernand' Escalho vi eu cantar ben de Pero Garcia
Burgalês atopamos variantes entre V e B:

V985 Ca don ffernando co(n)teçeu assy


B1377 E a don ffernando conteceu assy

▪ Nos dous casos existen posibles sinalefas (ca [a] e e a) que teñen como
resultado un hendecasílabo. Pero se analizamos outros versos da mesma
composición, comprobamos que non se realizan sinalefas entre e e a,
polo que a opción máis achegada ao orixinal debe ser a presentada por V.

• Lectio difficilior (praeferenda faciliori): preferencia polas variantes máis


difíciles fronte ás máis evidentes, xa que os copistas poden transcribir textos cos
que manteñen unha gran distancia cultural, xeográfica e lingüística e, polo
tanto, escoller opcións máis evidentes en casos nos que non entenden o texto.
Exemplos:
◦ Texto do Cancioneiro de Baena:
▪ Manuscrito:
todas las cosas de que me paguey

6
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

▪ Reconstrución de Vicent Beltrán:


Sancha Carrillo: si voso talante
e de cassar, fazed' ora assi
commo me eu pague de vos, e dezí
sed vos segura de ser ben andante:
todas as donas de que me paguey
vos acharedes que eu as casey
antes que rey nin reina nin infante.

• Cosas non ten sentido neste contexto, polo que debe ser unha
interpretación do copista (castelán) que non entendía a forma do texto
orixinal, probablemente donas:
◦ Encaixa desde o punto de vista semántico.
◦ Mantén a métrica (a diferenza de cosas).
• Ademais, V. Beltrán tamén examina o uso de donas e comproba que
aparece nesta etapa maioritariamente con artigo, polo que o mantén.

◦ Cantiga de Martin Codax:

Ai ondas que eu vin veer,


se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo sen min.

Ai ondas que eu vin mirar,


se me saberedes contar
por que tarda meu amigo sen min.
▪ Variantes:
• Pergamiño Vindel: mirar.
• V: virar.
▪ Criterios:
• virar é a lectio difficilior.
• mirar aparece no manuscrito máis antigo (e fiable, neste caso) e
tamén encaixa no conxunto da composición, dado o paralelismo co
primeiro verso (usus scribendi), polo que parece a opción máis
aconsellable, malia non ser a lectio difficilior.

◦ Cantiga de Fenan Velho:


▪ Variantes:
• A: muyt' y á
• BV: muyta.
▪ Criterios:

7
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

• A é máis antigo e máis fiable.


• muyt' y á é a lectio difficilior.
• muyt' y á é coherente co resto da composición:

ca ben me pode partir da mayor


coyta de quantas eu oy falar,
de que eu fui, muyt' y á, sofredor:
esto sabe Deus que me foy mostrar
ũa dona que eu vi ben falar
e parecer -por meu mal, eu o sey!-.

Ca muyt' y á que vivi a pavor


de perder o sén, con mui gram pesar
que vi despois; e por én gran sabor
ey de mha morte, se mh-a quiser dar
Amor e a que me fez gram pesar
veer d' aquela ren que mays amey.

◦ Tradición oral:
▪ Refrán 1:

En agosto sol posto

En agosto noite connosco


En agosto noite conozo
En agosto non te conozo

• Dentro da segunda tradición a lectio difficilior é en agosto noite


connosco, unha forma que non era entendida nos lugares nos
que non existe a forma connosco, de aí que xurdisen unha nova
variante (noite conozo > non te conozo).

▪ Refrán 2:

Nin bo Xan nin bo Pedro nin boi marelo encima do rego


Nin bo Xan nin bo Pedro nin boi marelo por riba do rego
Nin bo Xan nin bo Pedro nin bo lameiro por riba do rego

• A forma lameiro é dialectalmente restrinxida, polo que non é


entendida en moitos lugares, de aí que xurdisen as variantes con
boi marelo.

8
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

▪ Cantiga popular:
Eu chorei, chorei o domingo á tarde; eu chorei, chorei o
domingo á tarde.
Que veña Lorenzo, que veña Lorenzo, que diga a verdade

• Esta cantiga procede de Portugal, e na versión portuguesa non


aparece o antropónimo, senón o meu lenço, unha parte que non
é entendida polos galegos, de aí que se produza unha
banalización.

3.2. Bédier
• Analiza a aplicación do método de Lachmann e comproba que, na maioría de
tradicións ás que se aplicou, as árbores resultantes son sempre bífidas. Por isto
conclúe que se estaba aplicando mal o método de Lachmann, xa que se
estudaban todos os manuscritos e reconstruíase o máis próximo a ω, pero era un
manuscrito ficticio.
• Bédier propón retornar ao codex optimus, é dicir, basearse no códice máis fiable
dos existentes. Con todo, isto pode implicar riscos coma:
◦ Que a escolla se realice sen unha análise exhaustiva da tradición manuscrita.
◦ Que non se corrixan nin os erros evidentes, e mesmo que se cheguen a
defender.

3.3. Outros autores


3.3.1. H. Quintin
◦ Introduce a análise cuantitativa dos manuscritos, algo moi novidoso para a
época.
◦ Introduce conceptos como:
▪ Ecdótica.
▪ Variante, no canto de erro, coa pretensión de darlle un valor obxectivo ás
diferenzas entre os manuscritos.
▪ A escolla mediante unha análise estatística.

3.3.2. Pasquali
◦ Revisa e mellora o método de Lachmann, introducindo conceptos coma:
▪ Recentiores non deteriores.
▪ Variantes de autor: non todas as variantes se deben ao copista.
▪ Eliminatio codicum descriptorum: eliminación dos códices que non
achegan nada novo, como é o caso de K na tradición galego-portuguesa
(é unha copia de V).

9
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

3.3.3. Contini
◦ Dá orixe ao neo ou pos-lachmannismo.
◦ Define a edición crítica coma unha hipótese de traballo, nunca definitiva.
◦ Difracción: análise diferentes variantes e das lectiones dificiliores.

4. Preparación dunha edición crítica


• Pasos previos (Tavani, Ivo Castro, p. 2).
• Aparato crítico: parte máis importante.

4.1. A edición hipertextual


◦ Lectura sintagmática > lectura paradigmática.
◦ Antecedentes: índices de concordancias (desde C na nosa tradición).
◦ Prescíndese do aparato crítico (hiperligazóns).
◦ Diferenzas entre a edición crítica tradicional e a hipertextual:

Edición crítica tradicional Edición hipertextual


libro hipertexto
introdución introdución
facsímile do ms. base facsímile de todos os ms.
edición paleográfica do ms. base edición paleográfica de todos os ms.
edición crítica edición crítica
variantes en aparato crítico variantes en hiperligazón
fontes e pasaxes paralelas ligazóns a fontes e pasaxes paralelas
glosario ligazóns
programa de recuperación de análise
índices e concordancias textual
programa de análise stemática

4. Crítica xenética
4.1. Obxectivos
• O obxectivo da crítica xenética é reconstruír as fases que deron lugar a un
determinado texto a partir do orixinal autógrafo (emendas, orde, lugar).
• A crítica xenética é útil non só desde o punto de vista literario, senón que tamén
pode ter interese filolóxico. Exemplo: os fragmentos de texto riscados nas Coplas de
Sarmiento transmítennos tamén información lingüística:

10
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

fragmento comentario
tirar coller
1. Preferencia polas formas
viròles vexiga
diferenciais con respecto ao
quando cando castelán.
lle encheran o atustullaran 2. Preferencia polas formas
dialectalmente máis amplas
vinte rás moitos cartos (cando).
cántaros sellas 3. Información morfolóxica (rás,
preguein)
pedin preguein
sombreiro chapeo

4.2. Convencións

símbolo significado
< ... > texto riscado polo autor
< ... > / ... \ segmentos substituídos en superíndice
[ ... ] segmentos engadidos
[↑...] segmentos engadidos en superíndice
[↓...] segmentos engadidos en subíndice
[←...] segmentos engadidos á marxe esquerda
[→...] segmentos engadidos á marxe dereita
 lagoa orixinal ou creada
† segmentos ilexibles (crux desperationis)
* hipótese
{{ ... }} segmentos dubidados polo autor

4.3. Conceptos
• Emendas: intervencións do editor4.
• Correccións ou revisións: intervencións do autor.
• Variantes de autor: alternativas presentes no texto. Neste caso o criterio
seguido para a escolla dunha ou doutra variante é o de escoller a escrita en
último lugar (sobre unha conxectura). O aparato xenético permítelle ao
lector coñecer as bases do texto tirar as súas propias conclusións.
• Lectio difficilior: na crítica xenética tamén debe prevalecer a lección máis
difícil.

4 Para isto é preferible que o editor coñeza ben o autor (filoloxía de autor).

11
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

• Corrección de erros evidentes.


• Seccións do aparato crítico:
◦ Variantes.
◦ Conxecturas: emendas do editor.
◦ Aparato xenético: reconstrución da evolución da escrita.
◦ Noticia dos testemuños para a reconstrución da xénese do texto.

***

 Exemplo: edición de Os eoas realizada por Amado Ricón

◦ Realiza modificacións do sistema gráfico, sen ser coherente co sistema moderno:


▪ Acentuación: muda algúns acentos e mantén outros, pero non se axustan á
acentuación moderna:

propostos

árduas

heróicos

▪ Puntuación: en ocasións segue a puntación do manuscrito, pero noutros casos


realiza intervencións inxustificadas:

vías,

días,

heróicos

non se
manteñen
os guións
(non son
pertinentes)

12
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

▪ Maiúsculas:

mantemento das maiúsculas


iniciais

▪ Apóstrofes: mantéñense, aínda cando no galego actual se emprega unha forma


contracta:

D' aqueles

◦ Selección de variantes de autor sen un criterio claro:

Os esforzos
heroicos

Máis q' en
ferro
fortísimo
dobrados
Afrontaran o
Ocaso, e
bóos e
ardidos

13
Crítica textual galega
2009/2010
USC
1. Introdución histórica

◦ Erros de lectura:

S' atanto m'


a pides doce
armonía

◦ Intervencións inxustificadas:

Qu' a forte
fe de forte
ferro excusa

◦ Omisións:

14
Crítica textual galega
2009/2010
USC

También podría gustarte