Está en la página 1de 3

VOCABULARIO DO TEMA 6 e 7

CARBÓN: é un mineral combustible, fórmase pola descomposición subterránea,


durante millóns de anos, de restos vexetais. Tipos: antracita, lignito, hulla.
CONCENTRACIÓN ESPACIAL: afecta ás industrias de novas tecnoloxías, que
requiren aceso á innovación e á información, persoal moi cualificado, e un alto nivel de
infraestruturas equipamentos e servizos. De aí que se localicen en parques tecnolóxicos
e tecnópoles próximos ás principias países desenvolvidos.
CRISE DO PETRÓLEO DE 1973: depresión económica motivada, entre outras razóns,
por unha enorme subida do prezo do petróleo, decretada pola OPEP. Esta organización
controlaba en 1973 o 54% da produción e o 80% do comercio mundial de petróleo. A
subida iniciouse en 1973 e consolidouse en 1979. As causas foron as previsións que
indicaban que o consumo mundial de enerxía se ía triplicar entre 1972 e 1985, mentres
que os cálculos da reserva indicaban que o petróleo duraría uns 30 anos. O detonante da
crise foi a guerra entre Israel e os países árabes que levou a que o petróleo se
convertese nunha arma política e estes ameazaron con subir os prezos se os países
occidentais non apoiaban a súa causa fronte a Israel.
DÉBEDA EXTERNA: conxunto de créditos ou préstamos que contrae un estado con
países ou bancos estranxeiros.
DESLOCALIZACIÓN: cando unha industria deixa o lugar onde estaba afincada e
trasládase a outro país buscando man de obra máis barata.
DISPERSIÓN ESPACIAL: consiste en que as fábricas buscan zonas con solo e man de
obra barata, maiores vantaxes fiscais, escasos controis ambientais.
DIVISIÓN DO TRABALLO: diversos obreiros especializados realizan cada un unha
parte do produto.
ENERXÍA BIOMASA: procede de residuos agrícolas, gandeiros e forestais ou mesmo
das industrias transformadoras destes produtos. Poden queimarse ou fermentarse para
producir calefacción ou electricidade.
ENERXÍA DE FUSIÓN: procede da unión de átomos lixeiros de deuterio, tritio, dos
isótopos do hidróxeno obtidos da auga de mar.
ENERXÍA EÓLICA: procede do vento, que move aeroxeneradores e proporciona
electricidade.
ENERXÍA HIDROELÉCTRICA: obtense a partir da auga embalsada detrás dunha
presa ou barreira artificial situada nos cursos fluviais. A auga faise saltar por un
desnivel do terro, e move unha turbina conectada a un xerador que produce
electricidade.
ENERXÍA NUCLEAR: obtense da separación ou fisión de átomos minerais
radioactivos como o uranio enriquecido.
ENERXÍA SOLAR: procede da luz e da calor do sol, que se concentran mediante
paneis solares ou paneis para dar calefacción ou paneis fotovoltaicos para producir
electricidade.
ENERXÍA XEOTÉRMICA: procede da calor interna da terra que se aproveita para
quentar auga, para calefacción e para producir electricidade.
FABRICACIÓN EN FASES: consiste en dividir o proceso de fabricación e realizar
cada fase en establecementos separados.
FONTE DE ENERXÍA NON RENOVABLE: tamén chamadas tradicionais. Son
aquelas que se esgotan ao usarse, pois o seu proceso require millóns de anos e as súas
reservas son limitadas.
FONTE DE ENERXÍA RENOVABLE: tamén chamadas alternativas. Son as fontes
inesgotables porque non desaparecen ao seren consumidas ou renóvanse
continuamente.
FONTE DE ENERXÍA: son os recursos que proporciona á industria a forza necesaria
para transformar as materias primas en produtos elaborados.
FORDISMO: Integración das diversas etapas de fabricación dun produto nunha cadea
de produción, na que cada traballador está especializado unicamente nunha tarefa.
Grazas a iso, é posible a fabricación en serie dun gran número de unidades dun mesmo
artigo. Este sistema, o traballo en cadea, é chamado así pois foi usado por primeira vez
na fábrica de coches de Ford.
GAS NATURAL: é unha mestura de hidrocarburos gasosos. A súa orixe é a mesma
que a do petróleo.
INDUSTRIAS DE BASE: fabrican produtos semielaborados que logo son empregados
noutras industrias.
INDUSTRIAS DE BENS DE EQUIPO: fabrican produtos necesarios para
funcionamento doutras industrias e para o transporte.
INDUSTRIAS DE CONSUMO: fabrican produtos destinados a seren consumidos.
INDUSTRIAS LIXEIRAS: son as de consumo, xa que requiren menos investimentos
de capital.
INDUSTRIAS PESADAS: son as de base, xa que consomen grandes cantidades de
materias primas e requiren moitos investimentos.
JUST´in TIME: traballar “A tempo”, forma de traballo das empresas para producir no
tempo xusto.
MATERIAS PRIMAS: Son os recursos naturais que transforma a industria. Poden ser
de orixe orgánica (animal, vexetal) ou inorgánica (mineral)
MINICENTRAL ELÉCTRICA: central hidroeléctrica de pouca potencia que utiliza o
caudal de pequenos ríos.
MULTINACIONAL: empresa que se encontra presente en varios países. Consta dunha
empresa matriz, situada polo xeral nun país desenvolto, e de filiais noutros países.
NOVOS PAÍSES INDUSTRIALIZADOS: localízanse en países subdesenvolvidos,
debido á falta de recursos ou capitais para explotalos. Ofrecen aos países desenvolvidos
as condicións de vantaxes fiscais, man de obra barata, proximidade da materia prima,
etc..
OPEP: Organización de Países Exportadores de Petróleo.
PARQUE TECNOLÓXICO: Espazo industrial que acolle especificamente a empresas
dedicadas á innovación e á alta tecnoloxía. Moitos contan con incubadoras de empresas
ou naves modulares en alugueiro destinadas a albergar durante un tempo iniciativas
empresariais novas, ata comprobar se son viables ou non.
PETRÓLEO: é un aceite mineral composto pola mestura de hidrocarburos. Fórmase
pola descomposición de organismos animais e vexetais sepultados durante millóns de
anos nun medio acuoso. Encóntranse formando bolsas ou depósitos situados en estratos
impermeables.
PRIVATIZACIÓN: venda de empresas estatais a particulares.
RECONVERSIÓN: consiste en cerrar as empresas non rendibles, ou en asustar a
produción e a man de obra, e modernizar as técnicas e os produtos para facelos máis
competitivos.
REINDUSTRIALIZACIÓN: consiste en promover a instalación de industrias
modernas, que ás veces se localizaron nos terreos procedentes do desmantelamento das
antigas fábricas.
SECTOR SECUNDARIO: inclúe as actividades humanas que transforman as materias
primas en produtos semielaborados ou elaborados, empregando unha fonte de enerxía.
SEPI: Sociedade Estatal de Participacións Industriais. Fundada en 1995, agrupa ás
empresas industriais e de servizos con participación estatal. O seu obxectivo principal é
o fortalecemento e a viabilidade de todas as súas empresas.
TAYORLISMO: procede das ideas de Frederick Winslow Taylor, baseadas en
aumentar a produtividade das empresas reducindo o tempo empregado en realizar cada
tarefa ao mínimo imprescindible.
TECNÓPOLE: área innovadora de grandes dimensións, que conta con importantes
infraestruturas de calidade, como centros de investigación, universidade, etc.
TELEMÁTICA: aplicado á industria, sector que inclúe as telecomunicacións e a
información.
TERCIARIACIÓN: o proceso industrial inclúe actividades do sector terciario como
deseño, publicidade, investigación...
TRITIO: isótopo natural de hidróxeno, cuxo núcleo consta dun protón e dous protóns.
ZONA FRANCA: lugar onde as empresas exportadoras se benefician. Lugares onde a
presión fiscal é menor, hai bos equipamentos, man de obra abundante e menos
conflitiva e barata.

También podría gustarte